SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
Download to read offline
Ó R G A N O D E D I F U S I Ó N D A C G T C O R R E O S – A C O R U Ñ A
cgtcorreosacorunha @gmail.com telefone: 674 070 105 RICO 83230
Outros temas no interior:
 Correos recolle datos de persoal rural.
 Publicado “informe 2020”, damos algún dados.
 No 2021 volveremos perder poder adquisitivo
 2.909.298,67 € para formación no 2020.
 12S: Lembramos: CGT OFRECE O TEMARIO
GRATIS PARA TODO O MUNDO
Dende a CGT somos moi conscientes da necesidade de recuperar
todo tipo de actividades públicas que acompañen e
complementen o descenso da actividade postal “tradicional”.
Desde a nosa organización este é o único camiño posible se
queremos ter un encaixe como servizo público a medio prazo.
Por iso, e no marco das xuntanzas para o plan estratéxico, a CGT
presentamos un completo informe sobre viabilidade legal e
económica da recuperación dun banco público. Nese informe
analizamos a situación dos bancos postais no resto dos países de
Europa e propoñemos que se recupera a banca postal pública tal
como acontece en Italia ou en Francia.
Tamén esiximos na xuntanza do 22 de xullo que se priorice o
coidado na entrega de notificacións. Lembramos que este servizo
público supón o 21,5% por cento dos ingresos de Correos, sendo
unicamente o 3,6% dos envíos. Desde CGT resúltanos
incomprensible, e así llo trasladamos á dirección dentro das
xuntanzas do plan estratéxico, que non se aumente o coidado a
este servizo público, e o agravio comparativo coa paquetería é
tremendo.
Esiximos que se coide este servizo, que non se esgoten os prazos de depósito nas unidades, que
se cumpra a legalidade exquisitamente sen buscar “atallos”, nin avisos ficticios para aforrar
persoal nin escatimando os días de recollida na oficina á cidadanía.
Sucedeu na provincia de Barcelona (Vallés) en xuño de 2021.
CGT denunciara previamente que a responsable indicaba ou
procedía ela mesma a modificar e manipular as horas de
entrega das notificacións o que Correos considerou como “falta
moi grave” con suspensión de emprego e salario de 6 meses.
Dende CGT seguiremos controlando e denunciando estas
accións e pedímosvos que nos comuniquedes se observades
estas falsificacións e manipulacións nas vosas unidades.
As notificacións
supoñen o 21,5%
por cento dos
ingresos de Correos
aínda sendo
unicamente o 3,6%
dos envíos.
Ao respecto do persoal podemos ver neste cadriño da esquerda a
magnitude da eventualidade en Correos nos últimos anos, onde máis
do 40% do persoal tivo contrato eventual. Asimesmo podemos
observar como o persoal indefinido -a pesar do bombo dos procesos
de incorporación- practicamente permanece estable, sendo o dato
35145 en 2019 a 35599 en 2020.
Nunha palabra: os procesos de entrada están servindo
unicamente para contrarrestar puntualmente as
saídas dos anos en curso. O persoal eventual
descende no 2020 (seguramente derivado pola falta
de contratación da crise COVID) pero segue nunha
taxa altísima porcentual. No 2021 intuímos que aínda
tocaremos máis contratación de persoal eventual.
Pouco hai máis indicativo da calidade do servizo
prestado que as queixas e as reclamacións. O ca-
driño da dereita fala por si mesmo, un aumento
de case 200 000 reclamacións no 2020 sobre o
2019, nunha cifra que xa era elevadísima naquel
ano.
Ao respecto do número de
“xefaturas” (unha consulta
habitual á CGT é “cantos
xefes/as hai?”). Podemos
observar que a proporción
é de case 1 persoa respon-
sable por cada 6
“operativos”. Calculado en
FTE. Dende logo todo pa-
rece indicar que sobran
xefaturas.
Estamos obser-
vando que no
2021 a contrata-
ción eventual
está en mínimos
históricos.
No mes de xuño abonáronse con carácter retroactivo os
atrasos dos fondos adicionais de 2019 (0,25%) e 2020
(0,30%) e aínda está pendente a “suba” salarial de 2021. Os
primeiros conceptos estaban pendentes de cobro, e era o
mínimo estipulado no “Il Acuerdo Gobierno-Sindicatos para
la mejora del empleo público y las condiciones de trabajo”
suscrito no 2018 entre o Gobierno do Partido Popular de
Mariano Rajoy Brey e CCOO, UGT e CSI-F. A pesar de que
este mínimo podería ser mellorado non foi así en Correos,
o que non impediu que os sindicatos “da casa” festexaran
con grande pompa (naquel momento aínda se mantiña o
romance coa directiva) facendo ver que “conseguiran” algo,
cando o que se nos deu era o que xa era noso “de oficio”.
Para este ano está pendente a “suba” prevista nos PGE
“de oficio” para o sector público no 2021 do 0,9%, moi por
debaixo do incremento previsto do custe da vida, calcula-
do ate un 2,7% O goberno de Pedro Sánchez xa anticiou
que non compensará de ninguna maneira ao persoal públi-
co, se a iso lle sumamos que no convenio de Correos asina-
do polos sospeitosos habituais non temos ningún tipo de
cláusula de revisión salarial suporá que neste ano previsi-
blemente perderemos outra vez case 2 puntos de poder
adquisitivo, se se cumpren as previsións da comisión euro-
pea. Nos últimos 13 anos únicamente recuperamos mini-
mamente poder adquisitivo no 2019 e 2020, especialmente
polo afundimento dos precios por mor dunha crise econó-
mica e sanitaria impredecible.
CONCLUSIÓN: A PESAR DA APARENCIA PERDEREMOS
UN ANO MÁIS PODER ADQUISITIVO O QUE EN CO-
RREOS SUPÓN XA UN 14,4% EN 13 ANOS!!
O persoal deu por finalizado o paro logo de ter acadado parcial-
mente un compromiso por parte de Correos da cobertura das pra-
zas. Agradecen todas as mostrar de apoio e cariño recibidas así
como todas as aportacións á caixa de resistencia.
Que propoñemos
desde CGT?
Cláusula no convenio
de revisión salarial
automática ao IPC
anual máis 2 puntos
Correos ven de poner en marcha simultáneamente dúas
recollidas de datos entre o persoal rural. Nunha delas Co-
rreos pregunta únicamente se o persoal estaría disposto a
ter vehículo de empresa. Esta recollida estaba prevista e fora
anunciada ante as organizacións sindicais, entre elas a CGT
Na segunda, sen sinatura nin instruccións claras, Correos
recolle datos privativos de carácter persoal sen explicitar nin
aclarar para que vai empregar posteriormente eses datos.
Desde CGT estamos pedindo aclaracións ao respecto e a
RETIRADA urxente desa recollida que, en todo caso, enten-
deríamos como VOLUNTARIA.
Se vos tentan obrigar a asinar algo contactade con CGT pa-
ra ampliar a información e indicarvos como proceder.
¡Aranjuez en lucha! Caixa de resistencia: ES22 1465 0100 93 1744196597
2020: Ano da COVID, ano de menor contratación en
lustros, ano onde “non había diñeiro para nada”... Pero,
¿para formación?: 3 millóns de euros. Coñecemos ese dato
na xuntanza da comisión de Formación celebrada no mes
de marzo de 2021. Como sabedes CGT fai anos que
NEGÁMONOS a participar no lucrativo negocio que supón
para as “academias-sindicais” a impartición destes cursos
absurdos nas máis das ocasións.
Defendemos unha formación de
calidade e homologada que debera
servir para aumentar as
posibilidades de ofrecer novos
servizos no sector público. Pero a
realidade do plan formativo é que
supón un gasto de millóns de euros
en prebendas e parece ter como
único obxectivo unha paz social a
cambio de manter os chiringuitos
que durou unha década a cambio de
mirar para outro lado mentres fomos perdendo máis e
máis seccións de reparto, mentres se instauraban os
recargos e se perdían, ano tras outro prazas estruturais e
contratos para persoal eventual.
Desta cifra algúns sindicatos levan unha boa tallada (aínda
que un par deles aínda teñen cantidades pendentes de
cobro (pobres) –adiviñade cales-). Ademais dende CGT
denunciamos na comisión de formación o recobro que se
está facendo directamente e a selección prioritaria das/os
afiliados/as. O que foi negado cinicamente pol@s
representantes de CCOO, CSIF, UGT, CIG e SL na xuntanza .
Hai que ter moita cara para negar eses cobros e esas
prácticas.
Formación ineficaz pagada por todo o persoal (pois eses 3
millóns saen da “masa salarial”), elaborada por Correos,
pero impartida e cobrada nunha boa parte polos
sindicatos e RECOBRADA POR
SEGUNDA VEZ AO PERSOAL
EVENTUAL NAS ACADEMIAS.
Os sindicatos non son empresas. Non poden depender do
diñeiro que reciban por “vender” os produtos (cursos) que
lles “cede” a dirección a cambio de permitir todo tipo de
recortes e precarizacións. É un erro estratéxico que
prexudica enormemente á clase traballadora. Nos últimos
meses vemos como se “pactan” ERES masivos en bancos
(BBVA, CAIXABANK,etc) e grandes grupos empresarias, a
cambio de unha comisión fixa dun 4% do montante do ERE
para as arcas do sindicato de turno. Acontece demasiadas
veces que os intereses “empresariais” do sindicato póñense
por encima dos intereses das persoas ás que se di
defender.
En Correos levamos xa moitos anos vendo como a
maioría dos sindicatos ingresan un bo petisco en
concepto de formación e cursos puntuables nun
sistema infame onde esas formacións enriquécense
grazas a unha eventualidade que en Correos supera
desde fai case 5 anos o 35%. Non loitan pola
estabilidade do persoal, pois teñen un interese
claro diáfano e concreto en que se manteña, ano
tras ano, a academia de pagamento.
CGT queremos marcar con claridade distancia con isto.
Somos e queremos ser un sindicato no que o que nos move
é o interese xeral e loitar contra as desigualdades, non
aproveitarse delas para o beneficio da nosa organización
Por iso, unha vez máis, queremos lembrarvos que temos
publicado un tema COMPLETO e TOTALMENTE LIBRE E
GRATUITO para que poidades, se o desexades, preparar o
exame do día 12 de setembro sen pasar pola caixa
sindical.
Que propoñemos?
-FIN DAS BOCHORNOSAS
ACADEMAIS SINDICAIS DE
PAGO
-Que a formación a im-
parta Correos directamen-
te a TODO o persoal can-
do entra nas BOLSAS.
-Que a formación sexa útil
para ampliar a carteira de
servizos públicos do per-
soal a cargo de Correos

More Related Content

Similar to Buzón Rebelde da CGT. Verán 2021

Galicia sindical numero 15
Galicia sindical numero 15Galicia sindical numero 15
Galicia sindical numero 15oscargaliza
 
Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 CCOOXustiza
 
Caos nas bolsas de contratación de Correos
Caos nas bolsas de contratación de CorreosCaos nas bolsas de contratación de Correos
Caos nas bolsas de contratación de CorreosCgt Correos A Coruña
 
Comunicado comercio metal pont equipos 04
Comunicado comercio metal pont equipos 04Comunicado comercio metal pont equipos 04
Comunicado comercio metal pont equipos 04oscargaliza
 
Buzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
Buzón rebelde 20 CGT Correos CoruñaBuzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
Buzón rebelde 20 CGT Correos CoruñaCgt Correos A Coruña
 
Acordo funcionarios para cobrar atrasos
Acordo funcionarios para cobrar atrasosAcordo funcionarios para cobrar atrasos
Acordo funcionarios para cobrar atrasosCgt Correos A Coruña
 
2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...
2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...
2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...oscargaliza
 
Folla informativa mesa sectorial
Folla informativa mesa sectorialFolla informativa mesa sectorial
Folla informativa mesa sectorialCCOOXustiza
 
Somos número 6, mayo 2010
Somos número 6, mayo 2010Somos número 6, mayo 2010
Somos número 6, mayo 2010oscargaliza
 
Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015
Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015
Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015Cgt Correos A Coruña
 
Pasquín 19 x (concentracións) pasquín 19-x
Pasquín 19 x (concentracións) pasquín 19-xPasquín 19 x (concentracións) pasquín 19-x
Pasquín 19 x (concentracións) pasquín 19-xoscargaliza
 
Novas da xustiza nº1034 - CCOO
Novas da xustiza nº1034 - CCOONovas da xustiza nº1034 - CCOO
Novas da xustiza nº1034 - CCOOCCOOXustiza
 
Galicia sindical 13
Galicia sindical 13Galicia sindical 13
Galicia sindical 13oscargaliza
 

Similar to Buzón Rebelde da CGT. Verán 2021 (20)

Beneficios 2014
Beneficios 2014Beneficios 2014
Beneficios 2014
 
Galicia sindical numero 15
Galicia sindical numero 15Galicia sindical numero 15
Galicia sindical numero 15
 
Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041
 
Caos nas bolsas de contratación de Correos
Caos nas bolsas de contratación de CorreosCaos nas bolsas de contratación de Correos
Caos nas bolsas de contratación de Correos
 
Contra a Reforma Laboral
Contra a Reforma LaboralContra a Reforma Laboral
Contra a Reforma Laboral
 
Comunicado comercio metal pont equipos 04
Comunicado comercio metal pont equipos 04Comunicado comercio metal pont equipos 04
Comunicado comercio metal pont equipos 04
 
Buzón Rebelde Outono 2023.pdf
Buzón Rebelde Outono 2023.pdfBuzón Rebelde Outono 2023.pdf
Buzón Rebelde Outono 2023.pdf
 
Buzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
Buzón rebelde 20 CGT Correos CoruñaBuzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
Buzón rebelde 20 CGT Correos Coruña
 
Impulso 95
Impulso 95Impulso 95
Impulso 95
 
Acordo funcionarios para cobrar atrasos
Acordo funcionarios para cobrar atrasosAcordo funcionarios para cobrar atrasos
Acordo funcionarios para cobrar atrasos
 
2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...
2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...
2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...
 
Impulso 89
Impulso 89Impulso 89
Impulso 89
 
Buzón rebelde 12 definitivo cor
Buzón rebelde 12 definitivo corBuzón rebelde 12 definitivo cor
Buzón rebelde 12 definitivo cor
 
Folla informativa mesa sectorial
Folla informativa mesa sectorialFolla informativa mesa sectorial
Folla informativa mesa sectorial
 
Somos número 6, mayo 2010
Somos número 6, mayo 2010Somos número 6, mayo 2010
Somos número 6, mayo 2010
 
Impulso 92
Impulso 92Impulso 92
Impulso 92
 
Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015
Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015
Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015
 
Pasquín 19 x (concentracións) pasquín 19-x
Pasquín 19 x (concentracións) pasquín 19-xPasquín 19 x (concentracións) pasquín 19-x
Pasquín 19 x (concentracións) pasquín 19-x
 
Novas da xustiza nº1034 - CCOO
Novas da xustiza nº1034 - CCOONovas da xustiza nº1034 - CCOO
Novas da xustiza nº1034 - CCOO
 
Galicia sindical 13
Galicia sindical 13Galicia sindical 13
Galicia sindical 13
 

More from Cgt Correos A Coruña

Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...
Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...
Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...Cgt Correos A Coruña
 
Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?
Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?
Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?Cgt Correos A Coruña
 
Instrucción campaña nadal Correos 2018
Instrucción campaña nadal Correos 2018Instrucción campaña nadal Correos 2018
Instrucción campaña nadal Correos 2018Cgt Correos A Coruña
 
Peticion medidas temporal novembro 2018
Peticion medidas temporal novembro 2018Peticion medidas temporal novembro 2018
Peticion medidas temporal novembro 2018Cgt Correos A Coruña
 
Buzón Rebelde da CGT Correos da Coruña 24
Buzón Rebelde da CGT Correos da Coruña 24 Buzón Rebelde da CGT Correos da Coruña 24
Buzón Rebelde da CGT Correos da Coruña 24 Cgt Correos A Coruña
 
Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017
Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017
Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017Cgt Correos A Coruña
 
Instruccións campaña nadal 2016 (1)
Instruccións campaña  nadal 2016 (1)Instruccións campaña  nadal 2016 (1)
Instruccións campaña nadal 2016 (1)Cgt Correos A Coruña
 
Moción presentada na deputación da coruña
Moción presentada na deputación da coruñaMoción presentada na deputación da coruña
Moción presentada na deputación da coruñaCgt Correos A Coruña
 
Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1
Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1
Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1Cgt Correos A Coruña
 
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICOTEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICOCgt Correos A Coruña
 
CGT gana sentencia al tribunal médico central de Correos.
CGT gana sentencia al tribunal médico central de Correos.CGT gana sentencia al tribunal médico central de Correos.
CGT gana sentencia al tribunal médico central de Correos.Cgt Correos A Coruña
 
Borrador bases consolidación de empleo 29 de diciembre
Borrador bases consolidación de empleo 29 de diciembreBorrador bases consolidación de empleo 29 de diciembre
Borrador bases consolidación de empleo 29 de diciembreCgt Correos A Coruña
 

More from Cgt Correos A Coruña (20)

Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...
Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...
Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...
 
Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?
Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?
Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?
 
Instrucción campaña nadal Correos 2018
Instrucción campaña nadal Correos 2018Instrucción campaña nadal Correos 2018
Instrucción campaña nadal Correos 2018
 
Peticion medidas temporal novembro 2018
Peticion medidas temporal novembro 2018Peticion medidas temporal novembro 2018
Peticion medidas temporal novembro 2018
 
Buzón Rebelde da CGT Correos da Coruña 24
Buzón Rebelde da CGT Correos da Coruña 24 Buzón Rebelde da CGT Correos da Coruña 24
Buzón Rebelde da CGT Correos da Coruña 24
 
Comunicado xuizo bolsas Correos
Comunicado xuizo bolsas CorreosComunicado xuizo bolsas Correos
Comunicado xuizo bolsas Correos
 
Buzón Rebelde Especial Eventuais
Buzón Rebelde Especial EventuaisBuzón Rebelde Especial Eventuais
Buzón Rebelde Especial Eventuais
 
Bolsa de emprego 2017
Bolsa de emprego 2017Bolsa de emprego 2017
Bolsa de emprego 2017
 
Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017
Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017
Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017
 
Acción social 2017 ok
Acción social 2017 okAcción social 2017 ok
Acción social 2017 ok
 
Recoñecimentos 2017
Recoñecimentos 2017Recoñecimentos 2017
Recoñecimentos 2017
 
Instruccións campaña nadal 2016 (1)
Instruccións campaña  nadal 2016 (1)Instruccións campaña  nadal 2016 (1)
Instruccións campaña nadal 2016 (1)
 
Moción presentada na deputación da coruña
Moción presentada na deputación da coruñaMoción presentada na deputación da coruña
Moción presentada na deputación da coruña
 
Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1
Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1
Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1
 
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICOTEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
 
Axudas acción social 2016
Axudas acción social 2016Axudas acción social 2016
Axudas acción social 2016
 
CGT gana sentencia al tribunal médico central de Correos.
CGT gana sentencia al tribunal médico central de Correos.CGT gana sentencia al tribunal médico central de Correos.
CGT gana sentencia al tribunal médico central de Correos.
 
Calendario laboral 2016
Calendario laboral 2016Calendario laboral 2016
Calendario laboral 2016
 
Bases consolidación empleo 2015
Bases consolidación empleo 2015Bases consolidación empleo 2015
Bases consolidación empleo 2015
 
Borrador bases consolidación de empleo 29 de diciembre
Borrador bases consolidación de empleo 29 de diciembreBorrador bases consolidación de empleo 29 de diciembre
Borrador bases consolidación de empleo 29 de diciembre
 

Buzón Rebelde da CGT. Verán 2021

  • 1. Ó R G A N O D E D I F U S I Ó N D A C G T C O R R E O S – A C O R U Ñ A cgtcorreosacorunha @gmail.com telefone: 674 070 105 RICO 83230 Outros temas no interior:  Correos recolle datos de persoal rural.  Publicado “informe 2020”, damos algún dados.  No 2021 volveremos perder poder adquisitivo  2.909.298,67 € para formación no 2020.  12S: Lembramos: CGT OFRECE O TEMARIO GRATIS PARA TODO O MUNDO Dende a CGT somos moi conscientes da necesidade de recuperar todo tipo de actividades públicas que acompañen e complementen o descenso da actividade postal “tradicional”. Desde a nosa organización este é o único camiño posible se queremos ter un encaixe como servizo público a medio prazo. Por iso, e no marco das xuntanzas para o plan estratéxico, a CGT presentamos un completo informe sobre viabilidade legal e económica da recuperación dun banco público. Nese informe analizamos a situación dos bancos postais no resto dos países de Europa e propoñemos que se recupera a banca postal pública tal como acontece en Italia ou en Francia. Tamén esiximos na xuntanza do 22 de xullo que se priorice o coidado na entrega de notificacións. Lembramos que este servizo público supón o 21,5% por cento dos ingresos de Correos, sendo unicamente o 3,6% dos envíos. Desde CGT resúltanos incomprensible, e así llo trasladamos á dirección dentro das xuntanzas do plan estratéxico, que non se aumente o coidado a este servizo público, e o agravio comparativo coa paquetería é tremendo. Esiximos que se coide este servizo, que non se esgoten os prazos de depósito nas unidades, que se cumpra a legalidade exquisitamente sen buscar “atallos”, nin avisos ficticios para aforrar persoal nin escatimando os días de recollida na oficina á cidadanía. Sucedeu na provincia de Barcelona (Vallés) en xuño de 2021. CGT denunciara previamente que a responsable indicaba ou procedía ela mesma a modificar e manipular as horas de entrega das notificacións o que Correos considerou como “falta moi grave” con suspensión de emprego e salario de 6 meses. Dende CGT seguiremos controlando e denunciando estas accións e pedímosvos que nos comuniquedes se observades estas falsificacións e manipulacións nas vosas unidades. As notificacións supoñen o 21,5% por cento dos ingresos de Correos aínda sendo unicamente o 3,6% dos envíos.
  • 2. Ao respecto do persoal podemos ver neste cadriño da esquerda a magnitude da eventualidade en Correos nos últimos anos, onde máis do 40% do persoal tivo contrato eventual. Asimesmo podemos observar como o persoal indefinido -a pesar do bombo dos procesos de incorporación- practicamente permanece estable, sendo o dato 35145 en 2019 a 35599 en 2020. Nunha palabra: os procesos de entrada están servindo unicamente para contrarrestar puntualmente as saídas dos anos en curso. O persoal eventual descende no 2020 (seguramente derivado pola falta de contratación da crise COVID) pero segue nunha taxa altísima porcentual. No 2021 intuímos que aínda tocaremos máis contratación de persoal eventual. Pouco hai máis indicativo da calidade do servizo prestado que as queixas e as reclamacións. O ca- driño da dereita fala por si mesmo, un aumento de case 200 000 reclamacións no 2020 sobre o 2019, nunha cifra que xa era elevadísima naquel ano. Ao respecto do número de “xefaturas” (unha consulta habitual á CGT é “cantos xefes/as hai?”). Podemos observar que a proporción é de case 1 persoa respon- sable por cada 6 “operativos”. Calculado en FTE. Dende logo todo pa- rece indicar que sobran xefaturas. Estamos obser- vando que no 2021 a contrata- ción eventual está en mínimos históricos.
  • 3. No mes de xuño abonáronse con carácter retroactivo os atrasos dos fondos adicionais de 2019 (0,25%) e 2020 (0,30%) e aínda está pendente a “suba” salarial de 2021. Os primeiros conceptos estaban pendentes de cobro, e era o mínimo estipulado no “Il Acuerdo Gobierno-Sindicatos para la mejora del empleo público y las condiciones de trabajo” suscrito no 2018 entre o Gobierno do Partido Popular de Mariano Rajoy Brey e CCOO, UGT e CSI-F. A pesar de que este mínimo podería ser mellorado non foi así en Correos, o que non impediu que os sindicatos “da casa” festexaran con grande pompa (naquel momento aínda se mantiña o romance coa directiva) facendo ver que “conseguiran” algo, cando o que se nos deu era o que xa era noso “de oficio”. Para este ano está pendente a “suba” prevista nos PGE “de oficio” para o sector público no 2021 do 0,9%, moi por debaixo do incremento previsto do custe da vida, calcula- do ate un 2,7% O goberno de Pedro Sánchez xa anticiou que non compensará de ninguna maneira ao persoal públi- co, se a iso lle sumamos que no convenio de Correos asina- do polos sospeitosos habituais non temos ningún tipo de cláusula de revisión salarial suporá que neste ano previsi- blemente perderemos outra vez case 2 puntos de poder adquisitivo, se se cumpren as previsións da comisión euro- pea. Nos últimos 13 anos únicamente recuperamos mini- mamente poder adquisitivo no 2019 e 2020, especialmente polo afundimento dos precios por mor dunha crise econó- mica e sanitaria impredecible. CONCLUSIÓN: A PESAR DA APARENCIA PERDEREMOS UN ANO MÁIS PODER ADQUISITIVO O QUE EN CO- RREOS SUPÓN XA UN 14,4% EN 13 ANOS!! O persoal deu por finalizado o paro logo de ter acadado parcial- mente un compromiso por parte de Correos da cobertura das pra- zas. Agradecen todas as mostrar de apoio e cariño recibidas así como todas as aportacións á caixa de resistencia. Que propoñemos desde CGT? Cláusula no convenio de revisión salarial automática ao IPC anual máis 2 puntos Correos ven de poner en marcha simultáneamente dúas recollidas de datos entre o persoal rural. Nunha delas Co- rreos pregunta únicamente se o persoal estaría disposto a ter vehículo de empresa. Esta recollida estaba prevista e fora anunciada ante as organizacións sindicais, entre elas a CGT Na segunda, sen sinatura nin instruccións claras, Correos recolle datos privativos de carácter persoal sen explicitar nin aclarar para que vai empregar posteriormente eses datos. Desde CGT estamos pedindo aclaracións ao respecto e a RETIRADA urxente desa recollida que, en todo caso, enten- deríamos como VOLUNTARIA. Se vos tentan obrigar a asinar algo contactade con CGT pa- ra ampliar a información e indicarvos como proceder. ¡Aranjuez en lucha! Caixa de resistencia: ES22 1465 0100 93 1744196597
  • 4. 2020: Ano da COVID, ano de menor contratación en lustros, ano onde “non había diñeiro para nada”... Pero, ¿para formación?: 3 millóns de euros. Coñecemos ese dato na xuntanza da comisión de Formación celebrada no mes de marzo de 2021. Como sabedes CGT fai anos que NEGÁMONOS a participar no lucrativo negocio que supón para as “academias-sindicais” a impartición destes cursos absurdos nas máis das ocasións. Defendemos unha formación de calidade e homologada que debera servir para aumentar as posibilidades de ofrecer novos servizos no sector público. Pero a realidade do plan formativo é que supón un gasto de millóns de euros en prebendas e parece ter como único obxectivo unha paz social a cambio de manter os chiringuitos que durou unha década a cambio de mirar para outro lado mentres fomos perdendo máis e máis seccións de reparto, mentres se instauraban os recargos e se perdían, ano tras outro prazas estruturais e contratos para persoal eventual. Desta cifra algúns sindicatos levan unha boa tallada (aínda que un par deles aínda teñen cantidades pendentes de cobro (pobres) –adiviñade cales-). Ademais dende CGT denunciamos na comisión de formación o recobro que se está facendo directamente e a selección prioritaria das/os afiliados/as. O que foi negado cinicamente pol@s representantes de CCOO, CSIF, UGT, CIG e SL na xuntanza . Hai que ter moita cara para negar eses cobros e esas prácticas. Formación ineficaz pagada por todo o persoal (pois eses 3 millóns saen da “masa salarial”), elaborada por Correos, pero impartida e cobrada nunha boa parte polos sindicatos e RECOBRADA POR SEGUNDA VEZ AO PERSOAL EVENTUAL NAS ACADEMIAS. Os sindicatos non son empresas. Non poden depender do diñeiro que reciban por “vender” os produtos (cursos) que lles “cede” a dirección a cambio de permitir todo tipo de recortes e precarizacións. É un erro estratéxico que prexudica enormemente á clase traballadora. Nos últimos meses vemos como se “pactan” ERES masivos en bancos (BBVA, CAIXABANK,etc) e grandes grupos empresarias, a cambio de unha comisión fixa dun 4% do montante do ERE para as arcas do sindicato de turno. Acontece demasiadas veces que os intereses “empresariais” do sindicato póñense por encima dos intereses das persoas ás que se di defender. En Correos levamos xa moitos anos vendo como a maioría dos sindicatos ingresan un bo petisco en concepto de formación e cursos puntuables nun sistema infame onde esas formacións enriquécense grazas a unha eventualidade que en Correos supera desde fai case 5 anos o 35%. Non loitan pola estabilidade do persoal, pois teñen un interese claro diáfano e concreto en que se manteña, ano tras ano, a academia de pagamento. CGT queremos marcar con claridade distancia con isto. Somos e queremos ser un sindicato no que o que nos move é o interese xeral e loitar contra as desigualdades, non aproveitarse delas para o beneficio da nosa organización Por iso, unha vez máis, queremos lembrarvos que temos publicado un tema COMPLETO e TOTALMENTE LIBRE E GRATUITO para que poidades, se o desexades, preparar o exame do día 12 de setembro sen pasar pola caixa sindical. Que propoñemos? -FIN DAS BOCHORNOSAS ACADEMAIS SINDICAIS DE PAGO -Que a formación a im- parta Correos directamen- te a TODO o persoal can- do entra nas BOLSAS. -Que a formación sexa útil para ampliar a carteira de servizos públicos do per- soal a cargo de Correos