SlideShare a Scribd company logo
1 of 8
Download to read offline
O R G A N O D E D I F U S I Ó N D A C G T C O R R E O S – A C O R U Ñ A EXTRA
cgtcorreosacorunha @gmail.com telefone: 674 070 105 RICO 83230
A EMPRESA E OS
ASINANTES DO
CONVENIO
FOTOGRAFÍANSE
AMAÑANDO UN
ACORDO EXPRÉSS
PARA O PERÍODO
2019/20
CONSOLIDACIÓN-EVENTUALIDADE
-SINIESTRALIDADE-
MOBILIZACIÓNS-LOITAS-
”NEGOCIACIÓNS”-ACORDOS...
ESPECIAL
2018
Todo isto e moito mais no noso BR ESPECIAL 2018
Mira, xa asina-
ron o dos cursi-
ños de Correos
O ano xa empezou
dando pistas de como
ía ser.. Detalliños como
ter a oficina de
Ortigueira sen luz,
confundir a catedral de
Burgos ca de León na
presentación dun selo,
ou facer un exame no
ca xente usaba os
teléfonos reflexan ben
como foi o conxunto,
un desastre total.
2018 foi un mal ano
para a plantilla de
Correos, neste ano
foimos despedid@s por
estar enferm@s,
excluid@s por ser
maiores ou
extorsionad@s por facer
cursiños. Aumentou a
sinistralidade,
aumentou a
eventualidade,
aumentaron as cargas
de traballo...
Tamén foi un ano de
loitas, houbo folgas,
manifestacións,
concentracións...
Tamén foi un ano de
reconquista de dereitos,
na CGT conseguimos
nos xulgados
importantes sentencias
en relación a
conciliación, a
protección da saúde e
outros dereitos básicos
Axitáronse as redes
sociais e chegouse
repetidamente aos
medios de
comunicación. Foi
tempo de respostar as
agresións e de amosar
a nosa solidariedade,
onde a acción directa
volveu a ter
protagonismo e parouse
a produción
Sen dubida foi un ano
de mulleres. Mulleres
que enchinmos as
prazas e rúas e
berramos con forza pola
igualdade e a liberdade,
tamén en Correos onde
a histórica folga
feminista do 8 de marzo
tivo un gran
seguimento.
Houbo grandes
cambios si, pero non os
esperados nin os
necesarios. Máis ben
cambios de cromos,
cambiáronnos o
presidente (e van xa
tropecentos), cesaron á
nefasta directora de
RR.HH. Aánda que fora
demasiado tarde...
Negociouse, ou fíxose
como que se negociaba,
para acordar o que xa
estaba acordado lonxe
de Correos, deixándose
de lado reivindicacións
e demandas históricas
do colectivo postal.
SE NINGUÉN
TRABALLA POR
TI!!
QUE NINGUÉN
DECIDA POR TI!!
¡ÁNIMO, QUE ESTE QUEDOU ASI
PORQUE HAI QUE VER AS QUE TIVO
QUE PASAR, PERO VAS VER QUE A
TI VAITE IR MELLOR
A CGT
Fomos o único sin-
dicato que nos atre-
vimos a denunciar
xudicialmente o te-
ma das inxustas
bolsas, que o xulga-
do desestimou coa
inestimable axuda
da maioría do resto
de sindicatos que se
puxeron do lado da
empresa no xuízo
Cousas veredes...
OS EXAMES
En setembro tivo lugar o tan
esperado, polo retraso na
súa convocatoria, exame de
consolidación.
Consolidou a imaxe de
Correos como especialistas
en chapuzas.
Un exame que houbo que
repetir logo do escándalo na
xa tristemente célebre aula A
da Fac. de Económicas en
Compostela, é que nin ao
segundo intento se fixo ben.
TRABALLAR É O MÁIS!!
AS BOLSAS
Logo de anos denunciando irregularidades
na contratación e esixindo a apertura
dunhas novas bolsas. Por fin este ano
entraron en ¿funcionamento?. A primeira
consecuencia foi a que víase vir, o plan
encuberto de “rexuvenecemento” do
persoal deixaba fora das bolsas, e por ende
da empresa, a milleiros de compañeiras
con anos de servizos prestados en Correos.
Ademais, moitas das novas bolsas
esgótanse no mesmo momento de
empezar a ¿funcionar? Voltándonos a
situación anterior con contratacións
fora de bolsa , facéndose ampliacións
insuficientes e todo isto a través dun
sistema máis confuso e opaco ca nunca,
sen publicidade nin transparencia, sen
criterios claramente definidos, con
rotacións e colindancias imposibles de
explicar, e con unas duracións e causas de
contratación que semellan arbitrarias
E todo isto aconteceu nun ano no cos
índices de eventualidade continuaron por
as nubes, ca contratación a tempo parcial
como modalidade de contratación en alza.
A pesares das loitas de algúns e grazas a
complicidade de outros, a transformación
de traballo estable e digno en eventual e
precario continuou a bo ritmo no 2018, e
de nós vai depender que o vindeiro 2019
sexa diferente
A LOITA É O ÚNICO CAMIÑO!!
2018 foi un ano cheo de novas que nos
chegaban de Catalunya, e Barcelona foi
tamén en Correos un lugar en ebullición.
Fart@s de aguantar; contra os recargos e por
unha contratación suficiente, @s
compañeir@s okuparon as dependencias de
RR.HH. na zona. Esxindo a readmisión das
compañeiras despedidas cortáronse os
accesos ao CTA. E, recentemente, ao comezo
da folga de sábados convocada pela CGT
celebrouse con un piquete informativo que logrou parar a produción
nalgunha das USEs da cidade
Mentres tanto en
Madrid a estratexia dos
paros parciais como
forma de loita ante os
recargos segue a dar os
seus froitos e foron
máis de 35 os distritos
que fixeron paros ao
largo do ano.
Dende o pasado
febreiro esta
ferramenta a temos
dispoñible tamén en
toda a Galiza por mor
da convocatoria da
CGT dunha folga
parcial indefinida
contra os recargos.
En Nafarroa a soa
convocatoria dunha folga
indefinida levou á empresa a
adquirir un compromiso de
coberturas e a realizar un
redimensionamento
axeitado
A solidariedade ante os despedimentos
recorreu todo o estado, fixéronse
concentracións en moitas das cabeceiras
de zona e as compañeiras afectadas
recibiron numerosas mostras de apoio,
tamén dende A Coruña. En marzo teremos
o xuízo pola súa readmisión
SE TOCAN A UNHA TOCANOS A TODAS!!
O persoal excluído das bolsas foi
organizando a súa ira inicial, houbo
concentracións de rexeitamento en moitas
provincias, tamén en Compostela, que
remataron con unha manifestación en
Madrid, esta loita chegou aos medios de
comunicación e recentemente tamén ao
Congreso onde esta prevista unha
comparecencia do presidente da SEPI
para dar respostas sobre o tema
Se houbo unha nova no
eido laboral que pasará á
historia neste ano que
remata, esa foi sen
dubida a folga feminista
do 8 de marzo. Milleiros
de mulleres en todo o
mundo fixeron folga ese
dia. Unha folga laboral,
de estudios e coidados.
Tamén as traballadoras
de Correos paramos ese
día
A CGT foi un dos
sindicatos (o único en
Correos) que atenderon
as demandas do
movemento feminista
convocando folga de
xornada completa (e
non os paros de 2
horas) horas.
O 8M AS MULLERES
PARAMOS O MUNDO!!
A Coruña
tamén loita, e
recupera 1
carteir@!!
Na Coruña non
estivemos alle@s a conflitividade
laboral e vivíronse folgas. Fart@s
de aturar un redimensionamento
mal feito na UR3 da Coruña
fixeron folga contra as sobrecargas
de traballo recuperaron un posto
de trabalo, tamén na quenda de
tarde do CTA plantouse loitando
por unha xornada de luns a venres
Víase vir desde 9 de
marzo, cando se asinou
entre Mariano Rajoy Brey
e algún CCOO, UGT e
CSEIF o acordo “Para la
mejora del empleo público
y las condiciones de
trabajo”, pois é iso única,
pelada e tristemente iso, o
que se acordou o 19 de
decembro de 2019. Non
hai nin unha mísera
mellora para o persoal de
Correos. Cálcanse as
condicións salariais sen
ter en conta o brutal
descenso do poder
adquisitivo do persoal
postal. Pactase un
salario que NON estará
vinculado ao custe da
vida, o que poder facer,
en termos prácticos, que
acabemos perdendo
poder adquisitivo. A anos
luz das subas adicionais a
este pacto que logran
colectivos como o da
xustiza (105 euros de
suba lineal), educación
(6% a maiores), e
sanidade (4% a maiores),
xa non falemos das
recentes subas lineais e
directas de sobre 500
euros a policía e guardia
civil. En Correos: o que
nos quixo dar Mariano,
nin un céntimo mais.
Decepciónante.
No que supón a
estabilización do emprego
un pouco máis do mesmo.
Non “se logra forzar” a
Correos a nada, tal como
indican algúns
comunicados (bastante
patéticos), a realidade é
que Correos legalmente
non pode continuar
cunha taxa de
eventualidade do 30% foi
multada e advertida en
diferentes ocasións nos
últimos tempos. Se ben é
certo que a
administración Montoro
puxo un cepo nas
reposicións de persoal
público. A chegada dun
novo goberno e a
ameaza de novas multas
e sancións millonarias
“convenceron” ao
ministerio para abrir a
porta a novas
contratacións. Este é o
punto tamén onde os
sindicatos-xestoría ven o
maná, pois garántelles
anos de chantaxe sindical
a cambio de cursos,
afiliacións pola forza e
éxito nas eleccións
sindicais. Logo poderemos
dicir aquelo de “disfruten
de lo votado, como
dicimos tantas veces nos
centros de traballo”.
Sobre o tema dos
Sábados. Outro calote.
Non se “logra” nada
tampouco neste apartado.
A realidade é que
Correos declarou en
sede xudicial na
Audiencia Nacional en
setembro que para evitar
unha sentencia
previsible ante a
denuncia de SL e CGT
“amañaría o tema das 48
horas dos descansos
semanais antes de
acabar o ano”. Así é. E
crea un texto do que
aínda temos severas
dúbidas da súa
aplicación, pois indica
“con carácter xeral farase
con voluntarios” e que se
fará en caso de non haber
tales voluntarios? E como
se repartirá de luns a
venres a media hora que
terá que facer o persoal
que deixe de prestar as
gardas? Por non falar do
pírrico que resulta cobrar
7,75 euros brutos (?) por
hora. Demasiadas lagoas
a esta altura... veremos
Sobre o cacarexado
acordo para “quitar os
descontos por estar
enfermo”. Burla total.
Unha vez máis,
simplemente, aplícasenos
a palo seco o acordo
AMEPCT de Rajoy. E o
único que cambia é que
nos primeiros 4 días non
haberá descontos en caso
de Quimioterapia,
Radioterapia, Cirurxía e
Hospitalización. O resto
igual, que unha gripe nos
custe centos de euros
queda igual. Fume e máis
UNA ACORDO PREVISIBLE… E UNHA OPORTUNIDADE PERDIDA.
fume.
Outros temas como
xubilación parcial, plan de
igualdade... nada de nada.
O plan de acción social
“non poderá aumentar a
cantidade do ano
anterior” (conxelado) e a
xubilación parcial farase
por medio de contratos de
relevo, vamos o que marca
a lei, nin máis nin menos.
Por todo isto e por moito
mais a CGT non asina este
simulacro de negociación,
porque dos temas esixidos
pola CGT nada se falou,
por exemplo: Aumento de
salario vinculado ao custe
da vida (IPC) + 2% NADA
Eliminación dos descontos
por estar de baixa polos
motivos habituais: NADA
Suba do combustible no
RURAL? NADA Pagamento
da nocturnidade nas
vacacións do CTA: NADA
Unificar o salario nunha
cantidade única, cobrar
1200, e non
600+200+150+100+50+?,
NADA, Xornada de 35
horas de luns a venres?
NADA Asignar a cada
persoa unha sección
estable e con xornada
completa? NADA Novas
bolsas transparentes e
suficientes? NADA Fin da
persecución médica e
eliminación da
posibilidade de te despedir
por estar de baixa? NADA
Reintegración do persoal
laboral de Correos con
todos os dereitos no
Estatuto Básico do
Empregado Público
(EBEP)? NADA
Unha oportunidade
perdida, pensemos que
desde o 2010 a té o 2020
(unha década) non
tivemos ningún avance
nun texto do convenio que
queda exactamente igual
no seu 99%
Ademais diso é importante
mencionar que, unha vez
máis, asinaron ás nosas
costas. Asinaron sen
preguntar á xente que está
cada día na rúa repartindo
e nas oficinas, unha vez
máis 5 persoas que levan
30 anos liberados
asinaron un convenio sen
que o persoal fora
consultado, sen que
teñamos a posibilidade de
aportar ou puntualizar
algo, sen nos dar a
posibilidade de debater
eses textos nos nosos
centros de traballo. Sen o
REFERENDO previo que
cada vez esixe a CGT
antes de un acordo, e
que estamos valorando
facer nos mesmas entre
o colectivo.
E seguimos
defendendo todo
isto, por iso,
insistimos:
NON ASINAMOS!
Nunha palabra: Déronnos
o que xa era noso , o que
se aprobara para o sector
público, nin mais nin
menos.
TEMOS QUE LOITAR
POR UN CONVENIO
PROPIO E DIGNO.
En caso de quimioterapia, cirurxía, hospitalización ou embarazo non se farán
descontos salariales nos primeiros 4 días. O resto queda igual
Correos felicitounos as
festas con outra campaña
chistosa. “Temos moito
que aprender de Papá
Noel” din, medo nos da...
“Sincronizar un golpe é o segredo para
golpear de xeito potente”
Bruce Lee
PAPÁ NOEL
FICHA POR
CORREOS
2018: Modificación de 1.50% e 0,20% desde o 1 de xaneiro, e
0.25% desde o 1 de xullo de 2018. O persoal funcionario xa o
está a cobrar e o laboral cobrará desde o mes de febreiro
2019: Modificación do 2,25% fixo, vinculado ao PIB podería
haber un 0.25% adicional. 0,25 de fondos adicionais.
2020: 2% fixo, 1% vinculado ao PIB, 0.30% fondos adicionais
2021: Se se cumpre o obxectivo de estabilidade do déficit público 0.55%
Estabilización e reposición de postos de traballo.
Cubrirase a taxa de reposición dos anos 2017,2018 e as previsións da mesma de
2019 e 2020. Podería chegar até as 6626 postos
Adicionalmente haberá un proceso de estabilización con 4574 postos adicionais.
Con carácter xeral serán sempre voluntarios, pagarase a quen vaia 7,75 euros por hora

More Related Content

What's hot

Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015
Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015
Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015Cgt Correos A Coruña
 
Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 CCOOXustiza
 
Buzón Rebelde 22 Especial 2017 CGT Correos A Coruña
Buzón Rebelde  22 Especial 2017 CGT Correos A CoruñaBuzón Rebelde  22 Especial 2017 CGT Correos A Coruña
Buzón Rebelde 22 Especial 2017 CGT Correos A CoruñaCgt Correos A Coruña
 
Buzón Rebelde da CGT Correos da Coruña 24
Buzón Rebelde da CGT Correos da Coruña 24 Buzón Rebelde da CGT Correos da Coruña 24
Buzón Rebelde da CGT Correos da Coruña 24 Cgt Correos A Coruña
 
Novas da xustiza 1028
Novas da xustiza 1028Novas da xustiza 1028
Novas da xustiza 1028CCOOXustiza
 
Novas da xustiza nº 1042
Novas da xustiza nº 1042 Novas da xustiza nº 1042
Novas da xustiza nº 1042 CCOOXustiza
 
Buzón rebelde número 17 nadal definitivo
Buzón rebelde número 17 nadal definitivoBuzón rebelde número 17 nadal definitivo
Buzón rebelde número 17 nadal definitivoCgt Correos A Coruña
 
Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?
Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?
Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?Cgt Correos A Coruña
 

What's hot (15)

Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015
Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015
Buzón rebelde 16, especial contratación verán 2015
 
Novas 1038
Novas 1038 Novas 1038
Novas 1038
 
Buzón Rebelde Especial Eventuais
Buzón Rebelde Especial EventuaisBuzón Rebelde Especial Eventuais
Buzón Rebelde Especial Eventuais
 
Buzón rebelde xaneiro 2015
Buzón rebelde xaneiro 2015Buzón rebelde xaneiro 2015
Buzón rebelde xaneiro 2015
 
Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041 Novas da xustiza nº1041
Novas da xustiza nº1041
 
Buzón Rebelde 22 Especial 2017 CGT Correos A Coruña
Buzón Rebelde  22 Especial 2017 CGT Correos A CoruñaBuzón Rebelde  22 Especial 2017 CGT Correos A Coruña
Buzón Rebelde 22 Especial 2017 CGT Correos A Coruña
 
Novas 1029
Novas 1029Novas 1029
Novas 1029
 
Buzón Rebelde da CGT Correos da Coruña 24
Buzón Rebelde da CGT Correos da Coruña 24 Buzón Rebelde da CGT Correos da Coruña 24
Buzón Rebelde da CGT Correos da Coruña 24
 
Novas da xustiza 1028
Novas da xustiza 1028Novas da xustiza 1028
Novas da xustiza 1028
 
O Buzón Rebelde 13, Especial Nadal
O Buzón Rebelde 13, Especial NadalO Buzón Rebelde 13, Especial Nadal
O Buzón Rebelde 13, Especial Nadal
 
Novas da xustiza nº 1042
Novas da xustiza nº 1042 Novas da xustiza nº 1042
Novas da xustiza nº 1042
 
Buzón rebelde número 17 nadal definitivo
Buzón rebelde número 17 nadal definitivoBuzón rebelde número 17 nadal definitivo
Buzón rebelde número 17 nadal definitivo
 
Novas de eu marzo
Novas de eu marzoNovas de eu marzo
Novas de eu marzo
 
Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?
Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?
Buzón Rebelde 25: unha folga para perder cartos?
 
Impulso 70
Impulso 70Impulso 70
Impulso 70
 

Similar to BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018

Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017
Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017
Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017Cgt Correos A Coruña
 
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...oscargaliza
 
2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...
2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...
2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...oscargaliza
 
Boletín definitivo saúde laboral inverno 2015
Boletín definitivo saúde laboral inverno 2015Boletín definitivo saúde laboral inverno 2015
Boletín definitivo saúde laboral inverno 2015Cgt Correos A Coruña
 
2013 05-08 pnc convenio grandes almacéns e liberalización dos horarios comerc...
2013 05-08 pnc convenio grandes almacéns e liberalización dos horarios comerc...2013 05-08 pnc convenio grandes almacéns e liberalización dos horarios comerc...
2013 05-08 pnc convenio grandes almacéns e liberalización dos horarios comerc...oscargaliza
 
2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais...
2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais...2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais...
2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais...oscargaliza
 
Galicia sindical junio 2010
Galicia sindical junio 2010Galicia sindical junio 2010
Galicia sindical junio 2010oscargaliza
 
Comunicado comercio alimentación pont 03
Comunicado comercio alimentación pont 03Comunicado comercio alimentación pont 03
Comunicado comercio alimentación pont 03oscargaliza
 
Novas da Xustiza nº1033.
Novas da Xustiza nº1033.Novas da Xustiza nº1033.
Novas da Xustiza nº1033.CCOOXustiza
 
Galicia dixital, numero 5
Galicia dixital, numero 5Galicia dixital, numero 5
Galicia dixital, numero 5oscargaliza
 
Galicia sindical numero 10
Galicia sindical numero 10Galicia sindical numero 10
Galicia sindical numero 10oscargaliza
 

Similar to BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018 (19)

Buzón Rebelde Outono 2023.pdf
Buzón Rebelde Outono 2023.pdfBuzón Rebelde Outono 2023.pdf
Buzón Rebelde Outono 2023.pdf
 
Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017
Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017
Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017
 
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
Manifesto%20 conxunto%20mobilizacions%20cc.oo.%20 %20ugt%20sector%20grandes%2...
 
Impulso 91
Impulso 91Impulso 91
Impulso 91
 
2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...
2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...
2013 05-08 pc convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais ...
 
Boletín definitivo saúde laboral inverno 2015
Boletín definitivo saúde laboral inverno 2015Boletín definitivo saúde laboral inverno 2015
Boletín definitivo saúde laboral inverno 2015
 
2013 05-08 pnc convenio grandes almacéns e liberalización dos horarios comerc...
2013 05-08 pnc convenio grandes almacéns e liberalización dos horarios comerc...2013 05-08 pnc convenio grandes almacéns e liberalización dos horarios comerc...
2013 05-08 pnc convenio grandes almacéns e liberalización dos horarios comerc...
 
Impulso 88
Impulso 88Impulso 88
Impulso 88
 
2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais...
2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais...2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais...
2013 05-08 pnp convenio grandes almacéns e liberalización horarios comerciais...
 
Impulso 49
Impulso 49Impulso 49
Impulso 49
 
Impulso 76b
Impulso 76bImpulso 76b
Impulso 76b
 
Galicia sindical junio 2010
Galicia sindical junio 2010Galicia sindical junio 2010
Galicia sindical junio 2010
 
Impulso 89
Impulso 89Impulso 89
Impulso 89
 
Comunicado comercio alimentación pont 03
Comunicado comercio alimentación pont 03Comunicado comercio alimentación pont 03
Comunicado comercio alimentación pont 03
 
Novas da Xustiza nº1033.
Novas da Xustiza nº1033.Novas da Xustiza nº1033.
Novas da Xustiza nº1033.
 
Libro probas 2015
Libro probas 2015Libro probas 2015
Libro probas 2015
 
Galicia dixital, numero 5
Galicia dixital, numero 5Galicia dixital, numero 5
Galicia dixital, numero 5
 
Carta a xefe do cta
Carta a xefe do cta Carta a xefe do cta
Carta a xefe do cta
 
Galicia sindical numero 10
Galicia sindical numero 10Galicia sindical numero 10
Galicia sindical numero 10
 

More from Cgt Correos A Coruña

Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...
Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...
Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...Cgt Correos A Coruña
 
Instrucción campaña nadal Correos 2018
Instrucción campaña nadal Correos 2018Instrucción campaña nadal Correos 2018
Instrucción campaña nadal Correos 2018Cgt Correos A Coruña
 
Peticion medidas temporal novembro 2018
Peticion medidas temporal novembro 2018Peticion medidas temporal novembro 2018
Peticion medidas temporal novembro 2018Cgt Correos A Coruña
 
Acordo funcionarios para cobrar atrasos
Acordo funcionarios para cobrar atrasosAcordo funcionarios para cobrar atrasos
Acordo funcionarios para cobrar atrasosCgt Correos A Coruña
 
Instruccións campaña nadal 2016 (1)
Instruccións campaña  nadal 2016 (1)Instruccións campaña  nadal 2016 (1)
Instruccións campaña nadal 2016 (1)Cgt Correos A Coruña
 
Moción presentada na deputación da coruña
Moción presentada na deputación da coruñaMoción presentada na deputación da coruña
Moción presentada na deputación da coruñaCgt Correos A Coruña
 
Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1
Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1
Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1Cgt Correos A Coruña
 
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICOTEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICOCgt Correos A Coruña
 
CGT gana sentencia al tribunal médico central de Correos.
CGT gana sentencia al tribunal médico central de Correos.CGT gana sentencia al tribunal médico central de Correos.
CGT gana sentencia al tribunal médico central de Correos.Cgt Correos A Coruña
 
Borrador bases consolidación de empleo 29 de diciembre
Borrador bases consolidación de empleo 29 de diciembreBorrador bases consolidación de empleo 29 de diciembre
Borrador bases consolidación de empleo 29 de diciembreCgt Correos A Coruña
 

More from Cgt Correos A Coruña (18)

Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...
Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...
Denuncia ante la inspección de trabajo. Correos incumple las distancias del p...
 
Instrucción campaña nadal Correos 2018
Instrucción campaña nadal Correos 2018Instrucción campaña nadal Correos 2018
Instrucción campaña nadal Correos 2018
 
Peticion medidas temporal novembro 2018
Peticion medidas temporal novembro 2018Peticion medidas temporal novembro 2018
Peticion medidas temporal novembro 2018
 
Acordo funcionarios para cobrar atrasos
Acordo funcionarios para cobrar atrasosAcordo funcionarios para cobrar atrasos
Acordo funcionarios para cobrar atrasos
 
Comunicado xuizo bolsas Correos
Comunicado xuizo bolsas CorreosComunicado xuizo bolsas Correos
Comunicado xuizo bolsas Correos
 
Bolsa de emprego 2017
Bolsa de emprego 2017Bolsa de emprego 2017
Bolsa de emprego 2017
 
Comunicado 1% salario Correos
Comunicado 1% salario Correos Comunicado 1% salario Correos
Comunicado 1% salario Correos
 
Acción social 2017 ok
Acción social 2017 okAcción social 2017 ok
Acción social 2017 ok
 
Recoñecimentos 2017
Recoñecimentos 2017Recoñecimentos 2017
Recoñecimentos 2017
 
Instruccións campaña nadal 2016 (1)
Instruccións campaña  nadal 2016 (1)Instruccións campaña  nadal 2016 (1)
Instruccións campaña nadal 2016 (1)
 
Moción presentada na deputación da coruña
Moción presentada na deputación da coruñaMoción presentada na deputación da coruña
Moción presentada na deputación da coruña
 
Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1
Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1
Aclaracións sobre eleccións 2016 carta ao director de Zona 1
 
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICOTEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
TEMOS DEREITO A TER DEREITOS. EN DEFENSA DO PÚBLICO
 
Axudas acción social 2016
Axudas acción social 2016Axudas acción social 2016
Axudas acción social 2016
 
CGT gana sentencia al tribunal médico central de Correos.
CGT gana sentencia al tribunal médico central de Correos.CGT gana sentencia al tribunal médico central de Correos.
CGT gana sentencia al tribunal médico central de Correos.
 
Calendario laboral 2016
Calendario laboral 2016Calendario laboral 2016
Calendario laboral 2016
 
Bases consolidación empleo 2015
Bases consolidación empleo 2015Bases consolidación empleo 2015
Bases consolidación empleo 2015
 
Borrador bases consolidación de empleo 29 de diciembre
Borrador bases consolidación de empleo 29 de diciembreBorrador bases consolidación de empleo 29 de diciembre
Borrador bases consolidación de empleo 29 de diciembre
 

BR Extra, novo acordo e resume do ano 2018

  • 1. O R G A N O D E D I F U S I Ó N D A C G T C O R R E O S – A C O R U Ñ A EXTRA cgtcorreosacorunha @gmail.com telefone: 674 070 105 RICO 83230 A EMPRESA E OS ASINANTES DO CONVENIO FOTOGRAFÍANSE AMAÑANDO UN ACORDO EXPRÉSS PARA O PERÍODO 2019/20 CONSOLIDACIÓN-EVENTUALIDADE -SINIESTRALIDADE- MOBILIZACIÓNS-LOITAS- ”NEGOCIACIÓNS”-ACORDOS... ESPECIAL 2018 Todo isto e moito mais no noso BR ESPECIAL 2018 Mira, xa asina- ron o dos cursi- ños de Correos
  • 2. O ano xa empezou dando pistas de como ía ser.. Detalliños como ter a oficina de Ortigueira sen luz, confundir a catedral de Burgos ca de León na presentación dun selo, ou facer un exame no ca xente usaba os teléfonos reflexan ben como foi o conxunto, un desastre total. 2018 foi un mal ano para a plantilla de Correos, neste ano foimos despedid@s por estar enferm@s, excluid@s por ser maiores ou extorsionad@s por facer cursiños. Aumentou a sinistralidade, aumentou a eventualidade, aumentaron as cargas de traballo... Tamén foi un ano de loitas, houbo folgas, manifestacións, concentracións... Tamén foi un ano de reconquista de dereitos, na CGT conseguimos nos xulgados importantes sentencias en relación a conciliación, a protección da saúde e outros dereitos básicos Axitáronse as redes sociais e chegouse repetidamente aos medios de comunicación. Foi tempo de respostar as agresións e de amosar a nosa solidariedade, onde a acción directa volveu a ter protagonismo e parouse a produción Sen dubida foi un ano de mulleres. Mulleres que enchinmos as prazas e rúas e berramos con forza pola igualdade e a liberdade, tamén en Correos onde a histórica folga feminista do 8 de marzo tivo un gran seguimento. Houbo grandes cambios si, pero non os esperados nin os necesarios. Máis ben cambios de cromos, cambiáronnos o presidente (e van xa tropecentos), cesaron á nefasta directora de RR.HH. Aánda que fora demasiado tarde... Negociouse, ou fíxose como que se negociaba, para acordar o que xa estaba acordado lonxe de Correos, deixándose de lado reivindicacións e demandas históricas do colectivo postal. SE NINGUÉN TRABALLA POR TI!! QUE NINGUÉN DECIDA POR TI!! ¡ÁNIMO, QUE ESTE QUEDOU ASI PORQUE HAI QUE VER AS QUE TIVO QUE PASAR, PERO VAS VER QUE A TI VAITE IR MELLOR
  • 3. A CGT Fomos o único sin- dicato que nos atre- vimos a denunciar xudicialmente o te- ma das inxustas bolsas, que o xulga- do desestimou coa inestimable axuda da maioría do resto de sindicatos que se puxeron do lado da empresa no xuízo Cousas veredes... OS EXAMES En setembro tivo lugar o tan esperado, polo retraso na súa convocatoria, exame de consolidación. Consolidou a imaxe de Correos como especialistas en chapuzas. Un exame que houbo que repetir logo do escándalo na xa tristemente célebre aula A da Fac. de Económicas en Compostela, é que nin ao segundo intento se fixo ben. TRABALLAR É O MÁIS!! AS BOLSAS Logo de anos denunciando irregularidades na contratación e esixindo a apertura dunhas novas bolsas. Por fin este ano entraron en ¿funcionamento?. A primeira consecuencia foi a que víase vir, o plan encuberto de “rexuvenecemento” do persoal deixaba fora das bolsas, e por ende da empresa, a milleiros de compañeiras con anos de servizos prestados en Correos. Ademais, moitas das novas bolsas esgótanse no mesmo momento de empezar a ¿funcionar? Voltándonos a situación anterior con contratacións fora de bolsa , facéndose ampliacións insuficientes e todo isto a través dun sistema máis confuso e opaco ca nunca, sen publicidade nin transparencia, sen criterios claramente definidos, con rotacións e colindancias imposibles de explicar, e con unas duracións e causas de contratación que semellan arbitrarias E todo isto aconteceu nun ano no cos índices de eventualidade continuaron por as nubes, ca contratación a tempo parcial como modalidade de contratación en alza. A pesares das loitas de algúns e grazas a complicidade de outros, a transformación de traballo estable e digno en eventual e precario continuou a bo ritmo no 2018, e de nós vai depender que o vindeiro 2019 sexa diferente A LOITA É O ÚNICO CAMIÑO!!
  • 4. 2018 foi un ano cheo de novas que nos chegaban de Catalunya, e Barcelona foi tamén en Correos un lugar en ebullición. Fart@s de aguantar; contra os recargos e por unha contratación suficiente, @s compañeir@s okuparon as dependencias de RR.HH. na zona. Esxindo a readmisión das compañeiras despedidas cortáronse os accesos ao CTA. E, recentemente, ao comezo da folga de sábados convocada pela CGT celebrouse con un piquete informativo que logrou parar a produción nalgunha das USEs da cidade Mentres tanto en Madrid a estratexia dos paros parciais como forma de loita ante os recargos segue a dar os seus froitos e foron máis de 35 os distritos que fixeron paros ao largo do ano. Dende o pasado febreiro esta ferramenta a temos dispoñible tamén en toda a Galiza por mor da convocatoria da CGT dunha folga parcial indefinida contra os recargos. En Nafarroa a soa convocatoria dunha folga indefinida levou á empresa a adquirir un compromiso de coberturas e a realizar un redimensionamento axeitado A solidariedade ante os despedimentos recorreu todo o estado, fixéronse concentracións en moitas das cabeceiras de zona e as compañeiras afectadas recibiron numerosas mostras de apoio, tamén dende A Coruña. En marzo teremos o xuízo pola súa readmisión SE TOCAN A UNHA TOCANOS A TODAS!!
  • 5. O persoal excluído das bolsas foi organizando a súa ira inicial, houbo concentracións de rexeitamento en moitas provincias, tamén en Compostela, que remataron con unha manifestación en Madrid, esta loita chegou aos medios de comunicación e recentemente tamén ao Congreso onde esta prevista unha comparecencia do presidente da SEPI para dar respostas sobre o tema Se houbo unha nova no eido laboral que pasará á historia neste ano que remata, esa foi sen dubida a folga feminista do 8 de marzo. Milleiros de mulleres en todo o mundo fixeron folga ese dia. Unha folga laboral, de estudios e coidados. Tamén as traballadoras de Correos paramos ese día A CGT foi un dos sindicatos (o único en Correos) que atenderon as demandas do movemento feminista convocando folga de xornada completa (e non os paros de 2 horas) horas. O 8M AS MULLERES PARAMOS O MUNDO!! A Coruña tamén loita, e recupera 1 carteir@!! Na Coruña non estivemos alle@s a conflitividade laboral e vivíronse folgas. Fart@s de aturar un redimensionamento mal feito na UR3 da Coruña fixeron folga contra as sobrecargas de traballo recuperaron un posto de trabalo, tamén na quenda de tarde do CTA plantouse loitando por unha xornada de luns a venres
  • 6. Víase vir desde 9 de marzo, cando se asinou entre Mariano Rajoy Brey e algún CCOO, UGT e CSEIF o acordo “Para la mejora del empleo público y las condiciones de trabajo”, pois é iso única, pelada e tristemente iso, o que se acordou o 19 de decembro de 2019. Non hai nin unha mísera mellora para o persoal de Correos. Cálcanse as condicións salariais sen ter en conta o brutal descenso do poder adquisitivo do persoal postal. Pactase un salario que NON estará vinculado ao custe da vida, o que poder facer, en termos prácticos, que acabemos perdendo poder adquisitivo. A anos luz das subas adicionais a este pacto que logran colectivos como o da xustiza (105 euros de suba lineal), educación (6% a maiores), e sanidade (4% a maiores), xa non falemos das recentes subas lineais e directas de sobre 500 euros a policía e guardia civil. En Correos: o que nos quixo dar Mariano, nin un céntimo mais. Decepciónante. No que supón a estabilización do emprego un pouco máis do mesmo. Non “se logra forzar” a Correos a nada, tal como indican algúns comunicados (bastante patéticos), a realidade é que Correos legalmente non pode continuar cunha taxa de eventualidade do 30% foi multada e advertida en diferentes ocasións nos últimos tempos. Se ben é certo que a administración Montoro puxo un cepo nas reposicións de persoal público. A chegada dun novo goberno e a ameaza de novas multas e sancións millonarias “convenceron” ao ministerio para abrir a porta a novas contratacións. Este é o punto tamén onde os sindicatos-xestoría ven o maná, pois garántelles anos de chantaxe sindical a cambio de cursos, afiliacións pola forza e éxito nas eleccións sindicais. Logo poderemos dicir aquelo de “disfruten de lo votado, como dicimos tantas veces nos centros de traballo”. Sobre o tema dos Sábados. Outro calote. Non se “logra” nada tampouco neste apartado. A realidade é que Correos declarou en sede xudicial na Audiencia Nacional en setembro que para evitar unha sentencia previsible ante a denuncia de SL e CGT “amañaría o tema das 48 horas dos descansos semanais antes de acabar o ano”. Así é. E crea un texto do que aínda temos severas dúbidas da súa aplicación, pois indica “con carácter xeral farase con voluntarios” e que se fará en caso de non haber tales voluntarios? E como se repartirá de luns a venres a media hora que terá que facer o persoal que deixe de prestar as gardas? Por non falar do pírrico que resulta cobrar 7,75 euros brutos (?) por hora. Demasiadas lagoas a esta altura... veremos Sobre o cacarexado acordo para “quitar os descontos por estar enfermo”. Burla total. Unha vez máis, simplemente, aplícasenos a palo seco o acordo AMEPCT de Rajoy. E o único que cambia é que nos primeiros 4 días non haberá descontos en caso de Quimioterapia, Radioterapia, Cirurxía e Hospitalización. O resto igual, que unha gripe nos custe centos de euros queda igual. Fume e máis UNA ACORDO PREVISIBLE… E UNHA OPORTUNIDADE PERDIDA.
  • 7. fume. Outros temas como xubilación parcial, plan de igualdade... nada de nada. O plan de acción social “non poderá aumentar a cantidade do ano anterior” (conxelado) e a xubilación parcial farase por medio de contratos de relevo, vamos o que marca a lei, nin máis nin menos. Por todo isto e por moito mais a CGT non asina este simulacro de negociación, porque dos temas esixidos pola CGT nada se falou, por exemplo: Aumento de salario vinculado ao custe da vida (IPC) + 2% NADA Eliminación dos descontos por estar de baixa polos motivos habituais: NADA Suba do combustible no RURAL? NADA Pagamento da nocturnidade nas vacacións do CTA: NADA Unificar o salario nunha cantidade única, cobrar 1200, e non 600+200+150+100+50+?, NADA, Xornada de 35 horas de luns a venres? NADA Asignar a cada persoa unha sección estable e con xornada completa? NADA Novas bolsas transparentes e suficientes? NADA Fin da persecución médica e eliminación da posibilidade de te despedir por estar de baixa? NADA Reintegración do persoal laboral de Correos con todos os dereitos no Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP)? NADA Unha oportunidade perdida, pensemos que desde o 2010 a té o 2020 (unha década) non tivemos ningún avance nun texto do convenio que queda exactamente igual no seu 99% Ademais diso é importante mencionar que, unha vez máis, asinaron ás nosas costas. Asinaron sen preguntar á xente que está cada día na rúa repartindo e nas oficinas, unha vez máis 5 persoas que levan 30 anos liberados asinaron un convenio sen que o persoal fora consultado, sen que teñamos a posibilidade de aportar ou puntualizar algo, sen nos dar a posibilidade de debater eses textos nos nosos centros de traballo. Sen o REFERENDO previo que cada vez esixe a CGT antes de un acordo, e que estamos valorando facer nos mesmas entre o colectivo. E seguimos defendendo todo isto, por iso, insistimos: NON ASINAMOS! Nunha palabra: Déronnos o que xa era noso , o que se aprobara para o sector público, nin mais nin menos. TEMOS QUE LOITAR POR UN CONVENIO PROPIO E DIGNO.
  • 8. En caso de quimioterapia, cirurxía, hospitalización ou embarazo non se farán descontos salariales nos primeiros 4 días. O resto queda igual Correos felicitounos as festas con outra campaña chistosa. “Temos moito que aprender de Papá Noel” din, medo nos da... “Sincronizar un golpe é o segredo para golpear de xeito potente” Bruce Lee PAPÁ NOEL FICHA POR CORREOS 2018: Modificación de 1.50% e 0,20% desde o 1 de xaneiro, e 0.25% desde o 1 de xullo de 2018. O persoal funcionario xa o está a cobrar e o laboral cobrará desde o mes de febreiro 2019: Modificación do 2,25% fixo, vinculado ao PIB podería haber un 0.25% adicional. 0,25 de fondos adicionais. 2020: 2% fixo, 1% vinculado ao PIB, 0.30% fondos adicionais 2021: Se se cumpre o obxectivo de estabilidade do déficit público 0.55% Estabilización e reposición de postos de traballo. Cubrirase a taxa de reposición dos anos 2017,2018 e as previsións da mesma de 2019 e 2020. Podería chegar até as 6626 postos Adicionalmente haberá un proceso de estabilización con 4574 postos adicionais. Con carácter xeral serán sempre voluntarios, pagarase a quen vaia 7,75 euros por hora