SlideShare a Scribd company logo
1 of 8
Download to read offline
Cambiemos o Cambio - Rede Museística Provincial de Lugo 1
REDE MUSEÍSTICA
PROVINCIAL DE LUGO
Cambiemos
oCambio
Ronsel de futuro. Rumbo 2030
Rede Museística Provincial de Lugo CADERNO DO
PROFESORADO
Cambiemos o Cambio - Rede Museística Provincial de Lugo 2
Introdución
O cambio climático é o maior reto ao que se enfronta
a humanidade en toda a súa historia. A subida das
temperaturas lévase notando desde hai décadas e
prevese que siga ascendendo nos próximos anos. A
escaseza de auga, desertización e desaparición de lagos,
aumento da frecuencia de fenómenos meteorolóxicos
extremos, a subida do nivel do mar e un aumento
das inundacións son algunhas das consecuencias do
quecemento global que xa se empezaron a notar.
Se as persoas somos parte deste problema tamén
debemos ser a solución. Entre todos temos que salvar ao
planeta do camiño de destrución cara onde a diriximos.
Cos nosos pequenos xestos contribuiremos a esta labor.
En Galiza verase afectada a liña da costa, xa que ao
medrar o nivel do mar moitas desas zonas quedaran
mergulladas baixo as augas. En canto ao interior, poden
producirse períodos de escasas precipitacións o que
levaría a seca dos nosos ríos e a escasa produción da
agricultura e a problemas para manter o gando.
Temos que coñecer as consecuencias para
poder poñer remedio a este imparable cambio
climático que nos está a afectar cada vez máis.
Os catro museos da Rede Museística Provincial están
situados en lugares que esixen un especial coidado.
Temos que procurar a sustentabilidade destes espazos
para non danar toda a natureza que os rodea
A Rede e o seu traballo
O Museo Fortaleza San Paio de Narla está nun entorno
natural privilexiado, dentro da Reserva da Biosfera. Temos
ademais moi preto a Cova da Serpe, a carballeira de
Guimarei ou o carballo de Cerracín. Árbores, campos de
cultivo, o río Narla... e multitude de especies diferentes
de flora e fauna vense desde a Torre da Homenaxe do
museo. O Museo Provincial de Lugo tamén se atopa
nunha reserva natural e rodeado dos rios Miño e Rato,
o Museo Provincial do Mar está pegado ao Cantábrico
e desde as súas ventás divísase o illote das Farallóns
preto de onde nadan golfiños e cetáceos, e no Pazo
de Tor estamos na Ribeira Sacra, enclave privilexiado
pola súa paisaxe, clima, flora e fauna. Toda esta riqueza
está a verse ameazada polo cambio climático e o
quecemento global que afecta a todo o planeta.
Debemos entre todos coidar o entorno para que as
xeracións futuras poidan gozar da beleza paisaxística
do rural galego, e neste caso da zona de Friol.
O Museo atópase nunha comunidade eminentemente
agrícola e gandeira. É moi frecuente ver aos tractores
traballando as leiras e o gando pastando nas zonas de
prado da contorna. Están a levar a cabo proxectos para
lograr aumentar a superficie agraria e que as parcelas
sexan dun maior tamaño, concretamente propuxeron a
permuta de terras para facer concentracións parcelarias
para lograr prácticas máis sostibles, é dicir, producir co
menor dano ambiental posible.
Conseguindo mellores condicións evitarase o
despoboamento rural e o deterioro progresivo da zona.
Se non logramos deter o cambio climático as zonas
húmidas desaparecerán o que afectará aos cultivos pois
non haberá auga para o seu rego. Isto levará a un prexuízo
para o gando, o cal verá diminuído o seu alimento.
Temos que parar o quecemento global ou nuns anos
a Galiza rural verde como a coñecemos será historia.
Desde a Rede Museística Provincial de Lugo propoñemos
coñecer o patrimonio natural da nosa contorna
igual que coñecemos o etnográfico ou histórico.
Imos usar os museos da Rede como fontes primarias
de coñecemento, a través das súas coleccións e
contornas explicaremos os diferentes ODS, facendo
fincapé, sobre todo, na contaminación e na reciclaxe
de residuos. Temos que transmitir aos cativxs a
importancia non só de conservar o patrimonio
material e inmaterial senón tamén o natural.
Cambiemos o Cambio - Rede Museística Provincial de Lugo 3
Actividade "A Ruleta ODS"
Introdución
Os ODS constitúen un chamamento universal á acción
para pór fin á pobreza, protexer o planeta e mellorar as
vidas e as perspectivas das persoas en todo o mundo.
En 2015, tódolos Estados Membros das Nacións Unidas
aprobaron 17 obxectivos como parte da Axenda 2030
para o desenvolvemento sostible, na cal se establece
un plan para acadar os obxectivos en 15 anos.
Actualmente, estase a progresar en moitos lugares, pero,
en xeral, as medidas encamiñadas a acadar os Obxectivos
inda non avanzan á velocidade nin na escala precisa. O
ano 2020 debe marcar o inicio dunha década de acción
ambiciosa a fin de acadar os Obxectivos para o 2030.
Dado que só quedan dez anos para acadar os
Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, na Cume
sobre os ODS celebrada en setembro de 2019, os
líderes mundiais solicitaron un decenio de acción
e resultados en prol do desenvolvemento sostible,
e prometeron mobilizar a financiación, mellorar a
aplicación a nivel nacional e reforzar as institucións
para acadar as institucións para lograr os Obxectivos na
data prevista, o ano 2030, sen deixar a ninguén atrás.
O Secretario Xeral das Nacións Unidas fixo un
chamamento para que tódolos sectores da sociedade
se mobilicen en prol dunha década de acción en tres
niveis: acción a nivel mundial para garantir un maior
liderazgo, máis recursos e solucións máis intelixentes con
respecto aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible,
acción a nivel local que inclúa as transicións precisas nas
políticas, nos presupostos, as institucións e os marcos
reguladores dos gobernos, as cidades e as autoridades
locais; e acción por parte das persoas, incluídos a
xuventude, a sociedade civil, os medios de comunicación,
o sector privado, os sindicatos, os círculos académicos
e outras partes interesadas, para xerar un movemento
imparable que impulse as transformacións precisas.
Conectaremos os diferentes ODS cos museos
da rede para que xs alumnxs aprendan de xeito
lúdico e visual como mellorar e seu redor e
contribuír así a un mundo mellor e máis san.
Metodoloxía
A través das pezas da Rede Museística Provincial
acudimos as fontes primarias do coñecemento para
tratar de comprender os ODS, o seu significado e as
consecuencias de non levalos a cabo. No 2030 temos que
ter alcanzado estes obxectivos pois senón o planeta e a
vida que nel se desenvolven corre o risco de desaparecer
e sumir a Terra na escuridade e caos máis absoluto.
Para iso temos que traballar coas dez C, é dicir, con
compromiso, contando (medindo) as consecuencias,
comunicando os logros e retrocesos do proceso,
conservando, colaborando, co-producindo, compartindo,
contaxiando, co-educando e consolidando. Só co traballo
en equipo e de forma participativa podemos lograr
que no 2030 teñamos os obxectivos conseguidos. Será
máis doado logralo se todos poñemos da nosa parte e
traballamos nunha fronte común contra inimigos como
o cambio climático, as desigualdades, a pobreza, a fame...
Cambiemos o Cambio - Rede Museística Provincial de Lugo 4
Activade "A Ruleta ODS"
Contidos
1.	 Coñecer e reflexionar sobre os ODS e as
consecuencias de non levalos a cabo.
2.	 Descubrir o entorno máis próximo e aprender a coidalo.
3.	 Coñecer as causas e as consecuencias
do cambio climático.
4.	 Propoñer accións para reducir o consumo enerxético.
5.	 Promover actitudes responsables co medio ambiente.
6.	 Recoñecer as diferentes accións humanas que
provocan o deterioro do medio ambiente.
Descrición e instrucións
O mestre e o persoal mediador do museo explicarán a
os nenos os ODS. Utilizando a linguaxe axeitada para
cada nivel educativo. Unha vez realizada esta labor os
alumnxs realizarán a actividade que se lles propón. O
xogo consiste en facer xirar a ruleta dos ODS e no que
nos toque colocar os obxectos ou entornas dos museos
da Rede Museística referentes a cada obxectivo. Despois
deberán facer unha posta en común do porque das
súas eleccións o que lles servirá para coñecer diferentes
puntos de vista e aprender a respectar opinións diversas.
Recursos
Precisaremos un ordenador co que poder contactar con
eles no caso de actividades en liña e material adecuado
para recortar as distintas fichas que se lles proporcionarán.
Esta actividade ofrece a posibilidade de ser
realizada en liña ou de xeito presencial en
calquera dos catro museos da Rede.
Competencias básicas
◆
◆ Competencia lingüística:
•	 Escoitar, conversar, ler.
•	 A maior parte das actividades realízanse de
forma oral ou nun espazo educativo marcado
pola oralidade. Isto contribúe a mellorar o
desenvolvemento da lingua oral no alumando,
especialmente naqueles parámetros marcados
polo seu exercicio grupal. Ademais de incentivar o
uso de linguas para realizar diversas actividades.
◆
◆ Competencia social e cidadá:
•	 Relacións persoais
•	 Traballo cooperativo
•	 Coñecemento e interacción da realidade social
•	 A idea de museo comunitario construído en
base a redes de traballo colaborativo e a súa
reprodución no proceso de aprendizaxe mellora as
competencias sociais e cidadáns do alumnado.
◆
◆ Competencia cultural e histórica – artística:
•	 Coñecemento do patrimonio inmaterial
•	 Coñecemento da historia e a arte
•	 Construción cultural compartida
•	 O museo é a ferramenta máis usual na conservación e
posta a disposición do patrimonio, a parte o enfoque
concreto da Rede Museística Provincial fundaméntase
no traballo en proxectos de base colaborativa e que
aporten valor engadido á educación comunitaria.
◆
◆ Aprender a aprender:
•	 A aprendizaxe non só se realiza en centros educativos.
A descuberta dun museo é tamén a descuberta
dunha nova forma de aprendizaxe, de carácter
curricular ou non curricular pero con un contido
fondamente social. Aprender en comunidade.
Cambiemos o Cambio - Rede Museística Provincial de Lugo 5
Activade "A Ruleta ODS"
Avaliación do alumnado.
Para avaliar ao alumnado usaremos
os seguintes instrumentos:
-Observación e seguimento a través de fichas.
-Análise das producións dos nenxs.
-Intercambios orais cos alumnxs, tanto individuais como
en grupo, facendo fincapé nas reflexións colectivas.
Avaliación do profesorado.
Avaliación da práctica docente na aula en relación
ao cumprimento dos obxectivos da Unidade
Didáctica así como ao conxunto de material didáctico
utilizado e as labores docentes sinaladas.
Criterios de avaliación.
◆
◆ Preténdese avaliar o desenvolvemento
da capacidade de comprensión.
◆
◆ Téntase constatar a capacidade para expresarse
usando léxico, ton e pronuncia axeitados.
◆
◆ Quérese observar o coñecemento dos ODS
adecuados ao seu interese, nivel e contorno.
◆
◆ Observarase se a nena ou o neno é quen de
formular xuízos persoais sobre o explicado.
◆
◆ Comprobarase a presenza dunha actitude positiva
cara ao traballo en equipo e a escoita activa.
Atención á diversidade
A Rede Museística, creada no 2006, dende a súa fundación,
traballa día a día na inclusión de todas as persoxs diversas
no ámbito da súa actividade profesional e cultural.
Xs cativxs son o futuro, un futuro aberto no que a
diversidade que engloba tanto a diversidade funcional
relativa a xente con capacidades diferentes, como a
diversidade cultural, étnica, artística ou xeográfica,
teñan cabida, e onde a integración non sexa unha
sinatura pendente senón unha realidade.
A atención á diversidade integra unha acción educativa
onde as discapacidades sensoriais, físicas, psíquicas ou
sociais non sexan unha barreira senón unha riqueza
no conxunto grupal que potencia outros aspectos
como a solidariedade, empatía ou colectividade.´
A través dos nosos programas educativos e
culturais, comprometémonos a adaptarnos as
características individuais de cada alumnx, a
respectar todas as culturas, etnias e condicións como
mostras de riqueza e a adoptar metodoloxías que
favorezan a aprendizaxe de todo o alumnado.
Cambiemos o Cambio - Rede Museística Provincial de Lugo 6
Actividade "Alguen che dixo canto duraba o teu lixo?" (infantil e primeiro ciclo de primaria)
Descrición
Estamos a aumentar dun xeito exponencial a
produción de gases efecto invernadoiro, lixo e materiais
de desfeito cunha biodegradación cada vez máis
prolongada e complexa que se dificulta aínda máis
no mar e que está a provocar gravísimos problemas
na sustentabilidade tanto do hábitat mariño como do
terrestre. Algúns deles son: a desaparición de especies,
desertización e deforestación, derretemento dos polos
e subida do nivel do mar, acidificación dos océanos,
aparición de fenómenos meteorolóxicos extremos...
Para evitar todos estes efectos negativos cada quen de
nós pode achegar unha pequena aportación que axude
ao menos a frear este crítico avance do cambio climático.
O Museo do Mar vai ser o noso punto de partida para
iniciar o coñecemento dos residuos depositados no mar
e o seu efecto sobre o ecosistema mariño. Imos coñecer
como o noso lixo afecta aos peixes, fondos mariños, flora,
nivel de ácido da auga... e cales serán as consecuencias
de non frear o cambio climático, o quentamento global
e alteración do hábitat dos mares, ríos e océanos.
Obxectivos
1.	 Amosar ó alumnado os museos como espazos abertos
nos que se conxuga a adquisición de coñecementos
e a de boas prácticas sostibles coa faceta lúdica.
2.	 Potenciar o respecto polo medio ambiente.
3.	 Concienciar sobre do respecto polo medio
natural, analizando que podemos facer nos
para evitar a contaminación do Planeta.
4.	 Fomentar a adquisición de boas prácticas
de sustentabilidade medio-ambiental.
Metodoloxía
Despois dunha visita real ou virtual por calquera
dos catro museos da rede, entregaránselles aos
participantes debuxos ou fotografías de material de
refugallo e tarxetas nas que se indican o número de
anos que cada un deles tarda en biodegradarse.
Con este material xs rapacxs terán que adiviñar a
cantidade de anos que se corresponde con cada refugallo
e logo poderán confeccionar un cartel para pór no
colexio ou un caderno co que retar a adiviñar a duración
do biodegradado do lixo a pais, nais, compañeirxs...
Competencias básicas
1.	 Competencia no coñecemento e a
interacción co mundo que nos rodea.
2.	 Autonomía e iniciativa persoal.
3.	 Traballo en equipo.
4.	 Competencia social e cidadán.
5.	 Coñecemento da nosa contorna
natural e do noso patrimonio.
6.	 Competencia lingüística.
Propostas de avaliación:
No propio museo e máis tarde na aula, debaterase sobre
das medidas que se poden poñer en marcha para frear
o cambio climático e o consumo de plásticos, mellorar
a reciclaxe e diminuír a contaminación do Planeta.
Cambiemos o Cambio - Rede Museística Provincial de Lugo 7
Actividade "Eu reduzo, ti reaproveitas, nós reciclamos" (infantil e primaria)
Descrición
A reciclaxe é unha das claves para reducir o
cambio climático e coa simple acción de clasificar
o noso lixo, impedimos que se emitan máis de
700 millóns de toneladas de CO2 á atmosfera.
Reciclando tamén estamos a aforrar enerxía
porque reducimos os traballos de extracción
e transporte das materias e tamén axudamos
a conservar bosques, ríos e océanos.
Nos catro museos da Rede podemos atopar múltiples
representacións da natureza, xa sexa en obras de arte
ou en restos fósiles da fauna. Todo isto verémolo a
través de pequenas visitas, onde nos centraremos en
paisaxe e elementos naturais que forman parte dos
fondos museográficos da Rede Museística Provincial.
Os/as nenos/as sa través dos cadros e obxectos
expostos nas diferentes salas aprenderan a
importancia da conservación e coidado do medio
ambiente e o importante que é o traballo en
equipo para lograr o obxectivo de salvar a Terra
da destrución a que a estamos levando.
Obxectivos
1.	 Potenciar o desenvolvemento educativo dxs nenxs.
2.	 Respecto do medio ambiente.
3.	 Concienciar ao alumnado do dano que para o noso
planeta supón o exceso de produción de lixos,
a escaseza da actividade de reaproveitamento
e a mala reciclaxe dos refugallos.
4.	 Concienciar ao alumnado da importancia de
reducir o noso consumo de produtos que xeren
exceso de lixo e a de utilizar envases reutilizables.
5.	 Recoñecer os diferentes tipos de lixo para botalos así
no contedor correspondente e favorecer a reciclaxe.
6.	 Aprender a realizar traballo en equipo
para alcanzar un obxectivo común.
7.	 Coñecer os Museos e utilizar os seus obxectos
como fontes de información e estudo.
Metodoloxía
Despois de amosarlle xs pícarxs unha serie de
fotografías onde se ven contornas naturais cheas de
lixo, fauna marítima e terrestre afectada por residuos,
achegarémoslles imaxes de diferentes tipos de
refugallos, que de xeito virtual ou presencial terán
que botar nunha das tres caixas que previamente
construirían: unha amarela para plástico e metal,
outra azul para papel e a verde para vidro.
Propostas de avaliación:
Establecerase un diálogo para determinar cal é
o grado de reciclaxe de cada nenx ou familia, cal
é o seu coñecemento das formas de reciclaxe
e o uso que fan de materiais reutilizables.
Para finalizar, unha creativa forma de aproveitar
os nosos refugallos é convertelos nunha obra
de arte ou nunha instalación artística.
Cambiemos o Cambio - Rede Museística Provincial de Lugo 8
Datos de contacto:
Rede Museística Provincial de Lugo
https://comunidadermpl.es/
Correo electrónico:
comunidadermpl@gmail.com
REDE MUSEÍSTICA
PROVINCIAL DE LUGO

More Related Content

Similar to Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística

Unidade didáctica MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICA
Unidade didáctica  MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICAUnidade didáctica  MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICA
Unidade didáctica MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICAEncarna Lago
 
040512 campaña reserva os ancares
040512 campaña reserva os ancares040512 campaña reserva os ancares
040512 campaña reserva os ancaresDolcevitacoruna
 
IAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixitalIAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixitalIGADI
 
Día da auga
Día da augaDía da auga
Día da augaiesasorey
 
Presentación na comunidade veciñal de Argazón
Presentación na comunidade veciñal de ArgazónPresentación na comunidade veciñal de Argazón
Presentación na comunidade veciñal de Argazónpanchi Quiroga
 
Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAR
Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MARPaisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAR
Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAREncarna Lago
 
Día da auga
Día da augaDía da auga
Día da augaiesasorey
 
Crónica antonio gonzález a d e g a
Crónica antonio gonzález a d e g aCrónica antonio gonzález a d e g a
Crónica antonio gonzález a d e g asatelite1
 
Virxedacela en cefore 11 novembro 2013
Virxedacela en cefore 11 novembro 2013Virxedacela en cefore 11 novembro 2013
Virxedacela en cefore 11 novembro 2013satelite1
 
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdf
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdffaiscas 2023 POR PAGINAS.pdf
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdfartemalone
 
Solidarios co medio ambiente
Solidarios co medio ambienteSolidarios co medio ambiente
Solidarios co medio ambientesatelite1
 
Día da auga
Día da augaDía da auga
Día da augaiesasorey
 
Presentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto edPresentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto edsatelite1
 
Primaria galego final
Primaria galego finalPrimaria galego final
Primaria galego finalsatelite1
 
Como facer unha_inspeccion
Como facer unha_inspeccionComo facer unha_inspeccion
Como facer unha_inspeccionsatelite1
 

Similar to Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística (20)

A auga
A augaA auga
A auga
 
Unidade didáctica MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICA
Unidade didáctica  MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICAUnidade didáctica  MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICA
Unidade didáctica MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICA
 
Presentacion Mais Ambiente
Presentacion Mais AmbientePresentacion Mais Ambiente
Presentacion Mais Ambiente
 
Presentacion Mais Ambiente
Presentacion Mais AmbientePresentacion Mais Ambiente
Presentacion Mais Ambiente
 
040512 campaña reserva os ancares
040512 campaña reserva os ancares040512 campaña reserva os ancares
040512 campaña reserva os ancares
 
IAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixitalIAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixital
 
Día da auga
Día da augaDía da auga
Día da auga
 
Presentación na comunidade veciñal de Argazón
Presentación na comunidade veciñal de ArgazónPresentación na comunidade veciñal de Argazón
Presentación na comunidade veciñal de Argazón
 
Memoria 2013 mar
Memoria 2013 marMemoria 2013 mar
Memoria 2013 mar
 
Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAR
Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MARPaisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAR
Paisaxes culturais da Rede Museística MAR DE LUGO NO MUSEO DO MAR
 
Día da auga
Día da augaDía da auga
Día da auga
 
Crónica antonio gonzález a d e g a
Crónica antonio gonzález a d e g aCrónica antonio gonzález a d e g a
Crónica antonio gonzález a d e g a
 
Virxedacela en cefore 11 novembro 2013
Virxedacela en cefore 11 novembro 2013Virxedacela en cefore 11 novembro 2013
Virxedacela en cefore 11 novembro 2013
 
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdf
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdffaiscas 2023 POR PAGINAS.pdf
faiscas 2023 POR PAGINAS.pdf
 
Solidarios co medio ambiente
Solidarios co medio ambienteSolidarios co medio ambiente
Solidarios co medio ambiente
 
Día da auga
Día da augaDía da auga
Día da auga
 
Triptico
TripticoTriptico
Triptico
 
Presentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto edPresentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto ed
 
Primaria galego final
Primaria galego finalPrimaria galego final
Primaria galego final
 
Como facer unha_inspeccion
Como facer unha_inspeccionComo facer unha_inspeccion
Como facer unha_inspeccion
 

More from Encarna Lago

V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfV4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfEncarna Lago
 
taller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdftaller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdfEncarna Lago
 
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfExperiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfEncarna Lago
 
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncarna Lago
 
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfPROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfEncarna Lago
 
XII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónXII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónEncarna Lago
 
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdfEncarna Lago
 
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...Encarna Lago
 
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Encarna Lago
 
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Encarna Lago
 
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorTraballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorEncarna Lago
 
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOEncarna Lago
 
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...Encarna Lago
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfEncarna Lago
 
77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdfEncarna Lago
 
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdfEncarna Lago
 
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdfEncarna Lago
 
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdfEncarna Lago
 
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLDorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLEncarna Lago
 
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteXornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteEncarna Lago
 

More from Encarna Lago (20)

V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfV4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
 
taller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdftaller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdf
 
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfExperiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
 
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
 
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfPROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
 
XII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónXII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integración
 
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
 
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
 
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
 
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
 
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorTraballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
 
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
 
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
 
77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf
 
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
 
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
 
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
 
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLDorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
 
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteXornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
 

Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística

  • 1. Cambiemos o Cambio - Rede Museística Provincial de Lugo 1 REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO Cambiemos oCambio Ronsel de futuro. Rumbo 2030 Rede Museística Provincial de Lugo CADERNO DO PROFESORADO
  • 2. Cambiemos o Cambio - Rede Museística Provincial de Lugo 2 Introdución O cambio climático é o maior reto ao que se enfronta a humanidade en toda a súa historia. A subida das temperaturas lévase notando desde hai décadas e prevese que siga ascendendo nos próximos anos. A escaseza de auga, desertización e desaparición de lagos, aumento da frecuencia de fenómenos meteorolóxicos extremos, a subida do nivel do mar e un aumento das inundacións son algunhas das consecuencias do quecemento global que xa se empezaron a notar. Se as persoas somos parte deste problema tamén debemos ser a solución. Entre todos temos que salvar ao planeta do camiño de destrución cara onde a diriximos. Cos nosos pequenos xestos contribuiremos a esta labor. En Galiza verase afectada a liña da costa, xa que ao medrar o nivel do mar moitas desas zonas quedaran mergulladas baixo as augas. En canto ao interior, poden producirse períodos de escasas precipitacións o que levaría a seca dos nosos ríos e a escasa produción da agricultura e a problemas para manter o gando. Temos que coñecer as consecuencias para poder poñer remedio a este imparable cambio climático que nos está a afectar cada vez máis. Os catro museos da Rede Museística Provincial están situados en lugares que esixen un especial coidado. Temos que procurar a sustentabilidade destes espazos para non danar toda a natureza que os rodea A Rede e o seu traballo O Museo Fortaleza San Paio de Narla está nun entorno natural privilexiado, dentro da Reserva da Biosfera. Temos ademais moi preto a Cova da Serpe, a carballeira de Guimarei ou o carballo de Cerracín. Árbores, campos de cultivo, o río Narla... e multitude de especies diferentes de flora e fauna vense desde a Torre da Homenaxe do museo. O Museo Provincial de Lugo tamén se atopa nunha reserva natural e rodeado dos rios Miño e Rato, o Museo Provincial do Mar está pegado ao Cantábrico e desde as súas ventás divísase o illote das Farallóns preto de onde nadan golfiños e cetáceos, e no Pazo de Tor estamos na Ribeira Sacra, enclave privilexiado pola súa paisaxe, clima, flora e fauna. Toda esta riqueza está a verse ameazada polo cambio climático e o quecemento global que afecta a todo o planeta. Debemos entre todos coidar o entorno para que as xeracións futuras poidan gozar da beleza paisaxística do rural galego, e neste caso da zona de Friol. O Museo atópase nunha comunidade eminentemente agrícola e gandeira. É moi frecuente ver aos tractores traballando as leiras e o gando pastando nas zonas de prado da contorna. Están a levar a cabo proxectos para lograr aumentar a superficie agraria e que as parcelas sexan dun maior tamaño, concretamente propuxeron a permuta de terras para facer concentracións parcelarias para lograr prácticas máis sostibles, é dicir, producir co menor dano ambiental posible. Conseguindo mellores condicións evitarase o despoboamento rural e o deterioro progresivo da zona. Se non logramos deter o cambio climático as zonas húmidas desaparecerán o que afectará aos cultivos pois non haberá auga para o seu rego. Isto levará a un prexuízo para o gando, o cal verá diminuído o seu alimento. Temos que parar o quecemento global ou nuns anos a Galiza rural verde como a coñecemos será historia. Desde a Rede Museística Provincial de Lugo propoñemos coñecer o patrimonio natural da nosa contorna igual que coñecemos o etnográfico ou histórico. Imos usar os museos da Rede como fontes primarias de coñecemento, a través das súas coleccións e contornas explicaremos os diferentes ODS, facendo fincapé, sobre todo, na contaminación e na reciclaxe de residuos. Temos que transmitir aos cativxs a importancia non só de conservar o patrimonio material e inmaterial senón tamén o natural.
  • 3. Cambiemos o Cambio - Rede Museística Provincial de Lugo 3 Actividade "A Ruleta ODS" Introdución Os ODS constitúen un chamamento universal á acción para pór fin á pobreza, protexer o planeta e mellorar as vidas e as perspectivas das persoas en todo o mundo. En 2015, tódolos Estados Membros das Nacións Unidas aprobaron 17 obxectivos como parte da Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible, na cal se establece un plan para acadar os obxectivos en 15 anos. Actualmente, estase a progresar en moitos lugares, pero, en xeral, as medidas encamiñadas a acadar os Obxectivos inda non avanzan á velocidade nin na escala precisa. O ano 2020 debe marcar o inicio dunha década de acción ambiciosa a fin de acadar os Obxectivos para o 2030. Dado que só quedan dez anos para acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, na Cume sobre os ODS celebrada en setembro de 2019, os líderes mundiais solicitaron un decenio de acción e resultados en prol do desenvolvemento sostible, e prometeron mobilizar a financiación, mellorar a aplicación a nivel nacional e reforzar as institucións para acadar as institucións para lograr os Obxectivos na data prevista, o ano 2030, sen deixar a ninguén atrás. O Secretario Xeral das Nacións Unidas fixo un chamamento para que tódolos sectores da sociedade se mobilicen en prol dunha década de acción en tres niveis: acción a nivel mundial para garantir un maior liderazgo, máis recursos e solucións máis intelixentes con respecto aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, acción a nivel local que inclúa as transicións precisas nas políticas, nos presupostos, as institucións e os marcos reguladores dos gobernos, as cidades e as autoridades locais; e acción por parte das persoas, incluídos a xuventude, a sociedade civil, os medios de comunicación, o sector privado, os sindicatos, os círculos académicos e outras partes interesadas, para xerar un movemento imparable que impulse as transformacións precisas. Conectaremos os diferentes ODS cos museos da rede para que xs alumnxs aprendan de xeito lúdico e visual como mellorar e seu redor e contribuír así a un mundo mellor e máis san. Metodoloxía A través das pezas da Rede Museística Provincial acudimos as fontes primarias do coñecemento para tratar de comprender os ODS, o seu significado e as consecuencias de non levalos a cabo. No 2030 temos que ter alcanzado estes obxectivos pois senón o planeta e a vida que nel se desenvolven corre o risco de desaparecer e sumir a Terra na escuridade e caos máis absoluto. Para iso temos que traballar coas dez C, é dicir, con compromiso, contando (medindo) as consecuencias, comunicando os logros e retrocesos do proceso, conservando, colaborando, co-producindo, compartindo, contaxiando, co-educando e consolidando. Só co traballo en equipo e de forma participativa podemos lograr que no 2030 teñamos os obxectivos conseguidos. Será máis doado logralo se todos poñemos da nosa parte e traballamos nunha fronte común contra inimigos como o cambio climático, as desigualdades, a pobreza, a fame...
  • 4. Cambiemos o Cambio - Rede Museística Provincial de Lugo 4 Activade "A Ruleta ODS" Contidos 1. Coñecer e reflexionar sobre os ODS e as consecuencias de non levalos a cabo. 2. Descubrir o entorno máis próximo e aprender a coidalo. 3. Coñecer as causas e as consecuencias do cambio climático. 4. Propoñer accións para reducir o consumo enerxético. 5. Promover actitudes responsables co medio ambiente. 6. Recoñecer as diferentes accións humanas que provocan o deterioro do medio ambiente. Descrición e instrucións O mestre e o persoal mediador do museo explicarán a os nenos os ODS. Utilizando a linguaxe axeitada para cada nivel educativo. Unha vez realizada esta labor os alumnxs realizarán a actividade que se lles propón. O xogo consiste en facer xirar a ruleta dos ODS e no que nos toque colocar os obxectos ou entornas dos museos da Rede Museística referentes a cada obxectivo. Despois deberán facer unha posta en común do porque das súas eleccións o que lles servirá para coñecer diferentes puntos de vista e aprender a respectar opinións diversas. Recursos Precisaremos un ordenador co que poder contactar con eles no caso de actividades en liña e material adecuado para recortar as distintas fichas que se lles proporcionarán. Esta actividade ofrece a posibilidade de ser realizada en liña ou de xeito presencial en calquera dos catro museos da Rede. Competencias básicas ◆ ◆ Competencia lingüística: • Escoitar, conversar, ler. • A maior parte das actividades realízanse de forma oral ou nun espazo educativo marcado pola oralidade. Isto contribúe a mellorar o desenvolvemento da lingua oral no alumando, especialmente naqueles parámetros marcados polo seu exercicio grupal. Ademais de incentivar o uso de linguas para realizar diversas actividades. ◆ ◆ Competencia social e cidadá: • Relacións persoais • Traballo cooperativo • Coñecemento e interacción da realidade social • A idea de museo comunitario construído en base a redes de traballo colaborativo e a súa reprodución no proceso de aprendizaxe mellora as competencias sociais e cidadáns do alumnado. ◆ ◆ Competencia cultural e histórica – artística: • Coñecemento do patrimonio inmaterial • Coñecemento da historia e a arte • Construción cultural compartida • O museo é a ferramenta máis usual na conservación e posta a disposición do patrimonio, a parte o enfoque concreto da Rede Museística Provincial fundaméntase no traballo en proxectos de base colaborativa e que aporten valor engadido á educación comunitaria. ◆ ◆ Aprender a aprender: • A aprendizaxe non só se realiza en centros educativos. A descuberta dun museo é tamén a descuberta dunha nova forma de aprendizaxe, de carácter curricular ou non curricular pero con un contido fondamente social. Aprender en comunidade.
  • 5. Cambiemos o Cambio - Rede Museística Provincial de Lugo 5 Activade "A Ruleta ODS" Avaliación do alumnado. Para avaliar ao alumnado usaremos os seguintes instrumentos: -Observación e seguimento a través de fichas. -Análise das producións dos nenxs. -Intercambios orais cos alumnxs, tanto individuais como en grupo, facendo fincapé nas reflexións colectivas. Avaliación do profesorado. Avaliación da práctica docente na aula en relación ao cumprimento dos obxectivos da Unidade Didáctica así como ao conxunto de material didáctico utilizado e as labores docentes sinaladas. Criterios de avaliación. ◆ ◆ Preténdese avaliar o desenvolvemento da capacidade de comprensión. ◆ ◆ Téntase constatar a capacidade para expresarse usando léxico, ton e pronuncia axeitados. ◆ ◆ Quérese observar o coñecemento dos ODS adecuados ao seu interese, nivel e contorno. ◆ ◆ Observarase se a nena ou o neno é quen de formular xuízos persoais sobre o explicado. ◆ ◆ Comprobarase a presenza dunha actitude positiva cara ao traballo en equipo e a escoita activa. Atención á diversidade A Rede Museística, creada no 2006, dende a súa fundación, traballa día a día na inclusión de todas as persoxs diversas no ámbito da súa actividade profesional e cultural. Xs cativxs son o futuro, un futuro aberto no que a diversidade que engloba tanto a diversidade funcional relativa a xente con capacidades diferentes, como a diversidade cultural, étnica, artística ou xeográfica, teñan cabida, e onde a integración non sexa unha sinatura pendente senón unha realidade. A atención á diversidade integra unha acción educativa onde as discapacidades sensoriais, físicas, psíquicas ou sociais non sexan unha barreira senón unha riqueza no conxunto grupal que potencia outros aspectos como a solidariedade, empatía ou colectividade.´ A través dos nosos programas educativos e culturais, comprometémonos a adaptarnos as características individuais de cada alumnx, a respectar todas as culturas, etnias e condicións como mostras de riqueza e a adoptar metodoloxías que favorezan a aprendizaxe de todo o alumnado.
  • 6. Cambiemos o Cambio - Rede Museística Provincial de Lugo 6 Actividade "Alguen che dixo canto duraba o teu lixo?" (infantil e primeiro ciclo de primaria) Descrición Estamos a aumentar dun xeito exponencial a produción de gases efecto invernadoiro, lixo e materiais de desfeito cunha biodegradación cada vez máis prolongada e complexa que se dificulta aínda máis no mar e que está a provocar gravísimos problemas na sustentabilidade tanto do hábitat mariño como do terrestre. Algúns deles son: a desaparición de especies, desertización e deforestación, derretemento dos polos e subida do nivel do mar, acidificación dos océanos, aparición de fenómenos meteorolóxicos extremos... Para evitar todos estes efectos negativos cada quen de nós pode achegar unha pequena aportación que axude ao menos a frear este crítico avance do cambio climático. O Museo do Mar vai ser o noso punto de partida para iniciar o coñecemento dos residuos depositados no mar e o seu efecto sobre o ecosistema mariño. Imos coñecer como o noso lixo afecta aos peixes, fondos mariños, flora, nivel de ácido da auga... e cales serán as consecuencias de non frear o cambio climático, o quentamento global e alteración do hábitat dos mares, ríos e océanos. Obxectivos 1. Amosar ó alumnado os museos como espazos abertos nos que se conxuga a adquisición de coñecementos e a de boas prácticas sostibles coa faceta lúdica. 2. Potenciar o respecto polo medio ambiente. 3. Concienciar sobre do respecto polo medio natural, analizando que podemos facer nos para evitar a contaminación do Planeta. 4. Fomentar a adquisición de boas prácticas de sustentabilidade medio-ambiental. Metodoloxía Despois dunha visita real ou virtual por calquera dos catro museos da rede, entregaránselles aos participantes debuxos ou fotografías de material de refugallo e tarxetas nas que se indican o número de anos que cada un deles tarda en biodegradarse. Con este material xs rapacxs terán que adiviñar a cantidade de anos que se corresponde con cada refugallo e logo poderán confeccionar un cartel para pór no colexio ou un caderno co que retar a adiviñar a duración do biodegradado do lixo a pais, nais, compañeirxs... Competencias básicas 1. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo que nos rodea. 2. Autonomía e iniciativa persoal. 3. Traballo en equipo. 4. Competencia social e cidadán. 5. Coñecemento da nosa contorna natural e do noso patrimonio. 6. Competencia lingüística. Propostas de avaliación: No propio museo e máis tarde na aula, debaterase sobre das medidas que se poden poñer en marcha para frear o cambio climático e o consumo de plásticos, mellorar a reciclaxe e diminuír a contaminación do Planeta.
  • 7. Cambiemos o Cambio - Rede Museística Provincial de Lugo 7 Actividade "Eu reduzo, ti reaproveitas, nós reciclamos" (infantil e primaria) Descrición A reciclaxe é unha das claves para reducir o cambio climático e coa simple acción de clasificar o noso lixo, impedimos que se emitan máis de 700 millóns de toneladas de CO2 á atmosfera. Reciclando tamén estamos a aforrar enerxía porque reducimos os traballos de extracción e transporte das materias e tamén axudamos a conservar bosques, ríos e océanos. Nos catro museos da Rede podemos atopar múltiples representacións da natureza, xa sexa en obras de arte ou en restos fósiles da fauna. Todo isto verémolo a través de pequenas visitas, onde nos centraremos en paisaxe e elementos naturais que forman parte dos fondos museográficos da Rede Museística Provincial. Os/as nenos/as sa través dos cadros e obxectos expostos nas diferentes salas aprenderan a importancia da conservación e coidado do medio ambiente e o importante que é o traballo en equipo para lograr o obxectivo de salvar a Terra da destrución a que a estamos levando. Obxectivos 1. Potenciar o desenvolvemento educativo dxs nenxs. 2. Respecto do medio ambiente. 3. Concienciar ao alumnado do dano que para o noso planeta supón o exceso de produción de lixos, a escaseza da actividade de reaproveitamento e a mala reciclaxe dos refugallos. 4. Concienciar ao alumnado da importancia de reducir o noso consumo de produtos que xeren exceso de lixo e a de utilizar envases reutilizables. 5. Recoñecer os diferentes tipos de lixo para botalos así no contedor correspondente e favorecer a reciclaxe. 6. Aprender a realizar traballo en equipo para alcanzar un obxectivo común. 7. Coñecer os Museos e utilizar os seus obxectos como fontes de información e estudo. Metodoloxía Despois de amosarlle xs pícarxs unha serie de fotografías onde se ven contornas naturais cheas de lixo, fauna marítima e terrestre afectada por residuos, achegarémoslles imaxes de diferentes tipos de refugallos, que de xeito virtual ou presencial terán que botar nunha das tres caixas que previamente construirían: unha amarela para plástico e metal, outra azul para papel e a verde para vidro. Propostas de avaliación: Establecerase un diálogo para determinar cal é o grado de reciclaxe de cada nenx ou familia, cal é o seu coñecemento das formas de reciclaxe e o uso que fan de materiais reutilizables. Para finalizar, unha creativa forma de aproveitar os nosos refugallos é convertelos nunha obra de arte ou nunha instalación artística.
  • 8. Cambiemos o Cambio - Rede Museística Provincial de Lugo 8 Datos de contacto: Rede Museística Provincial de Lugo https://comunidadermpl.es/ Correo electrónico: comunidadermpl@gmail.com REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO