SlideShare a Scribd company logo
1 of 32
TEMA 13

O IMPERIO ROMANO
                   1º ESO
INTRODUCIÓN
●   Roma foi, durante moito tempo, unha pequena cidade da Península Itálica gobernada
    por unha monarquía. Pero no século VI a.C., os seus habitantes expulsaron os reis e
    constituíronse en República.
●   Despois de numerosas guerras, Roma fíxose dona das terras que rodeaban o
    Mediterráneo desde a Península Ibérica ata Oriente, convertendo este mar no Mare
    Nostrum.
●   Finalizado o período de conquistas, Roma transformouse nun Imperio. Os séculos I e
    II d.C. foron os de pax romana, época na que o Imperio acadou a súa máxima
    prosperidade.
●   A partir do século I d.C., os romanos dominaron o mundo e espallaron a súa cultura e
    mais a súa lingua: o latín.
●   A partir do século III, o Imperio entrou en crise e sufriu os ataques dos pobos
    bárbaros. No ano 476, a cidade de Roma foi conquistada e o Imperio romano
    desapareceu.
1
                   AS ORIXES DE ROMA


Os romanos explicaron as orixes da súa cidade a partir de lendas ou relatos
míticos, que lle atribuían a súa fundación á vontade de deuses e heroes.
Contan que Rómulo e Remo, descendentes do troiano Eneas, fundaron a
cidade de Roma no ano 753 a.C.
A ORIXE HISTÓRICA
●   No primeiro milenio a.C., a Península Itálica
    estaba ocupada por diferentes pobos:
    –   No centro habitaban os latinos, sabinos e
        sammitas, pobos de agricultores e pastores.
    –   No Norte residían os etruscos.
    –   O Sur fora colonizado polos gregos (Magna
        Grecia).
●   A mediados do século VIII a.C., algunhas tribos
    de latinos agrupáronse ás beiras do río Tíber.
    Estes poboadores instaláronse no monte Palatino.
●   Máis adiante, para protexérense das frecuentes
    inundacións e dos seus inimigos, os latinos
    ocuparon os sete outeiros próximos ao Tíber,
    onde levantaron os primeiros poboados que anos
    máis tarde deron lugar a unha cidade que se
    chamaría Roma.
●   Ao principio, os romanos vivían unicamente da
    agricultura e mais da gandaría. Pero Roma pronto
    se converteu nun importante enclave comercial.
A ÉPOCA DA MONARQUÍA
                      (753-509 a.C.)
●   Desde a súa fundación, Roma foi gobernada
    por unha monarquía. O rei tiña os máximos
    poderes: administraba xustiza, dirixía o
    exército e era o sumo sacerdote. Gobernaba
    coa axuda dun Senado, composto por
    patricios, isto é, os membros das grandes
    familias aristocráticas.
●   Roma tivo sete reis; os catro primeiros, de
    orixe latina, e os tres últimos, etruscos, un
    pobo que dominou e ocupou o territorio do
    Lacio.
●   Baixo a influencia etrusca, a cidade de
    Roma engrandeceuse e edificáronse
    pontes, acuedutos e templos. Construíuse
    unha rede de sumidoiros, a Cloaca Máxima,
    e unha muralla ao redor dos sete outeiros.
●   Durante toda esta etapa, a base da
    economía foron a agricultura e a gandaría,
    aínda que na cidade se estableceron
    numerosos artesáns e comerciantes.
2
A ROMA REPUBLICANA
    (509-27 a.C.)
PATRICIOS E PLEBEOS
●   Desde os tempos da monarquía, os cidadáns romanos dividíanse en dous
    grupos sociais:
●   Os patricios, formados por unha minoría de familias aristocráticas que se
    consideraban descendentes dos fundadores de Roma. Agrupábanse en
    grandes familias con antepasados comúns (gens), eran propietarios de terras
    e mais de gando, e gobernaban a cidade.
●   Os plebeos, integrados por todos os que chegaran á cidade posteriormente
    á súa fundación. Eran o grupo máis numeroso e estaba formado por
    campesiños, artesáns e comerciantes. Non tiñan propiedades territoriais e
    carecían de dereitos políticos.
●   No ano 509 a.C., as familias patricias de Roma aliáronse cos plebeos para
    rematar co derradeiro monarca etrusco: Tarquinio o Soberbio. Roma
    converteuse nunha República.




                           Senatus Populusque Romanus
A LOITA POLA IGUALDADE
●   Nos primeiros tempos da República, os patricios formaron un goberno
    aristocrático. Os plebeos carecían de dereitos políticos, aínda que debían pagar
    impostos e formar parte do exército.
●   Os plebeos loitaron por obter os mesmos dereitos dos que gozaban os patricios.
    No século V a.C. conseguiron un representante que defendía os seus intereses, o
    Tribuno da plebe e a Lei das Doce Táboas (lei da igualdade romana), e máis
    adiante o acceso aos cargos públicos.
●   Estas leis igualaban en dereitos aos patricios e mais aos plebeos, e
    convertíanos en cidadáns romanos. No entanto, as mulleres quedaban excluídas
    da cidadanía ao igual que os estranxeiros
●   Os escravos, moi numerosos en Roma, non gozaban de ningún dereito e
    pertencían ao seu amo. Se este lles concedía a liberdade, convertíanse en
    libertos.
ASEMBLEAS E MAXISTRADOS DA
            REPÚBLICA
●   O goberno da República quedou organizado
    en tres institucións:
     –   Os comicios: xuntanza en asemblea para
         votaren as leis e elixiren os maxistrados.
     –   Os      maxistrados:      eran elixidos
         anualmente e gobernaban a cidade. Os
         máis importantes eran os cónsules, que
         presidían as asembleas, convocaban o
         Senado e dirixían o exército.
     –   O Senado: formado por 300 antigos
         maxistrados, case todos patricios. Era o
         centro da vida política, ratificaba as leis
         aprobadas nos comicios e resolvía os
         asuntos de política exterior e finanzas.
●   Para poder asistir ás asembleas ou ser
    escollido maxistrado ou senador era necesario
    ter fortuna propia e ser recoñecido e
    respectado. Deste xeito, a República romana
    era máis unha oligarquía ca unha
    verdadeira democracia.
3
A CONQUISTA ROMANA DO MEDITERRÁNEO
A EXPANSIÓN DE ROMA
●   A República romana conquistou enormes territorios grazas ao crecemento da
    súa riqueza e a un numeroso e eficaz exército (lexións romanas).
    –   A expansión de Roma realizouse en distintas fases:
    –   Entre o 500 e o 250 a.C., a cidade de Roma conquistou a península Itálica.
    –   Entre o 264 e o 146 a.C., Roma enfrontouse, nas denominadas Guerras
        Púnicas, a Cartago, a potencia marítima que naquel momento dominaba o
        Mediterráneo. Logo da súa vitoria, os romanos impuxeron o seu dominio
        sobre todo o Mediterráneo occidental.
●   Entre os séculos II a.C. e II d.C., as lexións romanas conquistaron Grecia e o
    Mediterráneo oriental, e completaron a ocupación de Hispania, da Galia e de
    Britania en Occidente, así como dalgunhas provincias de Europa central.
A CRISE DA REPÚBLICA ROMANA
●   Entre os anos 133 e 44 a.C. produciuse en Roma a crise do sistema
    republicano. República representada polo Senado deixoulle paso a un
    goberno imperial rexido por un Emperador. Producíronse:
●   Conflitos sociais:
     –   As conquistas achegáronlle a Roma grandes riquezas, aínda que
         tamén orixinaron enormes desigualdades sociais. Gran parte dos
         campesiños arruináronse ao abandonaren as súas terras para servir no
         exército e non poderen competir cos grandes latifundios traballados por
         escravos. Moitos deles tiveron que vender as súas terras e trasladarse
         a Roma para intentar sobrevivir.
     –   As queixas desa plebe urbana deron lugar a conflitos sociais, como a       Espartaco
         revolta dirixida polos irmáns Graco (século II a.C.), en demanda dunha
         mellor repartición da riqueza e tamén revoltas de escravos, como a
         liderada por Espartaco (73-71 a.C.).
●   Guerras civís:
     –   Para arranxar a crise, o Senado e mais os maxistrados entregáronlles
         o poder a xefes militares, que se enfrontaron entre eles xerando
         violentas guerras civís e desestabilizaron politicamente a República.
     –   No ano 48 a.C., un destes militares, Xulio César, foi proclamado ditador
         perpetuo e asumiu os máximos poderes. Pero partidarios da
         República e patricios, que vían perigar o seu poder, asasinaron a
         César ás portas do Senado de Roma. Foi o primeiro paso cara á
         proclamación do Imperio.
                                                                                       César
4
O IMPERIO ROMANO

 (27 a.C – 476 d.C)
OCTAVIO AUGUSTO, EMPERADOR
●   Tras a morte de Xulio César, o seu fillo
    adoptivo Octavio venceu os seus rivais
    nunha guerra civil e converteuse no
    home máis poderoso de Roma. No ano
    27 a.C., o Senado concedeulle o título
    de Augusto, que significa "elixido polos
    deuses".
●   Augusto concentrou na súa persoa
    todos os poderes civís e militares e
    inaugurou un novo sistema de goberno:
    o Imperio. Foi nomeado xefe do exército
    co título de emperador.
●   Tamén foi designado gran pontífice, co
    que se converteu na primeira autoridade
    relixiosa. Ao morrer, Augusto foi
    divinizado (apoteose) e organizouse o
    culto    imperial.  Os     emperadores
    convertéronse en deuses aos que se lles
    debía render culto.
A ORGANIZACIÓN DO IMPERIO
●   A maioría de emperadores fóronse sucedendo de pai a fillo.
●   As institucións republicanas, como o Senado, os maxistrados e os comicios continuaron
    existindo, pero foron desposuídos das súas funcións.
●   O emperador designaba directamente todos os cargos importantes do Imperio. Un consello
    imperial aplicaba e transmitía as súas ordes
●   Os territorios que se incorporaron ao Imperio organizáronse en provincias, a cuxa fronte se
    colocaba un gobernador.
DOUS SÉCULOS DE PAX ROMANA
●   Ao longo dos séculos I e II d.C., o
    Imperio acadou a súa máxima
    expansión. Foi a época da pax
    romana, apenas houbo conflitos
    sociais e guerras exteriores, xa que un
    poderoso exército garantía a paz e
    defendía as fronteiras (limes) dos
    ataques dos pobos estranxeiros
    (barbari).
●   Foi unha época de prosperidade
    económica     que    favoreceu     o
    crecemento das cidades e o comercio.
●   En todo o Imperio se adoptou a
    lingua e mais a cultura latinas
    (romanización), e Roma converteuse
    nunha gran capital habitada por máis
    dun millón de persoas.
●   No ano 212, o emperador Caracalla
    concedeulles a cidadanía romana a
    todos os habitantes do Imperio.
5
A PROSPERIDADE AGRÍCOLA E COMERCIAL
AS EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS
●   Os    romanos        desevolveron       unha
    próspera agricultura e introduciron: o
    arado romano, muíños de gran,
    prensas de aceite e de viño, novos
    sistemas de regadío. Tamén iniciaron
    o cultivo de numerosos produtos
    (árbores froiteiras, oliveiras, vide, etc.).
●   Un terzo das terras conquistadas
    eran confiscadas por Roma e
    constituían o ager publicus. Unha parte
    deste era entregado a soldados
    licenciados do exército, que explotaban
    a terra para a súa propia subsistencia
    (convertíanse        en       pequenos
    campesiños), formando as chamadas
    colonias agrícolas.
●   Tamén foron habituais os latifundios,
                                                   Vila agrícola romana
    enormes extensións de terra propiedade
    de patricios ou de ricos comerciantes.
    Estas terras eran traballadas por
    escravos.
AS RELACIÓNS COMERCIAIS
    ●   Nos primeiros séculos do Imperio, o comercio entre as provincias viuse favorecido pola paz
        interna, a seguridade nas comunicacións e o aumento da produción.
    ●   Os romanos construíron calzadas que unían Roma con todas as provincias do Imperio. Agora
        ben, o comercio efectuábase esencialmente por mar.
    ●   Había unha moeda utilizable en todas as terras do Imperio, o axudou ao desenvolvemento
        comercial. Exemplos: Ás, denario, sextercio.




Hispania exportaba viño, o Norte de África, aceite, e Exipto, trigo. De Xermania e do Báltico chegaban peles, ámbar e
escravos. De África importaban marfil, ouro, animais para o circo, incenso e escravos. E da India e mais da China,
produtos de luxo como pedras preciosas, sedas e perfumes.
6
UNHA SOCIEDADE URBANA
OS GRUPOS SOCIAIS
●   A poboación romana da época imperial estaba
    constituída por dous grandes grupos: libres e escravos.
    Os homes libres podían ser cidadáns (cives) ou
    estranxeiros (peregrini). Estes últimos carecían de
    dereitos políticos.
●   Os homes libres gozaban da cidadanía romana: non
    pagaban impostos, tiñan dereitos políticos e estaban
    protexidos polas leis.
     –   Os privilexiados ou nobilitas: senadores, altos
         cargos do Imperio e plebeos moi ricos.
     –   Gozaban de boa posición os cabaleiros, os
         artesáns e os comerciantes
     –   Por debaixo a plebe, formada por campesiños e
         asalariados urbanos. Cando a plebe non tiña
         traballo, vivía das subvencións do Estado e
         contentábase coas diversións que este lle ofrecía
         (pan e circo).
                                                                Sociedade durante o Imperio
●   Escravos e libertos: Os escravos (por nacemento,
    conquista, débedas) eran moi numerosos e realizaban os
    traballos máis duros. O costume de liberar escravos fixo
    que aumentase o número de libertos.
●   As mulleres, sometidas aos homes, tiñan os dereitos
    limitados e non podían participar en política. Podían ser
    cidadás ou non cidadás.
AS CIDADES ROMANAS
●   Eran lugar de residencia das
    autoridades e da administración e
    centro económico onde se adoitaban
    realizar as actividades artesanais e
    comerciais.
●   Ao longo de todo o Imperio
    fundáronse centos de cidades
    cunha estrutura semellante. Sobre
    unha       planta        cuadrangular
    salientaban dúas rúas principais en
    dirección Norte-Sur (cardo), e Leste-
    Oeste (decumano). Todas elas
    estaban protexidas por murallas e
    acollían unha praza, o foro, que era
    o centro da vida política e relixiosa.
●   As    cidades      contribuíron      á
    romanización do Imperio, isto é,
    axudaron a difundir por todo o
    Imperio a lingua, os costumes, as leis
    e o modo de vida dos romanos.
DESCUBRE


AS ORIXES DO CRISTIANISMO
AS ORIXES DO CRISTIANISMO
●   Palestina, unha zona do Oriente
    Próximo baixo dominio romano, estaba
    habitada maioritariamente por hebreos,
    que profesaban o xudaísmo. Esta
    relixión afirmaba a existencia dun só
    Deus, Yahvé, e agardaba a chegada
    dun Mesías (Salvador). No século I
    d.C.,    nesta    rexión   xurdiu    o
    cristianismo, unha nova relixión
    monoteísta       fundamentada      nas
    ensinanzas de Xesús de Nazaret.
●   O monoteísmo dos cristiáns, a súa
    oposición ao culto imperial e a súa
    negativa a enrolarse no exército fixo
    que    se    volvesen     inimigos   das
    autoridades romanas. Por iso foron
    perseguidos       e   moitos     morreron
    crucificados ou guindados ás feras do
    circo. Co tempo, o cristianismo foise
    difundindo por todo o Imperio ata se
    converter en relixión oficial.
A MENSAXE DE XESÚS
●   Xesús naceu en Belén en tempos do emperador Augusto. Aos 30 anos comezou a predicar
    a Boa Nova (Evanxeo, en grego) e rodeouse de doce discípulos (apóstolos). Proclamouse
    Fillo de Deus e os seus seguidores recoñecérono como o Mesías (Cristo, en grego).
●   Predicou unha relixión universal baseada no amor a Deus e ao próximo, en perdoar as
    ofensas e en renunciar aos bens terreais. Os seres humanos podían salvarse e acadar a
    vida eterna no reino de Deus (o Paraíso) se cumprían con estes principios.
●   Os dirixentes xudeus consideraron a Xesús un impostor, acusárono de propagar unha
    doutrina perigosa e forzaron o gobernador romano, Poncio Pilatos, para que o condenase.
    Xesús morreu crucificado aos 33 anos e os seus apóstolos afirmaron que aos tres días
    resucitou (Resurrección) e ascendeu aos ceos (Ascensión).
A DIFUSIÓN DO CRISTIANISMO
●   Os primeiros cristiáns organizábanse en comunidades, e todas elas formaban a
    Igrexa (Ecclesia, en grego), que significaba a reunión de todos os cristiáns. Cada
    comunidade escollía un responsable, o bispo.
●   Para se converter en cristián debíase seguir unha aprendizaxe (catequese) e ser
    bautizado. A principal razón do éxito do cristianismo era a esperanza que ofrecía ao
    proclamar que as boas accións haberían de ser recompensadas noutra vida, despois
    da morte. Ademais, predicaba novas normas de conduta baseadas en principios
    como a igualdade, a solidariedade e a caridade.
●   Os cristiáns reuníanse para leren textos sobre Xesús e lembrar o seu sacrificio. A
    principal cerimonia era a eucaristía, na que compartían o pan e mais o viño, como
    fixo Xesús cos seus Apóstolos a véspera da súa crucifixión (Derradeira Cea).




       Catacumbas Roma                             Derradeira Cea
7
A CRISE DO IMPERIO ROMANO
O IMPERIO ENTRA EN CRISE
●   A partir do século III d.C., o Imperio tivo
    que se enfrontar a unha serie de
    problemas.
     –   As fronteiras volvéronse inseguras
         polos ataques dos pobos xermánicos
         (bárbaros) que habitaban máis alá do
         limes.Os    xefes    militares  foron
         aumentando o seu poder.
     –   Ademais, a autoridade imperial
         debilitouse e foron frecuentes as
         revoltas (anarquía militar).
     –   Problemas económicos: descendeu a
         produción     agrícola   e     mineira,
         paralizouse o comercio e a artesanía e
         poboación foi empobrecendo.
A DIVISIÓN DO IMPERIO
●   No ano 395 d.C., o emperador Teodosio, para facilitar a defensa do Imperio,
    dividiuno entre os seus dous fillos: Arcadio e Honorio. A partir deste momento
    quedaron separados o Imperio romano de Occidente e o Imperio romano de
    Oriente.
●   No Imperio de Oriente, tamén coñecido como bizantino, os emperadores puideron
    manter a súa autoridade, defender as fronteiras contra os bárbaros e asegurar a
    supervivencia do Imperio e perdurará ata o 1453.
●   No Imperio de Occidente, os sucesivos emperadores non foron quen de
    salvagardalo e sucumbirá no 476.
O CRISTIANISMO, RELIXIÓN OFICIAL
●   Constantino, un xeneral que loitaba por se converter en emperador,
    venceu o seu rival, e no ano 312 d.C. foi nomeado emperador.
●   No ano 313 d.C., Constantino autorizou a nova relixión (Edicto de Milán),
    acabou coas persecucións aos cristiáns e el mesmo converteuse ao
    cristianismo.
●   No 380 d.C. o emperador Teodosio fixo do cristianismo a relixión oficial
    do Imperio (Edicto de Telasónica).




                                               Teodosio
             Constantino
A FIN DO IMPERIO DE OCCIDENTE
●   A partir de finais do século III, e en sucesivas ondadas, diversos pobos xermánicos
    (suevos, vándalos, alanos, visigodos, etc.) traspasaron as fronteiras do Imperio occidental e
    instaláronse nel: non tiñan escritura, eran seminómades, formaban clanes familiares,...
●   A comezos do século V, e empurrados por un pobo chegado de Asia central, os hunos
    (dirixidos por Atila), produciuse unha nova ondada de invasores que acabou co Imperio
    romano. No ano 476, Odoacro , un xefe bárbaro, destituíu a Rómulo Augústulo, un neno
    de 10 anos, que foi o derradeiro emperador romano de Occidente.
●   Coa caída do Imperio de Occidente iníciase en Europa unha nova época: A Idade Media.
FIN

More Related Content

What's hot

पूर्व-मध्य कालीन अर्थव्यवस्था की विशेषताएँ .pptx
पूर्व-मध्य कालीन अर्थव्यवस्था की विशेषताएँ  .pptxपूर्व-मध्य कालीन अर्थव्यवस्था की विशेषताएँ  .pptx
पूर्व-मध्य कालीन अर्थव्यवस्था की विशेषताएँ .pptxVirag Sontakke
 
Types of Taxation in Ancient India प्राचीन भारत में करों के प्रकार
Types of Taxation in Ancient India प्राचीन भारत में करों के प्रकारTypes of Taxation in Ancient India प्राचीन भारत में करों के प्रकार
Types of Taxation in Ancient India प्राचीन भारत में करों के प्रकारBanaras Hindu University
 
मौर्य कालीन अर्थव्यवस्था.pptx
मौर्य कालीन अर्थव्यवस्था.pptxमौर्य कालीन अर्थव्यवस्था.pptx
मौर्य कालीन अर्थव्यवस्था.pptxVirag Sontakke
 
प्राचीन भारत में भू-राजस्व एवं कर.pdf
प्राचीन भारत में भू-राजस्व एवं कर.pdfप्राचीन भारत में भू-राजस्व एवं कर.pdf
प्राचीन भारत में भू-राजस्व एवं कर.pdfPrachiSontakke5
 
Rimska kultura u doba republike
Rimska kultura u doba republikeRimska kultura u doba republike
Rimska kultura u doba republikeSvetlana Jojkic
 
1Economic Conditions during 6th Century BCE.pdf
1Economic Conditions during 6th Century BCE.pdf1Economic Conditions during 6th Century BCE.pdf
1Economic Conditions during 6th Century BCE.pdfPrachiSontakke5
 
centers of education.pdf
centers of education.pdfcenters of education.pdf
centers of education.pdfPrachiSontakke5
 
वैदिक अर्थव्यवस्था.pptx, प्राचीन भारतीय वैदिक अर्थव्यवस्था.pptx
वैदिक अर्थव्यवस्था.pptx, प्राचीन भारतीय वैदिक अर्थव्यवस्था.pptxवैदिक अर्थव्यवस्था.pptx, प्राचीन भारतीय वैदिक अर्थव्यवस्था.pptx
वैदिक अर्थव्यवस्था.pptx, प्राचीन भारतीय वैदिक अर्थव्यवस्था.pptxVirag Sontakke
 
5.државе месопотамије
5.државе месопотамије5.државе месопотамије
5.државе месопотамијеŠule Malićević
 
Early Medieval Economy.pdf
Early Medieval Economy.pdfEarly Medieval Economy.pdf
Early Medieval Economy.pdfPrachiSontakke5
 
क्रेडिट एंड बैंकिंग सिस्टम .pptx
क्रेडिट एंड बैंकिंग सिस्टम .pptxक्रेडिट एंड बैंकिंग सिस्टम .pptx
क्रेडिट एंड बैंकिंग सिस्टम .pptxVirag Sontakke
 

What's hot (20)

पूर्व-मध्य कालीन अर्थव्यवस्था की विशेषताएँ .pptx
पूर्व-मध्य कालीन अर्थव्यवस्था की विशेषताएँ  .pptxपूर्व-मध्य कालीन अर्थव्यवस्था की विशेषताएँ  .pptx
पूर्व-मध्य कालीन अर्थव्यवस्था की विशेषताएँ .pptx
 
Apodption law
Apodption law Apodption law
Apodption law
 
Vedic economy
Vedic economyVedic economy
Vedic economy
 
Types of Taxation in Ancient India प्राचीन भारत में करों के प्रकार
Types of Taxation in Ancient India प्राचीन भारत में करों के प्रकारTypes of Taxation in Ancient India प्राचीन भारत में करों के प्रकार
Types of Taxation in Ancient India प्राचीन भारत में करों के प्रकार
 
वार्ता
वार्तावार्ता
वार्ता
 
मौर्य कालीन अर्थव्यवस्था.pptx
मौर्य कालीन अर्थव्यवस्था.pptxमौर्य कालीन अर्थव्यवस्था.pptx
मौर्य कालीन अर्थव्यवस्था.pptx
 
Kushana coinage
Kushana coinageKushana coinage
Kushana coinage
 
Harappa economy pdf
Harappa economy pdfHarappa economy pdf
Harappa economy pdf
 
प्राचीन भारत में भू-राजस्व एवं कर.pdf
प्राचीन भारत में भू-राजस्व एवं कर.pdfप्राचीन भारत में भू-राजस्व एवं कर.pdf
प्राचीन भारत में भू-राजस्व एवं कर.pdf
 
Rimska kultura u doba republike
Rimska kultura u doba republikeRimska kultura u doba republike
Rimska kultura u doba republike
 
1Economic Conditions during 6th Century BCE.pdf
1Economic Conditions during 6th Century BCE.pdf1Economic Conditions during 6th Century BCE.pdf
1Economic Conditions during 6th Century BCE.pdf
 
centers of education.pdf
centers of education.pdfcenters of education.pdf
centers of education.pdf
 
वैदिक अर्थव्यवस्था.pptx, प्राचीन भारतीय वैदिक अर्थव्यवस्था.pptx
वैदिक अर्थव्यवस्था.pptx, प्राचीन भारतीय वैदिक अर्थव्यवस्था.pptxवैदिक अर्थव्यवस्था.pptx, प्राचीन भारतीय वैदिक अर्थव्यवस्था.pptx
वैदिक अर्थव्यवस्था.pptx, प्राचीन भारतीय वैदिक अर्थव्यवस्था.pptx
 
Reino da núbia
Reino da núbiaReino da núbia
Reino da núbia
 
5.државе месопотамије
5.државе месопотамије5.државе месопотамије
5.државе месопотамије
 
Povijest: Narodi istočne obale Sredozemlja: Feničani i i Židovi
Povijest: Narodi istočne obale Sredozemlja: Feničani i i ŽidoviPovijest: Narodi istočne obale Sredozemlja: Feničani i i Židovi
Povijest: Narodi istočne obale Sredozemlja: Feničani i i Židovi
 
Indo-Roman Trade.pdf
Indo-Roman Trade.pdfIndo-Roman Trade.pdf
Indo-Roman Trade.pdf
 
Guerraspunicas
GuerraspunicasGuerraspunicas
Guerraspunicas
 
Early Medieval Economy.pdf
Early Medieval Economy.pdfEarly Medieval Economy.pdf
Early Medieval Economy.pdf
 
क्रेडिट एंड बैंकिंग सिस्टम .pptx
क्रेडिट एंड बैंकिंग सिस्टम .pptxक्रेडिट एंड बैंकिंग सिस्टम .pptx
क्रेडिट एंड बैंकिंग सिस्टम .pptx
 

Viewers also liked

Tema 9 Os grandes descubrimentos xeográficos
Tema 9 Os grandes descubrimentos xeográficosTema 9 Os grandes descubrimentos xeográficos
Tema 9 Os grandes descubrimentos xeográficosrubempaul
 
A Europa feudal
A Europa feudalA Europa feudal
A Europa feudalrubempaul
 
Tema 2 As paisaxes da terra
Tema 2 As paisaxes da terraTema 2 As paisaxes da terra
Tema 2 As paisaxes da terrarubempaul
 
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanaOs pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanarubempaul
 
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade MediaA fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Mediarubempaul
 
A Grecia antiga
A Grecia antigaA Grecia antiga
A Grecia antigarubempaul
 
O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)rubempaul
 
O Islam e Al-Andalus
O Islam e Al-AndalusO Islam e Al-Andalus
O Islam e Al-Andalusrubempaul
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalrubempaul
 
A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)rubempaul
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romanarubempaul
 
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)rubempaul
 
Tema 5 Tempo e clima
Tema 5 Tempo e climaTema 5 Tempo e clima
Tema 5 Tempo e climarubempaul
 
Tema 3 As formas da terra
Tema 3 As formas da terraTema 3 As formas da terra
Tema 3 As formas da terrarubempaul
 
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galiciarubempaul
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primariorubempaul
 
Cultura e arte na Europa feudal
Cultura e arte na Europa feudalCultura e arte na Europa feudal
Cultura e arte na Europa feudalrubempaul
 
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)rubempaul
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)rubempaul
 
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOfficeElaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOfficerubempaul
 

Viewers also liked (20)

Tema 9 Os grandes descubrimentos xeográficos
Tema 9 Os grandes descubrimentos xeográficosTema 9 Os grandes descubrimentos xeográficos
Tema 9 Os grandes descubrimentos xeográficos
 
A Europa feudal
A Europa feudalA Europa feudal
A Europa feudal
 
Tema 2 As paisaxes da terra
Tema 2 As paisaxes da terraTema 2 As paisaxes da terra
Tema 2 As paisaxes da terra
 
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romanaOs pobos prerromanos e a Hispania romana
Os pobos prerromanos e a Hispania romana
 
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade MediaA fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
A fragmentación do mundo antigo e o inicio da Idade Media
 
A Grecia antiga
A Grecia antigaA Grecia antiga
A Grecia antiga
 
O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)
 
O Islam e Al-Andalus
O Islam e Al-AndalusO Islam e Al-Andalus
O Islam e Al-Andalus
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudal
 
A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)A arte renacentista (3º ESO)
A arte renacentista (3º ESO)
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
A ciencia e a arte do barroco (3º ESO)
 
Tema 5 Tempo e clima
Tema 5 Tempo e climaTema 5 Tempo e clima
Tema 5 Tempo e clima
 
Tema 3 As formas da terra
Tema 3 As formas da terraTema 3 As formas da terra
Tema 3 As formas da terra
 
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
Cultura e arte na Europa feudal
Cultura e arte na Europa feudalCultura e arte na Europa feudal
Cultura e arte na Europa feudal
 
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
Os Reis Católicos e os Austrias (3º ESO)
 
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
Tema 2. As revolucións burguesas (4º ESO)
 
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOfficeElaborar un climograma con calc de OpenOffice
Elaborar un climograma con calc de OpenOffice
 

Similar to Tema 13 O imperio romano

O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)Dudas-Historia
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romanarubempaul
 
Tema XII Roma 1ª parte
Tema XII Roma 1ª parteTema XII Roma 1ª parte
Tema XII Roma 1ª parteSanti Pazos
 
Tema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romanoTema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romanoDudas-Historia
 
14c historia dos romanos
14c historia dos romanos14c historia dos romanos
14c historia dos romanosroberto
 
10 a civilización romana 2016
10 a civilización romana 201610 a civilización romana 2016
10 a civilización romana 2016roberto
 
Presentación 6a
Presentación 6aPresentación 6a
Presentación 6alupemm
 
O Imperio romano_Touro
O Imperio romano_TouroO Imperio romano_Touro
O Imperio romano_TouroBrais24
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romanamasinisa
 
Presentacion final Roma
Presentacion final RomaPresentacion final Roma
Presentacion final Romalolifreire
 
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano VisigodosTema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodosdudashistoria
 
A Caida Do Imperio Romano
A Caida Do Imperio RomanoA Caida Do Imperio Romano
A Caida Do Imperio Romanoelvinha
 
Historia de Roma
Historia de RomaHistoria de Roma
Historia de Romadomenechino
 

Similar to Tema 13 O imperio romano (20)

O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
Tema XII Roma 1ª parte
Tema XII Roma 1ª parteTema XII Roma 1ª parte
Tema XII Roma 1ª parte
 
O Imperio Romano
O Imperio RomanoO Imperio Romano
O Imperio Romano
 
Tema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romanoTema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romano
 
Imperio Romano
Imperio RomanoImperio Romano
Imperio Romano
 
Unidade 10 roma
Unidade 10 romaUnidade 10 roma
Unidade 10 roma
 
14c historia dos romanos
14c historia dos romanos14c historia dos romanos
14c historia dos romanos
 
10 a civilización romana 2016
10 a civilización romana 201610 a civilización romana 2016
10 a civilización romana 2016
 
Presentación 6a
Presentación 6aPresentación 6a
Presentación 6a
 
O Imperio romano_Touro
O Imperio romano_TouroO Imperio romano_Touro
O Imperio romano_Touro
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
Presentacion final Roma
Presentacion final RomaPresentacion final Roma
Presentacion final Roma
 
Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 3
 
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano VisigodosTema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
Tema 1. Lecciones 3 5. Legado Romano Visigodos
 
RoMa
RoMaRoMa
RoMa
 
A historia
A historiaA historia
A historia
 
Roma dona do mundo
Roma dona do mundoRoma dona do mundo
Roma dona do mundo
 
A Caida Do Imperio Romano
A Caida Do Imperio RomanoA Caida Do Imperio Romano
A Caida Do Imperio Romano
 
Historia de Roma
Historia de RomaHistoria de Roma
Historia de Roma
 

More from rubempaul

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptrubempaul
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacementorubempaul
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova erarubempaul
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasrubempaul
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónrubempaul
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXrubempaul
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...rubempaul
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisrubempaul
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismorubempaul
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciariorubempaul
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidadesrubempaul
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedadesrubempaul
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primariorubempaul
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundariorubempaul
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundorubempaul
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLArubempaul
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASrubempaul
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INErubempaul
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. rubempaul
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)rubempaul
 

More from rubempaul (20)

Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacemento
 
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova eraTema 6. A Idade Moderna unha nova era
Tema 6. A Idade Moderna unha nova era
 
Tema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerrasTema 6. O mundo entre guerras
Tema 6. O mundo entre guerras
 
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revoluciónTema 5. Imperialismo, guerra e revolución
Tema 5. Imperialismo, guerra e revolución
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
 
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
2º BACH. Repercusións ambientais da acción humana: contaminación; quecemento ...
 
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
 
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e NacionalismoTema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo, Restauración e Nacionalismo
 
Tema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciarioTema 10. O sector terciario
Tema 10. O sector terciario
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
 
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
3º ESO. Tema 7. A Organización económica das sociedades
 
3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario3º ESO. Tema 8: O sector primario
3º ESO. Tema 8: O sector primario
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
 
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLACOMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
COMENTARIO DA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN ESPAÑOLA
 
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICASTITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
TITORIAL: AS COORDENADAS XEOGRÁFICAS
 
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INEPASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
PASOS PARA BUSCAR DATOS DEMOGRÁFICOS NO INE
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
 

Tema 13 O imperio romano

  • 1. TEMA 13 O IMPERIO ROMANO 1º ESO
  • 2. INTRODUCIÓN ● Roma foi, durante moito tempo, unha pequena cidade da Península Itálica gobernada por unha monarquía. Pero no século VI a.C., os seus habitantes expulsaron os reis e constituíronse en República. ● Despois de numerosas guerras, Roma fíxose dona das terras que rodeaban o Mediterráneo desde a Península Ibérica ata Oriente, convertendo este mar no Mare Nostrum. ● Finalizado o período de conquistas, Roma transformouse nun Imperio. Os séculos I e II d.C. foron os de pax romana, época na que o Imperio acadou a súa máxima prosperidade. ● A partir do século I d.C., os romanos dominaron o mundo e espallaron a súa cultura e mais a súa lingua: o latín. ● A partir do século III, o Imperio entrou en crise e sufriu os ataques dos pobos bárbaros. No ano 476, a cidade de Roma foi conquistada e o Imperio romano desapareceu.
  • 3. 1 AS ORIXES DE ROMA Os romanos explicaron as orixes da súa cidade a partir de lendas ou relatos míticos, que lle atribuían a súa fundación á vontade de deuses e heroes. Contan que Rómulo e Remo, descendentes do troiano Eneas, fundaron a cidade de Roma no ano 753 a.C.
  • 4. A ORIXE HISTÓRICA ● No primeiro milenio a.C., a Península Itálica estaba ocupada por diferentes pobos: – No centro habitaban os latinos, sabinos e sammitas, pobos de agricultores e pastores. – No Norte residían os etruscos. – O Sur fora colonizado polos gregos (Magna Grecia). ● A mediados do século VIII a.C., algunhas tribos de latinos agrupáronse ás beiras do río Tíber. Estes poboadores instaláronse no monte Palatino. ● Máis adiante, para protexérense das frecuentes inundacións e dos seus inimigos, os latinos ocuparon os sete outeiros próximos ao Tíber, onde levantaron os primeiros poboados que anos máis tarde deron lugar a unha cidade que se chamaría Roma. ● Ao principio, os romanos vivían unicamente da agricultura e mais da gandaría. Pero Roma pronto se converteu nun importante enclave comercial.
  • 5. A ÉPOCA DA MONARQUÍA (753-509 a.C.) ● Desde a súa fundación, Roma foi gobernada por unha monarquía. O rei tiña os máximos poderes: administraba xustiza, dirixía o exército e era o sumo sacerdote. Gobernaba coa axuda dun Senado, composto por patricios, isto é, os membros das grandes familias aristocráticas. ● Roma tivo sete reis; os catro primeiros, de orixe latina, e os tres últimos, etruscos, un pobo que dominou e ocupou o territorio do Lacio. ● Baixo a influencia etrusca, a cidade de Roma engrandeceuse e edificáronse pontes, acuedutos e templos. Construíuse unha rede de sumidoiros, a Cloaca Máxima, e unha muralla ao redor dos sete outeiros. ● Durante toda esta etapa, a base da economía foron a agricultura e a gandaría, aínda que na cidade se estableceron numerosos artesáns e comerciantes.
  • 6. 2 A ROMA REPUBLICANA (509-27 a.C.)
  • 7. PATRICIOS E PLEBEOS ● Desde os tempos da monarquía, os cidadáns romanos dividíanse en dous grupos sociais: ● Os patricios, formados por unha minoría de familias aristocráticas que se consideraban descendentes dos fundadores de Roma. Agrupábanse en grandes familias con antepasados comúns (gens), eran propietarios de terras e mais de gando, e gobernaban a cidade. ● Os plebeos, integrados por todos os que chegaran á cidade posteriormente á súa fundación. Eran o grupo máis numeroso e estaba formado por campesiños, artesáns e comerciantes. Non tiñan propiedades territoriais e carecían de dereitos políticos. ● No ano 509 a.C., as familias patricias de Roma aliáronse cos plebeos para rematar co derradeiro monarca etrusco: Tarquinio o Soberbio. Roma converteuse nunha República. Senatus Populusque Romanus
  • 8. A LOITA POLA IGUALDADE ● Nos primeiros tempos da República, os patricios formaron un goberno aristocrático. Os plebeos carecían de dereitos políticos, aínda que debían pagar impostos e formar parte do exército. ● Os plebeos loitaron por obter os mesmos dereitos dos que gozaban os patricios. No século V a.C. conseguiron un representante que defendía os seus intereses, o Tribuno da plebe e a Lei das Doce Táboas (lei da igualdade romana), e máis adiante o acceso aos cargos públicos. ● Estas leis igualaban en dereitos aos patricios e mais aos plebeos, e convertíanos en cidadáns romanos. No entanto, as mulleres quedaban excluídas da cidadanía ao igual que os estranxeiros ● Os escravos, moi numerosos en Roma, non gozaban de ningún dereito e pertencían ao seu amo. Se este lles concedía a liberdade, convertíanse en libertos.
  • 9. ASEMBLEAS E MAXISTRADOS DA REPÚBLICA ● O goberno da República quedou organizado en tres institucións: – Os comicios: xuntanza en asemblea para votaren as leis e elixiren os maxistrados. – Os maxistrados: eran elixidos anualmente e gobernaban a cidade. Os máis importantes eran os cónsules, que presidían as asembleas, convocaban o Senado e dirixían o exército. – O Senado: formado por 300 antigos maxistrados, case todos patricios. Era o centro da vida política, ratificaba as leis aprobadas nos comicios e resolvía os asuntos de política exterior e finanzas. ● Para poder asistir ás asembleas ou ser escollido maxistrado ou senador era necesario ter fortuna propia e ser recoñecido e respectado. Deste xeito, a República romana era máis unha oligarquía ca unha verdadeira democracia.
  • 10. 3 A CONQUISTA ROMANA DO MEDITERRÁNEO
  • 11. A EXPANSIÓN DE ROMA ● A República romana conquistou enormes territorios grazas ao crecemento da súa riqueza e a un numeroso e eficaz exército (lexións romanas). – A expansión de Roma realizouse en distintas fases: – Entre o 500 e o 250 a.C., a cidade de Roma conquistou a península Itálica. – Entre o 264 e o 146 a.C., Roma enfrontouse, nas denominadas Guerras Púnicas, a Cartago, a potencia marítima que naquel momento dominaba o Mediterráneo. Logo da súa vitoria, os romanos impuxeron o seu dominio sobre todo o Mediterráneo occidental. ● Entre os séculos II a.C. e II d.C., as lexións romanas conquistaron Grecia e o Mediterráneo oriental, e completaron a ocupación de Hispania, da Galia e de Britania en Occidente, así como dalgunhas provincias de Europa central.
  • 12. A CRISE DA REPÚBLICA ROMANA ● Entre os anos 133 e 44 a.C. produciuse en Roma a crise do sistema republicano. República representada polo Senado deixoulle paso a un goberno imperial rexido por un Emperador. Producíronse: ● Conflitos sociais: – As conquistas achegáronlle a Roma grandes riquezas, aínda que tamén orixinaron enormes desigualdades sociais. Gran parte dos campesiños arruináronse ao abandonaren as súas terras para servir no exército e non poderen competir cos grandes latifundios traballados por escravos. Moitos deles tiveron que vender as súas terras e trasladarse a Roma para intentar sobrevivir. – As queixas desa plebe urbana deron lugar a conflitos sociais, como a Espartaco revolta dirixida polos irmáns Graco (século II a.C.), en demanda dunha mellor repartición da riqueza e tamén revoltas de escravos, como a liderada por Espartaco (73-71 a.C.). ● Guerras civís: – Para arranxar a crise, o Senado e mais os maxistrados entregáronlles o poder a xefes militares, que se enfrontaron entre eles xerando violentas guerras civís e desestabilizaron politicamente a República. – No ano 48 a.C., un destes militares, Xulio César, foi proclamado ditador perpetuo e asumiu os máximos poderes. Pero partidarios da República e patricios, que vían perigar o seu poder, asasinaron a César ás portas do Senado de Roma. Foi o primeiro paso cara á proclamación do Imperio. César
  • 13. 4 O IMPERIO ROMANO (27 a.C – 476 d.C)
  • 14. OCTAVIO AUGUSTO, EMPERADOR ● Tras a morte de Xulio César, o seu fillo adoptivo Octavio venceu os seus rivais nunha guerra civil e converteuse no home máis poderoso de Roma. No ano 27 a.C., o Senado concedeulle o título de Augusto, que significa "elixido polos deuses". ● Augusto concentrou na súa persoa todos os poderes civís e militares e inaugurou un novo sistema de goberno: o Imperio. Foi nomeado xefe do exército co título de emperador. ● Tamén foi designado gran pontífice, co que se converteu na primeira autoridade relixiosa. Ao morrer, Augusto foi divinizado (apoteose) e organizouse o culto imperial. Os emperadores convertéronse en deuses aos que se lles debía render culto.
  • 15. A ORGANIZACIÓN DO IMPERIO ● A maioría de emperadores fóronse sucedendo de pai a fillo. ● As institucións republicanas, como o Senado, os maxistrados e os comicios continuaron existindo, pero foron desposuídos das súas funcións. ● O emperador designaba directamente todos os cargos importantes do Imperio. Un consello imperial aplicaba e transmitía as súas ordes ● Os territorios que se incorporaron ao Imperio organizáronse en provincias, a cuxa fronte se colocaba un gobernador.
  • 16. DOUS SÉCULOS DE PAX ROMANA ● Ao longo dos séculos I e II d.C., o Imperio acadou a súa máxima expansión. Foi a época da pax romana, apenas houbo conflitos sociais e guerras exteriores, xa que un poderoso exército garantía a paz e defendía as fronteiras (limes) dos ataques dos pobos estranxeiros (barbari). ● Foi unha época de prosperidade económica que favoreceu o crecemento das cidades e o comercio. ● En todo o Imperio se adoptou a lingua e mais a cultura latinas (romanización), e Roma converteuse nunha gran capital habitada por máis dun millón de persoas. ● No ano 212, o emperador Caracalla concedeulles a cidadanía romana a todos os habitantes do Imperio.
  • 18. AS EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS ● Os romanos desevolveron unha próspera agricultura e introduciron: o arado romano, muíños de gran, prensas de aceite e de viño, novos sistemas de regadío. Tamén iniciaron o cultivo de numerosos produtos (árbores froiteiras, oliveiras, vide, etc.). ● Un terzo das terras conquistadas eran confiscadas por Roma e constituían o ager publicus. Unha parte deste era entregado a soldados licenciados do exército, que explotaban a terra para a súa propia subsistencia (convertíanse en pequenos campesiños), formando as chamadas colonias agrícolas. ● Tamén foron habituais os latifundios, Vila agrícola romana enormes extensións de terra propiedade de patricios ou de ricos comerciantes. Estas terras eran traballadas por escravos.
  • 19. AS RELACIÓNS COMERCIAIS ● Nos primeiros séculos do Imperio, o comercio entre as provincias viuse favorecido pola paz interna, a seguridade nas comunicacións e o aumento da produción. ● Os romanos construíron calzadas que unían Roma con todas as provincias do Imperio. Agora ben, o comercio efectuábase esencialmente por mar. ● Había unha moeda utilizable en todas as terras do Imperio, o axudou ao desenvolvemento comercial. Exemplos: Ás, denario, sextercio. Hispania exportaba viño, o Norte de África, aceite, e Exipto, trigo. De Xermania e do Báltico chegaban peles, ámbar e escravos. De África importaban marfil, ouro, animais para o circo, incenso e escravos. E da India e mais da China, produtos de luxo como pedras preciosas, sedas e perfumes.
  • 21. OS GRUPOS SOCIAIS ● A poboación romana da época imperial estaba constituída por dous grandes grupos: libres e escravos. Os homes libres podían ser cidadáns (cives) ou estranxeiros (peregrini). Estes últimos carecían de dereitos políticos. ● Os homes libres gozaban da cidadanía romana: non pagaban impostos, tiñan dereitos políticos e estaban protexidos polas leis. – Os privilexiados ou nobilitas: senadores, altos cargos do Imperio e plebeos moi ricos. – Gozaban de boa posición os cabaleiros, os artesáns e os comerciantes – Por debaixo a plebe, formada por campesiños e asalariados urbanos. Cando a plebe non tiña traballo, vivía das subvencións do Estado e contentábase coas diversións que este lle ofrecía (pan e circo). Sociedade durante o Imperio ● Escravos e libertos: Os escravos (por nacemento, conquista, débedas) eran moi numerosos e realizaban os traballos máis duros. O costume de liberar escravos fixo que aumentase o número de libertos. ● As mulleres, sometidas aos homes, tiñan os dereitos limitados e non podían participar en política. Podían ser cidadás ou non cidadás.
  • 22. AS CIDADES ROMANAS ● Eran lugar de residencia das autoridades e da administración e centro económico onde se adoitaban realizar as actividades artesanais e comerciais. ● Ao longo de todo o Imperio fundáronse centos de cidades cunha estrutura semellante. Sobre unha planta cuadrangular salientaban dúas rúas principais en dirección Norte-Sur (cardo), e Leste- Oeste (decumano). Todas elas estaban protexidas por murallas e acollían unha praza, o foro, que era o centro da vida política e relixiosa. ● As cidades contribuíron á romanización do Imperio, isto é, axudaron a difundir por todo o Imperio a lingua, os costumes, as leis e o modo de vida dos romanos.
  • 23. DESCUBRE AS ORIXES DO CRISTIANISMO
  • 24. AS ORIXES DO CRISTIANISMO ● Palestina, unha zona do Oriente Próximo baixo dominio romano, estaba habitada maioritariamente por hebreos, que profesaban o xudaísmo. Esta relixión afirmaba a existencia dun só Deus, Yahvé, e agardaba a chegada dun Mesías (Salvador). No século I d.C., nesta rexión xurdiu o cristianismo, unha nova relixión monoteísta fundamentada nas ensinanzas de Xesús de Nazaret. ● O monoteísmo dos cristiáns, a súa oposición ao culto imperial e a súa negativa a enrolarse no exército fixo que se volvesen inimigos das autoridades romanas. Por iso foron perseguidos e moitos morreron crucificados ou guindados ás feras do circo. Co tempo, o cristianismo foise difundindo por todo o Imperio ata se converter en relixión oficial.
  • 25. A MENSAXE DE XESÚS ● Xesús naceu en Belén en tempos do emperador Augusto. Aos 30 anos comezou a predicar a Boa Nova (Evanxeo, en grego) e rodeouse de doce discípulos (apóstolos). Proclamouse Fillo de Deus e os seus seguidores recoñecérono como o Mesías (Cristo, en grego). ● Predicou unha relixión universal baseada no amor a Deus e ao próximo, en perdoar as ofensas e en renunciar aos bens terreais. Os seres humanos podían salvarse e acadar a vida eterna no reino de Deus (o Paraíso) se cumprían con estes principios. ● Os dirixentes xudeus consideraron a Xesús un impostor, acusárono de propagar unha doutrina perigosa e forzaron o gobernador romano, Poncio Pilatos, para que o condenase. Xesús morreu crucificado aos 33 anos e os seus apóstolos afirmaron que aos tres días resucitou (Resurrección) e ascendeu aos ceos (Ascensión).
  • 26. A DIFUSIÓN DO CRISTIANISMO ● Os primeiros cristiáns organizábanse en comunidades, e todas elas formaban a Igrexa (Ecclesia, en grego), que significaba a reunión de todos os cristiáns. Cada comunidade escollía un responsable, o bispo. ● Para se converter en cristián debíase seguir unha aprendizaxe (catequese) e ser bautizado. A principal razón do éxito do cristianismo era a esperanza que ofrecía ao proclamar que as boas accións haberían de ser recompensadas noutra vida, despois da morte. Ademais, predicaba novas normas de conduta baseadas en principios como a igualdade, a solidariedade e a caridade. ● Os cristiáns reuníanse para leren textos sobre Xesús e lembrar o seu sacrificio. A principal cerimonia era a eucaristía, na que compartían o pan e mais o viño, como fixo Xesús cos seus Apóstolos a véspera da súa crucifixión (Derradeira Cea). Catacumbas Roma Derradeira Cea
  • 27. 7 A CRISE DO IMPERIO ROMANO
  • 28. O IMPERIO ENTRA EN CRISE ● A partir do século III d.C., o Imperio tivo que se enfrontar a unha serie de problemas. – As fronteiras volvéronse inseguras polos ataques dos pobos xermánicos (bárbaros) que habitaban máis alá do limes.Os xefes militares foron aumentando o seu poder. – Ademais, a autoridade imperial debilitouse e foron frecuentes as revoltas (anarquía militar). – Problemas económicos: descendeu a produción agrícola e mineira, paralizouse o comercio e a artesanía e poboación foi empobrecendo.
  • 29. A DIVISIÓN DO IMPERIO ● No ano 395 d.C., o emperador Teodosio, para facilitar a defensa do Imperio, dividiuno entre os seus dous fillos: Arcadio e Honorio. A partir deste momento quedaron separados o Imperio romano de Occidente e o Imperio romano de Oriente. ● No Imperio de Oriente, tamén coñecido como bizantino, os emperadores puideron manter a súa autoridade, defender as fronteiras contra os bárbaros e asegurar a supervivencia do Imperio e perdurará ata o 1453. ● No Imperio de Occidente, os sucesivos emperadores non foron quen de salvagardalo e sucumbirá no 476.
  • 30. O CRISTIANISMO, RELIXIÓN OFICIAL ● Constantino, un xeneral que loitaba por se converter en emperador, venceu o seu rival, e no ano 312 d.C. foi nomeado emperador. ● No ano 313 d.C., Constantino autorizou a nova relixión (Edicto de Milán), acabou coas persecucións aos cristiáns e el mesmo converteuse ao cristianismo. ● No 380 d.C. o emperador Teodosio fixo do cristianismo a relixión oficial do Imperio (Edicto de Telasónica). Teodosio Constantino
  • 31. A FIN DO IMPERIO DE OCCIDENTE ● A partir de finais do século III, e en sucesivas ondadas, diversos pobos xermánicos (suevos, vándalos, alanos, visigodos, etc.) traspasaron as fronteiras do Imperio occidental e instaláronse nel: non tiñan escritura, eran seminómades, formaban clanes familiares,... ● A comezos do século V, e empurrados por un pobo chegado de Asia central, os hunos (dirixidos por Atila), produciuse unha nova ondada de invasores que acabou co Imperio romano. No ano 476, Odoacro , un xefe bárbaro, destituíu a Rómulo Augústulo, un neno de 10 anos, que foi o derradeiro emperador romano de Occidente. ● Coa caída do Imperio de Occidente iníciase en Europa unha nova época: A Idade Media.
  • 32. FIN