SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
Download to read offline
O R G A N O D E D I F U S I Ó N D A C G T C O R R E O S – A C O R U Ñ A
cgtcorreosacorunha @gmail.com telefone: 674 070 105 RICO 83230
24
Barcelona está a ser o epicentro das mobilizacións. O pasado 22 de xuño levouse a cabo o bloqueo da
saída das rutas de reparto no CTP do porto, que paralizou o reparto nesa cidade. Tamén se ocupou a
oficina principal, a de Passeig de Grácia e asimismo a dirección de Zona, o persoal esixe a readmisión in-
mediata das 5 compañeiras despedidas, aplicando con extrema dureza o convenio e a reforma laboral.
AUSENTE
ENTREGADA
DESCOÑECIDO
Os despedimentos, a
precariedade, os recargos, a
conciliación familiar, a
contratación, os abusos
médicos... motivos polos que
loitar hai moitos. E xente
loitando tamén.
Na UR3 da Coruña xa levan
varias xornadas de folga parcial
indefinida contra o
redimensionamento e non están
a levar recargos polo de agora.
En Barcelona varios distritos
nos que as cargas de traballo
resultaban inasumibles uniron
as súas forzas e okuparon as
dependencias de RR.HH. para
mostrar o seu descontento e
sinalar aos responsables
En Nafarroa a dirección de
zona apresurouse a negociar ca
plantilla en canto tivo enriba da
mesa unha convocatoria de
folga indefinida no mes de
xuño, plantexando opcións e
asumindo compromisos de
coberturas e
redimensionamentos
As/os compis da quenda da
tarde do CTA de Lavacolla
comezaron o pasado 23 de
xuño unha folga de sábados
para conseguir ter unha
xornada de luns a venres,
reivindicación ca CGT estende
tamén as oficinas e as USEs tal e
como figura na nosa táboa
reivindicativa..
O persoal excluído das
derradeiras bolsas de
contratación manifestouse en
Madrid e máis de trinta
distritos da mesma cidade
continúan facendo folgas de 2
horas cas que conseguen
contratación nas súas unidades.
Todas estas mobilizacións están
a acontecer na actualidade, e o
elemento común é que o
protagonismo o esta a ter
integramente o persoal.
Mentres tanto, mentres que
problemas concretos afectan a
sitios concretos, mentres que
hai mobilizacións reais, a
“maioría” sindical non está
presente en ningunha delas.
Nen se lle espera...
A MAIORÍA SINDICAL, QUE NON PLANTEXA NIN-
GUNHA OPOSICIÓN REAL E MENTRAS FAI CAIXA
A FINANCIACIÓN NECESARIA PARA A PRESTACIÓN DO
SPU, ESTRATEXIA HABITUAL PARA PRESENTAR UN
SERVIZO COMO DEFICITARIO
O EMPLEO ESTABLE, A XORNADA COMPLETA.
CADA VEZ SOMOS MENOS E MAIS PRECARI@S
FALECIDO
O SERVIZO PÚBLICO, SACRIFICADO POLA RENTA-
BILIDADE, A PRODUCTIVIDADE E AS POLÍTICAS
NEOLIBERAIS
Temos novo presi. O partido que o
nomea (PSOE) xa ten un grande pa-
sado privatizador de Correos… e co-
meza mal, pois man-
tense o recorte de 60
millóns nos PGE para a
prestación do servizo
postal universal.
Buzóns concentrados, oficinas decadentes ou
directamente pechadas , horarios de atención
cada vez máis reducidos, menos persoal no
servizo, a correspondencia de cando en vez..
Con este panorama a Xunta ven de
concedernos unha medalla. Vivir para ver
Este é o reflexo do interese real de Correos
polo reparto no medio rural. Por moito orgullo
e satisfacción co que se recollan os premios, por
moitos discursos e postas en escea bucólicas
que o adornen...a realidade é que os criterios
mercantilistas, esa falacia de rendabilidade ou
morte, está a desmantelar de a pouco o
servizo postal (e non só) nos entornos rurais.
Resúltanos moi cínico e perverso o discurso
que esconden estes recoñecementos, unha
posta en valor falaz e falta de compromiso do
correo rural e da importancia e calidade dos
servizos que prestamos á cidadanía por parte ,
precisamente, de quenes o están a desmantelar.
Non queremos homenaxes nin medallas, se a
Xunta quere apoiar o correo rural xa sabe o
que ten que facer: colaborar economicamente
con elo e velar para que Correos cumpra o
servizo diario coa calidade esixida, cos
medios humanos e materiais necesarios.
Hola, son un/ha carteiro/a rural.
Aporto o meu coche vello e descolorido,
meténdoo por pistas, corredoiras e camiños
de terra, aínda sabendo que o seguro non me
cubre neses lugares. Cobro por elo o mesmo
prezo da gasolina e mantemento do vehículo
desde 2011. E con iso teño que pagar rodas,
freos, seguros, aceite, mantemento... unha
ruína. Levo os paquetes e as cartas tirados
polos asentos, arriscándome a unha multa
ou a un accidente por desprazamento
interior de carga. Abro unha oficina que se
cae a trozos 30 minutos cada día cedida por
un concello. Non ten ordenador, nin
teléfono, nin baño, o único que ten é unha
báscula vella. Se admito algo teño que logo ir
facer contas a outra oficina e facer malabares
para cobrar ou devolver o cambio. A oficina
está na porta dun instituto aproveitando o
espazo da entrada, ten unha mesa vella e
unha estantería que sobraba en non sei onde.
Como me da vergoña que sexa unha lameira
cando chove paso eu a vasoira e a fregona.
Incluso o ano pasado veu un veciño a
axudarme a pintar. No inverno poño dúas
estufas que traio da casa para non pasar frío.
Teño logo unha ruta de 90 quilómetros que
foi ampliada logo do último recorte, o que
me obriga a facer o reparto en 3 días. Vamos,
o que quere dicir que a xente da miña zona
só ten dereito ao reparto un terzo do tempo...
E xa nos dixeron que cando se xubile o do
lado non van poñer ninguén. Agora, como
novidade, teño que recoller unhas mochilas
de pelegríns, e o xefe da unidade xa me dixo
que iso tiña prioridade “se tes que deixar
unha parroquia sen repartir, pois a deixas e
punto”. Acabo de recibir unha medalla
Castelao...
Metédea onde vos colla.
De nada. Atentamente.
Se estás a formar ao novo persoal
que entra, indicándolle, por
exemplo, como hai que embarriar,
introducir ou liquidar certificados,
etc, deberías saber que ese traballo
está remunerado en Correos. En
Compostela, por exemplo, veñen de
organizar unha bolsa de voluntarixs
para realizar tarefas de formación
do novo persoal. Tarefas
voluntarias, pero retribuídas, tal e
como vimos lembrando desde a
CGT. Agardamos que de inmediato
estas prácticas cheguen a toda a
provincia.
Na enquisa realizada por CGT entre os seus simpatizantes, á pregunta "Como definirías a CGT?", un 62'5 % das
respostas foi: "bastante radical"; e outro 20 % máis foi: "moi radical".
Debo dicir que esperaba unhas respostas semellantes, tendo en conta os comentarios habituais d@s compañer@s.
Con todo, a pesar de ser unha resposta esperada, nunca deixa de causarme sorpresa esa visión que se ten deste
sindicato. Porque non entendo que ten de radical pedir, por exemplo, que Correos ofreza unhas listas e uns
procesos de contratación transparentes. Ou considerar que é inmoral que os seus directivos se suban o soldo en
plena "crise" mentres poñen de escusa esa mesma “crise” para conxelar e, mesmo baixar o soldo do resto do persoal.
Non entendo como se pode cualificar de radical pensar que a achega do seu vehículo particular para a repartición
por parte d@s 6.400 carteir@s rurais supón unha auténtica barbaridade se mire por onde se mire. Ou denunciar que
a Mesa que debería tratar periodicamente a posta ao día das retribucións por esa achega non se reuniu desde...
2008 !!!
Parece que é de radicais supoñer que o labor sindical debe estar ao servizo de
tods@s @s traballador@s, e non exclusivamente d@s afiliad@s. Ou que deben
informar en asemblea, cando visitan unha oficina, da actualidade e novidades que
nos afectan, no canto de falar exclusivamente, e aos oídos, d@s seus.
Apenas comecei a enumerar, e xa me dou conta de que a lista se prevé interminable.
Concluamos pois: Non parece desatinado pensar que se equivoca quen cre que é de
radicais pedir que se cumpra a Lei Postal e o Estatuto de Correos, sendo conscientes,
ademais, o inxustos e deficientes que ambos son.
CONSOLIDACIÓN : O TEMARIO ACTUALIZADO EN DESCARGA GRATUITA EN www.cgtcorreosfederal.es
Bolsas inxustas, despidos por estar de baixa, documentos filtrados na
prensa no que Correos admite querer substituir persoal fixo por even-
tual por medio de prexubilacións... Estes e outros son os motivos que
levan a manter as peticións de dimisións desde a CGT E se non se van,
que os boten. Unha vez destituido o presidente da SEPI e o de Correos,
debería tocarlle o turno a directora de RR.HH, Lourdes de la Riva.
A UR3 de Coruña volve a declarar xorna-
da de folga…. E inmediatamente poñen
dous reforzos. Foi na semana pasada, co
comezo do período vacacional comezan
tamén os recargos indiscriminados. Nesta
unidade teñen moi claro que non están
dacordo. Se fai uns meses xa lograron
prantándose que Correos enviara de
contado de novo a euqipa de dimensio-
namento, desta volta veñen de conseguir
dous reforzos extra, demostrando que se
o persoal está unido e con ganas de loitar
as cousas lógranse!
O 18/07 terá lugar o xuizo polo
conflicto colectivo plantexado
pola CGT ao respecto da iner-
pretación do permiso retribui-
do por hospitalización de fami-
liar, para que non se exixa o
requisito da pernoctación no
hospital

More Related Content

Similar to Buzón Rebelde da CGT Correos da Coruña 24

Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017
Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017
Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017Cgt Correos A Coruña
 
Buzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
Buzón rebelde 20 CGT Correos CoruñaBuzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
Buzón rebelde 20 CGT Correos CoruñaCgt Correos A Coruña
 
Buzón rebelde número 15 defintivo cor
Buzón rebelde número 15 defintivo corBuzón rebelde número 15 defintivo cor
Buzón rebelde número 15 defintivo corCgt Correos A Coruña
 
Boletín definitivo saúde laboral inverno 2015
Boletín definitivo saúde laboral inverno 2015Boletín definitivo saúde laboral inverno 2015
Boletín definitivo saúde laboral inverno 2015Cgt Correos A Coruña
 
Caos nas bolsas de contratación de Correos
Caos nas bolsas de contratación de CorreosCaos nas bolsas de contratación de Correos
Caos nas bolsas de contratación de CorreosCgt Correos A Coruña
 
Moción presentada na deputación da coruña
Moción presentada na deputación da coruñaMoción presentada na deputación da coruña
Moción presentada na deputación da coruñaCgt Correos A Coruña
 
Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015
Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015
Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015Cgt Correos A Coruña
 
Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 CCOOXustiza
 
Buzón Rebelde 22 Especial 2017 CGT Correos A Coruña
Buzón Rebelde  22 Especial 2017 CGT Correos A CoruñaBuzón Rebelde  22 Especial 2017 CGT Correos A Coruña
Buzón Rebelde 22 Especial 2017 CGT Correos A CoruñaCgt Correos A Coruña
 
Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032CCOOXustiza
 
Eleccións 2015 carta urxente ao director de zona e xefe distribución
Eleccións 2015 carta urxente ao director de zona e xefe distribuciónEleccións 2015 carta urxente ao director de zona e xefe distribución
Eleccións 2015 carta urxente ao director de zona e xefe distribuciónCgt Correos A Coruña
 
Moción apoio servizo Correos polo Concello da Coruña
Moción apoio servizo Correos polo Concello da CoruñaMoción apoio servizo Correos polo Concello da Coruña
Moción apoio servizo Correos polo Concello da CoruñaCgt Correos A Coruña
 
Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?
Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?
Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?Cgt Correos A Coruña
 

Similar to Buzón Rebelde da CGT Correos da Coruña 24 (20)

Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017
Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017
Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017
 
Buzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
Buzón rebelde 20 CGT Correos CoruñaBuzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
Buzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
 
Buzón rebelde número 15 defintivo cor
Buzón rebelde número 15 defintivo corBuzón rebelde número 15 defintivo cor
Buzón rebelde número 15 defintivo cor
 
Buzón Rebelde Outono 2023.pdf
Buzón Rebelde Outono 2023.pdfBuzón Rebelde Outono 2023.pdf
Buzón Rebelde Outono 2023.pdf
 
Boletín definitivo saúde laboral inverno 2015
Boletín definitivo saúde laboral inverno 2015Boletín definitivo saúde laboral inverno 2015
Boletín definitivo saúde laboral inverno 2015
 
O Buzón Rebelde 13, Especial Nadal
O Buzón Rebelde 13, Especial NadalO Buzón Rebelde 13, Especial Nadal
O Buzón Rebelde 13, Especial Nadal
 
Caos nas bolsas de contratación de Correos
Caos nas bolsas de contratación de CorreosCaos nas bolsas de contratación de Correos
Caos nas bolsas de contratación de Correos
 
Buzón rebelde xaneiro 2015
Buzón rebelde xaneiro 2015Buzón rebelde xaneiro 2015
Buzón rebelde xaneiro 2015
 
Carta a xefe do cta
Carta a xefe do cta Carta a xefe do cta
Carta a xefe do cta
 
Buzón Rebelde Especial Eventuais
Buzón Rebelde Especial EventuaisBuzón Rebelde Especial Eventuais
Buzón Rebelde Especial Eventuais
 
Moción presentada na deputación da coruña
Moción presentada na deputación da coruñaMoción presentada na deputación da coruña
Moción presentada na deputación da coruña
 
Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015
Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015
Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015
 
Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041
 
Buzón Rebelde 22 Especial 2017 CGT Correos A Coruña
Buzón Rebelde  22 Especial 2017 CGT Correos A CoruñaBuzón Rebelde  22 Especial 2017 CGT Correos A Coruña
Buzón Rebelde 22 Especial 2017 CGT Correos A Coruña
 
Impulso 70
Impulso 70Impulso 70
Impulso 70
 
Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032Novas xustiza 1032
Novas xustiza 1032
 
Buzón rebelde outono 2021
Buzón rebelde outono 2021Buzón rebelde outono 2021
Buzón rebelde outono 2021
 
Eleccións 2015 carta urxente ao director de zona e xefe distribución
Eleccións 2015 carta urxente ao director de zona e xefe distribuciónEleccións 2015 carta urxente ao director de zona e xefe distribución
Eleccións 2015 carta urxente ao director de zona e xefe distribución
 
Moción apoio servizo Correos polo Concello da Coruña
Moción apoio servizo Correos polo Concello da CoruñaMoción apoio servizo Correos polo Concello da Coruña
Moción apoio servizo Correos polo Concello da Coruña
 
Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?
Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?
Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?
 

More from Cgt Correos A Coruña

Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...
Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...
Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...Cgt Correos A Coruña
 
Instrucción campaña nadal Correos 2018
Instrucción campaña nadal Correos 2018Instrucción campaña nadal Correos 2018
Instrucción campaña nadal Correos 2018Cgt Correos A Coruña
 
Peticion medidas temporal novembro 2018
Peticion medidas temporal novembro 2018Peticion medidas temporal novembro 2018
Peticion medidas temporal novembro 2018Cgt Correos A Coruña
 
Acordo funcionarios para cobrar atrasos
Acordo funcionarios para cobrar atrasosAcordo funcionarios para cobrar atrasos
Acordo funcionarios para cobrar atrasosCgt Correos A Coruña
 
Instruccións campaña nadal 2016 (1)
Instruccións campaña  nadal 2016 (1)Instruccións campaña  nadal 2016 (1)
Instruccións campaña nadal 2016 (1)Cgt Correos A Coruña
 
Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1
Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1
Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1Cgt Correos A Coruña
 
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICOTEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICOCgt Correos A Coruña
 
CGT gana sentencia al tribunal médico central de Correos.
CGT gana sentencia al tribunal médico central de Correos.CGT gana sentencia al tribunal médico central de Correos.
CGT gana sentencia al tribunal médico central de Correos.Cgt Correos A Coruña
 
Borrador bases consolidación de empleo 29 de diciembre
Borrador bases consolidación de empleo 29 de diciembreBorrador bases consolidación de empleo 29 de diciembre
Borrador bases consolidación de empleo 29 de diciembreCgt Correos A Coruña
 

More from Cgt Correos A Coruña (18)

Buzón Rebelde da CGT. Verán 2021
Buzón Rebelde da CGT. Verán 2021Buzón Rebelde da CGT. Verán 2021
Buzón Rebelde da CGT. Verán 2021
 
Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...
Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...
Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...
 
Instrucción campaña nadal Correos 2018
Instrucción campaña nadal Correos 2018Instrucción campaña nadal Correos 2018
Instrucción campaña nadal Correos 2018
 
Peticion medidas temporal novembro 2018
Peticion medidas temporal novembro 2018Peticion medidas temporal novembro 2018
Peticion medidas temporal novembro 2018
 
Acordo funcionarios para cobrar atrasos
Acordo funcionarios para cobrar atrasosAcordo funcionarios para cobrar atrasos
Acordo funcionarios para cobrar atrasos
 
Comunicado xuizo bolsas Correos
Comunicado xuizo bolsas CorreosComunicado xuizo bolsas Correos
Comunicado xuizo bolsas Correos
 
Bolsa de emprego 2017
Bolsa de emprego 2017Bolsa de emprego 2017
Bolsa de emprego 2017
 
Comunicado 1% salario Correos
Comunicado 1% salario Correos Comunicado 1% salario Correos
Comunicado 1% salario Correos
 
Acción social 2017 ok
Acción social 2017 okAcción social 2017 ok
Acción social 2017 ok
 
Recoñecimentos 2017
Recoñecimentos 2017Recoñecimentos 2017
Recoñecimentos 2017
 
Instruccións campaña nadal 2016 (1)
Instruccións campaña  nadal 2016 (1)Instruccións campaña  nadal 2016 (1)
Instruccións campaña nadal 2016 (1)
 
Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1
Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1
Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1
 
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICOTEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
 
Axudas acción social 2016
Axudas acción social 2016Axudas acción social 2016
Axudas acción social 2016
 
CGT gana sentencia al tribunal médico central de Correos.
CGT gana sentencia al tribunal médico central de Correos.CGT gana sentencia al tribunal médico central de Correos.
CGT gana sentencia al tribunal médico central de Correos.
 
Calendario laboral 2016
Calendario laboral 2016Calendario laboral 2016
Calendario laboral 2016
 
Bases consolidación empleo 2015
Bases consolidación empleo 2015Bases consolidación empleo 2015
Bases consolidación empleo 2015
 
Borrador bases consolidación de empleo 29 de diciembre
Borrador bases consolidación de empleo 29 de diciembreBorrador bases consolidación de empleo 29 de diciembre
Borrador bases consolidación de empleo 29 de diciembre
 

Buzón Rebelde da CGT Correos da Coruña 24

  • 1. O R G A N O D E D I F U S I Ó N D A C G T C O R R E O S – A C O R U Ñ A cgtcorreosacorunha @gmail.com telefone: 674 070 105 RICO 83230 24 Barcelona está a ser o epicentro das mobilizacións. O pasado 22 de xuño levouse a cabo o bloqueo da saída das rutas de reparto no CTP do porto, que paralizou o reparto nesa cidade. Tamén se ocupou a oficina principal, a de Passeig de Grácia e asimismo a dirección de Zona, o persoal esixe a readmisión in- mediata das 5 compañeiras despedidas, aplicando con extrema dureza o convenio e a reforma laboral.
  • 2. AUSENTE ENTREGADA DESCOÑECIDO Os despedimentos, a precariedade, os recargos, a conciliación familiar, a contratación, os abusos médicos... motivos polos que loitar hai moitos. E xente loitando tamén. Na UR3 da Coruña xa levan varias xornadas de folga parcial indefinida contra o redimensionamento e non están a levar recargos polo de agora. En Barcelona varios distritos nos que as cargas de traballo resultaban inasumibles uniron as súas forzas e okuparon as dependencias de RR.HH. para mostrar o seu descontento e sinalar aos responsables En Nafarroa a dirección de zona apresurouse a negociar ca plantilla en canto tivo enriba da mesa unha convocatoria de folga indefinida no mes de xuño, plantexando opcións e asumindo compromisos de coberturas e redimensionamentos As/os compis da quenda da tarde do CTA de Lavacolla comezaron o pasado 23 de xuño unha folga de sábados para conseguir ter unha xornada de luns a venres, reivindicación ca CGT estende tamén as oficinas e as USEs tal e como figura na nosa táboa reivindicativa.. O persoal excluído das derradeiras bolsas de contratación manifestouse en Madrid e máis de trinta distritos da mesma cidade continúan facendo folgas de 2 horas cas que conseguen contratación nas súas unidades. Todas estas mobilizacións están a acontecer na actualidade, e o elemento común é que o protagonismo o esta a ter integramente o persoal. Mentres tanto, mentres que problemas concretos afectan a sitios concretos, mentres que hai mobilizacións reais, a “maioría” sindical non está presente en ningunha delas. Nen se lle espera... A MAIORÍA SINDICAL, QUE NON PLANTEXA NIN- GUNHA OPOSICIÓN REAL E MENTRAS FAI CAIXA A FINANCIACIÓN NECESARIA PARA A PRESTACIÓN DO SPU, ESTRATEXIA HABITUAL PARA PRESENTAR UN SERVIZO COMO DEFICITARIO O EMPLEO ESTABLE, A XORNADA COMPLETA. CADA VEZ SOMOS MENOS E MAIS PRECARI@S FALECIDO O SERVIZO PÚBLICO, SACRIFICADO POLA RENTA- BILIDADE, A PRODUCTIVIDADE E AS POLÍTICAS NEOLIBERAIS Temos novo presi. O partido que o nomea (PSOE) xa ten un grande pa- sado privatizador de Correos… e co- meza mal, pois man- tense o recorte de 60 millóns nos PGE para a prestación do servizo postal universal.
  • 3. Buzóns concentrados, oficinas decadentes ou directamente pechadas , horarios de atención cada vez máis reducidos, menos persoal no servizo, a correspondencia de cando en vez.. Con este panorama a Xunta ven de concedernos unha medalla. Vivir para ver Este é o reflexo do interese real de Correos polo reparto no medio rural. Por moito orgullo e satisfacción co que se recollan os premios, por moitos discursos e postas en escea bucólicas que o adornen...a realidade é que os criterios mercantilistas, esa falacia de rendabilidade ou morte, está a desmantelar de a pouco o servizo postal (e non só) nos entornos rurais. Resúltanos moi cínico e perverso o discurso que esconden estes recoñecementos, unha posta en valor falaz e falta de compromiso do correo rural e da importancia e calidade dos servizos que prestamos á cidadanía por parte , precisamente, de quenes o están a desmantelar. Non queremos homenaxes nin medallas, se a Xunta quere apoiar o correo rural xa sabe o que ten que facer: colaborar economicamente con elo e velar para que Correos cumpra o servizo diario coa calidade esixida, cos medios humanos e materiais necesarios. Hola, son un/ha carteiro/a rural. Aporto o meu coche vello e descolorido, meténdoo por pistas, corredoiras e camiños de terra, aínda sabendo que o seguro non me cubre neses lugares. Cobro por elo o mesmo prezo da gasolina e mantemento do vehículo desde 2011. E con iso teño que pagar rodas, freos, seguros, aceite, mantemento... unha ruína. Levo os paquetes e as cartas tirados polos asentos, arriscándome a unha multa ou a un accidente por desprazamento interior de carga. Abro unha oficina que se cae a trozos 30 minutos cada día cedida por un concello. Non ten ordenador, nin teléfono, nin baño, o único que ten é unha báscula vella. Se admito algo teño que logo ir facer contas a outra oficina e facer malabares para cobrar ou devolver o cambio. A oficina está na porta dun instituto aproveitando o espazo da entrada, ten unha mesa vella e unha estantería que sobraba en non sei onde. Como me da vergoña que sexa unha lameira cando chove paso eu a vasoira e a fregona. Incluso o ano pasado veu un veciño a axudarme a pintar. No inverno poño dúas estufas que traio da casa para non pasar frío. Teño logo unha ruta de 90 quilómetros que foi ampliada logo do último recorte, o que me obriga a facer o reparto en 3 días. Vamos, o que quere dicir que a xente da miña zona só ten dereito ao reparto un terzo do tempo... E xa nos dixeron que cando se xubile o do lado non van poñer ninguén. Agora, como novidade, teño que recoller unhas mochilas de pelegríns, e o xefe da unidade xa me dixo que iso tiña prioridade “se tes que deixar unha parroquia sen repartir, pois a deixas e punto”. Acabo de recibir unha medalla Castelao... Metédea onde vos colla. De nada. Atentamente.
  • 4. Se estás a formar ao novo persoal que entra, indicándolle, por exemplo, como hai que embarriar, introducir ou liquidar certificados, etc, deberías saber que ese traballo está remunerado en Correos. En Compostela, por exemplo, veñen de organizar unha bolsa de voluntarixs para realizar tarefas de formación do novo persoal. Tarefas voluntarias, pero retribuídas, tal e como vimos lembrando desde a CGT. Agardamos que de inmediato estas prácticas cheguen a toda a provincia. Na enquisa realizada por CGT entre os seus simpatizantes, á pregunta "Como definirías a CGT?", un 62'5 % das respostas foi: "bastante radical"; e outro 20 % máis foi: "moi radical". Debo dicir que esperaba unhas respostas semellantes, tendo en conta os comentarios habituais d@s compañer@s. Con todo, a pesar de ser unha resposta esperada, nunca deixa de causarme sorpresa esa visión que se ten deste sindicato. Porque non entendo que ten de radical pedir, por exemplo, que Correos ofreza unhas listas e uns procesos de contratación transparentes. Ou considerar que é inmoral que os seus directivos se suban o soldo en plena "crise" mentres poñen de escusa esa mesma “crise” para conxelar e, mesmo baixar o soldo do resto do persoal. Non entendo como se pode cualificar de radical pensar que a achega do seu vehículo particular para a repartición por parte d@s 6.400 carteir@s rurais supón unha auténtica barbaridade se mire por onde se mire. Ou denunciar que a Mesa que debería tratar periodicamente a posta ao día das retribucións por esa achega non se reuniu desde... 2008 !!! Parece que é de radicais supoñer que o labor sindical debe estar ao servizo de tods@s @s traballador@s, e non exclusivamente d@s afiliad@s. Ou que deben informar en asemblea, cando visitan unha oficina, da actualidade e novidades que nos afectan, no canto de falar exclusivamente, e aos oídos, d@s seus. Apenas comecei a enumerar, e xa me dou conta de que a lista se prevé interminable. Concluamos pois: Non parece desatinado pensar que se equivoca quen cre que é de radicais pedir que se cumpra a Lei Postal e o Estatuto de Correos, sendo conscientes, ademais, o inxustos e deficientes que ambos son. CONSOLIDACIÓN : O TEMARIO ACTUALIZADO EN DESCARGA GRATUITA EN www.cgtcorreosfederal.es Bolsas inxustas, despidos por estar de baixa, documentos filtrados na prensa no que Correos admite querer substituir persoal fixo por even- tual por medio de prexubilacións... Estes e outros son os motivos que levan a manter as peticións de dimisións desde a CGT E se non se van, que os boten. Unha vez destituido o presidente da SEPI e o de Correos, debería tocarlle o turno a directora de RR.HH, Lourdes de la Riva. A UR3 de Coruña volve a declarar xorna- da de folga…. E inmediatamente poñen dous reforzos. Foi na semana pasada, co comezo do período vacacional comezan tamén os recargos indiscriminados. Nesta unidade teñen moi claro que non están dacordo. Se fai uns meses xa lograron prantándose que Correos enviara de contado de novo a euqipa de dimensio- namento, desta volta veñen de conseguir dous reforzos extra, demostrando que se o persoal está unido e con ganas de loitar as cousas lógranse! O 18/07 terá lugar o xuizo polo conflicto colectivo plantexado pola CGT ao respecto da iner- pretación do permiso retribui- do por hospitalización de fami- liar, para que non se exixa o requisito da pernoctación no hospital