SlideShare a Scribd company logo
1 of 3
Download to read offline
Presentación ‘A temperie ribadense no século XXI (ate 2023)’
Dá gusto estar entre amigos. A todas, a todos, grazas por vir. E grazas
a Mónica, Dani e Antonio polas súas palabras.
Esta é a primeira presentación dun libro na biblioteca, pública,
municipal, Viejo Pancho. Para min é unha honra, unha especie de
presentación ou inauguración dobre.
O tempo soe ser unha escusa de charla intranscendente cando non se
sabe que dicir, ou como comezar unha conversa. O tempo, ou a temperie,
verba que se está a comezar a usar para distinguir entre o tempo do reloxo
e o tempo meteorolóxico, como neste caso.
O anterior é semellante a dicir que a temperie pode ser cousa de
charla de bar. Nese caso, pode pasarse de temperie, o tempo aquí e agora,
ó clima, sexa indicando a temperie próxima, á tendencia en xeral facendo
xeneralizacións a partir da temperie dun día. En ambos casos, cunha carga
de subxectividade grande, guiada por un cataventos movido polo humor co
que nos atopemos, o dos demais, con quen esteamos a falar ou calquera
outro detalle menor.
E logo están as temperies como as da semana pasada, con
temperaturas anómalas que non só desconcertan, senón que son tomadas
para incorporalas á memoria e ser usadas de calquera xeito, por unha
mesma persoa, en diferentes circunstancias. Así, dende o ‘houbo
temperaturas destas en Semana Santa moitas veces’ a ‘non lembro tanto
calor nesta época’. Repito, dito por unha mesma persoa.
A meteoroloxía pode ser moi sinxela e ó tempo, moi complicada.
Calquera pode constatar se está a chover ou non, pero é practicamente
imposible dicir se dentro de un mes o estará ou non. E, nese sentido, as
ideas sobre a meteoroloxía e o clima soen estar máis no aire que o que nos
parece. Un pequeno exemplo didáctico e o pase rápido por unha cuestión
de fondo: Os guantes, quentan? O que fan é impedir que radiemos calor
polas mans. Velaí unha imaxe que podemos poñer equivalente ó efecto
invernadoiro. Neste caso, con consecuencias boas, para lembrar que sen
efecto invernadoiro, que ó incrementarse pola contaminación produce o
cambio climático, o noso planeta sería frío para a vida.
En canto ó cambio climático, afecta a Ribadeo? Claro! Pero é unha
localidade en todo o planeta, e polo tanto, sometida a cambios estatísticos
moito maiores que a media, polo que non podemos obter conclusións. E
p. 1
5
10
15
20
25
30
35
menos cuns poucos anos de medidas dos que dispoñemos. Si que
podemos corroborar que as tendencias xerais deixan o seu rastro en
Ribadeo: a media de temperaturas do ano pasado bateu marca, superando
en máis de medio grao centígrado o ano anterior, que xa batera marca nos
rexistros dos que se dispón. Mais eu, polo momento, só indicaría unha
tendencia clara e outra preocupante, pero non tan clara: o aumento de
temperatura xa citado e o aumento de presión atmosférica, asociado co que
se soía chamar bo tempo -ata o de agora-. E apunto asemade outros
cambios que non parecen en principio de orixe relacionada co clima, mais
que o son, como as inundacións cada vez máis frecuentes que están
afectando por exemplo, á Veiga, debido á subida do nivel do mar debida á
súa vez ó desxeo de masas de xeo continental e ó aumento de temperatura
dos océanos. Ou a constatación de que o florecemento de diversas
especies está a adiantarse. Todo o anterior non quita que Ribadeo non teña
un microclima ligado a ese tesouro accidental que é a Ría.
Volvendo a cinguirnos a Ribadeo e ó libro. En Ribadeo hai rexistros de
variables meteorolóxicas ao menos dende 1927 e ate os comezos da
guerra. Foron recollidas na Granxa Escola Pedro Murias, pois cando
comezou a funcionar, tíñase unha idea clara de que a meteoroloxía
afectaba ás colleitas. Mágoa que hoxe eses datos, de entre 1927 e 1937 -
ós que me deu acceso a anterior dirección do centro e me volveu ofrecer a
actual- se perderan en boa parte, despois de estar expostos en tempos de
abandono a ser comida de ratos ou a ser collidos por calquera. Quedan así
localizados datos dese período, recollidos en cadernos, correspondentes
aproximadamente á metade dos meses. Datos que, cara ó final, teño claro
que foron ao menos en parte, mal tomados, e sen poder distinguir, polo
momento e para algunha magnitude, que datos e que parte.
Asemade, a finais dos anos 10 e 20 do século pasado (é de supoñer
que tamén entre medias, pero non teño constancia) houbo no faro da illa
Pancha unha estación só pluviométrica, que aporta algún dato. E, para
establecer varios puntos de agarre na historia, dicir que, máis tarde, dende
finais do 1940, e en diversos períodos, hai constancia na Comarca del Eo
de datos semanais, recollidos despois por alumnos de Física e Química do
IES Porta da Auga e expostos nas Feiras da Ciencia. Algo que comecei eu
mesmo, cos datos da estación meteorolóxica das Figueiras nos anos 80-90
do século pasado e que tiveron aparición na primeira edición da Feira. Por
certo, unha interesante actividade relacionada coa ciencia que despois de
pasar por varias épocas, segue adiante da man de Susi Besteiro no IES de
p. 2
40
45
50
55
60
65
70
75
Ribadeo Dionisio Gamallo. Por último, os datos que Luciano Zubillaga
tomaba manualmente no novo período de funcionamento da Pedro Murias,
foron substituídos polos dunha estación automática.
O caso é que hai diversos conxuntos de datos meteorolóxicos de
Ribadeo que é difícil unir, non só pola desaparición de determinados
períodos, ás veces amplos, senón tamén por cousas como diferentes
aparellos de medida que fai falta homoxeneizar ou a recollida de datos por
diferentes persoas e diferentes sistemas, que descoñecemos. A
homoxeneización dos datos para que formen un só conxunto polo momento
non a vexo posible, pero seguirei insistindo para lograr un todo consistente
que ilustre un período dun século.
O libro é a versión actualizada das de anos anteriores, feitas en
formato máis pequeno e a excepción do correspondente a 2022, que se van
completando. Ademais, en cada edición procuro complementar con algún
anexo relacionado.
É bilingüe. Tomei a decisión na versión de 2021 para tentar facilitar a
difusión, se ben poden alegarse cousas como que a lectura de táboas e
gráficos é universal. Ou por que non en outras linguas, como o castelán,
moito máis doado para moita xente que o inglés -eu incluído-. Atendendo a
isto último, suporía abonda máis extensión, outro formato e non moita máis
difusión. Que ó mellor me equivoquei? Pode. Alea iacta est.
Teño comprobado que a moita xente os libros de física pódenlles
resultar moi aburridos e incomprensibles. A meteoroloxía é física, mais
espero que este, cun tema máis local, e abondas ilustracións, non o sexa
tanto como outros. Ó fin, para querer algo, hai que ter algún vínculo,
incluída a comprensión, que dalgún xeito tento facilitar e prometo seguir
mellorando, consciente do que aínda queda por facer. Por iso, a
presentación: para axudar a comezar a comprender. A comprender a nosa
historia, neste caso, climática. E por iso, a continuación, explicarei algunha
das gráficas que aparecen.
En canto ó libro e a súa lectura, por suposto, está á venda, nas
librarías e na web de Eoditorial, hai exemplares na biblioteca e nos centros
educativos e teño que agradecer ó concello non só a presencia do alcalde
ou o estar aquí, na biblioteca, senón tamén o apoio económico prestado,
que non foi maior literalmente porque non quixen. E, dentro de pouco
tempo, espero que tamén estará o pdf na rede, accesible dende o blog
ribadeando (ribadeando.com). En canto á adicatoria, é gratis.
Que o disfrutedes!
p. 3
80
85
90
95
100
105
110

More Related Content

More from Antonio Gregorio Montes

Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdfTemperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023Antonio Gregorio Montes
 
programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023
programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023
programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023Antonio Gregorio Montes
 
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdfPresentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAmando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAntonio Gregorio Montes
 
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / dípticoAntroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / dípticoAntonio Gregorio Montes
 
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en RibadeoFalando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en RibadeoAntonio Gregorio Montes
 
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdfAs vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdfAntonio Gregorio Montes
 
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdfJosé María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdfAntonio Gregorio Montes
 
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...Antonio Gregorio Montes
 
Carnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdf
Carnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdfCarnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdf
Carnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdfAntonio Gregorio Montes
 
La problemática de las asignaturas comunes en la FP.pdf
La problemática de las asignaturas comunes en la FP.pdfLa problemática de las asignaturas comunes en la FP.pdf
La problemática de las asignaturas comunes en la FP.pdfAntonio Gregorio Montes
 

More from Antonio Gregorio Montes (20)

Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdfTemperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
 
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
 
programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023
programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023
programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023
 
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdfPresentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
 
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAmando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
 
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / dípticoAntroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
 
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en RibadeoFalando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
 
Presentación de Lucía Ferro.pdf
Presentación de Lucía Ferro.pdfPresentación de Lucía Ferro.pdf
Presentación de Lucía Ferro.pdf
 
Programa Ribadeo Indiano 2023.pdf
Programa Ribadeo Indiano 2023.pdfPrograma Ribadeo Indiano 2023.pdf
Programa Ribadeo Indiano 2023.pdf
 
Discurso_investidura_Daniel_Vega.pdf
Discurso_investidura_Daniel_Vega.pdfDiscurso_investidura_Daniel_Vega.pdf
Discurso_investidura_Daniel_Vega.pdf
 
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdfAs vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
 
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdfJosé María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
 
Programa PP Ribadeo2023.pdf
Programa PP Ribadeo2023.pdfPrograma PP Ribadeo2023.pdf
Programa PP Ribadeo2023.pdf
 
PG.pdf
PG.pdfPG.pdf
PG.pdf
 
PROGRAMA PSOE RIBADEO.pdf
PROGRAMA PSOE RIBADEO.pdfPROGRAMA PSOE RIBADEO.pdf
PROGRAMA PSOE RIBADEO.pdf
 
programa bng ribadeo 2023.pdf
programa bng ribadeo 2023.pdfprograma bng ribadeo 2023.pdf
programa bng ribadeo 2023.pdf
 
Programa PP Ribadeo2023.pdf
Programa PP Ribadeo2023.pdfPrograma PP Ribadeo2023.pdf
Programa PP Ribadeo2023.pdf
 
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
 
Carnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdf
Carnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdfCarnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdf
Carnicería e industrias cárnicas, ¿una nueva rama?.pdf
 
La problemática de las asignaturas comunes en la FP.pdf
La problemática de las asignaturas comunes en la FP.pdfLa problemática de las asignaturas comunes en la FP.pdf
La problemática de las asignaturas comunes en la FP.pdf
 

Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf

  • 1. Presentación ‘A temperie ribadense no século XXI (ate 2023)’ Dá gusto estar entre amigos. A todas, a todos, grazas por vir. E grazas a Mónica, Dani e Antonio polas súas palabras. Esta é a primeira presentación dun libro na biblioteca, pública, municipal, Viejo Pancho. Para min é unha honra, unha especie de presentación ou inauguración dobre. O tempo soe ser unha escusa de charla intranscendente cando non se sabe que dicir, ou como comezar unha conversa. O tempo, ou a temperie, verba que se está a comezar a usar para distinguir entre o tempo do reloxo e o tempo meteorolóxico, como neste caso. O anterior é semellante a dicir que a temperie pode ser cousa de charla de bar. Nese caso, pode pasarse de temperie, o tempo aquí e agora, ó clima, sexa indicando a temperie próxima, á tendencia en xeral facendo xeneralizacións a partir da temperie dun día. En ambos casos, cunha carga de subxectividade grande, guiada por un cataventos movido polo humor co que nos atopemos, o dos demais, con quen esteamos a falar ou calquera outro detalle menor. E logo están as temperies como as da semana pasada, con temperaturas anómalas que non só desconcertan, senón que son tomadas para incorporalas á memoria e ser usadas de calquera xeito, por unha mesma persoa, en diferentes circunstancias. Así, dende o ‘houbo temperaturas destas en Semana Santa moitas veces’ a ‘non lembro tanto calor nesta época’. Repito, dito por unha mesma persoa. A meteoroloxía pode ser moi sinxela e ó tempo, moi complicada. Calquera pode constatar se está a chover ou non, pero é practicamente imposible dicir se dentro de un mes o estará ou non. E, nese sentido, as ideas sobre a meteoroloxía e o clima soen estar máis no aire que o que nos parece. Un pequeno exemplo didáctico e o pase rápido por unha cuestión de fondo: Os guantes, quentan? O que fan é impedir que radiemos calor polas mans. Velaí unha imaxe que podemos poñer equivalente ó efecto invernadoiro. Neste caso, con consecuencias boas, para lembrar que sen efecto invernadoiro, que ó incrementarse pola contaminación produce o cambio climático, o noso planeta sería frío para a vida. En canto ó cambio climático, afecta a Ribadeo? Claro! Pero é unha localidade en todo o planeta, e polo tanto, sometida a cambios estatísticos moito maiores que a media, polo que non podemos obter conclusións. E p. 1 5 10 15 20 25 30 35
  • 2. menos cuns poucos anos de medidas dos que dispoñemos. Si que podemos corroborar que as tendencias xerais deixan o seu rastro en Ribadeo: a media de temperaturas do ano pasado bateu marca, superando en máis de medio grao centígrado o ano anterior, que xa batera marca nos rexistros dos que se dispón. Mais eu, polo momento, só indicaría unha tendencia clara e outra preocupante, pero non tan clara: o aumento de temperatura xa citado e o aumento de presión atmosférica, asociado co que se soía chamar bo tempo -ata o de agora-. E apunto asemade outros cambios que non parecen en principio de orixe relacionada co clima, mais que o son, como as inundacións cada vez máis frecuentes que están afectando por exemplo, á Veiga, debido á subida do nivel do mar debida á súa vez ó desxeo de masas de xeo continental e ó aumento de temperatura dos océanos. Ou a constatación de que o florecemento de diversas especies está a adiantarse. Todo o anterior non quita que Ribadeo non teña un microclima ligado a ese tesouro accidental que é a Ría. Volvendo a cinguirnos a Ribadeo e ó libro. En Ribadeo hai rexistros de variables meteorolóxicas ao menos dende 1927 e ate os comezos da guerra. Foron recollidas na Granxa Escola Pedro Murias, pois cando comezou a funcionar, tíñase unha idea clara de que a meteoroloxía afectaba ás colleitas. Mágoa que hoxe eses datos, de entre 1927 e 1937 - ós que me deu acceso a anterior dirección do centro e me volveu ofrecer a actual- se perderan en boa parte, despois de estar expostos en tempos de abandono a ser comida de ratos ou a ser collidos por calquera. Quedan así localizados datos dese período, recollidos en cadernos, correspondentes aproximadamente á metade dos meses. Datos que, cara ó final, teño claro que foron ao menos en parte, mal tomados, e sen poder distinguir, polo momento e para algunha magnitude, que datos e que parte. Asemade, a finais dos anos 10 e 20 do século pasado (é de supoñer que tamén entre medias, pero non teño constancia) houbo no faro da illa Pancha unha estación só pluviométrica, que aporta algún dato. E, para establecer varios puntos de agarre na historia, dicir que, máis tarde, dende finais do 1940, e en diversos períodos, hai constancia na Comarca del Eo de datos semanais, recollidos despois por alumnos de Física e Química do IES Porta da Auga e expostos nas Feiras da Ciencia. Algo que comecei eu mesmo, cos datos da estación meteorolóxica das Figueiras nos anos 80-90 do século pasado e que tiveron aparición na primeira edición da Feira. Por certo, unha interesante actividade relacionada coa ciencia que despois de pasar por varias épocas, segue adiante da man de Susi Besteiro no IES de p. 2 40 45 50 55 60 65 70 75
  • 3. Ribadeo Dionisio Gamallo. Por último, os datos que Luciano Zubillaga tomaba manualmente no novo período de funcionamento da Pedro Murias, foron substituídos polos dunha estación automática. O caso é que hai diversos conxuntos de datos meteorolóxicos de Ribadeo que é difícil unir, non só pola desaparición de determinados períodos, ás veces amplos, senón tamén por cousas como diferentes aparellos de medida que fai falta homoxeneizar ou a recollida de datos por diferentes persoas e diferentes sistemas, que descoñecemos. A homoxeneización dos datos para que formen un só conxunto polo momento non a vexo posible, pero seguirei insistindo para lograr un todo consistente que ilustre un período dun século. O libro é a versión actualizada das de anos anteriores, feitas en formato máis pequeno e a excepción do correspondente a 2022, que se van completando. Ademais, en cada edición procuro complementar con algún anexo relacionado. É bilingüe. Tomei a decisión na versión de 2021 para tentar facilitar a difusión, se ben poden alegarse cousas como que a lectura de táboas e gráficos é universal. Ou por que non en outras linguas, como o castelán, moito máis doado para moita xente que o inglés -eu incluído-. Atendendo a isto último, suporía abonda máis extensión, outro formato e non moita máis difusión. Que ó mellor me equivoquei? Pode. Alea iacta est. Teño comprobado que a moita xente os libros de física pódenlles resultar moi aburridos e incomprensibles. A meteoroloxía é física, mais espero que este, cun tema máis local, e abondas ilustracións, non o sexa tanto como outros. Ó fin, para querer algo, hai que ter algún vínculo, incluída a comprensión, que dalgún xeito tento facilitar e prometo seguir mellorando, consciente do que aínda queda por facer. Por iso, a presentación: para axudar a comezar a comprender. A comprender a nosa historia, neste caso, climática. E por iso, a continuación, explicarei algunha das gráficas que aparecen. En canto ó libro e a súa lectura, por suposto, está á venda, nas librarías e na web de Eoditorial, hai exemplares na biblioteca e nos centros educativos e teño que agradecer ó concello non só a presencia do alcalde ou o estar aquí, na biblioteca, senón tamén o apoio económico prestado, que non foi maior literalmente porque non quixen. E, dentro de pouco tempo, espero que tamén estará o pdf na rede, accesible dende o blog ribadeando (ribadeando.com). En canto á adicatoria, é gratis. Que o disfrutedes! p. 3 80 85 90 95 100 105 110