SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
CEIP de Randufe Nº 72 marzo de 2018
Andrea ten 15 anos, estuda derradeiro ciclo de secundaria nun colexio concertado en
Santiago, gústanlle as ciencias sociais, aínda que non ten decidido cara a onde orientar os seus
estudos futuros, no caso de que acceda á universidade, que de seguro accederá. A reflexión que
reproduzo é súa, case que literal: «Nacín nunha familia galegofalante. Os meus país e os meus
avós falaron e falan galego comigo. Pero cheguei á escola e dende o primeiro momento, xa dende
moi pequeniña, decateime de que, na práctica, o galego non contaba, ou contaba ben pouco, nas
relacións sociais, na comunicación cos mestres (con algunha excepción), no tempo de recreo no
colexio, nos cómics, no cine, na televisión… O mundo, fóra da relación íntima cos meus pais, vivía
e desenvolvíase en castelán, e os nenos e as nenas, no colexio, aínda que moitos estaban na miña
situación, instalámonos entre nós tamén en castelán, porque era a lingua que mandaba. ¿Que
podemos facer para que isto non suceda?».
E engade Andrea sobre a súa situación, xunto con algúns outros compañeiros que me visi-
tan: «¿Que temos que facer para que a lingua galega, que nós sabemos que é a lingua do noso
país, a lingua dos nosos pais e dos nosos avós, siga viva e medre arredor de nós?».
Cando Andrea di «arredor de nós» refírese á vida social (as vías de socialización que actú-
an alén da familia: a escola e os amigos fundamentalmente, que é onde se establecen as primeiras
relacións da convivencia). Cando Andrea di «arredor de nós» refírese ás horas de recreo, a rela-
ción cos mestres, a programación do tempo de lecer, os debuxos animados, os xogos (incluídos os
videoxogos), e cada vez máis, xa metidos na adolescencia: as redes sociais, o cine, a música, as
primeiras discotecas, a prensa, a radio, a televisión, a sinalización das cidades, os escaparates das
tendas, o consumo... Dende 1984 dispoñemos de medios de comunicación en galego (a CRTVG,
coa radio e a televisión autonómicas), pero ¿que outras ofertas hai no dial, alén de meritorias pro-
postas de radio local? ¿E os medios impresos? ¿Que oferta ten o cidadán que se achega aos
quioscos de prensa, ou ás carteleiras de cine, nas plataformas dixitais da televisión, na música?
O recente estudo que presentamos dende a Real Academia Galega sobre a presenza/
resistencia da lingua galega nesta segunda década do século XXI, di dúas cousas fundamentais. A
primeira é que a lingua galega segue a ser a lingua maioritaria da nosa poboación, ¡aínda a xente
maior está viva!; pero atención á segunda: a lingua perde aceleradamente falantes nos sectores
máis novos, moi principalmente no ámbito urbano, que é onde se van deseñando e impoñendo os
modelos de futuro. Sobre estes sectores de mocidade é sobre os que cómpre actuar, con vontade
política, con recursos, con intelixencia e firmeza, con afouteza (outra vez a palabra), sen retórica e
sen cortinas de fume, que ao final son demagoxia e ruído.
Victor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2018/02/25/lingua-galega-na-mocidade/0003_201802G25P16993.htm
FÚTBOL, FÚTBOL, FÚTBOL,...
Textos entresacados do blog “Dúbidas do galego” de César Lorenzo Gil ( https://dubidasdogalego.wordpress.com/2016/02/23/lambendo-o-longueiro/):
“Esta entrada quere aclarar algúns termos usuais na lingua do fútbol para podermos xogar e velo sen
problemas en bo galego.”
“Para definir o pau que se coloca en horizontal sobre a portaría (tamén se pode chamar porta ou me-
ta), en galego usaremos traveseiro e debemos evitar travesaño. Os esteos sobre os que asenta o travesei-
ro son postes ou paus.”
“Os puntos de intersección entre o ancho e o longo do campo de fútbol desde os que se lanzan faltas
cando o equipo defensor bota o balón fóra pola súa propia liña de fondo teñen tantos nomes coma esquina
en galego: canto, recanto, recuncho, curruncho, rincón, cornello. Tamén se admite o anglicismo córner.
Loxicamente, o nome do punto tamén se estende ao saque: lanzamento de canto…”
“...o árbitro, a quen tamén podemos definir como xuíz. Os seus axudantes, oficialmente chámanse
árbitros asistentes aínda que en galego podemos denominalos co estranxeirismo linier, liña ou xuíz de li-
ña.”
“O cerne do fútbol é a pelota. Amais das elipses esférico ou coiro podemos usar bóla.”
“En galego é aliñación ou aliñamento, falaremos de xogadores aliñados. O árbitro amoesta (non
amonesta) e hai partidos oficiais e amigables (mellor ca amistosos).”
“Os e as futbolistas levan sempre un uniforme composto por camiseta (ou camisola e camisa), pan-
talóns (ou calzóns), medias e botas.”
“Como non só hai espectáculo no céspede, na bancada (mellor ca grada)
tamén podemos desfrutar tanto coma no banco (mellor ca banquiño ou banqui-
llo). A afección ou seareiros e seareiras (mellor ca afición) adoitan aplaudir,
cantar e faceren a onda (non ola). E como din os Ataque Escampe, se non hai
emoción o público non vibra. E incluso pode apupar ou abouxar (mellor ca abu-
chear) a actuación dos xogadores ou as decisións arbitrais. Se o xogo é moi ma-
lo, é o propio adestrador (mellor ca entrenador) quen rifa ou reprende ou lles
pon unha requesta (mellor calquera destas opcións ca abroncar) o seu equipo.”

More Related Content

Similar to N 72 marzo 2018 engalegomaisemellor

Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Secundaria guia didactica_2013
Secundaria guia didactica_2013Secundaria guia didactica_2013
Secundaria guia didactica_2013satelite1
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Lingua rodada-programa v2
Lingua rodada-programa v2Lingua rodada-programa v2
Lingua rodada-programa v2satelite1
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilsatelite1
 
Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Iolidesarandon
 
Argalladas 2013 2014
Argalladas 2013  2014Argalladas 2013  2014
Argalladas 2013 2014radiorasca
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)
IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)
IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)bibliobrozos
 
Semana intercultural (2)
Semana intercultural (2)Semana intercultural (2)
Semana intercultural (2)REME BUDIÑO
 
Galicia, país das letras
Galicia, país das letrasGalicia, país das letras
Galicia, país das letrascenlf
 
Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019ceipmontemogos
 

Similar to N 72 marzo 2018 engalegomaisemellor (20)

Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Secundaria guia didactica_2013
Secundaria guia didactica_2013Secundaria guia didactica_2013
Secundaria guia didactica_2013
 
Ud correlingua secundaria 2012
Ud correlingua secundaria 2012 Ud correlingua secundaria 2012
Ud correlingua secundaria 2012
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 11
Ollos de aula. Nº 11Ollos de aula. Nº 11
Ollos de aula. Nº 11
 
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Lingua rodada-programa v2
Lingua rodada-programa v2Lingua rodada-programa v2
Lingua rodada-programa v2
 
2. mel e fel en prodeso
2. mel e fel en prodeso2. mel e fel en prodeso
2. mel e fel en prodeso
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
 
Galego
GalegoGalego
Galego
 
Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013
 
Argalladas 2013 2014
Argalladas 2013  2014Argalladas 2013  2014
Argalladas 2013 2014
 
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 7
Ollos de aula. Nº 7Ollos de aula. Nº 7
Ollos de aula. Nº 7
 
IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)
IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)
IV Semana Intercultural (CEIP Ponte dos Brozos)
 
Semana intercultural (2)
Semana intercultural (2)Semana intercultural (2)
Semana intercultural (2)
 
Galicia, país das letras
Galicia, país das letrasGalicia, país das letras
Galicia, país das letras
 
Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019
 
Actividades nas bibliotecas
Actividades nas bibliotecasActividades nas bibliotecas
Actividades nas bibliotecas
 

More from ceiprandufe

N 79 maio 2019 en galego,...mais e mellor
N 79 maio 2019  en galego,...mais e mellorN 79 maio 2019  en galego,...mais e mellor
N 79 maio 2019 en galego,...mais e mellorceiprandufe
 
N 78 marzo 2019 en galego,...mais e mellor
N 78 marzo 2019  en galego,...mais e mellorN 78 marzo 2019  en galego,...mais e mellor
N 78 marzo 2019 en galego,...mais e mellorceiprandufe
 
N 76 xaneiro 2019 en galego,...mais e mellor
N 76 xaneiro 2019  en galego,...mais e mellorN 76 xaneiro 2019  en galego,...mais e mellor
N 76 xaneiro 2019 en galego,...mais e mellorceiprandufe
 
N 75 setembro 2018 en galego mais e mellor
N 75 setembro 2018  en galego mais e mellorN 75 setembro 2018  en galego mais e mellor
N 75 setembro 2018 en galego mais e mellorceiprandufe
 
N 73 abril 2018 engalegomaisemellor
N 73 abril 2018  engalegomaisemellorN 73 abril 2018  engalegomaisemellor
N 73 abril 2018 engalegomaisemellorceiprandufe
 
N74 maio 2018 en galego mais e mellor
N74 maio 2018  en galego mais e mellorN74 maio 2018  en galego mais e mellor
N74 maio 2018 en galego mais e mellorceiprandufe
 
Mulleres da nosa historia
Mulleres da nosa historiaMulleres da nosa historia
Mulleres da nosa historiaceiprandufe
 
Nº 71 febreiro 2018 en galego,...máis e mellor
Nº 71 febreiro 2018  en galego,...máis e mellorNº 71 febreiro 2018  en galego,...máis e mellor
Nº 71 febreiro 2018 en galego,...máis e mellorceiprandufe
 
Nº 70 novembro 2017 en galego,...máis e mellor
Nº 70 novembro 2017  en galego,...máis e mellorNº 70 novembro 2017  en galego,...máis e mellor
Nº 70 novembro 2017 en galego,...máis e mellorceiprandufe
 
Nº 69 outubro 2017 en galego,...máis e mellor
Nº 69 outubro 2017  en galego,...máis e mellorNº 69 outubro 2017  en galego,...máis e mellor
Nº 69 outubro 2017 en galego,...máis e mellorceiprandufe
 
Póster certame poesía
Póster certame poesíaPóster certame poesía
Póster certame poesíaceiprandufe
 
Día biblioteca 2017
Día biblioteca 2017Día biblioteca 2017
Día biblioteca 2017ceiprandufe
 
Nº 68 xuño 2017 en galego,...máis e mellor
Nº 68 xuño 2017  en galego,...máis e mellorNº 68 xuño 2017  en galego,...máis e mellor
Nº 68 xuño 2017 en galego,...máis e mellorceiprandufe
 
Nº 67 maio 2017 en galego,.
Nº 67 maio 2017  en galego,.Nº 67 maio 2017  en galego,.
Nº 67 maio 2017 en galego,.ceiprandufe
 
Nº 66 abril 2017 en galego,.
Nº 66 abril 2017  en galego,.Nº 66 abril 2017  en galego,.
Nº 66 abril 2017 en galego,.ceiprandufe
 
Nº 65 marzo 2017 en galego,.
Nº 65 marzo 2017  en galego,.Nº 65 marzo 2017  en galego,.
Nº 65 marzo 2017 en galego,.ceiprandufe
 
Nº 64 xaneiro 2017 en galego,.
Nº 64 xaneiro 2017  en galego,.Nº 64 xaneiro 2017  en galego,.
Nº 64 xaneiro 2017 en galego,.ceiprandufe
 
Nº 63 novembro 2016 en galego,...máis e mellor
Nº 63 novembro 2016  en galego,...máis e mellorNº 63 novembro 2016  en galego,...máis e mellor
Nº 63 novembro 2016 en galego,...máis e mellorceiprandufe
 
Nº 62 outubro 2016 en galego,.
Nº 62 outubro 2016  en galego,.Nº 62 outubro 2016  en galego,.
Nº 62 outubro 2016 en galego,.ceiprandufe
 

More from ceiprandufe (20)

N 79 maio 2019 en galego,...mais e mellor
N 79 maio 2019  en galego,...mais e mellorN 79 maio 2019  en galego,...mais e mellor
N 79 maio 2019 en galego,...mais e mellor
 
N 78 marzo 2019 en galego,...mais e mellor
N 78 marzo 2019  en galego,...mais e mellorN 78 marzo 2019  en galego,...mais e mellor
N 78 marzo 2019 en galego,...mais e mellor
 
N 76 xaneiro 2019 en galego,...mais e mellor
N 76 xaneiro 2019  en galego,...mais e mellorN 76 xaneiro 2019  en galego,...mais e mellor
N 76 xaneiro 2019 en galego,...mais e mellor
 
N 75 setembro 2018 en galego mais e mellor
N 75 setembro 2018  en galego mais e mellorN 75 setembro 2018  en galego mais e mellor
N 75 setembro 2018 en galego mais e mellor
 
N 73 abril 2018 engalegomaisemellor
N 73 abril 2018  engalegomaisemellorN 73 abril 2018  engalegomaisemellor
N 73 abril 2018 engalegomaisemellor
 
N74 maio 2018 en galego mais e mellor
N74 maio 2018  en galego mais e mellorN74 maio 2018  en galego mais e mellor
N74 maio 2018 en galego mais e mellor
 
Mulleres da nosa historia
Mulleres da nosa historiaMulleres da nosa historia
Mulleres da nosa historia
 
Nº 71 febreiro 2018 en galego,...máis e mellor
Nº 71 febreiro 2018  en galego,...máis e mellorNº 71 febreiro 2018  en galego,...máis e mellor
Nº 71 febreiro 2018 en galego,...máis e mellor
 
Nº 70 novembro 2017 en galego,...máis e mellor
Nº 70 novembro 2017  en galego,...máis e mellorNº 70 novembro 2017  en galego,...máis e mellor
Nº 70 novembro 2017 en galego,...máis e mellor
 
Nº 69 outubro 2017 en galego,...máis e mellor
Nº 69 outubro 2017  en galego,...máis e mellorNº 69 outubro 2017  en galego,...máis e mellor
Nº 69 outubro 2017 en galego,...máis e mellor
 
Póster certame poesía
Póster certame poesíaPóster certame poesía
Póster certame poesía
 
Día biblioteca 2017
Día biblioteca 2017Día biblioteca 2017
Día biblioteca 2017
 
Día biblioteca
Día bibliotecaDía biblioteca
Día biblioteca
 
Nº 68 xuño 2017 en galego,...máis e mellor
Nº 68 xuño 2017  en galego,...máis e mellorNº 68 xuño 2017  en galego,...máis e mellor
Nº 68 xuño 2017 en galego,...máis e mellor
 
Nº 67 maio 2017 en galego,.
Nº 67 maio 2017  en galego,.Nº 67 maio 2017  en galego,.
Nº 67 maio 2017 en galego,.
 
Nº 66 abril 2017 en galego,.
Nº 66 abril 2017  en galego,.Nº 66 abril 2017  en galego,.
Nº 66 abril 2017 en galego,.
 
Nº 65 marzo 2017 en galego,.
Nº 65 marzo 2017  en galego,.Nº 65 marzo 2017  en galego,.
Nº 65 marzo 2017 en galego,.
 
Nº 64 xaneiro 2017 en galego,.
Nº 64 xaneiro 2017  en galego,.Nº 64 xaneiro 2017  en galego,.
Nº 64 xaneiro 2017 en galego,.
 
Nº 63 novembro 2016 en galego,...máis e mellor
Nº 63 novembro 2016  en galego,...máis e mellorNº 63 novembro 2016  en galego,...máis e mellor
Nº 63 novembro 2016 en galego,...máis e mellor
 
Nº 62 outubro 2016 en galego,.
Nº 62 outubro 2016  en galego,.Nº 62 outubro 2016  en galego,.
Nº 62 outubro 2016 en galego,.
 

Recently uploaded

O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (7)

O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 

N 72 marzo 2018 engalegomaisemellor

  • 1. Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 72 marzo de 2018 Andrea ten 15 anos, estuda derradeiro ciclo de secundaria nun colexio concertado en Santiago, gústanlle as ciencias sociais, aínda que non ten decidido cara a onde orientar os seus estudos futuros, no caso de que acceda á universidade, que de seguro accederá. A reflexión que reproduzo é súa, case que literal: «Nacín nunha familia galegofalante. Os meus país e os meus avós falaron e falan galego comigo. Pero cheguei á escola e dende o primeiro momento, xa dende moi pequeniña, decateime de que, na práctica, o galego non contaba, ou contaba ben pouco, nas relacións sociais, na comunicación cos mestres (con algunha excepción), no tempo de recreo no colexio, nos cómics, no cine, na televisión… O mundo, fóra da relación íntima cos meus pais, vivía e desenvolvíase en castelán, e os nenos e as nenas, no colexio, aínda que moitos estaban na miña situación, instalámonos entre nós tamén en castelán, porque era a lingua que mandaba. ¿Que podemos facer para que isto non suceda?». E engade Andrea sobre a súa situación, xunto con algúns outros compañeiros que me visi- tan: «¿Que temos que facer para que a lingua galega, que nós sabemos que é a lingua do noso país, a lingua dos nosos pais e dos nosos avós, siga viva e medre arredor de nós?». Cando Andrea di «arredor de nós» refírese á vida social (as vías de socialización que actú- an alén da familia: a escola e os amigos fundamentalmente, que é onde se establecen as primeiras relacións da convivencia). Cando Andrea di «arredor de nós» refírese ás horas de recreo, a rela- ción cos mestres, a programación do tempo de lecer, os debuxos animados, os xogos (incluídos os videoxogos), e cada vez máis, xa metidos na adolescencia: as redes sociais, o cine, a música, as primeiras discotecas, a prensa, a radio, a televisión, a sinalización das cidades, os escaparates das tendas, o consumo... Dende 1984 dispoñemos de medios de comunicación en galego (a CRTVG, coa radio e a televisión autonómicas), pero ¿que outras ofertas hai no dial, alén de meritorias pro- postas de radio local? ¿E os medios impresos? ¿Que oferta ten o cidadán que se achega aos quioscos de prensa, ou ás carteleiras de cine, nas plataformas dixitais da televisión, na música? O recente estudo que presentamos dende a Real Academia Galega sobre a presenza/ resistencia da lingua galega nesta segunda década do século XXI, di dúas cousas fundamentais. A primeira é que a lingua galega segue a ser a lingua maioritaria da nosa poboación, ¡aínda a xente maior está viva!; pero atención á segunda: a lingua perde aceleradamente falantes nos sectores máis novos, moi principalmente no ámbito urbano, que é onde se van deseñando e impoñendo os modelos de futuro. Sobre estes sectores de mocidade é sobre os que cómpre actuar, con vontade política, con recursos, con intelixencia e firmeza, con afouteza (outra vez a palabra), sen retórica e sen cortinas de fume, que ao final son demagoxia e ruído. Victor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega https://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2018/02/25/lingua-galega-na-mocidade/0003_201802G25P16993.htm
  • 2. FÚTBOL, FÚTBOL, FÚTBOL,... Textos entresacados do blog “Dúbidas do galego” de César Lorenzo Gil ( https://dubidasdogalego.wordpress.com/2016/02/23/lambendo-o-longueiro/): “Esta entrada quere aclarar algúns termos usuais na lingua do fútbol para podermos xogar e velo sen problemas en bo galego.” “Para definir o pau que se coloca en horizontal sobre a portaría (tamén se pode chamar porta ou me- ta), en galego usaremos traveseiro e debemos evitar travesaño. Os esteos sobre os que asenta o travesei- ro son postes ou paus.” “Os puntos de intersección entre o ancho e o longo do campo de fútbol desde os que se lanzan faltas cando o equipo defensor bota o balón fóra pola súa propia liña de fondo teñen tantos nomes coma esquina en galego: canto, recanto, recuncho, curruncho, rincón, cornello. Tamén se admite o anglicismo córner. Loxicamente, o nome do punto tamén se estende ao saque: lanzamento de canto…” “...o árbitro, a quen tamén podemos definir como xuíz. Os seus axudantes, oficialmente chámanse árbitros asistentes aínda que en galego podemos denominalos co estranxeirismo linier, liña ou xuíz de li- ña.” “O cerne do fútbol é a pelota. Amais das elipses esférico ou coiro podemos usar bóla.” “En galego é aliñación ou aliñamento, falaremos de xogadores aliñados. O árbitro amoesta (non amonesta) e hai partidos oficiais e amigables (mellor ca amistosos).” “Os e as futbolistas levan sempre un uniforme composto por camiseta (ou camisola e camisa), pan- talóns (ou calzóns), medias e botas.” “Como non só hai espectáculo no céspede, na bancada (mellor ca grada) tamén podemos desfrutar tanto coma no banco (mellor ca banquiño ou banqui- llo). A afección ou seareiros e seareiras (mellor ca afición) adoitan aplaudir, cantar e faceren a onda (non ola). E como din os Ataque Escampe, se non hai emoción o público non vibra. E incluso pode apupar ou abouxar (mellor ca abu- chear) a actuación dos xogadores ou as decisións arbitrais. Se o xogo é moi ma- lo, é o propio adestrador (mellor ca entrenador) quen rifa ou reprende ou lles pon unha requesta (mellor calquera destas opcións ca abroncar) o seu equipo.”