Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
As argalladas do demo
1. O DEMO SABÍA MÁIS MATEMÁTICAS
No tempo en que o demo falaba, xeralmente aparecía de súpeto, nos
cruces dos camiños, nos muiños ou nas pontes para meterlles medo ás
persoas.
Unha tardiña, á beira dunha ponte, atopouse cun rapaz bastante
espabilado pero un peliño egoísta e por rirse del propúxolle unha das súas
argalladas.
-Cada vez que cruces a ponte, o diñeiro que levas no peto
faráse o doble- díxolle o demo ó neno.
O neno, que medo non tiña ningún, mirou os
cartos que levaba, contounos ben e dixo:
-Xa está!- e comezou a correr para pasar a ponte.
-Agarda un pouco!- dixo o demo. Para pagar o
meu traballo terás que darme oito moedas cada
vez que cruces!.
Quedou un intre pensando...oito moedas non
eran nada...total ían multiplicarse por dous as que
levaba no peto...
-Trato feito! – contestou o rapaz
Pasou a primeira vez a ponte e mirou no peto e viu que tiña o doble
de moedas. Colleu 8 e tiroullas ó demo.
Cruzou outra vez e doblóuselle outra vez o
número de moedas, e outra vez lle tirou as 8
moedas ó demo.
Cruzou a ponte por terceira vez e deulle
outras 8 moedas ao demo... pero....no seu peto
non quedaba ningunha moeda! Só oiu
as gargalladas do demo que se esfumou tan de súpeto como aparecera.
Cantas moedas levaba o neno no seu bolsillo?
Podes utilizalo seguinte cadro. Ao mellor interesa comezar ao revés
Moedas que ten X 2 Moedas que Moedas que lle Moedas que lle
ten agora da ao demo quedan
1ºcruce
8
2ºcruce
8
3ºcruce
8
2. Como ría o demo camiño do seu inferno...!
Como a súa alegría era moita e como o camiño era aburrrido pensou
e facer outra das súas. Para que quería moedas se no inferno non hai
chuches, nin bocadillos..?
E por divertirse decidiu repartilas entre as persoas que atopase polo
camiño.
Pero claro..repartilas en partes iguais so o fai a
xente de ben...e el quería facer outra argallada, polo
que pensou...
“Dareille a cada un que atope a mitade
máis unha das moedas que leve nese
momento...así chegarei sen ningunha.”
Dito e feito... Andando, andando... atopouse cun vello,
despois cunha moza, logo cun rapaz e finalmente
cunha muller moi fea, en total catro e cando chegou
ao inferno non lle quedaba ningunha..
Cantas moedas tiña o demo no peto cando se esfumou da
ponte?
E....antes de tratar co neno?
Podes utilizar a seguinte taboa....
Cantas levaba? Cantas lle deu? Cantas lle quedan?
4º persoa +1= 2 0
3º persoa +1=
2º persoa +1=
1º persoa +1=
Francisco Lopez Fernández