SlideShare a Scribd company logo
1 of 12
Download to read offline
Homenaxe a Castelao en Lugo en 1932.
2
1920
2020
Anxel Casal. Editor da revista Nós.
Arturo Noguerol Buxán. Xerente da revista Nós.
Ramón Otero Pedraio (Fundación Otero Pedraio).
Daniel Castelao. Director artístico da revista Nós.
Acción da revista Nós en beneficio de Ramón Vilar Ponte
asinado polo xerente da publicación Arturo Noguerol.
Vicente Risco. Director da revista Nós
(Fundación Vicente Risco).
3
1920
2020
“Nós ha ser a repersentación no mundo
da personalidade galega na sua ansia de
s'afirmare coma valor universal, autóctono,
diferenciado, dentro ou fora da Terra”
Primeiras verbas
Vicente Risco
(Nós, nº1, 30 de outubro de 1920)
Neste ano 2020, cúmprense 100 anos da saída á rúa do primeiro nú-
mero da revista Nós. Un fito que, desde a Fundación Galiza Sempre e o
Bloque Nacionalista Galego queremos axudar a divulgar e pór en valor.
Lamentabelmente, a pandemia da covid-19 non nos permitiu desenvol-
ver a totalidade da programación que tiñamos preparada con motivo de
tan importante efeméride. Porén, o coronavirus non confinará a nosa
vontade de lembrar, homenaxear e divulgar o inxente traballo de toda
unha xeración de homes e mulleres que dedicaron as súas vidas a de-
fensa de Galiza. Por ese motivo, decidimos editar este traballo de Ma-
nuel Rei Romeu no que aprofunda na importancia política e vixencia do
legado daquela xeración.
Ao longo deste ano, diferentes instancias de poder, deron unha visión des-
cafeinada e deturpada do que significou a denominada “Xeración Nós”.
Tentaron baleirar o contido político da mesma e circunscribila, a unha
iniciativa exclusivamente de ámbito cultural. Porén “Nós” é moito máis
que unha revista ou un proxecto cultural. Falar de Nós, necesariamente
implica falar das Irmandades da Fala, da Asemblea Nacionalista de Lugo,
do Seminario de Estudos Galegos ou da posterior creación do Partido Ga-
leguista. Falar de Nós é falar de nacionalismo galego. “Nós” fixo un excep-
cional traballo cultural. É indubidábel. Porén, tamén ideolóxico e político.
Hai cen anos, toda aquela xeración do 1916, tiña clara a necesidade
dunha cultura galega autorreferenciada. Entendían que o galego tiña
que desenvolverse como calquera lingua culta do mundo: na literatura,
no teatro, na investigación, nas escolas ou nos xornais. Tiñan claro a
universalidade da nosa lingua e cultura e da necesidade de estaren co-
nectadas en pé de igualdade coas do resto do mundo. Entenderon que
Portugal ou Irlanda son pobos irmáns. Sabían da importancia de contar
con instrumentos de autogoberno para o desenvolvemento económico
e cultural de Galiza e que os mesmos só se acadarían a través da au-
toorganización do pobo galego, o compromiso e a loita política.
Atrevéronse a soñar unha Galiza diferente. Un país desacomplexado,
orgulloso e dono de si. Un país libre e xusto, interrelacionado en pé de
igualdade co resto das nacións do mundo. Ese compromiso con Galiza,
levaríaos, en moitos casos, a pagar un alto custe persoal: algúns as-
asinados, encarcelados ou exiliados, outros sancionados económica e
administrativamente, illados e marcados socialmente.
Non se pode entender aquela xeración sen os seus predecesores e
predecesoras, como tampouco se pode entender hoxe o nacionalis-
mo galego contemporáneo sen o legado político e ético da Xeración
Nós. Todo recoñecemento ou lembranza ficará pequena diante da
inxente débeda que o pobo galego ten cunha xeración excepcional.
“Nós”, sempre en nós!
Rubén Cela Díaz
Presidente da Fundación Galiza Sempre
4
1920
2020
Banquete galeguista a Emilia Docet e a Manuel Luís Acuña no hotel Miño de Ourense en 1933.
De pé, de esquerda a dereita: Vicente Risco, un reloxeiro d´El Cronómetro, Ramiro Illa Couto,
Leuter González Salgado, Ánxeles Otero, Álvaro Cunqueiro, Emilia Docet, Manuel Luís Acuña,
Ramón Otero Pedraio, Mari Luz Morales, Ricardo Fernández Morales, María Josefa Bustamante,
Eduardo Blanco Amor e Xoán Luís Ramos Colemán. Sentados, de esquerda a dereita: Miguel
Valencia, J. Villagarcía, Roberto Vázquez-Monxardín, Elina Carballo, Esther Peña Bouzas,
Alberto Vázquez-Monxardín, Manuel Peña Rei, Emilia Blanco Maneiro, Xosé Goyanes e Daniel
Piñeiro. (Fundación Otero Pedraio).
Asemblea Nacionalista de Monforte. De esquerda a dereita de abaixo arriba Daniel Castelao,
Xaime Quintanilla, Antonio Sánchez González, Anxel Casal, Antón Vilar Ponte, Roberto Blanco
Torres, Ramón Otero Pedraio, Afonso Vázquez Monjardín, Manuel Antonio, Lustres Rivas,
Ramón Vilar Ponte,Uxío Charlón Arias. Monforte 1922. (Fundación Otero Pedraio).
5
1920
2020
A Xeración Nós, unha concepción
do mundo desde a cultura galega
A historia do nacionalismo galego non sería a mesma nin se entende-
ría do mesmo xeito sen a achega fundamental da Xeración Nós. Hai
mesmo un aparente acordo por parte de todas as forzas políticas á
hora de a consideraren peza clave no noso devir como pobo na eta-
pa recente e na dimensión que acadou na cultura galega.
Nun artigo publicado a comezos dos anos trinta do século pasado
no xornal A nosa terra (nº 298, 24/06/1933), Carvalho Calero, mociño
aínda, avaliaba as personalidades singulares e imprescindíbeis dos
tres “grandes definidores do galeguismo”: Vicente Risco, Castelao e
Otero Pedraio. Nun contexto cheo de tensións e contradicións como
o da Segunda República, tentaba amosar publicamente a necesidade
de que a pluralidade de sensibilidades ideolóxicas que viñeran con-
formando o nacionalismo desde 1916 non chegase a ser en ningún
caso impedimenta para manteren o acordo en torno ás cuestións
fundamentais para Galiza. Ese espírito de unidade de afluencias
ideolóxicas diversas que, coas urxencias da política táctica, comeza-
ba a abalar e a provocar fendas nos seus membros máis destacados.
En calquera caso, Carvalho defendía con acerto que, para alén dos
programas do partido, había “un xeito de ver as cousas, unha con-
cepción do mundo, unha sentimentalidade, un estilo vital, un ton de
conduta, un matiz humano peculiar”, que deberían de servir de guía
contra as “doenzas de maturidade”, as desviacións ideolóxicas ou as
invasións de elementos espurios. Ese chamado “espírito clásico” é o
que encarnan Risco, Castelao e Otero, as tres figuras de maior relevo
da Xeración, “tres temperamentos ben distantes; pero dificilmente
desacordes no esencial da ortodoxia galeguista”.
Pouco tempo despois, precisamente nas páxinas da revista Nós, o pro-
pio Carvalho, nunha colaboración súa titulada “A Xeneración de Risco”
(nº 131-132, 1934), concédelle a este o “consulado epónimo” sobre
esta; é dicir, o dereito a exercer como o seu máis cualificado represen-
tante: “El sente mellor que ninguén a existencia colectiva de todos. É
o filósofo da xeración, o máis consciente dos seus membros. Unha
especie de secretario xeral espiritual do seu grupo”. Resulta curioso
reparar como manifesta tanta veneración por Risco alguén de esquer-
das ou confeso filomarxista como Carvalho, quen considera tamén
que a adscrición vital á galeguidade é o miolo substantivo dun grupo
de escritores e investigadores aos que lle atribúe o mérito de crearen
o nacionalismo galego. Carvalho rectificará un ano despois nun breve
1920-2020
6
1920
2020
Capa do número 115 da Revista Nós.
7
1920
2020
artigo en A nosa terra (Ver “Xa somos ezquerda”). Esa unidade ideal á
que viña apelando esfarélase ante o obxectivo prioritario de conseguir
avances tácticos para a causa galega (Estatuto). A figura política de
Risco vai perdendo peso e influencia case na mesma medida en que
aumenta o peso de Castelao ou Pedraio, quen, a pesar das súas dis-
crepancias motivadas por cuestións relixiosas, non chega a abando-
nar o PG como fai Risco. Aínda non se publicara o Sempre en Galiza.
Para camiñar cara a unha Galiza dona de si mesma
Aínda sendo a revista Nós un dos emblemas senlleiros da xeración
e o seu enfoque netamente culturalista ou investigador, non se pode
entender a Xeración Nós como un produto exclusivamente cultural
ou literario, malia prestar grandes servizos á cultura e literatura ga-
legas. É algo máis que unha xeración literaria cuns escritores que
editan unha revista cultural ou filosófica, algo que podía facer cal-
quera xeración nesa época. A Xeración Nós non pode entenderse ben
fóra dunha secuencia que vai desde as Irmandades da Fala ao Par-
tido Galeguista, e que ten como principal e coherente fío condutor a
ideoloxía nacionalista. O labor creador e difusor da cultura galega,
vehiculizado a través das páxinas de Nós, e o labor investigador do
Seminario de Estudos Galegos tampouco son para nada alleos a esta
causa. Por iso ollamos nela un valor engadido, unha sobresignifica-
ción, que nos fai concibila como unha xeración maior tanto no plano
cualitativo como no cuantitativo. Hai neles unha vontade fundacional
da cultura galega e unha idea moi clara de prestárenlle un servizo a
Galiza. As intencións iniciais ben demostran que este servizo non se
reducía ao eido cultural, senón que tiña un claro obxectivo político:
unha Galiza dona de si mesma. A amplitude do seu activismo ao lon-
go dos anos vinte, permítenos, en primeiro lugar, entender o seu labor
como unha tentativa sistemática de autoorganización do pobo gale-
go no terreo cultural e científico. Unha xeración consciente, en expre-
sión un tanto mesiánica de Risco, “do seu imperioso deber social de
crearen para sempre a cultura galega”, como afirma nas “Primeiras
verbas” (Nós, nº 1, 30/10/1920). O resultado non foi todo o homoxé-
neo que sería de desexar, mais a tentativa é clara. Son os creadores
e difusores dos postulados teóricos do nacionalismo. Certo que ini-
cialmente a ideoloxía nacionalista de Risco é todo o inmatura, pouco
sistemática e vacilante que se queira; porén manifesta unha vonta-
de clara de mergullarse nela e de superar o rexionalismo, facendo
fronte ao centralismo español (Teoría do nazonalismo galego). Son
os fornecedores dunha serie de imaxes-símbolo, de ideoloxemas que
apelan con forza o rexurdir do pobo e da nación. Son os creadores da
moderna prosa (narrativa, ensaio, xornalismo) que tanto caracteriza
o Segundo Renacemento da literatura galega.
Quen conforma a Xeración Nós?
O nome deste grupo ou xeración provén da revista que nace en Ourense
en 1920, idea orixinal de Castelao, que titulou así o seu álbum de debu-
xos. Tamén foi usada como cabeceira do suplemento cultural do xornal
coruñés El Noroeste (1918), e pola editora dirixida por Ánxel Casal. En
todo caso, Nós é a marca que mellor define o proxecto cultural colec-
tivo máis relevante da Galiza do século XX. Detrás está unha xeración
que desempeñou importantes funcións, mesmo a de servir de guía e
referencia para autores doutras xeracións coetáneas: Xeración das Ir-
mandades da Fala, Novecentistas, Xeración do Seminario de Estudos
Galegos. A modo de exemplo, abondaría con reparar nos epistolarios
8
1920
2020
Florentino López Cuevillas, primeiro pola esquerda, nunha xeira do Seminario de Estudos Galegos.
Ben-Cho-Shey, Risco e Otero Pedraio, no Pazo de Gaión de Ourense, durante a viaxe que fixeron
a San Andrés de Teixido en 1927 (Fundación Penzol).
9
1920
2020
de Risco Castelao ou Pedraio. Un labor de guía ou apostolado polo que
podían sentir admiración personalidades adscritas a ideoloxías moi va-
riadas: demócrata-liberais, socialistas, marxistas, anarquistas.
Ademais dos xa citados, na nómina de escritores da Xeración Nós
cabe incluír a Florentino López Cuevillas e a Antón Losada Diéguez.
Nalgún momento inicial Carvalho menciona tamén a Arturo Nogue-
rol, Cabanillas, Noriega Varela e Taibo, o que semella excesivo desde
o ponto de vista xeracional estrito. Outros estudosos como Vitorino
Pérez Prieto inclúen tamén a Xohán V. Viqueira e a A. Vilar Ponte.
Obras e pensamento
O núcleo ourensán presenta meirandes afinidades e unha curiosa evo-
lución ideolóxica desde a inadaptación ao galeguismo. Esta evolución
arrinca das tendencias esteticistas e neosóficas da revista La Centuria
(1917), totalmente escrita en español, promovida por Risco, Pedraio e
Primitivo R. Sanjurjo. Todos eles son descendentes de familias acomo-
dadas (fidalguía rural ou burguesía), extracción que semella condicionar
a súa visión aristocrática e elitista da sociedade. Posúen unha ampla
formación de base autodidacta e unha acentuada vocación intelectual,
un agudo individualismo que se manifesta en tendencias dandis e ex-
travagantes. Aí reside a causa de rexeitaren o medio social en que viven;
consideran vulgar tanto o mundo do proletariado como os valores bur-
gueses imperantes. Reclúense nunha burbulla de elitismo intelectual.
A súa actitude vital é de inadaptación e de rebelión contra unha socie-
dade deshumanizada e baleira de contidos espirituais. A salvación é o
escapismo ao exótico. Pola vía do exotismo son europeístas respecto
de España e orientalistas respecto de Europa (“Nós, os inadaptados” de
Risco.1933)
Paradoxalmente, en 1918, o chamado “cenáculo ourensán” incorpó-
rase ás Irmandades de Amigos da Fala. A esta sorprendente aterraxe
contribuíu inicialmente o labor aleccionador de Antón Losada Dié-
guez, profesor de Filosofía no Instituto de Ourense desde 1914, de
ideoloxía tradicionalista ligada ao carlismo e ao agrarismo católico.
Desde ese momento, a descoberta de Galiza como nación vai ser
para todos eles unha verdadeira revelación. A segunda razón é que
Galiza ofrecía a mesma fasquía misteriosa e exótica de país preca-
pitalista, onde todo estaba por descubrir e estudar. Demostrábase,
así, unha vez máis, como efecto da colonización, que o máis próximo
fisicamente moitas veces resulta o máis afastado e alleo á percep-
ción dos propios. Alén diso, o carácter do movemento nacionalista
das Irmandades da Fala, nada encaixábel no tradicional sistema de
partidos ao uso, favorecía as adhesións deste tipo.
Florentino López Cuevillas en “Dos nosos tempos” (Nós, nº 1, 19120)
–o primeiro e máis breve dos tres célebres autorretratos xeracionais
que explican a conversión dos inadaptados- avalía a impresión pro-
vocada pola Primeira Guerra mundial e as consecuencias da mesma
á hora de aguilloar a conciencia galega: “a guerra desatou o impe-
rialismo cego que armou as nacións as unhas contra das outras”. O
recoñecemento de novas nacións no concerto europeo serviu tamén
de revulsivo para a causa patriótica galega.
Outro acontecemento que fixo abalar as súas conciencias foi o triunfo
da Revolución Soviética e a instauración da URSS. Segundo os razoa-
mentos do citado Cuevillas, non contaban eles con que a admirada
Rusia, a “Rusia, nación atrasada” dese un “pulo desde o zarismo a Le-
nine”. Paralelamente, na Galiza as reiteradas revoltas populares son
10
1920
2020
Elección de Otero Pedraio como presidente do Seminario de Estudos Galegos. De esquerda a
dereita de abaixo a arriba: Xesús Carro, Vicente Risco, Ramón Otero Pedraio, Luís Iglesias Iglesias, 
Sebastián González García-Paz, Felipe Cordero Carrete, Salustiano Portela Pazos, Paulino
Pedret, Antón Iglesias Vilarelle, Manuel Díaz Rozas, Alfonso Vázquez Martínez, Xosé Filgueira
Valverde, Xulio Francisco Ogando, Ramón Sobrino Buhigas, Anxelo Ramos Colemán, Isidro
Parga Pondal, Florentino López Cuevillas e Xoán López Durá.
Xuntanza do Seminario de Estudos Galegos. De esquerda a direita de arriba a abaixo: Ramón
Otero Pedraio, Antón Lousada Diéguez, Florentino López Cuevillas, Vicente Risco, Ricardo
Carvalho Calero, Xosé Filgueira Valverde, Sebastián González, Pintos Fonseca, Antón Fraguas,
Osorio Tafall, Isidro Parga Pondal, Moralejo Laso, Calvo, Cabeza de León, Arias Sanjurjo,
Xerardo Álvarez Limeses e Novás. Compostela 1928 (Fundación Otero Pedraio).
11
1920
2020
protagonizadas fundamentalmente polo movemento agrarista. Caste-
lao, nunha clara liña de simpatía e adhesión populista e anticaciquil,
incorpora á súa obra as reivindicacións do agrarismo na serie de es-
tampas do álbum Nós, que se expoñen ao longo do país nos anos vinte
e serven ao rexurdir da causa nacional. Nada lle impide a Castelao
colaborar cos homes do cenáculo, de ideoloxía afín ao tradicionalismo
fidalgo, que confiaban que a elite fidalga á que pertencían podía aínda
cumprir un papel dirixente nunha Galiza de base popular labrega. Esa
colaboración funciona nesta década sen moitas disonancias mentres
se mantén unha liña de traballo centrada nun obxectivo cultural de
regaleguización. Tratábase en definitiva de poñer por diante de cal-
quera diferenza ideolóxica “a orgullosa satisfacción de seren galegos”,
en optimista expresión de Risco (Nós, nº 1, “Primeiras Verbas”). O que
non deixa de ser unha consigna radicalmente política.
Como humanistas que eran tiñan que sentir verdadeira inclinación
pola diversidade de pobos, culturas e linguas, con dereito a existiren
dignamente. Nunha liña de verdadeiro internacionalismo, abrazan o
ideal antiimperialista da concordia das patrias, tal e como figura nos
Principios do PG: “Galiza, célula de universalidade”. De xeito reiterado e
sen matizacións de ningún tipo, alúdese ao seu europeísmo ou á von-
tade de europeizar a cultura galega, nunha tópica imaxe caricaturesca
e distorsionada, como se esa fose a súa única meta. En todo caso non
será o típico europeísmo conformista que se vende como solución a
todos os males. A ligazón da nosa literatura con outras europeas, ao
tempo que parte dun afán de modernidade, pretende tamén librarnos
da prostración e dependencia da cultura española. Hai desde logo moi-
to escepticismo sobre o decadentismo europeo e sobre o papel dos
Estados máis poderosos. En palabras de Cuevillas, cando abandonan
o himation dos gregos, o albornoz dos árabes e as túnicas de Oriente,
nesa viaxe de regreso a Galiza, non é para se recluíren nela e desde ela
ollar só a Europa. É para pór Galiza no concerto dos pobos do mundo
e dialogar con eles en pé de igualdade. Láianse do espectáculo dun-
ha Europa onde se armaron os máis grandes imperios esnaquizando
e oprimindo as nacións desvalidas. Arrepiados pola Primeira Grande
guerra “tivemos que ollar arredor de nós, e vimos como os que foran
nosos ídolos, os homes-cume da Francia, da Inglaterra e da Alemaña,
aldraxábanse escudados nun patriotismo de feira”, di Cuevillas en “Dos
nosos tempos”. Unha Europa que, ao pouco de saír dunha guerra, xa
se preparaba para outra. Un sentimento semellante expresa Otero en
Arredor de si (a biografía novelada da Xeración), a través da figura do
mozo Adrián Solovio, que volve desencantado do seu periplo europeo
a realizarse coa entrega na propia patria. O mesmo escepticismo pode
lerse entre liñas cando Castelao informa dos movementos artísticos
europeos, reafirmándose na idea de fuxir de calquera mimetismo á
hora de crearmos as nosas tendencias artísticas. Europeísmo, se o
entendermos por achegamento a Portugal. Europeísmo se o enten-
dermos como preocupación por Irlanda, Bretaña e outras pequenas
nacións europeas.
Edición Fundación Galiza Sempre e Bloque Nacionalista Galego
Textos Manuel Rei
Deseño e maquetación Inácio Pavón e Oscar Valadares
Corrección Lingüística Goretti Sanmartín
Na memoria de Xosé Manuel Millán,
exalcalde nacionalista de Moaña e grande estudoso da Xeración Nós.
100 anos de Nós

More Related Content

What's hot

Evolucion Do Pensamento Galeguista
Evolucion Do Pensamento GaleguistaEvolucion Do Pensamento Galeguista
Evolucion Do Pensamento Galeguistatamara88
 
A lingua galega nos comezos do s. XX
A lingua galega nos comezos do s. XXA lingua galega nos comezos do s. XX
A lingua galega nos comezos do s. XXLuciano Fernández
 
Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño)
Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño) Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño)
Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño) Marlou
 
O galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XXO galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XXxenevra
 
A Xeración Nós
A Xeración NósA Xeración Nós
A Xeración Nósruben_fc73
 
Presentación Poesía Galega na Ditadura
Presentación Poesía Galega na DitaduraPresentación Poesía Galega na Ditadura
Presentación Poesía Galega na DitaduraMaría Sánchez
 
Galeguismo E Nacionalismo
Galeguismo E NacionalismoGaleguismo E Nacionalismo
Galeguismo E NacionalismoLOKIFUMI46
 
Lite1 09
Lite1 09Lite1 09
Lite1 09xenevra
 
O galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XXO galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XXIgnacio Rodiño
 
A EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do GaleguismoA EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do Galeguismoalexh832
 
Lite1_09
Lite1_09Lite1_09
Lite1_09xenevra
 
tema3_lite
tema3_litetema3_lite
tema3_litexenevra
 

What's hot (19)

Evolucion Do Pensamento Galeguista
Evolucion Do Pensamento GaleguistaEvolucion Do Pensamento Galeguista
Evolucion Do Pensamento Galeguista
 
No exilio
No exilioNo exilio
No exilio
 
Lingua Galega Posguerra
Lingua Galega PosguerraLingua Galega Posguerra
Lingua Galega Posguerra
 
A lingua galega nos comezos do s. XX
A lingua galega nos comezos do s. XXA lingua galega nos comezos do s. XX
A lingua galega nos comezos do s. XX
 
Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño)
Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño) Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño)
Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño)
 
O exilio
O exilio O exilio
O exilio
 
EspañA Isabelina
EspañA IsabelinaEspañA Isabelina
EspañA Isabelina
 
O galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XXO galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XX
 
A Xeración Nós
A Xeración NósA Xeración Nós
A Xeración Nós
 
Presentación Poesía Galega na Ditadura
Presentación Poesía Galega na DitaduraPresentación Poesía Galega na Ditadura
Presentación Poesía Galega na Ditadura
 
Galeguismo E Nacionalismo
Galeguismo E NacionalismoGaleguismo E Nacionalismo
Galeguismo E Nacionalismo
 
O galego no primeiro terzo do século xx
O galego no primeiro terzo do século xxO galego no primeiro terzo do século xx
O galego no primeiro terzo do século xx
 
Galicia da preguerra
Galicia da preguerraGalicia da preguerra
Galicia da preguerra
 
Lite1 09
Lite1 09Lite1 09
Lite1 09
 
O galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XXO galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XX
 
A xeración nós
A xeración nósA xeración nós
A xeración nós
 
A EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do GaleguismoA EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do Galeguismo
 
Lite1_09
Lite1_09Lite1_09
Lite1_09
 
tema3_lite
tema3_litetema3_lite
tema3_lite
 

Similar to 100 anos de Nós

A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoxoanseca
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Román Landín
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioRomán Landín
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXMarlou
 
A xeración Nós
A xeración NósA xeración Nós
A xeración Nósxenevra
 
primeiro terzo século XX
primeiro terzo século XXprimeiro terzo século XX
primeiro terzo século XXxenevra
 
Ramón Piñeiro. Letras galegas 2009
Ramón Piñeiro. Letras galegas 2009Ramón Piñeiro. Letras galegas 2009
Ramón Piñeiro. Letras galegas 2009Anxos bibliotequeira
 
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...Bibliotecadicoruna
 
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao NacionalismoEvolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismosebastian1983
 
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao NacionalismoEvolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismosebastian1983
 
Esquemas. Prosa 1916 - 1936
Esquemas. Prosa 1916 - 1936Esquemas. Prosa 1916 - 1936
Esquemas. Prosa 1916 - 1936Marlou
 
Reportaxe sobre AGAI
Reportaxe sobre AGAIReportaxe sobre AGAI
Reportaxe sobre AGAIGZ-Israel
 
2ºterzo_sec XX
2ºterzo_sec XX2ºterzo_sec XX
2ºterzo_sec XXxenevra
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaxenevra
 

Similar to 100 anos de Nós (20)

A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzo
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)
 
90 anos do Partido Galeguista
90 anos do Partido Galeguista90 anos do Partido Galeguista
90 anos do Partido Galeguista
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
 
Mitos da historiografía galeguista (1994)
Mitos da historiografía galeguista (1994)Mitos da historiografía galeguista (1994)
Mitos da historiografía galeguista (1994)
 
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
 
A xeración Nós
A xeración NósA xeración Nós
A xeración Nós
 
primeiro terzo século XX
primeiro terzo século XXprimeiro terzo século XX
primeiro terzo século XX
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Ramón Piñeiro. Letras galegas 2009
Ramón Piñeiro. Letras galegas 2009Ramón Piñeiro. Letras galegas 2009
Ramón Piñeiro. Letras galegas 2009
 
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...
 
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao NacionalismoEvolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
 
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao NacionalismoEvolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
 
Areal nº 6
Areal nº 6Areal nº 6
Areal nº 6
 
Esquemas. Prosa 1916 - 1936
Esquemas. Prosa 1916 - 1936Esquemas. Prosa 1916 - 1936
Esquemas. Prosa 1916 - 1936
 
Reportaxe sobre AGAI
Reportaxe sobre AGAIReportaxe sobre AGAI
Reportaxe sobre AGAI
 
2ºterzo_sec XX
2ºterzo_sec XX2ºterzo_sec XX
2ºterzo_sec XX
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo lingua
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 

More from BNG - Bloque Nacionalista Galego

Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaDecálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafaO espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafaBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialDesconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusPropostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusBNG - Bloque Nacionalista Galego
 

More from BNG - Bloque Nacionalista Galego (20)

Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
 
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
 
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaDecálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
 
Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023
 
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer GalizaDecálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
 
Folleto Día da Patria Galega
Folleto Día da Patria GalegaFolleto Día da Patria Galega
Folleto Día da Patria Galega
 
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
 
Queremos tren
Queremos trenQueremos tren
Queremos tren
 
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafaO espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
 
Defendamos a sanidade pública
Defendamos a sanidade públicaDefendamos a sanidade pública
Defendamos a sanidade pública
 
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
 
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
 
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegasProxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
 
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialDesconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
 
Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020
 
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
 
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusPropostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
 
Folleto en defensa da sanidade pública
Folleto en defensa da sanidade públicaFolleto en defensa da sanidade pública
Folleto en defensa da sanidade pública
 
Todo o que conseguiu o BNG co acordo de investidura
Todo o que conseguiu o BNG co acordo de investiduraTodo o que conseguiu o BNG co acordo de investidura
Todo o que conseguiu o BNG co acordo de investidura
 
[25N] A violencia queda dentro
[25N] A violencia queda dentro[25N] A violencia queda dentro
[25N] A violencia queda dentro
 

100 anos de Nós

  • 1. Homenaxe a Castelao en Lugo en 1932.
  • 2. 2 1920 2020 Anxel Casal. Editor da revista Nós. Arturo Noguerol Buxán. Xerente da revista Nós. Ramón Otero Pedraio (Fundación Otero Pedraio). Daniel Castelao. Director artístico da revista Nós. Acción da revista Nós en beneficio de Ramón Vilar Ponte asinado polo xerente da publicación Arturo Noguerol. Vicente Risco. Director da revista Nós (Fundación Vicente Risco).
  • 3. 3 1920 2020 “Nós ha ser a repersentación no mundo da personalidade galega na sua ansia de s'afirmare coma valor universal, autóctono, diferenciado, dentro ou fora da Terra” Primeiras verbas Vicente Risco (Nós, nº1, 30 de outubro de 1920) Neste ano 2020, cúmprense 100 anos da saída á rúa do primeiro nú- mero da revista Nós. Un fito que, desde a Fundación Galiza Sempre e o Bloque Nacionalista Galego queremos axudar a divulgar e pór en valor. Lamentabelmente, a pandemia da covid-19 non nos permitiu desenvol- ver a totalidade da programación que tiñamos preparada con motivo de tan importante efeméride. Porén, o coronavirus non confinará a nosa vontade de lembrar, homenaxear e divulgar o inxente traballo de toda unha xeración de homes e mulleres que dedicaron as súas vidas a de- fensa de Galiza. Por ese motivo, decidimos editar este traballo de Ma- nuel Rei Romeu no que aprofunda na importancia política e vixencia do legado daquela xeración. Ao longo deste ano, diferentes instancias de poder, deron unha visión des- cafeinada e deturpada do que significou a denominada “Xeración Nós”. Tentaron baleirar o contido político da mesma e circunscribila, a unha iniciativa exclusivamente de ámbito cultural. Porén “Nós” é moito máis que unha revista ou un proxecto cultural. Falar de Nós, necesariamente implica falar das Irmandades da Fala, da Asemblea Nacionalista de Lugo, do Seminario de Estudos Galegos ou da posterior creación do Partido Ga- leguista. Falar de Nós é falar de nacionalismo galego. “Nós” fixo un excep- cional traballo cultural. É indubidábel. Porén, tamén ideolóxico e político. Hai cen anos, toda aquela xeración do 1916, tiña clara a necesidade dunha cultura galega autorreferenciada. Entendían que o galego tiña que desenvolverse como calquera lingua culta do mundo: na literatura, no teatro, na investigación, nas escolas ou nos xornais. Tiñan claro a universalidade da nosa lingua e cultura e da necesidade de estaren co- nectadas en pé de igualdade coas do resto do mundo. Entenderon que Portugal ou Irlanda son pobos irmáns. Sabían da importancia de contar con instrumentos de autogoberno para o desenvolvemento económico e cultural de Galiza e que os mesmos só se acadarían a través da au- toorganización do pobo galego, o compromiso e a loita política. Atrevéronse a soñar unha Galiza diferente. Un país desacomplexado, orgulloso e dono de si. Un país libre e xusto, interrelacionado en pé de igualdade co resto das nacións do mundo. Ese compromiso con Galiza, levaríaos, en moitos casos, a pagar un alto custe persoal: algúns as- asinados, encarcelados ou exiliados, outros sancionados económica e administrativamente, illados e marcados socialmente. Non se pode entender aquela xeración sen os seus predecesores e predecesoras, como tampouco se pode entender hoxe o nacionalis- mo galego contemporáneo sen o legado político e ético da Xeración Nós. Todo recoñecemento ou lembranza ficará pequena diante da inxente débeda que o pobo galego ten cunha xeración excepcional. “Nós”, sempre en nós! Rubén Cela Díaz Presidente da Fundación Galiza Sempre
  • 4. 4 1920 2020 Banquete galeguista a Emilia Docet e a Manuel Luís Acuña no hotel Miño de Ourense en 1933. De pé, de esquerda a dereita: Vicente Risco, un reloxeiro d´El Cronómetro, Ramiro Illa Couto, Leuter González Salgado, Ánxeles Otero, Álvaro Cunqueiro, Emilia Docet, Manuel Luís Acuña, Ramón Otero Pedraio, Mari Luz Morales, Ricardo Fernández Morales, María Josefa Bustamante, Eduardo Blanco Amor e Xoán Luís Ramos Colemán. Sentados, de esquerda a dereita: Miguel Valencia, J. Villagarcía, Roberto Vázquez-Monxardín, Elina Carballo, Esther Peña Bouzas, Alberto Vázquez-Monxardín, Manuel Peña Rei, Emilia Blanco Maneiro, Xosé Goyanes e Daniel Piñeiro. (Fundación Otero Pedraio). Asemblea Nacionalista de Monforte. De esquerda a dereita de abaixo arriba Daniel Castelao, Xaime Quintanilla, Antonio Sánchez González, Anxel Casal, Antón Vilar Ponte, Roberto Blanco Torres, Ramón Otero Pedraio, Afonso Vázquez Monjardín, Manuel Antonio, Lustres Rivas, Ramón Vilar Ponte,Uxío Charlón Arias. Monforte 1922. (Fundación Otero Pedraio).
  • 5. 5 1920 2020 A Xeración Nós, unha concepción do mundo desde a cultura galega A historia do nacionalismo galego non sería a mesma nin se entende- ría do mesmo xeito sen a achega fundamental da Xeración Nós. Hai mesmo un aparente acordo por parte de todas as forzas políticas á hora de a consideraren peza clave no noso devir como pobo na eta- pa recente e na dimensión que acadou na cultura galega. Nun artigo publicado a comezos dos anos trinta do século pasado no xornal A nosa terra (nº 298, 24/06/1933), Carvalho Calero, mociño aínda, avaliaba as personalidades singulares e imprescindíbeis dos tres “grandes definidores do galeguismo”: Vicente Risco, Castelao e Otero Pedraio. Nun contexto cheo de tensións e contradicións como o da Segunda República, tentaba amosar publicamente a necesidade de que a pluralidade de sensibilidades ideolóxicas que viñeran con- formando o nacionalismo desde 1916 non chegase a ser en ningún caso impedimenta para manteren o acordo en torno ás cuestións fundamentais para Galiza. Ese espírito de unidade de afluencias ideolóxicas diversas que, coas urxencias da política táctica, comeza- ba a abalar e a provocar fendas nos seus membros máis destacados. En calquera caso, Carvalho defendía con acerto que, para alén dos programas do partido, había “un xeito de ver as cousas, unha con- cepción do mundo, unha sentimentalidade, un estilo vital, un ton de conduta, un matiz humano peculiar”, que deberían de servir de guía contra as “doenzas de maturidade”, as desviacións ideolóxicas ou as invasións de elementos espurios. Ese chamado “espírito clásico” é o que encarnan Risco, Castelao e Otero, as tres figuras de maior relevo da Xeración, “tres temperamentos ben distantes; pero dificilmente desacordes no esencial da ortodoxia galeguista”. Pouco tempo despois, precisamente nas páxinas da revista Nós, o pro- pio Carvalho, nunha colaboración súa titulada “A Xeneración de Risco” (nº 131-132, 1934), concédelle a este o “consulado epónimo” sobre esta; é dicir, o dereito a exercer como o seu máis cualificado represen- tante: “El sente mellor que ninguén a existencia colectiva de todos. É o filósofo da xeración, o máis consciente dos seus membros. Unha especie de secretario xeral espiritual do seu grupo”. Resulta curioso reparar como manifesta tanta veneración por Risco alguén de esquer- das ou confeso filomarxista como Carvalho, quen considera tamén que a adscrición vital á galeguidade é o miolo substantivo dun grupo de escritores e investigadores aos que lle atribúe o mérito de crearen o nacionalismo galego. Carvalho rectificará un ano despois nun breve 1920-2020
  • 6. 6 1920 2020 Capa do número 115 da Revista Nós.
  • 7. 7 1920 2020 artigo en A nosa terra (Ver “Xa somos ezquerda”). Esa unidade ideal á que viña apelando esfarélase ante o obxectivo prioritario de conseguir avances tácticos para a causa galega (Estatuto). A figura política de Risco vai perdendo peso e influencia case na mesma medida en que aumenta o peso de Castelao ou Pedraio, quen, a pesar das súas dis- crepancias motivadas por cuestións relixiosas, non chega a abando- nar o PG como fai Risco. Aínda non se publicara o Sempre en Galiza. Para camiñar cara a unha Galiza dona de si mesma Aínda sendo a revista Nós un dos emblemas senlleiros da xeración e o seu enfoque netamente culturalista ou investigador, non se pode entender a Xeración Nós como un produto exclusivamente cultural ou literario, malia prestar grandes servizos á cultura e literatura ga- legas. É algo máis que unha xeración literaria cuns escritores que editan unha revista cultural ou filosófica, algo que podía facer cal- quera xeración nesa época. A Xeración Nós non pode entenderse ben fóra dunha secuencia que vai desde as Irmandades da Fala ao Par- tido Galeguista, e que ten como principal e coherente fío condutor a ideoloxía nacionalista. O labor creador e difusor da cultura galega, vehiculizado a través das páxinas de Nós, e o labor investigador do Seminario de Estudos Galegos tampouco son para nada alleos a esta causa. Por iso ollamos nela un valor engadido, unha sobresignifica- ción, que nos fai concibila como unha xeración maior tanto no plano cualitativo como no cuantitativo. Hai neles unha vontade fundacional da cultura galega e unha idea moi clara de prestárenlle un servizo a Galiza. As intencións iniciais ben demostran que este servizo non se reducía ao eido cultural, senón que tiña un claro obxectivo político: unha Galiza dona de si mesma. A amplitude do seu activismo ao lon- go dos anos vinte, permítenos, en primeiro lugar, entender o seu labor como unha tentativa sistemática de autoorganización do pobo gale- go no terreo cultural e científico. Unha xeración consciente, en expre- sión un tanto mesiánica de Risco, “do seu imperioso deber social de crearen para sempre a cultura galega”, como afirma nas “Primeiras verbas” (Nós, nº 1, 30/10/1920). O resultado non foi todo o homoxé- neo que sería de desexar, mais a tentativa é clara. Son os creadores e difusores dos postulados teóricos do nacionalismo. Certo que ini- cialmente a ideoloxía nacionalista de Risco é todo o inmatura, pouco sistemática e vacilante que se queira; porén manifesta unha vonta- de clara de mergullarse nela e de superar o rexionalismo, facendo fronte ao centralismo español (Teoría do nazonalismo galego). Son os fornecedores dunha serie de imaxes-símbolo, de ideoloxemas que apelan con forza o rexurdir do pobo e da nación. Son os creadores da moderna prosa (narrativa, ensaio, xornalismo) que tanto caracteriza o Segundo Renacemento da literatura galega. Quen conforma a Xeración Nós? O nome deste grupo ou xeración provén da revista que nace en Ourense en 1920, idea orixinal de Castelao, que titulou así o seu álbum de debu- xos. Tamén foi usada como cabeceira do suplemento cultural do xornal coruñés El Noroeste (1918), e pola editora dirixida por Ánxel Casal. En todo caso, Nós é a marca que mellor define o proxecto cultural colec- tivo máis relevante da Galiza do século XX. Detrás está unha xeración que desempeñou importantes funcións, mesmo a de servir de guía e referencia para autores doutras xeracións coetáneas: Xeración das Ir- mandades da Fala, Novecentistas, Xeración do Seminario de Estudos Galegos. A modo de exemplo, abondaría con reparar nos epistolarios
  • 8. 8 1920 2020 Florentino López Cuevillas, primeiro pola esquerda, nunha xeira do Seminario de Estudos Galegos. Ben-Cho-Shey, Risco e Otero Pedraio, no Pazo de Gaión de Ourense, durante a viaxe que fixeron a San Andrés de Teixido en 1927 (Fundación Penzol).
  • 9. 9 1920 2020 de Risco Castelao ou Pedraio. Un labor de guía ou apostolado polo que podían sentir admiración personalidades adscritas a ideoloxías moi va- riadas: demócrata-liberais, socialistas, marxistas, anarquistas. Ademais dos xa citados, na nómina de escritores da Xeración Nós cabe incluír a Florentino López Cuevillas e a Antón Losada Diéguez. Nalgún momento inicial Carvalho menciona tamén a Arturo Nogue- rol, Cabanillas, Noriega Varela e Taibo, o que semella excesivo desde o ponto de vista xeracional estrito. Outros estudosos como Vitorino Pérez Prieto inclúen tamén a Xohán V. Viqueira e a A. Vilar Ponte. Obras e pensamento O núcleo ourensán presenta meirandes afinidades e unha curiosa evo- lución ideolóxica desde a inadaptación ao galeguismo. Esta evolución arrinca das tendencias esteticistas e neosóficas da revista La Centuria (1917), totalmente escrita en español, promovida por Risco, Pedraio e Primitivo R. Sanjurjo. Todos eles son descendentes de familias acomo- dadas (fidalguía rural ou burguesía), extracción que semella condicionar a súa visión aristocrática e elitista da sociedade. Posúen unha ampla formación de base autodidacta e unha acentuada vocación intelectual, un agudo individualismo que se manifesta en tendencias dandis e ex- travagantes. Aí reside a causa de rexeitaren o medio social en que viven; consideran vulgar tanto o mundo do proletariado como os valores bur- gueses imperantes. Reclúense nunha burbulla de elitismo intelectual. A súa actitude vital é de inadaptación e de rebelión contra unha socie- dade deshumanizada e baleira de contidos espirituais. A salvación é o escapismo ao exótico. Pola vía do exotismo son europeístas respecto de España e orientalistas respecto de Europa (“Nós, os inadaptados” de Risco.1933) Paradoxalmente, en 1918, o chamado “cenáculo ourensán” incorpó- rase ás Irmandades de Amigos da Fala. A esta sorprendente aterraxe contribuíu inicialmente o labor aleccionador de Antón Losada Dié- guez, profesor de Filosofía no Instituto de Ourense desde 1914, de ideoloxía tradicionalista ligada ao carlismo e ao agrarismo católico. Desde ese momento, a descoberta de Galiza como nación vai ser para todos eles unha verdadeira revelación. A segunda razón é que Galiza ofrecía a mesma fasquía misteriosa e exótica de país preca- pitalista, onde todo estaba por descubrir e estudar. Demostrábase, así, unha vez máis, como efecto da colonización, que o máis próximo fisicamente moitas veces resulta o máis afastado e alleo á percep- ción dos propios. Alén diso, o carácter do movemento nacionalista das Irmandades da Fala, nada encaixábel no tradicional sistema de partidos ao uso, favorecía as adhesións deste tipo. Florentino López Cuevillas en “Dos nosos tempos” (Nós, nº 1, 19120) –o primeiro e máis breve dos tres célebres autorretratos xeracionais que explican a conversión dos inadaptados- avalía a impresión pro- vocada pola Primeira Guerra mundial e as consecuencias da mesma á hora de aguilloar a conciencia galega: “a guerra desatou o impe- rialismo cego que armou as nacións as unhas contra das outras”. O recoñecemento de novas nacións no concerto europeo serviu tamén de revulsivo para a causa patriótica galega. Outro acontecemento que fixo abalar as súas conciencias foi o triunfo da Revolución Soviética e a instauración da URSS. Segundo os razoa- mentos do citado Cuevillas, non contaban eles con que a admirada Rusia, a “Rusia, nación atrasada” dese un “pulo desde o zarismo a Le- nine”. Paralelamente, na Galiza as reiteradas revoltas populares son
  • 10. 10 1920 2020 Elección de Otero Pedraio como presidente do Seminario de Estudos Galegos. De esquerda a dereita de abaixo a arriba: Xesús Carro, Vicente Risco, Ramón Otero Pedraio, Luís Iglesias Iglesias,  Sebastián González García-Paz, Felipe Cordero Carrete, Salustiano Portela Pazos, Paulino Pedret, Antón Iglesias Vilarelle, Manuel Díaz Rozas, Alfonso Vázquez Martínez, Xosé Filgueira Valverde, Xulio Francisco Ogando, Ramón Sobrino Buhigas, Anxelo Ramos Colemán, Isidro Parga Pondal, Florentino López Cuevillas e Xoán López Durá. Xuntanza do Seminario de Estudos Galegos. De esquerda a direita de arriba a abaixo: Ramón Otero Pedraio, Antón Lousada Diéguez, Florentino López Cuevillas, Vicente Risco, Ricardo Carvalho Calero, Xosé Filgueira Valverde, Sebastián González, Pintos Fonseca, Antón Fraguas, Osorio Tafall, Isidro Parga Pondal, Moralejo Laso, Calvo, Cabeza de León, Arias Sanjurjo, Xerardo Álvarez Limeses e Novás. Compostela 1928 (Fundación Otero Pedraio).
  • 11. 11 1920 2020 protagonizadas fundamentalmente polo movemento agrarista. Caste- lao, nunha clara liña de simpatía e adhesión populista e anticaciquil, incorpora á súa obra as reivindicacións do agrarismo na serie de es- tampas do álbum Nós, que se expoñen ao longo do país nos anos vinte e serven ao rexurdir da causa nacional. Nada lle impide a Castelao colaborar cos homes do cenáculo, de ideoloxía afín ao tradicionalismo fidalgo, que confiaban que a elite fidalga á que pertencían podía aínda cumprir un papel dirixente nunha Galiza de base popular labrega. Esa colaboración funciona nesta década sen moitas disonancias mentres se mantén unha liña de traballo centrada nun obxectivo cultural de regaleguización. Tratábase en definitiva de poñer por diante de cal- quera diferenza ideolóxica “a orgullosa satisfacción de seren galegos”, en optimista expresión de Risco (Nós, nº 1, “Primeiras Verbas”). O que non deixa de ser unha consigna radicalmente política. Como humanistas que eran tiñan que sentir verdadeira inclinación pola diversidade de pobos, culturas e linguas, con dereito a existiren dignamente. Nunha liña de verdadeiro internacionalismo, abrazan o ideal antiimperialista da concordia das patrias, tal e como figura nos Principios do PG: “Galiza, célula de universalidade”. De xeito reiterado e sen matizacións de ningún tipo, alúdese ao seu europeísmo ou á von- tade de europeizar a cultura galega, nunha tópica imaxe caricaturesca e distorsionada, como se esa fose a súa única meta. En todo caso non será o típico europeísmo conformista que se vende como solución a todos os males. A ligazón da nosa literatura con outras europeas, ao tempo que parte dun afán de modernidade, pretende tamén librarnos da prostración e dependencia da cultura española. Hai desde logo moi- to escepticismo sobre o decadentismo europeo e sobre o papel dos Estados máis poderosos. En palabras de Cuevillas, cando abandonan o himation dos gregos, o albornoz dos árabes e as túnicas de Oriente, nesa viaxe de regreso a Galiza, non é para se recluíren nela e desde ela ollar só a Europa. É para pór Galiza no concerto dos pobos do mundo e dialogar con eles en pé de igualdade. Láianse do espectáculo dun- ha Europa onde se armaron os máis grandes imperios esnaquizando e oprimindo as nacións desvalidas. Arrepiados pola Primeira Grande guerra “tivemos que ollar arredor de nós, e vimos como os que foran nosos ídolos, os homes-cume da Francia, da Inglaterra e da Alemaña, aldraxábanse escudados nun patriotismo de feira”, di Cuevillas en “Dos nosos tempos”. Unha Europa que, ao pouco de saír dunha guerra, xa se preparaba para outra. Un sentimento semellante expresa Otero en Arredor de si (a biografía novelada da Xeración), a través da figura do mozo Adrián Solovio, que volve desencantado do seu periplo europeo a realizarse coa entrega na propia patria. O mesmo escepticismo pode lerse entre liñas cando Castelao informa dos movementos artísticos europeos, reafirmándose na idea de fuxir de calquera mimetismo á hora de crearmos as nosas tendencias artísticas. Europeísmo, se o entendermos por achegamento a Portugal. Europeísmo se o enten- dermos como preocupación por Irlanda, Bretaña e outras pequenas nacións europeas. Edición Fundación Galiza Sempre e Bloque Nacionalista Galego Textos Manuel Rei Deseño e maquetación Inácio Pavón e Oscar Valadares Corrección Lingüística Goretti Sanmartín Na memoria de Xosé Manuel Millán, exalcalde nacionalista de Moaña e grande estudoso da Xeración Nós.