SlideShare a Scribd company logo
1 of 13
Download to read offline
Técnicas e sistemas de cultivo extensivo de moluscos
Juan Poza
1995
TECNICAS E SISTEMAS DE CULTIVO EXTENSIVO DE MOLUSCOS
1. INTRODUCCION
Por JUAN POZA
Departamento de Cultivos Mariños
l.E.S.P. Isaac Díaz Pardo
Estrada de Samoedo s/n
15160 - Sacia (Coruña)
O engorde extensivo de moluscos aplicando técnicas de semicultivo é utilizado
dende tempos remotos. Os chinos xa engordaban ostras no ano~ 2000 a.c. e os
romanos no 100 a.c.
Centrándonos en Europa, o cultivo de mexillóns en estacas foi descuberto, hai
uns 700 anos, polo náufrago Patricio Walton na Bretaña francesa.
En España, no ano 1901 fondeósuse aprimeira batea de mexillón en Tarragona,
e no 1909 instaláronse varias na dársena do porto de Barcelona, de onde se copiou
a técnica que tan bos resultados dará en Galicia a partir do ano 1945, e que fixo
esquecer experiencias anteriores de mitillicultura en fondo e en estacas.
No século pasado tentouse introducir en Galicia a tecnoloxía de ostricultura
deseñada polo francés Coste no ano 1853; pero houbo un forte rechazo por parte dos
mariscadores. Máis tarde, na década dos 60 trouxéronse ostras pequenas de
Francia para engordar en batea nas rías galegas; pero con elas importáronse as
enfermidades que tanto perxudican a este cultivo: a marteiliasis e a bonamiasis.
Tamén hai citas de que hai uns 200 anos xa se cultivaban ameixas en Carril,onde
se deixaba medrar a semente ata a talla comercial.
O cultivo de engorde de moluscos pasa por tres fases : obtención da cría,
preengorde e engorde. A tal fín úsanse tres sistemas de acuicultura con diversas
variantes: cultivo en fondo, cultivos sobreelevados e cultivos suspendidos.
2. SISTEMAS DE CULTIVO
- Dada a progresiva complexidade, pódese establecer unha evolución histórica
dende os cultivos no fondo, pasando polos sobreelevados ata os suspendidos; sen
embargo cada sistema é propio a unhas especies e circunstancias concretas.
Na elección do sistema de cultivo a empregar hanse de ter en canta as
características bio-ecolóxicas da especie cultivada, a topografía e climatoloxía da
zona e as condicións económicas da empresa, así como a dispoñibilidade dos
materiais axeitados.
59
2.1. Cultivos no fondo
Consiste en utilizar como soporte dos cultivos os fondos mariños, ben sexan
bancos naturais ou sustratos modificados que se adaptan ás condicións específicas
de vida das epecies cultivadas (Fig. 1).
Pódese tratar de fondos emerxentes ou sumerxidos. No primeiro caso o control
e labores de cultivo son máis doados na baixamar, motivo polo cal se practican máis
asiduamente. Nos fondos sumerxidos os competidores e depredadores son máis
abundantes e activos; pero, como aspecto favorable, os moluscos están sempre
sumerxidos e dispoñen de alimento constantemente.
Este sistema emprégase fundamentalmente no preengorde e engorde de espe-
cies excavadoras como a ameixa e o berberecho; pero tamén se pode aplicar, si o
sustrato é suficientemente duro, no cultivo de calquera outra especie de molusco.
Os lugares máis axeitados para o cultivo no fondo son as badías e esteiros
protexidos, de perfil suave con grandes oscilacións de marea, que deixan estensas
superficies areosas descubertas na baixamar.
Tamén hai que ter en canta o nivel de marea, o tipo e firmeza do sustrato e a
presencia de depredadores e competidores, ben sexa para seleccionar os moluscos
máis apropiados en cada caso ou co obxecto de aplicar os métodos oportunos de
acondicionamento e preparación do terreo para o cultivo dunha especie concreta.
2.2. Cultivos sobreelevados
Consiste en utilizar diferentes estructuras que evitan que os moluscos entren en
contacto con un fondo mariño pouco apropiado.
Figura 1. Parque de cultivo no fondo.
60
Os lugares axeitados son praias fangosas de pendente suave e con grandes
oscilacións de marea.
Este sitema aventaxa ó anterior en que se pode utilizar en fondos fangosos pouco
aptos para os moluscos, consegue un certo control do acceso dos depredadores e
permite un cultivo tridimensional. Pala contra, resulta algo máis caro e laborioso.
. En función do soporte de cultivo empregado, os cultivos sobreelevados poden
diferenciarse como:
2.2.1. Cultivos en postes ou estacas:
Son postes ou estacas clavados no fondo mariño, sobre os cales se fixan ou
sementan os moluscos epibiontes típicos de esta modalidade de cultivo (Fig. 2).
O cultivo de mexillón en postes ou «bouchots» é típico dacosta atlántica francesa.
As estacas utilízanse para o cultivo de ostras en algunhas rexións do Xapón e para
instalar colectores de ostra en distintas partes do Mundo.
Figura 2. Cultivo de mexillón en estacas.
2.2.2. Cultivo en cestas ou bolsas de malla plástica:
O cultivo en cestas e bolsas de malla plástica («pochons»), colocadas sobre
armazóns de estacas de madeira ou barras de metal, utilízanse no preengorde de
ostra e ameixa e no engorde de ostra (Fig. 3). Son exemplo de esta modalidade a
Bretaña francesa e as rías galegas, se ben en Galicia as enfermidades de ostra
minguaron o seu cultivo.
2.2.3. Cultivo en marcos ou armazóns de madeira:
Uns armazóns de madeira formando cuadrículas son colocados a distinta altura
sobre soportes.
É un sistema utilizado en Australia como colector e soporte do cultivo de ostra.
61
POZA-U
Figura 3. Cultivos sobreelevados en cestas e bolsas de malla.
2.3. Cultivos suspendidos
Os moluscos colócanse, mediante diferentes procesos ou utensilios, colgados de
cabos amarrados verticalmente a unhaestructura de soporte construída con materiais
resistentes á auga do mar, ou tratados convintemente con este obxectivo (capas
externas de alquitrán, poliester, cemento, etc.).
Este sistema utilízase, fundamentalmente, no cultivo de moluscos epibiontes,
permitindo que estes permanezan sumerxidos constantemente e reciban un aporte
continuo de alimento. Ademais, os moluscos cultívanse tridimensionalmente nun
volume de auga de altura igual á lonxitude dos cabos empregados, os cales non
deben tocar fondo co obxecto de impedi-lo acceso dos depredadores e prever os
danos que poidan causar a area e o fango.
Os moluscos suxéitanse das cordas de diferentes formas, en función das súas
características de fixación. Así, os mexillóns envólvense arredor da corda de cultivo
cunha venda ou malla de nilón que se destrúe cando o molusco se suxeita mediante
o biso. As ostras péganse con cemento rápido, e as vieiras cáiganse dun orificio
practicado nunha orella ou tamén se poden pegar con cemento. Na fase de
preengorde de ostras, vieiras e ameixas, utilízanse cestas ostrícolas de distintos
tipos, xa que os moluscos aínda son moi pequenos e fráxiles para ser manipulados
adecuadamente.
En base á estructura de soporte, os cultivos suspendidos diferéncianse en tres
tipos:
2.3.1. Viveiros fixos:
A estructura de soporte consiste nunha serie de listóns de madeira, canas de
62
bambú ou calquera outro material, colocados paralelamente ou formando unha
grade ou emparrillado, e armados nos extremos emerxentes de vigas, estacas ou
columnas clavadas no fondo (Fig. 4).
En xeral, os parques fixos son alongados, mantendo entre si unha separación
suficiente para permiti-la navegación das embarcacións usadas nas faenas de
cultivo.
Utilízanse en badías ou esteiros tranquilos, de pouca pendente e escasa
profundidade, con correntes débiles e escaso coeficiente de marea.
En función das características bio-ecolóxicas das especies cultivadas, pódense
utilizar na zona intermareal ou submareal para instala-los colectores, ou para realiza-
lo preengorde ou o engorde de distintos moluscos.
En España son utilizados para o cultivo de mexillón no Delta do Ebro: En Xapón
e Cuba para ubica-los colectores e cultivos de ostras. En Venezuela tamén son
utilizados como soporte dos colectores de mexillón.
-(~>
Figura 4. Cultivo suspendido en viveiro fixo.
2.3.2. Viveiros flotantes:
A estructura de soporte, consistente nun emparrillado ou en cabos horizontais, vai
armada sobre un sistema de flotación construido con diversos materiais: madeira
recuberta de alquitrán ou cemento, espuma plástica (poliespan, poliuretano ou
poliestireno expandidos), poliester, polietileno, ferro, etc.
Para calcular o volume requirido dos flotadores aplícase a seguinte fórmula
baseada no principio de Arquímides:
V = (CR / DPMV) + T
CR é a capacidade real de carga, que se calcula en función do número de cordas
e do peso máximo que soportará cada unha.
DPMV é a disminución do peso da materiaviva na auga, que é próxima a 5. Tamén
se pode calcular experimentalmente.
Té a tara, valor que se obtén por pesada de toda a estructura de soporte ou por
63
extrapolación de pesadas parciais de volumes ou superficies coñecidos dos elemen-
tos de construcción.
O resultado obtido de aplicar esta fórmula súmase un 20 ou 30 % de marxe de
seguridade.
2.3.2.1 . Bateas:
O emparrillado, semellante ó dos viveiros fixos, vai armado sobre un sistema de
flotadores, de xeito que a batea queda aboiando na auga (Fig. 5).
Os viveiros flotantes son orixinarios do Xapón, onde o emparrillado se construe
con canas de bambú, e os flotadores son de poliespán ou consisten en barriles de
madeira.
--
Figura 5. Cultivo suspendido en batea ou viveiro flotante.
As bateas das rías galegas son unha adaptación que sufriu moitas modificacións,
sobre todo na estructura de flotación, dende os antigos flotadores de barcos vellos,
pasando polos de madeira ata os actuais de ferro con protección de poliester. En
Galicia o emparrillado constrúese con madeira de eucalipto, e cadavigaten un nome
e unha función determinada.
O diámetro e volume dos flotadores depende do peso que deba soportar a batea
cargada ó máximo da sua capacidade. Nas bateas de ostra e vieira, que deben
soportar menos peso que asde mexillón, osflotadores son estreitos e alongados para
evitar que o emparrillado quede moi alto sobre o nivel do mar, reducindo así o
balanceo da batea, os danos na estructura e os desprendementos de moluscos das
cordas.
As bateas fondéanse mediante unha ou duas cadeas unidas a cadanseu morto.
No primeiro caso a batea xira colocando a proa na dirección das correntes, mentres
que no segundo situase de forma que a proa e a popa reciban alternativamente as
64
correntes contrarias de marea ascendente ou descendente. A lonxitude da cadea
non debe ser inferior a tres veces a altura máxima do lugar de fondeo, con obxecto
de evitar o desprazamento do morto.
Tamén se poden ver bateas de poliester, e para augas batidas do exteriordas rías
existen proxectos de bateas sumerxibles e plataformas semellantes ás utilizadas nas
perforacións petrolíferas do mar.
Os lugares máis apropiados para usar este sistema de cultivo son as augas
abrigadas, de perfil de costa recortado, de bastante profundidade e con grandes
oscilacións de marea.
Exemplo típico deste sistema é o cultivo de mexillón en Galicia, onde tamén se
utiliza no cultivo de ostra e vieira. Asimesmo, pódese realizar o preengorde de
ameixas en cestas ata unha lonxitude inferior ós 20 mm, a partir dos cales
comenzarían a deformarse, facéndose trompudas.
2.3.2.2. Palangres de cultivo:
Consiste nunha serie de boias de plástico, polietileno, poliespán ou barriles de
madeira, unidas por cabos lonxitudinais dispostos horizontalmente respecto á
superficie daauga,sobre os quese caigan os cabosverticais que soportan os cultivos
(Fig. 6).
Os palangres poden ser de fondo ou de superficie.
Debido á sua elasticidade utilízanse en lugares abertos, expostos a fortes ventas,
ondas e correntes.
-
-=~-:~::¡:-_ -~=- ~ --~=- =-- -- - -- - ..: - -- -=.
- - - -- -- ~--- -- :.: - ~ - -
~=----=-=--=-- ::~::::=--- ~ -:._-_--=-~:-~-.J.L!f..- - 4-...~ - - ~-~ - - - =l.~~.:- -
-- - - - - - - -
Figura 6. Palangre de cultivo ou «long line».
65
Son utilizados típicamente nas costas abertas de Xapón e Corea para o cultivo de
ostras, vieiras e algas; pero tamén en outros países para cultivo de mexillón e
diversas especies, así como para instalar colectores de vieira.
3. TECNICAS DE CULTIVO DE MOLUSCOS
O cultivo de moluscos consta de tres fases: obtención de cría, preengorde e
engorde. Calquera dos sistemas descritos anteriormente pode ser utilizado, polo
menos en algunha destas etapas, para cultivar os diferentes moluscos de interese
comercial.
3.1. Cultivo de mexillón
O cultivo de mexillón en batea é o máis coñecido en Galicia; sen embargo en
outros países do mundo utilízanse o conxunto dos diferentes sistemas descritos.
En Holanda, segundo productor mundial, a cría de 13 a 25 mm recóllese
mecánicamente dos bancos naturais e seméntase nunha fina capa en grandes
parques de fondo duro acotados, onde medra ata a talla comercial de 6,3 cm durante
tres anos, ó cabo dos cales se recolle mediante dragas.
En Francia cultívase o mexillón en filas paralelas de estacas de carballo ou
aciñeira de 3 m de longo e 20 cm de diámetro chamadas «bouchots». A semente
recóllese das estacas situadas máis perto do mar entre maio e xullo e reseméntase,
en fases sucesivas, nas situadas máis cerca de terra. A tal fin, métanse cá axuda dun
embudo nun tubo de malla plástica fina que logo se envolve en espiral arredor do
«bouchot».
O cultivo de mexillón en viveiros fixos realízase en Cataluña no Delta do Ebro, e
utilízanse os palangres en Corea, Inglaterra e Estados Unidos. A metodoloxía, en
ambolos dous casos é similar á utilizada no cultivo en batea nas rías galegas.
Para o cultivo en batea nas rías galegas, a semente de 1Oa 20 mm procede da
captura nos bancos naturais ou ben da captación primaveral en cordas colectoras.
A operación de encordado faise manual ou mecánicamente, utilizando unha
venda de nilón e cordas de ata 15 m con palillos de madeira ou plástico separados
40 cm, para distribui-lo peso do mexillón na corda. O cabo duns 6 meses acádanse
os 45 mm e faise o desdobre, retirando o mexillón para volvelo a encordar a menor
densidade, obtendo de cada corda de semente 3 ou 4 cordas de desdobre.
Pasados uns 12 meses, o mexillón acacia a talla comercial e xa se realiza a
colleita, desgranado e clasificación,utilizando as máquinas situadas naembarcación
auxiliar ou na batea.
3.2. Cultivo de ostra
No cultivo de ostratamén se utilizan tódolos sistemas descritos, tanto para instala-
los colectores como para realiza-lo preengorde e engorde. Así, por exemplo,
utilízanse os fondos emerxentes en Xapón, Holanda, Francia, Estados Unidos e
México; as estacas de bambú en Xapón; as bandexas e bolsas de malla en España
66
e Francia; os vivieiros fixos en Xapón, Australia, Cuba e Corea; as bateas en España
e Xapón; e os palangres en Xapón e Corea.
A semente de ostra procede da captación natural ou prodúcese en criadeiros.
Para captura-la semente existen moitos tipos de colectores, pois calquera superficie
dura e limpa,colocada no momento de desove nun lugar de confluencia de correntes
mariñas, pode ser utilizada como colector. Entre os materiais máis usados pódense
citar tellas encaladas, cunchas de moluscos, plásticos, cartóns encalados, malla
metálica encalada, tiras de caucho, etc.
No Xapón, onde o producto final que se comercializa é a vianda descunchada, o
engorde realízase sobre as mesmas cunchas colectoras, que unha vez ailladas
colócanse separadas por tubos de bambú en largos arames que se suspenden de
bateas, palangres ou viveiros fixos.
Pola contra, a ostra plana europea comercialízase viva, e a deformación da
cuncha afecta á sua calidade comercial. Por tal motivo a cría tense que retirar dos
colectores que, para facilitar esta operación e disminuir a mortalidade na separación
dos mesmos, levan unha capa de cal.
O preengorde realízase en bandexas ostrícolas ou bolsas de malla («pochons»)
en cultivos sobreelevados ou ben en cestas ostrícolas de distintos materiais en
cultivos suspendidos. O engorde ata a talla comercial pódese facer nos mesmos
recipientes tras sucesivos rareas, durante os cales a luz de malla das bandexas e
cestas sevai incrementando. Non obstante,obtéñense mellares resultados pegando
as ostras con cemento, en grupos de tres, nas cordas que se caigan das bateas.
3.3. Cultivo de pectinidos (vieira)
O cultivo de vieira é moi semellante ó da ostra. A semente procede da pesca e da
captación natural, utilizando colectores específicos que consisten nunha bolsa
plástica que leva un cacho de rede de pesca no interior. Tamén é posible a sua
producción en criadeiro.
O preengorde realízase en cestas en cultivos suspendidos ou en bandexas en
cultivos sobreelevados,e para engordalas péganse con cemento a cordas, igual que
as ostras, ou cáiganse en éstas mediante un arame ou fio de nilón ó que as vieiras
van amarradas por un burato feito na orella anterior.
3.4. Cultivo de ameixas
Para ameixas non existen colectores específicos,e a semente hade procederdos
bancos naturais ou dos criadeiros. No primeiro caso interfire có marisqueo podando
xerar problemas de furtivismo. Non obstante, en bancos xestionados pódese recurrir
a extraccións selectivas nos lugares onde hai unha sobrefixación.
O preengorde realízase en fondos areosos acondicionados adecuadamente,
protexendo a semente cunha malla plástica que a cubra, impedindo a sua saida e a
entrada dos depredadores. A tal fin tamén se utilizan as bandexas ou bolsas en
cultivos sobreelevados ou as cestas en cultivos suspendidos; pero non se debe
deixar que as ameixas sobrepasen os 15 mm, xa que do contrario non medran ben
e sofren deformacións se non viven enterradas na area.
67
O engorde tense que realizar necesariamente en parques de fondo areoso que
se removen parareblandecelos, ótempo quese aproveitaparaeliminardepredadores
tales como cangrexos e caramechas. Despois da resementeira é convinte protexe-
los parques cunha malla plástica antidepredadores colocada sobre o terreo ou
formando un cercado. Oeste xeito a mortalidade é moito menor.
Periódicamente, aproveitando as baixamares,fanse as operacións de limpezade
algas e os rareas que, ó igualque a colleita,poden sermanuais utilizando os aparellos
de marisqueo, ou mecánicas usando tractores, colleitadoras e dragas.
3.5. Cultivo de gasteropodos
O gasterópodo máis cultivado actualmente é a orella de mar ou abalón. En
realidade trátase dun primitivo sistema de cultivo de repoboación de bancos naturais
con semente producida en criadeiros.
Esta modalidade de producción está ben desenvolta no Xapón, onde os pesca-
dores mercan a semente para repoboar determinadas zonas, que son vedadas
durante os catro anos que tarda esta especie en acadar a talla comercial.
4. LABORES DE CULTIVO
Co obxecto deque os moluscos estean nunhas condicións idóneas para alcanzar
un rápido crecemento e engorde co menor número de baixas posible, é necesario
realizar certas tarefas que requiren a aplicación de medios mecánicos ou manuais,
semellantes ós utilizados na agricultura.
As operacións fundamentais do cultivo de engorde indícanse na TABOA l. Neste
traballo non se van a describir as tarefas a realizar, xa que son variables en función
da especie a cultivar, do sustrato de cultivo empregado e da maquinaria e medios
dipoñibles.
Un parque ou bateaben traballado vai a darun rendemento moi superior. Coñecer
as necesidades dos moluscos e aplicar os medios técnicos dispoñibles para
mantelos nas condicións óptimas é fundamental para alcanzar os beneficios econó-
micos que perseguen os acuicultores.
TABOA 1 Principais labores de cultivo de moluscos
OPERACIONS DE CULTIVO TAREFAS
Planificación do cultivo Elaborar un calendario de actividades.
Constitución e xestión
da empresa
68
Adquirir os materiais e medios necesarios.
Calcular a cría necesaria.
Avaliar as necesidades de persoal.
Seleccionar o lugar idóneo.
Obter as concesións e autorizacións.
Elaborar o proxecto de explotación.
Constitución e xestión
da empresa
Acondicionamento de
instalacións
Sementeira (Preengorde}
Resementeira (Engorde)
Control de competidores,
depredadores e parásitos
Limpezas
Seguimento do cultivo
Colleita
Obter as axudas e subvencións.
Solicitar presupostos.
Contratar a realización de obras.
Contratar o persoal laboral.
Demarcar os parques.
Retirar fango e pedras.
Engadir area e regular a granulometría.
Achanzar o terreo se ten moita pendente.
Remover a area para ablandar o terreo.
Vixiar averías e danos nas instalacións.
Reparar estructuras danadas.
Comprar semente de criadeiro ou marisqueo.
Capturar a cría en bancos naturais.
Elaborar os colectores específicos.
Instalar os colectores no lugar apropiado.
Separar a cría dos colectores.
Sementar a cría na densidade adecuada.
Encordar ou encanastar a cría.
Vixiar a densidade en función da talla.
Desdobrar ou rarear á densidade correcta.
Resementar ou reencordar.
Cambiar de posición as cordas.
Colocar as mallas antidepredadores.
Colocar trampas antidepredadores.
Aplicar tratamentos de eliminación.
Cambiar cestas e bandexas con incrustantes.
Verificar as condicións sanitarias da cría.
Enviar mostras para análise patolóxico.
Retirar acumulacións de algas e incrustantes.
Raspar os incrustantes dos flotadores.
Eliminar acúmulos de fango.
Eliminar epibiontes dos moluscos.
Avaliar o crecemento e a mortalidade.
Vixiar-a calidade da auga.
Capturar os moluscos de talla comercial.
Limpar e clasificar por tallas e calidades.
Envasar convintemente o producto.
Transportar a producción convintemente.
69
BIBLIOGRAFIA
ANONIMO, 1988. La palourde. Dossier d'elevage. IFREMER. Brest: 106 pp.
ARNAL, J. l., 1982. Posibilidades de la acuicultura en el litoral español. Beca Rumasade lnvest. Set
Ed. Madrid: 337 pp.
BARDACH, J. E.e col., Acuacultura: Crianza y cultivo de organismos marinos y de agua dulce.
AGT Ed. México: 741 pp.
BARNABE, G., 1991. Acuicultura. Ed. Omega, Barcelona: 2 Tomos.
BAUTISTA, C., 1989. Moluscos. Tecnología de cultivo. Ed. Mundi-Prensa. Madrid: 170 pp.
COLL, J., 1983. Acuicultura marina animal. Ed. Mundi-Prensa. Madrid: 670 pp.
DURAN, C. e col., 1990. El mejillón. Biología, cultivo y comercialización. Ed. Fundación Caixa
Galicia. La Coruña: 183 pp.
INEM, 1993. Estudio de necesidades de formación profesional. Sector Acuicultura, Pesca y
Buceo. 4 Tomos. INEM. Madrid: 1085 pp.
LOJO, M.eJ.POZA, 1989.Hacia la profesionalización del sector marisquero:La lilade Arousa como ejemplo
atípico. En Jornadas sobre Economía y Sociología de las Comunidades Pesqueras,
M.A.P.A. Madrid: 445-452.
LOPEZ VEIGA, E. e col., 1992. Plan de ordenación dos recursos pesqueiros e marisqueiros de
Galicia. Xunta de Galicia. Santiago: 874 pp.
MAS, B. e J. A. TIANA, 1986. Acuicultura marina. M.A.P.A. Madrid: 101 pp.
M.A.P.A., 1985. Primer curso teórico-práctico sobre acuicultura. M.A.P.A. Madrid: 2 Tomos.
NIETO, C.e col., 1991. Guía metodológica para la elaboración de estudios de impacto ambien-
tal. Cultivos marinos. C.O.T.O.P. Xunta de Galicia. Santiago: 185 pp.
PARDELLAS, X. e E. POLANCO, 1987. A acuicultura mariña en Galicia. Ed. Xerais. Vigo: 159 pp.
PEMARES, 1983. Investigación acuícola y marisquera. Ed. Junta de Andalucia: 160 pp.
POZA, J., 1986. Aspectos históricos del cultivo de moluscos. Natura, 78. Caracas: 31-36.
POZA, J., 1982. Análise do efecto dos contaminantes sobre as especies de interese en acuicultura. En A
contaminación mariña do litoral galega. Ed. do Castro. Sada: 143-155.
POZA, J. e col., 1989. Saneamiento y acuicultura en el «esteiro» de Vilanova de Arousa. En Acuicultura y
economía. M.A.P.A. Madrid: 415-448.
REY, M., 1991. Cultivando o mar. Ed. Univ. Santiago: 161 pp.
VARIOS, 1974. Seminario interdisciplinar de acuicultura marina. lnf. Técn lnst. lnv. Pesqu., 14: 151pp.
VARIOS, 1988. Curso de acuicultura y patología de animales acuáticos. Ed. Bilbilis. Palma de
Mallorca.
VARIOS, 1990. Tapes philippinarum. Biología e sperimentazione. Ente Sviluppo Agricolo del
Veneto: 299 pp.
VARIOS, 1992. Seminario internacional do mexillón. Ed. do Castro. Sada: 213 pp.
VARIOS, 1992. t•' Congreso galega de marisqueo. Consellería de Pesca. Santiago: 123 pp.
VERA, J., 1980. La cartilla del marcultor. M.A.P.A. Madrid: 238 pp.
WHEATON, F.W., 1982. Acuicultura. Diseño y construcción de sistemas. AGT Ed. México: 703 pp.
70

More Related Content

Similar to Técnicas e sistemas de cultivo extensivo de moluscos bivalvos

As bateas (traballo para entregar)
As bateas (traballo para entregar)As bateas (traballo para entregar)
As bateas (traballo para entregar)Pascual Vidal
 
Guía de boas prácticas na explotación do percebe
Guía de boas prácticas na explotación do percebeGuía de boas prácticas na explotación do percebe
Guía de boas prácticas na explotación do percebeASOAR-ARMEGA
 
Ría de Arousa
Ría de ArousaRía de Arousa
Ría de Arousaraquel
 
Planificación dunha explotación marisqueira
Planificación dunha explotación marisqueiraPlanificación dunha explotación marisqueira
Planificación dunha explotación marisqueiraIES A Basella
 
Sardiña powerpoint 2
Sardiña powerpoint 2Sardiña powerpoint 2
Sardiña powerpoint 2lualar
 
Tema 8 de geografia
Tema 8 de geografiaTema 8 de geografia
Tema 8 de geografiamssl1998
 

Similar to Técnicas e sistemas de cultivo extensivo de moluscos bivalvos (9)

As bateas (traballo para entregar)
As bateas (traballo para entregar)As bateas (traballo para entregar)
As bateas (traballo para entregar)
 
O Intermareal
O IntermarealO Intermareal
O Intermareal
 
Guía de boas prácticas na explotación do percebe
Guía de boas prácticas na explotación do percebeGuía de boas prácticas na explotación do percebe
Guía de boas prácticas na explotación do percebe
 
Ría de Arousa
Ría de ArousaRía de Arousa
Ría de Arousa
 
A pesca
A pescaA pesca
A pesca
 
Planificación dunha explotación marisqueira
Planificación dunha explotación marisqueiraPlanificación dunha explotación marisqueira
Planificación dunha explotación marisqueira
 
Sardiña powerpoint 2
Sardiña powerpoint 2Sardiña powerpoint 2
Sardiña powerpoint 2
 
Tema 8 de geografia
Tema 8 de geografiaTema 8 de geografia
Tema 8 de geografia
 
Ecosistema: A auga salgada
Ecosistema: A auga salgadaEcosistema: A auga salgada
Ecosistema: A auga salgada
 

More from IES A Basella

Hacia la profesionalización del sector marisquero
Hacia la profesionalización del sector marisqueroHacia la profesionalización del sector marisquero
Hacia la profesionalización del sector marisqueroIES A Basella
 
Saneamiento y acuicultura en el Esteiro de Vilanova de Arousa
Saneamiento y acuicultura en el Esteiro de Vilanova de ArousaSaneamiento y acuicultura en el Esteiro de Vilanova de Arousa
Saneamiento y acuicultura en el Esteiro de Vilanova de ArousaIES A Basella
 
Compostaxe / Compostaje
Compostaxe / CompostajeCompostaxe / Compostaje
Compostaxe / CompostajeIES A Basella
 
Estadisticas de residuos
Estadisticas de residuosEstadisticas de residuos
Estadisticas de residuosIES A Basella
 
Plantas de recuperacion de residuos
Plantas de recuperacion de residuosPlantas de recuperacion de residuos
Plantas de recuperacion de residuosIES A Basella
 
Incineracion de residuos
Incineracion de residuosIncineracion de residuos
Incineracion de residuosIES A Basella
 
Vertedoiros de residuos / Vertederos de residuos
Vertedoiros de residuos / Vertederos de residuosVertedoiros de residuos / Vertederos de residuos
Vertedoiros de residuos / Vertederos de residuosIES A Basella
 
Recollida pneumática / Recogida neumática
Recollida pneumática / Recogida neumáticaRecollida pneumática / Recogida neumática
Recollida pneumática / Recogida neumáticaIES A Basella
 
Recollida de residuos urbanos
Recollida de residuos urbanosRecollida de residuos urbanos
Recollida de residuos urbanosIES A Basella
 
Plantas de transferencia de residuos
Plantas de transferencia de residuosPlantas de transferencia de residuos
Plantas de transferencia de residuosIES A Basella
 
Caracterizacion residuos
Caracterizacion residuosCaracterizacion residuos
Caracterizacion residuosIES A Basella
 
L A G E N E R A C IÓ N D E L 98b
L A  G E N E R A C IÓ N  D E L 98bL A  G E N E R A C IÓ N  D E L 98b
L A G E N E R A C IÓ N D E L 98bIES A Basella
 
Tormenta sobre a Ría de Arousa
Tormenta sobre a Ría de ArousaTormenta sobre a Ría de Arousa
Tormenta sobre a Ría de ArousaIES A Basella
 
Vehiiculos fora de uso
Vehiiculos fora de usoVehiiculos fora de uso
Vehiiculos fora de usoIES A Basella
 

More from IES A Basella (18)

Hacia la profesionalización del sector marisquero
Hacia la profesionalización del sector marisqueroHacia la profesionalización del sector marisquero
Hacia la profesionalización del sector marisquero
 
Saneamiento y acuicultura en el Esteiro de Vilanova de Arousa
Saneamiento y acuicultura en el Esteiro de Vilanova de ArousaSaneamiento y acuicultura en el Esteiro de Vilanova de Arousa
Saneamiento y acuicultura en el Esteiro de Vilanova de Arousa
 
Compostaxe / Compostaje
Compostaxe / CompostajeCompostaxe / Compostaje
Compostaxe / Compostaje
 
Estadisticas de residuos
Estadisticas de residuosEstadisticas de residuos
Estadisticas de residuos
 
Plantas de recuperacion de residuos
Plantas de recuperacion de residuosPlantas de recuperacion de residuos
Plantas de recuperacion de residuos
 
Incineracion de residuos
Incineracion de residuosIncineracion de residuos
Incineracion de residuos
 
Lixiviados
LixiviadosLixiviados
Lixiviados
 
Vertedoiros de residuos / Vertederos de residuos
Vertedoiros de residuos / Vertederos de residuosVertedoiros de residuos / Vertederos de residuos
Vertedoiros de residuos / Vertederos de residuos
 
Recollida pneumática / Recogida neumática
Recollida pneumática / Recogida neumáticaRecollida pneumática / Recogida neumática
Recollida pneumática / Recogida neumática
 
Recollida de residuos urbanos
Recollida de residuos urbanosRecollida de residuos urbanos
Recollida de residuos urbanos
 
Puntos limpos
Puntos limposPuntos limpos
Puntos limpos
 
Plantas de transferencia de residuos
Plantas de transferencia de residuosPlantas de transferencia de residuos
Plantas de transferencia de residuos
 
Centros verdes
Centros verdesCentros verdes
Centros verdes
 
Caracterizacion residuos
Caracterizacion residuosCaracterizacion residuos
Caracterizacion residuos
 
L A G E N E R A C IÓ N D E L 98b
L A  G E N E R A C IÓ N  D E L 98bL A  G E N E R A C IÓ N  D E L 98b
L A G E N E R A C IÓ N D E L 98b
 
Tormenta sobre a Ría de Arousa
Tormenta sobre a Ría de ArousaTormenta sobre a Ría de Arousa
Tormenta sobre a Ría de Arousa
 
Vehiiculos fora de uso
Vehiiculos fora de usoVehiiculos fora de uso
Vehiiculos fora de uso
 
Quimica ambiental
Quimica ambientalQuimica ambiental
Quimica ambiental
 

Técnicas e sistemas de cultivo extensivo de moluscos bivalvos

  • 1. Técnicas e sistemas de cultivo extensivo de moluscos Juan Poza 1995
  • 2. TECNICAS E SISTEMAS DE CULTIVO EXTENSIVO DE MOLUSCOS 1. INTRODUCCION Por JUAN POZA Departamento de Cultivos Mariños l.E.S.P. Isaac Díaz Pardo Estrada de Samoedo s/n 15160 - Sacia (Coruña) O engorde extensivo de moluscos aplicando técnicas de semicultivo é utilizado dende tempos remotos. Os chinos xa engordaban ostras no ano~ 2000 a.c. e os romanos no 100 a.c. Centrándonos en Europa, o cultivo de mexillóns en estacas foi descuberto, hai uns 700 anos, polo náufrago Patricio Walton na Bretaña francesa. En España, no ano 1901 fondeósuse aprimeira batea de mexillón en Tarragona, e no 1909 instaláronse varias na dársena do porto de Barcelona, de onde se copiou a técnica que tan bos resultados dará en Galicia a partir do ano 1945, e que fixo esquecer experiencias anteriores de mitillicultura en fondo e en estacas. No século pasado tentouse introducir en Galicia a tecnoloxía de ostricultura deseñada polo francés Coste no ano 1853; pero houbo un forte rechazo por parte dos mariscadores. Máis tarde, na década dos 60 trouxéronse ostras pequenas de Francia para engordar en batea nas rías galegas; pero con elas importáronse as enfermidades que tanto perxudican a este cultivo: a marteiliasis e a bonamiasis. Tamén hai citas de que hai uns 200 anos xa se cultivaban ameixas en Carril,onde se deixaba medrar a semente ata a talla comercial. O cultivo de engorde de moluscos pasa por tres fases : obtención da cría, preengorde e engorde. A tal fín úsanse tres sistemas de acuicultura con diversas variantes: cultivo en fondo, cultivos sobreelevados e cultivos suspendidos. 2. SISTEMAS DE CULTIVO - Dada a progresiva complexidade, pódese establecer unha evolución histórica dende os cultivos no fondo, pasando polos sobreelevados ata os suspendidos; sen embargo cada sistema é propio a unhas especies e circunstancias concretas. Na elección do sistema de cultivo a empregar hanse de ter en canta as características bio-ecolóxicas da especie cultivada, a topografía e climatoloxía da zona e as condicións económicas da empresa, así como a dispoñibilidade dos materiais axeitados. 59
  • 3. 2.1. Cultivos no fondo Consiste en utilizar como soporte dos cultivos os fondos mariños, ben sexan bancos naturais ou sustratos modificados que se adaptan ás condicións específicas de vida das epecies cultivadas (Fig. 1). Pódese tratar de fondos emerxentes ou sumerxidos. No primeiro caso o control e labores de cultivo son máis doados na baixamar, motivo polo cal se practican máis asiduamente. Nos fondos sumerxidos os competidores e depredadores son máis abundantes e activos; pero, como aspecto favorable, os moluscos están sempre sumerxidos e dispoñen de alimento constantemente. Este sistema emprégase fundamentalmente no preengorde e engorde de espe- cies excavadoras como a ameixa e o berberecho; pero tamén se pode aplicar, si o sustrato é suficientemente duro, no cultivo de calquera outra especie de molusco. Os lugares máis axeitados para o cultivo no fondo son as badías e esteiros protexidos, de perfil suave con grandes oscilacións de marea, que deixan estensas superficies areosas descubertas na baixamar. Tamén hai que ter en canta o nivel de marea, o tipo e firmeza do sustrato e a presencia de depredadores e competidores, ben sexa para seleccionar os moluscos máis apropiados en cada caso ou co obxecto de aplicar os métodos oportunos de acondicionamento e preparación do terreo para o cultivo dunha especie concreta. 2.2. Cultivos sobreelevados Consiste en utilizar diferentes estructuras que evitan que os moluscos entren en contacto con un fondo mariño pouco apropiado. Figura 1. Parque de cultivo no fondo. 60
  • 4. Os lugares axeitados son praias fangosas de pendente suave e con grandes oscilacións de marea. Este sitema aventaxa ó anterior en que se pode utilizar en fondos fangosos pouco aptos para os moluscos, consegue un certo control do acceso dos depredadores e permite un cultivo tridimensional. Pala contra, resulta algo máis caro e laborioso. . En función do soporte de cultivo empregado, os cultivos sobreelevados poden diferenciarse como: 2.2.1. Cultivos en postes ou estacas: Son postes ou estacas clavados no fondo mariño, sobre os cales se fixan ou sementan os moluscos epibiontes típicos de esta modalidade de cultivo (Fig. 2). O cultivo de mexillón en postes ou «bouchots» é típico dacosta atlántica francesa. As estacas utilízanse para o cultivo de ostras en algunhas rexións do Xapón e para instalar colectores de ostra en distintas partes do Mundo. Figura 2. Cultivo de mexillón en estacas. 2.2.2. Cultivo en cestas ou bolsas de malla plástica: O cultivo en cestas e bolsas de malla plástica («pochons»), colocadas sobre armazóns de estacas de madeira ou barras de metal, utilízanse no preengorde de ostra e ameixa e no engorde de ostra (Fig. 3). Son exemplo de esta modalidade a Bretaña francesa e as rías galegas, se ben en Galicia as enfermidades de ostra minguaron o seu cultivo. 2.2.3. Cultivo en marcos ou armazóns de madeira: Uns armazóns de madeira formando cuadrículas son colocados a distinta altura sobre soportes. É un sistema utilizado en Australia como colector e soporte do cultivo de ostra. 61
  • 5. POZA-U Figura 3. Cultivos sobreelevados en cestas e bolsas de malla. 2.3. Cultivos suspendidos Os moluscos colócanse, mediante diferentes procesos ou utensilios, colgados de cabos amarrados verticalmente a unhaestructura de soporte construída con materiais resistentes á auga do mar, ou tratados convintemente con este obxectivo (capas externas de alquitrán, poliester, cemento, etc.). Este sistema utilízase, fundamentalmente, no cultivo de moluscos epibiontes, permitindo que estes permanezan sumerxidos constantemente e reciban un aporte continuo de alimento. Ademais, os moluscos cultívanse tridimensionalmente nun volume de auga de altura igual á lonxitude dos cabos empregados, os cales non deben tocar fondo co obxecto de impedi-lo acceso dos depredadores e prever os danos que poidan causar a area e o fango. Os moluscos suxéitanse das cordas de diferentes formas, en función das súas características de fixación. Así, os mexillóns envólvense arredor da corda de cultivo cunha venda ou malla de nilón que se destrúe cando o molusco se suxeita mediante o biso. As ostras péganse con cemento rápido, e as vieiras cáiganse dun orificio practicado nunha orella ou tamén se poden pegar con cemento. Na fase de preengorde de ostras, vieiras e ameixas, utilízanse cestas ostrícolas de distintos tipos, xa que os moluscos aínda son moi pequenos e fráxiles para ser manipulados adecuadamente. En base á estructura de soporte, os cultivos suspendidos diferéncianse en tres tipos: 2.3.1. Viveiros fixos: A estructura de soporte consiste nunha serie de listóns de madeira, canas de 62
  • 6. bambú ou calquera outro material, colocados paralelamente ou formando unha grade ou emparrillado, e armados nos extremos emerxentes de vigas, estacas ou columnas clavadas no fondo (Fig. 4). En xeral, os parques fixos son alongados, mantendo entre si unha separación suficiente para permiti-la navegación das embarcacións usadas nas faenas de cultivo. Utilízanse en badías ou esteiros tranquilos, de pouca pendente e escasa profundidade, con correntes débiles e escaso coeficiente de marea. En función das características bio-ecolóxicas das especies cultivadas, pódense utilizar na zona intermareal ou submareal para instala-los colectores, ou para realiza- lo preengorde ou o engorde de distintos moluscos. En España son utilizados para o cultivo de mexillón no Delta do Ebro: En Xapón e Cuba para ubica-los colectores e cultivos de ostras. En Venezuela tamén son utilizados como soporte dos colectores de mexillón. -(~> Figura 4. Cultivo suspendido en viveiro fixo. 2.3.2. Viveiros flotantes: A estructura de soporte, consistente nun emparrillado ou en cabos horizontais, vai armada sobre un sistema de flotación construido con diversos materiais: madeira recuberta de alquitrán ou cemento, espuma plástica (poliespan, poliuretano ou poliestireno expandidos), poliester, polietileno, ferro, etc. Para calcular o volume requirido dos flotadores aplícase a seguinte fórmula baseada no principio de Arquímides: V = (CR / DPMV) + T CR é a capacidade real de carga, que se calcula en función do número de cordas e do peso máximo que soportará cada unha. DPMV é a disminución do peso da materiaviva na auga, que é próxima a 5. Tamén se pode calcular experimentalmente. Té a tara, valor que se obtén por pesada de toda a estructura de soporte ou por 63
  • 7. extrapolación de pesadas parciais de volumes ou superficies coñecidos dos elemen- tos de construcción. O resultado obtido de aplicar esta fórmula súmase un 20 ou 30 % de marxe de seguridade. 2.3.2.1 . Bateas: O emparrillado, semellante ó dos viveiros fixos, vai armado sobre un sistema de flotadores, de xeito que a batea queda aboiando na auga (Fig. 5). Os viveiros flotantes son orixinarios do Xapón, onde o emparrillado se construe con canas de bambú, e os flotadores son de poliespán ou consisten en barriles de madeira. -- Figura 5. Cultivo suspendido en batea ou viveiro flotante. As bateas das rías galegas son unha adaptación que sufriu moitas modificacións, sobre todo na estructura de flotación, dende os antigos flotadores de barcos vellos, pasando polos de madeira ata os actuais de ferro con protección de poliester. En Galicia o emparrillado constrúese con madeira de eucalipto, e cadavigaten un nome e unha función determinada. O diámetro e volume dos flotadores depende do peso que deba soportar a batea cargada ó máximo da sua capacidade. Nas bateas de ostra e vieira, que deben soportar menos peso que asde mexillón, osflotadores son estreitos e alongados para evitar que o emparrillado quede moi alto sobre o nivel do mar, reducindo así o balanceo da batea, os danos na estructura e os desprendementos de moluscos das cordas. As bateas fondéanse mediante unha ou duas cadeas unidas a cadanseu morto. No primeiro caso a batea xira colocando a proa na dirección das correntes, mentres que no segundo situase de forma que a proa e a popa reciban alternativamente as 64
  • 8. correntes contrarias de marea ascendente ou descendente. A lonxitude da cadea non debe ser inferior a tres veces a altura máxima do lugar de fondeo, con obxecto de evitar o desprazamento do morto. Tamén se poden ver bateas de poliester, e para augas batidas do exteriordas rías existen proxectos de bateas sumerxibles e plataformas semellantes ás utilizadas nas perforacións petrolíferas do mar. Os lugares máis apropiados para usar este sistema de cultivo son as augas abrigadas, de perfil de costa recortado, de bastante profundidade e con grandes oscilacións de marea. Exemplo típico deste sistema é o cultivo de mexillón en Galicia, onde tamén se utiliza no cultivo de ostra e vieira. Asimesmo, pódese realizar o preengorde de ameixas en cestas ata unha lonxitude inferior ós 20 mm, a partir dos cales comenzarían a deformarse, facéndose trompudas. 2.3.2.2. Palangres de cultivo: Consiste nunha serie de boias de plástico, polietileno, poliespán ou barriles de madeira, unidas por cabos lonxitudinais dispostos horizontalmente respecto á superficie daauga,sobre os quese caigan os cabosverticais que soportan os cultivos (Fig. 6). Os palangres poden ser de fondo ou de superficie. Debido á sua elasticidade utilízanse en lugares abertos, expostos a fortes ventas, ondas e correntes. - -=~-:~::¡:-_ -~=- ~ --~=- =-- -- - -- - ..: - -- -=. - - - -- -- ~--- -- :.: - ~ - - ~=----=-=--=-- ::~::::=--- ~ -:._-_--=-~:-~-.J.L!f..- - 4-...~ - - ~-~ - - - =l.~~.:- - -- - - - - - - - Figura 6. Palangre de cultivo ou «long line». 65
  • 9. Son utilizados típicamente nas costas abertas de Xapón e Corea para o cultivo de ostras, vieiras e algas; pero tamén en outros países para cultivo de mexillón e diversas especies, así como para instalar colectores de vieira. 3. TECNICAS DE CULTIVO DE MOLUSCOS O cultivo de moluscos consta de tres fases: obtención de cría, preengorde e engorde. Calquera dos sistemas descritos anteriormente pode ser utilizado, polo menos en algunha destas etapas, para cultivar os diferentes moluscos de interese comercial. 3.1. Cultivo de mexillón O cultivo de mexillón en batea é o máis coñecido en Galicia; sen embargo en outros países do mundo utilízanse o conxunto dos diferentes sistemas descritos. En Holanda, segundo productor mundial, a cría de 13 a 25 mm recóllese mecánicamente dos bancos naturais e seméntase nunha fina capa en grandes parques de fondo duro acotados, onde medra ata a talla comercial de 6,3 cm durante tres anos, ó cabo dos cales se recolle mediante dragas. En Francia cultívase o mexillón en filas paralelas de estacas de carballo ou aciñeira de 3 m de longo e 20 cm de diámetro chamadas «bouchots». A semente recóllese das estacas situadas máis perto do mar entre maio e xullo e reseméntase, en fases sucesivas, nas situadas máis cerca de terra. A tal fin, métanse cá axuda dun embudo nun tubo de malla plástica fina que logo se envolve en espiral arredor do «bouchot». O cultivo de mexillón en viveiros fixos realízase en Cataluña no Delta do Ebro, e utilízanse os palangres en Corea, Inglaterra e Estados Unidos. A metodoloxía, en ambolos dous casos é similar á utilizada no cultivo en batea nas rías galegas. Para o cultivo en batea nas rías galegas, a semente de 1Oa 20 mm procede da captura nos bancos naturais ou ben da captación primaveral en cordas colectoras. A operación de encordado faise manual ou mecánicamente, utilizando unha venda de nilón e cordas de ata 15 m con palillos de madeira ou plástico separados 40 cm, para distribui-lo peso do mexillón na corda. O cabo duns 6 meses acádanse os 45 mm e faise o desdobre, retirando o mexillón para volvelo a encordar a menor densidade, obtendo de cada corda de semente 3 ou 4 cordas de desdobre. Pasados uns 12 meses, o mexillón acacia a talla comercial e xa se realiza a colleita, desgranado e clasificación,utilizando as máquinas situadas naembarcación auxiliar ou na batea. 3.2. Cultivo de ostra No cultivo de ostratamén se utilizan tódolos sistemas descritos, tanto para instala- los colectores como para realiza-lo preengorde e engorde. Así, por exemplo, utilízanse os fondos emerxentes en Xapón, Holanda, Francia, Estados Unidos e México; as estacas de bambú en Xapón; as bandexas e bolsas de malla en España 66
  • 10. e Francia; os vivieiros fixos en Xapón, Australia, Cuba e Corea; as bateas en España e Xapón; e os palangres en Xapón e Corea. A semente de ostra procede da captación natural ou prodúcese en criadeiros. Para captura-la semente existen moitos tipos de colectores, pois calquera superficie dura e limpa,colocada no momento de desove nun lugar de confluencia de correntes mariñas, pode ser utilizada como colector. Entre os materiais máis usados pódense citar tellas encaladas, cunchas de moluscos, plásticos, cartóns encalados, malla metálica encalada, tiras de caucho, etc. No Xapón, onde o producto final que se comercializa é a vianda descunchada, o engorde realízase sobre as mesmas cunchas colectoras, que unha vez ailladas colócanse separadas por tubos de bambú en largos arames que se suspenden de bateas, palangres ou viveiros fixos. Pola contra, a ostra plana europea comercialízase viva, e a deformación da cuncha afecta á sua calidade comercial. Por tal motivo a cría tense que retirar dos colectores que, para facilitar esta operación e disminuir a mortalidade na separación dos mesmos, levan unha capa de cal. O preengorde realízase en bandexas ostrícolas ou bolsas de malla («pochons») en cultivos sobreelevados ou ben en cestas ostrícolas de distintos materiais en cultivos suspendidos. O engorde ata a talla comercial pódese facer nos mesmos recipientes tras sucesivos rareas, durante os cales a luz de malla das bandexas e cestas sevai incrementando. Non obstante,obtéñense mellares resultados pegando as ostras con cemento, en grupos de tres, nas cordas que se caigan das bateas. 3.3. Cultivo de pectinidos (vieira) O cultivo de vieira é moi semellante ó da ostra. A semente procede da pesca e da captación natural, utilizando colectores específicos que consisten nunha bolsa plástica que leva un cacho de rede de pesca no interior. Tamén é posible a sua producción en criadeiro. O preengorde realízase en cestas en cultivos suspendidos ou en bandexas en cultivos sobreelevados,e para engordalas péganse con cemento a cordas, igual que as ostras, ou cáiganse en éstas mediante un arame ou fio de nilón ó que as vieiras van amarradas por un burato feito na orella anterior. 3.4. Cultivo de ameixas Para ameixas non existen colectores específicos,e a semente hade procederdos bancos naturais ou dos criadeiros. No primeiro caso interfire có marisqueo podando xerar problemas de furtivismo. Non obstante, en bancos xestionados pódese recurrir a extraccións selectivas nos lugares onde hai unha sobrefixación. O preengorde realízase en fondos areosos acondicionados adecuadamente, protexendo a semente cunha malla plástica que a cubra, impedindo a sua saida e a entrada dos depredadores. A tal fin tamén se utilizan as bandexas ou bolsas en cultivos sobreelevados ou as cestas en cultivos suspendidos; pero non se debe deixar que as ameixas sobrepasen os 15 mm, xa que do contrario non medran ben e sofren deformacións se non viven enterradas na area. 67
  • 11. O engorde tense que realizar necesariamente en parques de fondo areoso que se removen parareblandecelos, ótempo quese aproveitaparaeliminardepredadores tales como cangrexos e caramechas. Despois da resementeira é convinte protexe- los parques cunha malla plástica antidepredadores colocada sobre o terreo ou formando un cercado. Oeste xeito a mortalidade é moito menor. Periódicamente, aproveitando as baixamares,fanse as operacións de limpezade algas e os rareas que, ó igualque a colleita,poden sermanuais utilizando os aparellos de marisqueo, ou mecánicas usando tractores, colleitadoras e dragas. 3.5. Cultivo de gasteropodos O gasterópodo máis cultivado actualmente é a orella de mar ou abalón. En realidade trátase dun primitivo sistema de cultivo de repoboación de bancos naturais con semente producida en criadeiros. Esta modalidade de producción está ben desenvolta no Xapón, onde os pesca- dores mercan a semente para repoboar determinadas zonas, que son vedadas durante os catro anos que tarda esta especie en acadar a talla comercial. 4. LABORES DE CULTIVO Co obxecto deque os moluscos estean nunhas condicións idóneas para alcanzar un rápido crecemento e engorde co menor número de baixas posible, é necesario realizar certas tarefas que requiren a aplicación de medios mecánicos ou manuais, semellantes ós utilizados na agricultura. As operacións fundamentais do cultivo de engorde indícanse na TABOA l. Neste traballo non se van a describir as tarefas a realizar, xa que son variables en función da especie a cultivar, do sustrato de cultivo empregado e da maquinaria e medios dipoñibles. Un parque ou bateaben traballado vai a darun rendemento moi superior. Coñecer as necesidades dos moluscos e aplicar os medios técnicos dispoñibles para mantelos nas condicións óptimas é fundamental para alcanzar os beneficios econó- micos que perseguen os acuicultores. TABOA 1 Principais labores de cultivo de moluscos OPERACIONS DE CULTIVO TAREFAS Planificación do cultivo Elaborar un calendario de actividades. Constitución e xestión da empresa 68 Adquirir os materiais e medios necesarios. Calcular a cría necesaria. Avaliar as necesidades de persoal. Seleccionar o lugar idóneo. Obter as concesións e autorizacións. Elaborar o proxecto de explotación.
  • 12. Constitución e xestión da empresa Acondicionamento de instalacións Sementeira (Preengorde} Resementeira (Engorde) Control de competidores, depredadores e parásitos Limpezas Seguimento do cultivo Colleita Obter as axudas e subvencións. Solicitar presupostos. Contratar a realización de obras. Contratar o persoal laboral. Demarcar os parques. Retirar fango e pedras. Engadir area e regular a granulometría. Achanzar o terreo se ten moita pendente. Remover a area para ablandar o terreo. Vixiar averías e danos nas instalacións. Reparar estructuras danadas. Comprar semente de criadeiro ou marisqueo. Capturar a cría en bancos naturais. Elaborar os colectores específicos. Instalar os colectores no lugar apropiado. Separar a cría dos colectores. Sementar a cría na densidade adecuada. Encordar ou encanastar a cría. Vixiar a densidade en función da talla. Desdobrar ou rarear á densidade correcta. Resementar ou reencordar. Cambiar de posición as cordas. Colocar as mallas antidepredadores. Colocar trampas antidepredadores. Aplicar tratamentos de eliminación. Cambiar cestas e bandexas con incrustantes. Verificar as condicións sanitarias da cría. Enviar mostras para análise patolóxico. Retirar acumulacións de algas e incrustantes. Raspar os incrustantes dos flotadores. Eliminar acúmulos de fango. Eliminar epibiontes dos moluscos. Avaliar o crecemento e a mortalidade. Vixiar-a calidade da auga. Capturar os moluscos de talla comercial. Limpar e clasificar por tallas e calidades. Envasar convintemente o producto. Transportar a producción convintemente. 69
  • 13. BIBLIOGRAFIA ANONIMO, 1988. La palourde. Dossier d'elevage. IFREMER. Brest: 106 pp. ARNAL, J. l., 1982. Posibilidades de la acuicultura en el litoral español. Beca Rumasade lnvest. Set Ed. Madrid: 337 pp. BARDACH, J. E.e col., Acuacultura: Crianza y cultivo de organismos marinos y de agua dulce. AGT Ed. México: 741 pp. BARNABE, G., 1991. Acuicultura. Ed. Omega, Barcelona: 2 Tomos. BAUTISTA, C., 1989. Moluscos. Tecnología de cultivo. Ed. Mundi-Prensa. Madrid: 170 pp. COLL, J., 1983. Acuicultura marina animal. Ed. Mundi-Prensa. Madrid: 670 pp. DURAN, C. e col., 1990. El mejillón. Biología, cultivo y comercialización. Ed. Fundación Caixa Galicia. La Coruña: 183 pp. INEM, 1993. Estudio de necesidades de formación profesional. Sector Acuicultura, Pesca y Buceo. 4 Tomos. INEM. Madrid: 1085 pp. LOJO, M.eJ.POZA, 1989.Hacia la profesionalización del sector marisquero:La lilade Arousa como ejemplo atípico. En Jornadas sobre Economía y Sociología de las Comunidades Pesqueras, M.A.P.A. Madrid: 445-452. LOPEZ VEIGA, E. e col., 1992. Plan de ordenación dos recursos pesqueiros e marisqueiros de Galicia. Xunta de Galicia. Santiago: 874 pp. MAS, B. e J. A. TIANA, 1986. Acuicultura marina. M.A.P.A. Madrid: 101 pp. M.A.P.A., 1985. Primer curso teórico-práctico sobre acuicultura. M.A.P.A. Madrid: 2 Tomos. NIETO, C.e col., 1991. Guía metodológica para la elaboración de estudios de impacto ambien- tal. Cultivos marinos. C.O.T.O.P. Xunta de Galicia. Santiago: 185 pp. PARDELLAS, X. e E. POLANCO, 1987. A acuicultura mariña en Galicia. Ed. Xerais. Vigo: 159 pp. PEMARES, 1983. Investigación acuícola y marisquera. Ed. Junta de Andalucia: 160 pp. POZA, J., 1986. Aspectos históricos del cultivo de moluscos. Natura, 78. Caracas: 31-36. POZA, J., 1982. Análise do efecto dos contaminantes sobre as especies de interese en acuicultura. En A contaminación mariña do litoral galega. Ed. do Castro. Sada: 143-155. POZA, J. e col., 1989. Saneamiento y acuicultura en el «esteiro» de Vilanova de Arousa. En Acuicultura y economía. M.A.P.A. Madrid: 415-448. REY, M., 1991. Cultivando o mar. Ed. Univ. Santiago: 161 pp. VARIOS, 1974. Seminario interdisciplinar de acuicultura marina. lnf. Técn lnst. lnv. Pesqu., 14: 151pp. VARIOS, 1988. Curso de acuicultura y patología de animales acuáticos. Ed. Bilbilis. Palma de Mallorca. VARIOS, 1990. Tapes philippinarum. Biología e sperimentazione. Ente Sviluppo Agricolo del Veneto: 299 pp. VARIOS, 1992. Seminario internacional do mexillón. Ed. do Castro. Sada: 213 pp. VARIOS, 1992. t•' Congreso galega de marisqueo. Consellería de Pesca. Santiago: 123 pp. VERA, J., 1980. La cartilla del marcultor. M.A.P.A. Madrid: 238 pp. WHEATON, F.W., 1982. Acuicultura. Diseño y construcción de sistemas. AGT Ed. México: 703 pp. 70