SlideShare a Scribd company logo
1 of 14
Download to read offline
MITOGRAM
MITOLOXÍA GREGA E NOMENCLATURA LATINA.
Vanessa Felípez Gómez Fonte imaxes: Playmobil e Freepik
4. A RELIXIÓN GREGA. UNHA FAMILIA MÁIS
• Aspecto humano.
• Paixóns e vicios.
• Politeísmo.
Vanessa Felípez Gómez
CLIC
4. A RELIXIÓN GREGA. DEUSES
ZEUS
Xefe de todos os deuses e do Olimpo.
ATRIBUTO: o raio, a aguia, cetro.
CARACTERÍSTICAS: goberna o ceo e
os fenómenos atmosféricos.
EN ROMA: XÚPITER
A batalla polo Olimpo
Zeus é o deus supremo do Olimpo e goberna
sobre os demais deuses, pero esta honra non foi
doada de conseguir pois, tivo que enfrontarse
ao seu propio pai, o titán Cronos. Todo comezou
cando estaba a piques de nacer, Cronos e a súa
muller Rea xa tiveran cinco fillos antes, pero o
titán coméraos porque unha lenda dicía que un
deses fillos o ía destronar. Rea quixo defender
ao meniño e escondeuno na illa de Creta, nunha
cova ata que fora maior. Cando Zeus medrou,
enfrontaríase ao seu pai, abriu o seu ventre e
por alí escaparon os seus irmáns devorados.
Despois, todos os irmáns xuntos, venceron a
tiranía de Cronos e instalaron a Zeus como o
deus máximo do Olimpo.
Vanessa Felípez Gómez Destripando la Historia: Zeus.
4. A RELIXIÓN GREGA. DEUSAS
HERA
Muller de Zeus e nai de moitos dos deuses.
ATRIBUTO: Diadema e pavo real.
CARACTERÍSTICAS: Protexe a familia e o
matrimonio.
EN ROMA: XUNO
O nacemento da vía láctea
Crese que foi Hera, a muller de Zeus, a que deu orixe á Vía
Láctea, a nosa galaxia.
Zeus non era un bo marido, polo que sempre foi infiel e ás
veces, mesmo converténdose noutros homes para disimular.
Esto aconteceu con Alcmena, que en ausencia do marido
desta, Zeus fíxose pasar por el. Como a Zeus lle gustaba
tanto esta moza, ordenou que o sol tardase moito en saír
para que a noite foise máis longa. Froito desta unión nace
Heracles (Hércules para os romanos), que se converterá no
fillo favorito de Zeus, polo que os celos de Hera eran
insoportables. Así, Hera decide complicar o nacemento de
Heracles durando 10 meses o seu período de xestación.
Ademais, castigarao cos Doce Traballos e diversos ataques.
Agora ben, Heracles só sería inmortal se o amamantaba
Hera e como suporedes, ela negábase. Así que Hermes, o
mensaxeiro dos deuses, levou ao neno a ondeHera mentres
ela durmía e púxoo sobre o seu peito. Cando Hera espertou
e descubriu a Heracles amamantándose do seu peito,
retirouno de súpeto, pero o leite seguiu brotando do seu
peito e espallouse polo universo. Así se formoua Vía Láctea.
Destripando la Historia: Hera.
4. A RELIXIÓN GREGA. DEUSAS
ATENEA
Nace da cabeza de Zeus.
ATRIBUTO: vai armada (casco, escudo e lanza)
e acompañáa unha curuxa, leva a éxida (pel
da cabra Amaltea).
CARACTERÍSTICAS : deusa da sabedoría e da
guerra.
EN ROMA: MINERVA
O nacemento de Atenea
A sabedoría e calidades da xoven, eran por
mor do seu excepcional nacemento. Atenea é a
filla de Zeus e Metis. Cando Metis estaba
embarazada, Xea e Urano dixéronlle a Zeus que
se ela paría unha nena, a continuación tería un
fillo que superaría ao mesmo Zeus e lle
arrebataría o imperio do ceo. Enfurecido, o
xefe dos deuses devorou a Metis e cando a
esta lle tocaría dar a luz ao bebé, Zeus sufriu
unha forte dor de cabeza. Cando chegou o
momento de dar a luz, continuaba a intensa
dor e ordenou a Hefesto, o artesán dos deuses,
que lle abrise a cabeza. Ao abrirlla, saíu
Atenea, adulta, completamente vestida e
armada con escudo e lanza, emitindo un grito
de guerra que resoou con forza no ceo e na
terra.
Vanessa Felípez Gómez
4. A RELIXIÓN GREGA. DEUSAS
DEMETER
Irmá de Zeus e nai de Perséfone.
ATRIBUTO: Espigas de trigo e fouce.
CARACTERÍSTICAS : deusa da agricultura.
EN ROMA: CERES
Perséfone
Díse que a deusa Deméter tiña unha filla chamada Perséfone, de ollos
verdes e cabelo ondulado da cor do ouro. Perséfone vivía coa núa nai
baixo o Olimpo. Un día, Hades, o deus dos mortos namorouse da xoven.
Como Hades era moi astuto, non quixo achegarse sen permiso de Zeus.
Contan que un día Perséfone estaba recollendo flores coas súas amigas
cando de súpeto, a terra se abriu e alí xurdiu Hades, quen a secuestrou sen
deixar pegada do seu paradoiro! Deméter comezou a buscala, durante
nove días non comeu nin bebeu, saíu a buscar pistas disfrazada de anciá,
pensando que así se enteraría do rastro. Ela pensou que Zeus tiña algo que
ver, Zeus ao saber que Deméter desconfiaba del, asustouse e tratou de
convencela do contrario, pero foi imposible. Así que, Zeus mandou a
Hermes –o mensaxeiro dos deuses- cunha mensaxe para Hades pedíndolle
que devolvese a Perséfone para a súa casa.
Finalmente Deméter e Hades chegaron a un acordo. Perséfone pasaría con
el 7 meses ao ano, un mes por cada granada que probou do seu xardín e
cinco xunto a súa nai. Dise que a terra florece só en primavera e verán, os
meses que Perséfone e Deméter están xuntas. E que a terra está triste en
outono en inverno, os 7 meses que Perséfone está con Hades.
Vanessa Felípez Gómez Destripando la Historia: Deméter.
4. A RELIXIÓN GREGA. DEUSES
HADES
ATRIBUTO: cancérbero (can de 3
cabezas)
CARACTERÍSTICAS: deus do
inframundo.
EN ROMA: PLUTÓN
Perséfone
Díse que a deusa Deméter tiña unha filla chamada Perséfone, de
ollos verdes e cabelo ondulado da cor do ouro. Perséfone vivía coa
núa nai baixo o Olimpo. Un día, Hades, o deus dos mortos
namorouse da xove. Como Hades era moi astuto, non quixo
achegarse sen permiso de Zeus. Contan que un día Perséfone estaba
recollendo flores coas súas amigas cando de súpeto, a terra se abriu
e alí xurdiu Hades, quen a secuestrou sen deixar pegada do seu
paradoiro! Deméter comezou a buscala, durante nove días non
comeu nin bebeu, saíu a buscar pistas disfrazada de anciá, pensando
que así se enteraría do rastro. Ela pensou que Zeus tiña algo que ver,
Zeus ao saber que Deméter desconfiaba del, asustouse e tratou de
convencela do contrario, pero foi imposible. Así que, Zeus mandou a
Hermes –o mensaxeiro dos deuses- cunha mensaxe para Hades
pedíndolle que devolvese a Perséfone para a súa casa.
Finalmente Deméter e Hades chegaron a un acordo. Perséfone
pasaría con el 7 meses ao ano, un mes por cada granada que probou
do seu xardín e cinco xunto a súa nai. Dise que a terra florece só en
primavera e verán, os meses que Perséfone e Deméter están xuntas.
E que a terra está triste en outono en inverno, os 7 meses que
Perséfone está con Hades.
Vanessa Felípez Gómez Destripando la Historia: Hades.
4. A RELIXIÓN GREGA. DEUSAS
AFRODITA
Filla de Zeus nacida da escuma do mar.
ATRIBUTO: A pomba, a mazá e a cuncha.
CARACTERÍSTICAS : Deusa do amor e da
beleza feminina.
EN ROMA: VENUS
Afrodita e a Guerra de Troia
Peleo e Tetis –futuros pais de Aquiles- convidaron a
mortais e deuses á festa do seu casamento. Porén, Eris
–a discordia- non foi convidada. Ofendida, a deusa
deixou caer unha mazá coas palabras “para a máis
bela” gravadas. Afrodita, Hera e Atenea reclamárona
deixando a decisión na man de Zeus. Este, cederá tal
decisión a Paris, príncipe de Troia. As deusas
intentárono sobornar, pero será Afrodita que o
convenza ofrecéndolle a man de Helena de Troia,
casada por aquel entón con Menelao de Esparta.
Afrodita fixo que Helena se namorase de Paris, fuxen
xuntos e este acto, desencadea a Guerra de Troia.
Vanessa Felípez Gómez
4. A RELIXIÓN GREGA. DEUSAS
ARTEMISA
Filla de Zeus e Leto, irmá de Apolo.
ATRIBUTO: Arco e frechas, a lúa e o cervo.
CARACTERÍSTICAS : Deusa da natureza, da
caza e dos animais salvaxes
EN ROMA: DIANA
Acteón
Acteón era fillo de Aristeo e Autone, e neto de Cadmo,
fundador da cidade de Tebas. Grazas á instrución recibida
do seu pai –o centauro Quirón-, converteuse nun
extraordinario cazador. Quizais era demasiado bo, xa que
Artemisa se queixaba da súa presunción e ademais,
tampouco lle gustaba a idea de que casara coa súa tía
Semele.
Segundo outra forma de ver historia, durante unha pausa
nunha xornada de caza, Acteón viu por casualidade á casta
Artemisa bañándose rodeada de ninfas. Para evitar que
Acteón puidese contar que a vira nuda, converteuno nun
cervo. Deste xeito, Acteón foi pouco despois devorado
polos seus propios cans de caza.
4. A RELIXIÓN GREGA. DEUSES
POSEIDÓN
Irmán de Zeus
ATRIBUTO: A forcada (tridente en
castelán) e o cabalo.
CARACTERÍSTICAS: Deus do mar e das
augas, tamén da terra en movemento e
dos terremotos.
EN ROMA: NEPTUNO
Medusa
Conta a lenda que Medusa, era unha muller mortal,
fermosa e tentadora coma o máis doce dos pecados.
Tanta era a súa beleza que Poseidón, deus do mar,
queda namorado dela. El non descansa ata satisfacer
o seu desexo no templo de Atenea –deusa da pureza
e da castidade- e contra a vontade de Medusa.
Atenea, moi ofendida castiga a Medusa convertendo
os seus rizos en serpes e dando aos seus ollos tal
intensidade que, se os mirabas fixamente,
convertíaste en pedra. Medusa transformárase nun
monstro, pero era quen de ter un andar provocador
que hipnotizaba a calquera home coa mirada.
Atenea, vendo que o seu castigo non ía por
ondequería, enviou a Perseo para que a matase
cortándolle a cabeza. Este, moi argalleiro, usou o seu
escudo a modo de espello para que ela se reflectise
nel. Dende entón, a cabeza da Medusa foi a imaxe do
escudo da casta Atenea para atemorizar aos seus
inimigos.©
Destripando la
Historia:
Poseidón.
4. A RELIXIÓN GREGA. DEUSES
APOLO
Fillo de Zeus e Leto. Irmá xemelgo de
Artemisa.
ATRIBUTO: Lira,arco e frechas, o sol e
o loureiro.
CARACTERÍSTICAS: Deus das artes,
da adiviñación, a medicina, a luz e o
sol.
EN ROMA: APOLO
Apolo e Dafne
Un día, Apolo escoitou o marabilloso murmurio
de Dafne. Esta, ao notar a súa presenza deixa
de cantar e cada inmóbil polo susto, mentres
que busca cos ollos un lugar no que agocharse.
O deus Apolo sedúcea con máxicas palabras de
amor, ela prégalle que se deteña, pero el farase
o xordo. Entón Dafne bota a correr, pero non
poderá fuxir. Indefensa, pide axuda á Terra e
esta escoitaraa a súa pregaria, como salvación
comeza a transformarse entre os brazos do
Deus nunha árbore de loureiro. A súa pel
convértese na coriza e as súas unllas alónganse
en follas rapidamente. Os seus cabelos forman
unha ramaxe, a face desaparece tras a codia.
Queda fixada coas súas raíces na terra, ríxida e
inmóbil.
Apolo abraza tristemente a árbore e entre
bágoas, declara que esa árbore será
consagrada ao seu culto.
4. A RELIXIÓN GREGA. DEUSES
hefesto
Fillo de Zeus e Hera. Marido de Afrodita.
ATRIBUTO: a fragua e o martelo.
CARACTERÍSTICAS: Deus do lume
artesán, a técnica e os traballos en
metal.
EN ROMA: VULCANO
Espectáculo divino
Non era a primeira vez que fora expulsado do
Olimpo, xa que antes Hera fixera o mesmo cando
se avergoñaba da deformidade do seu fillo. Hefesto
chegou entón ao Océano e alí salvárono as deusas
Tetis e Eurinome. Ao seu coidado, o xoven
comezou a interesarse pola artesanía e a facer todo
tipo de xoias. Hefesto vingará á súa nai despois
facéndolle un trono de ouro con cadeas invisibles.
Ata que Dionisio o emborrachou, non a librará de
tal encerro.
Tras a reconciliación, o ferreiro recibiu en
matrimonio a Afrodita, que co tempo será
castigada como o fora Hera xa que Hefesto,
descubriu que o enganaba con Ares. Fixo unha
rede invisible que apresaría aos dous amantes,
momento no que chamou ao resto dos deuses para
que fosen testemuña do engano.
4. A RELIXIÓN GREGA. DEUSES
ARES
Fillo de Zeus e Hera. Amante de
Afrodita.
ATRIBUTO: o cascoe as armas.
CARÁCTERÍSTICAS: Deus da guerra.
EN ROMA: MARTE
A lenda dos dous xigantes
Certo día, os dous xigante xemelgos –Oto e
Efialtes- pretenderon facerse co control do
Monte Olimpo, no que vivían os deuses. Como
primeiro paso, secuestraron a Ares e metérono
nunha vasilla encadeado. Non puido saír durante
13 meses!
Para conseguir a súa liberación, a deusa Artemisa
prometeu xacer xunto a Oto, pero entón Efialtes
enfadouse, preso da envexa, e enfrontouse ao
seu irmán xemelgo.
Aproveitando o momento de confusión, Artemisa
converteuse para escapar e pasou entre os dous
irmáns. Eles, lanzáronlle as súas lanzas afiadas
para cazala, pero rematáronse matándose o un
ao outro…
4. A RELIXIÓN GREGA. DEUSES
DIONISO
Fillo de Zeus e Sémele. Nado
dunha coxa de Zeus.
ATRIBUTO: a vide, a hedra e a
pandereta.
CARACTERÍSTICAS: Deus do viño e
o banquete, da festa e do teatro.
Deus do desenfreo.
EN ROMA: BACO
A curiosidade
Recén chegado entre os deuses, Dioniso
non foi ben recibido. Hera odiábao, e
outros dubidaban da súa condición de
deus. Licurgo, rei do Edóns, intentou
matalo, pero Tetis axudouno e deixou cego
ao seu agresor. Penteo, rei de Tebas, lugar
de nacemento desde deus, non o
recoñecía como deidade. Entón, Dioniso
chegará disfrazado á cidade de xove ben
parecido, acompañado das Ménades –
bailarinas- e Penteo, mandouno ao
cárcere. As cadeas abríronse para que o
deus, xa que lle dixo a Penteo que lle
deixaría ver ás Ménades danzar no monte
Citerión. Isto espertou a curiosidade do
gobernante, pero este tiña que agocharse
e disfrazarse para velas. As ménades
descubrírono e non o tomaron nada ben…

More Related Content

Similar to MITOLOXÍA GREGA.pdf

Eu coñezo a miña herdanza, e ti
Eu coñezo a miña herdanza, e tiEu coñezo a miña herdanza, e ti
Eu coñezo a miña herdanza, e tiiesasorey
 
O cosmos semana cultural 2017 - versión final
O cosmos   semana cultural 2017 - versión finalO cosmos   semana cultural 2017 - versión final
O cosmos semana cultural 2017 - versión finalMatilde De Cal Cortina
 
Traballo de Zeus
Traballo de ZeusTraballo de Zeus
Traballo de Zeusluci97
 
O mar mitoloxía
O mar mitoloxíaO mar mitoloxía
O mar mitoloxíaiesasorey
 
A orixe do mundo na mitoloxía grega
A orixe do mundo na mitoloxía gregaA orixe do mundo na mitoloxía grega
A orixe do mundo na mitoloxía gregaSusana Losada
 
Divinidades menores na ruta da esmorga
Divinidades menores na ruta da esmorgaDivinidades menores na ruta da esmorga
Divinidades menores na ruta da esmorgavictorefisica1
 

Similar to MITOLOXÍA GREGA.pdf (10)

Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amorAna Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
 
Eu coñezo a miña herdanza, e ti
Eu coñezo a miña herdanza, e tiEu coñezo a miña herdanza, e ti
Eu coñezo a miña herdanza, e ti
 
O cosmos semana cultural 2017 - versión final
O cosmos   semana cultural 2017 - versión finalO cosmos   semana cultural 2017 - versión final
O cosmos semana cultural 2017 - versión final
 
Amantes Zeus
Amantes ZeusAmantes Zeus
Amantes Zeus
 
Traballo de Zeus
Traballo de ZeusTraballo de Zeus
Traballo de Zeus
 
O mar mitoloxía
O mar mitoloxíaO mar mitoloxía
O mar mitoloxía
 
Eros o cupido
Eros o cupidoEros o cupido
Eros o cupido
 
A orixe do mundo na mitoloxía grega
A orixe do mundo na mitoloxía gregaA orixe do mundo na mitoloxía grega
A orixe do mundo na mitoloxía grega
 
Divinidades menores na ruta da esmorga
Divinidades menores na ruta da esmorgaDivinidades menores na ruta da esmorga
Divinidades menores na ruta da esmorga
 
Orfeo
OrfeoOrfeo
Orfeo
 

More from Vanessa Felípez

Quiero que vengas referencias artísticas.pdf
Quiero que vengas referencias artísticas.pdfQuiero que vengas referencias artísticas.pdf
Quiero que vengas referencias artísticas.pdfVanessa Felípez
 
Crea o teu AVATAR mitolóxico.pdf
Crea o teu AVATAR mitolóxico.pdfCrea o teu AVATAR mitolóxico.pdf
Crea o teu AVATAR mitolóxico.pdfVanessa Felípez
 
REXISTRO DE NOTAS DA TERCEIRA AVALIACIÓN.pdf
REXISTRO DE NOTAS DA TERCEIRA AVALIACIÓN.pdfREXISTRO DE NOTAS DA TERCEIRA AVALIACIÓN.pdf
REXISTRO DE NOTAS DA TERCEIRA AVALIACIÓN.pdfVanessa Felípez
 
VISUAL THINKING TITORÍA.pdf
VISUAL THINKING TITORÍA.pdfVISUAL THINKING TITORÍA.pdf
VISUAL THINKING TITORÍA.pdfVanessa Felípez
 
11 TÁBOA COMPARATIVA IMPERIO ESPAÑOL A3.pdf
11 TÁBOA COMPARATIVA IMPERIO ESPAÑOL A3.pdf11 TÁBOA COMPARATIVA IMPERIO ESPAÑOL A3.pdf
11 TÁBOA COMPARATIVA IMPERIO ESPAÑOL A3.pdfVanessa Felípez
 
TÁBOA RESUMO TEMA 9 A INICIO DA IDADE MODERNA.pdf
TÁBOA RESUMO TEMA 9 A INICIO DA IDADE MODERNA.pdfTÁBOA RESUMO TEMA 9 A INICIO DA IDADE MODERNA.pdf
TÁBOA RESUMO TEMA 9 A INICIO DA IDADE MODERNA.pdfVanessa Felípez
 
2 Táboa resumo O mundo unha economía globalizada.pdf
2 Táboa resumo O mundo unha economía globalizada.pdf2 Táboa resumo O mundo unha economía globalizada.pdf
2 Táboa resumo O mundo unha economía globalizada.pdfVanessa Felípez
 
1 TÁBOA RESUMO A ORGANIZACIÓN POLITICA DO MUNDO.pdf
1 TÁBOA RESUMO A ORGANIZACIÓN POLITICA DO MUNDO.pdf1 TÁBOA RESUMO A ORGANIZACIÓN POLITICA DO MUNDO.pdf
1 TÁBOA RESUMO A ORGANIZACIÓN POLITICA DO MUNDO.pdfVanessa Felípez
 
A UNIÓN EUROPEA E O ESTADO ESPAÑOL.pdf
A UNIÓN EUROPEA E O ESTADO ESPAÑOL.pdfA UNIÓN EUROPEA E O ESTADO ESPAÑOL.pdf
A UNIÓN EUROPEA E O ESTADO ESPAÑOL.pdfVanessa Felípez
 

More from Vanessa Felípez (10)

Quiero que vengas referencias artísticas.pdf
Quiero que vengas referencias artísticas.pdfQuiero que vengas referencias artísticas.pdf
Quiero que vengas referencias artísticas.pdf
 
Crea o teu AVATAR mitolóxico.pdf
Crea o teu AVATAR mitolóxico.pdfCrea o teu AVATAR mitolóxico.pdf
Crea o teu AVATAR mitolóxico.pdf
 
REXISTRO DE NOTAS DA TERCEIRA AVALIACIÓN.pdf
REXISTRO DE NOTAS DA TERCEIRA AVALIACIÓN.pdfREXISTRO DE NOTAS DA TERCEIRA AVALIACIÓN.pdf
REXISTRO DE NOTAS DA TERCEIRA AVALIACIÓN.pdf
 
VISUAL THINKING TITORÍA.pdf
VISUAL THINKING TITORÍA.pdfVISUAL THINKING TITORÍA.pdf
VISUAL THINKING TITORÍA.pdf
 
25N DIA 1.pdf
25N DIA 1.pdf25N DIA 1.pdf
25N DIA 1.pdf
 
11 TÁBOA COMPARATIVA IMPERIO ESPAÑOL A3.pdf
11 TÁBOA COMPARATIVA IMPERIO ESPAÑOL A3.pdf11 TÁBOA COMPARATIVA IMPERIO ESPAÑOL A3.pdf
11 TÁBOA COMPARATIVA IMPERIO ESPAÑOL A3.pdf
 
TÁBOA RESUMO TEMA 9 A INICIO DA IDADE MODERNA.pdf
TÁBOA RESUMO TEMA 9 A INICIO DA IDADE MODERNA.pdfTÁBOA RESUMO TEMA 9 A INICIO DA IDADE MODERNA.pdf
TÁBOA RESUMO TEMA 9 A INICIO DA IDADE MODERNA.pdf
 
2 Táboa resumo O mundo unha economía globalizada.pdf
2 Táboa resumo O mundo unha economía globalizada.pdf2 Táboa resumo O mundo unha economía globalizada.pdf
2 Táboa resumo O mundo unha economía globalizada.pdf
 
1 TÁBOA RESUMO A ORGANIZACIÓN POLITICA DO MUNDO.pdf
1 TÁBOA RESUMO A ORGANIZACIÓN POLITICA DO MUNDO.pdf1 TÁBOA RESUMO A ORGANIZACIÓN POLITICA DO MUNDO.pdf
1 TÁBOA RESUMO A ORGANIZACIÓN POLITICA DO MUNDO.pdf
 
A UNIÓN EUROPEA E O ESTADO ESPAÑOL.pdf
A UNIÓN EUROPEA E O ESTADO ESPAÑOL.pdfA UNIÓN EUROPEA E O ESTADO ESPAÑOL.pdf
A UNIÓN EUROPEA E O ESTADO ESPAÑOL.pdf
 

MITOLOXÍA GREGA.pdf

  • 1. MITOGRAM MITOLOXÍA GREGA E NOMENCLATURA LATINA. Vanessa Felípez Gómez Fonte imaxes: Playmobil e Freepik
  • 2. 4. A RELIXIÓN GREGA. UNHA FAMILIA MÁIS • Aspecto humano. • Paixóns e vicios. • Politeísmo. Vanessa Felípez Gómez CLIC
  • 3. 4. A RELIXIÓN GREGA. DEUSES ZEUS Xefe de todos os deuses e do Olimpo. ATRIBUTO: o raio, a aguia, cetro. CARACTERÍSTICAS: goberna o ceo e os fenómenos atmosféricos. EN ROMA: XÚPITER A batalla polo Olimpo Zeus é o deus supremo do Olimpo e goberna sobre os demais deuses, pero esta honra non foi doada de conseguir pois, tivo que enfrontarse ao seu propio pai, o titán Cronos. Todo comezou cando estaba a piques de nacer, Cronos e a súa muller Rea xa tiveran cinco fillos antes, pero o titán coméraos porque unha lenda dicía que un deses fillos o ía destronar. Rea quixo defender ao meniño e escondeuno na illa de Creta, nunha cova ata que fora maior. Cando Zeus medrou, enfrontaríase ao seu pai, abriu o seu ventre e por alí escaparon os seus irmáns devorados. Despois, todos os irmáns xuntos, venceron a tiranía de Cronos e instalaron a Zeus como o deus máximo do Olimpo. Vanessa Felípez Gómez Destripando la Historia: Zeus.
  • 4. 4. A RELIXIÓN GREGA. DEUSAS HERA Muller de Zeus e nai de moitos dos deuses. ATRIBUTO: Diadema e pavo real. CARACTERÍSTICAS: Protexe a familia e o matrimonio. EN ROMA: XUNO O nacemento da vía láctea Crese que foi Hera, a muller de Zeus, a que deu orixe á Vía Láctea, a nosa galaxia. Zeus non era un bo marido, polo que sempre foi infiel e ás veces, mesmo converténdose noutros homes para disimular. Esto aconteceu con Alcmena, que en ausencia do marido desta, Zeus fíxose pasar por el. Como a Zeus lle gustaba tanto esta moza, ordenou que o sol tardase moito en saír para que a noite foise máis longa. Froito desta unión nace Heracles (Hércules para os romanos), que se converterá no fillo favorito de Zeus, polo que os celos de Hera eran insoportables. Así, Hera decide complicar o nacemento de Heracles durando 10 meses o seu período de xestación. Ademais, castigarao cos Doce Traballos e diversos ataques. Agora ben, Heracles só sería inmortal se o amamantaba Hera e como suporedes, ela negábase. Así que Hermes, o mensaxeiro dos deuses, levou ao neno a ondeHera mentres ela durmía e púxoo sobre o seu peito. Cando Hera espertou e descubriu a Heracles amamantándose do seu peito, retirouno de súpeto, pero o leite seguiu brotando do seu peito e espallouse polo universo. Así se formoua Vía Láctea. Destripando la Historia: Hera.
  • 5. 4. A RELIXIÓN GREGA. DEUSAS ATENEA Nace da cabeza de Zeus. ATRIBUTO: vai armada (casco, escudo e lanza) e acompañáa unha curuxa, leva a éxida (pel da cabra Amaltea). CARACTERÍSTICAS : deusa da sabedoría e da guerra. EN ROMA: MINERVA O nacemento de Atenea A sabedoría e calidades da xoven, eran por mor do seu excepcional nacemento. Atenea é a filla de Zeus e Metis. Cando Metis estaba embarazada, Xea e Urano dixéronlle a Zeus que se ela paría unha nena, a continuación tería un fillo que superaría ao mesmo Zeus e lle arrebataría o imperio do ceo. Enfurecido, o xefe dos deuses devorou a Metis e cando a esta lle tocaría dar a luz ao bebé, Zeus sufriu unha forte dor de cabeza. Cando chegou o momento de dar a luz, continuaba a intensa dor e ordenou a Hefesto, o artesán dos deuses, que lle abrise a cabeza. Ao abrirlla, saíu Atenea, adulta, completamente vestida e armada con escudo e lanza, emitindo un grito de guerra que resoou con forza no ceo e na terra. Vanessa Felípez Gómez
  • 6. 4. A RELIXIÓN GREGA. DEUSAS DEMETER Irmá de Zeus e nai de Perséfone. ATRIBUTO: Espigas de trigo e fouce. CARACTERÍSTICAS : deusa da agricultura. EN ROMA: CERES Perséfone Díse que a deusa Deméter tiña unha filla chamada Perséfone, de ollos verdes e cabelo ondulado da cor do ouro. Perséfone vivía coa núa nai baixo o Olimpo. Un día, Hades, o deus dos mortos namorouse da xoven. Como Hades era moi astuto, non quixo achegarse sen permiso de Zeus. Contan que un día Perséfone estaba recollendo flores coas súas amigas cando de súpeto, a terra se abriu e alí xurdiu Hades, quen a secuestrou sen deixar pegada do seu paradoiro! Deméter comezou a buscala, durante nove días non comeu nin bebeu, saíu a buscar pistas disfrazada de anciá, pensando que así se enteraría do rastro. Ela pensou que Zeus tiña algo que ver, Zeus ao saber que Deméter desconfiaba del, asustouse e tratou de convencela do contrario, pero foi imposible. Así que, Zeus mandou a Hermes –o mensaxeiro dos deuses- cunha mensaxe para Hades pedíndolle que devolvese a Perséfone para a súa casa. Finalmente Deméter e Hades chegaron a un acordo. Perséfone pasaría con el 7 meses ao ano, un mes por cada granada que probou do seu xardín e cinco xunto a súa nai. Dise que a terra florece só en primavera e verán, os meses que Perséfone e Deméter están xuntas. E que a terra está triste en outono en inverno, os 7 meses que Perséfone está con Hades. Vanessa Felípez Gómez Destripando la Historia: Deméter.
  • 7. 4. A RELIXIÓN GREGA. DEUSES HADES ATRIBUTO: cancérbero (can de 3 cabezas) CARACTERÍSTICAS: deus do inframundo. EN ROMA: PLUTÓN Perséfone Díse que a deusa Deméter tiña unha filla chamada Perséfone, de ollos verdes e cabelo ondulado da cor do ouro. Perséfone vivía coa núa nai baixo o Olimpo. Un día, Hades, o deus dos mortos namorouse da xove. Como Hades era moi astuto, non quixo achegarse sen permiso de Zeus. Contan que un día Perséfone estaba recollendo flores coas súas amigas cando de súpeto, a terra se abriu e alí xurdiu Hades, quen a secuestrou sen deixar pegada do seu paradoiro! Deméter comezou a buscala, durante nove días non comeu nin bebeu, saíu a buscar pistas disfrazada de anciá, pensando que así se enteraría do rastro. Ela pensou que Zeus tiña algo que ver, Zeus ao saber que Deméter desconfiaba del, asustouse e tratou de convencela do contrario, pero foi imposible. Así que, Zeus mandou a Hermes –o mensaxeiro dos deuses- cunha mensaxe para Hades pedíndolle que devolvese a Perséfone para a súa casa. Finalmente Deméter e Hades chegaron a un acordo. Perséfone pasaría con el 7 meses ao ano, un mes por cada granada que probou do seu xardín e cinco xunto a súa nai. Dise que a terra florece só en primavera e verán, os meses que Perséfone e Deméter están xuntas. E que a terra está triste en outono en inverno, os 7 meses que Perséfone está con Hades. Vanessa Felípez Gómez Destripando la Historia: Hades.
  • 8. 4. A RELIXIÓN GREGA. DEUSAS AFRODITA Filla de Zeus nacida da escuma do mar. ATRIBUTO: A pomba, a mazá e a cuncha. CARACTERÍSTICAS : Deusa do amor e da beleza feminina. EN ROMA: VENUS Afrodita e a Guerra de Troia Peleo e Tetis –futuros pais de Aquiles- convidaron a mortais e deuses á festa do seu casamento. Porén, Eris –a discordia- non foi convidada. Ofendida, a deusa deixou caer unha mazá coas palabras “para a máis bela” gravadas. Afrodita, Hera e Atenea reclamárona deixando a decisión na man de Zeus. Este, cederá tal decisión a Paris, príncipe de Troia. As deusas intentárono sobornar, pero será Afrodita que o convenza ofrecéndolle a man de Helena de Troia, casada por aquel entón con Menelao de Esparta. Afrodita fixo que Helena se namorase de Paris, fuxen xuntos e este acto, desencadea a Guerra de Troia. Vanessa Felípez Gómez
  • 9. 4. A RELIXIÓN GREGA. DEUSAS ARTEMISA Filla de Zeus e Leto, irmá de Apolo. ATRIBUTO: Arco e frechas, a lúa e o cervo. CARACTERÍSTICAS : Deusa da natureza, da caza e dos animais salvaxes EN ROMA: DIANA Acteón Acteón era fillo de Aristeo e Autone, e neto de Cadmo, fundador da cidade de Tebas. Grazas á instrución recibida do seu pai –o centauro Quirón-, converteuse nun extraordinario cazador. Quizais era demasiado bo, xa que Artemisa se queixaba da súa presunción e ademais, tampouco lle gustaba a idea de que casara coa súa tía Semele. Segundo outra forma de ver historia, durante unha pausa nunha xornada de caza, Acteón viu por casualidade á casta Artemisa bañándose rodeada de ninfas. Para evitar que Acteón puidese contar que a vira nuda, converteuno nun cervo. Deste xeito, Acteón foi pouco despois devorado polos seus propios cans de caza.
  • 10. 4. A RELIXIÓN GREGA. DEUSES POSEIDÓN Irmán de Zeus ATRIBUTO: A forcada (tridente en castelán) e o cabalo. CARACTERÍSTICAS: Deus do mar e das augas, tamén da terra en movemento e dos terremotos. EN ROMA: NEPTUNO Medusa Conta a lenda que Medusa, era unha muller mortal, fermosa e tentadora coma o máis doce dos pecados. Tanta era a súa beleza que Poseidón, deus do mar, queda namorado dela. El non descansa ata satisfacer o seu desexo no templo de Atenea –deusa da pureza e da castidade- e contra a vontade de Medusa. Atenea, moi ofendida castiga a Medusa convertendo os seus rizos en serpes e dando aos seus ollos tal intensidade que, se os mirabas fixamente, convertíaste en pedra. Medusa transformárase nun monstro, pero era quen de ter un andar provocador que hipnotizaba a calquera home coa mirada. Atenea, vendo que o seu castigo non ía por ondequería, enviou a Perseo para que a matase cortándolle a cabeza. Este, moi argalleiro, usou o seu escudo a modo de espello para que ela se reflectise nel. Dende entón, a cabeza da Medusa foi a imaxe do escudo da casta Atenea para atemorizar aos seus inimigos.© Destripando la Historia: Poseidón.
  • 11. 4. A RELIXIÓN GREGA. DEUSES APOLO Fillo de Zeus e Leto. Irmá xemelgo de Artemisa. ATRIBUTO: Lira,arco e frechas, o sol e o loureiro. CARACTERÍSTICAS: Deus das artes, da adiviñación, a medicina, a luz e o sol. EN ROMA: APOLO Apolo e Dafne Un día, Apolo escoitou o marabilloso murmurio de Dafne. Esta, ao notar a súa presenza deixa de cantar e cada inmóbil polo susto, mentres que busca cos ollos un lugar no que agocharse. O deus Apolo sedúcea con máxicas palabras de amor, ela prégalle que se deteña, pero el farase o xordo. Entón Dafne bota a correr, pero non poderá fuxir. Indefensa, pide axuda á Terra e esta escoitaraa a súa pregaria, como salvación comeza a transformarse entre os brazos do Deus nunha árbore de loureiro. A súa pel convértese na coriza e as súas unllas alónganse en follas rapidamente. Os seus cabelos forman unha ramaxe, a face desaparece tras a codia. Queda fixada coas súas raíces na terra, ríxida e inmóbil. Apolo abraza tristemente a árbore e entre bágoas, declara que esa árbore será consagrada ao seu culto.
  • 12. 4. A RELIXIÓN GREGA. DEUSES hefesto Fillo de Zeus e Hera. Marido de Afrodita. ATRIBUTO: a fragua e o martelo. CARACTERÍSTICAS: Deus do lume artesán, a técnica e os traballos en metal. EN ROMA: VULCANO Espectáculo divino Non era a primeira vez que fora expulsado do Olimpo, xa que antes Hera fixera o mesmo cando se avergoñaba da deformidade do seu fillo. Hefesto chegou entón ao Océano e alí salvárono as deusas Tetis e Eurinome. Ao seu coidado, o xoven comezou a interesarse pola artesanía e a facer todo tipo de xoias. Hefesto vingará á súa nai despois facéndolle un trono de ouro con cadeas invisibles. Ata que Dionisio o emborrachou, non a librará de tal encerro. Tras a reconciliación, o ferreiro recibiu en matrimonio a Afrodita, que co tempo será castigada como o fora Hera xa que Hefesto, descubriu que o enganaba con Ares. Fixo unha rede invisible que apresaría aos dous amantes, momento no que chamou ao resto dos deuses para que fosen testemuña do engano.
  • 13. 4. A RELIXIÓN GREGA. DEUSES ARES Fillo de Zeus e Hera. Amante de Afrodita. ATRIBUTO: o cascoe as armas. CARÁCTERÍSTICAS: Deus da guerra. EN ROMA: MARTE A lenda dos dous xigantes Certo día, os dous xigante xemelgos –Oto e Efialtes- pretenderon facerse co control do Monte Olimpo, no que vivían os deuses. Como primeiro paso, secuestraron a Ares e metérono nunha vasilla encadeado. Non puido saír durante 13 meses! Para conseguir a súa liberación, a deusa Artemisa prometeu xacer xunto a Oto, pero entón Efialtes enfadouse, preso da envexa, e enfrontouse ao seu irmán xemelgo. Aproveitando o momento de confusión, Artemisa converteuse para escapar e pasou entre os dous irmáns. Eles, lanzáronlle as súas lanzas afiadas para cazala, pero rematáronse matándose o un ao outro…
  • 14. 4. A RELIXIÓN GREGA. DEUSES DIONISO Fillo de Zeus e Sémele. Nado dunha coxa de Zeus. ATRIBUTO: a vide, a hedra e a pandereta. CARACTERÍSTICAS: Deus do viño e o banquete, da festa e do teatro. Deus do desenfreo. EN ROMA: BACO A curiosidade Recén chegado entre os deuses, Dioniso non foi ben recibido. Hera odiábao, e outros dubidaban da súa condición de deus. Licurgo, rei do Edóns, intentou matalo, pero Tetis axudouno e deixou cego ao seu agresor. Penteo, rei de Tebas, lugar de nacemento desde deus, non o recoñecía como deidade. Entón, Dioniso chegará disfrazado á cidade de xove ben parecido, acompañado das Ménades – bailarinas- e Penteo, mandouno ao cárcere. As cadeas abríronse para que o deus, xa que lle dixo a Penteo que lle deixaría ver ás Ménades danzar no monte Citerión. Isto espertou a curiosidade do gobernante, pero este tiña que agocharse e disfrazarse para velas. As ménades descubrírono e non o tomaron nada ben…