2. 09
A prehistoria
3. A arte das cavernas
6. A Prehistoria en España e Galicia
4. O Neolítico: a produción de alimentos
5. A Idade dos Metais
2. O Paleolítico: a caza e a recolección
1. Os primeiros seres humanos
3. Introdución (V.V. PÁX. 154-155)
A Prehistoria abrangue un período de tempo que se inicia coa
orixe da especie humana, hai máis de dous millóns de anos, e que
se estende ata a aparición da escritura (3500 a.C.).
Comprende o 99,8% da historia da humanidade.
Durante milenios, os seres humanos foron cambiando o seu
aspecto físico e aprenderon a fabricar instrumentos, dominar o
lume, comunicarse...
Da actividade humana durante ese longo período de tempo non
existen testemuños escritos, só testemuños arqueolóxicos: pedras
talladas, fósiles humanos, pinturas, instrumentos...
A Historia vén definida pola existencia de textos escritos que nos
dan a coñecelos diferentes procesos e singularidades de cada
época.
En Galicia esta etapa comeza cos romanos, xa que a poboación
indíxena non coñecía a escritura. Temporalmente comprende o
0,2% da historia da humanidade.
4.
5.
6. Introdución
a Prehistoria
A Prehistoria divídese en tres etapas:
Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais.
No Paleolítico (a primeira etapa da Prehistoria),
a humanidade vivía da caza, da recolección e era
nómada.
No Neolítico, aprendeu a domesticar animais e
cultivar a terra, e volveuse sedentaria. Xurdiron
os primeiros poboados e actividades como o
tecido e a cerámica.
Na Idade dos Metais, o ser humano aprendeu a
arte da metalurxia. Isto abriralle paso ás
primeiras civilizacións.
7. PREHISTORIA
PALEOLÍTICO
3.500.000 /2.500.000 anos
Australopithecus (Homínido)
2.300.000 Homo habilis a.C. (primeiros
utensilios)
1.900.000 a.C. Homo erectus (lume)
150.000 a.C. Homo neanderthalensis
(primeiros enterramentos)
120.000 a.C. Homo sapiens Sapiens
(primeiras mostras de arte)
NEOLÍTICO
8.000 a.C. Agricultura
7.000 a.C. a 5.000 a.C. difusión da
agricultura cara Europa
5.500 a.C. Primeiras culturas neolíticas na
Península Ibérica
IDADE DOS
METAIS
2.500 a.C.-1.800 a.C. Idade de Cobre ou
Calcolítico
1.800 a.C.-1.000 a.C. Idade de Bronce
1.000 a.C. Idade de Ferro
8.
9.
10. Introdución
ACTIVIDADES
1) Observa a táboa cronolóxica: Que período histórico
representa? Que etapas están sinaladas? Que aspectos se
salientan en cada unha?
2) Observa os seguintes obxectos. En que etapa da
prehistoria os situarías e por que?
11. 1. OS PRIMEIROS SERES HUMANOS
1.1. ADAPTACIÓN E EVOLUCIÓN (V.V. PÁX. 156)
Hai uns seis millóns de anos produciuse un
quecemento do clima que fixo desaparecer
grandes zonas de bosque.
En África, algúns primates iniciaron unha
lenta evolución para adaptárense ás novas
condicións climáticas e sobrevivir nun medio
hostil.
Non posuían grandes calidades físicas
(velocidade, forza...), pero foron capaces de
organizarse en grupos para cazar nas chairas.
Eran os primeiros homínidos, que co paso
do tempo deron lugar á especie humana.
12.
13.
14. 1. OS PRIMEIROS SERES HUMANOS
1.2. O PROCESO DE HOMINIZACIÓN (V.V. PÁX. 156)
Os cambios que converteron aos primates en seres humanos
foron lentos e complexos. Os fósiles atopados permítennos
coñecer a evolución:
O primeiro paso foi a posición vertical e marcha bípede (maior
campo de visión e autonomía da man)
Mantemento da cabeza en equilibrio: aumento da capacidade
cranial e, con iso, desenvolvemento do cerebro.
As mans usáronse para a fabricación de utensilios.
O uso do lume e dos útiles para abrandar e cortar os alimentos
deu lugar á diminución do tamaño das mandíbulas e dos
dentes e á aparición do queixo e da fronte plana.
Incremento da intelixencia e comunicación (linguaxe).
Traslado de coñecemento a outras xeracións.
15.
16. •AUSTRALOPITHECUS
•(Homínido)
•3.500.000/2.500.000 anos
•Talla: 1,10 m
•Peso 40 kg
•Camiñaba ergueito
•HOMO HABILIS
•2.300.000/1.800.000 anos
•Talla: 1,59 m
•Peso 50 kg
•Primeiros utensilios
•Podía falar
•HOMO ERECTUS
•1.900.000/400.000 anos
•Talla: 1,60 m
•Peso 60 kg
•Descubrimento do lume.
•Cazarías en grupo.
•HOMO NEANDERTHALENSIS
•150.000/35.000 anos
•Talla: 1,65 m
•Peso 80 kg
•Primeiros enterramentos
•Fabricación de útiles especializados
•HOMO SAPIENS SAPIENS
•120.000 anos (40.000 península Ibérica)
•Talla: 1,70 m
•Peso 70 kg
•Primeiras manifestacións de arte
•Fabricación de útiles en óso e de asta
DO AUSTRALOPITHECUS AO SER HUMANO ACTUAL
19. Pouco volume cranial
Maior volume cranialFronte fuxidía
Fronte plana
Inexistencia
de queixo
Queixo
Columna non vertical
Columna recta
Man liberada
Marcha cuadrúpede
Marcha bípede
COMPARACIÓN DO ESQUELETO DUN GORILA
E UN SER HUMANO
20. 1. A EVOLUCIÓN HUMANA
(V.V. PÁX. 157)
O Australopithecus (3.500.000 anos) era un homínido situado
entre os grandes primates e o ser humano. Xa era bípede e
utlizaba utensilios (paus, pedras) para axudarse nos seus labores,
pero non os fabricaba de forma consciente.
O primeiro que tivo este comportamento e que, xa que logo, se
considera o primeiro humano foi o Homo habilis (2.300.000 anos).
O Homo erectus (1.900.000 anos) tiña xa un cerebro máis
desenvolvido e camiñaba erguido.
Seguidamente atopamos ao Homo neanderthalensis (150.000
anos) e, finalmente, o Homo sapiens sapiens (120.000 anos).
Despois dun período onde conviviron, o Home neanderthalensis
desapareceu pola superioridade do Homo sapiens sapiens, que ten
o aspecto físico, o volume e a complexidade cerebral do ser
humano actual.
21.
22.
23.
24.
25.
26.
27. HOMÍNIDO/HOMO CRONOLOXÍA CONTINENTE TALLA/PESO CARACTERÍSTICAS
Australopitecus afarensis
Homínido bípedo.
3.500.000 África
Oriental (Rift
Valley)
Macho: 1,40 m. 40 kg
Femia: 1,10 m. 30 kg
450 cm3
Posición bípeda.
Usa instrumentos de
pedra pero non os
fabrica.
Non sabe falar.
Homo Habilis 2.300.000 África Oriental Macho: 1,30 m. 50 kg
Femia: 1 m. 40 kg
800 cm3
Fabrica instrumentos de
pedra (seixo afiado-
chopper)
Homo Erectus 1.600.000 Toda África e Asia Macho: 1,70 m. 70 kg
Femia: 1,30 m. 60 kg
1.000 cm3
Parece que hai un
antecesor africano:
homo ergaster (lago
Turkana).
Pedra de sílex (bifaz).
Cazarías en grupo.
Uso do lume.
Homo Neanderthal 300.000 anos Europa Macho: 1,65 m. 75 kg
Femia: 1,50 m. 65 kg
1.500 cm3
Antecedentes:
Antecessor (800.000
anos) e Heidelbergensis
(600.000)
Especialización de
instrumentos de sílex
(frecha, raspadeira,
perforador...).
Primeiros
enterramentos.
Homo Sapiens 200.000 anos Tódolos
continentes
Europa (hai 40.000
anos)
Macho: 1,75 m. 70 kg
Femia: 1,60 m. 50 kg
1.450 cm3
Apareceu en África
oriental e de aí cara a
todos os continentes.
Europa 40.000 anos.
Útiles de óso e hasta
(propulsor, arpón...).
Primeiras
manifestacións
artísticas.
30. Apartado 1
ACTIVIDADES
1) Observa os esqueletos. ¿Qué diferenzas podes ver nos brazos e
nas mans? ¿E nos cranios?
2) Explica a diferenza na pelve e mais na columna. Relaciona estes
cambios do bipedismo.
3) Que período de tempo abrangue o eixe sobre o proceso de
hominización?
4) Explica o proceso evolutivo analizando os procesos que se
producen nos diversos fósiles dende o Australopitechus ata o
Homo Sapiens Sapiens.
5) Como xurdiron os primeiros homínidos? ¿Que características
diferencian aos seres humanos do resto dos primates?
6) Como se chama o proceso que levou aos primates a converterse
en seres humanos?
31. 2. O PALEOLÍTICO: A CAZA E A RECOLECCIÓN
(V.V. PÁX. 158)
Coa aparición dos primeiros
seres humanos iniciouse o
primeiro gran período
prehistórico: o Paleolítico, que
significaba pedra vella. Neste
período sucedéronse épocas de
moito frío (glaciacións) con
etapas máis cálidas.
32. 2. O PALEOLÍTICO: A CAZA E A RECOLECCIÓN
2.1. SOCIEDADE DE CAZADORES-COLLEITEROS (V.V. PÁX. 158)
O ser humano apañaba froitos, pescaba e cazaba
para alimentárense. Como non producían
alimentos: eran depredadores.
Cazaban grandes mamíferos (bisontes, mamuts,
renos...) aínda que tamén atrapaban insectos,
réptiles e pequenos mamíferos.
Utilizaban a carne para comer, as peles para
abrigárense, os ósos para os instrumentos e os
tendóns para facer cordas.
Vivían ao abeiro de covas e abrigos ou en
cabanas construídas con paus, peles e barro.
Eran nómedes.
33. 2. O PALEOLÍTICO: A CAZA E A RECOLECCIÓN
2.2. UTILIZACIÓN DO LUME (V.V. PÁX. 158)
Hai 400.000 de anos, o Homo erectus debeu
descubrir o lume. Decatouse da súa utilidade e
esforzouse para mantelo vivo.
Posteriormente os neandertais aprenderon a
prender o lume, batendo dúas pedras (pedernal e
pirita de ferro) ou por rotación e fricción dun pau
sobre un tronco.
O lume serviu para quentarse, iluminar, cociñar,
asustar as feras...
34. 2. O PALEOLÍTICO: A CAZA E A RECOLECCIÓN
2.3. FABRICACIÓN DE INSTRUMENTOS (V.V. PÁX. 158)
É un dos signos de diferencia entre a especie
humana e o resto dos animais. Inicialmente
utilizaron pedras talladas (seixos, croios) para
conseguir gume cortante.
Logo utilizaron o sílex rocha dura que ao golpeala
rompe en láminas e produce unha aresta moi
afiada. Con ela fabricaban bifaces (ferramentes
cortadas por dúas caras).
Co tempo especializaron o tipo de ferramentas de
pedra: raspadeiras, puntas de lanza,
perforadores. Tamén utilizaron ósos e hasta de
animais para facer anzois, arpóns, agullas, arcos
ou propulsores.
38. Apartado 2
ACTIVIDADES
1)Que é o Paleolítico? Que significa que os
seres humanos eran depredadores e
nómades?
2)Que importancia tiña o dominio e
utilización do lume?
3)Explica como evolucionou a talla de
pedra durante o Paleólitico.
39. 3. O PALEOLÍTICO: ARTE DAS CAVERNAS
3.1. As primeiras crenzas relixiosas
As crenzas relixiosas nacen da
necesidade de dar unha explicación
aos misterios da vida, a morte, o
crecemento das plantas, a chuvia, o
sol.
Tentaron influír mediante cerimonias
rituais.
Ritos funerarios.
48. Na arte rupestre utilizábanse
técnicas moi variadas. Moitas
pinturas son monocromas,
dunha cor, pero tamén as hai
policromas, de cores vermella,
ocre ou negra. Algunhas están
delimitadas por un trazo externo
groso e outras aproveitan os
saíntes das rochas para dar a
sensación de volume.
49.
50.
51. Apartado 3
ACTIVIDADES
1)Cando e como os seres humanos
comezaron a soterrar aos mortos?
2)Que técnicas se utilizaron nas pinturas
rupestres? ¿Que cores predominan?
Explica o significado que se lles dá a
estas pinturas.
3)Que tipo de obras conforman a arte
mobiliar prehistórica? Explica as súas
características e o que representan.
52. 4. O NEOLÍTICO: A PRODUCIÓN DE ALIMENTOS
4.1. Introdución (V.V. PÁX. 160)
Hai uns 10.000 anos, nunha
zona do Oriente Próximo
regada polos ríos Tigris e
Eúfrates, coñecida como a
Crecente Fértil, iniciouse a
produción de alimentos. Esta
nova etapa da historia da
humanidade coñécese co nome
de Neolítico, que significa pedra
nova.
53.
54. 4. O NEOLÍTICO: A PRODUCIÓN DE ALIMENTOS
4.1. Agricultura e gandaría (V.V. PÁX. 160)
Aprenderon a cultivar cereais
(trigo, orxo, centeo...) e legumes
(lentellas, garavanzos,
chícharos).
Aprenderon a domesticar (can,
ovella, cabra, porco, aves...)
55. 4. O NEOLÍTICO: A PRODUCIÓN DE ALIMENTOS
4.2. Novos útiles e técnicas (V.V. PÁX. 160)
Apareceron novos instrumentos como a
fouce, a aixada, a machada, o muíño.
Unha técnica nova: a pedra puída.
A cerámica.
Tecidos: fuso e tear.
Xoias: minaría de pedras semipreciosas.
56.
57.
58.
59. 4. O NEOLÍTICO: A PRODUCIÓN DE ALIMENTOS
4.3. Difusión do Neolítico (V.V. PÁX. 160)
Dende a Crecente Fértil a través do Mediterráneo e
seguindo os cursos dos ríos centroeuropeos produciuse,
a partir do VII milenio a.C., a difusión por Europa das
novas técnicas, útiles e modos de vida propios do
período Neolítico.
Ademais da Crecente Fértil, tamén xurdíu en:
O val do Indo (India)
O val do Huang He (China)
Altiplanos de Centroamérica (México)
Cordilleira dos Andes (Perú)
60.
61.
62.
63.
64.
65. Animal Ano
a.C.
Lugar Animal Ano a.C. Lugar
Ovella 8.500 Iraq Asno 3.000 Exipto
Can 8.400 EEUU Camelo 3.000 Sur de
Rusia
Porco 7.000 Turquía Cabalo 3.000 Ucraína
Vaca 6.500 Turquía e
Grecia
Galiña 2.000 Paquistán
Verme
de seda
3.500 China Gato 1.600 Exipto
66. Apartado 4
ACTIVIDADES
1)Como se orixinaron a agricultura e
gandería?
2)Que cambios nos utensilios e nas
técnicas se experimentaron a partir do
Neolítico?
67. 4. O NEOLÍTICO: A VIDA NUNHA ALDEA
4.3. Çatal Hüyuk
Situada en Turquía, é unha das aldeas neolíticas máis
antigas do mundo (9.000 anos atrás). Abranguía máis
de 1.000 vivendas e cunha poboación entre 5.000 e
10.000 habitantes.
As casas estaban pegadas unhas a outras, sen rúas,
accedíase pola azotea. Estaban formadas por unha sala
que contiña o fogar e rodeada de habitacións máis
pequenas destinadas a almacéns.
Algunhas casas presentan habitacións moi decoradas
(pinturas e relevos de touro) asociadas a santuarios.
Nestes santuarios atopáronse unhas estatuíñas
elaboradas a miúdo con barro, que se semellan ás Venus
paleolíticas. Asócianse coa fertilidade.
68.
69.
70. 5. A IDADE DOS METAIS
5.1. Utilización dos metais (V.V. PÁX. 162)
A metalurxia iniciouse no
Oriente Próximo contra o V
milenio a.C.
O primeiro mineral coñecido foi o
cobre (5.000 a.C.), pero era moi
brando e os utensilios
deformábanse moi rapidamente.
71. 5. A IDADE DOS METAIS
5.1. Utilización dos metais (V.V. PÁX. 162)
Séculos máis tarde, algúns artesáns
comezaron a mesturar o cobre co estaño e
obtiveron o bronce (3.000 a.C.), un metal
duro e cortante que podía substituír á
pedra. Fabricáronse obxectos e armas
para os máis poderosos.
Cara o II milenio a.C. comezouse a
traballar o ferro, un metal excelente para
as armas e os utensilios agrícolas.
72. METALURXIA CRONOLOXÍA
Cobre 5.000 a.C. (Península Ibérica 3.000-
1.700 a.C.)
Bronce 3.000 a.C. (Península Ibérica 1.700-
1.000 a.C.)
Ferro 2.000 a.C. (Península Ibérica a partir
do 1.000 a.C.)
77. 5. A IDADE DOS METAIS
5.2. Elaboración dos metais (V.V. PÁX. 162)
Os primeiros útiles fixéronse golpeando os metais
(cobre) en frío. Pero a verdadeira metalurxia
aparece cando se empeza a utilizar a forxa. Ao
bater no metal aplicábaselle lume e calor o que
permitía modelalo mellor.
Unha nova fase comeza coa fundición
consistente en fundir o metal (bronce) e darlle a
forma desexada verténdoo en moldes.
Finalmente coa siderurxia (ferro) a tecnoloxía
fíxose máis complexa precisando de altas
temperaturas.
78. 5. A IDADE DOS METAIS
5.3. Artesáns e comerciantes (V.V. PÁX. 162)
A metalurxia era un traballo duro. Precisaba
de especialización. Foi, quizais, o primeiro
oficio polo que os artesáns recibían
alimentos a cambio dos seus produtos.
Foron aparecendo outros oficios (xoieiros,
ferreiros, ceramistas...).
A produción estimulou o comercio que
mellorou coa mellora nas técnicas de
navegación e o uso da roda.
80. 5. A IDADE DOS METAIS
5.4. Primeiras cidades (V.V. PÁX. 162)
As antigas aldeas neolíticas do Oriente Próximo
medraron considerablemente. Tiñan moitos edificios
e murallas para defenderse, convertéronse en
verdadeiras cidades.
Co desenvolvemento dos oficios especializados
aparecen os grupos sociais diferenciados e
determinadas persoas comezaron a acumular riqueza
e poder.
A existencia de terras cultivadas, rabaños ou obxectos
que podían ser roubados implicou a necesidade de
defensa fronte a pillaxe. Entre os guerreiros que
defenden as cidades nace un caudillo ou rei que
goberna a cidade.
81. 5. A IDADE DOS METAIS
5.5. O megalitismo (V.V. PÁX. 166)
En Europa a partir do V milenio a.C., nas sociedades
agrícolas máis avanzadas, os seres humanos erixiron
uns monumentos construídos con grandes lousas de
pedra que se denominan megalitos.
Grandes monumentos megalíticos atopanse
diseminados por Europa, pero os focos máis
importantes están na costa atlántica (onde destaca
Galicia) e no norte de África. Un dos monumentos
megalíticos máis importantes é o de Stonehenge, en
Gran Bretaña.
Existen diferentes tipos de megalitos: menhir,
dolmen e crómlech.
85. 5.5. MEGALITISMO
Menhir ou pedrafita (V.V. PÁX. 166)
Consiste nunha
gran pedra
cravada
verticalmente
sobre o chan.
Crese que
podían ser
conmemorativos
ou unha marca
territorial.
Lapa de Gargantáns (Pontevedra)
86.
87. 5.5. MEGALITISMO
Dolmen ou mámoa (V.V. PÁX. 166)
É unha cámara
formada por
grandes pedras
verticais que
sosteñen unhas
lousas de
cobertura. Servía
de sepultura
funeraria
colectiva.
88. 5.5. MEGALITISMO
Crómlech (V.V. PÁX. 166)
Formado por un
conxunto de
pedras verticais e
lousas horizontais
dispostas
formando un
círculo. A súa
función podería
estar relacionada
con algún culto
agrario ou solar.
90. Apartado 5
ACTIVIDADES
1) Que metais se comezan a usar a partir da idade dos
Metais?
2) Que cambios se produciron nas sociedades do Oriente
Próximo durante a idade dos Metais?
3) Que novas actividades se desenvolveron nas cidades de
Oriente Próximo?
4) Que inventos ou avances permitiron o crecemento do
comercio?
5) Onde e cando se erixiron as construcións megalíticas?
Explica que tipos existen e describe as funcións que
tiña.
91. 6. PREHISTORIA NA P. IBÉRICA
6.1. Paleolítico (V.V. PÁX. 170)
Presenza moi antiga. En Atapuerca (Burgos) atópanse os
restos humanos máis antigos de Europa. Estes poboadores
vivían en campamentos ao aire libre que se situaban sobre
todo nos socalcos dos ríos; as súas ferramentas era moi
toscas. Atópanse restos humanos de aproximadamente
800.000 anos de antigüidade, pertencentes a unha nova
especie o Homo antecessor.
Máis tarde a península estivo poboada por neandertais
que vivían en covas e abrigos, e comezaron a fabricar
ferramentas máis especializadas.
Na etapa final do Paleolítico, xa co Homo sapiens
sapiens, incorporáronse materiais como o óso ou a hasta,
máis doadamente manexables. Deste período son as
primeiras mostras de arte.
92.
93. Cronoloxía da prehistoria na Península Ibérica
Paleolítico 800.000-VII milenio a.C.
Neolítico VII milenio a.C.-3.000 a.C.
Idade de Cobre 3.000 a.C.-1.700 a.C.
Idade de Bronce 1.700 a.C.-1.000 a.C.
Idade de Ferro I milenio a.C.
94.
95.
96. 6. PREHISTORIA NA P. IBÉRICA
6.2. As pinturas rupestres (V.V. PÁX. 170)
A península Ibérica foi rica en arte rupestre.
Destacan dúas zonas: cantábrica e mediterránea ou
levantina.
Na zona cantábrica predomina a representación
naturalista de animais, normalmente illados e de
cores vivas. Salienta a cova de Altamira
(Cantabria), considerada unha das mellores do
mundo en pintura rupestre.
A zona mediterránea ou levantina aparecen escenas
de grupo cunha técnica máis esquemática, que
adoitan representar a vida cotiá (caza,
recolección...) e están pintadas cunha soa cor.
102. Aspectos Cantábrica Levantina
Cronoloxía A partir do 30.000
a.C.
A partir do 6.000
a.C.
Características
xerais
Naturalista Esquemática
Cores Policromada con
cores vivas
Monocromática
Exemplos de covas
e abrigos
Altamira, Tito
Bustillo, El Castillo
Valtorta, Cova da
Araña, Cogul
Temas Animais illados. Non
aparece a figura
humana
Escenas grupais
(danza, caza,
recolección).
Aparece a figura
humana
103. 6. PREHISTORIA NA P. IBÉRICA
6.3. O Neolítico. O Megalitismo (V.V. PÁX. 171)
As primeiras comunidades neolíticas apareceron na
península Ibérica cara o VI milenio a.C. Os
depósitos arqueolóxicos máis antigos deste período
localízanse na costa mediterránea e caracterízanse
pola presenza da chamada cerámica cardial.
O desenvolvemento do megalitismo na península
Ibérica comezou a finais do Neolítico e mantívose
durante boa parte da Idade dos Metais.
Estremadura, Galicia, País Vasco, Catalunya e
Andalucía son ricas neste tipo de monumentos.
108. 6. PREHISTORIA NA P. IBÉRICA
6.4. A Idade dos Metais (V.V. PÁX. 171)
Cara o III milenio a.C. estendeuse a metalurxia do
cobre. Salienta a cultura dos Millares (2.300 a.C.),
que se orixinou en Almería.
II milenio a.C., culturas coñecedoras da metalurxia
de bronce, como a do Argar (Almería) con
enterramentos individuais e casas de pedra e
adobe.
A idade de Ferro (I milenio a.C.) iniciouse coa
chegada de pobos colonizadores do Mediterráneo
(fenicios, gregos e cartaxineses) e celtas de
Centroeuropa.
109. Cronoloxía Culturas Localización
Idade de cobre (3.000-1.700 a.C.)
Difusión do megalitismo Galicia e Andalucía
Cultura do vaso campaniforme Centro, sur e
Mediterráneo
Os Millares Almería
Idade de bronce (1.700-1.000 a.C.) Cultura do Argar
Cultura Talaiótica (Taula, Naveta e
Talaiot)
Murcia, Granada e
Almería, costa de Málaga
Baleares (Mallorca e
Menorca)
Idade de Ferro (I milenio a.C.) Cultura do campo de urnas
Colonizacións mediterráneas e
Indoeuropeas (protohistoria):
Fenicios, Gregos, Cataxineses,
Íberos
Cultura castrexa
Toda a Península e
Mediterráneo
Noroeste peninsular
112. Apartado 6
ACTIVIDADES
1) Que antigüidade teñen os restos
humanos atopados en Atapuerca?
2) Cando chegou o Neolítico á Península
Ibérica? Que tipo de monumentos se
construíron?
3) Que culturas se desenvolveron durante
a Idade dos Metais? Onde xurdiron e
que características teñen?
113. 7. GALICIA NA PREHISTORIA
7.1. OS PRIMEIROS POBOADORES (V.V. PÁX. 172)
No Paleolítico atopamos restos arqueolóxicos en
antigos campamentos ao aire libre como en Toén
(Ourense), desembocadura do río Miño e nas
gándaras de Budiño (O Porriño-Pontevedra).
Tamén en Vilalba (Lugo) atopáronse ocupacións
máis recentes deste período con instrumentos de
sílex, cristal de rocha e outras pedras.
Os derradeiros grupos paleolíticos diversificaron os
seus recursos económicos e incorporaron á súa
dieta a inxestión de moluscos en grandes
cantidades. A acumulación das cunhas producen un
tipo de cimento arqueolóxico os cuncheiros.
117. 7. GALICIA NA PREHISTORIA
7.2. O NEOLÍTICO (V.V. PÁX. 173)
Ao principio do V milenio a.C. apareceu a
agricultura e máis a gandería.
Cultivábanse cereais como o trigo e o
millo miudo. Coidábanase animais como
o porco, a ovella e a cabra.
Durante o neolítico desenvolvéronse
dúas das manifestacións máis coñecidas
en Galicia: os petróglifos e os megalitos.
Ambas mantivéronse na Idade dos
Metais.
118. 7. GALICIA NA PREHISTORIA
7.2. OS PETRÓGLIFOS (V.V. PÁX. 173)
Constitúen a expresión máis característica da arte
rupestre galega. O petróglifo é un gravado feito
sobre as rochas de granito ao aire libre. Teñen
formas moi variadas. Predominan os temas
xeométricos como espirais e círculos
concéntricos, mais tamén aparecen motivos
zoomorfos ou antropomorfos sempre moi
esquematizados.
A maior parte concéntranse nas Rías Baixas
principalmente na de Pontevedra e Vigo, e, sobre
todo, en Campo Lameiro.
Na Coruña destaca a parroquia de Louro en
Muros.
120. Petroglifos
A Pedra da Boullosa
Campo Lameiro
(Pontevedra)
Coto das Sombriñas
Tourón-Ponte Caldelas
(Pontevedra)
121. 7. GALICIA NA PREHISTORIA
7.2. MEGALITISMO (V.V. PÁX. 172)
A cultura megalítica coñecese sobre
todo pola súa arquitectura. Aos
menhires en Galicia chamámoslles
“pedras fitas” mentres que aos
sepulcros ou dolmens lles chamamos
“mámoas”. Os máis frecuentes
constan dunha cámara (“anta”) que
se recubría cun túmulo circular
formado por terras e pedras.
127. 7. GALICIA NA PREHISTORIA
7.3. A METALURXIA EN GALICIA (V.V. PÁX. 172)
A partir do II milenio a.C. desenvólvese a Idade
de Bronce. A riqueza mineral de Galicia,
principalmente en estaño, favorece a chegada de
buscadores de metais que difundiron a
metalurxia.
Xurdiron moitos focos mineiros e fabricaron
moitas ferramentas de metal e inícianse trocos
comerciais con Bretaña (Francia), Cornualles
(Inglaterra), Portugal e outras civilizacións do
Mediterráneo.
Aparecen moitas alfaias destacando o Tesouro de
Caldas de Reis con numerosas pezas de ouro.
129. Caso de Leiro (Rianxo)
Museo Aqueolóxico Provincial
Castelo de San Antón (A Coruña)
130. Apartado 7
ACTIVIDADES
1)Cales son os principais tipos de
megálitos galaicos? Cal é o
significado da palabra
petróglifo?
2)Que sucedeu durante a Idade
do Bronce en Galicia?
147. Fibelas para o cinto
Fíbulas para unir a vestimenta
Torques para o pescozo
e brazos
148. 8. GALICIA ENTRA NA HISTORIA
8.1. A CHEGADA DOS CELTAS (V.V. PÁX. 220)
As primeiras novas escritas sobre a historia de Galicia
proceden dos historiadores gregos e romanos.
Sinálannos que os habitantes da nosa terra se chamaban
oestrimnios. Escriben, así mesmos, que despois
chegaron os saefes ou homes serpes.
Os primeiros (oestrimnios) serían os pobos indíxenas
que habitaban Galicia a comezos do primeiro milenio
a.C.
Os segundos (saefes), os pobos centroeuropeos, polo
xeral chamados celtas, asentáronse no noroeste
peninsular ao redor do século VI a.C. O contacto
entrambos os dous pobos deu orixe á cultura castrexa.
149. POBO LOCALIZACIÓN XEOGRÁFICA APROXIMADA
ALBIÓNS val do Navia-Eo
ARRÓNS Ortegal-Viveiro
ÁRTABROS (ou Arrotrebas) ría de Ferrol-Betanzos-A Coruña
BAEDIOS Betanzos
BÍBALOS val do Búbal-O Bolo
BRIGANTINOS Bergantiños
CAPOBOS (ou Coporos) entre Padrón e Lugo
CÉLTICOS entre Tambre e Begantiños
CIBARCOS (ou Cabarcos) vales do Masma e o Eo
CILENOS Caldas de Reis-Cuntis
COELERNOS val de Arnoia-Celanova
EGOVARROS-NAMARINOS val do Masma-serra de Meira?
GROVIOS Tui-Baiona
IADONES (ou Iadobes) Ortegal-Bares-Fazouro
LAPATIENCOS ría de Ferrol-Ortigueira
LEMAVOS Terra de Lemos
LÍMICOS Limia
NERIOS Fisterra-Terra de Soneira
POEMANOS Lugo?
PRAESTAMARCOS Barbanza
SEURROS TRANSMINIENSES Alto Ulla-Sarria-Becerreá
SUPERTAMARCOS val do Tambre-Noia
SUSARROS Courel-Cebreiro
TAMAGANOS Monterrei-Val do Támega
POBOS CASTREXOS
LOCALIZACIÓN
APROXIMADA
151. 8. GALICIA ENTRA NA HISTORIA
8.2. OS CASTROS GALAICOS (V.V. PÁX. 222-225)
A manifestación máis enxebre da cultura castrexa é o
castro. Os castros celtas son poboados situados en
montes e cantís qu normalmente teñen un acceso
complicado. Están trazados con escaso sentido
urbanístico e adoitan estar defendidos por foxos e
sólidas murallas.
Consérvanse restos de moitos castros en toda Galicia:
Sta. Tegra (A Guarda), Viladonga (Castro de Rei),
Baroña (Porto do Son), Borneiro (Cabana), Fazouro
(Foz) ou Elviña (A Coruña).
As súas casas son de estrutura circular ou
rectangular, construíanse con pedra e tiñan teito
cónico de palla e porta de madeira. Fóra dispoñína de
almacén, forno e muíño de auga; o gando atábase ás
paredes da casa.
167. 8. GALICIA ENTRA NA HISTORIA
8.3. AS ACTIVIDADES ECONÓMICAS (V.V. PÁX. 222-225)
A economía castrexa era fundamentalmente agrícola e gandeira:
cultivaban cereais, como o paínzo, o centeo, o trigo, e
leguminosas como fabas e chícharos. Coidaban de animais como a
ovella, o porco, a cabra, a vaca e o cabalo.
Complementaban estas actividades coa caza, pesca e o marisqueo
nas rexións costeiras
A actividade mineira era moi importante. Ademais do tradicional
estaño e chumbo extraían ferro, unha das principais contribucións
celtas, e metais preciosos coma o ouro.
A riqueza mineira alentou o comercio con fenicios e cartaxineses,
no sur da Península Ibérica e con outros pobos célticos das costas
atlánticas de Francia e Inglaterra. Os intercambios realizáronse
empregando o sistema de troco.
168. 8. GALICIA ENTRA NA HISTORIA
8.4. ARTE E CRENZAS RELIXIOSAS (V.V. PÁX. 225)
A destreza no traballo dos metais permitiu a
elaboración de xoias, como torques,
diademas, brazaletes que forman parte da
ourivaría castrexa.
As crenzas relixiosas eran moi
diversificadas. Dábaselles culto ás
divinidades protectoras dos animais e
outras relacionadas coa guerra, os montes,
a auga, os bosques e as encrucilladas de
camiños. Os pobos galaicos non coñecían a
escritura, aínda que deles temos novas a
través de historiadores clásicos.
169. Torque de Xanceda (Oroso)
Estatua sedente
(Xinzo de Limia)Diadema de Ribadeo
171. Apartado 8
ACTIVIDADES
1) Cales é a orixe dos pobos galaicos?
2) De onde procede o nome co que se
coñece a súa cultura?
3) Como era a súa economía?
4) Cal é a súa manifestación artística
máis coñecida?