1. Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
CEIP de Randufe Nº 74 maio de 2018
María Victoria Moreno non naceu en Galicia nin tivo o galego como
lingua materna. Pero viaxou cara a Galicia e cara ao galego, habitouno
e convidou á súa viaxe a incontables mozas e mozos…
María Victoria Moreno foi alumna de galego e ensinante, despois,
mesmo cando o ensino da lingua propia de Galicia aínda estaba fóra da
lei. Fíxoo, por exemplo, na Asociación de Amigos da Cultura en Ponte-
vedra, en Vilagarcía ou no Ateneo de Ourense. Nos últimos meses do
franquismo, lembra a Academia, a Policía chegou a retirarlle o pasapor-
te por colaborar coa "subversiva" institución ourensá. Pero o seu co ga-
lego era "simplemente, unha historia de amor", declarou en 1993. Op-
tou por Galicia e a súa lingua. Elixiunas.
http://praza.gal/cultura/14453/as-letras-do-2018-para-maria-victoria-moreno-a-profesora-que-viaxou-cara-ao-galego/
2. EU MINTO, TI MENTES, EL MENTE, NÓS MENTIMOS,...
Mais agora non imos contar mentiras e imos dicir verdade sobre outros verbos galegos da terceira
conxugación (seguindo a xeira iniciada no En galego,... mais e mellor nº 73) que teñen a vogal e como últi-
ma vogal da raíz verbal e que presentan unha alternancia vocálica. Están neste caso os verbos seguir,
sentir, servir, ferir, mentir e os seus compostos e derivados.
Estes verbos conxúganse seguindo o seguinte modelo:
O camareiro
serve as me-
sas con moita
rapidez.
Os policías perseguen os ladróns .
Presente de indicativo Presente de subxuntivo Imperativo
sigo siga
segues sigas sigue
segue siga
seguimos sigamos
seguides sigades seguide
seguen sigan