SlideShare a Scribd company logo
1 of 7
Download to read offline
VIVIR DO MAR
“AS ARTES DE PESCA
NA VILA DE
CAMBADOS”
ONDE PESCAMOS
Cambados é un porto especializado na pesca ao cerco e no marisqueo. Os cambadeses e
cambadeses pescan e marisquean por toda a Ría de Arousa agás nas concesións doutras cofrarías.
No mapa da esquerda amósanse as principais
zonas de marisqueo dos mariñeiros e
mariscadoras de Cambados na Ría de Arousa.
Os barcos do cerco traballan habitualmente
entre A Garda e as illas Sisargas. Os que teñen
licencia poden traballar na costa portuguesa
ata a altura de Viana do Castelo e algúns, os
máis grandes, traballan durante o vrán no País
Vasco na campaña da anchoa.
QUE PESCAMOS
A flota de Cambados está especializada na
captura de especies de baixura, sobre todo
mariscos bivalvos, especies peláxicas e peixes e
mariscos de fondo.
A sardiña é unha especie que tivo sempre gran
importancia económica, polo seu interese para
a industria. Foi motor de desenvolvemento de
aparellos e embarcacións e eixo das industrias de transformación. A súa abundancia ou escaseza
foi motivo de crises económicas e conflictos sociais.
Con respecto á ostra, Cambados foi un importante centro de comercialización desta especie ata os
anos 40-50. Na actualidade a maior parte que aparecen na lonxa teñen a súa orixe nos cultivos que
se introduciron despois do esgotamento dos bancos naturais. Cambados foi o primeiro porto de
Galicia en captura de vieiras. A presencia de toxinas nos últimos anos está ocasionando unha grave
crise no sector.
A continuación, descríbense as artes de pesca que levan a cabo os mariñeiros de Cambados nas
que as especies que recollen cos diferentes tipos de pesca se venden na lonxa do porto de Tragove.
1. MARISQUEO
O marisqueo representa en tódalas rías galegas unha actividade pesqueira fundamental para a
economía das poboacións da nosa costa. Reporta unha considerable fonte de ingresos ó dar
traballo a un elevado número de persoas, á vez que fornece unha variada economía indirecta a
través das industrias pesqueiras ou alimentarias relacionadas cos moluscos.
Podemos dividi-los métodos do marisqueo en dous grandes grupos, cada un deles coas súas
variantes segundo a especie que se pretende capturar e tamén segundo os usos e costumes do
porto no que se utilizan.
1.1. A FLOTE
O marisqueo a flote é o método adecuado para a captura de moluscos que medran por debaixo da
liña de marea. A arte utilizada maioritariamente é o raño. Basicamente consisten nun angazo que
leva unido un copo feito de variñas metálicas e dotado dunha longa vara ou mango que pode
chegar a medir 8-9 metros. O mariscador lanza a arte ó mar e achégaa cara a embarcación
arrastrándoa contra o fondo, de modo que no copo van quedando os moluscos. Ó chegar ó pé da
barca, o mariscador súbea a bordo e escolle o molusco.
En zonas de máis altura faise necesario o uso de embarcacións para desprazarse ou traballar. Os
aparellos para apañar marisco arrástranse á man ou coa forza dos motores. No caso dos marisqueo
a flote maioritariamente traballan homes, rañeiros, na
actualidade están traballando ó redor de 200 persoas.
De Outubro a Marzo faenan ó libre marisqueo, as zonas
son os lombos do Ulla, Boído e Cabío. De Abril a
Setembro traballan nas concesións, que son
autorizacións que da a Xunta a cada Cofradía. A
concesión de Cambados chámase “O Galiñeiro”. As
especias que se apañan son: ameixa rubia, ameixa
babosa, ameixa fina, ameixa xapónica e berberecho.
1.2. A PÉ
Nos sitios onde o nivel da marea o permite trabállase a pé. Tamén se chama “ir á seca”. Os
mariscos apáñanse con angazos, sachos, forquillas ou ganchelos. O marisqueo a pé fanno
maioritariamente as mulleres, son cerca de 250 na actualidade. As zonas de marisqueo a pé están
abertas todo o ano. Traballan entre 13 e 14 días ó mes (días que teñen seca). As especies que
apañan son ameixa japónica, ameixa fina e ocasionalmente ameixa babosa e navalla.
1.3. TIPOS DE AMEIXAS APAÑADAS NO MARISQUEO
“Ameixiñas si, ameixiñas non, o que as queira que baixe o riñón”
1.3.1. AMEIXA FINA
A denominación comercial en Galicia é almeixa fina e comercialmente tamén é coñecida como
ameixa de Carril. A cuncha, relativamente, é fina en comparación con outras especies,
caracterízase por ter ben marcadas as estrías radiais e as
lonxitudinais, que debuxan un cuadriculado patente, sobre
todo na parte posterior. Este debuxo axuda máis a identifica-la
especie cá cor da cuncha.
A cor é moi variable, dependendo do tipo e composición do
sustrato no que se cría, entre gris clara e castaño escura, con
predominio dos tonos pardos claro ou grises. Pode presentar
manchas máis escuras, irregularmente repartidas. As dúas
valvas presentan a mesma cor.
Medra normalmente en fondos de area limpa e firme ou cascallo, desde o espazo intermareal ata
zonas de poucos metros de profundidade. O desenvolvemento varía moito segundo as
temperaturas da auga e a riqueza en plancto, alcanzando o tamaño comercial, de 3-5 centímetros
de lonxitude, ó cabo de 3 ou 4 anos. Pode chegar a medir 6-8 cm. A talla mínima é de 40 mm no
seu eixo maior. O máis habitual é consumilas en cru, cunhas pingas de limón, pero poden utilizarse
noutras preparacións culinarias (caldeiradas, á prancha, á mariñeira, en guisos de fabas, etc.).
1.3.2. AMEIXA BABOSA
A ameixa babosa é unha variedade de ameixa semellante á fina pero de menor calidade e valor
comercial. Captúrase e críase en abundancia en toda a costa galega. Resulta bastante similar ás
outras ameixas, quizais máis alongada. A cor da cuncha adoita ser gris pálida ou acastañada, con
manchas irregulares máis escuras e da mesma cor marrón ou púrpura. As estrías lonxitudinais son
moi visibles, pero como as radiais son máis tenues, non mostran a cuadrícula típica da ameixa fina
ou da xaponesa.
A ameixa babosa medra en bancos de area fina, cascallo ou
limos, desde o límite da baixamar ata profundidades de 40 m
de fondo. En comparación coas outras ameixas, a babosa é
moito máis sensible ós cambios de temperatura e, sobre todo,
de salinidade da auga, polo que sofre grandes mortandades a
consecuencia das riadas producidas en épocas de temporais e
chuvias abundantes.
A talla comercial mínima é de 38 mm de lonxitude no seu eixo
maior.
Pódese consumir en cru ou cociñada, aínda que normalmente se desaconsella a primeira forma
porque disque solta moita baba (e de aí o nome). Claro que outros din que a súa carne é máis
tenra cás outras e, polo tanto, é a máis apta para comer crúa. En calquera caso, o máis común é
comelas cociñadas. Admite con éxito diferentes tratamentos culinarios, desde unha breve cocción
ata tratamentos máis elaborados. É a especie máis apropiada para elabora-las ameixas á mariñeira.
1.3.3. AMEIXA RUBIA
Ten unha cuncha sólida e perfil ovalado. Presenta liñas de crecemento finas. A cor é típicamente
rubia, avermellada, desde tons cremas a rubia castaña, adoito
con raias, manchas ou bandas quebradas máis escuras que a
cor do fondo.
En Galicia abunda nas Rías Baixas . Vive enterrada nos fondos
de area e grava, desde a franxa infralitoral ata os 200 m de
profundidade. Péscase con raños desde a embarcación.
Cocíñase e consómese como as outras ameixas, aínda que
esta é menos apreciada. A carne endurece se se prolonga a
cocción. Tamén se utiliza para conserva.
1.3.4. AMEIXA XAPONESA
A ameixa xaponesa é unha variedade de ameixa de alto valor comercial e interese pesqueiro,
procedente, habitualmente, de parques de cultivo.
A cuncha presenta as estrías ben marcadas, máis que na fina.
A cuncha é máis rugosa. A cor é normalmente gris escura
(tamén máis escura cá ameixa fina), con variacións moi
acusadas desde abrancazada ata gris mouro, dependendo do
tipo e composición do sustrato no que se cría. Adoita
presentar manchas escuras irregulares en disposición radial.
As dúas valvas poden presentar diferencias de cor.
Caracterízase por presentar un crecemento moi rápido, o que explica que sexa a especie máis
apropiada para o cultivo. A talla mínima é de 40 mm no seu eixo maior. Nas nosas rías alcanza o
tamaño comercial tras dous anos de cultivo. Trátase da especie de ameixa máis frecuente nos
nosos mercados, de prezo asequible e boa calidade de carne, resulta moi aprezada polos
consumidores. Cocíñase á mariñeira, en sopa, con arroz, con fideos ou como guarnición de pratos
de peixe. Resulta desgraciadamente frecuente que se mesture coa ameixa fina, máis cara, nun
claro fraude ó consumidor.
1.3.5. CADRO COMPARATIVO
Ameixa fina
Estrías finas e regulares, ben
marcadas as radiais e as
lonxitudinais.

Ameixa xaponesa

Ameixa babosa

Estrías radiais máis marcadas, e
Estrías lonxitudinais máis
as lonxitudinais non son
marcadas; pouco apreciables as
apreciables na rexión media.
radiais.

Marca de inserción do
ligamento só apreciable na
valva dereita.

Marcas apreciables nas dúas
valvas.

Pouco diferenciadas.

Cara interna da cuncha branca
ou cun lixeiro ton laranxa.

Marrón, violácea ou amarela.

Branca, rosada ou alaranxada.
2. BARQUERÍA
2.1. O CERCO
É unha arte rectangular sustentada por unha talla de corchos, que se mantén vertical mediane
unha tralla de plomos. Pesca envolvendo mediante rodeo o banco de peixes, e cerrase en forma de
bolsa pola parte inferior, mediante un cabo ou cable chamado xareta. Os cerqueiros son os buques
que utilizan as redes de captura na superficie. Existen os cerqueiros de litoral e os de altura.
O cerco chegou a Cambados nos últimos anos
do século XIX. Cos primeiros cercos, de
pequeño tamaño, traballábase con traiñeiras
movidas a remo e vela. Coa introducción dos
motores aumentou o tamaño dos barcos e dos
aparellos.
Este traballo desempéñase tanto de día como
de noite. O horario é de Luns ás 12:00h ata o
Venres ás 12:00h e as especies que capturan
son o xurel, a sardiña, a xouba o bocarte e a
piarda. O cerco é unha arte de pesca moi
importante no porto de Cambados, polo volume de capturas e o número de persoas empregadas.
2.2. BOU DE MAN / BOU DE VARA E TRAMBOLÍN
O método de pesca actualmente máis popular é o arrastre, constituído basicamente por unha rede
construída en forma de saco, con flotadores na parte superior da abertura e pesos na parte do
fundo, e cabos amarrados ás extremidades desa "boca" polos cales a rede é arrastrada
normalmente polo fondo do mar.
O bou é unha arte de arrastre de fondo de pouca anchura
vertical para a captura de especies, leva portas e dúas
longas mallas que actúan de ás enganchadas a dúas
trallas, unha superior con flotadores e outra inferior con
lastres que se unen á embarcación mediante calóns.
Emprégase preto da costa, para pesca de baixura, feito
polo que se chama ás veces tamén bou de día.
As embarcación utilizadas son os arrastreiros que son
buques que para pescar utiliza redes que arrastra polo
fondo ou preto del, según as especies que desexa pescar.
As redes de arrastre teñen unha longa tradición e son das máis características do porto de
Cambados. Con ellas captúranse especies de fondo.
Os meses de traballo son de Xullo a Outubro (incluídos) e de Luns a Venres en horario diúrno. As
especies que se capturan son o choco, a lura e especies varias como a faneca ou a pescadilla. No
caso do bou de vara e trambolín os meses de traballo son de Novembro a Marzo (incluídos) e as
especies capturadas son marisco (zamburiña e nécora), choco e especies varias como a faneca ou a
pescadilla.
2.3. TRASMALLOS
“Tramalleiros ao mar, arroaces ao par”
Os aparellos de enmalle capturan peixes cando tentan pasa a través de eles. Hai referencias
documentais do seu uso en Cambados no século XVI.
É unha arte fixa composta por tres panos, dous exteriores e un interior, que se arman
conxuntamente entre unha tralla de corchos e unha tralla de plomos. Pesca por embolsamento. É
dicir, baséase en que os peixes cando se desplazan non perciben a rede e ó tropezar con ella
empuxan o pano tupido formando bolsas das que xa non poden saír. É a arte de maior uso entre as
artes costeiras artesanais.
O seu horario de traballo é diurno, respetando o
descanso semanal de 48h. Os meses de traballo son de
Xaneiro a Maio (incluídos). O tipo de embarcación que
se utiliza para desenvolver esta arte son as
embarcacións para a pesca artesanal (entre 5 e 6
metros), son barcos pequenos que faenan cerca da
costa. Dentro desta clasificación existe unha grande
variedad, dependendo da arte, aparello ou útil de pesca
que emprega. Este tipo de barcos vai alterando o tipo de
arte ou aparello segundo a época do ano. A especie que
se captura cos trasmallo, maioritariamente é o choco.
2.4. AS BETAS
Arte fixa de enmalle composta por unha sola peza de
rede armada entre unha tralla de corchos e unha tralla de
plomos. O seu horario é diúrno, respetando o descanso
semanal de 48h, e trabállase durante todo o ano, aínda
que a época máis forte é no vrán. As especies que se
capturan coas betas son a pescadilla, a faneca, o corobelo
e o salmonete.

2.5. OS MIÑOS
Arte fixa composta por tres panos que se arman
conxuntamente entre unha tralla de corchos e unha tralla
de plomos. É moi similar ó trasmallo, diferenciándose nas
súas medidas e mallas. Pesca tamén por embolsamento.
O horario de faena vai de Novembro a Marzo (incluídos)
Respétase o descanso semanal de 48h e a especie que se
captura maioritariamente é o centolo.
3. AS NASAS
A nasa é unha arte de pesca na que se emprega unha armazón de forma cilíndrica ou troncocónica,
de madeira ou metal, recuberta por un pano de rede, cunha boca en forma de funill pola que entra
marisco ou peixes, que se deposita no mar para posteriormente recollela. Deixánse somerxidas
dun cabo, arríanse dúas veces ó día pararetirar as posibles capturas.
Estes aparellos son trampas que atraen con engados ás
especies. Hai unha gran variedade de formas e tamaños
en función do que se queira pescar con ellas. Coas nasas
péscanse sobre todo crustáceos (nécoras, camaróns...) e
polbos. Esta arte de pesca pertence ás chamadas artes
pasivas, xa que é o propio animal o que as procura,
normalmente como refuxio, ficando aprisionado nelas.
Existen varios tipos de nasas dependendo da forma e das
especies ás que están destinadas. Entre outras podemos
citar: nasas para nécora, nasas para camarón, nasas para
polbo e nasas fanequeira. O número de nasas a empregar depende da tonelaxe da embarcación e
do número de tripulantes. Esta regulamentación depende da zona de traballo e do tipo de nasas.
No caso de Cambados as nasas que se empregan son as nasas do pulpo e as nasas da nécora.
Por un lado, no caso da nasa do pulpo o horario de traballo e durante todo o ano. Polo outro lado,
o horario de traballo da nasa da nécora é durante o vrán e ademais de pescar nécoras tamén se
pescan camaróns.

DATOS RECOLLIDOS EN:
-Manual de “Mariñeiro Pescador”, Piñeiro Ballesteros, E., Fernández García, N. Plana Artes
Gráficas, 2009. (59-67)
-”O mar en Cambados. Breve historia e catálogo da exposición”. Cofraría de Pescadores de
Cambados. Candea 2001.

More Related Content

Viewers also liked

Introduccion tercer semana
Introduccion tercer semanaIntroduccion tercer semana
Introduccion tercer semanaEdgar Linares
 
Diagrama de llaves
Diagrama de llavesDiagrama de llaves
Diagrama de llavesmonse216
 
Kerry vale vineyard presentation
Kerry vale vineyard presentationKerry vale vineyard presentation
Kerry vale vineyard presentationMWT Cymru
 
Expression Purification and Immunodetection of a fusion protein Glutathione S...
Expression Purification and Immunodetection of a fusion protein Glutathione S...Expression Purification and Immunodetection of a fusion protein Glutathione S...
Expression Purification and Immunodetection of a fusion protein Glutathione S...iosrjce
 
Attitudes of the entourage towards youth with intellectual disabilities pract...
Attitudes of the entourage towards youth with intellectual disabilities pract...Attitudes of the entourage towards youth with intellectual disabilities pract...
Attitudes of the entourage towards youth with intellectual disabilities pract...iosrjce
 
Agricutural economy in india
Agricutural economy in indiaAgricutural economy in india
Agricutural economy in indiaIMF 2010
 
4BHK Villaments for sale in Yelahanka, Bangalore at Krishna Elicia
4BHK Villaments for sale in Yelahanka, Bangalore at Krishna Elicia4BHK Villaments for sale in Yelahanka, Bangalore at Krishna Elicia
4BHK Villaments for sale in Yelahanka, Bangalore at Krishna EliciaBangalore Prj
 
asesinos seriales buap
asesinos seriales buapasesinos seriales buap
asesinos seriales buapEDGAR ISLAS
 
Desempeños tic.docx1
Desempeños tic.docx1Desempeños tic.docx1
Desempeños tic.docx1Vanessa Uribe
 
Letter of Recommendation STV
Letter of Recommendation STVLetter of Recommendation STV
Letter of Recommendation STVWilliam Bentley
 

Viewers also liked (16)

Introduccion tercer semana
Introduccion tercer semanaIntroduccion tercer semana
Introduccion tercer semana
 
Diagrama de llaves
Diagrama de llavesDiagrama de llaves
Diagrama de llaves
 
Kerry vale vineyard presentation
Kerry vale vineyard presentationKerry vale vineyard presentation
Kerry vale vineyard presentation
 
Encuestas Holder Back
Encuestas Holder BackEncuestas Holder Back
Encuestas Holder Back
 
Bill Bentley LOR
Bill Bentley LORBill Bentley LOR
Bill Bentley LOR
 
6.1 notes
6.1 notes6.1 notes
6.1 notes
 
Métodos básicos.
Métodos básicos.Métodos básicos.
Métodos básicos.
 
Expression Purification and Immunodetection of a fusion protein Glutathione S...
Expression Purification and Immunodetection of a fusion protein Glutathione S...Expression Purification and Immunodetection of a fusion protein Glutathione S...
Expression Purification and Immunodetection of a fusion protein Glutathione S...
 
Attitudes of the entourage towards youth with intellectual disabilities pract...
Attitudes of the entourage towards youth with intellectual disabilities pract...Attitudes of the entourage towards youth with intellectual disabilities pract...
Attitudes of the entourage towards youth with intellectual disabilities pract...
 
Agricutural economy in india
Agricutural economy in indiaAgricutural economy in india
Agricutural economy in india
 
Resume
ResumeResume
Resume
 
4BHK Villaments for sale in Yelahanka, Bangalore at Krishna Elicia
4BHK Villaments for sale in Yelahanka, Bangalore at Krishna Elicia4BHK Villaments for sale in Yelahanka, Bangalore at Krishna Elicia
4BHK Villaments for sale in Yelahanka, Bangalore at Krishna Elicia
 
asesinos seriales buap
asesinos seriales buapasesinos seriales buap
asesinos seriales buap
 
Desempeños tic.docx1
Desempeños tic.docx1Desempeños tic.docx1
Desempeños tic.docx1
 
Letter of Recommendation STV
Letter of Recommendation STVLetter of Recommendation STV
Letter of Recommendation STV
 
Diceox de watson
Diceox de watsonDiceox de watson
Diceox de watson
 

Similar to Vivir do mar. "As artes de pesca na Vila de Cambados"

O NOSO MAR DE ADENTRO.pptx
O NOSO MAR DE ADENTRO.pptxO NOSO MAR DE ADENTRO.pptx
O NOSO MAR DE ADENTRO.pptxBerta Campos
 
Ría de Arousa
Ría de ArousaRía de Arousa
Ría de Arousaraquel
 
Animais dos ríos galegos
Animais dos ríos galegosAnimais dos ríos galegos
Animais dos ríos galegosPaulaReySilva
 
Bivalvos do Serrido-Cambados
Bivalvos do Serrido-CambadosBivalvos do Serrido-Cambados
Bivalvos do Serrido-Cambadosiesasorey
 
Vilaboa, a costa
Vilaboa, a costaVilaboa, a costa
Vilaboa, a costaMonContos
 
Artes e aparellos de pesca empregados en galicia
Artes e aparellos de pesca empregados en galiciaArtes e aparellos de pesca empregados en galicia
Artes e aparellos de pesca empregados en galiciaASOAR-ARMEGA
 
LIC A Ramallosa
LIC A RamallosaLIC A Ramallosa
LIC A Ramallosamonadela
 
A vida no mar 2006
A vida no mar 2006A vida no mar 2006
A vida no mar 2006iesasorey
 
Cambados, A Costa
Cambados, A CostaCambados, A Costa
Cambados, A CostaMonContos
 
Redeirasemarisc
RedeirasemariscRedeirasemarisc
Redeirasemariscteixopp
 
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)O medio mariño os moluscos (Candea 1994)
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)candeadosalnes
 
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁNP N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁNmonadela
 
O Rosal, a costa
O Rosal, a costaO Rosal, a costa
O Rosal, a costaMonContos
 
Oia, a costa
Oia, a costaOia, a costa
Oia, a costaMonContos
 
ILLA DE SÁLVORA
ILLA DE SÁLVORAILLA DE SÁLVORA
ILLA DE SÁLVORAceipcoiron
 
Os invertebrados mariños soad,ana, erica
Os invertebrados mariños soad,ana, ericaOs invertebrados mariños soad,ana, erica
Os invertebrados mariños soad,ana, ericaraqueltroitinobarros
 
Foz, a costa
Foz, a costaFoz, a costa
Foz, a costamonadela
 

Similar to Vivir do mar. "As artes de pesca na Vila de Cambados" (20)

O NOSO MAR DE ADENTRO.pptx
O NOSO MAR DE ADENTRO.pptxO NOSO MAR DE ADENTRO.pptx
O NOSO MAR DE ADENTRO.pptx
 
A pesca
A pescaA pesca
A pesca
 
A pesca
A pescaA pesca
A pesca
 
Ría de Arousa
Ría de ArousaRía de Arousa
Ría de Arousa
 
Animais dos ríos galegos
Animais dos ríos galegosAnimais dos ríos galegos
Animais dos ríos galegos
 
Bivalvos do Serrido-Cambados
Bivalvos do Serrido-CambadosBivalvos do Serrido-Cambados
Bivalvos do Serrido-Cambados
 
Vilaboa, a costa
Vilaboa, a costaVilaboa, a costa
Vilaboa, a costa
 
Artes
ArtesArtes
Artes
 
Artes e aparellos de pesca empregados en galicia
Artes e aparellos de pesca empregados en galiciaArtes e aparellos de pesca empregados en galicia
Artes e aparellos de pesca empregados en galicia
 
LIC A Ramallosa
LIC A RamallosaLIC A Ramallosa
LIC A Ramallosa
 
A vida no mar 2006
A vida no mar 2006A vida no mar 2006
A vida no mar 2006
 
Cambados, A Costa
Cambados, A CostaCambados, A Costa
Cambados, A Costa
 
Redeirasemarisc
RedeirasemariscRedeirasemarisc
Redeirasemarisc
 
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)O medio mariño os moluscos (Candea 1994)
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)
 
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁNP N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
 
O Rosal, a costa
O Rosal, a costaO Rosal, a costa
O Rosal, a costa
 
Oia, a costa
Oia, a costaOia, a costa
Oia, a costa
 
ILLA DE SÁLVORA
ILLA DE SÁLVORAILLA DE SÁLVORA
ILLA DE SÁLVORA
 
Os invertebrados mariños soad,ana, erica
Os invertebrados mariños soad,ana, ericaOs invertebrados mariños soad,ana, erica
Os invertebrados mariños soad,ana, erica
 
Foz, a costa
Foz, a costaFoz, a costa
Foz, a costa
 

Vivir do mar. "As artes de pesca na Vila de Cambados"

  • 1. VIVIR DO MAR “AS ARTES DE PESCA NA VILA DE CAMBADOS” ONDE PESCAMOS Cambados é un porto especializado na pesca ao cerco e no marisqueo. Os cambadeses e cambadeses pescan e marisquean por toda a Ría de Arousa agás nas concesións doutras cofrarías. No mapa da esquerda amósanse as principais zonas de marisqueo dos mariñeiros e mariscadoras de Cambados na Ría de Arousa. Os barcos do cerco traballan habitualmente entre A Garda e as illas Sisargas. Os que teñen licencia poden traballar na costa portuguesa ata a altura de Viana do Castelo e algúns, os máis grandes, traballan durante o vrán no País Vasco na campaña da anchoa. QUE PESCAMOS A flota de Cambados está especializada na captura de especies de baixura, sobre todo mariscos bivalvos, especies peláxicas e peixes e mariscos de fondo. A sardiña é unha especie que tivo sempre gran importancia económica, polo seu interese para a industria. Foi motor de desenvolvemento de aparellos e embarcacións e eixo das industrias de transformación. A súa abundancia ou escaseza foi motivo de crises económicas e conflictos sociais. Con respecto á ostra, Cambados foi un importante centro de comercialización desta especie ata os anos 40-50. Na actualidade a maior parte que aparecen na lonxa teñen a súa orixe nos cultivos que se introduciron despois do esgotamento dos bancos naturais. Cambados foi o primeiro porto de Galicia en captura de vieiras. A presencia de toxinas nos últimos anos está ocasionando unha grave crise no sector.
  • 2. A continuación, descríbense as artes de pesca que levan a cabo os mariñeiros de Cambados nas que as especies que recollen cos diferentes tipos de pesca se venden na lonxa do porto de Tragove. 1. MARISQUEO O marisqueo representa en tódalas rías galegas unha actividade pesqueira fundamental para a economía das poboacións da nosa costa. Reporta unha considerable fonte de ingresos ó dar traballo a un elevado número de persoas, á vez que fornece unha variada economía indirecta a través das industrias pesqueiras ou alimentarias relacionadas cos moluscos. Podemos dividi-los métodos do marisqueo en dous grandes grupos, cada un deles coas súas variantes segundo a especie que se pretende capturar e tamén segundo os usos e costumes do porto no que se utilizan. 1.1. A FLOTE O marisqueo a flote é o método adecuado para a captura de moluscos que medran por debaixo da liña de marea. A arte utilizada maioritariamente é o raño. Basicamente consisten nun angazo que leva unido un copo feito de variñas metálicas e dotado dunha longa vara ou mango que pode chegar a medir 8-9 metros. O mariscador lanza a arte ó mar e achégaa cara a embarcación arrastrándoa contra o fondo, de modo que no copo van quedando os moluscos. Ó chegar ó pé da barca, o mariscador súbea a bordo e escolle o molusco. En zonas de máis altura faise necesario o uso de embarcacións para desprazarse ou traballar. Os aparellos para apañar marisco arrástranse á man ou coa forza dos motores. No caso dos marisqueo a flote maioritariamente traballan homes, rañeiros, na actualidade están traballando ó redor de 200 persoas. De Outubro a Marzo faenan ó libre marisqueo, as zonas son os lombos do Ulla, Boído e Cabío. De Abril a Setembro traballan nas concesións, que son autorizacións que da a Xunta a cada Cofradía. A concesión de Cambados chámase “O Galiñeiro”. As especias que se apañan son: ameixa rubia, ameixa babosa, ameixa fina, ameixa xapónica e berberecho. 1.2. A PÉ Nos sitios onde o nivel da marea o permite trabállase a pé. Tamén se chama “ir á seca”. Os mariscos apáñanse con angazos, sachos, forquillas ou ganchelos. O marisqueo a pé fanno maioritariamente as mulleres, son cerca de 250 na actualidade. As zonas de marisqueo a pé están abertas todo o ano. Traballan entre 13 e 14 días ó mes (días que teñen seca). As especies que apañan son ameixa japónica, ameixa fina e ocasionalmente ameixa babosa e navalla.
  • 3. 1.3. TIPOS DE AMEIXAS APAÑADAS NO MARISQUEO “Ameixiñas si, ameixiñas non, o que as queira que baixe o riñón” 1.3.1. AMEIXA FINA A denominación comercial en Galicia é almeixa fina e comercialmente tamén é coñecida como ameixa de Carril. A cuncha, relativamente, é fina en comparación con outras especies, caracterízase por ter ben marcadas as estrías radiais e as lonxitudinais, que debuxan un cuadriculado patente, sobre todo na parte posterior. Este debuxo axuda máis a identifica-la especie cá cor da cuncha. A cor é moi variable, dependendo do tipo e composición do sustrato no que se cría, entre gris clara e castaño escura, con predominio dos tonos pardos claro ou grises. Pode presentar manchas máis escuras, irregularmente repartidas. As dúas valvas presentan a mesma cor. Medra normalmente en fondos de area limpa e firme ou cascallo, desde o espazo intermareal ata zonas de poucos metros de profundidade. O desenvolvemento varía moito segundo as temperaturas da auga e a riqueza en plancto, alcanzando o tamaño comercial, de 3-5 centímetros de lonxitude, ó cabo de 3 ou 4 anos. Pode chegar a medir 6-8 cm. A talla mínima é de 40 mm no seu eixo maior. O máis habitual é consumilas en cru, cunhas pingas de limón, pero poden utilizarse noutras preparacións culinarias (caldeiradas, á prancha, á mariñeira, en guisos de fabas, etc.). 1.3.2. AMEIXA BABOSA A ameixa babosa é unha variedade de ameixa semellante á fina pero de menor calidade e valor comercial. Captúrase e críase en abundancia en toda a costa galega. Resulta bastante similar ás outras ameixas, quizais máis alongada. A cor da cuncha adoita ser gris pálida ou acastañada, con manchas irregulares máis escuras e da mesma cor marrón ou púrpura. As estrías lonxitudinais son moi visibles, pero como as radiais son máis tenues, non mostran a cuadrícula típica da ameixa fina ou da xaponesa. A ameixa babosa medra en bancos de area fina, cascallo ou limos, desde o límite da baixamar ata profundidades de 40 m de fondo. En comparación coas outras ameixas, a babosa é moito máis sensible ós cambios de temperatura e, sobre todo, de salinidade da auga, polo que sofre grandes mortandades a consecuencia das riadas producidas en épocas de temporais e chuvias abundantes. A talla comercial mínima é de 38 mm de lonxitude no seu eixo maior. Pódese consumir en cru ou cociñada, aínda que normalmente se desaconsella a primeira forma porque disque solta moita baba (e de aí o nome). Claro que outros din que a súa carne é máis tenra cás outras e, polo tanto, é a máis apta para comer crúa. En calquera caso, o máis común é comelas cociñadas. Admite con éxito diferentes tratamentos culinarios, desde unha breve cocción ata tratamentos máis elaborados. É a especie máis apropiada para elabora-las ameixas á mariñeira.
  • 4. 1.3.3. AMEIXA RUBIA Ten unha cuncha sólida e perfil ovalado. Presenta liñas de crecemento finas. A cor é típicamente rubia, avermellada, desde tons cremas a rubia castaña, adoito con raias, manchas ou bandas quebradas máis escuras que a cor do fondo. En Galicia abunda nas Rías Baixas . Vive enterrada nos fondos de area e grava, desde a franxa infralitoral ata os 200 m de profundidade. Péscase con raños desde a embarcación. Cocíñase e consómese como as outras ameixas, aínda que esta é menos apreciada. A carne endurece se se prolonga a cocción. Tamén se utiliza para conserva. 1.3.4. AMEIXA XAPONESA A ameixa xaponesa é unha variedade de ameixa de alto valor comercial e interese pesqueiro, procedente, habitualmente, de parques de cultivo. A cuncha presenta as estrías ben marcadas, máis que na fina. A cuncha é máis rugosa. A cor é normalmente gris escura (tamén máis escura cá ameixa fina), con variacións moi acusadas desde abrancazada ata gris mouro, dependendo do tipo e composición do sustrato no que se cría. Adoita presentar manchas escuras irregulares en disposición radial. As dúas valvas poden presentar diferencias de cor. Caracterízase por presentar un crecemento moi rápido, o que explica que sexa a especie máis apropiada para o cultivo. A talla mínima é de 40 mm no seu eixo maior. Nas nosas rías alcanza o tamaño comercial tras dous anos de cultivo. Trátase da especie de ameixa máis frecuente nos nosos mercados, de prezo asequible e boa calidade de carne, resulta moi aprezada polos consumidores. Cocíñase á mariñeira, en sopa, con arroz, con fideos ou como guarnición de pratos de peixe. Resulta desgraciadamente frecuente que se mesture coa ameixa fina, máis cara, nun claro fraude ó consumidor. 1.3.5. CADRO COMPARATIVO Ameixa fina Estrías finas e regulares, ben marcadas as radiais e as lonxitudinais. Ameixa xaponesa Ameixa babosa Estrías radiais máis marcadas, e Estrías lonxitudinais máis as lonxitudinais non son marcadas; pouco apreciables as apreciables na rexión media. radiais. Marca de inserción do ligamento só apreciable na valva dereita. Marcas apreciables nas dúas valvas. Pouco diferenciadas. Cara interna da cuncha branca ou cun lixeiro ton laranxa. Marrón, violácea ou amarela. Branca, rosada ou alaranxada.
  • 5. 2. BARQUERÍA 2.1. O CERCO É unha arte rectangular sustentada por unha talla de corchos, que se mantén vertical mediane unha tralla de plomos. Pesca envolvendo mediante rodeo o banco de peixes, e cerrase en forma de bolsa pola parte inferior, mediante un cabo ou cable chamado xareta. Os cerqueiros son os buques que utilizan as redes de captura na superficie. Existen os cerqueiros de litoral e os de altura. O cerco chegou a Cambados nos últimos anos do século XIX. Cos primeiros cercos, de pequeño tamaño, traballábase con traiñeiras movidas a remo e vela. Coa introducción dos motores aumentou o tamaño dos barcos e dos aparellos. Este traballo desempéñase tanto de día como de noite. O horario é de Luns ás 12:00h ata o Venres ás 12:00h e as especies que capturan son o xurel, a sardiña, a xouba o bocarte e a piarda. O cerco é unha arte de pesca moi importante no porto de Cambados, polo volume de capturas e o número de persoas empregadas. 2.2. BOU DE MAN / BOU DE VARA E TRAMBOLÍN O método de pesca actualmente máis popular é o arrastre, constituído basicamente por unha rede construída en forma de saco, con flotadores na parte superior da abertura e pesos na parte do fundo, e cabos amarrados ás extremidades desa "boca" polos cales a rede é arrastrada normalmente polo fondo do mar. O bou é unha arte de arrastre de fondo de pouca anchura vertical para a captura de especies, leva portas e dúas longas mallas que actúan de ás enganchadas a dúas trallas, unha superior con flotadores e outra inferior con lastres que se unen á embarcación mediante calóns. Emprégase preto da costa, para pesca de baixura, feito polo que se chama ás veces tamén bou de día. As embarcación utilizadas son os arrastreiros que son buques que para pescar utiliza redes que arrastra polo fondo ou preto del, según as especies que desexa pescar. As redes de arrastre teñen unha longa tradición e son das máis características do porto de Cambados. Con ellas captúranse especies de fondo. Os meses de traballo son de Xullo a Outubro (incluídos) e de Luns a Venres en horario diúrno. As especies que se capturan son o choco, a lura e especies varias como a faneca ou a pescadilla. No caso do bou de vara e trambolín os meses de traballo son de Novembro a Marzo (incluídos) e as especies capturadas son marisco (zamburiña e nécora), choco e especies varias como a faneca ou a pescadilla.
  • 6. 2.3. TRASMALLOS “Tramalleiros ao mar, arroaces ao par” Os aparellos de enmalle capturan peixes cando tentan pasa a través de eles. Hai referencias documentais do seu uso en Cambados no século XVI. É unha arte fixa composta por tres panos, dous exteriores e un interior, que se arman conxuntamente entre unha tralla de corchos e unha tralla de plomos. Pesca por embolsamento. É dicir, baséase en que os peixes cando se desplazan non perciben a rede e ó tropezar con ella empuxan o pano tupido formando bolsas das que xa non poden saír. É a arte de maior uso entre as artes costeiras artesanais. O seu horario de traballo é diurno, respetando o descanso semanal de 48h. Os meses de traballo son de Xaneiro a Maio (incluídos). O tipo de embarcación que se utiliza para desenvolver esta arte son as embarcacións para a pesca artesanal (entre 5 e 6 metros), son barcos pequenos que faenan cerca da costa. Dentro desta clasificación existe unha grande variedad, dependendo da arte, aparello ou útil de pesca que emprega. Este tipo de barcos vai alterando o tipo de arte ou aparello segundo a época do ano. A especie que se captura cos trasmallo, maioritariamente é o choco. 2.4. AS BETAS Arte fixa de enmalle composta por unha sola peza de rede armada entre unha tralla de corchos e unha tralla de plomos. O seu horario é diúrno, respetando o descanso semanal de 48h, e trabállase durante todo o ano, aínda que a época máis forte é no vrán. As especies que se capturan coas betas son a pescadilla, a faneca, o corobelo e o salmonete. 2.5. OS MIÑOS Arte fixa composta por tres panos que se arman conxuntamente entre unha tralla de corchos e unha tralla de plomos. É moi similar ó trasmallo, diferenciándose nas súas medidas e mallas. Pesca tamén por embolsamento. O horario de faena vai de Novembro a Marzo (incluídos) Respétase o descanso semanal de 48h e a especie que se captura maioritariamente é o centolo.
  • 7. 3. AS NASAS A nasa é unha arte de pesca na que se emprega unha armazón de forma cilíndrica ou troncocónica, de madeira ou metal, recuberta por un pano de rede, cunha boca en forma de funill pola que entra marisco ou peixes, que se deposita no mar para posteriormente recollela. Deixánse somerxidas dun cabo, arríanse dúas veces ó día pararetirar as posibles capturas. Estes aparellos son trampas que atraen con engados ás especies. Hai unha gran variedade de formas e tamaños en función do que se queira pescar con ellas. Coas nasas péscanse sobre todo crustáceos (nécoras, camaróns...) e polbos. Esta arte de pesca pertence ás chamadas artes pasivas, xa que é o propio animal o que as procura, normalmente como refuxio, ficando aprisionado nelas. Existen varios tipos de nasas dependendo da forma e das especies ás que están destinadas. Entre outras podemos citar: nasas para nécora, nasas para camarón, nasas para polbo e nasas fanequeira. O número de nasas a empregar depende da tonelaxe da embarcación e do número de tripulantes. Esta regulamentación depende da zona de traballo e do tipo de nasas. No caso de Cambados as nasas que se empregan son as nasas do pulpo e as nasas da nécora. Por un lado, no caso da nasa do pulpo o horario de traballo e durante todo o ano. Polo outro lado, o horario de traballo da nasa da nécora é durante o vrán e ademais de pescar nécoras tamén se pescan camaróns. DATOS RECOLLIDOS EN: -Manual de “Mariñeiro Pescador”, Piñeiro Ballesteros, E., Fernández García, N. Plana Artes Gráficas, 2009. (59-67) -”O mar en Cambados. Breve historia e catálogo da exposición”. Cofraría de Pescadores de Cambados. Candea 2001.