SlideShare a Scribd company logo
1 of 20
Download to read offline
Bóveda intervindo nun encontro nacional da FMG
2
1931
2021
A FAÍSCA QUE PRENDEU
O 6 de decembro 1931 nacía na cidade de Pontevedra o Partido Gale-
guista. Este feito marcou, claramente, un punto de inflexión na historia
do nacionalismo galego.
O Partido Galeguista non xurdía da nada. Cimentábase sobre unha sólida
base: o programa político emanado da Asemblea Nacionalista de Lugo
de 1918 e a experiencia organizativa das Irmandades da Fala nas que
moitos dos dirixentes do Partido Galeguista xa foran cadros políticos.
Non foi un nacemento sinxelo. Foi o final dunha longa travesía no deserto
e un parto nun contexto no que, politicamente o máis “sinxelo” tería sido
a plena integración do galeguismo político nas estruturas partidarias da
esquerda española en Galiza. Aquela xeración de homes e mulleres non
optou pola vía fácil. Optou pola vía galega.
O nacemento do Partido Galeguista supuxo un avanzo espectacular no
plano organizativo e tamén no ideolóxico. No organizativo, porque é o
primeiro intento serio de creación dunha organización de masas no na-
cionalismo galego. O PG sería capaz de atraer novos continxentes de
galegos e galegas á causa nacional e de se estruturar, non só coma un
Última capa d'A Nosa Terra editada polas Irmandades da Fala, dando o
testemuño ao PG. Febreiro de 1932.
partido político estrito senso, se-
nón coma un movemento políti-
co máis amplo. De aí a atención
que o PG lle prestaría ao ámbito
cultural (co pulo a A Nosa Terra e
á Editorial Nós ou a creación de
moitas asociacións culturais e
ateneos), ao social coa creación
de múltiples grupos agraristas
por todo o país, ao xuvenil coa
creación da Federación Mocida-
des Galeguistas (posteriormente
Federación de Mocidades Nacio-
nalistas) ou ao feminismo, coa
constitución de grupos femini-
nos dentro do propio Partido ou
o impulso de organizacións de
mulleres como a Agrupación Re-
publicana Feminina da Coruña.
Todo isto convertería, de facto,
o Partido Galeguista, na máxima
expresión da autorganización do
pobo galego naquela altura.
Porén, o salto cualitativo que
supuxo o nacemento do Par-
tido Galeguista non se limitou
ao terreo organizativo. Tamén
o foi nos seus eixos políticos.
A proposta ideolóxica do PG,
sintetizada posteriormente por
Castelao no Sempre en Galiza,
resúmese na consideración de
Galiza como nación e, por conse-
guinte, como suxeito de dereitos
políticos. Mais tamén defendían
unha Democracia avanzada con-
cretizada, na esfera internacio-
3
1931
2021
nal, nunha posición claramente antiimperialista e, no plano nacional, na
defensa dun papel activo do sector público na economía (xa defendía,
por exemplo, a creación dunha banca pública), unha fiscalidade progre-
siva e socialmente xusta, unha reforma agraria que entregara a terra aos
labregos e labregas, ou políticas a favor da igualdade real entre homes e
mulleres herdeiras de propostas moi avanzadas ao seu tempo xa colo-
cadas polas Irmandades da Fala.
Foi unha organización que combinou á perfección táctica e estratexia
política. Aínda que participaba das eleccións (chegaría a sacar case
400.000 votos en 1936 e a conseguir sentar no Congreso dos Deputados
a Castelao, Suárez Picallo e Antón Vilar Ponte), nunca se concibiu como
unha plataforma exclusiva nin prioritariamente electoral. Aínda que o
Partido e os seus militantes farían unha moi potente campaña a prol da
aprobación do Estatuto de Galiza de 1936, nunca o concibiron coma un
punto de chegada, senón coma o punto de partida sobre o que avanzar
no proceso de liberación nacional.
O Partido Galeguista foi un proxecto colectivo. Porén, non se podería
entender sen o empurrón de tres nomes propios: Daniel Castelao (o in-
discutíbel liderado político e moral) Alexandre Bóveda (o seu gran orga-
nizador, alma mater do pensamento económico do PG e un dos grandes
artífices do Estatuto do 36) e Vítor Casas (o home de acción, axitación e
entrega absoluta).
A determinación e compromiso inquebrantábel coa liberdade de Galiza
e coas súas clases populares destas persoas e de milleiros de compa-
ñeiros e compañeiras non pasarían desapercibidos para o fascismo es-
pañol. A represión contra o PG sería brutal a partir do golpe militar de 18
de xullo de 1936. Algúns dos seus militantes máis significados como
Bóveda ou Vítor Casas serían executados após un xuízo farsa dirixido
polas autoridades militares. Moitos outros compañeiros serían asasina-
dos sen proceso xudicial, como Ánxel Casal ou Camilo Díaz Baliño. Ou-
tros morrerían no exilio como Castelao, Suárez Picallo ou Amparo López
Jean. E milleiros de militantes e simpatizantes sufrirían torturas, prisión,
desterro ou represión de diferente índole.
A represión foi tan brutal que terían que pasar tres décadas até que vol-
vese prender en Galiza aquela faísca de esperanza. Faríao cunha xera-
ción nova que tería que comezar moitas cousas desde cero, mais non
todas. O legado ideolóxico-político seguía vivo.
O Bloque Nacionalista Galego é hoxe unha formación política con case
catro décadas de historia. Porén, a historia dos seus piares vén de moito
máis atrás. Non se podería entender o BNG de hoxe sen o Partido Ga-
leguista de hai 90 anos. Existe un continuum histórico entre as Irman-
dades da Fala, o Partido Galeguista, o nacionalismo galego organizado
entre os anos 60 e 80 do século pasado (Unión do Povo Galego, Partido
Socialista Galego, Asemblea Nacional-Popular Galega, Esquerda Galega,
etc.) e o que hoxe representa o Bloque Nacionalista Galego. Tanto na
formulación teórica, como nos modelos organizativos e práctica social.
Aquela faísca de 1931 prendeu, segue acesa e disposta culminar o tra-
ballo que aquela xeración irrepetíbel comezou.
Rubén Cela Díaz
Presidente da Fundación Galiza Sempre
4
1931
2021
Asemblea pro-autonomista celebrada na Coruña o 4 de xuño de 1931.
Conferencia dada por Vicente Risco na sede nacional do PG. Pontevedra, 1932.
5
1931
2021
Da rica historia coa que conta Galiza, debemos destacar politicamente o
primeiro terzo do século XX. Tempo no que se abriu un proceso no que o
pobo galego soubo dotarse de ferramentas político-organizativas para se
vertebrar como nación e conquistar o seu destino. As Irmandades da Fala
(IF) desde 1916, coas que se inauguraría o nacionalismo galego a escala
nacional1
, foron quen de ir penetrando en diferentes capas da sociedade.
Mesmo a ditadura inaugurada por Miguel Primo de Rivera a nivel español
por volta de 1923 non sería quen de frear a actividade militante das IF.
Cara ao final daquel primeiro terzo de século, nomeadamente no mes de
xaneiro de 1930, daríanse as condicións obxectivas e subxectivas para
superar a devandita ditadura, dado que o xeneral golpista viña de ser
obrigado a dimitir polo monarca español Alfonso XIII (que ficaba temo-
roso dunha presión popular contraria á ditadura, que levara por diante a
monarquía que tiña dado cobertura ao xefe do Directorio militar desde
había seis anos e medio). Iniciaríase daquelas a nivel español un gober-
no encabezado polo militar Dámaso Berenguer (a coñecida como “Dicta-
blanda”, que duraría pouco máis dun ano).
O nacionalismo galego diante da queda monárquica
(1929-1931)
No mes de outubro de 1929 creábase na Coruña a Organización Republica-
na Gallega Autónoma (ORGA), sendo as súas dúas figuras máis relevantes
Santiago Casares Quiroga e Antón Vilar Ponte. Combinaba aquela formación
política o republicanismo coruñés e o nacionalismo das IF da Coruña. Malia o
entusiasmo de Antón Vilar Ponte e dos galeguistas coruñeses integrados na
ORGA, o resto da militancia irmandiña verían con desconfianza este partido.
Naquela altura os manifestos de inspiración republicana e nacionalista su-
cederíanse na Galiza, ao igual que en Catalunya e Euskal Herria, así como no
resto do Estado español. Para o caso galego foron diversos os encontros e
manifestos que apuntaban cara a un novo tempo. Lembremos o Pacto de
Lestrove, o Compromiso de Barrantes, Ezquerda Galeguista fálalle o país..., así
como obras que saían do prelo, con especial difusión e impacto, destacando
El problema político de Galicia (Madrid, 1930), da autoría de Vicente Risco.
O citado Pacto de Lestrove, asinado o 26 de marzo do 1930, tentaría
aglutinar o conxunto dos republicanos galegos, teoricamente para inci-
dir a nivel español en clave federal e autonomista, de cara aos novos
1 
Vid. Beramendi, Justo, De provincia a nación. Historia do galeguismo político, Vigo, Xerais,
2008.
90
ANOS DO
PARTIDO
GALEGUISTA
1931-2021
6
1931
2021
Xantar da Barxa, en Vigo, no Día da Patria de 1930.
Cartaz do acto político no Teatro García Barbón de Vigo previo ao Xantar da Barxa.
7
1931
2021
tempos que se aveciñaban; dando lugar ao pouco á Federación Repu-
blicana Gallega (FRG), da que sería Santiago Casares Quiroga o máximo
representante. Mais tornaríase ao cabo estéril aquel encontro, tal e como
afirmaría anos despois Daniel Rodríguez Castelao, un dos activistas cen-
trais do nacionalismo galego xa naquela altura2
. Unha realidade que se
vería acompañada a nivel español por unha reactivación do republicanis-
mo, nas súas diversas tendencias, que tivera no Pacto de San Sebastián
de agosto de 1930 o seu punto álxido, co compromiso de derrocar a
monarquía para instaurar unha nova República3
, xuntanza na que estaría
como representante galego o propio Casares Quiroga, e que os galeguis-
tas xulgarían improdutivo4
.
Ese republicanismo que xiraba arredor da ORGA convocou un novo en-
contro pro-republicano galego, procurando hexemonizar no país a opo-
sición republicana fronte á ditadura primorriverista e á monarquía alfon-
sina. Realizouse no pazo de Barrantes (Ribadumia) por volta de 25 de
setembro, e fronte á vontade de Casares Quiroga asistiron maioritaria-
mente nacionalistas galegos como Daniel R. Castelao, Ramón Otero Pe-
drayo, Álvaro de las Casas, Enrique Peinador Lines, Valentín Paz Andrade,
Florentino López Cuevillas ou Ramón Cabanillas (aos que se sumou o
crego agrarista Basilio Álvarez), diante dunha reducida representación
da propia ORGA5
. O encontro desenvolveuse presidido por un discurso
anticaciquil e eminentemente popular. Do que deu en chamarse o Pacto
ou Compromiso de Barrantes derivou un manifesto, inspirado no mani-
festo da I Asemblea Nacionalista Galega das IF (Lugo, 1918)6
.
A partir da desconfianza que os galeguistas profesaban cara a Casares
Quiroga, e por extensión cara a ORGA e a FRG, abriríase un debate arre-
dor da reorganización do nacionalismo galego. O 27 de abril de 1930 ce-
lebraríase a VI Asemblea Nacionalista Galega, no local co que contaba a
IF da Coruña. Xuntanza na que se apostaría por relanzar o nacionalismo
galego após o tempo de censura que representara a ditadura primorrive-
rista. Entre outras cuestións, mesmo se debatería arredor da integración
formal das IF na ORGA, cuestión que se desbotaría en favor da creación
dunha nova organización7
, apostando por un Partido Nacional(ista) Gale-
go. Daquela reunión saíu o acordo de celebrar o Día da Patria de 1930 en
Vigo (logo de seis anos sen o poder celebrar publicamente), dando lugar
ao coñecido Xantar da Barxa.
Os que se deron cita en Vigo asistiron primeiro ao Teatro García Barbón,
onde se desenvolverían diversos discursos (de Otero Pedrayo, Castelao
e Paz Andrade entre outros), para despois participaren do devandito xan-
tar. Neste falaron tamén varios galeguistas, entre os que estaban Caste-
lao, Valentín Paz Andrade, Xosé Núñez Búa, Ramón Cabanillas, Alexan-
dre Bóveda, Antón Vilar Ponte e Álvaro de las Casas, entre outros.
A aposta pola reorganización explicitamente política do nacionalismo
galego, abandonando calquera integración nunha estrutura allea (no-
meadamente a ORGA e a FRG), daría lugar, por exemplo, á constitución
2
 Rodríguez Castelao, Daniel, Sempre en Galiza, Vigo, Galaxia, 1994. p.161.
3
 Asistiría pola Federación Republicana Gallega Santiago Casares Quiroga. Na devandita
xuntanza constituiríase un “comité revolucionario”, presidido por Alcalá-Zamora, acordando
os presentes o común denominador do encontro: o establecemento dunha República, a
descentralización do Estado e a liberdade relixiosa e política.
4
 Rodríguez Castelao, Daniel, Sempre en Galiza,... Op. Cit. p.161.
5
 Algúns, como Lois Peña Novo, veteranos nacionalistas das Irmandades da Fala que se
desmarcarían ao pouco do republicanismo casarista.
6
 A Nosa Terra nº277, 1/11/1930, p.4-5
7
 Beramendi, Justo, De provincia a nación... Op. Cit.
8
1931
2021
Capa do proxecto de programa do PG.
Fundación do Partido Galeguista, 7 de decembro de 1931.
9
1931
2021
do Grupo Autonomista Galego, con sede en Vigo e arredor de Paz Andra-
de, así como do Partido Galeguista de Pontevedra, arredor de Alexandre
Bóveda, Pedro Basanta e Castelao.
Na primavera de 1931 aceleraríanse os acontecementos, a partir das
eleccións municipais de 12 de abril. Nas principais capitais de provin-
cia do Estado español triunfarían as candidaturas republicanas. A partir
duns resultados funestos para as forzas monárquicas, o nerviosismo
nos ministros e integrantes do executivo español, así como na propia
Casa Real, iría in crescendo. Aqueles resultados virían acompañados,
como punto de inflexión, pola abdicación do monarca español. Desde as
Irmandades da Fala afirmarían diante deste contexto:
“...Os oito anos de Dictadura que nos impediron estar en
contaito cô pobo galego coidamos foron de gran proveito,
pois crearon nos galegos unha concencia do propio vali-
mento e da necesidade de que Galicia rixa os seus des-
tiños xa que ficou craramente demostrado que o réxime
centralista era un oustáculo ao desenrolo da nosa vida
particular”.8
A aposta do nacionalismo galego pola solución republicana fora e era
patente, máxime se se optaba pola solución federal do Estado español,
camiño dunha Confederación Ibérica de Estados libres. Cando se viña de
resolver data para as Cortes Constituíntes, nomeadamente para 28 de
xullo daquel 1931, o galeguismo confiaría decididamente en que o réxi-
me republicano español habilitaría un proceso favorábel á Autonomía
galega, entendendo os dirixentes das Irmandades que
“...a Repúbrica veu a poñer o problema en vías de franca
solución e por eso non podemos perder un momento para
chamar a Galicia a esta cruzada patriótica para non desa-
proveitar esta ocasión de conquerir a autonomía”.9
Ora, desde as propias Irmandades da Fala (que non eran un partido polí-
tico e a falta doutra ferramenta) entendían que lle correspondía política e
partidariamente á ORGA representar a Galiza en favor da súa Autonomía.
Figuras das IF moi activas desde a súa fundación, como Víctor Casas,
fixeron todo o posíbel para que a ORGA liderara aquel proceso. Sabedor
Casares Quiroga da relevancia que lle daría protagonizar a loita por un
Estatuto de Autonomía galego, e diante das presións das IF, daría lugar
a que ORGA convocara unha asemblea pro-autonomista na Coruña o 4
de xuño do 1931. O acto foi verdadeiramente multitudinario. Afirmarían
aqueles nacionalistas das IF que aquela xuntanza sería
“...o acontecimento galeguista de mais fonda transcenden-
cia ocurrido [no limiar da II República]. Un acontecimen-
to verdadeiramente extraordinario na vida política galega
(...). Algo como para sentirse realmente sadisfeitos quenes
como a nós ao cabo do anos ollemos como o pobo galego
incorpórase espritual e materialmente ao noso idearium de
redención, ao noso programa de sempre que é o único que
pode siñificar para Galicia a súa liberdade”.10
Un contexto aquel no que, xa que logo, estaba posta toda a atención
no 28 de xuño do devandito ano, data de constitución daquelas novas
Cortes da II República española; encargadas de modelar o novo réxime
8
 “Ao decorrel-os dias”, A Nosa Terra, 1/07/1931 nº284
9
 Ibidem
10
 N.R., “Ao decorrel-os dias” en A Nosa Terra, 1/07/1931 nº284 (capa)
10
1931
2021
Proclamación do Estado republicano da Galiza, nomeándose a Antón
Alonso Ríos presidente da Xunta provisoria, 27 de xuño de 1931.
11
1931
2021
xurídico-administrativo, en clave federal ou centralista, nas que as IF
contaban con conseguir varias actas de deputados nacionalistas. Final-
mente no Parlamento español serían electos os militantes galeguistas
Daniel Rodríguez Castelao e Ramón Otero Pedrayo11
, gabados pola pren-
sa nacionalista12
que presentaba abertamente a desconfianza dos na-
cionalistas pola ORGA13
, no marco da cal tamén conseguiran acta Antón
Vilar Ponte e Ramón Suárez Picallo. O feito histórico que representaría a
entrada daqueles dous deputados nacionalistas na cámara de represen-
tación republicana viña precedido dun outro feito ben singular: a procla-
mación do Estado galego.
O (simbólico) Estado galego
O 27 de xuño daquel 1931, na antesala das devanditas eleccións a Cor-
tes constituíntes, desfilaban centos de traballadores polas rúas de Com-
postela, dos máis de doce mil operarios en folga ligados á construción
do camiño de ferro na liña Zamora-A Coruña, reclamando un ‘Estado
Galego’. A través de varias crónicas de xornais editados ao día seguinte
daquela mobilización, pódese atinxir a cualidade da mesma. Caso de El
Pueblo Gallego, no que se indicaba como se desenvolvera naquel sábado
un multitudinario encontro e manifestación polas rúas de Compostela,
encamiñándose os que alá acudiran “... al Ayuntamiento, izándose la bande-
ra blanca y azul en el edificio y proclamándose el estado gallego" 14
.
Para alén dos activistas citados, o galeguismo irmandiño, sen peso so-
cial suficiente para mobilizar a clase traballadora, ficou a efectos prác-
ticos á marxe da devandita proclamación. As IF non contaban cunha
plataforma partidaria que dese directrices aos seus afiliados de xeito
unívoco en favor ou en contra do mesmo e, aliás, segundo varios cadros
veteranos do galeguismo, non estaba o país suficientemente maduro
como para que unha iniciativa coma aquela puidese solidificar — aínda
simpatizando coa mesma —, como afirmaría o catedrático da Universi-
dade compostelá Salvador Cabeza de León15
.
Ora, a confianza no momento histórico dos galeguistas a respecto de se
materializaren, a medio prazo, as ‘liberdades de Galiza’ era total; afirman-
do os nacionalistas un mes despois daquel significativo feito, e coinci-
dindo co Día de Galiza daquel 1931, que naquela tesitura se estaba
“...ventilando o porvir da nosa terra. A emoción que senti-
mos no día da nosa festa nacional tén de axigantarse de
xeito extraordinario pol-o decisivas que son as horas au-
tuaes e tamén pol-a responsabilidade que os nacionalistas
temos contraguido co-a Terra (...). Fumos nós quenes crea-
mos o ambente galeguista que hoxe respírase en Galicia.
Nós fumos quenes maxinamos e estructuramos unha Ga-
licia nova e libre. Por eso agora que a nosa ideia patriótica
11
 Castelao sería eleito en representación do Partido Galeguista de Pontevedra e Ramón
Otero Pedrayo polo Partido Nazonalista Repubricán de Ourense.
12
 N.R. “Otero Pedrayo e Castelao no Parlamento” en A Nosa Terra 1/10/1931, p.3
13
 Desde o nacionalismo galego, en todo caso, faríanse excepcións no tocante á ORGA, no-
meadamente no que atinxe ao deputado Ramón Suárez Picallo, eleito por este partido; así
como no referido ao deputado Antón Alonso Ríos, galeguista emigrado e eleito pola Federa-
ción de Sociedades Galegas Agrarias e Culturais da República Arxentina.
14
 “Alonso Ríos es nombrado presidente de la Junta Revolucionaria de la República Gallega”
en El Pueblo Gallego 28/06/1931 (capa).
15
 Salvador Cabeza de León era presidente do Seminario de Estudos Galegos desde 1924
e Catedrático de Dereito Internacional na Universidade compostelá. Vid. Cabeza de León,
Salvador, “Encol do Galeguismo”, en A Nosa Terra 25/07/1931, p.5 .
12
1931
2021
Anuncio dun mitin do PG en Cedeira en 1932.
Afiliados e simpatizantes do PG de Franza, Mugardos.
Grupo da Mocedade Galeguista en Celanova, en 1932 (Fundación Curros Enríquez).
13
1931
2021
pode acadar posbilidades de feito, o noso corazón brinca
mais emocionado que nunca e temos ante os ollos, con
toda a súa crudeza, a responsabilidade da labor realizada e
da nosa autuación futura”.16
Constitución e expansión do Partido Galeguista (1931-1936)
Os posicionamentos que iría adoptando a ORGA en relación ao Estatuto
de Autonomía de Galiza e, sobre todo, a falta de iniciativa a nivel institu-
cional e gobernamental tras o acordado na xuntanza da Coruña do 4 de
xullo de 1931, causarían unha enorme decepción e malestar entre a mi-
litancia nacionalista. A diferenza das organizacións maioritarias euskal-
dunas e catalanistas que estaban ligadas á aprobación dos seus respec-
tivos Estatutos de Autonomía, a ORGA tornábase inútil para a loita pola
Autonomía galega. Os nacionalistas das IF, mesmo os partidariamente
integrados na ORGA, madurarían a idea de botar a andar unha nova es-
trutura partidaria, en favor dun réxime autonómico galego. Un partido
político acorde cos principios e obxectivos patrióticos das IF, de cara a
poderen intervir politicamente naquel novo escenario aberto. Loitando
por un Estatuto de Autonomía, que aínda que fora de mínimos, dese pa-
sos decididos camiño do recoñecemento institucional do feito nacional
galego e de construír os cimentos dunha Galiza nova, “...os comezos, a
base onde hase construir a Galicia do porvir que nós arelamos”.17
Unha das voces máis autorizadas do nacionalismo galego do momento, Víctor
Casas(participantedacreacióndaORGAedaquelasrecénelixidoprimeirocon-
selleiro da Irmandade da Fala da Coruña), afirmaría naquel contexto o seguinte:
“Fai xa máis de tres meses que veño falando da necesidade
de orgaizar debidamente as forzas nacionalistas (...). Hai que
comezar axiña para que tan logo como o prebiscito esteña
realizado saia â vida púbrica de Galicia con un verdadeiro
programa, unha ferrea disciplina e unha direición compreta
o partido nacionalista galego. Compría ir pensando as bases
da organización para convocar unha asambreia o mais axi-
ña posibel (...). Polo de pronto eu rogo aos nacionalista que
non se afilien a ningún partido político hespañol por moi au-
tonomista que sexa ou pareza (...). A pensar n’esto e a darlle
forma. E sobre todo pureza, dereición e disciplina”.18
A tal efecto, na recta final do ano 1931 todos os esforzos da militancia nacio-
nalista das IF concentraríanse en favor da creación dunha nova formación po-
lítica19
. De tal xeito que desde as IF se convocaría a VII Asemblea Nacionalista
Galega, a celebrarse entre 6 e 7 de decembro de 1931. A militancia nacionalista
realizaría un duro traballo por todo o país, tensionando toda a militancia das
Irmandades (así como simpatizantes). Fíxose o posíbel para lograr a asistencia
do maior número de agrupacións locais das IF, mais tamén dos partidos gale-
guistasqueseforancreandoarredordaproclamacióndaIIRepública(comoos
xa citados Grupo Autonomista Galego e o Partido Galeguista de Pontevedra).
Barallaríanse varios nomes para a nova formación, incluído o de Partido Nacio-
nalista Galego20
, optándose polo nome de Partido Galeguista (PG).
16
  N.R. “Ao decorrel-os dias” en A Nosa Terra 25/07/1931 (capa)
17
  N.R. “Ao decorrel-os dias” en A Nosa Terra 1/11/1931 (capa)
18
  Casas, Víctor, “Do momento” en A Nosa Terra 1/11/1931, p.2-3
19
 Vid. Castro, Xavier, O galeguismo na encrucillada republicana, Ourense, Deputación Provin-
cial, 1985; Beramendi, Justo, De provincia a nación… Op. Cit.
20
 Que se desbotaría pola relación que se podería establecer co nacional-socialismo ale-
mán…, segundo anotacións manuscritas de Alexandre Bóveda.
14
1931
2021
Cartaz en favor do Estatuto de Autonomía autoría de Camilo Díaz Baliño, 1936.
15
1931
2021
Quen levou o maior peso organizativo en favor da devandita asemblea
foi o Partido Galeguista de Pontevedra e, mais concretamente, Alexandre
Bóveda21
, secretario xeral da organización pontevedresa, xunto a Pedro
Basanta del Río, que ocupaba a presidencia do partido22
. Unha acción
fundamental para unir galeguistas de diverso signo, afiliados en 32 agru-
pacións galeguistas23
locais ou supralocais naquel PG:
“Con estas orgaizacións (...), formaron o Partido Galeguista
moitos galeguistas illados, células de núcreos que logo se
crearon, artistas galegos espallados por toda a nosa Terra,
irmáns afervoados que lonxe de nós labouraban por unha
Galicia mellor”.24
O resultado daquel encontro asemblear desenvolvido en Pontevedra
plasmábase no primeiro editorial d’A Nosa Terra do ano 193225
:
“...Hoxe xa o galeguismo acadou unha unión ausoluta,
unha direición única, un programa moderno e avanzado e
unha discipriña (...). Homes de diversas tendencias políti-
cas relixiosas que coinciden en apreciar de igual maneira
o problema político da nosa terra e axúntanse baixo unha
maneira común, a bandeira da redención galega...”.26
Desde a constitución do PG unha nova xeración de militantes e cadros do
nacionalismo xogaría un papel determinante. Alexandre Bóveda, concreta-
mente, e o grupo galeguista de Pontevedra no seu conxunto, foron fulcrais
para a modernización do nacionalismo galego que representaba a xestación
do PG, en canto que partido propiamente dito no que había uns estatutos que
cumprir e respectar, facendo incompatíbel, a diferenza das Irmandades da
Fala,comotenafirmadoJustoBeramendi,asmilitanciasparalelas,marcando
unha fidelidade ao programa e estrutura da nova organización que aspiraría
á “...autodetermiñación política de Galicia dentro da forma de goberno repubrica-
na”27
, como se podía ler no punto segundo da declaración de principios do PG.
A organización situaría a súa sede central na pontevedresa rúa Tetúan, trasla-
dándose á cidade do Lérez a dirección de A Nosa Terra, que sería exercida por
Víctor Casas, sendo aquel o boletín oficial do PG desde 15 de abril de 1932.
O primeiro secretario de organización do PG sería Alexandre Bóveda e
Pedro Basanta sería formalmente o secretario xeral28
. Ambos encabeza-
ban o comité executivo de que se dotaría o partido. Bóveda ficaría encar-
gado da representación pública do PG xunto a Castelao, así como da súa
expansión e, en clave interna, da cohesión da nova organización.
21
 Bóveda era Xefe do Servizo de Contabilidade da Delegación pontevedresa de Facenda e
ostentaba a dirección da Caixa de Aforros de Pontevedra (que deseñou, xunto á Caixa de
Aforros de Ourense).
22
 Basanta era enxeñeiro de montes e Xefe do Servizo de Repoboación forestal da Depu-
tación Provincial de Pontevedra. Vid. Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán, Alexandre Bóveda nos
seus documentos, Difusora de Letras, Artes e Ideas, Ourense, 2010.
23
 Vid. Partido Galeguista. Documentos I e II Asambreia 1931-1932, Compostela, Nós, pubrica-
cións galegas e imprenta, 1933. [arquivo do autor]
24
 Ibidem
25
 Datado o 1/1/1932, sería o penúltimo número editado como voceiro das IF.
26
  A Nosa Terra, 1/01/1932 p.1
27
 Partido Galeguista. Documentos I e II Asambreia 1931-1932... Op. Cit.
28
 Na II Asemblea Nacional deste partido (Compostela, 1932), Bóveda asumiría a secretaría
xeral e Plácido Castro a secretaría de organización. Bóveda deixaría no 1935 a secretaría xe-
ral, marchando para o desterro a Cádiz — parello a Castelao, que sería desterrado a Badajoz
—, mais mantendo as súas responsabilidades organizativas, para asumir Manuel Gómez
Román a representación xeral do PG.
16
1931
2021
O PG e os nacionalistas vascos e cataláns asinarían o Pacto de Compostela (coñecido ao
pouco como "Galeuzca"), asinado en 25 de xullo de 1933 en clave soberanista.
Fileira de votantes en favor do Estatuto de Autonomía nas rúas de Vigo, 28 de xullo de 1936.
17
1931
2021
Así mesmo, entre a emigración galega tería unha importante presenza o
PG, creándose a Organización Republicana Nacionalista Autónoma Ga-
lega (ORNAG)29
, como delegación arxentina da formación nacionalista,
presidida por Rodolfo Prada Chamocín e da que o lugués Manuel Meilán
Martínez sería secretario. Como era natural, debateríase a creación dun-
ha organización xuvenil nacionalista. Logo de valorar a inicios de 1932
que os agrupamentos xuvenís galeguistas Ultreya pasaran a ser as mo-
cidades do PG30
, tomaríase a decisión de crear as Mocidades Galeguis-
tas. O primeiro grupo sería constituído en Ourense, reunindo ao pouco
máis de mil mozos e mozas e dando lugar lugar en 1934 á Federación de
Mocedades Galeguistas.
Naquel mesmo ano o PG conseguiu gañar importantes complicidades
entre o republicanismo galego non nacionalista para desenvolver unha
Asemblea de Concellos de Galiza Pro-Estatuto de Autonomía, logrando
posicionar máis de douscentos concellos galegos (de pouco máis de
trescentos) a favor dun Estatuto de Autonomía que sería aprobado en
decembro de 193231
e, finalmente, plebiscitado tres anos e medio des-
pois. Un Estatuto avanzado en materia política, social, económica e edu-
cativa, como paso previo dun Estado galego.
Evidenciou aquel proceso a capacidade de introdución política e social
do nacionalismo galego a través do PG ao longo da II República, cuestión
da que tamén serían reflexo as ducias de concelleiros que iría conse-
guindo a formación nacionalista, así como de alcaldías en numerosos
concellos do país, destacando á fronte do executivo local de Santiago de
Compostela Ánxel Casal no ano 1936.
Segundo o tempo republicano avanzaba e o PG tiña que posicionarse po-
liticamente, as contradicións aumentaban no seo dun partido que non se
definira nen de esquerdas nen de dereitas. Ora, a dinámica abertamente de
esquerdas dunha dirección amplamente respaldada pola afiliación, daría
lugar a que a militancia galeguista de dereitas decidira abandonar o partido.
Diante do debate que en 1935 se abriría no PG, en favor dunha ampla coa-
lición de esquerdas a nivel español — para tombar ao goberno españolista
da Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA) —, co concur-
so de organizacións nacionalistas galegas, vascas e catalás (a cambio, no
caso galego, de marcar data para o plebiscito do Estatuto de Autonomía),
daría lugar a dúas escisións no PG. Unha primeira en 1935 desde Ourense,
representada por Vicente Risco, e unha outra en 1936 desde Pontevedra,
capitaneada por Xosé Filgueira Valverde, respondendo ambas ao nome de
Dereita Galeguista (como resposta á participación do PG na coalición que
pasaría a se denominar Frente Popular).
Da vitoria autonomista á queda
Nas eleccións de febreiro de 1936, ás que concorrería no marco da de-
vandita coalición do nacionalismo, o PG conseguiría tres deputados no
Parlamento español: Daniel Rodríguez Castelao, pola circunscrición de
Pontevedra, xunto a Ramón Suárez Picallo e Antón Vilar Ponte32
, pola
circunscrición da Coruña, sumando case catrocentos mil votos. Unha
vez conformado o novo executivo español, que permitiu a celebración do
plebiscito do Estatuto de Autonomía galego, o PG centrouse na realiza-
ción dunha campaña que mobilizou milleiros de persoas polo país adian-
29
 Fundada en Bos Aires no propio 1931 parello ao PG.
30
 Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán, Álvaro de las Casas. Biografía e Documentos, Vigo, Galaxia,
2003, p.46 e ss.
31
 Compostela, 17-19 de decembro de 1932.
32
 Quen falecía ao pouco.
18
1931
2021
O PG a través d'A Nosa Terra publicitou a relevancia da Autonomía.
19
1931
2021
te. Campaña á que se sumaron cadros doutros partidos, colleitando un
éxito sen precedentes. De tal modo que o 28 de xuño de 1936 votaron a
favor do Estatuto de Autonomía 993.351 galegos e galegas, dun censo
conformado por 1.343.135 persoas (das que exerceron o seu dereito ao
voto 1.000.963), atinxindo o voto favorábel á Autonomía galega o 74%
do censo.
Diante deste magnífico contexto, edificado por un PG que xa contaba
con 5.000 afiliados, só restaba que o Estatuto galego fose debatido no
Parlamento español. A tal efecto, unha delegación encabezada por Ánxel
Casal, en calidade de alcalde de Santiago de Compostela, entregaba a
Diego Martínez Barrio, presidente das Cortes españolas, o articulado es-
tatutario por volta de 15 de xullo do 1936.
Apenas tres días despois, o inicio dun golpe militar reaccionario-españo-
lista daría lugar ao inicio da queda dos logros do PG. Boa parte dos seus
cadros acabarían asasinados, presos ou no exilio (previa resistencia),
realidade exemplificada polo asasinato de Alexandre Bóveda e polo exilio
de Daniel Rodríguez Castelao.
O proxecto que representaba o PG no tempo republicano foi reorganiza-
do alén mar, con epicentro en Bos Aires (Arxentina). A través da Irmanda-
de Galega, articulada desde 1941 arredor da figura de Daniel Rodríguez
Castelao33
, dando lugar a unha sorte de goberno no exilio, baixo a de-
nominación de Consello de Galiza, desde o ano 1944. Un nacionalismo
galego que retomaría con teimosía, naquel duro contexto, a loita pola Au-
tonomía galega (até a súa final consecución, o 9 de novembro de 194534
),
atinxindo con éxito o obxectivo táctico central do PG, para o que fora
constituído entre 6 e 7 de decembro de 1931.
33
 Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán, Nacionalismo galego aquén e alén mar. Desarticulación, re-
sistencia e reorganización (1936-1975), Compostela, Laiovento, 2015.
34
 Foran centrais a tal fin os deputados nacionalistas Castelao, Alonso Ríos e Suárez Picallo,
aos que se sumaría Elpidio Villaverde, tamén integrado no Consello de Galiza, así como o
deputado ferrolán do PSOE Edmundo Lorenzo Santiago e o deputado do Partido del Centro
Democrático Ramón Fernández Mato, desouvindo estes dous últimos a liña oficial das súas
organizacións.
Edición Fundación Galiza Sempre
Textos Uxío-Breogán Diéguez Cequiel
Deseño e maquetación Inácio Pavón e Oscar Valadares
Corrección Lingüística Goretti Sanmartín
Colabora Deputación da Coruña
Colabora

More Related Content

What's hot

Evolucion Do Pensamento Galeguista
Evolucion Do Pensamento GaleguistaEvolucion Do Pensamento Galeguista
Evolucion Do Pensamento Galeguistatamara88
 
Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño)
Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño) Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño)
Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño) Marlou
 
O galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XXO galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XXxenevra
 
A Xeración Nós
A Xeración NósA Xeración Nós
A Xeración Nósruben_fc73
 
Presentación Poesía Galega na Ditadura
Presentación Poesía Galega na DitaduraPresentación Poesía Galega na Ditadura
Presentación Poesía Galega na DitaduraMaría Sánchez
 
Galeguismo E Nacionalismo
Galeguismo E NacionalismoGaleguismo E Nacionalismo
Galeguismo E NacionalismoLOKIFUMI46
 
Lite1 09
Lite1 09Lite1 09
Lite1 09xenevra
 
O galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XXO galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XXIgnacio Rodiño
 
A EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do GaleguismoA EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do Galeguismoalexh832
 
tema3_lite
tema3_litetema3_lite
tema3_litexenevra
 
primeiro terzo século XX
primeiro terzo século XXprimeiro terzo século XX
primeiro terzo século XXxenevra
 
Lite1_09
Lite1_09Lite1_09
Lite1_09xenevra
 
Diapositivas R. PiñEiro
Diapositivas R. PiñEiroDiapositivas R. PiñEiro
Diapositivas R. PiñEiroxanelacachada
 

What's hot (19)

Evolucion Do Pensamento Galeguista
Evolucion Do Pensamento GaleguistaEvolucion Do Pensamento Galeguista
Evolucion Do Pensamento Galeguista
 
No exilio
No exilioNo exilio
No exilio
 
Lingua Galega Posguerra
Lingua Galega PosguerraLingua Galega Posguerra
Lingua Galega Posguerra
 
O exilio
O exilio O exilio
O exilio
 
Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño)
Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño) Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño)
Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño)
 
O galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XXO galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XX
 
EspañA Isabelina
EspañA IsabelinaEspañA Isabelina
EspañA Isabelina
 
A Xeración Nós
A Xeración NósA Xeración Nós
A Xeración Nós
 
Presentación Poesía Galega na Ditadura
Presentación Poesía Galega na DitaduraPresentación Poesía Galega na Ditadura
Presentación Poesía Galega na Ditadura
 
Galicia da preguerra
Galicia da preguerraGalicia da preguerra
Galicia da preguerra
 
Galeguismo E Nacionalismo
Galeguismo E NacionalismoGaleguismo E Nacionalismo
Galeguismo E Nacionalismo
 
Lite1 09
Lite1 09Lite1 09
Lite1 09
 
O galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XXO galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XX
 
A EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do GaleguismoA EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do Galeguismo
 
A xeración nós
A xeración nósA xeración nós
A xeración nós
 
tema3_lite
tema3_litetema3_lite
tema3_lite
 
primeiro terzo século XX
primeiro terzo século XXprimeiro terzo século XX
primeiro terzo século XX
 
Lite1_09
Lite1_09Lite1_09
Lite1_09
 
Diapositivas R. PiñEiro
Diapositivas R. PiñEiroDiapositivas R. PiñEiro
Diapositivas R. PiñEiro
 

Similar to 90 anos do Partido Galeguista

A EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do GaleguismoA EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do Galeguismoalexh832
 
Tema 9 Lecciones 3 7
Tema 9  Lecciones 3 7Tema 9  Lecciones 3 7
Tema 9 Lecciones 3 7dudashistoria
 
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao NacionalismoEvolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismosebastian1983
 
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao NacionalismoEvolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismosebastian1983
 
Nacionalismos e rexionalismos
Nacionalismos e rexionalismosNacionalismos e rexionalismos
Nacionalismos e rexionalismosIria Martínez
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Román Landín
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioRomán Landín
 
2ºterzo_sec XX
2ºterzo_sec XX2ºterzo_sec XX
2ºterzo_sec XXxenevra
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXMarlou
 
Alexandre Bóveda: vida, paixón e morte por Galiza
Alexandre Bóveda: vida, paixón e morte por GalizaAlexandre Bóveda: vida, paixón e morte por Galiza
Alexandre Bóveda: vida, paixón e morte por GalizaRomán Landín
 
O galego entre_1900_e_1936
O galego entre_1900_e_1936O galego entre_1900_e_1936
O galego entre_1900_e_1936olgaamigodevesa
 
Antolin Faraldo
Antolin FaraldoAntolin Faraldo
Antolin Faraldoalexh832
 
Restauración e Caciquismo
Restauración e CaciquismoRestauración e Caciquismo
Restauración e CaciquismoXosé Rodríguez
 

Similar to 90 anos do Partido Galeguista (20)

A EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do GaleguismoA EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do Galeguismo
 
100 anos de Nós
100 anos de Nós100 anos de Nós
100 anos de Nós
 
Tema 9 Lecciones 3 7
Tema 9  Lecciones 3 7Tema 9  Lecciones 3 7
Tema 9 Lecciones 3 7
 
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao NacionalismoEvolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
 
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao NacionalismoEvolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
 
Bea
BeaBea
Bea
 
Nacionalismos e rexionalismos
Nacionalismos e rexionalismosNacionalismos e rexionalismos
Nacionalismos e rexionalismos
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)
 
Mitos da historiografía galeguista (1994)
Mitos da historiografía galeguista (1994)Mitos da historiografía galeguista (1994)
Mitos da historiografía galeguista (1994)
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
 
2ºterzo_sec XX
2ºterzo_sec XX2ºterzo_sec XX
2ºterzo_sec XX
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
 
Alexandre Bóveda: vida, paixón e morte por Galiza
Alexandre Bóveda: vida, paixón e morte por GalizaAlexandre Bóveda: vida, paixón e morte por Galiza
Alexandre Bóveda: vida, paixón e morte por Galiza
 
O galego entre_1900_e_1936
O galego entre_1900_e_1936O galego entre_1900_e_1936
O galego entre_1900_e_1936
 
Antolin Faraldo
Antolin FaraldoAntolin Faraldo
Antolin Faraldo
 
Restauración e Caciquismo
Restauración e CaciquismoRestauración e Caciquismo
Restauración e Caciquismo
 

More from BNG - Bloque Nacionalista Galego

Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaDecálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafaO espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafaBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialDesconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusPropostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusBNG - Bloque Nacionalista Galego
 

More from BNG - Bloque Nacionalista Galego (20)

Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
 
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
 
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaDecálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
 
Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023
 
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer GalizaDecálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
 
Folleto Día da Patria Galega
Folleto Día da Patria GalegaFolleto Día da Patria Galega
Folleto Día da Patria Galega
 
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
 
Queremos tren
Queremos trenQueremos tren
Queremos tren
 
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafaO espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
 
Defendamos a sanidade pública
Defendamos a sanidade públicaDefendamos a sanidade pública
Defendamos a sanidade pública
 
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
 
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
 
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegasProxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
 
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialDesconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
 
Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020
 
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
 
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusPropostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
 
Folleto en defensa da sanidade pública
Folleto en defensa da sanidade públicaFolleto en defensa da sanidade pública
Folleto en defensa da sanidade pública
 
Todo o que conseguiu o BNG co acordo de investidura
Todo o que conseguiu o BNG co acordo de investiduraTodo o que conseguiu o BNG co acordo de investidura
Todo o que conseguiu o BNG co acordo de investidura
 
[25N] A violencia queda dentro
[25N] A violencia queda dentro[25N] A violencia queda dentro
[25N] A violencia queda dentro
 

90 anos do Partido Galeguista

  • 1. Bóveda intervindo nun encontro nacional da FMG
  • 2. 2 1931 2021 A FAÍSCA QUE PRENDEU O 6 de decembro 1931 nacía na cidade de Pontevedra o Partido Gale- guista. Este feito marcou, claramente, un punto de inflexión na historia do nacionalismo galego. O Partido Galeguista non xurdía da nada. Cimentábase sobre unha sólida base: o programa político emanado da Asemblea Nacionalista de Lugo de 1918 e a experiencia organizativa das Irmandades da Fala nas que moitos dos dirixentes do Partido Galeguista xa foran cadros políticos. Non foi un nacemento sinxelo. Foi o final dunha longa travesía no deserto e un parto nun contexto no que, politicamente o máis “sinxelo” tería sido a plena integración do galeguismo político nas estruturas partidarias da esquerda española en Galiza. Aquela xeración de homes e mulleres non optou pola vía fácil. Optou pola vía galega. O nacemento do Partido Galeguista supuxo un avanzo espectacular no plano organizativo e tamén no ideolóxico. No organizativo, porque é o primeiro intento serio de creación dunha organización de masas no na- cionalismo galego. O PG sería capaz de atraer novos continxentes de galegos e galegas á causa nacional e de se estruturar, non só coma un Última capa d'A Nosa Terra editada polas Irmandades da Fala, dando o testemuño ao PG. Febreiro de 1932. partido político estrito senso, se- nón coma un movemento políti- co máis amplo. De aí a atención que o PG lle prestaría ao ámbito cultural (co pulo a A Nosa Terra e á Editorial Nós ou a creación de moitas asociacións culturais e ateneos), ao social coa creación de múltiples grupos agraristas por todo o país, ao xuvenil coa creación da Federación Mocida- des Galeguistas (posteriormente Federación de Mocidades Nacio- nalistas) ou ao feminismo, coa constitución de grupos femini- nos dentro do propio Partido ou o impulso de organizacións de mulleres como a Agrupación Re- publicana Feminina da Coruña. Todo isto convertería, de facto, o Partido Galeguista, na máxima expresión da autorganización do pobo galego naquela altura. Porén, o salto cualitativo que supuxo o nacemento do Par- tido Galeguista non se limitou ao terreo organizativo. Tamén o foi nos seus eixos políticos. A proposta ideolóxica do PG, sintetizada posteriormente por Castelao no Sempre en Galiza, resúmese na consideración de Galiza como nación e, por conse- guinte, como suxeito de dereitos políticos. Mais tamén defendían unha Democracia avanzada con- cretizada, na esfera internacio-
  • 3. 3 1931 2021 nal, nunha posición claramente antiimperialista e, no plano nacional, na defensa dun papel activo do sector público na economía (xa defendía, por exemplo, a creación dunha banca pública), unha fiscalidade progre- siva e socialmente xusta, unha reforma agraria que entregara a terra aos labregos e labregas, ou políticas a favor da igualdade real entre homes e mulleres herdeiras de propostas moi avanzadas ao seu tempo xa colo- cadas polas Irmandades da Fala. Foi unha organización que combinou á perfección táctica e estratexia política. Aínda que participaba das eleccións (chegaría a sacar case 400.000 votos en 1936 e a conseguir sentar no Congreso dos Deputados a Castelao, Suárez Picallo e Antón Vilar Ponte), nunca se concibiu como unha plataforma exclusiva nin prioritariamente electoral. Aínda que o Partido e os seus militantes farían unha moi potente campaña a prol da aprobación do Estatuto de Galiza de 1936, nunca o concibiron coma un punto de chegada, senón coma o punto de partida sobre o que avanzar no proceso de liberación nacional. O Partido Galeguista foi un proxecto colectivo. Porén, non se podería entender sen o empurrón de tres nomes propios: Daniel Castelao (o in- discutíbel liderado político e moral) Alexandre Bóveda (o seu gran orga- nizador, alma mater do pensamento económico do PG e un dos grandes artífices do Estatuto do 36) e Vítor Casas (o home de acción, axitación e entrega absoluta). A determinación e compromiso inquebrantábel coa liberdade de Galiza e coas súas clases populares destas persoas e de milleiros de compa- ñeiros e compañeiras non pasarían desapercibidos para o fascismo es- pañol. A represión contra o PG sería brutal a partir do golpe militar de 18 de xullo de 1936. Algúns dos seus militantes máis significados como Bóveda ou Vítor Casas serían executados após un xuízo farsa dirixido polas autoridades militares. Moitos outros compañeiros serían asasina- dos sen proceso xudicial, como Ánxel Casal ou Camilo Díaz Baliño. Ou- tros morrerían no exilio como Castelao, Suárez Picallo ou Amparo López Jean. E milleiros de militantes e simpatizantes sufrirían torturas, prisión, desterro ou represión de diferente índole. A represión foi tan brutal que terían que pasar tres décadas até que vol- vese prender en Galiza aquela faísca de esperanza. Faríao cunha xera- ción nova que tería que comezar moitas cousas desde cero, mais non todas. O legado ideolóxico-político seguía vivo. O Bloque Nacionalista Galego é hoxe unha formación política con case catro décadas de historia. Porén, a historia dos seus piares vén de moito máis atrás. Non se podería entender o BNG de hoxe sen o Partido Ga- leguista de hai 90 anos. Existe un continuum histórico entre as Irman- dades da Fala, o Partido Galeguista, o nacionalismo galego organizado entre os anos 60 e 80 do século pasado (Unión do Povo Galego, Partido Socialista Galego, Asemblea Nacional-Popular Galega, Esquerda Galega, etc.) e o que hoxe representa o Bloque Nacionalista Galego. Tanto na formulación teórica, como nos modelos organizativos e práctica social. Aquela faísca de 1931 prendeu, segue acesa e disposta culminar o tra- ballo que aquela xeración irrepetíbel comezou. Rubén Cela Díaz Presidente da Fundación Galiza Sempre
  • 4. 4 1931 2021 Asemblea pro-autonomista celebrada na Coruña o 4 de xuño de 1931. Conferencia dada por Vicente Risco na sede nacional do PG. Pontevedra, 1932.
  • 5. 5 1931 2021 Da rica historia coa que conta Galiza, debemos destacar politicamente o primeiro terzo do século XX. Tempo no que se abriu un proceso no que o pobo galego soubo dotarse de ferramentas político-organizativas para se vertebrar como nación e conquistar o seu destino. As Irmandades da Fala (IF) desde 1916, coas que se inauguraría o nacionalismo galego a escala nacional1 , foron quen de ir penetrando en diferentes capas da sociedade. Mesmo a ditadura inaugurada por Miguel Primo de Rivera a nivel español por volta de 1923 non sería quen de frear a actividade militante das IF. Cara ao final daquel primeiro terzo de século, nomeadamente no mes de xaneiro de 1930, daríanse as condicións obxectivas e subxectivas para superar a devandita ditadura, dado que o xeneral golpista viña de ser obrigado a dimitir polo monarca español Alfonso XIII (que ficaba temo- roso dunha presión popular contraria á ditadura, que levara por diante a monarquía que tiña dado cobertura ao xefe do Directorio militar desde había seis anos e medio). Iniciaríase daquelas a nivel español un gober- no encabezado polo militar Dámaso Berenguer (a coñecida como “Dicta- blanda”, que duraría pouco máis dun ano). O nacionalismo galego diante da queda monárquica (1929-1931) No mes de outubro de 1929 creábase na Coruña a Organización Republica- na Gallega Autónoma (ORGA), sendo as súas dúas figuras máis relevantes Santiago Casares Quiroga e Antón Vilar Ponte. Combinaba aquela formación política o republicanismo coruñés e o nacionalismo das IF da Coruña. Malia o entusiasmo de Antón Vilar Ponte e dos galeguistas coruñeses integrados na ORGA, o resto da militancia irmandiña verían con desconfianza este partido. Naquela altura os manifestos de inspiración republicana e nacionalista su- cederíanse na Galiza, ao igual que en Catalunya e Euskal Herria, así como no resto do Estado español. Para o caso galego foron diversos os encontros e manifestos que apuntaban cara a un novo tempo. Lembremos o Pacto de Lestrove, o Compromiso de Barrantes, Ezquerda Galeguista fálalle o país..., así como obras que saían do prelo, con especial difusión e impacto, destacando El problema político de Galicia (Madrid, 1930), da autoría de Vicente Risco. O citado Pacto de Lestrove, asinado o 26 de marzo do 1930, tentaría aglutinar o conxunto dos republicanos galegos, teoricamente para inci- dir a nivel español en clave federal e autonomista, de cara aos novos 1  Vid. Beramendi, Justo, De provincia a nación. Historia do galeguismo político, Vigo, Xerais, 2008. 90 ANOS DO PARTIDO GALEGUISTA 1931-2021
  • 6. 6 1931 2021 Xantar da Barxa, en Vigo, no Día da Patria de 1930. Cartaz do acto político no Teatro García Barbón de Vigo previo ao Xantar da Barxa.
  • 7. 7 1931 2021 tempos que se aveciñaban; dando lugar ao pouco á Federación Repu- blicana Gallega (FRG), da que sería Santiago Casares Quiroga o máximo representante. Mais tornaríase ao cabo estéril aquel encontro, tal e como afirmaría anos despois Daniel Rodríguez Castelao, un dos activistas cen- trais do nacionalismo galego xa naquela altura2 . Unha realidade que se vería acompañada a nivel español por unha reactivación do republicanis- mo, nas súas diversas tendencias, que tivera no Pacto de San Sebastián de agosto de 1930 o seu punto álxido, co compromiso de derrocar a monarquía para instaurar unha nova República3 , xuntanza na que estaría como representante galego o propio Casares Quiroga, e que os galeguis- tas xulgarían improdutivo4 . Ese republicanismo que xiraba arredor da ORGA convocou un novo en- contro pro-republicano galego, procurando hexemonizar no país a opo- sición republicana fronte á ditadura primorriverista e á monarquía alfon- sina. Realizouse no pazo de Barrantes (Ribadumia) por volta de 25 de setembro, e fronte á vontade de Casares Quiroga asistiron maioritaria- mente nacionalistas galegos como Daniel R. Castelao, Ramón Otero Pe- drayo, Álvaro de las Casas, Enrique Peinador Lines, Valentín Paz Andrade, Florentino López Cuevillas ou Ramón Cabanillas (aos que se sumou o crego agrarista Basilio Álvarez), diante dunha reducida representación da propia ORGA5 . O encontro desenvolveuse presidido por un discurso anticaciquil e eminentemente popular. Do que deu en chamarse o Pacto ou Compromiso de Barrantes derivou un manifesto, inspirado no mani- festo da I Asemblea Nacionalista Galega das IF (Lugo, 1918)6 . A partir da desconfianza que os galeguistas profesaban cara a Casares Quiroga, e por extensión cara a ORGA e a FRG, abriríase un debate arre- dor da reorganización do nacionalismo galego. O 27 de abril de 1930 ce- lebraríase a VI Asemblea Nacionalista Galega, no local co que contaba a IF da Coruña. Xuntanza na que se apostaría por relanzar o nacionalismo galego após o tempo de censura que representara a ditadura primorrive- rista. Entre outras cuestións, mesmo se debatería arredor da integración formal das IF na ORGA, cuestión que se desbotaría en favor da creación dunha nova organización7 , apostando por un Partido Nacional(ista) Gale- go. Daquela reunión saíu o acordo de celebrar o Día da Patria de 1930 en Vigo (logo de seis anos sen o poder celebrar publicamente), dando lugar ao coñecido Xantar da Barxa. Os que se deron cita en Vigo asistiron primeiro ao Teatro García Barbón, onde se desenvolverían diversos discursos (de Otero Pedrayo, Castelao e Paz Andrade entre outros), para despois participaren do devandito xan- tar. Neste falaron tamén varios galeguistas, entre os que estaban Caste- lao, Valentín Paz Andrade, Xosé Núñez Búa, Ramón Cabanillas, Alexan- dre Bóveda, Antón Vilar Ponte e Álvaro de las Casas, entre outros. A aposta pola reorganización explicitamente política do nacionalismo galego, abandonando calquera integración nunha estrutura allea (no- meadamente a ORGA e a FRG), daría lugar, por exemplo, á constitución 2  Rodríguez Castelao, Daniel, Sempre en Galiza, Vigo, Galaxia, 1994. p.161. 3  Asistiría pola Federación Republicana Gallega Santiago Casares Quiroga. Na devandita xuntanza constituiríase un “comité revolucionario”, presidido por Alcalá-Zamora, acordando os presentes o común denominador do encontro: o establecemento dunha República, a descentralización do Estado e a liberdade relixiosa e política. 4  Rodríguez Castelao, Daniel, Sempre en Galiza,... Op. Cit. p.161. 5  Algúns, como Lois Peña Novo, veteranos nacionalistas das Irmandades da Fala que se desmarcarían ao pouco do republicanismo casarista. 6  A Nosa Terra nº277, 1/11/1930, p.4-5 7  Beramendi, Justo, De provincia a nación... Op. Cit.
  • 8. 8 1931 2021 Capa do proxecto de programa do PG. Fundación do Partido Galeguista, 7 de decembro de 1931.
  • 9. 9 1931 2021 do Grupo Autonomista Galego, con sede en Vigo e arredor de Paz Andra- de, así como do Partido Galeguista de Pontevedra, arredor de Alexandre Bóveda, Pedro Basanta e Castelao. Na primavera de 1931 aceleraríanse os acontecementos, a partir das eleccións municipais de 12 de abril. Nas principais capitais de provin- cia do Estado español triunfarían as candidaturas republicanas. A partir duns resultados funestos para as forzas monárquicas, o nerviosismo nos ministros e integrantes do executivo español, así como na propia Casa Real, iría in crescendo. Aqueles resultados virían acompañados, como punto de inflexión, pola abdicación do monarca español. Desde as Irmandades da Fala afirmarían diante deste contexto: “...Os oito anos de Dictadura que nos impediron estar en contaito cô pobo galego coidamos foron de gran proveito, pois crearon nos galegos unha concencia do propio vali- mento e da necesidade de que Galicia rixa os seus des- tiños xa que ficou craramente demostrado que o réxime centralista era un oustáculo ao desenrolo da nosa vida particular”.8 A aposta do nacionalismo galego pola solución republicana fora e era patente, máxime se se optaba pola solución federal do Estado español, camiño dunha Confederación Ibérica de Estados libres. Cando se viña de resolver data para as Cortes Constituíntes, nomeadamente para 28 de xullo daquel 1931, o galeguismo confiaría decididamente en que o réxi- me republicano español habilitaría un proceso favorábel á Autonomía galega, entendendo os dirixentes das Irmandades que “...a Repúbrica veu a poñer o problema en vías de franca solución e por eso non podemos perder un momento para chamar a Galicia a esta cruzada patriótica para non desa- proveitar esta ocasión de conquerir a autonomía”.9 Ora, desde as propias Irmandades da Fala (que non eran un partido polí- tico e a falta doutra ferramenta) entendían que lle correspondía política e partidariamente á ORGA representar a Galiza en favor da súa Autonomía. Figuras das IF moi activas desde a súa fundación, como Víctor Casas, fixeron todo o posíbel para que a ORGA liderara aquel proceso. Sabedor Casares Quiroga da relevancia que lle daría protagonizar a loita por un Estatuto de Autonomía galego, e diante das presións das IF, daría lugar a que ORGA convocara unha asemblea pro-autonomista na Coruña o 4 de xuño do 1931. O acto foi verdadeiramente multitudinario. Afirmarían aqueles nacionalistas das IF que aquela xuntanza sería “...o acontecimento galeguista de mais fonda transcenden- cia ocurrido [no limiar da II República]. Un acontecimen- to verdadeiramente extraordinario na vida política galega (...). Algo como para sentirse realmente sadisfeitos quenes como a nós ao cabo do anos ollemos como o pobo galego incorpórase espritual e materialmente ao noso idearium de redención, ao noso programa de sempre que é o único que pode siñificar para Galicia a súa liberdade”.10 Un contexto aquel no que, xa que logo, estaba posta toda a atención no 28 de xuño do devandito ano, data de constitución daquelas novas Cortes da II República española; encargadas de modelar o novo réxime 8  “Ao decorrel-os dias”, A Nosa Terra, 1/07/1931 nº284 9  Ibidem 10  N.R., “Ao decorrel-os dias” en A Nosa Terra, 1/07/1931 nº284 (capa)
  • 10. 10 1931 2021 Proclamación do Estado republicano da Galiza, nomeándose a Antón Alonso Ríos presidente da Xunta provisoria, 27 de xuño de 1931.
  • 11. 11 1931 2021 xurídico-administrativo, en clave federal ou centralista, nas que as IF contaban con conseguir varias actas de deputados nacionalistas. Final- mente no Parlamento español serían electos os militantes galeguistas Daniel Rodríguez Castelao e Ramón Otero Pedrayo11 , gabados pola pren- sa nacionalista12 que presentaba abertamente a desconfianza dos na- cionalistas pola ORGA13 , no marco da cal tamén conseguiran acta Antón Vilar Ponte e Ramón Suárez Picallo. O feito histórico que representaría a entrada daqueles dous deputados nacionalistas na cámara de represen- tación republicana viña precedido dun outro feito ben singular: a procla- mación do Estado galego. O (simbólico) Estado galego O 27 de xuño daquel 1931, na antesala das devanditas eleccións a Cor- tes constituíntes, desfilaban centos de traballadores polas rúas de Com- postela, dos máis de doce mil operarios en folga ligados á construción do camiño de ferro na liña Zamora-A Coruña, reclamando un ‘Estado Galego’. A través de varias crónicas de xornais editados ao día seguinte daquela mobilización, pódese atinxir a cualidade da mesma. Caso de El Pueblo Gallego, no que se indicaba como se desenvolvera naquel sábado un multitudinario encontro e manifestación polas rúas de Compostela, encamiñándose os que alá acudiran “... al Ayuntamiento, izándose la bande- ra blanca y azul en el edificio y proclamándose el estado gallego" 14 . Para alén dos activistas citados, o galeguismo irmandiño, sen peso so- cial suficiente para mobilizar a clase traballadora, ficou a efectos prác- ticos á marxe da devandita proclamación. As IF non contaban cunha plataforma partidaria que dese directrices aos seus afiliados de xeito unívoco en favor ou en contra do mesmo e, aliás, segundo varios cadros veteranos do galeguismo, non estaba o país suficientemente maduro como para que unha iniciativa coma aquela puidese solidificar — aínda simpatizando coa mesma —, como afirmaría o catedrático da Universi- dade compostelá Salvador Cabeza de León15 . Ora, a confianza no momento histórico dos galeguistas a respecto de se materializaren, a medio prazo, as ‘liberdades de Galiza’ era total; afirman- do os nacionalistas un mes despois daquel significativo feito, e coinci- dindo co Día de Galiza daquel 1931, que naquela tesitura se estaba “...ventilando o porvir da nosa terra. A emoción que senti- mos no día da nosa festa nacional tén de axigantarse de xeito extraordinario pol-o decisivas que son as horas au- tuaes e tamén pol-a responsabilidade que os nacionalistas temos contraguido co-a Terra (...). Fumos nós quenes crea- mos o ambente galeguista que hoxe respírase en Galicia. Nós fumos quenes maxinamos e estructuramos unha Ga- licia nova e libre. Por eso agora que a nosa ideia patriótica 11  Castelao sería eleito en representación do Partido Galeguista de Pontevedra e Ramón Otero Pedrayo polo Partido Nazonalista Repubricán de Ourense. 12  N.R. “Otero Pedrayo e Castelao no Parlamento” en A Nosa Terra 1/10/1931, p.3 13  Desde o nacionalismo galego, en todo caso, faríanse excepcións no tocante á ORGA, no- meadamente no que atinxe ao deputado Ramón Suárez Picallo, eleito por este partido; así como no referido ao deputado Antón Alonso Ríos, galeguista emigrado e eleito pola Federa- ción de Sociedades Galegas Agrarias e Culturais da República Arxentina. 14  “Alonso Ríos es nombrado presidente de la Junta Revolucionaria de la República Gallega” en El Pueblo Gallego 28/06/1931 (capa). 15  Salvador Cabeza de León era presidente do Seminario de Estudos Galegos desde 1924 e Catedrático de Dereito Internacional na Universidade compostelá. Vid. Cabeza de León, Salvador, “Encol do Galeguismo”, en A Nosa Terra 25/07/1931, p.5 .
  • 12. 12 1931 2021 Anuncio dun mitin do PG en Cedeira en 1932. Afiliados e simpatizantes do PG de Franza, Mugardos. Grupo da Mocedade Galeguista en Celanova, en 1932 (Fundación Curros Enríquez).
  • 13. 13 1931 2021 pode acadar posbilidades de feito, o noso corazón brinca mais emocionado que nunca e temos ante os ollos, con toda a súa crudeza, a responsabilidade da labor realizada e da nosa autuación futura”.16 Constitución e expansión do Partido Galeguista (1931-1936) Os posicionamentos que iría adoptando a ORGA en relación ao Estatuto de Autonomía de Galiza e, sobre todo, a falta de iniciativa a nivel institu- cional e gobernamental tras o acordado na xuntanza da Coruña do 4 de xullo de 1931, causarían unha enorme decepción e malestar entre a mi- litancia nacionalista. A diferenza das organizacións maioritarias euskal- dunas e catalanistas que estaban ligadas á aprobación dos seus respec- tivos Estatutos de Autonomía, a ORGA tornábase inútil para a loita pola Autonomía galega. Os nacionalistas das IF, mesmo os partidariamente integrados na ORGA, madurarían a idea de botar a andar unha nova es- trutura partidaria, en favor dun réxime autonómico galego. Un partido político acorde cos principios e obxectivos patrióticos das IF, de cara a poderen intervir politicamente naquel novo escenario aberto. Loitando por un Estatuto de Autonomía, que aínda que fora de mínimos, dese pa- sos decididos camiño do recoñecemento institucional do feito nacional galego e de construír os cimentos dunha Galiza nova, “...os comezos, a base onde hase construir a Galicia do porvir que nós arelamos”.17 Unha das voces máis autorizadas do nacionalismo galego do momento, Víctor Casas(participantedacreacióndaORGAedaquelasrecénelixidoprimeirocon- selleiro da Irmandade da Fala da Coruña), afirmaría naquel contexto o seguinte: “Fai xa máis de tres meses que veño falando da necesidade de orgaizar debidamente as forzas nacionalistas (...). Hai que comezar axiña para que tan logo como o prebiscito esteña realizado saia â vida púbrica de Galicia con un verdadeiro programa, unha ferrea disciplina e unha direición compreta o partido nacionalista galego. Compría ir pensando as bases da organización para convocar unha asambreia o mais axi- ña posibel (...). Polo de pronto eu rogo aos nacionalista que non se afilien a ningún partido político hespañol por moi au- tonomista que sexa ou pareza (...). A pensar n’esto e a darlle forma. E sobre todo pureza, dereición e disciplina”.18 A tal efecto, na recta final do ano 1931 todos os esforzos da militancia nacio- nalista das IF concentraríanse en favor da creación dunha nova formación po- lítica19 . De tal xeito que desde as IF se convocaría a VII Asemblea Nacionalista Galega, a celebrarse entre 6 e 7 de decembro de 1931. A militancia nacionalista realizaría un duro traballo por todo o país, tensionando toda a militancia das Irmandades (así como simpatizantes). Fíxose o posíbel para lograr a asistencia do maior número de agrupacións locais das IF, mais tamén dos partidos gale- guistasqueseforancreandoarredordaproclamacióndaIIRepública(comoos xa citados Grupo Autonomista Galego e o Partido Galeguista de Pontevedra). Barallaríanse varios nomes para a nova formación, incluído o de Partido Nacio- nalista Galego20 , optándose polo nome de Partido Galeguista (PG). 16   N.R. “Ao decorrel-os dias” en A Nosa Terra 25/07/1931 (capa) 17   N.R. “Ao decorrel-os dias” en A Nosa Terra 1/11/1931 (capa) 18   Casas, Víctor, “Do momento” en A Nosa Terra 1/11/1931, p.2-3 19  Vid. Castro, Xavier, O galeguismo na encrucillada republicana, Ourense, Deputación Provin- cial, 1985; Beramendi, Justo, De provincia a nación… Op. Cit. 20  Que se desbotaría pola relación que se podería establecer co nacional-socialismo ale- mán…, segundo anotacións manuscritas de Alexandre Bóveda.
  • 14. 14 1931 2021 Cartaz en favor do Estatuto de Autonomía autoría de Camilo Díaz Baliño, 1936.
  • 15. 15 1931 2021 Quen levou o maior peso organizativo en favor da devandita asemblea foi o Partido Galeguista de Pontevedra e, mais concretamente, Alexandre Bóveda21 , secretario xeral da organización pontevedresa, xunto a Pedro Basanta del Río, que ocupaba a presidencia do partido22 . Unha acción fundamental para unir galeguistas de diverso signo, afiliados en 32 agru- pacións galeguistas23 locais ou supralocais naquel PG: “Con estas orgaizacións (...), formaron o Partido Galeguista moitos galeguistas illados, células de núcreos que logo se crearon, artistas galegos espallados por toda a nosa Terra, irmáns afervoados que lonxe de nós labouraban por unha Galicia mellor”.24 O resultado daquel encontro asemblear desenvolvido en Pontevedra plasmábase no primeiro editorial d’A Nosa Terra do ano 193225 : “...Hoxe xa o galeguismo acadou unha unión ausoluta, unha direición única, un programa moderno e avanzado e unha discipriña (...). Homes de diversas tendencias políti- cas relixiosas que coinciden en apreciar de igual maneira o problema político da nosa terra e axúntanse baixo unha maneira común, a bandeira da redención galega...”.26 Desde a constitución do PG unha nova xeración de militantes e cadros do nacionalismo xogaría un papel determinante. Alexandre Bóveda, concreta- mente, e o grupo galeguista de Pontevedra no seu conxunto, foron fulcrais para a modernización do nacionalismo galego que representaba a xestación do PG, en canto que partido propiamente dito no que había uns estatutos que cumprir e respectar, facendo incompatíbel, a diferenza das Irmandades da Fala,comotenafirmadoJustoBeramendi,asmilitanciasparalelas,marcando unha fidelidade ao programa e estrutura da nova organización que aspiraría á “...autodetermiñación política de Galicia dentro da forma de goberno repubrica- na”27 , como se podía ler no punto segundo da declaración de principios do PG. A organización situaría a súa sede central na pontevedresa rúa Tetúan, trasla- dándose á cidade do Lérez a dirección de A Nosa Terra, que sería exercida por Víctor Casas, sendo aquel o boletín oficial do PG desde 15 de abril de 1932. O primeiro secretario de organización do PG sería Alexandre Bóveda e Pedro Basanta sería formalmente o secretario xeral28 . Ambos encabeza- ban o comité executivo de que se dotaría o partido. Bóveda ficaría encar- gado da representación pública do PG xunto a Castelao, así como da súa expansión e, en clave interna, da cohesión da nova organización. 21  Bóveda era Xefe do Servizo de Contabilidade da Delegación pontevedresa de Facenda e ostentaba a dirección da Caixa de Aforros de Pontevedra (que deseñou, xunto á Caixa de Aforros de Ourense). 22  Basanta era enxeñeiro de montes e Xefe do Servizo de Repoboación forestal da Depu- tación Provincial de Pontevedra. Vid. Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán, Alexandre Bóveda nos seus documentos, Difusora de Letras, Artes e Ideas, Ourense, 2010. 23  Vid. Partido Galeguista. Documentos I e II Asambreia 1931-1932, Compostela, Nós, pubrica- cións galegas e imprenta, 1933. [arquivo do autor] 24  Ibidem 25  Datado o 1/1/1932, sería o penúltimo número editado como voceiro das IF. 26   A Nosa Terra, 1/01/1932 p.1 27  Partido Galeguista. Documentos I e II Asambreia 1931-1932... Op. Cit. 28  Na II Asemblea Nacional deste partido (Compostela, 1932), Bóveda asumiría a secretaría xeral e Plácido Castro a secretaría de organización. Bóveda deixaría no 1935 a secretaría xe- ral, marchando para o desterro a Cádiz — parello a Castelao, que sería desterrado a Badajoz —, mais mantendo as súas responsabilidades organizativas, para asumir Manuel Gómez Román a representación xeral do PG.
  • 16. 16 1931 2021 O PG e os nacionalistas vascos e cataláns asinarían o Pacto de Compostela (coñecido ao pouco como "Galeuzca"), asinado en 25 de xullo de 1933 en clave soberanista. Fileira de votantes en favor do Estatuto de Autonomía nas rúas de Vigo, 28 de xullo de 1936.
  • 17. 17 1931 2021 Así mesmo, entre a emigración galega tería unha importante presenza o PG, creándose a Organización Republicana Nacionalista Autónoma Ga- lega (ORNAG)29 , como delegación arxentina da formación nacionalista, presidida por Rodolfo Prada Chamocín e da que o lugués Manuel Meilán Martínez sería secretario. Como era natural, debateríase a creación dun- ha organización xuvenil nacionalista. Logo de valorar a inicios de 1932 que os agrupamentos xuvenís galeguistas Ultreya pasaran a ser as mo- cidades do PG30 , tomaríase a decisión de crear as Mocidades Galeguis- tas. O primeiro grupo sería constituído en Ourense, reunindo ao pouco máis de mil mozos e mozas e dando lugar lugar en 1934 á Federación de Mocedades Galeguistas. Naquel mesmo ano o PG conseguiu gañar importantes complicidades entre o republicanismo galego non nacionalista para desenvolver unha Asemblea de Concellos de Galiza Pro-Estatuto de Autonomía, logrando posicionar máis de douscentos concellos galegos (de pouco máis de trescentos) a favor dun Estatuto de Autonomía que sería aprobado en decembro de 193231 e, finalmente, plebiscitado tres anos e medio des- pois. Un Estatuto avanzado en materia política, social, económica e edu- cativa, como paso previo dun Estado galego. Evidenciou aquel proceso a capacidade de introdución política e social do nacionalismo galego a través do PG ao longo da II República, cuestión da que tamén serían reflexo as ducias de concelleiros que iría conse- guindo a formación nacionalista, así como de alcaldías en numerosos concellos do país, destacando á fronte do executivo local de Santiago de Compostela Ánxel Casal no ano 1936. Segundo o tempo republicano avanzaba e o PG tiña que posicionarse po- liticamente, as contradicións aumentaban no seo dun partido que non se definira nen de esquerdas nen de dereitas. Ora, a dinámica abertamente de esquerdas dunha dirección amplamente respaldada pola afiliación, daría lugar a que a militancia galeguista de dereitas decidira abandonar o partido. Diante do debate que en 1935 se abriría no PG, en favor dunha ampla coa- lición de esquerdas a nivel español — para tombar ao goberno españolista da Confederación Española de Derechas Autónomas (CEDA) —, co concur- so de organizacións nacionalistas galegas, vascas e catalás (a cambio, no caso galego, de marcar data para o plebiscito do Estatuto de Autonomía), daría lugar a dúas escisións no PG. Unha primeira en 1935 desde Ourense, representada por Vicente Risco, e unha outra en 1936 desde Pontevedra, capitaneada por Xosé Filgueira Valverde, respondendo ambas ao nome de Dereita Galeguista (como resposta á participación do PG na coalición que pasaría a se denominar Frente Popular). Da vitoria autonomista á queda Nas eleccións de febreiro de 1936, ás que concorrería no marco da de- vandita coalición do nacionalismo, o PG conseguiría tres deputados no Parlamento español: Daniel Rodríguez Castelao, pola circunscrición de Pontevedra, xunto a Ramón Suárez Picallo e Antón Vilar Ponte32 , pola circunscrición da Coruña, sumando case catrocentos mil votos. Unha vez conformado o novo executivo español, que permitiu a celebración do plebiscito do Estatuto de Autonomía galego, o PG centrouse na realiza- ción dunha campaña que mobilizou milleiros de persoas polo país adian- 29  Fundada en Bos Aires no propio 1931 parello ao PG. 30  Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán, Álvaro de las Casas. Biografía e Documentos, Vigo, Galaxia, 2003, p.46 e ss. 31  Compostela, 17-19 de decembro de 1932. 32  Quen falecía ao pouco.
  • 18. 18 1931 2021 O PG a través d'A Nosa Terra publicitou a relevancia da Autonomía.
  • 19. 19 1931 2021 te. Campaña á que se sumaron cadros doutros partidos, colleitando un éxito sen precedentes. De tal modo que o 28 de xuño de 1936 votaron a favor do Estatuto de Autonomía 993.351 galegos e galegas, dun censo conformado por 1.343.135 persoas (das que exerceron o seu dereito ao voto 1.000.963), atinxindo o voto favorábel á Autonomía galega o 74% do censo. Diante deste magnífico contexto, edificado por un PG que xa contaba con 5.000 afiliados, só restaba que o Estatuto galego fose debatido no Parlamento español. A tal efecto, unha delegación encabezada por Ánxel Casal, en calidade de alcalde de Santiago de Compostela, entregaba a Diego Martínez Barrio, presidente das Cortes españolas, o articulado es- tatutario por volta de 15 de xullo do 1936. Apenas tres días despois, o inicio dun golpe militar reaccionario-españo- lista daría lugar ao inicio da queda dos logros do PG. Boa parte dos seus cadros acabarían asasinados, presos ou no exilio (previa resistencia), realidade exemplificada polo asasinato de Alexandre Bóveda e polo exilio de Daniel Rodríguez Castelao. O proxecto que representaba o PG no tempo republicano foi reorganiza- do alén mar, con epicentro en Bos Aires (Arxentina). A través da Irmanda- de Galega, articulada desde 1941 arredor da figura de Daniel Rodríguez Castelao33 , dando lugar a unha sorte de goberno no exilio, baixo a de- nominación de Consello de Galiza, desde o ano 1944. Un nacionalismo galego que retomaría con teimosía, naquel duro contexto, a loita pola Au- tonomía galega (até a súa final consecución, o 9 de novembro de 194534 ), atinxindo con éxito o obxectivo táctico central do PG, para o que fora constituído entre 6 e 7 de decembro de 1931. 33  Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán, Nacionalismo galego aquén e alén mar. Desarticulación, re- sistencia e reorganización (1936-1975), Compostela, Laiovento, 2015. 34  Foran centrais a tal fin os deputados nacionalistas Castelao, Alonso Ríos e Suárez Picallo, aos que se sumaría Elpidio Villaverde, tamén integrado no Consello de Galiza, así como o deputado ferrolán do PSOE Edmundo Lorenzo Santiago e o deputado do Partido del Centro Democrático Ramón Fernández Mato, desouvindo estes dous últimos a liña oficial das súas organizacións. Edición Fundación Galiza Sempre Textos Uxío-Breogán Diéguez Cequiel Deseño e maquetación Inácio Pavón e Oscar Valadares Corrección Lingüística Goretti Sanmartín Colabora Deputación da Coruña