1. 5. CLIMA: ELEMENTOS E FACTORES. DIVERSIDADE
CLIMÁTICA DA PENÍNSULA IBÉRICA E DE GALICIA.
6. DIVERSIDADE DE PAISAXES. ZONAS BIOCLIMÁTICAS
DA PENÍNSULA E DE GALICIA.
2. CLIMA: sucesión dos tipos de tempo,
abarca un período de tempo moito máis
longo (mínimo 30 anos). Exemplos:
climas temperados son o oceánico, o
mediterráneo e o continental.
TEMPO: Resultado das combinacións
realizadas polas propiedades da
atmosfera (capacidade de quentarse e
refriarse, de conter vapor de auga, de
pesar e de moverse) nun lugar concreto
da terra nun instante preciso (día,
semana).
PAIXASE: medio natural (relevo, solo,
clima, vexetación e a fauna) combinado
coa acción humana.
3. • España está situada na zona temperada do hemisferio norte e na fachada occidental do
continente europeo, polo que goza de climas temperados propios destas latitudes:
subtropical, oceánico e mediterráneo con numerosas variantes. Nos sistemas montañosos
por riba dos 1.000 m de altitude localízase o clima de montaña.
4. • O clima de Galicia é o oceánico ou atlántico , con multitude de
variantes orixinadas por diversos factores: proximidade ou
afastamento da costa (a amplitude térmica é maior no interior) , pola
latitude (as temperaturas son maiores cara ao sur) e pola altitude (a
maior altura descende a temperatura).
6. • LATITUDE: as temperaturas son máis altas preto do
Ecuador e diminúen a medida que nos aproximamos
aos polos porque os raios de Sol inciden de xeito
diferente sobre a superficie da Terra.
7. • ALTITUDE: ao ascender, a temperatura é
inferior porque a atmosfera retén menos a
calor.
8. • PROXIMIDADE AO MAR: o mar actúa como
regulador térmico nas zonas costeiras, pois
quece e arrefría máis lentamente ca a Terra.
9. CORRENTES MARIÑAS: As zonas costeiras expostas a correntes
mariñas frías ou cálidas presentan unhas temperaturas
respectivamente máis baixas ou altas que o resto desas rexións.
11. Mediterráneo marítimo:
precipitacións escasas e
irregulares, entre 800‐300
mm. Temperaturas con
amplitudes moderadas por
influencia do mar entre 12 e
15/16 ºC; veráns calorosos.
Costa mediterránea
peninsular (menos o SE), a
costa subatlántica, Baleares,
Ceuta e Melilla
Mediterráneo
Continentalizado:
precipitacións entre 800‐300
mm. Temperaturas con
amplitude de 16 º C , ou máis,
por ausencia de influencia
mariña. Interior peninsular,
menos a zona media do val
do Ebro.
Mediterráneo Seco
subdesértico: precipitacións
inferiores a 300 mm.
Temperaturas variables en
función da latitude e da
distancia ao mar. SE
peninsular e zona media do
val do Ebro.
Oceánico ou Atlántico: Norte da Península: cornixa cantábrica e Galicia.
Precipitacións abundantes e regulares: máis de 800 mm. Temperaturas
con amplitude térmica baixa (9 e 12ºC) na costa pola influencia do mar e
moderada cara ao interior.
Dominio climático
de montaña:
Territorios a máis
de 1.000 m.
Precipitacións
superiores a 1. 000
mm. Temperatura
media inferior a
10ºC e o inverno
frío (algún mes
próximo ou baixo
0ºC).
Subtropical: Precipitacións moi escasa
nas zonas baixas (inferiores a 300 mm).
Temperaturas cálidas todo o ano nas
zonas baixas, que descenden coa altura, e
escasa amplitude térmica.
12. Oceánico
Temperaturas: suaves no inverno e
moderadas no verán.
Amplitude térmica baixa (9° e 12°C) na costa
pola influencia do mar e moderada (10° e
20 °C) cara ao interior.
Precipitacións: abundantes e regulares todo
o ano (+ 800 mm).
Localización: Norte da Península: cornixa
cantábrica e Galicia.
15. Mediterráneo
costeiro
Temperaturas: veráns secos e calorosos,
invernos suaves.
AT baixa (9 e 12ºC) pola influencia do mar.
Precipitacións: escasas e irregulares,
concentradas na primavera e no outono (800-
300 mm), poden caer de forma torrencial.
Localización: Costa mediterránea (Cataluña,
Valencia, Murcia e Andalucía) e suratlántica.
18. Mediterráneo
interior
Temperaturas: elevadas no verán e frías no
inverno. AT acusada (superior aos 15°C).
Precipitacións: escasas, máis frecuentes
no inverno e ao norte e oeste (800-300 mm).
Localización: Interior peninsular, menos a zona
media do val do Ebro.
21. Mediterráneo
seco ou semiárido
Temperaturas: elevadas. AT baixa
(10°C).
Precipitacións: moi escasa (menos
de 200 mm anuais).
Localización: sueste peninsular
(Alicante, Almería, Murcia)
Cabo de Gata, Almería
22. Montaña
Temperaturas: descenden coa altitude,
invernos fríos e veráns suaves e curtos.
Precipitacións: superiores a 800/1. 000
mm. Neve nas cotas altas.
Localización: Sistemas montañosos
(Pirineos, Sistema bético, Cordilleira
Cantábrica ou Cordilleira Ibérica) por riba
dos 1000 m.
Serra Nevada
27. Subtropical
Temperaturas cálidas todo o ano
nas zonas baixas.
Escasa AT (non supera os 8°C) .
Precipitacións: moi escasas nas
zonas baixas (inferiores a 300 mm).
Localización: Illas Canarias.
30. Ilas Canarias: El Hierro, La Gomera, La Palma y Tenerife forman la provincia de
Santa Cruz de Tenerife; Fuerteventura, Gran Canaria y Lanzarote componen
la provincia de Las Palmas.
32. • CLIMOGRAMA: gráfico no que se representan as precipitacións
(mm) a as temperaturas dun lugar nun determinado período de
tempo, normalmente un ano e por períodos mensuais.
OSCILACIÓN TÉRMICA OU
AMPLITUDE TÉRMICA:
diferenza entre a Tª máis
alta e a máis baixa.
Pode considerarse como
amplitude térmica pequena
a inferior a 10 °C (clima
ecuatorial), moderada entre
10 e 20 °C (oceánico) e
grande superior aos 30 °C
(continental).