SlideShare a Scribd company logo
1 of 10
Download to read offline
TEMA 2
REVOLUCIÓNS LIBERAIS,
RESTAURACIÓN E NACIONALISMO
1.- O LIBERALISMO
O liberalismo é unha ideoloxía e unha práctica política que defende a liberdade como
principio básico de todas as actividades humanas. Xurdiu a finais do século XVIII e
constituíu a base dos programas das revolucións burguesas que trataban de eliminar
o sistema do Antigo Réxime. Estas revolucións afectaron a Europa e América nas
décadas finais do século XVIII e as iniciais do XIX.
1.1.- Principios xurídicos, políticos e económicos
• O individuo como base sobre a que se deben establecer as relacións políticas,
sociais e económicas; o interese individual está por riba de calquera grupo ou
clase.
• Existencia de dereitos e liberdades individuais que toda sociedade debe
defender e protexer: dereito á vida, á liberdade individual, propiedade, liberdade
de expresión, de reunión,....
• A liberdade de mercado sen intervención económica do Estado.
• A propiedade individual, garantida e protexida pola lei.
• A igualdade xurídica de todas as persoas ante a lei, eliminando calquera
privilexio.
• Participación política dos cidadáns mediante a elección dos seus representantes
(dereito ao voto ou sufraxio).
• Soberanía nacional, a soberanía reside na nación formada polo conxunto de
cidadáns que viven nun país.
• A separación de poderes de acordo coa función que desempeñan: executivo
(goberno), lexislativo (parlamentos) e xudicial (tribunais).
• A constitución ou lei suprema na que se recollan por escrito os dereitos, as
liberdades e as bases do réxime político vixente.
• O Estado de Dereito ou sometemento de todas as institucións e individuos ás leis
vixentes.
1.2.- As tendencias do liberalismo
As diferenzas sobre a concesión de determinados dereitos e liberdades provocaron, no
século XIX, a división en dúas tendencias:
• O liberalismo doutrinario ou conservador que defendía que unicamente tiñan
dereito a participación política os cidadáns con certo nivel de riqueza (sufraxio
censatario).
• O liberalismo democrático, de tendencia progresista, que defendía a
participación política de todos os cidadáns maiores de idade (sufraxio universal),
que é a base da democracia.
2.- INDEPENDENCIA E REVOLUCIÓN EN EE.UU
A primeira revolución liberal desenvolveuse nas colonias inglesas de América do
Norte. En 1776, as 13 colonias proclamaron a súa independencia de Inglaterra e
Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 1
construíron un novo modelo político baseado nos principios liberais.
2.1.- As causas da rebelión
Desde principios do século XVII, a
franxa costeira de América do Norte
(leste) foi ocupada por colonos
ingleses. Tiñan certo autogoberno,
limitado polas leis que lles obrigaban
a comerciar obrigatoriamente coa
metrópole (Inglaterra), pero unha
serie de causas fixeron que a ideas de
independencia fose gañando
partidarios entre os colonos:
1.- O Parlamento inglés aumentou a
partir de 1763 os impostos ás
colonias. Os colonos opuxéronse á
suba e Inglaterra castigou aos
rebeldes. Esta situación provocou actos
de protesta como o Motín do Té de
Boston (1773).
2.- Durante o XVIII as trece colonias
acadaran unha gran prosperidade
económica pero carecían de representantes políticos no Parlamento de Londres.
3.- As ideas ilustradas de igualdade e liberadade fóronse extendendo polas colonias.
2.2.- A Declaración de Independencia e a guerra
En 1775 producíronse os primeiros enfrontamentos entre a metrópole e as colonias. Ao
mesmo tempo que facían a guerra contra os ingleses cada colonia converteuse nun
Estado con goberno propio, organizando segundo os principios liberais recollidos en
declaracións de dereitos, como a redactada en Virxinia. O 4 de xullo de 1776, as 13
colonias fixeron a Declaración de Independencia, redactada por Tomas Jefferson, pola
que nacían os EE UU.
A guerra foi longa e desigual. As tropas norteamericanas, formadas por voluntarios e que
recibiron a axuda de Francia e España, enfrontáronse aos exércitos británicos. Os
resultados adversos obrigaron a Gran Bretaña a asinar a paz e recoñecer a
independencia dos EE UU en 1783 (Paz de Versalles).
2.3.- O novo modelo político
Paralelamente á guerra, cada colonia converteuse nun Estado con goberno, leis e
constitución propias e diferentes.
En 1787, os 13 estados pactaron a creación dunha república federal na que cada
Estado conservaba gran parte da súa soberanía, pero cedía competencias a un
goberno central ou federal dirixido por un presidente. Os principios sobre os que se
debía sustentar a nova república foron instaurados na Constitución dos EE UU na que
se promulgada a separación de poderes e se establecían os dereitos dos cidadáns.
No ano 1789 foi elixido como 1º presidente dos EE UU George Washington.
A influencia dos acontecementos americanos foi enorme. Os EE UU foron as primeiras
colonias en independizarse da súa metrópole e o primeiro país onde se implantou un
novo réxime baseado nos principios liberais.
3.- A REVOLUCIÓN FRANCESA E O IMPERIO NAPOLEÓNICO
Entre 1789 e 1815 toda Europa viuse sacudida polo desenvolvemento da Revolución
Francesa e a formación do imperio napoleónico.
Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 2
3.1.- 1789: O inicio da revolución e as súas causas
Entre as causas xerais que provocaron a revolución destacan as:
• Económicas: A creba financeira da monarquía francesa polos gastos da corte a
os conflitos bélicos. Tamén os anos anteriores á revolución foran anos de malas
colleitas e de suba dos prezos dos produtos básicos.
• Sociais: A tensión social existente en Francia era moi forte, pois todos os
estamentos reclamaban cambios e amosaban as súas queixas sobre a situación
vixente, especialmente a burguesía que reclamaba poder político.
• Políticas: O goberno de Luís XVI amosábase incapaz de solucionar os problemas.
• Ideolóxicas: A difusión das ideas ilustradas e o impacto da revolución
americana na sociedade francesa.
O inicio da revolución desenvolveuse do seguinte xeito:
• A negativa dos privilexiados a pagar impostos obrigou ao rei a convocar os
Estados Xerais, a asemblea de representantes dos tres estamentos, que era a
única que podía aprobar novos impostos (non se reunía desde 1614).
• Na reunión dos Estados Xerais en París, os representantes do Terceiro estamento
esixiron que as reunións fosen conxuntas e que se votase por individuos e
non por estamentos. O seu obxectivo era facerse co control das decisións que
tomasen, pois eran a maioría numérica; pero se o voto era por estamentos, terían o
control a nobreza e o clero. Os privilexiados opuxéronse.
• A formación da Asemblea Nacional. Ante a negativa dos privilexiados, os
representantes do Terceiro estamento decidiron formar unha Asemblea Nacional á
que consideraron como a única representación lexítima da nación francesa e a
única que podería lexislar. Esta decisión era revolucionaria, pois alteraba as bases
tradicionais do poder. O rei intentou disolvela pero non foi capaz.
• As masas populares de París o 14 de xullo de 1789 asaltaron a Bastilla (feito
detonante da revolución), o cárcere real considerado como símbolo da
arbitrariedade do rei.
• No mundo rural, as noticias dos acontecementos e o medo ás represalias dos
privilexiados provocaron unha vaga de medo e ataques ás propiedades da
nobreza (Grand Peur).
3.2.- 1789-1792: A monarquía constitucional
Co triunfo popular (do Terceiro Estado) desapareceu o poder absoluto do rei. A
Asemblea Nacional comezou a gobernar e aprobar novas leis:
• Abolición do réxime feudal (1789), eliminando os impostos e dereitos dos
señores sobre o campesiñado, tamén o décimo.
• A Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán (1789): na que se
recoñeceron dereitos como a liberdade, a igualdade ante a lei, propiedade
individual...
• A primeira constitución francesa de 1791 que establecía, como forma de
goberno a monarquía constitucional baseada na soberanía nacional e na
separación de poderes, conservando o rei o poder executivo.
O rei conspiraba contra estas medidas liberais, mesmo tentou fuxir de Francia (Fuga de
Varennes). Ante o temor á expansión das ideas revolucionarias, austríacos e prusianos
invadiron Francia en 1792. Realizáronse entón eleccións xerais por sufraxio universal
masculino; e formouse una nova Asemblea, chamada Convención, que aboliu a
monarquía e proclamou a república.
Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 3
3.3.- 1792-1804: A Primeira República Francesa
As diferenzas ideolóxicas dos revolucionarios deron lugar a formación de diferentes
grupos políticos como os xirondinos ou os xacobinos. Así, sucedéronse os seguintes
gobernos:
• A Convención (1792-1795): Foi un sistema no que unha Asemblea asumía todos
os poderes. Luís XVI e a súa muller (Mª Antonieta) foron executados na
guillotina (1793). Tomáronse medidas drásticas contra os inimigos da revolución
(aplicación do Terror). Estableceuse un réxime ditatorial dirixido por Robespierre
apoiado polos xacobinos e os sans culottes.
• O Directorio (1795-1799): foi un goberno (poder executivo) formado por cinco
membros. Estivo controlado polos xirondinos. Nas numerosas guerras contra os
reinos veciños destacou o xeneral Napoleón Bonaparte.
• O Consulado (1799-1804): En 1799, Napoleón deu un golpe de estado (18 de
brumario) e estableceu un goberno presidido por el, co título de Cónsul, pero sen
abolir a República. O seu prestixio continuou aumentando cos numerosos
triunfos militares. Napoleón pacificou Francia, centralizou o Estado, unificou os
códigos de xustiza (Código Napoleónico), reformou a educación e chegou a un
acordo co Papa (Condordato de 1801), quen recoñeceu ao seu goberno a cambio
de establecer o catolicismo como relixión da maioría dos franceses e soster
economicamente ao clero.
3.4.- 1804-1815: O imperio napoleónico
En 1804 Napoleón, aproveitándose dos seus éxitos militares e da concentración de
poderes nas súas mans proclamouse emperador.
• Francia converteuse nun imperio que iría medrando polas anexións de novos
territorios. Napoleón reorganizou o mapa europeo, colocando a membros da súa
familia á fronte de diferentes reinos veciños, e eliminando neses territorios as
institucións do Antigo Réxime. Pero a ocupación militar provocou o
rexeitamento neses países.
• Enfrontamento contra Inglaterra: derrota no mar (derrota de Trafalgar de 1805
na que a armada hispano-francesa foi derrotada pola inglesa), e fracasou no
intento de bloqueo continental a Inglaterra.
• Fracaso nas invasións de España e Rusia: en 1808 tentou conquistar Portugal,
Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 4
atravesando España; pero a presenza das tropas napoleónicas agravou a crise da
monarquía de Carlos IV, quen perdeu o trono por un golpe de estado dirixido polo
seu fillo Fernando VII. Aproveitando esta crise, Napoleón destituíu os Borbóns do
trono de España e nomeou rei a seu irmán Xosé I Bonaparte. Estes cambios non
foron aceptados pola maioría da sociedade española, que combatiu aos franceses
mediante unha guerra de guerrillas que desgastou as tropas invasoras. En 1812
Napoleón decidiu invadir Rusia pero esta invasión rematou nun fracaso.
• Fin do Imperio: Inglaterra, Rusia, Suecia, Prusia e Austria formaron unha gran
coalición antifrancesa. A finais de 1813 Napoleón foi derrotado en Leipzig,
perdendo todas as posesións do imperio. En 1814, Francia foi invadida e
Napoleón abdicou. En toda Europa e restaurouse o Antigo Réxime, volvendo ao
trono as vellas dinastías. Napoleón foi enviado a prisión na illa de Elba. En 1815
fuxiu e recuperou o goberno (Imperio dos cen días), pero foi derrotado
definitivamente en Waterloo. Encarcerado na illa inglesa de Santa Helena (no
medio do Atlántico), faleceu en 1821.
4. A RESTAURACIÓN ABSOLUTISTA
Tras a derrota de Napoleón, en toda Europa foron restauradas as monarquías
absolutas. Pero, a pesar da súa persecución, as forzas liberais loitaron por abolir o
absolutismo.
Os reinos vencedores de Napoleón, Austria, Prusia, Rusia e Gran Bretaña, reunidos
nun Congreso en Viena (1814-1815), adoptaron distintos acordo:
• Restableceron o Antigo Réxime repoñendo nos seus tronos aos monarcas
absolutos depostos polos franceses.
• Modificaron o trazado das fronteiras de Europa. Creáronse estados tapóns ao
redor de Francia: Reino dos Países Baixos (incluía Bélxica), Confederación
Helvética e o Reino de Piamonte-Sardeña; Noruega queda unida ao Reino de
Suecia; Rusia, Austria e Prusia repartíronse entre si territorios en Europa e Gran
Bretaña incrementou o seu imperio ultramarino.
Estes acordos baseáronse en tres principios: lexitimismo, que establece que só poidan
reinar as dinastías tradicionais e lexítimas; absolutismo, que derrogaba as leis e
reformas liberais; equilibrio internacional, para impedir que un reino sexa moito máis
poderoso que os demais.
Para asegurar a nova
situación Austria, Prusia
e Rusia asinaron o
Tratado da Santa
Alianza (1815), polo que
se comprometían a
prestarse axuda e a
intervir militarmente a
favor dun rei que
estivese presionado
polos liberais (caso de
España en 1823).
A figura clave da
Restauración foi o
chanceler austríaco
Metternich.
Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 5
5. AS VAGAS REVOLUCIONARIAS LIBERAIS
A pesar da restauración do absolutismo, as ideas liberais continuaron espallándose por
Europa. Os liberais co apoio da burguesía subleváronse contra os monarca
absolutos, dando orixe a tres vagas revolucionarias arredor dos anos 1820, 1830 e
1848.
• As revolucións de 1820 iniciáronse en España (onde Riego se levantou contra a
monarquía absoluta de Fernando VII), espallándose a Nápoles, Portugal ou Grecia,
que proclama a independencia do Imperio Turco en 1822.
• As revolucións de 1830 comezaron en Francia (onde a monarquía absoluta de
Carlos X de Borbón foi substituída pola liberal de Luís Filipe de Orleans) e
estendéronse a Bélxica, que logrou a independencia dos Países Baixos, Polonia,
estados italianos e alemáns.
• A vaga revolucionaria de
1848 (“primavera do
pobos”) mesturou ideais
liberais e nacionalistas.
Partiu de Francia, onde se
derrubou a monarquía de
Luís Filipe de Orleans e se
proclamou a Segunda
República, e tamén afectou
a Prusia, Austria e territorios
alemáns e italianos.
A mediados do século XIX, os
procesos revolucionarios só
lograron eliminar o Antigo Réxime
en Europa Occidental. En cambio,
en Europa Central púxose de
manifesto a forza crecente dos
nacionalismos.
6. NACIONALISMOS E NOVOS ESTADOS EN EUROPA
Desde finais do século XVIII, xurdiron en Europa movementos nacionalistas que deron
lugar á formación de novos Estados. O nacionalismo estendeuse, sobre todo, por
territorios que estaban sometidos a un poder estranxeiro ou por aqueles que aspiraban a
formar un estado político independente.
6.1. NACIÓN E NACIONALISMO
A revolución liberal trouxo consigo a aparición do concepto de soberanía nacional, o que
obrigou a precisar o termo:
• A nación considérase que é unha comunidade de individuos que vive nun
territorio e que ten a conciencia ou o sentimento de pertencer a un colectivo
diferenciado. Aspectos como pertencer á mesma cultura, ter a mesma lingua ou
ser da mesma raza eran básicos no nacionalismo decimonónico.
• O nacionalismo é unha corrente política que considera a propia colectividade
como unha nación, cun Estado independente, e defende os seus intereses fronte
aos demais. Pode adoptar diversas modalidades:
◦ Nacionalismo de afirmación, cando os nacionalistas loitan por conseguir que
Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 6
a súa comunidade sexa considerada como unha nación e por formar un
Estado independente.
▪ Este proceso pode levar a separación dun Estado máis amplo
(nacionalismo separatista)
▪ Mediante a unión das distintas fraccións da nación repartidas entre
diversos estados (nacionalismo de unificación);
◦ Nacionalismo de consolidación ou de Estado, aqueles nacionalismos que
defenden a integridade, os valores e o engrandecemento do seu Estado-
Nación independente.
6.2. A UNIFICACIÓN ITALIANA
Tras o Congreso de Viena, a península italiana quedou dividida en sete estados: os
Estados Pontificios, gobernados polo Papa; o reino Lombardo-Veneto dominado por
Austria ; Módena e Toscana en mans de príncipes austríacos ; Parma e o reino das
Dúas Sicilias gobernados por membros da dinastía Borbón, e o reino de Piemonte-
Sardeña no que reinaban os Savoia, unha dinastía de orixe italiana .
O desexo de formar unha única nación estaba moi estendido e contaba co apoio de
intelectuais, políticos e artistas (Manzzini, Verdi...), pero tamén había razóns
económicas pola necesidade de unificar o norte industrial co sur agrícola.
Nas revolucións de 1820, 1830 e 1848, os liberais tentaron eliminar o absolutismo e
facilitar a unificación, pero fracasaron. Só no reino de Piemonte-Sardeña lograron
establecer en 1849 unha monarquía constitucional con Víctor Manuel II. A partir de
entón, o proceso de unificación organizouse en torno a este reino e estivo dirixido
polo presidente do seu goberno, Camilo Benso, conde de Cavour.
O proceso de unificación foi rápido grazas á combinación da diplomacia
internacional, as accións do exército de Piemonte e o labor dos camisas vermellas
dirixidos por Garibaldi. O proceso realizouse en varias fases: entre 1859-1860, Víctor
Manuel II incorporou Lombardía e os ducados centrais, mentres que Garibaldi
conquistaba o reino das Dúas Sicilias; en 1861 creouse o reino de Italia; en 1866
produciuse a anexión do Véneto e a unificación culmina en 1870 coa entrada en Roma
das tropas de Víctor Manuel e a desaparición dos Estados Pontificios. Comezou dende
aquela a chamada “Cuestión romana”.
Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 7
6.3. A UNIFICACIÓN ALEMÁ
No Congreso de Viena constituíuse a Confederación Xermánica, formada por 39
Estados, na que destacaban o reino de Prusia e o imperio austríaco. A pesar da
fragmentación, entre os alemáns había unha forte idea de unirse nunha nación. O
precedente da unión de alfándegas (Zollverein) en 1834 axudou nese obxectivo.
As propostas de unificación chocaban coa oposición dos gobernantes e co dilema de
incluír ou non a Austria. Prusia foi o motor da unificación. En 1862, o rei Guillerme I de
Prusia nomeou chanceler a Otto von Bismarck quen foi o verdadeiro arquitecto da
unificación. Para alcanzala, emprendeu tres guerras vitoriosas:
• A primeira (1864), aliada con Austria, contra Dinamarca para anexionarse os
territorios daneses habitados por alemáns.
• A segunda (1866) contra Austria para excluíla da unificación.
• A terceira (1870) contra Francia para cohesionar aos alemáns e anexionarse os
territorios franceses de Alsacia e a Lorena.
En 1871, no palacio francés de Versalles, Guillerme I foi proclamado emperador (Káiser)
de Alemaña. Nacía o II Imperio Alemán (II Reich).
6.4. NACIONALISMOS NA EUROPA DANUBIANA E BALCÁNICA
A comezos do século XIX, a conca do Danubio e os Balcáns estaban dominados por
dous imperios: o austríaco e o turco. Pero neses territorios vivían numerosas etnias
que desexaban crear os seus propios estados.
• A formación do Imperio austrohúngaro. As ideas nacionalistas e liberais foron
espallándose polo imperio austríaco. Na revolución de 1848 os húngaros
proclamaron a súa independencia, pero foron sometidos polos austríacos. No
entanto, e tras longas negociacións, en 1867 o imperio quedou dividido en dúas
partes autónomas: unha controlada por Austria e outra por Hungría, pero
mantendo un único emperador. Nacía o imperio austrohúngaro.
Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 8
• Os novos estados dos Balcáns. Na zona controlada polo imperio turco, as
reivindicacións nacionalistas e as actuacións de Austria e Rusia provocaron a
formación de principados e reinos. Dende principios do século XIX e sobre todo
dende o Congreso de Berlín (1878) establecéronse importantes cambios que
reduciron considerablemente o dominio turco en Europa: Montenegro, Serbia e
Grecia e Romanía convertíanse en estados independentes; Bosnia-
Hercegovina pasaba a depender do Imperio Austrohúngaro; Bulgaria
convertíase en principado autónomo dependente dos turcos ata obter a
independencia no ano 1908.
Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 9
7.- NEOCLASICISMO
Características xerais do Neoclasicismo:
● Os artistas imitan a arte grega e romana.
● Descubrimento das ruínas de Pompeia.
● París: centro artístico.
ARQUITECTURA:
• Uso de arcos de medio punto, frontóns, grandes cúpulas, ordes clásicas.
• Artistas/arquitectos: Soufflot (Francia), Villanueva (España), Schinkel e Langhans
(Alemaña). Porta de Brandeburgo Langhans
ESCULTURA:
● Esculturas que se inspiran nas formas e no canon greco-romano.
● Temas mitolóxicos.
● Escultores: Canova e Thorwaldsen
PINTURA:
● Predominio dos temas históricos
● Dominio do debuxo sobre a cor
● Pintores: Ingres, David, Madrazo, Mengs
Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 10

More Related Content

What's hot

Transición e democracia en España
Transición e democracia en EspañaTransición e democracia en España
Transición e democracia en EspañaAgrela Elvixeo
 
Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo Agrela Elvixeo
 
Unidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democraciaUnidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democraciaAgrela Elvixeo
 
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónicaUnidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónicaAgrela Elvixeo
 
Tema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismoTema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismorubempaul
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)rubempaul
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7aialo1
 
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismo
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismoEspaña e Galicia no XIX. A construción do liberalismo
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismoAgrela Elvixeo
 
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)Agrela Elvixeo
 
UDI 2 O nacemento dunha nova era
UDI 2 O nacemento dunha nova era  UDI 2 O nacemento dunha nova era
UDI 2 O nacemento dunha nova era EvaPaula
 
T E M A 1 Antigo RéXime
T E M A 1  Antigo  RéXimeT E M A 1  Antigo  RéXime
T E M A 1 Antigo RéXimecamposseijo
 
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeUnidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeAgrela Elvixeo
 
Tema 1 O século da razón
Tema 1 O século da razónTema 1 O século da razón
Tema 1 O século da razónrubempaul
 
Tema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerrasTema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerrasrubempaul
 
Tema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo RégimenTema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo RégimenDudas-Historia
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)rubempaul
 

What's hot (20)

Transición e democracia en España
Transición e democracia en EspañaTransición e democracia en España
Transición e democracia en España
 
Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo
 
Tema 9. O Franquismo
Tema 9. O FranquismoTema 9. O Franquismo
Tema 9. O Franquismo
 
Unidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democraciaUnidade 10.España en democracia
Unidade 10.España en democracia
 
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónicaUnidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
Unidade 6. Estado e nación na Restauración borbónica
 
Tema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismoTema 4 Estado burgués e imperialismo
Tema 4 Estado burgués e imperialismo
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismo
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismoEspaña e Galicia no XIX. A construción do liberalismo
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismo
 
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
Tema 7. España no primeiro terzo do século XX (1902-1939)
 
UDI 2 O nacemento dunha nova era
UDI 2 O nacemento dunha nova era  UDI 2 O nacemento dunha nova era
UDI 2 O nacemento dunha nova era
 
T E M A 1 Antigo RéXime
T E M A 1  Antigo  RéXimeT E M A 1  Antigo  RéXime
T E M A 1 Antigo RéXime
 
O franquismo
O franquismoO franquismo
O franquismo
 
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeUnidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
 
Tema 1 O século da razón
Tema 1 O século da razónTema 1 O século da razón
Tema 1 O século da razón
 
Tema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerrasTema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerras
 
Tema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo RégimenTema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo Régimen
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
 
Tema 4 a españa do século XIX
Tema 4 a españa do século XIXTema 4 a españa do século XIX
Tema 4 a españa do século XIX
 
Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9
 

Similar to Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo

Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdfUnidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdfvelazquezturnesnieves
 
Esquema Unidade 3
Esquema Unidade 3Esquema Unidade 3
Esquema Unidade 3David
 
U2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución FrancesaU2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución Francesaaialo1
 
Revolucións políticas liberais
Revolucións políticas liberaisRevolucións políticas liberais
Revolucións políticas liberaisHumberto Martínez
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoTema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoDudas-Historia
 
Tema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberalTema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberalcamposseijo
 
Tema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberalTema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberalcamposseijo
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointsilvanarisitas
 
L iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberaisL iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberaisMANEIRO
 

Similar to Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo (20)

Liberalismo e nacionalismo
Liberalismo e nacionalismoLiberalismo e nacionalismo
Liberalismo e nacionalismo
 
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdfUnidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf
 
2. o liberalismo político
2. o liberalismo político2. o liberalismo político
2. o liberalismo político
 
O liberalismo político
O liberalismo políticoO liberalismo político
O liberalismo político
 
UNIDADE 2 - 4º E.S.O.
UNIDADE 2 - 4º E.S.O.UNIDADE 2 - 4º E.S.O.
UNIDADE 2 - 4º E.S.O.
 
Esquema Unidade 3
Esquema Unidade 3Esquema Unidade 3
Esquema Unidade 3
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
U2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución FrancesaU2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución Francesa
 
U2 av
U2 avU2 av
U2 av
 
Revolucións políticas liberais
Revolucións políticas liberaisRevolucións políticas liberais
Revolucións políticas liberais
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
 
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoTema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
 
Tema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberalTema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberal
 
Tema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberalTema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberal
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power point
 
Tema3
Tema3Tema3
Tema3
 
L iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberaisL iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberais
 
4. As RevolucióNs Liberais.
4. As RevolucióNs Liberais.4. As RevolucióNs Liberais.
4. As RevolucióNs Liberais.
 

More from rubempaul

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptrubempaul
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacementorubempaul
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova erarubempaul
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasrubempaul
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónrubempaul
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...rubempaul
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisrubempaul
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciariorubempaul
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidadesrubempaul
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedadesrubempaul
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primariorubempaul
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundariorubempaul
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundorubempaul
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLArubempaul
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASrubempaul
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INErubempaul
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)rubempaul
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galiciarubempaul
 
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...rubempaul
 
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade MediaTema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Mediarubempaul
 

More from rubempaul (20)

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacemento
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerras
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciario
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
 
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de GaliciaTema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
Tema 8 (2º ESO): A Península Ibérica na Idade Media. O Reino de Galicia
 
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
Tema 7 (2º ESO): Renovación e crise no mundo feudal. A Plena e a Baixa Idade ...
 
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade MediaTema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
Tema 6 (2º ESO): A Alta Idade Media
 

Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo

  • 1. TEMA 2 REVOLUCIÓNS LIBERAIS, RESTAURACIÓN E NACIONALISMO 1.- O LIBERALISMO O liberalismo é unha ideoloxía e unha práctica política que defende a liberdade como principio básico de todas as actividades humanas. Xurdiu a finais do século XVIII e constituíu a base dos programas das revolucións burguesas que trataban de eliminar o sistema do Antigo Réxime. Estas revolucións afectaron a Europa e América nas décadas finais do século XVIII e as iniciais do XIX. 1.1.- Principios xurídicos, políticos e económicos • O individuo como base sobre a que se deben establecer as relacións políticas, sociais e económicas; o interese individual está por riba de calquera grupo ou clase. • Existencia de dereitos e liberdades individuais que toda sociedade debe defender e protexer: dereito á vida, á liberdade individual, propiedade, liberdade de expresión, de reunión,.... • A liberdade de mercado sen intervención económica do Estado. • A propiedade individual, garantida e protexida pola lei. • A igualdade xurídica de todas as persoas ante a lei, eliminando calquera privilexio. • Participación política dos cidadáns mediante a elección dos seus representantes (dereito ao voto ou sufraxio). • Soberanía nacional, a soberanía reside na nación formada polo conxunto de cidadáns que viven nun país. • A separación de poderes de acordo coa función que desempeñan: executivo (goberno), lexislativo (parlamentos) e xudicial (tribunais). • A constitución ou lei suprema na que se recollan por escrito os dereitos, as liberdades e as bases do réxime político vixente. • O Estado de Dereito ou sometemento de todas as institucións e individuos ás leis vixentes. 1.2.- As tendencias do liberalismo As diferenzas sobre a concesión de determinados dereitos e liberdades provocaron, no século XIX, a división en dúas tendencias: • O liberalismo doutrinario ou conservador que defendía que unicamente tiñan dereito a participación política os cidadáns con certo nivel de riqueza (sufraxio censatario). • O liberalismo democrático, de tendencia progresista, que defendía a participación política de todos os cidadáns maiores de idade (sufraxio universal), que é a base da democracia. 2.- INDEPENDENCIA E REVOLUCIÓN EN EE.UU A primeira revolución liberal desenvolveuse nas colonias inglesas de América do Norte. En 1776, as 13 colonias proclamaron a súa independencia de Inglaterra e Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 1
  • 2. construíron un novo modelo político baseado nos principios liberais. 2.1.- As causas da rebelión Desde principios do século XVII, a franxa costeira de América do Norte (leste) foi ocupada por colonos ingleses. Tiñan certo autogoberno, limitado polas leis que lles obrigaban a comerciar obrigatoriamente coa metrópole (Inglaterra), pero unha serie de causas fixeron que a ideas de independencia fose gañando partidarios entre os colonos: 1.- O Parlamento inglés aumentou a partir de 1763 os impostos ás colonias. Os colonos opuxéronse á suba e Inglaterra castigou aos rebeldes. Esta situación provocou actos de protesta como o Motín do Té de Boston (1773). 2.- Durante o XVIII as trece colonias acadaran unha gran prosperidade económica pero carecían de representantes políticos no Parlamento de Londres. 3.- As ideas ilustradas de igualdade e liberadade fóronse extendendo polas colonias. 2.2.- A Declaración de Independencia e a guerra En 1775 producíronse os primeiros enfrontamentos entre a metrópole e as colonias. Ao mesmo tempo que facían a guerra contra os ingleses cada colonia converteuse nun Estado con goberno propio, organizando segundo os principios liberais recollidos en declaracións de dereitos, como a redactada en Virxinia. O 4 de xullo de 1776, as 13 colonias fixeron a Declaración de Independencia, redactada por Tomas Jefferson, pola que nacían os EE UU. A guerra foi longa e desigual. As tropas norteamericanas, formadas por voluntarios e que recibiron a axuda de Francia e España, enfrontáronse aos exércitos británicos. Os resultados adversos obrigaron a Gran Bretaña a asinar a paz e recoñecer a independencia dos EE UU en 1783 (Paz de Versalles). 2.3.- O novo modelo político Paralelamente á guerra, cada colonia converteuse nun Estado con goberno, leis e constitución propias e diferentes. En 1787, os 13 estados pactaron a creación dunha república federal na que cada Estado conservaba gran parte da súa soberanía, pero cedía competencias a un goberno central ou federal dirixido por un presidente. Os principios sobre os que se debía sustentar a nova república foron instaurados na Constitución dos EE UU na que se promulgada a separación de poderes e se establecían os dereitos dos cidadáns. No ano 1789 foi elixido como 1º presidente dos EE UU George Washington. A influencia dos acontecementos americanos foi enorme. Os EE UU foron as primeiras colonias en independizarse da súa metrópole e o primeiro país onde se implantou un novo réxime baseado nos principios liberais. 3.- A REVOLUCIÓN FRANCESA E O IMPERIO NAPOLEÓNICO Entre 1789 e 1815 toda Europa viuse sacudida polo desenvolvemento da Revolución Francesa e a formación do imperio napoleónico. Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 2
  • 3. 3.1.- 1789: O inicio da revolución e as súas causas Entre as causas xerais que provocaron a revolución destacan as: • Económicas: A creba financeira da monarquía francesa polos gastos da corte a os conflitos bélicos. Tamén os anos anteriores á revolución foran anos de malas colleitas e de suba dos prezos dos produtos básicos. • Sociais: A tensión social existente en Francia era moi forte, pois todos os estamentos reclamaban cambios e amosaban as súas queixas sobre a situación vixente, especialmente a burguesía que reclamaba poder político. • Políticas: O goberno de Luís XVI amosábase incapaz de solucionar os problemas. • Ideolóxicas: A difusión das ideas ilustradas e o impacto da revolución americana na sociedade francesa. O inicio da revolución desenvolveuse do seguinte xeito: • A negativa dos privilexiados a pagar impostos obrigou ao rei a convocar os Estados Xerais, a asemblea de representantes dos tres estamentos, que era a única que podía aprobar novos impostos (non se reunía desde 1614). • Na reunión dos Estados Xerais en París, os representantes do Terceiro estamento esixiron que as reunións fosen conxuntas e que se votase por individuos e non por estamentos. O seu obxectivo era facerse co control das decisións que tomasen, pois eran a maioría numérica; pero se o voto era por estamentos, terían o control a nobreza e o clero. Os privilexiados opuxéronse. • A formación da Asemblea Nacional. Ante a negativa dos privilexiados, os representantes do Terceiro estamento decidiron formar unha Asemblea Nacional á que consideraron como a única representación lexítima da nación francesa e a única que podería lexislar. Esta decisión era revolucionaria, pois alteraba as bases tradicionais do poder. O rei intentou disolvela pero non foi capaz. • As masas populares de París o 14 de xullo de 1789 asaltaron a Bastilla (feito detonante da revolución), o cárcere real considerado como símbolo da arbitrariedade do rei. • No mundo rural, as noticias dos acontecementos e o medo ás represalias dos privilexiados provocaron unha vaga de medo e ataques ás propiedades da nobreza (Grand Peur). 3.2.- 1789-1792: A monarquía constitucional Co triunfo popular (do Terceiro Estado) desapareceu o poder absoluto do rei. A Asemblea Nacional comezou a gobernar e aprobar novas leis: • Abolición do réxime feudal (1789), eliminando os impostos e dereitos dos señores sobre o campesiñado, tamén o décimo. • A Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán (1789): na que se recoñeceron dereitos como a liberdade, a igualdade ante a lei, propiedade individual... • A primeira constitución francesa de 1791 que establecía, como forma de goberno a monarquía constitucional baseada na soberanía nacional e na separación de poderes, conservando o rei o poder executivo. O rei conspiraba contra estas medidas liberais, mesmo tentou fuxir de Francia (Fuga de Varennes). Ante o temor á expansión das ideas revolucionarias, austríacos e prusianos invadiron Francia en 1792. Realizáronse entón eleccións xerais por sufraxio universal masculino; e formouse una nova Asemblea, chamada Convención, que aboliu a monarquía e proclamou a república. Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 3
  • 4. 3.3.- 1792-1804: A Primeira República Francesa As diferenzas ideolóxicas dos revolucionarios deron lugar a formación de diferentes grupos políticos como os xirondinos ou os xacobinos. Así, sucedéronse os seguintes gobernos: • A Convención (1792-1795): Foi un sistema no que unha Asemblea asumía todos os poderes. Luís XVI e a súa muller (Mª Antonieta) foron executados na guillotina (1793). Tomáronse medidas drásticas contra os inimigos da revolución (aplicación do Terror). Estableceuse un réxime ditatorial dirixido por Robespierre apoiado polos xacobinos e os sans culottes. • O Directorio (1795-1799): foi un goberno (poder executivo) formado por cinco membros. Estivo controlado polos xirondinos. Nas numerosas guerras contra os reinos veciños destacou o xeneral Napoleón Bonaparte. • O Consulado (1799-1804): En 1799, Napoleón deu un golpe de estado (18 de brumario) e estableceu un goberno presidido por el, co título de Cónsul, pero sen abolir a República. O seu prestixio continuou aumentando cos numerosos triunfos militares. Napoleón pacificou Francia, centralizou o Estado, unificou os códigos de xustiza (Código Napoleónico), reformou a educación e chegou a un acordo co Papa (Condordato de 1801), quen recoñeceu ao seu goberno a cambio de establecer o catolicismo como relixión da maioría dos franceses e soster economicamente ao clero. 3.4.- 1804-1815: O imperio napoleónico En 1804 Napoleón, aproveitándose dos seus éxitos militares e da concentración de poderes nas súas mans proclamouse emperador. • Francia converteuse nun imperio que iría medrando polas anexións de novos territorios. Napoleón reorganizou o mapa europeo, colocando a membros da súa familia á fronte de diferentes reinos veciños, e eliminando neses territorios as institucións do Antigo Réxime. Pero a ocupación militar provocou o rexeitamento neses países. • Enfrontamento contra Inglaterra: derrota no mar (derrota de Trafalgar de 1805 na que a armada hispano-francesa foi derrotada pola inglesa), e fracasou no intento de bloqueo continental a Inglaterra. • Fracaso nas invasións de España e Rusia: en 1808 tentou conquistar Portugal, Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 4
  • 5. atravesando España; pero a presenza das tropas napoleónicas agravou a crise da monarquía de Carlos IV, quen perdeu o trono por un golpe de estado dirixido polo seu fillo Fernando VII. Aproveitando esta crise, Napoleón destituíu os Borbóns do trono de España e nomeou rei a seu irmán Xosé I Bonaparte. Estes cambios non foron aceptados pola maioría da sociedade española, que combatiu aos franceses mediante unha guerra de guerrillas que desgastou as tropas invasoras. En 1812 Napoleón decidiu invadir Rusia pero esta invasión rematou nun fracaso. • Fin do Imperio: Inglaterra, Rusia, Suecia, Prusia e Austria formaron unha gran coalición antifrancesa. A finais de 1813 Napoleón foi derrotado en Leipzig, perdendo todas as posesións do imperio. En 1814, Francia foi invadida e Napoleón abdicou. En toda Europa e restaurouse o Antigo Réxime, volvendo ao trono as vellas dinastías. Napoleón foi enviado a prisión na illa de Elba. En 1815 fuxiu e recuperou o goberno (Imperio dos cen días), pero foi derrotado definitivamente en Waterloo. Encarcerado na illa inglesa de Santa Helena (no medio do Atlántico), faleceu en 1821. 4. A RESTAURACIÓN ABSOLUTISTA Tras a derrota de Napoleón, en toda Europa foron restauradas as monarquías absolutas. Pero, a pesar da súa persecución, as forzas liberais loitaron por abolir o absolutismo. Os reinos vencedores de Napoleón, Austria, Prusia, Rusia e Gran Bretaña, reunidos nun Congreso en Viena (1814-1815), adoptaron distintos acordo: • Restableceron o Antigo Réxime repoñendo nos seus tronos aos monarcas absolutos depostos polos franceses. • Modificaron o trazado das fronteiras de Europa. Creáronse estados tapóns ao redor de Francia: Reino dos Países Baixos (incluía Bélxica), Confederación Helvética e o Reino de Piamonte-Sardeña; Noruega queda unida ao Reino de Suecia; Rusia, Austria e Prusia repartíronse entre si territorios en Europa e Gran Bretaña incrementou o seu imperio ultramarino. Estes acordos baseáronse en tres principios: lexitimismo, que establece que só poidan reinar as dinastías tradicionais e lexítimas; absolutismo, que derrogaba as leis e reformas liberais; equilibrio internacional, para impedir que un reino sexa moito máis poderoso que os demais. Para asegurar a nova situación Austria, Prusia e Rusia asinaron o Tratado da Santa Alianza (1815), polo que se comprometían a prestarse axuda e a intervir militarmente a favor dun rei que estivese presionado polos liberais (caso de España en 1823). A figura clave da Restauración foi o chanceler austríaco Metternich. Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 5
  • 6. 5. AS VAGAS REVOLUCIONARIAS LIBERAIS A pesar da restauración do absolutismo, as ideas liberais continuaron espallándose por Europa. Os liberais co apoio da burguesía subleváronse contra os monarca absolutos, dando orixe a tres vagas revolucionarias arredor dos anos 1820, 1830 e 1848. • As revolucións de 1820 iniciáronse en España (onde Riego se levantou contra a monarquía absoluta de Fernando VII), espallándose a Nápoles, Portugal ou Grecia, que proclama a independencia do Imperio Turco en 1822. • As revolucións de 1830 comezaron en Francia (onde a monarquía absoluta de Carlos X de Borbón foi substituída pola liberal de Luís Filipe de Orleans) e estendéronse a Bélxica, que logrou a independencia dos Países Baixos, Polonia, estados italianos e alemáns. • A vaga revolucionaria de 1848 (“primavera do pobos”) mesturou ideais liberais e nacionalistas. Partiu de Francia, onde se derrubou a monarquía de Luís Filipe de Orleans e se proclamou a Segunda República, e tamén afectou a Prusia, Austria e territorios alemáns e italianos. A mediados do século XIX, os procesos revolucionarios só lograron eliminar o Antigo Réxime en Europa Occidental. En cambio, en Europa Central púxose de manifesto a forza crecente dos nacionalismos. 6. NACIONALISMOS E NOVOS ESTADOS EN EUROPA Desde finais do século XVIII, xurdiron en Europa movementos nacionalistas que deron lugar á formación de novos Estados. O nacionalismo estendeuse, sobre todo, por territorios que estaban sometidos a un poder estranxeiro ou por aqueles que aspiraban a formar un estado político independente. 6.1. NACIÓN E NACIONALISMO A revolución liberal trouxo consigo a aparición do concepto de soberanía nacional, o que obrigou a precisar o termo: • A nación considérase que é unha comunidade de individuos que vive nun territorio e que ten a conciencia ou o sentimento de pertencer a un colectivo diferenciado. Aspectos como pertencer á mesma cultura, ter a mesma lingua ou ser da mesma raza eran básicos no nacionalismo decimonónico. • O nacionalismo é unha corrente política que considera a propia colectividade como unha nación, cun Estado independente, e defende os seus intereses fronte aos demais. Pode adoptar diversas modalidades: ◦ Nacionalismo de afirmación, cando os nacionalistas loitan por conseguir que Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 6
  • 7. a súa comunidade sexa considerada como unha nación e por formar un Estado independente. ▪ Este proceso pode levar a separación dun Estado máis amplo (nacionalismo separatista) ▪ Mediante a unión das distintas fraccións da nación repartidas entre diversos estados (nacionalismo de unificación); ◦ Nacionalismo de consolidación ou de Estado, aqueles nacionalismos que defenden a integridade, os valores e o engrandecemento do seu Estado- Nación independente. 6.2. A UNIFICACIÓN ITALIANA Tras o Congreso de Viena, a península italiana quedou dividida en sete estados: os Estados Pontificios, gobernados polo Papa; o reino Lombardo-Veneto dominado por Austria ; Módena e Toscana en mans de príncipes austríacos ; Parma e o reino das Dúas Sicilias gobernados por membros da dinastía Borbón, e o reino de Piemonte- Sardeña no que reinaban os Savoia, unha dinastía de orixe italiana . O desexo de formar unha única nación estaba moi estendido e contaba co apoio de intelectuais, políticos e artistas (Manzzini, Verdi...), pero tamén había razóns económicas pola necesidade de unificar o norte industrial co sur agrícola. Nas revolucións de 1820, 1830 e 1848, os liberais tentaron eliminar o absolutismo e facilitar a unificación, pero fracasaron. Só no reino de Piemonte-Sardeña lograron establecer en 1849 unha monarquía constitucional con Víctor Manuel II. A partir de entón, o proceso de unificación organizouse en torno a este reino e estivo dirixido polo presidente do seu goberno, Camilo Benso, conde de Cavour. O proceso de unificación foi rápido grazas á combinación da diplomacia internacional, as accións do exército de Piemonte e o labor dos camisas vermellas dirixidos por Garibaldi. O proceso realizouse en varias fases: entre 1859-1860, Víctor Manuel II incorporou Lombardía e os ducados centrais, mentres que Garibaldi conquistaba o reino das Dúas Sicilias; en 1861 creouse o reino de Italia; en 1866 produciuse a anexión do Véneto e a unificación culmina en 1870 coa entrada en Roma das tropas de Víctor Manuel e a desaparición dos Estados Pontificios. Comezou dende aquela a chamada “Cuestión romana”. Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 7
  • 8. 6.3. A UNIFICACIÓN ALEMÁ No Congreso de Viena constituíuse a Confederación Xermánica, formada por 39 Estados, na que destacaban o reino de Prusia e o imperio austríaco. A pesar da fragmentación, entre os alemáns había unha forte idea de unirse nunha nación. O precedente da unión de alfándegas (Zollverein) en 1834 axudou nese obxectivo. As propostas de unificación chocaban coa oposición dos gobernantes e co dilema de incluír ou non a Austria. Prusia foi o motor da unificación. En 1862, o rei Guillerme I de Prusia nomeou chanceler a Otto von Bismarck quen foi o verdadeiro arquitecto da unificación. Para alcanzala, emprendeu tres guerras vitoriosas: • A primeira (1864), aliada con Austria, contra Dinamarca para anexionarse os territorios daneses habitados por alemáns. • A segunda (1866) contra Austria para excluíla da unificación. • A terceira (1870) contra Francia para cohesionar aos alemáns e anexionarse os territorios franceses de Alsacia e a Lorena. En 1871, no palacio francés de Versalles, Guillerme I foi proclamado emperador (Káiser) de Alemaña. Nacía o II Imperio Alemán (II Reich). 6.4. NACIONALISMOS NA EUROPA DANUBIANA E BALCÁNICA A comezos do século XIX, a conca do Danubio e os Balcáns estaban dominados por dous imperios: o austríaco e o turco. Pero neses territorios vivían numerosas etnias que desexaban crear os seus propios estados. • A formación do Imperio austrohúngaro. As ideas nacionalistas e liberais foron espallándose polo imperio austríaco. Na revolución de 1848 os húngaros proclamaron a súa independencia, pero foron sometidos polos austríacos. No entanto, e tras longas negociacións, en 1867 o imperio quedou dividido en dúas partes autónomas: unha controlada por Austria e outra por Hungría, pero mantendo un único emperador. Nacía o imperio austrohúngaro. Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 8
  • 9. • Os novos estados dos Balcáns. Na zona controlada polo imperio turco, as reivindicacións nacionalistas e as actuacións de Austria e Rusia provocaron a formación de principados e reinos. Dende principios do século XIX e sobre todo dende o Congreso de Berlín (1878) establecéronse importantes cambios que reduciron considerablemente o dominio turco en Europa: Montenegro, Serbia e Grecia e Romanía convertíanse en estados independentes; Bosnia- Hercegovina pasaba a depender do Imperio Austrohúngaro; Bulgaria convertíase en principado autónomo dependente dos turcos ata obter a independencia no ano 1908. Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 9
  • 10. 7.- NEOCLASICISMO Características xerais do Neoclasicismo: ● Os artistas imitan a arte grega e romana. ● Descubrimento das ruínas de Pompeia. ● París: centro artístico. ARQUITECTURA: • Uso de arcos de medio punto, frontóns, grandes cúpulas, ordes clásicas. • Artistas/arquitectos: Soufflot (Francia), Villanueva (España), Schinkel e Langhans (Alemaña). Porta de Brandeburgo Langhans ESCULTURA: ● Esculturas que se inspiran nas formas e no canon greco-romano. ● Temas mitolóxicos. ● Escultores: Canova e Thorwaldsen PINTURA: ● Predominio dos temas históricos ● Dominio do debuxo sobre a cor ● Pintores: Ingres, David, Madrazo, Mengs Dpto. Xeografía e Historia Tema 2 Páx. 10