SlideShare a Scribd company logo
1 of 14
ISABEL II DE ESPAÑA
Isabel foi raíña de España entre 1833 e 1868.
Foi coñecida coma “A dos tristes destinos” ou “A Raíña Castiza”.
Era a primoxenita do rei Fernando VII e a súa cuarta esposa María Cristina de Borbón-Dos
Sicilias, que tiveron outra filla a Infanta Luisa Fernanda.
Naceu o 10 de outubro de 1830 no Palacio Real de Madrid.
Foi bautizada na capela do mesmo palacio ao día seguinte do seu nacemento, sendo os
seus padriños: Francisco I (o rei das Dúas Sicilias ) e a súa dona María Isabel de Borbón
Puxéronlle: María Isabel Luisa de Borbón e Borbón Dos Sicilias.
Segundo o regulamento de sucesión imposto por Felipe V as mulleres quedaban excluidas
do acceso á coroa, Fernando VII intentou anular este regulamento de forma legal
publicando seis meses antes do nacemento de Isabel a Prágmatica Sanción de Carlos IV
aprobada polas cortes en 1789 que deixaba sen efecto o Primeiro Regulamento
restablecéndose asi o dereito sucesorio das mulleres en caso de morrer o rei sen fillos
varóns.vUn dereito que Carlos María (o seu irmán) non recoñecía nin estaba de acordo
levando o país a unha gran guerra civil, coñecida como a Primeira Guerra Carlista.
O nacemento de Isabel e, sobre todo, a súa proclamación como Raíña de España en 1833,
foi cantado e ensalzado polos liberais con referencias direitamente anticarlistas. Nos
festexos celebrados na Coruña recitouse:
“O gremio de xastres, fiel negar que e raíña imaxina
A rexia dinastía e pretende a súa ruina,
Mostra hoxe a súa simpatía o gremio saberá correr
A segunda Isabel presto a morrer ou vencer
E se o fascismo cruel por Isabel e Cristina”.
E parece ser que as mozas de Chantada cantaban:
“Se Don Carlos quere coroa
Que a faga de papel
Que a que deixou Don Fernando
É da súa filla Isabel”.
As prolongadas crises na saúde do rei obrigaron á raíña a ter unha presenza maior na alta
política.
Arredor de María Cristina foise formando un grupo de reformistas como Grijalva, González
Salmón, López Ballesteros e Cea Bermúdez.
Os liberais apoiaron á raíña agrandando a fenda xa aberta dentro do absolutismo. Iso
propiciou a amnistía que María Cristina concedeu aos exiliados do exterior e interior por
decreto de 16 de outubro de 1832.
María Cristina ben aconsellada depurou o exército substituindo os capitáns xenerais: cesa o
Conde de España (Cataluña) que foi substituido por Llandes; a Eguía (Galicia) substituino
polo Conde de Cartaxena, Pablo Morillo; en Extremadura Vives reemprazou a José San Juan,
etc.
Antes de morrer Fernando VII, María Cristina e o grupo dos seus conselleiros
desmantelaron o carlismo nos despachos. Agora había que desmantélalo na sociedade.
O 20 de xuño de 1833, con escasos tres anos, Isabel foi ratificada polas Cortes como
Princesa de Asturias.
Poucos meses despois morría o seu pai Fernando VII e a nena que xa era Princesa de
Asturias chegou ao trono de España como Isabel II, cando apenas tiña tres anos, tomando a
rexencia a súa nai a Raíña María Cristina de Borbón Dos Sicilias ata a súa maioría de idade.
O inicio do seu reinado pola negativa do seu tío paterno Carlos María Isidro de Borbón de
aceptala como raíña provocou un longo conflicto dinástico dando comezo á Primeira
Guerra Carlista contra os isabelinos.
Tras un matrimonio infeliz que comezou cunha brutal violación na noite de bodas e dúas
fillas en común, Fernando VII morre o 29 de setembro de 1833 deixando viuva á rexente
María Cristina que aos dous meses de enviuvar xa o substituira por un sarxento da Guardia
Real chamado Agustín Fernando Muñoz adicándose case por completo a el co que tería
oito fillos.
María Cristina non se preocupou de darlle a súa filla unha educación política nin unha
educación acorde ao seu cargo, polo que a educación que recibiu Isabel foi moi deficiente
baseada na formación doméstica, na relixión e no estudo do piano e despoxada de calquera
estudo humanístico e político.
O Conde de Romanones dixo dela:
“Aos dez anos Isabel resultaba atrasada, apenas sabía ler con rapidez, a forma da súa letra
era propia das mulleres do pobo, apenas sabía sumar, a súa ortografía pésima, odiaba a
lectura; os seus únicos entretenementos eran os xoguetes e os canciños. Por estar
exclusivamente na man dos camaristas ignoraba as regras do bon comer, seu
comportamento na mesa era deplorable”.
En 1840 a súa nai abandona a rexencia exiliándose en Francia onde levaría unha vida plena
co seu marido e os novos fillos.
A rexencia pasou a mans de Espartero polo que Isabel e a súa irmá pequena Luisa Fernanda
quedaron baixo o control do xeneral. En 1843 varias revoltas en terras españolas obrigaron
a Espartero a abandoar España rumbo a Inglaterra.
O 8 de novembro de 1843 Isabel foi declarada maior de idade con tan só trece anos co fin
de evitar unha terceira rexencia. Dende entón comezou o seu reinado pasando a ser Isabel
II de España.
Este ano instaurou a bandeira nacional de España que xa nacera no reinado de Carlos III o
28 de maio de 1785.
A nova Raíña inclinouse hacia o partido dos moderados en vez de manterse arbitral entre os
diferentes partidos que intentaban facerse co goberno de España.
Pouco despois de ser coroada tivo un gran despertamento sexual, foi prácticamente violada
polo xeneral Serrano apodado por ela coma “o Xeneral Bonito”.
Despois deste acto Isabel desenrolaría unhas conductas sexuais moi escandalosas (algo
típico de persoas que sufriron abusos na súa infancia).
En España empezóuselle a buscar candidatos para casala; a súa nai quería casala (co seu
irmán e tío de Isabel) con Francisco de Paula de las Dos Sicilias, conde de Trapani, sendo
rexeitado polo partido progresista. Xurdiron varios candidatos, incluido o seu curmán Carlos
Luis de Borbón y Braganza, enlace que solucionaría os problemas dinásticos pero non se
aceptou, o que provocou a Segunda Guerra Carlista.
Ao final decidíronse por Francisco de Asís de Borbón curmán da Raíña, un home sen
carácter que non se metería en política, esta unión satisfacía a tódolos partidos políticos.
Cando Isabel se enterou que Francisco ía a ser o seu marido empezou a chorar e suplicarlle
a súa nai, chegando a dicir:”Non,con Paquita non”.
Francisco de Asís era un home afeminado, homosexual e demasiado coqueto, en España
coñeciano polo apodo de “Paquito Natillas”.
A voda celebrouse o 10 de outubro de 1846, celebrándose un dobre enlace: Isabel (16 anos)
con Francisco e a sua irmá a Infanta Luisa Fernanda (14 anos) con Antonio de Orleans.
O día antes do enlace Isabel dixolle a sua nai: ”Cedín como raiña pero non como muller, eu
non busquei a este home para que fose meu marido, impuxéronmo e non o quero”.
A noite de vodas da Raíña foi un desastre, chegando a decirlle aos seus amigos máis
achegados: ”Que podería esperar dun home que na noite de vodas levaba máis encaixes na
súa camisa ca min?”.
Ao primeiro a parella odiábase pero pouco a pouco estableceron unha relación de amizade,
cos anos Francisco converteuse no seu conselleiro e nun bo amigo da Raíña.
A vida da monarca en palacio era unha festa continua, deitábase ás cinco da maña para
erguerse ás tres da tarde.
Isabel sabía que o seu matrimonio estaba destinado ao fracaso e empezou a coleccionar
amantes. O primeiro foi o home que abusara dela aos 14 anos, o xeneral Serrano, do que se
dí que a Raíña o perseguía por tódolos cuarteis de Madrid convertíndose isto nun gran
escándalo.
Debido a isto e as desavenencias tan grandes entre ambos conxugues fixo que Francisco de
Asís abandoara o Palacio Real instalándose no Palacio do Pardo durante varios meses ata
que aconsellado por Sor Patrocinio e polo pai Fulxencio reconciliouse coa súa esposa que
nese momento estaba encinta.
Serrano foi nomeado Capitán Xeral e destinado a Granada e aínda que a Raíña chorou
desconsoladamente non tardou en substituilo por un sinfín de amantes, aqueles que se
achegaban a ela sinxelamente para gañar o seu favor político, sendo esta bastante
manipulable e máis entendida de política de cama que de política en sí.
O matrimonio tivo 12 fillos dos que so cinco chegaron a adultos, aínda que se cre que
Francisco non é pai bioloxico de ningún.
- 20 de maio de 1849 nace morto o seu primeiro fillo Luis Fernando.
- 11 de xullo de 1850 nace Fernando Francisco, morreu aos cinco minutos de nacer.
- 20 de decembro de 1851 nace MªIsabel (vive ata os 80 anos), coñecida como “A
Chata”, adquirindo o título de Princesa de Asturias; casou con Cayetano de Borbón-
Dos Sicilias.
- 5 de xaneiro de 1854 nace MªCristina, unha nena sá pero que debido a un catarro
faleceu dous días despois.
- 23 de setembro de 1855 nace Margarita, unha nena prematura que só viviría un día.
- 21 de xuño de 1856 naceu morto Francisco de Asís Fernando (hai quen di que non lle
puxeron nome).
- 28 de novembro de 1857 naceu Alfonso Francisco de Asís Fernando Pío Juan Mª
Gregorio y Pelayo un neno san que herdaría o título de Principe de Asturias da súa
irmá maior, sucesor da coroa pasando a ser Alfonso XII (casou en primeiras nupcias
con Mªde las Mercedes de Orleans, ó enviuvar casou ca Archiduquesa MªCristina de
Habsburgo-Lorena ca que tivo 2 fillos).
- -26 de decembro de 1859 naceu Mª de la Concepción Francisca de Asís que só viviu
21 meses.
- 4 de xuño de 1861 naceu Mª del Pilar, esta irmá tan querida por Alfonso faleceu case
de repente o 5 de outubro de 1879 ao pouco de cumprir os 18 anos de idade.
- 23 de xuño de 1862 nace Mª de la Paz que viviu ata os 84 anos e casou co príncipe
Luis Fernando de Baviera (tivo descendencia).
- 12 de febreiro de 1864 nace MªEulalia (duquesa de Galliera), casou con Antonio de
Orleáns Y Borbón, Duque de Galliera, tiveron descendencia. Morreu con 94 anos
- 24 de xaneiro de 1866 nace Francisco de Asís Leopoldo MªEnrique que faleceu con
poucas semanas de vida.
O 2 de febreiro de 1852 Isabel sufriu un atentado na Basilica de Atocha cando ía
presentar a súa nena á Virxe (para darlle as gracias); o cura Martín Merino acoitelouna
aínda que afortunadamente o estilete foi freado polo corsé que levaba e foi unha ferida de
pouca importancia. O cura foi executado. Cinco anos antes sufrira o seu primeiro atentado
en plena rúa Alcala no que afortunadamente a bala só lle rozou o sombreiro.
Isabel reabriu as Universidades cerradas polo seu pai xa que a educación que había no
momento do seu reinado era un desastre, o país ía practicamente á deriva, os partidos
pelexaban entre eles por gobernar o reino habendo diferentes revoltas e levantamentos.
A Raíña cada vez era peor vista xa que só se adicaba aos seus amantes, viaxes de pracer e
festas en palacio.
En 1868 estalou a revolución coñecida coma “A Gloriosa” que obrigou a Raíña a abandoar
España en tren dende S.Sebastián onde se atopaba de vacacións. O 19 de outubro de 1868
naceu a peseta española como unidade monetaria por decreto do goberno provisional tralo
derrocamento de Isabel II. Estaría en curso ata o ano 2002 que apareceu o euro.
A familia real exiliouse en Francia onde foi acollida por Napoleón III e a súa dona Eugenia de
Montijo
Unha vez en Francia o matrimonio separouse definitivamente. Isabel instalouse en Paris no
Palacio de Castilla onde viviu durante 30 anos retirada da política activa sen ter ningún
protagonismo público.
A diferencia da Raíña que se lle atribuiron un sinfín de amantes a Francisco de Asís só se lle
coñeceu un único amigo especial estable Antonio Ramos Meneses.
O 25 de xuño de 1870 Isabel abdicou en Paris a favor do seu fillo Alfonso.
En España os diferentes partidos pelexábanse polo poder e elexiron como rei ao príncipe
Amadeo de Saboya, pasando a ser coñecido como Amadeo I de España. Dende o exilio foi
testigo da Primeira Republica Española.
En 1874 reinstáurase a monarquía chegando o seu fillo o trono, coñeceuse como Alfonso
XII. Isabel estaba emocionada por volver a súa amada España aínda que aconsellada por
Cánovas (o artífice do proceso) e o seu propio fillo solo veu en breves e esporádicas
ocasións.
Despois dunha longa enfermidade que padeceu, a Isabel deixárona volver ao seu antigo
reino aínda que non se puido instalar en Madrid polo que elexiu Sevilla; instalándose coas
tres fillas máis pequenas no Alcazar.
Entablou unha boa amizade coa súa irmá pasando por alto os diferentes encontronazos que
tivera co seu cuñado. A relación familiar rompeuse de todo cando Alfonso XII despois da
súa coroación negouse a casar con calquera outra princesa que non fora a súa curmá
MªMercedes de Orleans da que estaba profundamente namorado.
Isabel non aprobou a relación xa que era filla da súa irmá Luisa Fernanda e o seu marido
confabulara contra a raíña financiando a revolución de 1868 pola que Isabel tivera que
exiliarse e polo que ambos cuñados se declaraban enimigos públicos.A exraíña ameazou
con non ir ao enlace e asi o fixo.
En 1877 abandoa Sevilla e volve a Paris mentres as súas fillas quedan en Madrid
A xoven raíña Mercedes faleceu cinco meses despois da voda; Alfonso volveu casar, esta
vez coa Archiduquesa MªCristina de Habsburgo-Lorena que si foi do agrado de Isabel. A
este enlace sí asistiu e nora e sogra sempre tiveron moi boa relación.
Alfonso XII faleceu o 25 de novembro de 1885 aos 27 anos de tuberculose completamente
só nos seus aposentos xa que non deixaron pasar a onda el nin a súa nai nin a súa dona.
Isabel viviu en Paris o resto da súa vida sendo visitada a cotio pola súa nora e netos. Dende
alí foi testigo da Primeira República de España, do efímero reinado de Amadeo de Saboya,
da rexencia da súa nora trala morte do seu fillo Alfonso XII e do principio do reinado do seu
neto Alfonso XIII.
En 1902 faleceu o seu marido; aínda que mantiveron vidas separadas mantiveron unha boa
amizade polo que o seu falecemento foi un duro golpe para Isabel, perderá o seu amigo e
confidente. Foi enterrado no Panteón dos Reis do Escorial.
Isabel faleceu na mañá do 9 de abril de 1904 aos 74 anos na súa residencia parisina. Os seus
restos foron trasladados con honores de raíña ao Escorial para darlle sepultura no Panteón
dos Reis fronte ós do seu marido.
Isabel morreu amando España á que quixo sempre de todo corazón, sempre se sentiu
madrileña e añorou no seu exilio as terras españolas.
Recoñoceu sempre que fora unha mala raíña, arrepentiuse no seu exilio de tódolos erros
cometidos e de non prestar máis atención o seu goberno.
Do seu reinado cabe destacar que España pasou de ser unha monarquía absoluta a unha
monarquía constitucional e parlamentaria.
Foi maltratada pola historia debido a súa forma de actuar. A raíña amou aos españois pero
debido a súa difícil infancia non soubo gobernar, a falta de cariño da súa nai e a iniciación
temperá a unha vida sexual marcou o comportamento da monarca facendo que se centrara
máis na súa vida privada que en gobernar a un reino que lle foi otorgado aos 3 anos.
Durante o seu reinado:
- Chegou o ferrocarril a España unindo os pobos.
- O Canal de Isabel II (impulsado polos ministros Juan Bravo Murillo e Manuel Alonso
Martínez) aseguraba o abastecemento de auga a Madrid.
- Trazado de estradas e correspondentes pontes.
- Empezou un novo periodismo consolidándose os xornais.
- As pinturas do Museo do Prado que eran de colección privada durante o reinado de
Felipe VII, Isabel donóunas á nación española para que o pobo as puidera disfrutar.
-Inaugurouse o Teatro Real de Madrid.
SHAILA EL FAHAM PRIETO 6ºA
BIBLIOGRAFÍA
A Gran historia de Galicia, tomo XI.vol.2: de Isabel II á Restauración (1833-1874)
https://es.m.wikipedia.org>Iwiki>I...
https://www.wikiwand.com>Isabel...
Isabel II de España, la Reina Castiza (youtube)
Isabel II de España, la Reina de los Tristes Destinos (youtube)

More Related Content

Similar to ISABEL II DE ESPAÑA. SHAILA

A hemofilia a_enfermidade_real
A hemofilia a_enfermidade_realA hemofilia a_enfermidade_real
A hemofilia a_enfermidade_realmarelatarabela
 
Restauracion Monárquica.Marcos
Restauracion Monárquica.MarcosRestauracion Monárquica.Marcos
Restauracion Monárquica.MarcosEVAVIDALFERRO
 
ISABEL II DE ESPAÑA.Iván
ISABEL II DE ESPAÑA.IvánISABEL II DE ESPAÑA.Iván
ISABEL II DE ESPAÑA.IvánEVAVIDALFERRO
 
FERNANDO VII. Bruno Pérez Viadero
FERNANDO VII. Bruno Pérez ViaderoFERNANDO VII. Bruno Pérez Viadero
FERNANDO VII. Bruno Pérez ViaderoEVAVIDALFERRO
 
CARLOS IV
CARLOS IV CARLOS IV
CARLOS IV Cid22
 
ESPAÑA NO SÉCULO XIX
ESPAÑA NO SÉCULO XIX ESPAÑA NO SÉCULO XIX
ESPAÑA NO SÉCULO XIX Dudas-Historia
 
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdfApuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdfBerta Campos
 
Século XVIII: a Monarquía borbónica no Antigo Réxime
Século XVIII: a Monarquía borbónica no Antigo RéximeSéculo XVIII: a Monarquía borbónica no Antigo Réxime
Século XVIII: a Monarquía borbónica no Antigo RéximeAgrela Elvixeo
 
Cancioneiro de petrarca
Cancioneiro de petrarcaCancioneiro de petrarca
Cancioneiro de petrarcaEdicionsCuruxa
 
España baixo a Casa de Austria
España baixo a Casa de AustriaEspaña baixo a Casa de Austria
España baixo a Casa de Austriaxosea
 
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXCrise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXFernanda Suárez Méndez
 

Similar to ISABEL II DE ESPAÑA. SHAILA (20)

A hemofilia a_enfermidade_real
A hemofilia a_enfermidade_realA hemofilia a_enfermidade_real
A hemofilia a_enfermidade_real
 
A hemofilia a_enfermidade_real
A hemofilia a_enfermidade_realA hemofilia a_enfermidade_real
A hemofilia a_enfermidade_real
 
Restauracion Monárquica.Marcos
Restauracion Monárquica.MarcosRestauracion Monárquica.Marcos
Restauracion Monárquica.Marcos
 
O conde de aranda
O conde de arandaO conde de aranda
O conde de aranda
 
ISABEL II DE ESPAÑA.Iván
ISABEL II DE ESPAÑA.IvánISABEL II DE ESPAÑA.Iván
ISABEL II DE ESPAÑA.Iván
 
Carlos iii
Carlos  iiiCarlos  iii
Carlos iii
 
FERNANDO VII. Bruno Pérez Viadero
FERNANDO VII. Bruno Pérez ViaderoFERNANDO VII. Bruno Pérez Viadero
FERNANDO VII. Bruno Pérez Viadero
 
CARLOS IV
CARLOS IV CARLOS IV
CARLOS IV
 
Conde de floridablanca
Conde de floridablancaConde de floridablanca
Conde de floridablanca
 
ESPAÑA NO SÉCULO XIX
ESPAÑA NO SÉCULO XIX ESPAÑA NO SÉCULO XIX
ESPAÑA NO SÉCULO XIX
 
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdfApuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
 
Século XVIII: a Monarquía borbónica no Antigo Réxime
Século XVIII: a Monarquía borbónica no Antigo RéximeSéculo XVIII: a Monarquía borbónica no Antigo Réxime
Século XVIII: a Monarquía borbónica no Antigo Réxime
 
Cancioneiro de petrarca
Cancioneiro de petrarcaCancioneiro de petrarca
Cancioneiro de petrarca
 
Respostas xoves
Respostas xovesRespostas xoves
Respostas xoves
 
Sofia casanova
Sofia casanovaSofia casanova
Sofia casanova
 
A IDADE MODERNA
A IDADE MODERNAA IDADE MODERNA
A IDADE MODERNA
 
España baixo a Casa de Austria
España baixo a Casa de AustriaEspaña baixo a Casa de Austria
España baixo a Casa de Austria
 
Muller Na Lite1
Muller Na Lite1Muller Na Lite1
Muller Na Lite1
 
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXCrise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
 
Edadmoderna sexto
Edadmoderna   sextoEdadmoderna   sexto
Edadmoderna sexto
 

More from EVAVIDALFERRO

Alfonso XIII de Borbón. André
Alfonso XIII de Borbón. AndréAlfonso XIII de Borbón. André
Alfonso XIII de Borbón. AndréEVAVIDALFERRO
 
Avances médicos do Século XIX
Avances médicos do Século XIXAvances médicos do Século XIX
Avances médicos do Século XIXEVAVIDALFERRO
 
ISABEL II. Joel Seara
ISABEL II. Joel SearaISABEL II. Joel Seara
ISABEL II. Joel SearaEVAVIDALFERRO
 
Fernando VII. Candela Almuiña
Fernando VII. Candela AlmuiñaFernando VII. Candela Almuiña
Fernando VII. Candela AlmuiñaEVAVIDALFERRO
 
Independencia Colonias Americanas. Xurxo Vilariño
Independencia Colonias Americanas. Xurxo VilariñoIndependencia Colonias Americanas. Xurxo Vilariño
Independencia Colonias Americanas. Xurxo VilariñoEVAVIDALFERRO
 
Carlos IV. Iago Vázquez
Carlos IV. Iago VázquezCarlos IV. Iago Vázquez
Carlos IV. Iago VázquezEVAVIDALFERRO
 
Daniela nos cuenta la historia de una heroina muy especial.
Daniela nos cuenta la historia de una heroina muy especial.Daniela nos cuenta la historia de una heroina muy especial.
Daniela nos cuenta la historia de una heroina muy especial.EVAVIDALFERRO
 
Shaila. Comic sobre su confinamiento.
Shaila. Comic sobre su confinamiento.Shaila. Comic sobre su confinamiento.
Shaila. Comic sobre su confinamiento.EVAVIDALFERRO
 
COMICS SOBRE VUESTRO CONFINAMIENTO
COMICS SOBRE VUESTRO CONFINAMIENTOCOMICS SOBRE VUESTRO CONFINAMIENTO
COMICS SOBRE VUESTRO CONFINAMIENTOEVAVIDALFERRO
 
Comics sobre el Confinamiento
Comics sobre el ConfinamientoComics sobre el Confinamiento
Comics sobre el ConfinamientoEVAVIDALFERRO
 
Comics sobre el Confinamiento
Comics sobre el ConfinamientoComics sobre el Confinamiento
Comics sobre el ConfinamientoEVAVIDALFERRO
 
Comic "¡¿Que hacer en cuarentena?!". Xurxo Vilariño
Comic "¡¿Que hacer en cuarentena?!". Xurxo VilariñoComic "¡¿Que hacer en cuarentena?!". Xurxo Vilariño
Comic "¡¿Que hacer en cuarentena?!". Xurxo VilariñoEVAVIDALFERRO
 
Comic de vuelta a la calle. Iván
Comic de vuelta a la calle. IvánComic de vuelta a la calle. Iván
Comic de vuelta a la calle. IvánEVAVIDALFERRO
 
Marcos. ILUSTRACIÓN E INDUSTRIALIZACIÓN.
Marcos. ILUSTRACIÓN E INDUSTRIALIZACIÓN.Marcos. ILUSTRACIÓN E INDUSTRIALIZACIÓN.
Marcos. ILUSTRACIÓN E INDUSTRIALIZACIÓN.EVAVIDALFERRO
 
Shaila. O último Fidalgo. Curros Enríquez
Shaila. O último Fidalgo. Curros EnríquezShaila. O último Fidalgo. Curros Enríquez
Shaila. O último Fidalgo. Curros EnríquezEVAVIDALFERRO
 

More from EVAVIDALFERRO (20)

Alfonso XIII de Borbón. André
Alfonso XIII de Borbón. AndréAlfonso XIII de Borbón. André
Alfonso XIII de Borbón. André
 
AMADEO I DE SABOIA
AMADEO I DE SABOIAAMADEO I DE SABOIA
AMADEO I DE SABOIA
 
Avances médicos do Século XIX
Avances médicos do Século XIXAvances médicos do Século XIX
Avances médicos do Século XIX
 
REVOLUCIÓN DE 1868
REVOLUCIÓN DE 1868REVOLUCIÓN DE 1868
REVOLUCIÓN DE 1868
 
ISABEL II. Joel Seara
ISABEL II. Joel SearaISABEL II. Joel Seara
ISABEL II. Joel Seara
 
CARLOS IV. XABIER
CARLOS IV. XABIERCARLOS IV. XABIER
CARLOS IV. XABIER
 
Fernando VII. Candela Almuiña
Fernando VII. Candela AlmuiñaFernando VII. Candela Almuiña
Fernando VII. Candela Almuiña
 
Fernando VII Diego.
Fernando VII Diego.Fernando VII Diego.
Fernando VII Diego.
 
Independencia Colonias Americanas. Xurxo Vilariño
Independencia Colonias Americanas. Xurxo VilariñoIndependencia Colonias Americanas. Xurxo Vilariño
Independencia Colonias Americanas. Xurxo Vilariño
 
Carlos IV. Iago Vázquez
Carlos IV. Iago VázquezCarlos IV. Iago Vázquez
Carlos IV. Iago Vázquez
 
Daniela nos cuenta la historia de una heroina muy especial.
Daniela nos cuenta la historia de una heroina muy especial.Daniela nos cuenta la historia de una heroina muy especial.
Daniela nos cuenta la historia de una heroina muy especial.
 
Shaila. Comic sobre su confinamiento.
Shaila. Comic sobre su confinamiento.Shaila. Comic sobre su confinamiento.
Shaila. Comic sobre su confinamiento.
 
COMICS SOBRE VUESTRO CONFINAMIENTO
COMICS SOBRE VUESTRO CONFINAMIENTOCOMICS SOBRE VUESTRO CONFINAMIENTO
COMICS SOBRE VUESTRO CONFINAMIENTO
 
Comics horizontal
Comics horizontalComics horizontal
Comics horizontal
 
Comics sobre el Confinamiento
Comics sobre el ConfinamientoComics sobre el Confinamiento
Comics sobre el Confinamiento
 
Comics sobre el Confinamiento
Comics sobre el ConfinamientoComics sobre el Confinamiento
Comics sobre el Confinamiento
 
Comic "¡¿Que hacer en cuarentena?!". Xurxo Vilariño
Comic "¡¿Que hacer en cuarentena?!". Xurxo VilariñoComic "¡¿Que hacer en cuarentena?!". Xurxo Vilariño
Comic "¡¿Que hacer en cuarentena?!". Xurxo Vilariño
 
Comic de vuelta a la calle. Iván
Comic de vuelta a la calle. IvánComic de vuelta a la calle. Iván
Comic de vuelta a la calle. Iván
 
Marcos. ILUSTRACIÓN E INDUSTRIALIZACIÓN.
Marcos. ILUSTRACIÓN E INDUSTRIALIZACIÓN.Marcos. ILUSTRACIÓN E INDUSTRIALIZACIÓN.
Marcos. ILUSTRACIÓN E INDUSTRIALIZACIÓN.
 
Shaila. O último Fidalgo. Curros Enríquez
Shaila. O último Fidalgo. Curros EnríquezShaila. O último Fidalgo. Curros Enríquez
Shaila. O último Fidalgo. Curros Enríquez
 

ISABEL II DE ESPAÑA. SHAILA

  • 1. ISABEL II DE ESPAÑA
  • 2. Isabel foi raíña de España entre 1833 e 1868. Foi coñecida coma “A dos tristes destinos” ou “A Raíña Castiza”. Era a primoxenita do rei Fernando VII e a súa cuarta esposa María Cristina de Borbón-Dos Sicilias, que tiveron outra filla a Infanta Luisa Fernanda. Naceu o 10 de outubro de 1830 no Palacio Real de Madrid. Foi bautizada na capela do mesmo palacio ao día seguinte do seu nacemento, sendo os seus padriños: Francisco I (o rei das Dúas Sicilias ) e a súa dona María Isabel de Borbón Puxéronlle: María Isabel Luisa de Borbón e Borbón Dos Sicilias. Segundo o regulamento de sucesión imposto por Felipe V as mulleres quedaban excluidas do acceso á coroa, Fernando VII intentou anular este regulamento de forma legal publicando seis meses antes do nacemento de Isabel a Prágmatica Sanción de Carlos IV aprobada polas cortes en 1789 que deixaba sen efecto o Primeiro Regulamento restablecéndose asi o dereito sucesorio das mulleres en caso de morrer o rei sen fillos varóns.vUn dereito que Carlos María (o seu irmán) non recoñecía nin estaba de acordo levando o país a unha gran guerra civil, coñecida como a Primeira Guerra Carlista.
  • 3. O nacemento de Isabel e, sobre todo, a súa proclamación como Raíña de España en 1833, foi cantado e ensalzado polos liberais con referencias direitamente anticarlistas. Nos festexos celebrados na Coruña recitouse: “O gremio de xastres, fiel negar que e raíña imaxina A rexia dinastía e pretende a súa ruina, Mostra hoxe a súa simpatía o gremio saberá correr A segunda Isabel presto a morrer ou vencer E se o fascismo cruel por Isabel e Cristina”. E parece ser que as mozas de Chantada cantaban: “Se Don Carlos quere coroa Que a faga de papel Que a que deixou Don Fernando É da súa filla Isabel”. As prolongadas crises na saúde do rei obrigaron á raíña a ter unha presenza maior na alta política. Arredor de María Cristina foise formando un grupo de reformistas como Grijalva, González Salmón, López Ballesteros e Cea Bermúdez. Os liberais apoiaron á raíña agrandando a fenda xa aberta dentro do absolutismo. Iso propiciou a amnistía que María Cristina concedeu aos exiliados do exterior e interior por decreto de 16 de outubro de 1832. María Cristina ben aconsellada depurou o exército substituindo os capitáns xenerais: cesa o Conde de España (Cataluña) que foi substituido por Llandes; a Eguía (Galicia) substituino polo Conde de Cartaxena, Pablo Morillo; en Extremadura Vives reemprazou a José San Juan, etc. Antes de morrer Fernando VII, María Cristina e o grupo dos seus conselleiros desmantelaron o carlismo nos despachos. Agora había que desmantélalo na sociedade. O 20 de xuño de 1833, con escasos tres anos, Isabel foi ratificada polas Cortes como Princesa de Asturias.
  • 4. Poucos meses despois morría o seu pai Fernando VII e a nena que xa era Princesa de Asturias chegou ao trono de España como Isabel II, cando apenas tiña tres anos, tomando a rexencia a súa nai a Raíña María Cristina de Borbón Dos Sicilias ata a súa maioría de idade. O inicio do seu reinado pola negativa do seu tío paterno Carlos María Isidro de Borbón de aceptala como raíña provocou un longo conflicto dinástico dando comezo á Primeira Guerra Carlista contra os isabelinos. Tras un matrimonio infeliz que comezou cunha brutal violación na noite de bodas e dúas fillas en común, Fernando VII morre o 29 de setembro de 1833 deixando viuva á rexente María Cristina que aos dous meses de enviuvar xa o substituira por un sarxento da Guardia Real chamado Agustín Fernando Muñoz adicándose case por completo a el co que tería oito fillos. María Cristina non se preocupou de darlle a súa filla unha educación política nin unha educación acorde ao seu cargo, polo que a educación que recibiu Isabel foi moi deficiente baseada na formación doméstica, na relixión e no estudo do piano e despoxada de calquera estudo humanístico e político. O Conde de Romanones dixo dela: “Aos dez anos Isabel resultaba atrasada, apenas sabía ler con rapidez, a forma da súa letra era propia das mulleres do pobo, apenas sabía sumar, a súa ortografía pésima, odiaba a lectura; os seus únicos entretenementos eran os xoguetes e os canciños. Por estar exclusivamente na man dos camaristas ignoraba as regras do bon comer, seu comportamento na mesa era deplorable”. En 1840 a súa nai abandona a rexencia exiliándose en Francia onde levaría unha vida plena co seu marido e os novos fillos.
  • 5.
  • 6. A rexencia pasou a mans de Espartero polo que Isabel e a súa irmá pequena Luisa Fernanda quedaron baixo o control do xeneral. En 1843 varias revoltas en terras españolas obrigaron a Espartero a abandoar España rumbo a Inglaterra. O 8 de novembro de 1843 Isabel foi declarada maior de idade con tan só trece anos co fin de evitar unha terceira rexencia. Dende entón comezou o seu reinado pasando a ser Isabel II de España. Este ano instaurou a bandeira nacional de España que xa nacera no reinado de Carlos III o 28 de maio de 1785. A nova Raíña inclinouse hacia o partido dos moderados en vez de manterse arbitral entre os diferentes partidos que intentaban facerse co goberno de España. Pouco despois de ser coroada tivo un gran despertamento sexual, foi prácticamente violada polo xeneral Serrano apodado por ela coma “o Xeneral Bonito”. Despois deste acto Isabel desenrolaría unhas conductas sexuais moi escandalosas (algo típico de persoas que sufriron abusos na súa infancia). En España empezóuselle a buscar candidatos para casala; a súa nai quería casala (co seu irmán e tío de Isabel) con Francisco de Paula de las Dos Sicilias, conde de Trapani, sendo rexeitado polo partido progresista. Xurdiron varios candidatos, incluido o seu curmán Carlos Luis de Borbón y Braganza, enlace que solucionaría os problemas dinásticos pero non se aceptou, o que provocou a Segunda Guerra Carlista. Ao final decidíronse por Francisco de Asís de Borbón curmán da Raíña, un home sen carácter que non se metería en política, esta unión satisfacía a tódolos partidos políticos. Cando Isabel se enterou que Francisco ía a ser o seu marido empezou a chorar e suplicarlle a súa nai, chegando a dicir:”Non,con Paquita non”.
  • 7. Francisco de Asís era un home afeminado, homosexual e demasiado coqueto, en España coñeciano polo apodo de “Paquito Natillas”. A voda celebrouse o 10 de outubro de 1846, celebrándose un dobre enlace: Isabel (16 anos) con Francisco e a sua irmá a Infanta Luisa Fernanda (14 anos) con Antonio de Orleans. O día antes do enlace Isabel dixolle a sua nai: ”Cedín como raiña pero non como muller, eu non busquei a este home para que fose meu marido, impuxéronmo e non o quero”. A noite de vodas da Raíña foi un desastre, chegando a decirlle aos seus amigos máis achegados: ”Que podería esperar dun home que na noite de vodas levaba máis encaixes na súa camisa ca min?”. Ao primeiro a parella odiábase pero pouco a pouco estableceron unha relación de amizade, cos anos Francisco converteuse no seu conselleiro e nun bo amigo da Raíña. A vida da monarca en palacio era unha festa continua, deitábase ás cinco da maña para erguerse ás tres da tarde. Isabel sabía que o seu matrimonio estaba destinado ao fracaso e empezou a coleccionar amantes. O primeiro foi o home que abusara dela aos 14 anos, o xeneral Serrano, do que se dí que a Raíña o perseguía por tódolos cuarteis de Madrid convertíndose isto nun gran escándalo. Debido a isto e as desavenencias tan grandes entre ambos conxugues fixo que Francisco de Asís abandoara o Palacio Real instalándose no Palacio do Pardo durante varios meses ata que aconsellado por Sor Patrocinio e polo pai Fulxencio reconciliouse coa súa esposa que nese momento estaba encinta. Serrano foi nomeado Capitán Xeral e destinado a Granada e aínda que a Raíña chorou desconsoladamente non tardou en substituilo por un sinfín de amantes, aqueles que se
  • 8. achegaban a ela sinxelamente para gañar o seu favor político, sendo esta bastante manipulable e máis entendida de política de cama que de política en sí. O matrimonio tivo 12 fillos dos que so cinco chegaron a adultos, aínda que se cre que Francisco non é pai bioloxico de ningún. - 20 de maio de 1849 nace morto o seu primeiro fillo Luis Fernando. - 11 de xullo de 1850 nace Fernando Francisco, morreu aos cinco minutos de nacer. - 20 de decembro de 1851 nace MªIsabel (vive ata os 80 anos), coñecida como “A Chata”, adquirindo o título de Princesa de Asturias; casou con Cayetano de Borbón- Dos Sicilias. - 5 de xaneiro de 1854 nace MªCristina, unha nena sá pero que debido a un catarro faleceu dous días despois. - 23 de setembro de 1855 nace Margarita, unha nena prematura que só viviría un día. - 21 de xuño de 1856 naceu morto Francisco de Asís Fernando (hai quen di que non lle puxeron nome). - 28 de novembro de 1857 naceu Alfonso Francisco de Asís Fernando Pío Juan Mª Gregorio y Pelayo un neno san que herdaría o título de Principe de Asturias da súa irmá maior, sucesor da coroa pasando a ser Alfonso XII (casou en primeiras nupcias con Mªde las Mercedes de Orleans, ó enviuvar casou ca Archiduquesa MªCristina de Habsburgo-Lorena ca que tivo 2 fillos). - -26 de decembro de 1859 naceu Mª de la Concepción Francisca de Asís que só viviu 21 meses. - 4 de xuño de 1861 naceu Mª del Pilar, esta irmá tan querida por Alfonso faleceu case de repente o 5 de outubro de 1879 ao pouco de cumprir os 18 anos de idade. - 23 de xuño de 1862 nace Mª de la Paz que viviu ata os 84 anos e casou co príncipe Luis Fernando de Baviera (tivo descendencia). - 12 de febreiro de 1864 nace MªEulalia (duquesa de Galliera), casou con Antonio de Orleáns Y Borbón, Duque de Galliera, tiveron descendencia. Morreu con 94 anos - 24 de xaneiro de 1866 nace Francisco de Asís Leopoldo MªEnrique que faleceu con poucas semanas de vida. O 2 de febreiro de 1852 Isabel sufriu un atentado na Basilica de Atocha cando ía presentar a súa nena á Virxe (para darlle as gracias); o cura Martín Merino acoitelouna aínda que afortunadamente o estilete foi freado polo corsé que levaba e foi unha ferida de pouca importancia. O cura foi executado. Cinco anos antes sufrira o seu primeiro atentado en plena rúa Alcala no que afortunadamente a bala só lle rozou o sombreiro.
  • 9. Isabel reabriu as Universidades cerradas polo seu pai xa que a educación que había no momento do seu reinado era un desastre, o país ía practicamente á deriva, os partidos pelexaban entre eles por gobernar o reino habendo diferentes revoltas e levantamentos. A Raíña cada vez era peor vista xa que só se adicaba aos seus amantes, viaxes de pracer e festas en palacio. En 1868 estalou a revolución coñecida coma “A Gloriosa” que obrigou a Raíña a abandoar España en tren dende S.Sebastián onde se atopaba de vacacións. O 19 de outubro de 1868 naceu a peseta española como unidade monetaria por decreto do goberno provisional tralo derrocamento de Isabel II. Estaría en curso ata o ano 2002 que apareceu o euro. A familia real exiliouse en Francia onde foi acollida por Napoleón III e a súa dona Eugenia de Montijo Unha vez en Francia o matrimonio separouse definitivamente. Isabel instalouse en Paris no Palacio de Castilla onde viviu durante 30 anos retirada da política activa sen ter ningún protagonismo público. A diferencia da Raíña que se lle atribuiron un sinfín de amantes a Francisco de Asís só se lle coñeceu un único amigo especial estable Antonio Ramos Meneses. O 25 de xuño de 1870 Isabel abdicou en Paris a favor do seu fillo Alfonso.
  • 10. En España os diferentes partidos pelexábanse polo poder e elexiron como rei ao príncipe Amadeo de Saboya, pasando a ser coñecido como Amadeo I de España. Dende o exilio foi testigo da Primeira Republica Española. En 1874 reinstáurase a monarquía chegando o seu fillo o trono, coñeceuse como Alfonso XII. Isabel estaba emocionada por volver a súa amada España aínda que aconsellada por Cánovas (o artífice do proceso) e o seu propio fillo solo veu en breves e esporádicas ocasións. Despois dunha longa enfermidade que padeceu, a Isabel deixárona volver ao seu antigo reino aínda que non se puido instalar en Madrid polo que elexiu Sevilla; instalándose coas tres fillas máis pequenas no Alcazar. Entablou unha boa amizade coa súa irmá pasando por alto os diferentes encontronazos que tivera co seu cuñado. A relación familiar rompeuse de todo cando Alfonso XII despois da súa coroación negouse a casar con calquera outra princesa que non fora a súa curmá MªMercedes de Orleans da que estaba profundamente namorado. Isabel non aprobou a relación xa que era filla da súa irmá Luisa Fernanda e o seu marido confabulara contra a raíña financiando a revolución de 1868 pola que Isabel tivera que exiliarse e polo que ambos cuñados se declaraban enimigos públicos.A exraíña ameazou con non ir ao enlace e asi o fixo. En 1877 abandoa Sevilla e volve a Paris mentres as súas fillas quedan en Madrid A xoven raíña Mercedes faleceu cinco meses despois da voda; Alfonso volveu casar, esta vez coa Archiduquesa MªCristina de Habsburgo-Lorena que si foi do agrado de Isabel. A este enlace sí asistiu e nora e sogra sempre tiveron moi boa relación. Alfonso XII faleceu o 25 de novembro de 1885 aos 27 anos de tuberculose completamente só nos seus aposentos xa que non deixaron pasar a onda el nin a súa nai nin a súa dona. Isabel viviu en Paris o resto da súa vida sendo visitada a cotio pola súa nora e netos. Dende alí foi testigo da Primeira República de España, do efímero reinado de Amadeo de Saboya, da rexencia da súa nora trala morte do seu fillo Alfonso XII e do principio do reinado do seu neto Alfonso XIII.
  • 11. En 1902 faleceu o seu marido; aínda que mantiveron vidas separadas mantiveron unha boa amizade polo que o seu falecemento foi un duro golpe para Isabel, perderá o seu amigo e confidente. Foi enterrado no Panteón dos Reis do Escorial. Isabel faleceu na mañá do 9 de abril de 1904 aos 74 anos na súa residencia parisina. Os seus restos foron trasladados con honores de raíña ao Escorial para darlle sepultura no Panteón dos Reis fronte ós do seu marido. Isabel morreu amando España á que quixo sempre de todo corazón, sempre se sentiu madrileña e añorou no seu exilio as terras españolas. Recoñoceu sempre que fora unha mala raíña, arrepentiuse no seu exilio de tódolos erros cometidos e de non prestar máis atención o seu goberno.
  • 12. Do seu reinado cabe destacar que España pasou de ser unha monarquía absoluta a unha monarquía constitucional e parlamentaria. Foi maltratada pola historia debido a súa forma de actuar. A raíña amou aos españois pero debido a súa difícil infancia non soubo gobernar, a falta de cariño da súa nai e a iniciación temperá a unha vida sexual marcou o comportamento da monarca facendo que se centrara máis na súa vida privada que en gobernar a un reino que lle foi otorgado aos 3 anos. Durante o seu reinado: - Chegou o ferrocarril a España unindo os pobos. - O Canal de Isabel II (impulsado polos ministros Juan Bravo Murillo e Manuel Alonso Martínez) aseguraba o abastecemento de auga a Madrid. - Trazado de estradas e correspondentes pontes. - Empezou un novo periodismo consolidándose os xornais. - As pinturas do Museo do Prado que eran de colección privada durante o reinado de Felipe VII, Isabel donóunas á nación española para que o pobo as puidera disfrutar. -Inaugurouse o Teatro Real de Madrid.
  • 13. SHAILA EL FAHAM PRIETO 6ºA
  • 14. BIBLIOGRAFÍA A Gran historia de Galicia, tomo XI.vol.2: de Isabel II á Restauración (1833-1874) https://es.m.wikipedia.org>Iwiki>I... https://www.wikiwand.com>Isabel... Isabel II de España, la Reina Castiza (youtube) Isabel II de España, la Reina de los Tristes Destinos (youtube)