SlideShare a Scribd company logo
1 of 20
Download to read offline
Planificación dunha explotación marisqueira
1998
PLANIFICACIÓN DUNHA EXPLOTACIÓN MARISQUEIRA
1. INTRODUCCIÓN
Por JUAN POZA
l.E.S.P. de Vilanova de Arousa
A Basella s/n
36626 - Vilanova de Arousa
O marisqueo defínese como unha parte da actividade pesqueira dedicada á
captura de marisco; pero en Galicia, a palabra marisqueo enténdese máis ben
como a colleita de moluscos bivalvos escavadores, dada a importancia econó-
mica e social desta actividade.
Dende moi antigo, o marisco foi un recurso alimenticio para a subsistencia
dos pobos costeiros, tal como demostran os cuncheiros dos poboados castrexos
da costa e do interior de Galicia, o que fai pensar que xa existía certo nivel de
comercialización deste producto; pero non foi ata a década dos sesenta cando a
actividade marisqueira acadou unha importancia relevante debido a que as con-
serveiras comezaron a utilizar mexillón, berberecho e ameixa como materia
prima alternativa ante a diminución das capturas de sardiña no outono e inverno.
A explotación dos bancos de moluscos, por ser moi localizados e facilmente
accesibles, manifesta os efectos da sobreexplotación mediante unha diminución
progresiva das capturas anuais. Para non esgotar o recurso é necesaria a inter-
vención humana có obxecto de regular as capturas, potenciar o recrutamento ou
reducir a mortalidade natural.
Na actualidade, a explotación dos moluscos na maior parte de Galicia faise
mediante un sistema xestionado, se ben xa hai moitos anos que se vén talando
da reconversión do sector marisqueiro para acadar un sistema cultivado.
Pero a implantación da acuicultura na explotación marisqueira pode ter, á súa
vez, varias fases evolutivas dependendo da magnitude da intervención humana:
a) Acuicultura de recuperación: Consiste en aplicar técnicas de acuicultura
para volver a facer productivos os bancos naturais esgotados.
b) Acuicultura de repoboación: Trátase de repoboar zonas con baixo recru-
tamento para incrementar as capturas da pesca.
c) Acuicultura de xestión: Ou acuicultura verdadeira, na que as especies
son cultivadas en recintos acoutados, mantendo un continuo control das poboa-
cións en catividade.
Algunhas contrarías e organizacións de productores xa están desenvolvendo
algunha destas fases de acuicultura. Nembargante, para acadar a última fase fai
197
falla unha concienciación dos mariscadores, co fin de abandonar a mentalidade indi-
vidualista e fomentar o cooperativismo e o reparto e especialización do traballo.
As actuais técnicas de cultivo só permiten producir moluscos de talla comercial
nas zonas marítima e marítimo-terrestre que, por ser de dominio público, non se
poden privatizar sen provocar conflictos sociais, salvo que sexan adxudicadas en
autorización ou concesión ó conxunto de mariscadores que a están explotando.
Actualmente os mariscadores teñen conciencia de propiedade das súas conce-
sións e autorizacións fronte a outros pobos; pero non hai unha mentalidade de coo-
peración colectiva con visión empresarial e de reparto do traballo e dos beneficios,
~enón que cada un, individualmente, trata de sacar o máximo rendemento persoal.
Por outra banda, o asociacionismo en cooperativas ou calquera outro tipo de
organización marisqueira, non ten por que ser pechado a un só pobo ou contra-
ría, xa que a unión en cooperativas de segundo e terceiro grao dos diferentes
sectores que interveñen na producción, transformación e transporte, contribuirá
a incrementar os beneficios comúns e individuais, mediante a estabilización duns
prezos axeitados e o incremento do valor engadido.
2. PLANIFICACIÓN DA EXPLOTACIÓN
Trátase de elaborar un proxecto de explotación da superficie dispoñible, esta-
blecendo uns obxectivos de producción e prevendo as necesidades e recursos
en base dos seguintes puntos:
2.1. Valorar as características da zona de cultivo e a súa capacidade productiva.
2.2. Establecer os medios biolóxicos, materiais e humanos, e os seus requiri-
mentos.
2.3. Elaborar un calendario de actividades e distribuír as tarefas a realizar.
2.1. Valorar as características da zona de cultivo e a súa capacidade pro-
ductiva
Non todas as praias son apropiadas para o cultivo de ameixa, motivo polo cal
fai falla realizar unha valoración e tomar as medidas oportunas para acondicio-
nar os terreas, sempre e cando sexa posible.
Na Táboa 1 indícanse as características óptimas que deben reunir os parques
de cultivo de ameixa e as medidas de acción para corrixir as posibles deficien-
cias das mesmas.
Cando a superficie dos parques de cultivo é suficientemente grande, tal como
sucede nas autorizacións das contrarías e organizacións de productores, o máis
recomendable é facer un cultivo secuencial, é dicir, que se dedican unhas zonas
á captación de cría, outras ó preengorde e outras ó engorde en distintas fases
de desenvolvemento, de xeito que se pode lograr unha coordinación para dispo-
ñer continuamente, ó longo do ano, de moluscos de talla comercial aptos para a
venda. Para facilitar os labores de cultivo, estas zonas divídanse en parcelas
duns 1O m2 para os parques de cría e de 100 m2 para os de engorde, separadas
por estacas, cordas ou arames.
198
CARACTERÍSTICAS
Tipo de substrato:
-Porcentaxe de area > 20 %,
óptimo 40-50 %.
-Suficientemente duro para
permitir a mecanización.
- Espesor do sedimento oxidado
> 2 cm, mellor se supera os 1Ocm.
Pendente da praia: 2 a 5 cm/1Om.
Nivel de marea: 1 a 2,2 m sobre a
baixamar escorada (Coef. 55-85).
Circulación da auga: Boa.
Zona protexida de ventos, temporais,
mareiras e correntes fortes.
Salinidade: 30-36 ppm.
MÉTODOS DE CORRECCIÓN
Engadir area grosa ou cunchiña.
Engadir area grosa ou cunchiña.
Remover e airear o substrato.
Achanzar o terreo mecanicamente.
Delimitar o mellor lugar.
Seleccionar o lugar e eliminar barreiras
naturais e artificiais.
Seleccionar o lugar ou protexelo.
Cubrir os cultivos con malla plástica.
Seleccionar o lugar e controlar os apor-
tes de auga doce invernal.
Táboa 1. Características físico-químicas máis apropiadas para o cultivo de ameixas.
Pola contra, en terrees de pouca extensión pode ser preferible facer un culti-
vo non secuencial, con sementeiras en toda a superficie e colleitas periódicas de
toda a producción, con períodos de tempo sen posibilidade de comercializar o
producto por atoparse os moluscos en fase de crecemento.
Unha organización que teña concesión sobre diferentes praias, pode dedicar
á captación de semente, durante o período reproductivo, aquelas con maior
recrutamento, pois deste xeito diminuiranse os custos de adquisición de cría.
Anderson e col. (1982) observaron un incremento das fixacións de cría nas
zonas de praia cubertas con malla plástica ríxida; a malla retiña e concentraba a
semente arrastrada polas ondas, ó tempo que a protexía contra os depredado-
res. En consecuencia, propoñen utilizar este método para incrementar a produc-
tividade dos bancos naturais.
O resto dos terreos que teñan as características apropiadas ou que se poidan
acondicionar, adicaranse ó preengorde e engorde, se ben nas praias destinadas
á captación de cría poderíanse ubicar cultivos de preengorde sobreelevados. O
preengorde ata os 15 mm tamén se pode realizar en cultivos suspendidos en
batea.
Facendo unha estima inicial de que a quinta parte dos terreos dispoñibles
terán que dedicarse ó preengorde (en fondo e sobreelevado), e as catro quintas
partes serán empregadas no engorde con unha producción final media de 1,5 a
199
3 Kg/m2, podemos calcular a capacidade productiva total das concesións ou
autorizacións multiplicando a densidade de producción final pala superficie útil
empregada no engorde.
Actualmente o mercado é deficitario en ameixa, motivo polo cal podemos par-
tir da base de que toda a producción sairá á venda, xa que no caso contrario, e
para evitar un exceso de producción, teríase que reducir a densidade en benefi-
cio da calidade do producto, que se sacaría á venda nos períodos de maior
demanda comercial.
Para conseguir unha producción continua, a zona de engorde pódese subdivi-
dir en 4 a 12 parques para o cultivo de ameixa babosa ou xaponesa e 8 a 24 par-
ques no caso da ameixa fina, de xeito que en cada estación do ano, ou en cada
mes, se poida extraer o marisco de talla comercial e repoboar con ameixa proce-
dente da zona de preengorde, tendo en canta que as primeiras acadan a talla
comercial ós 12-18 meses e a última ós 24-30 meses dende o momento da semen-
teira no parque de engorde. A superficie de cada un destes parques estará en fun-
ción da demanda estacional no período correspondente, aínda que dada a varia-
bilidade do crecemento e das características ambientais que o afectan, as mostras
previas serán as que nos indiquen o parque no que se debe facer a colleita.
Así, pois, tendo en canta a taxa de crecemento de cada especie, a densidade de
producción, a superficie dedicada ós parques de engorde e o tempo de cultivo, a
producción anual obtense multiplicando a densidade de producción en peso pala
superficie total dedicada ó engorde e dividindo polo tempo de engorde en anos.
Por exemplo, no engorde ata a talla comercial de ameixas babosa e xapone-
sa, abonda multiplicar a densidade de producción final (1,5 a 3 Kg/m2) pala
superficie sementada, mentres que no caso da ameixa fina este resultado diví-
dese por 2, que son os anos que tarda en acadar a talla mínima legal de venda.
Se pretendemos ofrecer un producto de calidade, resulta útil coñecer a varia-
ción do índice de condición ou estado de engorde, có obxecto de estimar as
mellares épocas para realizar a colleita; pero tendo en canta que na época de
desove as ameixas teñen un aspecto leitoso, pouco agradable para moitos con-
sumidores.
2.2. Establecer os medios biolóxicos, materiais e humanos.
2.2.1 . Medios biolóxicos
Para calcular a cantidade de cría que se necesita para acadar os obxectivos
de producción estimados no apartado anterior, basearémonos, inicialmente, en
experiencias previas de cultivo en zonas próximas e con características ambien-
tais semellantes, se ben será a propia experiencia nas condicións reais de culti-
vo a que nos permita optimizar estas valoracións, xa que as características bio-
ecolóxicas do lugar afectan máis ó crecemento e á mortalidade que outros fac-
tores do cultivo, como pode ser a densidade de sementeira.
Nas Táboas 2 e 3 indícanse as características do crecemento das ameixas
fina, babosa e xaponesa, as relacións talla/peso e a taxa de mortalidade, base-
ándose nos resultados experimentais propios e doutros autores citados na biblio-
grafía.
200
AMEIXA XAPONESA (Ruditapes philippinarum)
Talla e peso iniciais: 4 mm; 0,01 g.
Época de sementeira: primavera e/ou outono.
Relación talla/peso: P(g) = 0,000152 x L(mm)3·'º1
Tipo de cultivo: Sobreelevado En batea No fondo
Soporte do cultivo: Bandexa ostreícola
de 0,5 m2•
Cestillos e cestas
ostreícolas.
Luz de malla:
Densidade/m2 :
Tempo preengorde:
1,4 a 4 mm.
3.000-4.000 ind.
1.500-2.000/bandexa.
3 a 6 meses
12a15mm.
1,5 mm.
8.000-16.000 ind.
250-500/cestillo.
3 a 6 meses
10a15mm.Talla final:
Peso final:
Supervivencia:
Tipo de cultivo:
0,34 a 0,67 g. 0,20 a 0,67 g
90 %. 80 a 95 %.
AMEIXA FINA (Ruditapes decussata)
Talla e peso iniciais: 4 mm; 0,015 g.
Época de sementeira: primavera e/ou outono.
Relación talla/peso: P(g) = 0,000116 x L(mm)3•173•
Sobreelevado No fondo
Protección con
malla plástica.
2a10mm.
600-1.300 ind.
12 meses.
20 a 25 mm.
1,32 a 2,76 g.
90%.
Soporte do cultivo:
Luz de malla:
Bandexa ostreícola 0,5 m2•
2mm.
Protección con malla plástica.
2 a 10 mm.
Densidade/ m2:
Tempo preengorde
Talla final:
Peso final:
Supervivencia:
3.000-4.000 ind. 1.000-1 .500 ind.
6-8 meses. 12-14 meses.
10-15 mm. 20-25 mm.
0,17-0,62 g. 1,42-2,65 g.
70 %. 45-90 %.
AMEIXA BABOSA (Tapes pu/lastra)
Talla e peso iniciais: 3,2 mm; 0,04 g.
Época de sementeira: primavera e/ou outono.
Relación talla/peso: P(g) = 0,000091 x L(mm)3
'
216
Tipo de cultivo: No fondo ata 10-15 mm No fondo ata 20-25 mm
Soporte do cultivo:
Luz de malla:
Densidade/m2:
Tempo de preengorde:
Peso final:
Supervivencia:
Protección con malla plástica
2 mm 2 a 10 mm
1.000-1 .500 ind. 600-1 .300 ind.
3-4 meses.
0,20-0,55 g.
90%
12 meses.
1,39-2,85 g.
90%
Táboa 2. Datos experimentais de referencia para o preengorde de ameixa fina, xapo-
nesa e babosa (Segundo lremer, 1988; Pérez Camacho, 1982; e Pérez Camacho e
Cuña, 1987)
201
AMEIXA XAPONESA (Ruditapes philippinarum)
a) Talla inicial 10-15 mm (0,20- 0,67 g):
Tipo de cultivo: En fondo con malla protectora de 5 mm.
Densidade/m2 : De 60-100 (sen rareos) a 400 ind. (con rareos).
Relacións talla/peso:
P(g) =0,000095 x L(mm)3•226 (Rango de tallas: 15-23 mm).
P(g) =0,000065 x L(mm)3·3" (Rango de tallas: 20-32 mm).
J:>(g) =0,000760 x L(mm)2.640 (Rango de tallas: 31-46 mm).
Epoca de sementeira: primavera e/ou outono.
. Tempo de engorde: 18 meses. ?
Talla comercial: 40 mm (19 g) (53 ameixas/Kg).
Supervivencia: 80-90 % anual (72-85,5 % en 18 meses)
b) Talla inicial 20-25 mm (1,32-2,76 g).
Tipo de cultivo: En fondo con ou sen malla protectora de 1Omm.
Epoca de sementeira: primavera e/ou outono.
Tempo de engorde: 12 meses.
Supervivencia: 45-90 % anual (con protección).
Densidade/m2 : 60-250 ind.
AMEIXA FINA (Ruditapes decussata)
a) Talla inicial 10-15 mm (0,17-0,62 g).
Tipo de cultivo: En fondo con malla 5 mm.
Densidade/m2: De 60-100 (sen rareos) a 400 ind. (con rareos).
Relacións talla/peso:
P(g) =0,000116 x L(mm)3·' 73 (Rango de tallas: 11-19 mm).
P(g) =0,000345 x L(mm)2.779 (Rango de tallas: 15-24 mm).
J:>(g) =0,00031 ox L(mm)2.929 •
Epoca de sementeira: primavera e/ou outono.
Tempo de engorde: 30 meses.
Talla comercial: 40 mm (15,2 g) (66 ameixas/Kg).
Supervivencia: 45-90 % anual (18-70 % no período).
b) Talla inicial 20-25 mm (1,42-2,62 g).
Tipo de cultivo: En fondo con ou sen malla protectora de 1Omm.
Tempo de engorde: 24 meses.
Densidade/m2 : 60-500 individuos.
Supervivencia: 45-90 % anual (20-81 % en dous anos), (con protección).
AMEIXA BABOSA (Tapes pu/lastra)
a) Talla inicial 10-15 mm (O,15-0,55 g)
Tipo de cultivo: En fondo con malla protectora de 5 mm.
Densidade/m2 : De 100 (sen rareos) a 400 ind. (con rareos).
Relacións talla/peso:
J:>(g) =0,000091 x L(mm)3·2' 6 •
Epoca de sementeira: primavera e/ou outono.
Tempo de engorde: 18 meses.
Talla comercial : 38 mm (11 g) (91 ameixas/Kg)
Supervivencia: 80-90 % anual (64-80 % no período).
b) Talla inicial 20-25 mm (1,39-2,85 g).
Tipo de cultivo: En fondo con ou sen malla protectora de 1Omm.
Densidade/m2 : 100-200 ind.
Tempo de engorde: 12 meses.
Supervivencia: 80-90 % (con protección).
Táboa 3. Datos experimentais de referencia para o engorde de ameixa fina, xaponesa e
babosa (Segundo lfremer, 1988; Pérez Camacho, 1982; e Pérez Camacho e Cuña, 1987).
202
Con esta información, e considerando a talla de captura, podemos calcular as
necesidades totais de cría de preengorde e engorde, as súas densidades de
sementeira en función da talla, e as superficies de cultivo necesarias.
Irnos ver nun exemplo como se tan estes cálculos: Establecemos o obxectivo
de producir 1,75 Kg/m2 de ameixa san de talla mínima comercial.
a) Calculamos o peso individual de cada ameixa de talla comercial segundo
a relación lonxitude/peso da Táboa 3:
p = 0,000310*402,929 = 15,26 g.
b) Calculamos a densidade de individuos por metro cadrado, dividindo a den-
sidade en peso pola biomasa individual:
Nº. de ameixas/m2 = 1750/15,26 = 115 (redondeando).
c) Calculamos a densidade inicial de resementeira, considerando a supervi-
vencia esperada ó longo do tempo de engorde, que segundo a Táboa 3 varía
entre o 18 e o 70 %. Irnos considerar un 50 %. Aplicamos unha regra de tres ou
unha proporción:
Se de 100 ameixas sobreviven 50
Necesitamos X para que sobrevivan 115. Despexando X,
X = 115*100/50 = 230 crías de 1Oa 15 mm/m2 •
d) Calculamos a cantidade total de cría de 10-15 mm multiplicando pola
superficie de engorde a sementar. Supoñamos unha parcela de 100 m2 :
230*100 = 23.000 crías/100 m2•
Que en peso (ver relación talla/peso) son uns 4 a 14 Kg.
e) A cantidade de cría de 4-8 mm que hai que mercar no criadeiro obtense
sumando a mortalidade durante o período de preengorde. Na Táboa 2 indícase
que a supervivencia é dun 70 %. Aplicando unha regra de tres ou unha proporción:
70/100 =23.000/X. Despexando X:
X = 23.000*100/70 = 32.857 crías de 4 a 8 mm.
Que en peso (ver relación) son uns 2,5 Kg.
f) A superficie de preengorde necesaria para manter esta cantidade de cría
calcúlase dividindo pola densidade de sementeira (Táboa 2).
Se optamos polo cultivo sobreelevado (1 .500 -2.000 crías por bandexa ostre-
ícola de 0,5 m2) faríannos falla:
32.857/1.500 = 22 bandexas.
Se optamos polo cultivo en fondo a unha densidade de 1.000 crías/m2 nece-
sitariamos:
32.857/1.000 = 32,86 m2 •
203
O que equivale a unhas 4 parcelas de preengorde de 1Om2 •
g) O prezo da cría haino que negociar co criadeiro. Supoñendo un custo uni-
tario de 2 pesetas:
32.857*2 = 65.714 Pts. sen o IVE.
h) A producción total a acadar obtense multiplicando a densidade final en
peso pola superficie de engorde:
1,75 Kg*100 m2 = 175 Kg.
i) Os beneficios brutos obtéñense multiplicando a producción polo prezo de
venda, que no caso da ameixa fina rolda as 1000 Pts/Kg:
175*1000 = 175.000 Pts. sen o IVE.
j) O rendemento en peso obtense dividindo a producción total entre o peso ini-
cial da cría e multiplicando por 100:
(175/2,5)*100 =7.000 %.
Ou que por 1 Kg de cría obtéñense 700 de ameixa comercial.
k ) O rendemento económico bruto obtense dividindo os beneficios brutos ·
entre o custo da cría e multiplicando por 100:
(175.000/82.143)*100 = 266 %.
O que representa máis da duplicación do capital; pero hai que descontar os
custos de producción.
Todos estes cálculos son unha estima da producción, os resultados reais
poden ser mellores ou peores, en función das características bioecolóxicas da
zona de cultivo e dos factores ambientais ó longo do tempo dedicado ó preen-
gorde e engorde. Tamén hai que ter en conta que o crecemento non é uniforme,
obtendo ameixas que sobrepasan a talla comercial xunto con outras que non a
acadan.
Por outra banda, aumentando o tempo de cultivo un ano máis, despois de
acadada a talla comercial, o rendemento en peso incrementarase arredor dun 33
% para a ameixa san e dun 120 % para a babosa (ver cálculos do apartado 3),
tamén aumentaría o prezo unitario de venta e, en consecuencia, os beneficios.
2.2.2. Medíos materíaís
Os materiais de acuicultura necesarios para levar a cabo a explotación
dependen da extensión da superficie cultivada. Así, en pequenos parques será
suficiente o uso dos utensilios tradicionais de marisqueo: sachos, restrelos e bal-
des. Pero en grandes superficies de cultivo imponse a mecanización para aba-
ratar os custos de producción, pois aínda que nas explotacións a nivel coopera-
tivo das autorizacións ou concesións de contrarías e organizacións de producto-
204
res abonde a man de obra, os beneficios a repartir serán maiores con menos
esforzo laboral.
Na actualidade existe maquinaria agrícola adaptada á explotación dos par-
ques de cultivo de ameixa, tales como tractores para limpezas e acondiciona-
mento de fondos, colleiteiras, clasificadoras, etc.
En calquera caso, cada organización estimará as necesidades de maquinaria
e equipos de cultivo en función da superficie de cultivo, da producción anual e da
técnica aplicada.
Na Táboa 4 indícanse os materiais de uso máis común nas diferentes activi-
dades do cultivo de ameixa.
2.2.3. Medios humanos
A necesidade de persoal tamén depende da magnitude da explotación, así
mentres unha pequena superficie pode ser cultivada por 1 ou 2 obreiros, unha
explotación comunitaria a gran escala precisará dun equipo técnico composto
por un xerente, que dirixirá a promoción da inversión, o financiamento e a comer-
cialización, e un director técnico que se encargará da supervisión do proceso
productivo. A súa vez, estes técnicos poden contar coa colaboración de persoal
cualificado.
O persoal dedicado aos labores de cultivo non precisa dunha alta especiali-
zación, podendo ter unha formación profesional en acuicultura de nivel 1. Poza
e col (1989) estiman que a cantidade necesaria de obreiros fixos é de 3 por Ha,
sendo necesario acudir a persoal eventual en determinados momentos: semen-
teira, limpeza de praias, colleita, etc.; pero o emprego de maquinaria reduce a
man de obra.
205
Planificación:
Calculadora e/ou ordenador
Táboas de marea
Cartas náuticas
Datos de crecemento
Datos de mortalidade
Catálogos comerciais
Libros de control
Arquivos
Acondicionamento das instalacións:
Area, grava e cunchiña
Estacas e boias para marcar
Malla plástica ríxida 2-1 Omm
Cravos
Martelo ou mazo
Cinta métrica
Material de uso xeral
Cultivo e colleita:
Cestas e bandexas ostreícolas
Armazóns cultivo sobreelevado
Batea
Báscula ou balanza
Cilindros graduados
Maquinaria de sementeira
Malla plástica ríxida 2-1 Omm
Bolsas de malla e caixas
Material de uso xeral
Control do cultivo:
Nucleador de sedimento
Cuadrícula de mostra 225 cm2
Peneiras de 5 mm de luz
Etiquetas
Bolsas de plástico
Calibres
Cinta métrica
Balanza
Material de laboratorio
Kits de análise de augas
Material de uso xeral
Material de uso xeral:
Tractor con remolque
Accesorios de tractor
Lancha foraborda
Baldes e capachos
Clasificadores
Báscula
Sachos, anciños e palas
Caixa de ferramentas
Botas de goma
Guantes de goma
Roupa de augas
Coitelos
Lápices e bolígrafos
Caderno de notas
Portafolios
Agullas e fío de atar
Vehículo de transporte
Táboa 4. Materiais necesarios para o cultivo de ameixa
206
O persoal necesario para a sementeira pódese calcular en base a que 2 per-
soas por marea poden sementar de 280 a 300 m2 (Anderson e col., 1982)
Na colleita estímase que o rendemento por persoa é de 4 m2/h ou de 6 a 12
Kg/h, mentres que unha colleiteira mecánica, manipulada por 2 obreiros, ten
unha eficacia de 25 a 50 veces superior (IFREMER, 1988).
En grandes superficies de terreo, os traballos de limpeza e colleita débense
mecanizar, xa que resulta pesado e lento realizalos manualmente. En Francia xa
se utiliza maquinaria, arrastrada por tractores para limpar o terreo, sementar,
cubrir con malla plástica, facer a colleita e clasificar por tallas.
Nunha explotación comunitaria, na que os propios cooperativistas son traballado-
res, a percepción dun salario polo traballo realizado pódese ver como unha forma de
reparto de beneficios, de xeito que os custos da man de obra reportan un salario ós
cooperativista. Dende este punto de vista pódense establecer dúas estratexias:
a) Ofrecer un traballo remunerado á maior cantidade posible de socios, com-
pensando en soldos a perda de beneficios.
b) Mecanizar o proceso coa consecuente diminución de man de obra; pero
cun incremento dos beneficios a repartir e unha mellora nas condicións de tra-
ballo e de vida.
No segundo caso os cooperativistas contarán con moito tempo libre, dedi-
cándose fundamentalmente a labores de vixilancia, comercialización e manipu-
lación de maquinaria. Os beneficios a repartir poden ser suficientes para acadar
un bo nivel de vida; pero hai que ofrecer alternativas para ocupar o tempo de
ocio, tales como actividades deportivas, culturais, lúdicas e artísticas.
Por outra banda, e co fin de promover a participación dos cooperativistas,
cando non sexa posible empregar a todos os socios crearanse grupos de traba-
llo que se irán turnando para que ninguén se sinta discriminado.
2.3. Elaborar un calendario de actividades e distribuír as tarefas a reali-
zar.
Nas Táboas 6 e 7 móstranse exemplos gráficos de temporalización do cultivo
das ameixas xaponesa, babosa e fina. Loxicamente, hainos que adaptar a cada
lugar concreto.
Na Táboa 5 sinálanse as principais actividades e tarefas de cultivo, así como
o momento máis apropiado para realizalas.
Consultando as táboas de marea selecciónanse as datas e as horas que,
coincidindo coas épocas sinaladas nos gráficos, prometan unha baixamar sufi-
ciente para deixar ó descuberto os parques.
En función do labor a realizar, da superficie a traballar, do tempo que perma-
necen en seco os parques e do rendemento de homes e máquinas, calcúlase a
necesidade de persoal, maquinaria e días a empregar. Tamén se terán en conta
as posibles modificacións a introducir cando o crecemento estimado non coinci-
da, para ben ou para mal, cos resultados reais, ou cando as condicións meteo-
rolóxicas sexan adversas.
207
ACTIVIDADES!TAREFAS
PLANIFICACIÓN E ORGANIZACIÓN DO CULTIVO
-Elaborar un calendario de actividades.
-Deseñar os parques de cría e engorde.
-Calcular a cría necesaria e encargala.
-Avaliar as necesidades de persoal.
-Adquirir os materiais e medios necesarios.
ACONDICIONAMENTO DAS INSTALACIÓNS
-Demarcar os parques de cultivo.
-Retirar lama e pedras.
-Engadir area e regular a granulometría.
-Achanzar o terreo se ten moita pendente.
-Reparar estructuras danadas.
-Construír as mallas plásticas antidepredadores.
-Preparar os recintos para almacenar a cría.
TEMPORALIZACIÓN
5 Meses antes da sementeira
(set.-dec. ou abril-maio)
1 Semana antes da sementeira
ou resementeira.
SEMENTEIRA (PREENGORDE) E RESEMENTEIRA (ENGORDE)
3-7 Días antes.
-Seleccionar a data e hora.
-Confirmar data e hora de entrega da cría.
-Analizar o boletín meteorolóxico.
-Controlar as últimas modificacións.
-Seleccionar o persoal.
-Marcar as superficies a sementar.
1-2 Días antes.
-Remover o terreo para airealo e poñelo brando.
-Preparar o material de cultivo sobreelevado.
-Comprobar que o material está a punto.
-Recibir e estabular a cría convenientemente.
-Comprobar a calidade da ameixa a sementar.
O día da sementeira.
-Facer lotes por superficies a sementar.
-Espallar a ameixa uniformemente.
-Cubrir con malla plástica.
-Humedecer a ameixa para que non aboie.
-Pospoñer a sementeira ante !artes mareiras.
CONTROL DA EVOLUCIÓN DO CULTIVO
Quincenal ou mensualmente.
-Vixiar a densidade de cultivo.
-Vixiar/reparar posibles danos no parque.
-Vixiar e eliminar algas e predadores.
-Cambiar cestas e bandexas con incrustacións.
-Avaliar o crecemento e a mortalidade.
-Vixiar a calidade da auga.
-Cambiar a luz de malla se queda pequena.
-Rarear a ameixa se fose necesario.
-Estimar a época de resementeira ou colleita.
-Controlar a calidade comercial do producto.
-Enviar mostras para análise patolóxico.
COLLEITA
3-7 Días antes da colleita.
-Organizar a colleita.
-Comprobar os recursos materiais e humanos.
O día da colleita.
-Recoller, clasificar e embalar a ameixa.
-Transportar o producto ó punto de venta.
Táboa 5. Principais actividades do cultivo de ameixa: tarefas e temporalización.
208
3. EMPREGO DAS CURVAS DE CRECEMENTO E SUPERVIVENCIA NA
PLANIFICACIÓN
O procesamento das tomas de mostras mensuais permiten avaliar o crece-
mento e a supervivencia da ameixa. Os resultados obtidos exprésanse grafica-
mente en forma de curvas.
Estas gráficas son utilizables para calcular o tempo necesario de cultivo entre
dúas tallas, e a supervivencia nese período.
É preferible que as curvas sexan elaboradas con datos da propia zona de cul-
tivo; pero tamén son válidas as de lugares próximos con características ambien-
tais semellantes.
O Gráfico 1 representa a curva de crecemento da ameixa babosa segundo
Pérez Camacho (1980) e o Gráfico 2 a súa porcentaxe de mortalidade calculada
a partir do coeficiente de mortalidade obtido polo mesmo autor.
Para calcular o tempo necesario para pasar da talla L1 á L2, Gráfico 1 traza-
mos liñas perpendiculares ó eixe «Y» dende o punto correspondente a esas
tallas. Onde tocan á curva trazamos liñas perpendiculares ó eixe «X», e a dis-
tancia entre os dous puntos que o cortan indícanos o tempo transcorrido.
O cálculo da supervivencia obtense no Gráfico 2, levantando unha perpendi-
cular ó eixe «X» no punto proporcional ó período calculado anteriormente, ata
tocar a curva de supervivencia. A vertical sobre o eixe «Y» indícanos a porcen-
taxe de superviventes.
4. EMPREGO DAS ECUACIÓNS DE CRECEMENTO E SUPERVIVENCIA NA
PLANIFICACIÓN
As curvas de crecemento e supervivencia pódense axustar a unha ecuación
matemática.
O crecemento durante a fase de preengorde soe ser de tipo lineal, coa
seguinte ecuación tipo:
L1 = A+B*t,
onde L1 é a lonxitude ó cabo dun tempo t, A o punto no que a recta corta o eixe
de ordenadas (Y), e B a pendente da recta.
Así, por exemplo, segundo Pérez Camacho (1980) a ecuación de crecemen-
to da cría de ameixa babosa en Vilaxoán é:
L (mm)= 3,182+0,094*t (días)
O crecemento do adulto pasa por unha fase exponencial seguida dun retardo
ata facerse asintótico, motivo polo cal a curva de crecemento é de tipo loxístico
ou «sigmoidal» que se axusta bastante ben á ecuación de Bertalanffy:
209
onde L1 é a lonxitude ó cabo do tempo t, L00 é a lonxitude asintótica ou máxima
alcanzable teoricamente, «e» é a base dos logaritmos neperianos
(2,718281828), té o tempo considerado, e t0 o tempo no que a lonxitude teórica
era O.
Segundo Pérez Camacho (op. cit.), a ecuación de crecemento da ameixa san
é:
Lt (mm) = 67,255*(1-e·o.240·<1-0.1001)
e a da ameixa babosa:
Lt (mm) = 58,955*(1-e-º·551·11-0.2551)
Nos dous casos o tempo está considerado en anos.
As curvas de supervivencia tamén se axustan a unha ecuación do seguinte
tipo:
Ni = No*e-m't
onde N1e No son o número inicial e final de individuos, «e» é a base dos logarit-
mos neperianos, m é o coeficiente instantáneo de mortalidade, té o tempo trans-
corrido.
Segundo Pérez Camacho (op. cit.) os coeficientes instantáneos de mortalida-
de anual (m) para as ameixas fina e babosa son 0,084 e O,196 respectivamente,
resultando as seguintes ecuacións, nas que o tempo está considerado en anos:
Nt =N0*e·0·0016·1 para a ameixa san.
Nt =N0*e·0·1952·1 para a ameixa babosa.
4.1 . Utilización das ecuacións de crecemento.
a) Cálculo do tempo de cultivo necesario entre dúas tallas: Despexando t na
ecuación lineal e na de Bertalanffy:
t = (L1-A)/B (Ecuación lineal)
t = (1/k)*ln[L00 /(L00-L1)]+to(Ecuación de Bertalanffy)
O tempo (h-t1)transcorrido entre dúas tallas u e L1 vén dado polas fórmulas:
h-t1 = (L2-L1)/B (Ecuación lineal)
h-t1 = (1 /k)*ln[(L00-L1)/(L00-L2)] (Ecuación de Bertalanffy)
Así, por exemplo, o tempo de preengorde necesario para pasar de 4 a 15 mm
na ameixa babosa sería:
t = (15-4)/0,094 = 117 días =4 meses.
Na mesma especie, o tempo de engorde necesario para pasar de 15 a 38 mm
será:
t = (1/0,551 )*ln[(58,955-15)/(58,955-38)] = 1,3 anos.
21'0
Multiplicando por 12 obtemos os meses: 16 meses redondeando.
Facendo os mesmos cálculos para a ameixa san; pero baseándonos soa-
mente na ecuación de Bertalanffy, obteriamos un tempo de preengorde ata os 15
mm de 1O meses, e un tempo de engorde ata os 40 mm de 33 meses.
4.2. Utilización das ecuacións de supervivencia.
Coñecendo os tempos de preengorde e engorde, podemos calcular o núme-
ro de sobreviventes ó final de cada fase. Así, por exemplo, por cada 100 crías de
ameixa babosa sementadas, acadarían os 15 mm:
N1= 1OO*e-º·1952·0·32º = 94 individuos
senda t = 117 días/365 = 0,320 anos.
De estes 94 individuos acadarían a talla comercial, ó cabo de 1,3 anos de
engorde:
N1 = 94*e-º·1952·1·3= 73 individuos.
4.3. Utilización conxunta das ecuacións de crecemento e mortalidade.
Como se indicou anteriormente, existe unha relación exponencial entre a lonxi-
tude e o peso (Táboas 2 e 3). Calculando o peso asintótico, segundo a fórmula:
poo = A+LB
podemos obter a ecuación de Bertalanffy en peso:
Pt = poo*(1-e-k"(Ho))B
Para a ameixa babosa estes resultados serían:
p00 = 0,000091 *58,9553·216= 44,981 g.
A ecuación de crecemento en peso sería:
p, = 44,981 *(1-e-º·551'(!·0,255))3,216.
A producción nun momento dado obtense multiplicando o número de indivi-
duos supervivente polo seu peso medio. Así, pois, multiplicando p, por N1obte-
riamos a producción ou biomasa (B) no momento t:
Na ameixa babosa a ecuación da producción sería:
Bt = 44,981 *(1-e-º·551·(1·0.255))3,216*No*e-º·1s52·1
Por exemplo, para unha cantidade de cría (No) de 32.857 individuos, e consi-
derando un tempo de cultivo (t) de 20 meses, suma do preengorde e engorde, a
producción que se espera obter é de:
211
Bt = 44,981 *(1-e-º·ssq1.s1-o.2ss¡)3·21s*32.857*e-º·'9s2·,,s1
Bt = 148.314 g = 148,3 Kg
Un ano despois (32 meses), a producción sería de 327 Kg, ós 4 anos de 437
Kg e ós 5 anos de 436 Kg.
O peso inicial da cría era 32.857*0,05 = 1,64 Kg, polo tanto os incrementos
de peso foron:
De Oa 20 meses (en 20 meses) ....
De 20 a 32 meses (en 12 meses) ....
De 32 a 48 meses (en 16 meses) ....
De 48 a 60 meses (en 12 meses) ....
146,7 Kg
178,7 Kg
110,0 Kg
-1,0 Kg
Obsérvase, polo tanto, a rendibilidade de alongar un ano máis o tempo de
engorde, xa que se duplica a producción e o incremento do peso é moito maior
que nos 20 meses anteriores.
Na ameixa san a producción pódese expresar mediante a fórmula:
Bt = 69,947*(1-e·o,240·(1-o,100))2,929*No*e-º·ºª1s·1
Cando se acada a talla comercial, despois de 4 anos de cultivo, as 32.857
crías sementadas, con un peso inicial de 2,5 Kg, alcadarían un peso de 375 Kg.
De seguir o cultivo, os pesos acadados ata os 9 anos serían 502, 601, 668, 707
e 722 Kg sucesivamente. O aumento de peso ata acadar a talla comercial é duns
372 Kg, e os correlativos incrementos anuais serían de 127, 99, 67, 39 e 15 Kg
respectivamente.
Polo tanto, tamén é recomendable ampliar o tempo de engorde, polo menos
un ano máis.
5. CONCLUSIÓNS
A estima da producción está suxeita a moitas variables ecolóxicas depen-
dentes, fundamentalmente, das características do lugar e das alteracións físico-
químicas e biolóxicas que acontezan ó longo do período de cultivo.
Para aproximar os cálculos teóricos á producción real, os datos de referencia
han de estar baseados nas experiencias propias na zona de cultivo.
As Táboas 6 e 7, e as Figs. 2 e 3, pódense usar como unha referencia para
elaborar unha planificación previa que logo se irá adaptando en función dos
resultados obtidos.
O emprego das ecuacións de crecemento e mortalidade, inda que require
máis cálculos, permite estimar a producción entre calquera tipo de talla.
Na Táboa 5 sinálanse as principais tarefas de cultivo e a súa temporaliación
respecto dos momentos de sementeira e colleita. Con ela pódese elaborar o
calendario de actividades, considerando a superficie a cultivar e o rendemento
de obreiros e máquinas.
212
É importante prever as necesidades de recursos materiais e humanos para
aproveitar ó máximo o escaso tempo de traballo dispoñible durante a baixamar.
Tamén hai que ter en conta calquera situación de emerxencia que poida xur-
dir, para facer fronte ós imprevistos coa maior rapidez posible.
Ampliando o tempo de engorde, polo menos un ano máis dende o momento
que se alcanza a talla mínima legal, o rendemento increméntase considerable-
mente.
É imprescindible facer un seguimento continuo do cultivo para detectar as
alteracións, e modificar sobre a marcha o plan previsto.
Un proxecto de cultivo debe conter, apartes da planificación, os planos de
situación, os esquemas das instalacións, e os datos económicos de rendibilida-
de, considerando os custos fixos e variables de explotación e os beneficios pre-
vistos.
213
BIBLIOGRAFÍA
ANDERSON, G.J. e col. (1982): A guide to manila clam aquaculture in Puget Sound. University of
Washington: 45 pp.
ASKEW, C.G. (1978): A generalized growth and mortality model for assesing the economics of bival-
ve culture. Aquaculture, 14: 91 -104.
CARRASCO, J.F. e C. RODRÍGUEZ (1990): Cultivo de la almeja japonesa (Rhuditapes philippina-
rum). Resultados de crecimiento en función del tipo de sustrato y de la altura de la marea. Actas
111Congreso Nac. Acuicult.: 575-580.
CERVIÑO, A. e col. (1993): Crecimiento y mortalidad de la almeja fina (Venerupis decussata) y
almeja babosa (V'. pu/lastra) cultivada en parque intermareal en la Ría de Arousa (Galicia,
España). Presencia de Perkinsus asociado a alta mortalidad. Actas IV Congreso Nac. Acuicult.:
401 -406.
DOMENECH, J.L. (1993): Introducción al estudio de los factores limitantes del desarrollo de la alme-
ja, Ruditapes philippinarum, cultivada sin sustrato. Actas IV Congreso Nac. Acuicult.: 413-417.
E.S.A.V. (1990): Tapes philippinarum. Biologia e sperimentazione. Ente Sviluppo Agricolo Veneto.
Veneto: 299 pp.
FERNÁNDEZ CORTÉS, F. (1992): Códigos de buena práctica de laboreo en un parque. Curso de
verano. Univ. Santiago. Rianxo.
GUELORGET, O. e col. (1980) : Croissance, biomasse et production de Venerupis decussata et
Venerupis aurea dans une lagune mediterranéenne, l'étang du Prévost a Palavas (Hérault,
France). Vie Marine, 2: 25-38.
GUERRA, A., C. AGOSTA e F. ESPINOS (1987): Primeras experiencias de cultivo de almeja japo-
nesa (Tapes semidecussata) y ostra japonesa (Crassostrea gigas) en la Ría de Ribadeo (N.W. de
España). Cuad. Marisq. Pub/. Téc., 12: 347-352.
GUERRA e col. (1990): Análisis de crecimiento y producción de almeja japonesa (Venerupis semi-
decussata) cultivada en diferentes sistemas y áreas de las rías altas (N.W. España). Actas 111
Congreso Nac. Acuicult.: 563-567.
IFREMER (1988): La palourde. Dossier d'elevage. IFREMER. Paris: 106 pp.
LOJO, M. e J.V. POZA (1989): Hacia la profesionalización del sector marisquero: La lila de Arousa
como ejemplo atípico. En Jornadas sobre economía y sociología de las comunidades pesqueras.
M.A.P.A.: 445-452.
LÓPEZ VEIGA, E. e col. (1 992): Plan de ordenación dos recursos pesqueiros e marisqueiros de
Galicia. Xunta de Galicia: 874 pp.
PEMARES (1983): Investigación acuícola y marisquera. Junta de Andalucia: 160 pp.
PEREIRO, J.A. (1982): Modelos al uso en dinámica de poblaciones marinas sometidas a explotación.
lnf. Téc. lnst. Esp. Oceano.,1: 255 pp.
PÉREZ CAMACHO, A. (1980): Biología de Venerupis pu/lastra (Montagu, 1803) y Venerupis decus-
sata (Linné, 1767) (Mollusca, Bivalvia) con especial referencia a los factores determinantes de la
producción. Bol. lnst. Espa. Oceano., 5 (281): 43-76.
PÉREZ CAMACHO, A. e M. CUÑA (1985):. First data on raft culture of Manila clam (Ruditapes phi-
lippinarun) in the Ría de Arosa (NW Spain). l.C.E.S. C.M. 1985/F:43: 22pp.
POZA, J.V. e col. (1989): Saneamiento y acuicultura en el «Esteiro» de Vilanova de Arousa. En
Acuicultura y economía. M.A.P.A.: 415-448.
POZA, J.V. (1992): Biología y producción del mejillón Perna perna (L.) cultivado en Punta de Piedras,
Isla de Margarita, NE de Venezuela. Cuaderno da Area de Ciencias Mariñas, Seminario de
Estudos Galegas, 6: 101 -114.
POZA, J. (1995): Técnicas e sistemas de cultivo extensivo de moluscos. En Acuicultura mariña en
Galicia. Ed. do Castro. Sada: 59-470.
RABINOVICH, J.E. (1980): Introducción a la ecología de poblaciones animales. Ed. C.E.C.S.A.
México: 313 pp.
RICKER, N.E. (1975): Computation and interpretation of biological statistics of fish populations. Bu//.
Fish. Res. Bd. Can., 191 : 1-386.
ROYO, A. (1984): Cultivo de Venerupis decussata L. en la zona intermareal 11. Cuaderno da Area de
Ciencias Mariñas, Seminario de Estudos Galegas, 1: 527-540.
SPENCER, B.E. e col. (1991) : Cultivation of Manila clams. Laboratory Leaflet, 65: 30 pp.
214
VALENCE, P. e R. PEYRE (1991 ): El cultivo de la almeja. En Acuacultura. Ed. Omega. Barcelona.
Tomo 1: 337-367.
XUNTA DE GALICIA (1992): !" Congreso galega de marisqueo. Consellería de Pesca, Marisqueo e
Acuicultura. Santiago: 123 pp.
215

More Related Content

Viewers also liked

Traballo ciencias. as clulas nai
Traballo ciencias. as clulas naiTraballo ciencias. as clulas nai
Traballo ciencias. as clulas naiencarnavilla
 
Hacia la profesionalización del sector marisquero
Hacia la profesionalización del sector marisqueroHacia la profesionalización del sector marisquero
Hacia la profesionalización del sector marisqueroIES A Basella
 
Tema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociaisTema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
Estadisticas de residuos
Estadisticas de residuosEstadisticas de residuos
Estadisticas de residuosIES A Basella
 
Prova SME 7º ano 2º bim 2014
Prova SME 7º ano 2º bim 2014Prova SME 7º ano 2º bim 2014
Prova SME 7º ano 2º bim 2014Leonardo Kaplan
 
PB 8º ano 2º BIMESTRE ciencias gabarito
PB 8º ano 2º BIMESTRE ciencias gabaritoPB 8º ano 2º BIMESTRE ciencias gabarito
PB 8º ano 2º BIMESTRE ciencias gabaritoGrazi Grazi
 
Aula 8º ano - Os alimentos
Aula 8º ano - Os alimentosAula 8º ano - Os alimentos
Aula 8º ano - Os alimentosLeonardo Kaplan
 
Aula 6º ano - O Universo e o Sistema Solar
Aula 6º ano - O Universo e o Sistema SolarAula 6º ano - O Universo e o Sistema Solar
Aula 6º ano - O Universo e o Sistema SolarLeonardo Kaplan
 

Viewers also liked (10)

Traballo ciencias. as clulas nai
Traballo ciencias. as clulas naiTraballo ciencias. as clulas nai
Traballo ciencias. as clulas nai
 
Tema 3. 4º Eso
Tema 3. 4º EsoTema 3. 4º Eso
Tema 3. 4º Eso
 
Hacia la profesionalización del sector marisquero
Hacia la profesionalización del sector marisqueroHacia la profesionalización del sector marisquero
Hacia la profesionalización del sector marisquero
 
Tema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociaisTema 3 de ciencias sociais
Tema 3 de ciencias sociais
 
Estadisticas de residuos
Estadisticas de residuosEstadisticas de residuos
Estadisticas de residuos
 
Prova SME 7º ano 2º bim 2014
Prova SME 7º ano 2º bim 2014Prova SME 7º ano 2º bim 2014
Prova SME 7º ano 2º bim 2014
 
PB 8º ano 2º BIMESTRE ciencias gabarito
PB 8º ano 2º BIMESTRE ciencias gabaritoPB 8º ano 2º BIMESTRE ciencias gabarito
PB 8º ano 2º BIMESTRE ciencias gabarito
 
Aula 8º ano - Os alimentos
Aula 8º ano - Os alimentosAula 8º ano - Os alimentos
Aula 8º ano - Os alimentos
 
Quimica ambiental
Quimica ambientalQuimica ambiental
Quimica ambiental
 
Aula 6º ano - O Universo e o Sistema Solar
Aula 6º ano - O Universo e o Sistema SolarAula 6º ano - O Universo e o Sistema Solar
Aula 6º ano - O Universo e o Sistema Solar
 

Similar to Planificación dunha explotación marisqueira

U 13 Sector Primario 1ª parte
U 13 Sector Primario 1ª parteU 13 Sector Primario 1ª parte
U 13 Sector Primario 1ª parteEvaPaula
 
Manual de formación para o marisqueo 02. producción parte común
Manual de formación para o marisqueo 02. producción   parte comúnManual de formación para o marisqueo 02. producción   parte común
Manual de formación para o marisqueo 02. producción parte comúnASOAR-ARMEGA
 
Sos Ria De Vigo
Sos Ria De VigoSos Ria De Vigo
Sos Ria De Vigomaeloc
 
Sos Ria De Vigo
Sos Ria De VigoSos Ria De Vigo
Sos Ria De Vigommeixide
 
Sector primario temas e vocabulario
Sector primario   temas e vocabularioSector primario   temas e vocabulario
Sector primario temas e vocabularioEvaPaula
 
Espazos rurais
Espazos ruraisEspazos rurais
Espazos ruraisaialo1
 
As paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedade
As paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedadeAs paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedade
As paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedadeRosacidgalante
 
9. actividades agrarias e pesqueiras.
9. actividades agrarias e pesqueiras.9. actividades agrarias e pesqueiras.
9. actividades agrarias e pesqueiras.Ismael Vide González
 
Tema 8 de geografia
Tema 8 de geografiaTema 8 de geografia
Tema 8 de geografiamssl1998
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primariorubempaul
 
Técnicas e sistemas de cultivo extensivo de moluscos bivalvos
Técnicas e sistemas de cultivo extensivo de moluscos bivalvosTécnicas e sistemas de cultivo extensivo de moluscos bivalvos
Técnicas e sistemas de cultivo extensivo de moluscos bivalvosIES A Basella
 
Tema 8 A agricultura, a gandaría e a pesca
Tema 8 A agricultura, a gandaría e a pescaTema 8 A agricultura, a gandaría e a pesca
Tema 8 A agricultura, a gandaría e a pescarubempaul
 
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...jignacioYosy
 
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...jignacioYosy
 
O sector primario no mundo
O sector primario no mundoO sector primario no mundo
O sector primario no mundomasinisa
 
Actividades setembro xeografía e historia 3º eso
Actividades setembro xeografía e historia 3º esoActividades setembro xeografía e historia 3º eso
Actividades setembro xeografía e historia 3º esoEvaPaula
 

Similar to Planificación dunha explotación marisqueira (20)

U 13 Sector Primario 1ª parte
U 13 Sector Primario 1ª parteU 13 Sector Primario 1ª parte
U 13 Sector Primario 1ª parte
 
Manual de formación para o marisqueo 02. producción parte común
Manual de formación para o marisqueo 02. producción   parte comúnManual de formación para o marisqueo 02. producción   parte común
Manual de formación para o marisqueo 02. producción parte común
 
Marisqueo nas Rías Baixas
Marisqueo nas Rías BaixasMarisqueo nas Rías Baixas
Marisqueo nas Rías Baixas
 
A pesca
A pescaA pesca
A pesca
 
Sos Ria De Vigo
Sos Ria De VigoSos Ria De Vigo
Sos Ria De Vigo
 
Sos Ria De Vigo
Sos Ria De VigoSos Ria De Vigo
Sos Ria De Vigo
 
Sector primario temas e vocabulario
Sector primario   temas e vocabularioSector primario   temas e vocabulario
Sector primario temas e vocabulario
 
Espazos rurais
Espazos ruraisEspazos rurais
Espazos rurais
 
As paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedade
As paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedadeAs paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedade
As paisaxes naturais e as interrelacións natureza-sociedade
 
9. actividades agrarias e pesqueiras.
9. actividades agrarias e pesqueiras.9. actividades agrarias e pesqueiras.
9. actividades agrarias e pesqueiras.
 
Tema 8 de geografia
Tema 8 de geografiaTema 8 de geografia
Tema 8 de geografia
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
Técnicas e sistemas de cultivo extensivo de moluscos bivalvos
Técnicas e sistemas de cultivo extensivo de moluscos bivalvosTécnicas e sistemas de cultivo extensivo de moluscos bivalvos
Técnicas e sistemas de cultivo extensivo de moluscos bivalvos
 
Tema 8 A agricultura, a gandaría e a pesca
Tema 8 A agricultura, a gandaría e a pescaTema 8 A agricultura, a gandaría e a pesca
Tema 8 A agricultura, a gandaría e a pesca
 
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
 
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
AlegacióNs ó Proxecto Sectorial Da Plataforma LoxíStica Empresarial E Portuar...
 
O sector primario no mundo
O sector primario no mundoO sector primario no mundo
O sector primario no mundo
 
Actividades setembro xeografía e historia 3º eso
Actividades setembro xeografía e historia 3º esoActividades setembro xeografía e historia 3º eso
Actividades setembro xeografía e historia 3º eso
 
Tema 8. leccións 1 3
Tema 8. leccións 1 3Tema 8. leccións 1 3
Tema 8. leccións 1 3
 
Tema 5. 3º ESO
Tema 5. 3º ESOTema 5. 3º ESO
Tema 5. 3º ESO
 

More from IES A Basella

Saneamiento y acuicultura en el Esteiro de Vilanova de Arousa
Saneamiento y acuicultura en el Esteiro de Vilanova de ArousaSaneamiento y acuicultura en el Esteiro de Vilanova de Arousa
Saneamiento y acuicultura en el Esteiro de Vilanova de ArousaIES A Basella
 
Compostaxe / Compostaje
Compostaxe / CompostajeCompostaxe / Compostaje
Compostaxe / CompostajeIES A Basella
 
Plantas de recuperacion de residuos
Plantas de recuperacion de residuosPlantas de recuperacion de residuos
Plantas de recuperacion de residuosIES A Basella
 
Incineracion de residuos
Incineracion de residuosIncineracion de residuos
Incineracion de residuosIES A Basella
 
Vertedoiros de residuos / Vertederos de residuos
Vertedoiros de residuos / Vertederos de residuosVertedoiros de residuos / Vertederos de residuos
Vertedoiros de residuos / Vertederos de residuosIES A Basella
 
Recollida pneumática / Recogida neumática
Recollida pneumática / Recogida neumáticaRecollida pneumática / Recogida neumática
Recollida pneumática / Recogida neumáticaIES A Basella
 
Recollida de residuos urbanos
Recollida de residuos urbanosRecollida de residuos urbanos
Recollida de residuos urbanosIES A Basella
 
Plantas de transferencia de residuos
Plantas de transferencia de residuosPlantas de transferencia de residuos
Plantas de transferencia de residuosIES A Basella
 
Caracterizacion residuos
Caracterizacion residuosCaracterizacion residuos
Caracterizacion residuosIES A Basella
 
L A G E N E R A C IÓ N D E L 98b
L A  G E N E R A C IÓ N  D E L 98bL A  G E N E R A C IÓ N  D E L 98b
L A G E N E R A C IÓ N D E L 98bIES A Basella
 
Tormenta sobre a Ría de Arousa
Tormenta sobre a Ría de ArousaTormenta sobre a Ría de Arousa
Tormenta sobre a Ría de ArousaIES A Basella
 
Vehiiculos fora de uso
Vehiiculos fora de usoVehiiculos fora de uso
Vehiiculos fora de usoIES A Basella
 

More from IES A Basella (15)

Saneamiento y acuicultura en el Esteiro de Vilanova de Arousa
Saneamiento y acuicultura en el Esteiro de Vilanova de ArousaSaneamiento y acuicultura en el Esteiro de Vilanova de Arousa
Saneamiento y acuicultura en el Esteiro de Vilanova de Arousa
 
Compostaxe / Compostaje
Compostaxe / CompostajeCompostaxe / Compostaje
Compostaxe / Compostaje
 
Plantas de recuperacion de residuos
Plantas de recuperacion de residuosPlantas de recuperacion de residuos
Plantas de recuperacion de residuos
 
Incineracion de residuos
Incineracion de residuosIncineracion de residuos
Incineracion de residuos
 
Lixiviados
LixiviadosLixiviados
Lixiviados
 
Vertedoiros de residuos / Vertederos de residuos
Vertedoiros de residuos / Vertederos de residuosVertedoiros de residuos / Vertederos de residuos
Vertedoiros de residuos / Vertederos de residuos
 
Recollida pneumática / Recogida neumática
Recollida pneumática / Recogida neumáticaRecollida pneumática / Recogida neumática
Recollida pneumática / Recogida neumática
 
Recollida de residuos urbanos
Recollida de residuos urbanosRecollida de residuos urbanos
Recollida de residuos urbanos
 
Puntos limpos
Puntos limposPuntos limpos
Puntos limpos
 
Plantas de transferencia de residuos
Plantas de transferencia de residuosPlantas de transferencia de residuos
Plantas de transferencia de residuos
 
Centros verdes
Centros verdesCentros verdes
Centros verdes
 
Caracterizacion residuos
Caracterizacion residuosCaracterizacion residuos
Caracterizacion residuos
 
L A G E N E R A C IÓ N D E L 98b
L A  G E N E R A C IÓ N  D E L 98bL A  G E N E R A C IÓ N  D E L 98b
L A G E N E R A C IÓ N D E L 98b
 
Tormenta sobre a Ría de Arousa
Tormenta sobre a Ría de ArousaTormenta sobre a Ría de Arousa
Tormenta sobre a Ría de Arousa
 
Vehiiculos fora de uso
Vehiiculos fora de usoVehiiculos fora de uso
Vehiiculos fora de uso
 

Planificación dunha explotación marisqueira

  • 2. PLANIFICACIÓN DUNHA EXPLOTACIÓN MARISQUEIRA 1. INTRODUCCIÓN Por JUAN POZA l.E.S.P. de Vilanova de Arousa A Basella s/n 36626 - Vilanova de Arousa O marisqueo defínese como unha parte da actividade pesqueira dedicada á captura de marisco; pero en Galicia, a palabra marisqueo enténdese máis ben como a colleita de moluscos bivalvos escavadores, dada a importancia econó- mica e social desta actividade. Dende moi antigo, o marisco foi un recurso alimenticio para a subsistencia dos pobos costeiros, tal como demostran os cuncheiros dos poboados castrexos da costa e do interior de Galicia, o que fai pensar que xa existía certo nivel de comercialización deste producto; pero non foi ata a década dos sesenta cando a actividade marisqueira acadou unha importancia relevante debido a que as con- serveiras comezaron a utilizar mexillón, berberecho e ameixa como materia prima alternativa ante a diminución das capturas de sardiña no outono e inverno. A explotación dos bancos de moluscos, por ser moi localizados e facilmente accesibles, manifesta os efectos da sobreexplotación mediante unha diminución progresiva das capturas anuais. Para non esgotar o recurso é necesaria a inter- vención humana có obxecto de regular as capturas, potenciar o recrutamento ou reducir a mortalidade natural. Na actualidade, a explotación dos moluscos na maior parte de Galicia faise mediante un sistema xestionado, se ben xa hai moitos anos que se vén talando da reconversión do sector marisqueiro para acadar un sistema cultivado. Pero a implantación da acuicultura na explotación marisqueira pode ter, á súa vez, varias fases evolutivas dependendo da magnitude da intervención humana: a) Acuicultura de recuperación: Consiste en aplicar técnicas de acuicultura para volver a facer productivos os bancos naturais esgotados. b) Acuicultura de repoboación: Trátase de repoboar zonas con baixo recru- tamento para incrementar as capturas da pesca. c) Acuicultura de xestión: Ou acuicultura verdadeira, na que as especies son cultivadas en recintos acoutados, mantendo un continuo control das poboa- cións en catividade. Algunhas contrarías e organizacións de productores xa están desenvolvendo algunha destas fases de acuicultura. Nembargante, para acadar a última fase fai 197
  • 3. falla unha concienciación dos mariscadores, co fin de abandonar a mentalidade indi- vidualista e fomentar o cooperativismo e o reparto e especialización do traballo. As actuais técnicas de cultivo só permiten producir moluscos de talla comercial nas zonas marítima e marítimo-terrestre que, por ser de dominio público, non se poden privatizar sen provocar conflictos sociais, salvo que sexan adxudicadas en autorización ou concesión ó conxunto de mariscadores que a están explotando. Actualmente os mariscadores teñen conciencia de propiedade das súas conce- sións e autorizacións fronte a outros pobos; pero non hai unha mentalidade de coo- peración colectiva con visión empresarial e de reparto do traballo e dos beneficios, ~enón que cada un, individualmente, trata de sacar o máximo rendemento persoal. Por outra banda, o asociacionismo en cooperativas ou calquera outro tipo de organización marisqueira, non ten por que ser pechado a un só pobo ou contra- ría, xa que a unión en cooperativas de segundo e terceiro grao dos diferentes sectores que interveñen na producción, transformación e transporte, contribuirá a incrementar os beneficios comúns e individuais, mediante a estabilización duns prezos axeitados e o incremento do valor engadido. 2. PLANIFICACIÓN DA EXPLOTACIÓN Trátase de elaborar un proxecto de explotación da superficie dispoñible, esta- blecendo uns obxectivos de producción e prevendo as necesidades e recursos en base dos seguintes puntos: 2.1. Valorar as características da zona de cultivo e a súa capacidade productiva. 2.2. Establecer os medios biolóxicos, materiais e humanos, e os seus requiri- mentos. 2.3. Elaborar un calendario de actividades e distribuír as tarefas a realizar. 2.1. Valorar as características da zona de cultivo e a súa capacidade pro- ductiva Non todas as praias son apropiadas para o cultivo de ameixa, motivo polo cal fai falla realizar unha valoración e tomar as medidas oportunas para acondicio- nar os terreas, sempre e cando sexa posible. Na Táboa 1 indícanse as características óptimas que deben reunir os parques de cultivo de ameixa e as medidas de acción para corrixir as posibles deficien- cias das mesmas. Cando a superficie dos parques de cultivo é suficientemente grande, tal como sucede nas autorizacións das contrarías e organizacións de productores, o máis recomendable é facer un cultivo secuencial, é dicir, que se dedican unhas zonas á captación de cría, outras ó preengorde e outras ó engorde en distintas fases de desenvolvemento, de xeito que se pode lograr unha coordinación para dispo- ñer continuamente, ó longo do ano, de moluscos de talla comercial aptos para a venda. Para facilitar os labores de cultivo, estas zonas divídanse en parcelas duns 1O m2 para os parques de cría e de 100 m2 para os de engorde, separadas por estacas, cordas ou arames. 198
  • 4. CARACTERÍSTICAS Tipo de substrato: -Porcentaxe de area > 20 %, óptimo 40-50 %. -Suficientemente duro para permitir a mecanización. - Espesor do sedimento oxidado > 2 cm, mellor se supera os 1Ocm. Pendente da praia: 2 a 5 cm/1Om. Nivel de marea: 1 a 2,2 m sobre a baixamar escorada (Coef. 55-85). Circulación da auga: Boa. Zona protexida de ventos, temporais, mareiras e correntes fortes. Salinidade: 30-36 ppm. MÉTODOS DE CORRECCIÓN Engadir area grosa ou cunchiña. Engadir area grosa ou cunchiña. Remover e airear o substrato. Achanzar o terreo mecanicamente. Delimitar o mellor lugar. Seleccionar o lugar e eliminar barreiras naturais e artificiais. Seleccionar o lugar ou protexelo. Cubrir os cultivos con malla plástica. Seleccionar o lugar e controlar os apor- tes de auga doce invernal. Táboa 1. Características físico-químicas máis apropiadas para o cultivo de ameixas. Pola contra, en terrees de pouca extensión pode ser preferible facer un culti- vo non secuencial, con sementeiras en toda a superficie e colleitas periódicas de toda a producción, con períodos de tempo sen posibilidade de comercializar o producto por atoparse os moluscos en fase de crecemento. Unha organización que teña concesión sobre diferentes praias, pode dedicar á captación de semente, durante o período reproductivo, aquelas con maior recrutamento, pois deste xeito diminuiranse os custos de adquisición de cría. Anderson e col. (1982) observaron un incremento das fixacións de cría nas zonas de praia cubertas con malla plástica ríxida; a malla retiña e concentraba a semente arrastrada polas ondas, ó tempo que a protexía contra os depredado- res. En consecuencia, propoñen utilizar este método para incrementar a produc- tividade dos bancos naturais. O resto dos terreos que teñan as características apropiadas ou que se poidan acondicionar, adicaranse ó preengorde e engorde, se ben nas praias destinadas á captación de cría poderíanse ubicar cultivos de preengorde sobreelevados. O preengorde ata os 15 mm tamén se pode realizar en cultivos suspendidos en batea. Facendo unha estima inicial de que a quinta parte dos terreos dispoñibles terán que dedicarse ó preengorde (en fondo e sobreelevado), e as catro quintas partes serán empregadas no engorde con unha producción final media de 1,5 a 199
  • 5. 3 Kg/m2, podemos calcular a capacidade productiva total das concesións ou autorizacións multiplicando a densidade de producción final pala superficie útil empregada no engorde. Actualmente o mercado é deficitario en ameixa, motivo polo cal podemos par- tir da base de que toda a producción sairá á venda, xa que no caso contrario, e para evitar un exceso de producción, teríase que reducir a densidade en benefi- cio da calidade do producto, que se sacaría á venda nos períodos de maior demanda comercial. Para conseguir unha producción continua, a zona de engorde pódese subdivi- dir en 4 a 12 parques para o cultivo de ameixa babosa ou xaponesa e 8 a 24 par- ques no caso da ameixa fina, de xeito que en cada estación do ano, ou en cada mes, se poida extraer o marisco de talla comercial e repoboar con ameixa proce- dente da zona de preengorde, tendo en canta que as primeiras acadan a talla comercial ós 12-18 meses e a última ós 24-30 meses dende o momento da semen- teira no parque de engorde. A superficie de cada un destes parques estará en fun- ción da demanda estacional no período correspondente, aínda que dada a varia- bilidade do crecemento e das características ambientais que o afectan, as mostras previas serán as que nos indiquen o parque no que se debe facer a colleita. Así, pois, tendo en canta a taxa de crecemento de cada especie, a densidade de producción, a superficie dedicada ós parques de engorde e o tempo de cultivo, a producción anual obtense multiplicando a densidade de producción en peso pala superficie total dedicada ó engorde e dividindo polo tempo de engorde en anos. Por exemplo, no engorde ata a talla comercial de ameixas babosa e xapone- sa, abonda multiplicar a densidade de producción final (1,5 a 3 Kg/m2) pala superficie sementada, mentres que no caso da ameixa fina este resultado diví- dese por 2, que son os anos que tarda en acadar a talla mínima legal de venda. Se pretendemos ofrecer un producto de calidade, resulta útil coñecer a varia- ción do índice de condición ou estado de engorde, có obxecto de estimar as mellares épocas para realizar a colleita; pero tendo en canta que na época de desove as ameixas teñen un aspecto leitoso, pouco agradable para moitos con- sumidores. 2.2. Establecer os medios biolóxicos, materiais e humanos. 2.2.1 . Medios biolóxicos Para calcular a cantidade de cría que se necesita para acadar os obxectivos de producción estimados no apartado anterior, basearémonos, inicialmente, en experiencias previas de cultivo en zonas próximas e con características ambien- tais semellantes, se ben será a propia experiencia nas condicións reais de culti- vo a que nos permita optimizar estas valoracións, xa que as características bio- ecolóxicas do lugar afectan máis ó crecemento e á mortalidade que outros fac- tores do cultivo, como pode ser a densidade de sementeira. Nas Táboas 2 e 3 indícanse as características do crecemento das ameixas fina, babosa e xaponesa, as relacións talla/peso e a taxa de mortalidade, base- ándose nos resultados experimentais propios e doutros autores citados na biblio- grafía. 200
  • 6. AMEIXA XAPONESA (Ruditapes philippinarum) Talla e peso iniciais: 4 mm; 0,01 g. Época de sementeira: primavera e/ou outono. Relación talla/peso: P(g) = 0,000152 x L(mm)3·'º1 Tipo de cultivo: Sobreelevado En batea No fondo Soporte do cultivo: Bandexa ostreícola de 0,5 m2• Cestillos e cestas ostreícolas. Luz de malla: Densidade/m2 : Tempo preengorde: 1,4 a 4 mm. 3.000-4.000 ind. 1.500-2.000/bandexa. 3 a 6 meses 12a15mm. 1,5 mm. 8.000-16.000 ind. 250-500/cestillo. 3 a 6 meses 10a15mm.Talla final: Peso final: Supervivencia: Tipo de cultivo: 0,34 a 0,67 g. 0,20 a 0,67 g 90 %. 80 a 95 %. AMEIXA FINA (Ruditapes decussata) Talla e peso iniciais: 4 mm; 0,015 g. Época de sementeira: primavera e/ou outono. Relación talla/peso: P(g) = 0,000116 x L(mm)3•173• Sobreelevado No fondo Protección con malla plástica. 2a10mm. 600-1.300 ind. 12 meses. 20 a 25 mm. 1,32 a 2,76 g. 90%. Soporte do cultivo: Luz de malla: Bandexa ostreícola 0,5 m2• 2mm. Protección con malla plástica. 2 a 10 mm. Densidade/ m2: Tempo preengorde Talla final: Peso final: Supervivencia: 3.000-4.000 ind. 1.000-1 .500 ind. 6-8 meses. 12-14 meses. 10-15 mm. 20-25 mm. 0,17-0,62 g. 1,42-2,65 g. 70 %. 45-90 %. AMEIXA BABOSA (Tapes pu/lastra) Talla e peso iniciais: 3,2 mm; 0,04 g. Época de sementeira: primavera e/ou outono. Relación talla/peso: P(g) = 0,000091 x L(mm)3 ' 216 Tipo de cultivo: No fondo ata 10-15 mm No fondo ata 20-25 mm Soporte do cultivo: Luz de malla: Densidade/m2: Tempo de preengorde: Peso final: Supervivencia: Protección con malla plástica 2 mm 2 a 10 mm 1.000-1 .500 ind. 600-1 .300 ind. 3-4 meses. 0,20-0,55 g. 90% 12 meses. 1,39-2,85 g. 90% Táboa 2. Datos experimentais de referencia para o preengorde de ameixa fina, xapo- nesa e babosa (Segundo lremer, 1988; Pérez Camacho, 1982; e Pérez Camacho e Cuña, 1987) 201
  • 7. AMEIXA XAPONESA (Ruditapes philippinarum) a) Talla inicial 10-15 mm (0,20- 0,67 g): Tipo de cultivo: En fondo con malla protectora de 5 mm. Densidade/m2 : De 60-100 (sen rareos) a 400 ind. (con rareos). Relacións talla/peso: P(g) =0,000095 x L(mm)3•226 (Rango de tallas: 15-23 mm). P(g) =0,000065 x L(mm)3·3" (Rango de tallas: 20-32 mm). J:>(g) =0,000760 x L(mm)2.640 (Rango de tallas: 31-46 mm). Epoca de sementeira: primavera e/ou outono. . Tempo de engorde: 18 meses. ? Talla comercial: 40 mm (19 g) (53 ameixas/Kg). Supervivencia: 80-90 % anual (72-85,5 % en 18 meses) b) Talla inicial 20-25 mm (1,32-2,76 g). Tipo de cultivo: En fondo con ou sen malla protectora de 1Omm. Epoca de sementeira: primavera e/ou outono. Tempo de engorde: 12 meses. Supervivencia: 45-90 % anual (con protección). Densidade/m2 : 60-250 ind. AMEIXA FINA (Ruditapes decussata) a) Talla inicial 10-15 mm (0,17-0,62 g). Tipo de cultivo: En fondo con malla 5 mm. Densidade/m2: De 60-100 (sen rareos) a 400 ind. (con rareos). Relacións talla/peso: P(g) =0,000116 x L(mm)3·' 73 (Rango de tallas: 11-19 mm). P(g) =0,000345 x L(mm)2.779 (Rango de tallas: 15-24 mm). J:>(g) =0,00031 ox L(mm)2.929 • Epoca de sementeira: primavera e/ou outono. Tempo de engorde: 30 meses. Talla comercial: 40 mm (15,2 g) (66 ameixas/Kg). Supervivencia: 45-90 % anual (18-70 % no período). b) Talla inicial 20-25 mm (1,42-2,62 g). Tipo de cultivo: En fondo con ou sen malla protectora de 1Omm. Tempo de engorde: 24 meses. Densidade/m2 : 60-500 individuos. Supervivencia: 45-90 % anual (20-81 % en dous anos), (con protección). AMEIXA BABOSA (Tapes pu/lastra) a) Talla inicial 10-15 mm (O,15-0,55 g) Tipo de cultivo: En fondo con malla protectora de 5 mm. Densidade/m2 : De 100 (sen rareos) a 400 ind. (con rareos). Relacións talla/peso: J:>(g) =0,000091 x L(mm)3·2' 6 • Epoca de sementeira: primavera e/ou outono. Tempo de engorde: 18 meses. Talla comercial : 38 mm (11 g) (91 ameixas/Kg) Supervivencia: 80-90 % anual (64-80 % no período). b) Talla inicial 20-25 mm (1,39-2,85 g). Tipo de cultivo: En fondo con ou sen malla protectora de 1Omm. Densidade/m2 : 100-200 ind. Tempo de engorde: 12 meses. Supervivencia: 80-90 % (con protección). Táboa 3. Datos experimentais de referencia para o engorde de ameixa fina, xaponesa e babosa (Segundo lfremer, 1988; Pérez Camacho, 1982; e Pérez Camacho e Cuña, 1987). 202
  • 8. Con esta información, e considerando a talla de captura, podemos calcular as necesidades totais de cría de preengorde e engorde, as súas densidades de sementeira en función da talla, e as superficies de cultivo necesarias. Irnos ver nun exemplo como se tan estes cálculos: Establecemos o obxectivo de producir 1,75 Kg/m2 de ameixa san de talla mínima comercial. a) Calculamos o peso individual de cada ameixa de talla comercial segundo a relación lonxitude/peso da Táboa 3: p = 0,000310*402,929 = 15,26 g. b) Calculamos a densidade de individuos por metro cadrado, dividindo a den- sidade en peso pola biomasa individual: Nº. de ameixas/m2 = 1750/15,26 = 115 (redondeando). c) Calculamos a densidade inicial de resementeira, considerando a supervi- vencia esperada ó longo do tempo de engorde, que segundo a Táboa 3 varía entre o 18 e o 70 %. Irnos considerar un 50 %. Aplicamos unha regra de tres ou unha proporción: Se de 100 ameixas sobreviven 50 Necesitamos X para que sobrevivan 115. Despexando X, X = 115*100/50 = 230 crías de 1Oa 15 mm/m2 • d) Calculamos a cantidade total de cría de 10-15 mm multiplicando pola superficie de engorde a sementar. Supoñamos unha parcela de 100 m2 : 230*100 = 23.000 crías/100 m2• Que en peso (ver relación talla/peso) son uns 4 a 14 Kg. e) A cantidade de cría de 4-8 mm que hai que mercar no criadeiro obtense sumando a mortalidade durante o período de preengorde. Na Táboa 2 indícase que a supervivencia é dun 70 %. Aplicando unha regra de tres ou unha proporción: 70/100 =23.000/X. Despexando X: X = 23.000*100/70 = 32.857 crías de 4 a 8 mm. Que en peso (ver relación) son uns 2,5 Kg. f) A superficie de preengorde necesaria para manter esta cantidade de cría calcúlase dividindo pola densidade de sementeira (Táboa 2). Se optamos polo cultivo sobreelevado (1 .500 -2.000 crías por bandexa ostre- ícola de 0,5 m2) faríannos falla: 32.857/1.500 = 22 bandexas. Se optamos polo cultivo en fondo a unha densidade de 1.000 crías/m2 nece- sitariamos: 32.857/1.000 = 32,86 m2 • 203
  • 9. O que equivale a unhas 4 parcelas de preengorde de 1Om2 • g) O prezo da cría haino que negociar co criadeiro. Supoñendo un custo uni- tario de 2 pesetas: 32.857*2 = 65.714 Pts. sen o IVE. h) A producción total a acadar obtense multiplicando a densidade final en peso pola superficie de engorde: 1,75 Kg*100 m2 = 175 Kg. i) Os beneficios brutos obtéñense multiplicando a producción polo prezo de venda, que no caso da ameixa fina rolda as 1000 Pts/Kg: 175*1000 = 175.000 Pts. sen o IVE. j) O rendemento en peso obtense dividindo a producción total entre o peso ini- cial da cría e multiplicando por 100: (175/2,5)*100 =7.000 %. Ou que por 1 Kg de cría obtéñense 700 de ameixa comercial. k ) O rendemento económico bruto obtense dividindo os beneficios brutos · entre o custo da cría e multiplicando por 100: (175.000/82.143)*100 = 266 %. O que representa máis da duplicación do capital; pero hai que descontar os custos de producción. Todos estes cálculos son unha estima da producción, os resultados reais poden ser mellores ou peores, en función das características bioecolóxicas da zona de cultivo e dos factores ambientais ó longo do tempo dedicado ó preen- gorde e engorde. Tamén hai que ter en conta que o crecemento non é uniforme, obtendo ameixas que sobrepasan a talla comercial xunto con outras que non a acadan. Por outra banda, aumentando o tempo de cultivo un ano máis, despois de acadada a talla comercial, o rendemento en peso incrementarase arredor dun 33 % para a ameixa san e dun 120 % para a babosa (ver cálculos do apartado 3), tamén aumentaría o prezo unitario de venta e, en consecuencia, os beneficios. 2.2.2. Medíos materíaís Os materiais de acuicultura necesarios para levar a cabo a explotación dependen da extensión da superficie cultivada. Así, en pequenos parques será suficiente o uso dos utensilios tradicionais de marisqueo: sachos, restrelos e bal- des. Pero en grandes superficies de cultivo imponse a mecanización para aba- ratar os custos de producción, pois aínda que nas explotacións a nivel coopera- tivo das autorizacións ou concesións de contrarías e organizacións de producto- 204
  • 10. res abonde a man de obra, os beneficios a repartir serán maiores con menos esforzo laboral. Na actualidade existe maquinaria agrícola adaptada á explotación dos par- ques de cultivo de ameixa, tales como tractores para limpezas e acondiciona- mento de fondos, colleiteiras, clasificadoras, etc. En calquera caso, cada organización estimará as necesidades de maquinaria e equipos de cultivo en función da superficie de cultivo, da producción anual e da técnica aplicada. Na Táboa 4 indícanse os materiais de uso máis común nas diferentes activi- dades do cultivo de ameixa. 2.2.3. Medios humanos A necesidade de persoal tamén depende da magnitude da explotación, así mentres unha pequena superficie pode ser cultivada por 1 ou 2 obreiros, unha explotación comunitaria a gran escala precisará dun equipo técnico composto por un xerente, que dirixirá a promoción da inversión, o financiamento e a comer- cialización, e un director técnico que se encargará da supervisión do proceso productivo. A súa vez, estes técnicos poden contar coa colaboración de persoal cualificado. O persoal dedicado aos labores de cultivo non precisa dunha alta especiali- zación, podendo ter unha formación profesional en acuicultura de nivel 1. Poza e col (1989) estiman que a cantidade necesaria de obreiros fixos é de 3 por Ha, sendo necesario acudir a persoal eventual en determinados momentos: semen- teira, limpeza de praias, colleita, etc.; pero o emprego de maquinaria reduce a man de obra. 205
  • 11. Planificación: Calculadora e/ou ordenador Táboas de marea Cartas náuticas Datos de crecemento Datos de mortalidade Catálogos comerciais Libros de control Arquivos Acondicionamento das instalacións: Area, grava e cunchiña Estacas e boias para marcar Malla plástica ríxida 2-1 Omm Cravos Martelo ou mazo Cinta métrica Material de uso xeral Cultivo e colleita: Cestas e bandexas ostreícolas Armazóns cultivo sobreelevado Batea Báscula ou balanza Cilindros graduados Maquinaria de sementeira Malla plástica ríxida 2-1 Omm Bolsas de malla e caixas Material de uso xeral Control do cultivo: Nucleador de sedimento Cuadrícula de mostra 225 cm2 Peneiras de 5 mm de luz Etiquetas Bolsas de plástico Calibres Cinta métrica Balanza Material de laboratorio Kits de análise de augas Material de uso xeral Material de uso xeral: Tractor con remolque Accesorios de tractor Lancha foraborda Baldes e capachos Clasificadores Báscula Sachos, anciños e palas Caixa de ferramentas Botas de goma Guantes de goma Roupa de augas Coitelos Lápices e bolígrafos Caderno de notas Portafolios Agullas e fío de atar Vehículo de transporte Táboa 4. Materiais necesarios para o cultivo de ameixa 206
  • 12. O persoal necesario para a sementeira pódese calcular en base a que 2 per- soas por marea poden sementar de 280 a 300 m2 (Anderson e col., 1982) Na colleita estímase que o rendemento por persoa é de 4 m2/h ou de 6 a 12 Kg/h, mentres que unha colleiteira mecánica, manipulada por 2 obreiros, ten unha eficacia de 25 a 50 veces superior (IFREMER, 1988). En grandes superficies de terreo, os traballos de limpeza e colleita débense mecanizar, xa que resulta pesado e lento realizalos manualmente. En Francia xa se utiliza maquinaria, arrastrada por tractores para limpar o terreo, sementar, cubrir con malla plástica, facer a colleita e clasificar por tallas. Nunha explotación comunitaria, na que os propios cooperativistas son traballado- res, a percepción dun salario polo traballo realizado pódese ver como unha forma de reparto de beneficios, de xeito que os custos da man de obra reportan un salario ós cooperativista. Dende este punto de vista pódense establecer dúas estratexias: a) Ofrecer un traballo remunerado á maior cantidade posible de socios, com- pensando en soldos a perda de beneficios. b) Mecanizar o proceso coa consecuente diminución de man de obra; pero cun incremento dos beneficios a repartir e unha mellora nas condicións de tra- ballo e de vida. No segundo caso os cooperativistas contarán con moito tempo libre, dedi- cándose fundamentalmente a labores de vixilancia, comercialización e manipu- lación de maquinaria. Os beneficios a repartir poden ser suficientes para acadar un bo nivel de vida; pero hai que ofrecer alternativas para ocupar o tempo de ocio, tales como actividades deportivas, culturais, lúdicas e artísticas. Por outra banda, e co fin de promover a participación dos cooperativistas, cando non sexa posible empregar a todos os socios crearanse grupos de traba- llo que se irán turnando para que ninguén se sinta discriminado. 2.3. Elaborar un calendario de actividades e distribuír as tarefas a reali- zar. Nas Táboas 6 e 7 móstranse exemplos gráficos de temporalización do cultivo das ameixas xaponesa, babosa e fina. Loxicamente, hainos que adaptar a cada lugar concreto. Na Táboa 5 sinálanse as principais actividades e tarefas de cultivo, así como o momento máis apropiado para realizalas. Consultando as táboas de marea selecciónanse as datas e as horas que, coincidindo coas épocas sinaladas nos gráficos, prometan unha baixamar sufi- ciente para deixar ó descuberto os parques. En función do labor a realizar, da superficie a traballar, do tempo que perma- necen en seco os parques e do rendemento de homes e máquinas, calcúlase a necesidade de persoal, maquinaria e días a empregar. Tamén se terán en conta as posibles modificacións a introducir cando o crecemento estimado non coinci- da, para ben ou para mal, cos resultados reais, ou cando as condicións meteo- rolóxicas sexan adversas. 207
  • 13. ACTIVIDADES!TAREFAS PLANIFICACIÓN E ORGANIZACIÓN DO CULTIVO -Elaborar un calendario de actividades. -Deseñar os parques de cría e engorde. -Calcular a cría necesaria e encargala. -Avaliar as necesidades de persoal. -Adquirir os materiais e medios necesarios. ACONDICIONAMENTO DAS INSTALACIÓNS -Demarcar os parques de cultivo. -Retirar lama e pedras. -Engadir area e regular a granulometría. -Achanzar o terreo se ten moita pendente. -Reparar estructuras danadas. -Construír as mallas plásticas antidepredadores. -Preparar os recintos para almacenar a cría. TEMPORALIZACIÓN 5 Meses antes da sementeira (set.-dec. ou abril-maio) 1 Semana antes da sementeira ou resementeira. SEMENTEIRA (PREENGORDE) E RESEMENTEIRA (ENGORDE) 3-7 Días antes. -Seleccionar a data e hora. -Confirmar data e hora de entrega da cría. -Analizar o boletín meteorolóxico. -Controlar as últimas modificacións. -Seleccionar o persoal. -Marcar as superficies a sementar. 1-2 Días antes. -Remover o terreo para airealo e poñelo brando. -Preparar o material de cultivo sobreelevado. -Comprobar que o material está a punto. -Recibir e estabular a cría convenientemente. -Comprobar a calidade da ameixa a sementar. O día da sementeira. -Facer lotes por superficies a sementar. -Espallar a ameixa uniformemente. -Cubrir con malla plástica. -Humedecer a ameixa para que non aboie. -Pospoñer a sementeira ante !artes mareiras. CONTROL DA EVOLUCIÓN DO CULTIVO Quincenal ou mensualmente. -Vixiar a densidade de cultivo. -Vixiar/reparar posibles danos no parque. -Vixiar e eliminar algas e predadores. -Cambiar cestas e bandexas con incrustacións. -Avaliar o crecemento e a mortalidade. -Vixiar a calidade da auga. -Cambiar a luz de malla se queda pequena. -Rarear a ameixa se fose necesario. -Estimar a época de resementeira ou colleita. -Controlar a calidade comercial do producto. -Enviar mostras para análise patolóxico. COLLEITA 3-7 Días antes da colleita. -Organizar a colleita. -Comprobar os recursos materiais e humanos. O día da colleita. -Recoller, clasificar e embalar a ameixa. -Transportar o producto ó punto de venta. Táboa 5. Principais actividades do cultivo de ameixa: tarefas e temporalización. 208
  • 14. 3. EMPREGO DAS CURVAS DE CRECEMENTO E SUPERVIVENCIA NA PLANIFICACIÓN O procesamento das tomas de mostras mensuais permiten avaliar o crece- mento e a supervivencia da ameixa. Os resultados obtidos exprésanse grafica- mente en forma de curvas. Estas gráficas son utilizables para calcular o tempo necesario de cultivo entre dúas tallas, e a supervivencia nese período. É preferible que as curvas sexan elaboradas con datos da propia zona de cul- tivo; pero tamén son válidas as de lugares próximos con características ambien- tais semellantes. O Gráfico 1 representa a curva de crecemento da ameixa babosa segundo Pérez Camacho (1980) e o Gráfico 2 a súa porcentaxe de mortalidade calculada a partir do coeficiente de mortalidade obtido polo mesmo autor. Para calcular o tempo necesario para pasar da talla L1 á L2, Gráfico 1 traza- mos liñas perpendiculares ó eixe «Y» dende o punto correspondente a esas tallas. Onde tocan á curva trazamos liñas perpendiculares ó eixe «X», e a dis- tancia entre os dous puntos que o cortan indícanos o tempo transcorrido. O cálculo da supervivencia obtense no Gráfico 2, levantando unha perpendi- cular ó eixe «X» no punto proporcional ó período calculado anteriormente, ata tocar a curva de supervivencia. A vertical sobre o eixe «Y» indícanos a porcen- taxe de superviventes. 4. EMPREGO DAS ECUACIÓNS DE CRECEMENTO E SUPERVIVENCIA NA PLANIFICACIÓN As curvas de crecemento e supervivencia pódense axustar a unha ecuación matemática. O crecemento durante a fase de preengorde soe ser de tipo lineal, coa seguinte ecuación tipo: L1 = A+B*t, onde L1 é a lonxitude ó cabo dun tempo t, A o punto no que a recta corta o eixe de ordenadas (Y), e B a pendente da recta. Así, por exemplo, segundo Pérez Camacho (1980) a ecuación de crecemen- to da cría de ameixa babosa en Vilaxoán é: L (mm)= 3,182+0,094*t (días) O crecemento do adulto pasa por unha fase exponencial seguida dun retardo ata facerse asintótico, motivo polo cal a curva de crecemento é de tipo loxístico ou «sigmoidal» que se axusta bastante ben á ecuación de Bertalanffy: 209
  • 15. onde L1 é a lonxitude ó cabo do tempo t, L00 é a lonxitude asintótica ou máxima alcanzable teoricamente, «e» é a base dos logaritmos neperianos (2,718281828), té o tempo considerado, e t0 o tempo no que a lonxitude teórica era O. Segundo Pérez Camacho (op. cit.), a ecuación de crecemento da ameixa san é: Lt (mm) = 67,255*(1-e·o.240·<1-0.1001) e a da ameixa babosa: Lt (mm) = 58,955*(1-e-º·551·11-0.2551) Nos dous casos o tempo está considerado en anos. As curvas de supervivencia tamén se axustan a unha ecuación do seguinte tipo: Ni = No*e-m't onde N1e No son o número inicial e final de individuos, «e» é a base dos logarit- mos neperianos, m é o coeficiente instantáneo de mortalidade, té o tempo trans- corrido. Segundo Pérez Camacho (op. cit.) os coeficientes instantáneos de mortalida- de anual (m) para as ameixas fina e babosa son 0,084 e O,196 respectivamente, resultando as seguintes ecuacións, nas que o tempo está considerado en anos: Nt =N0*e·0·0016·1 para a ameixa san. Nt =N0*e·0·1952·1 para a ameixa babosa. 4.1 . Utilización das ecuacións de crecemento. a) Cálculo do tempo de cultivo necesario entre dúas tallas: Despexando t na ecuación lineal e na de Bertalanffy: t = (L1-A)/B (Ecuación lineal) t = (1/k)*ln[L00 /(L00-L1)]+to(Ecuación de Bertalanffy) O tempo (h-t1)transcorrido entre dúas tallas u e L1 vén dado polas fórmulas: h-t1 = (L2-L1)/B (Ecuación lineal) h-t1 = (1 /k)*ln[(L00-L1)/(L00-L2)] (Ecuación de Bertalanffy) Así, por exemplo, o tempo de preengorde necesario para pasar de 4 a 15 mm na ameixa babosa sería: t = (15-4)/0,094 = 117 días =4 meses. Na mesma especie, o tempo de engorde necesario para pasar de 15 a 38 mm será: t = (1/0,551 )*ln[(58,955-15)/(58,955-38)] = 1,3 anos. 21'0
  • 16. Multiplicando por 12 obtemos os meses: 16 meses redondeando. Facendo os mesmos cálculos para a ameixa san; pero baseándonos soa- mente na ecuación de Bertalanffy, obteriamos un tempo de preengorde ata os 15 mm de 1O meses, e un tempo de engorde ata os 40 mm de 33 meses. 4.2. Utilización das ecuacións de supervivencia. Coñecendo os tempos de preengorde e engorde, podemos calcular o núme- ro de sobreviventes ó final de cada fase. Así, por exemplo, por cada 100 crías de ameixa babosa sementadas, acadarían os 15 mm: N1= 1OO*e-º·1952·0·32º = 94 individuos senda t = 117 días/365 = 0,320 anos. De estes 94 individuos acadarían a talla comercial, ó cabo de 1,3 anos de engorde: N1 = 94*e-º·1952·1·3= 73 individuos. 4.3. Utilización conxunta das ecuacións de crecemento e mortalidade. Como se indicou anteriormente, existe unha relación exponencial entre a lonxi- tude e o peso (Táboas 2 e 3). Calculando o peso asintótico, segundo a fórmula: poo = A+LB podemos obter a ecuación de Bertalanffy en peso: Pt = poo*(1-e-k"(Ho))B Para a ameixa babosa estes resultados serían: p00 = 0,000091 *58,9553·216= 44,981 g. A ecuación de crecemento en peso sería: p, = 44,981 *(1-e-º·551'(!·0,255))3,216. A producción nun momento dado obtense multiplicando o número de indivi- duos supervivente polo seu peso medio. Así, pois, multiplicando p, por N1obte- riamos a producción ou biomasa (B) no momento t: Na ameixa babosa a ecuación da producción sería: Bt = 44,981 *(1-e-º·551·(1·0.255))3,216*No*e-º·1s52·1 Por exemplo, para unha cantidade de cría (No) de 32.857 individuos, e consi- derando un tempo de cultivo (t) de 20 meses, suma do preengorde e engorde, a producción que se espera obter é de: 211
  • 17. Bt = 44,981 *(1-e-º·ssq1.s1-o.2ss¡)3·21s*32.857*e-º·'9s2·,,s1 Bt = 148.314 g = 148,3 Kg Un ano despois (32 meses), a producción sería de 327 Kg, ós 4 anos de 437 Kg e ós 5 anos de 436 Kg. O peso inicial da cría era 32.857*0,05 = 1,64 Kg, polo tanto os incrementos de peso foron: De Oa 20 meses (en 20 meses) .... De 20 a 32 meses (en 12 meses) .... De 32 a 48 meses (en 16 meses) .... De 48 a 60 meses (en 12 meses) .... 146,7 Kg 178,7 Kg 110,0 Kg -1,0 Kg Obsérvase, polo tanto, a rendibilidade de alongar un ano máis o tempo de engorde, xa que se duplica a producción e o incremento do peso é moito maior que nos 20 meses anteriores. Na ameixa san a producción pódese expresar mediante a fórmula: Bt = 69,947*(1-e·o,240·(1-o,100))2,929*No*e-º·ºª1s·1 Cando se acada a talla comercial, despois de 4 anos de cultivo, as 32.857 crías sementadas, con un peso inicial de 2,5 Kg, alcadarían un peso de 375 Kg. De seguir o cultivo, os pesos acadados ata os 9 anos serían 502, 601, 668, 707 e 722 Kg sucesivamente. O aumento de peso ata acadar a talla comercial é duns 372 Kg, e os correlativos incrementos anuais serían de 127, 99, 67, 39 e 15 Kg respectivamente. Polo tanto, tamén é recomendable ampliar o tempo de engorde, polo menos un ano máis. 5. CONCLUSIÓNS A estima da producción está suxeita a moitas variables ecolóxicas depen- dentes, fundamentalmente, das características do lugar e das alteracións físico- químicas e biolóxicas que acontezan ó longo do período de cultivo. Para aproximar os cálculos teóricos á producción real, os datos de referencia han de estar baseados nas experiencias propias na zona de cultivo. As Táboas 6 e 7, e as Figs. 2 e 3, pódense usar como unha referencia para elaborar unha planificación previa que logo se irá adaptando en función dos resultados obtidos. O emprego das ecuacións de crecemento e mortalidade, inda que require máis cálculos, permite estimar a producción entre calquera tipo de talla. Na Táboa 5 sinálanse as principais tarefas de cultivo e a súa temporaliación respecto dos momentos de sementeira e colleita. Con ela pódese elaborar o calendario de actividades, considerando a superficie a cultivar e o rendemento de obreiros e máquinas. 212
  • 18. É importante prever as necesidades de recursos materiais e humanos para aproveitar ó máximo o escaso tempo de traballo dispoñible durante a baixamar. Tamén hai que ter en conta calquera situación de emerxencia que poida xur- dir, para facer fronte ós imprevistos coa maior rapidez posible. Ampliando o tempo de engorde, polo menos un ano máis dende o momento que se alcanza a talla mínima legal, o rendemento increméntase considerable- mente. É imprescindible facer un seguimento continuo do cultivo para detectar as alteracións, e modificar sobre a marcha o plan previsto. Un proxecto de cultivo debe conter, apartes da planificación, os planos de situación, os esquemas das instalacións, e os datos económicos de rendibilida- de, considerando os custos fixos e variables de explotación e os beneficios pre- vistos. 213
  • 19. BIBLIOGRAFÍA ANDERSON, G.J. e col. (1982): A guide to manila clam aquaculture in Puget Sound. University of Washington: 45 pp. ASKEW, C.G. (1978): A generalized growth and mortality model for assesing the economics of bival- ve culture. Aquaculture, 14: 91 -104. CARRASCO, J.F. e C. RODRÍGUEZ (1990): Cultivo de la almeja japonesa (Rhuditapes philippina- rum). Resultados de crecimiento en función del tipo de sustrato y de la altura de la marea. Actas 111Congreso Nac. Acuicult.: 575-580. CERVIÑO, A. e col. (1993): Crecimiento y mortalidad de la almeja fina (Venerupis decussata) y almeja babosa (V'. pu/lastra) cultivada en parque intermareal en la Ría de Arousa (Galicia, España). Presencia de Perkinsus asociado a alta mortalidad. Actas IV Congreso Nac. Acuicult.: 401 -406. DOMENECH, J.L. (1993): Introducción al estudio de los factores limitantes del desarrollo de la alme- ja, Ruditapes philippinarum, cultivada sin sustrato. Actas IV Congreso Nac. Acuicult.: 413-417. E.S.A.V. (1990): Tapes philippinarum. Biologia e sperimentazione. Ente Sviluppo Agricolo Veneto. Veneto: 299 pp. FERNÁNDEZ CORTÉS, F. (1992): Códigos de buena práctica de laboreo en un parque. Curso de verano. Univ. Santiago. Rianxo. GUELORGET, O. e col. (1980) : Croissance, biomasse et production de Venerupis decussata et Venerupis aurea dans une lagune mediterranéenne, l'étang du Prévost a Palavas (Hérault, France). Vie Marine, 2: 25-38. GUERRA, A., C. AGOSTA e F. ESPINOS (1987): Primeras experiencias de cultivo de almeja japo- nesa (Tapes semidecussata) y ostra japonesa (Crassostrea gigas) en la Ría de Ribadeo (N.W. de España). Cuad. Marisq. Pub/. Téc., 12: 347-352. GUERRA e col. (1990): Análisis de crecimiento y producción de almeja japonesa (Venerupis semi- decussata) cultivada en diferentes sistemas y áreas de las rías altas (N.W. España). Actas 111 Congreso Nac. Acuicult.: 563-567. IFREMER (1988): La palourde. Dossier d'elevage. IFREMER. Paris: 106 pp. LOJO, M. e J.V. POZA (1989): Hacia la profesionalización del sector marisquero: La lila de Arousa como ejemplo atípico. En Jornadas sobre economía y sociología de las comunidades pesqueras. M.A.P.A.: 445-452. LÓPEZ VEIGA, E. e col. (1 992): Plan de ordenación dos recursos pesqueiros e marisqueiros de Galicia. Xunta de Galicia: 874 pp. PEMARES (1983): Investigación acuícola y marisquera. Junta de Andalucia: 160 pp. PEREIRO, J.A. (1982): Modelos al uso en dinámica de poblaciones marinas sometidas a explotación. lnf. Téc. lnst. Esp. Oceano.,1: 255 pp. PÉREZ CAMACHO, A. (1980): Biología de Venerupis pu/lastra (Montagu, 1803) y Venerupis decus- sata (Linné, 1767) (Mollusca, Bivalvia) con especial referencia a los factores determinantes de la producción. Bol. lnst. Espa. Oceano., 5 (281): 43-76. PÉREZ CAMACHO, A. e M. CUÑA (1985):. First data on raft culture of Manila clam (Ruditapes phi- lippinarun) in the Ría de Arosa (NW Spain). l.C.E.S. C.M. 1985/F:43: 22pp. POZA, J.V. e col. (1989): Saneamiento y acuicultura en el «Esteiro» de Vilanova de Arousa. En Acuicultura y economía. M.A.P.A.: 415-448. POZA, J.V. (1992): Biología y producción del mejillón Perna perna (L.) cultivado en Punta de Piedras, Isla de Margarita, NE de Venezuela. Cuaderno da Area de Ciencias Mariñas, Seminario de Estudos Galegas, 6: 101 -114. POZA, J. (1995): Técnicas e sistemas de cultivo extensivo de moluscos. En Acuicultura mariña en Galicia. Ed. do Castro. Sada: 59-470. RABINOVICH, J.E. (1980): Introducción a la ecología de poblaciones animales. Ed. C.E.C.S.A. México: 313 pp. RICKER, N.E. (1975): Computation and interpretation of biological statistics of fish populations. Bu//. Fish. Res. Bd. Can., 191 : 1-386. ROYO, A. (1984): Cultivo de Venerupis decussata L. en la zona intermareal 11. Cuaderno da Area de Ciencias Mariñas, Seminario de Estudos Galegas, 1: 527-540. SPENCER, B.E. e col. (1991) : Cultivation of Manila clams. Laboratory Leaflet, 65: 30 pp. 214
  • 20. VALENCE, P. e R. PEYRE (1991 ): El cultivo de la almeja. En Acuacultura. Ed. Omega. Barcelona. Tomo 1: 337-367. XUNTA DE GALICIA (1992): !" Congreso galega de marisqueo. Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Santiago: 123 pp. 215