SlideShare a Scribd company logo
1 of 168
A arte Barroca
Fernando Casas y Novoa
Fachada do Obradoiro da
Catedral de Santiago (1749)
Características do Barroco
Cronoloxía e características
• O Barroco tivo a súa orixe en Italia, no
s. XVII. Expandiuse por Europa e
América, cun desenvolvemento
desigual que alcanza ata a primeira
metade do s. XVIII.
• Non foi un movemento artístico, senón
que abrangueu moitos ámbitos da vida
e da cultura (música, literatura, teatro...)
Características do Barroco
Orixe do termo
• A palabra “barroco” aparece no século XVIII
con certo sentido pexorativo. A valoración
desta arte considérase absurda e grotesca
que nunca debería ser aplicada.
• O “bo gusto” está na arte clásica. Naquela
que se adapta ás regras estéticas da
arquitectura antiga procedente de Grecia e
Roma.
Procede da
palabra
portuguesa
barrueco
(perlas
deformes)
Arte
desproporcionado,
caprichoso,
truculento
Distorsión dos valores
Clásicos:
a) Movemento das formas.
b) Expresión dos sentimentos.
c) Desequilibrio.
Valores clásicos Valores barrocos
O Barroco nace como oposición ao Renacemento
Equilibrio Inestabilidade
Serenidade Movemento
Formas pechadas Formas abertas
Idealización Realismo expresivo
Moderación Esaxeración
Contexto
Concilio de Trento: o barroco
como propaganda da
Contrarreforma
Absolutismo: o barroco
como propaganda do
poder da monarquía
Roma capital da arte
Características do Barroco
Unha nova estética: resumo
• Fronte ao racionalismo e clasicismo (equilibrio e
simetría) renacentistas, o Barroco propón novos
valores estéticos:
• Movemento e complexidade (utilización de liñas
curvas, cóncavas e convexas).
• Predominio da luz e a cor, máis que o debuxo.
• Realismo nas representacións fronte o idealismo
renacentista. Preténdese exaltar sentimentos e
emocionar ou sorprender ao espectador.
• Gusto polo escénico e simbólico. Moitas veces, a
obra de arte preséntase como un decorado teatral
que pretende introducir ao observador no mundo de
sentimentos e das sensacións.
Escena: o anxo fere a
santa Teresa coa frecha
do amor divino
A familia que encarga a
capela observa a escena
desde unha tribuna
Bernini: Éxtase de Santa Tereixa, 1652.
É o exemplo máis claro de escenografía
Barroca, realizado na capela lateral da igrexa
De Santa Mª da Vitoria (Roma)
Características do Barroco
Arte de propaganda relixiosa
• A Igrexa católica, tras o Concilio de Trento,
encontrou nos artistas barrocos eficaces
propagandistas do novo espírito da
Contrarreforma.
• A representación de milagres, éxtases místicos,
martirios... Debían suscitar a fe e a piedade dos
fieis.
• As igrexas, fastosas na súa decoración,
representaban a antesala do ceo.
• Todo o divino se rodeaba de grandeza e
esplendor.
Praza de San Pedro do Vaticano.
Bernini. Simboliza o abrazo
da Igrexa aos seus fieis
A Igrexa do Gesù de Roma,
iniciada en 1568, foi un
modelo de igrexa para
os arquitectos barrocos
dos países católicos
Características do Barroco
Arte ao servizo do poder
• O Barroco tamén é a época das monarquías absolutas.
• Os pintores e escultores representaron a magnificencia
dos monarcas absolutos (Francia, Italia, España...).
• Os arquitectos deseñaron suntuosas mansións que eran o
reflexo do poder real.
• Os edificios rodeábanse de verdadeiros escenarios
constituídos por xardíns, prazas, escalinatas e fontes.
• Na Europa protestante e burguesa (Países Baixos e
Alemaña), a estética e os temas foron moi diferentes.
• A burguesía comerciante afianzara o seu poder
económico e encargaba obras de arte. Os clientes
burgueses pedían obras máis intimistas, que reflectían
a vida cotiá (retratos, temas domésticos, flores...).
Palacio de Versalles
(2ª m XVII)
a) Nome: Palacio de Versalles
b) Autor: Louis Le Vau (1612-1670),
André Le Nôtre (1613-1700), Mansart (1646-1708)
a) Cronoloxía: 1661-1708
b) Tipoloxía: palacio
c) Material: pedra, mármore e espellos
d) Estilo: Barroco
e) Localidade: Versalles
Residencia Real Residencia dos PríncipesDependencias ministeriais
Palacio de Versalles
(2ª m XVII)
Palacio de Versalles
(2ª m XVII)
Comentario:
•Descrición formal: consta de dúas fachadas: a principal, orientada
ao centro da cidade, e unha traseira, que se abre aos xardíns.
Fachada de máis de 600 m de longo. Estrutura: tres niveis en altura:
basamento, corpo principal, que se caracteriza pola repetición de
pilastras e columnas xónicas de orde colosal que enmarcan
grandes ventás; e o ático, coroado por trofeos.
•Seguindo o modelo francés, o interior articúlase ao redor dunha
escaleira no corpo central do palacio, lugar onde se achan as
habitacións do rei e da raíña. Neste corpo destaca a célebre galería
dos espellos, un espazo rectangular de 75 m de longo, decorado
con pinturas e lámpadas de cristal, no que se contrapoñen as
grandes ventás que dan ao xardín cos enormes espellos que
reflicten a luz solar e a das velas.
•O resto do edificio é unha serie de salóns dispostos en fila e
profusamente decorados. A á esquerda destinábase a residencia de
príncipes e nobres, e a á dereita, ás oficinas dos ministerios. Unida
a este corpo destaca a capela real construída por Mansart, un dos
exemplos máis destacados do barroco tardío.
•Contorna e integración urbanística: todo unitario (edificio e xardíns
(deseñados por Le Nôtre).
•Función, contido e significado: exaltación da monarquía absoluta.
Centro universal do poder, carácter divino, identificábase co rei Sol.
•Modelo e influencias: creouse por mor da ampliación dun antigo
palacio do rei Luís XIII, e converteuse non só nun novo modelo
urbanístico e arquitectónico, senón tamén no máximo
representante do Grand Siècle francés.
•Modelo de todos os palacios europeos. En España o Palacio de
Oriente de Madrid e palacio de Aranjuez.
Palacio de Versalles Parterre
deseñados por Le Nôtre (2ª m XVII)
Palacio de Versalles
(2ª m XVII)
Palacio de Versalles
(2ª m XVII). Galería
dos Espellos
Palacio de Würzburg
(1ª m XVII). Neumann
(escaleira) e Tiepolo
(pintura ao fresco)
Velázquez.
Felipe III a
cabalo. 1636
O cabalo rampante.
Símbolo da marca
Ferrari
Jan Steen.
Adolf Croeser
e a súa filla
Catharina.
1655
Vermeer. A
canella. 1657
O Barroco
en Europa
A arquitectura barroca
• Interese por dotar ao edificio de movemento.
• Os cornixamentos curváronse (cóncavo-convexo)
• Os frontóns partíronse creando curvas, contracurvas e
espirais.
• A planta do edificio tamén incorpora formas elípticas ou
ovais.
• Este dinamismo efectuouse mediante efectos de luz e
sombra, nunha exuberancia decorativa, os muros e as
columnas (columna salomónica).
• Elevación impresionante das cúpulas.
• Os grandes arquitectos son Bernini e Borromini
converteron Roma na capital do Barroco, deseñando
igrexas, prazas e fontes que transformaron a cidade.
• En París e outras capitais europeas construíronse enormes
palacios e mansións, como Versalles (Le Vau, Mansart e
Le Nôtre)
O modelo de igrexa
barroca presenta unha
nave única, cúpula sobre o
cruceiro e as naves laterais
convertidas en capelas
separadas.
Na fachada proliferan as
liñas curvas para dar
sensación de movemento
Interior da Igrexa do Gesù de Roma
Modelo para outros arquitectos dos países
católicos. (2ª m. XVI
Dourados
Bóvedas
con fresco
Mármores
Fachada e columnata de San
Pedro do Vaticano.
Carlo Maderno e Bernini. (1656-1667)
Comentario:
•Descrición formal: estrutúrase en dous espazos: un de forma
trapezoidal, denominado piazza recta, e outro elíptico, coñecido
como piazza obliqua.
•Na piazza obliqua Bernini creou unha columnata de orde dórica
disposta en catro fileiras cunha maior separación no centro e
presidida nos seus extremos por dous frontóns triangulares de
orde clásica.
•A piazza recta vai diminuíndo en altura a medida que se achega á
fachada proxectada por Carlos Maderno. Esta oculta a cúpula de
Miguel Anxo restándolle frontalmente importancia.
•Contorna e integración urbanística: ambas as dúas prazas crean
un espazo que permite aos fieis ver ao Papa cando dá a bendición.
•A creación en 1929, da Vía della Conciliazione permite visualizar a
praza coa basílica de San Pedro ao fondo, coroada pola gran
cúpula.
•Función, contido e significado: a horizontalidade da fachada
restaba protagonismo ao conxunto basilical. Para salientala
suxeríuselle a Bernini a construción dunha praza coa finalidade de
resolver a pouca altura da fachada e de acoller o maior número
posible de fieis.
•O corredor central do bosque de columnas serve como acubillo. A
escenografía propia do barroco pretendía provocar emoción nos
fieis.
Columnata de San
Pedro do Vaticano.
Bernini. (1656-1667)
Fachada e columnata de San
Pedro do Vaticano.
Carlo Maderno e Bernini. (1656-1667)
Fachada e columnata de San
Pedro do Vaticano.
Carlo Maderno e Bernini. (1656-1667)
Proxecto co terzo braccio
Proxecto levado á práctica
Vanvitelli. 1ª m. XVIII
Imaxe de San Pedro principios do XX
Imaxe de San Pedro principios do XX
Imaxe de San Pedro
principios do XX
Proxecto de apertura da Vía della Conciliazione 1929
Imaxe actual da Vía della Conciliazione
ao fondo a basílica de San Pedro
Imaxe actual da Praza de San Pedro
e Vía della Conciliazione
Baldaquino da basílica de san Pedro
Bernini (1/3 XVII)
Bronce
Comentario:
•Descrición formal: é un
ciborio monumental, con
catro columnas salomónicas
culminadas en dosel; forxado
en bronce macizo negro e
sobredourado. Situado no
centro do cruceiro de la
Basílica de San Pedro
directamente baixo a cúpula.
Este colosal elemento
combina elementos
escultóricos e
arquitectónicos e alberga
baixo o seu dosel o altar
maior da basílica, que a súa
vez sitúase sobre a cripta na
que está situada tumba do
apóstolo San Pedro.
Baldaquino da basílica de san Pedro
Bernini (1/3 XVII)
Bronce
Cátedra de San Pedro
Bernini (1658-1666)
Madeira policromada,
alabastro, bronce
Comentario:
•Descrición formal: elaborada á vez que a
execución das obras da praza de San Pedro. É a
exaltación dun trono de madeira que a
cristiandade identifica como a cátedra do primeiro
bispo de Roma: San Pedro.
•A cadeira-cátedra realmente non era propiedade
de San Pedro senón que data do século IX, de
época paleocristiá e foi un agasallo de Carlos O
Calvo (neto de Carlomagno ao Papa Xoán VIII.
•A suposta reliquia de San Pedro está encaixada
nunha cadeira de bronce do altar envolvida en
nubes douradas e flanqueada por castro
esculturas en bronce: San Ambrosio, San
Agostiño, Santo Atanasio e San Xoán Crisóstomo
(pais da Igrexa).
•Un anxos de madeira elevan a tiara. Na parte
superior móstrase a representación do Espírito
Santo.
•Contorna: situado na ábsida da Basílica.
Compuxo a cátedra como foco de atención en
relación directa co baldaquino xigante.
•Función, contido e significado: simboliza a
autoridade do papado na que conflúen a tradición
histórica e a mística da luz do Espírito Santo.
•Predominio do Papa e da igrexa católica fronte a
extensión do protestantismo.
•Influencia: moitos retablos de igrexas barrocas.
Praza Navona
Antigo estadio de Roma
de Domiciano
Praza Navona
Gaspar Van Wittel
1699
Praza Navona
Fonte dos catro ríos
Bernini (2ª m XVII)
Praza Navona
Sta. Inés da Agonía
Borromini (2ª m XVII)
San Carlo alle Quattro Fontane
Borromini. 1634-1667
Ladrillo e estuco
Comentario:
•Descrición formal: Borromini estrutura a fachada
da igrexa en dous pisos. Cada un divídese en tres
rúas a partir dunha combinación de columnas de
orde colosal. Ambos os dous corpos atópanse
separados por un entaboamento que reproduce a
ondulación (xogo de cóncavos e convexos)
creada entre a rúa central e as laterais.
•No piso inferior destaca o nicho coa imaxe de
San Carlos Borromeo acompañado doutros
santos nos laterais. No piso superior sobresae o
medallón sostido por anxos que rompe o
entaboamento. Tanto o medallón como as
columnas colosais potencian a sensación de
verticalidade.
•No interior o arquitecto transforma a planta
cruciforme nunha planta pseudoelíptica (liñas
cóncavas e convexas xogan nas súas paredes).
Planta que pode definirse a partir dun espazo
central octogonal de costados ondulados, ao que
se lle engadiron dous elementos semicirculares
(vestíbulo e capela maior) no seu eixe
lonxitudinal.
•En alzado 16 columnas de orde composta
habilitan portas, nichos e capelas que soportan
un entaboamento que soportan catro bóvedas de
cuarto de esfera que cobren as capelas principais.
Comentario:
•Descrición formal: entre elas articúlase catro
cunchas que soporta unha cúpula ovalada,
decorada con casetóns xeométricos (octógonos,
cruces, hexágonos) reducindo o tamaño seguindo
a lei da perspectiva. Iso aumenta a sensación de
espazo interior.
•Contorna e integración urbanística: o solar que
ocupa o pequeno convento de San Carlo é un
punto clave do urbanismo romano. Nas esquinas
da cofluencia de rúas, dispuxéronse as catro
fontes que dan nome ao lugar.
•Función, contido e significado: foi construída no
monte do Quirinal (un dos sete outeiros de Roma)
para orde española dos Trinitarios Descalzos,
austera e pobre congregación monástica, cuxa
principal dedicación era a de obter fondos para
liberar aos cristiáns cativos dos musulmáns.
•A igrexa e o claustro (1638-1641) foron a primeira
obra do arquitecto en solitario e a fachada (1665-
1667), a derradeira da súa carreira.
Comentario:
•Modelos e influencias: os traballos últimos de
Miguel Anxo. Tamén se relaciona a fachada co
templo romano de El Deir en Petra (Xordania) s. II
d.C., que Borromini podería ter visto debuxada ou
gravada.
•O sistema de empequenecer os casetóns na
cúpula foi copiado do Panteón de Roma. A
artificialidade e o dinamismo de San Carlos
supoñen un exemplo maxistral para outras obras
barrocas.
Templo
de El Dair
Panteón de Roma
Fontana di Trevi
Nicola Salvi.
2ª m. XVIII
Roma
Arquitectura barroca
España
• Contou co gusto dos que encargaban as obras
(igrexa, monarquía, nobreza), como a xente do
común.
• Construíronse conventos e igrexas,
modificáronse numerosas capelas nas catedrais
e rematáronse edificios de anteriores estilos con
espectaculares fachadas barrocas.
• No século XVIII o barroco fíxose aínda máis
recargado e espectacular.
• Na arquitectura civil, as obras tiñan estruturas
máis regulares e equilibradas, como as prazas
maiores.
• Este estilo expandiuse por América.
Arquitectura barroca
España
SÉCULO ARQUITECTOS
XVII
Juan Gómez de Mora
Alonso Cano
Francisco Bautista
XVIII
Irmáns Churriguera
Fernando Casas y
Novoa
Pedro de Ribera
Retablo da igrexa de Santo Estevo
José Benito Churriguera (1693-1696)
(Salamanca)
Madeira con dourados
Comentario:
•Descrición formal: esta obra monumental inicia a
exuberancia das formas barrocas que tanta fama
deu á familia dos Churriguera, como demostra o
feito de que ás obras dun desbordante
decorativismo se lles dá o nome de
churriguerescas.
•O retablo inscríbese nos chamados retablos
unitarios que rompen coa tradición dos retablos
barrocos estruturados en pisos e rúas, con
preponderancia dos relevos escultóricos.
•Aquí o autor compón unha gran máquina
arquitectónica coa utilización de seis columnas
salomónicas no tramo central, que só se separan
para colocar o tabernáculo ou expositor do
Santísimo e nos extremos para introducir dúas
tallas escultóricas coas figuras de Santo Domingo
de Silos e San Francisco de Asís.
•Contorna: integración na ábsida, simbiose entre
gótico da igrexa e barroco da fábrica do retablo.
Na parte superior remata cun cadro de Claudio
Coello.
•Función, contido e significado: os dous
protagonistas principais son o lenzo (martirio de
San Estevo), e o sagrario (exaltación da
Eucaristía).
•Modelos e influencias: Bernini coa súa cátedra e
baldaquino de San Pedro. Terá moita influencia
noutros retablos barrocos.
Real Hospicio do Ave María
Pedro de Ribera (1ª m. XVIII)
Madrid
Praza Maior de Madrid
Juan Gómez de Mora (1620)
Foi reformada en 1672 e 1790
Praza Maior de Madrid
Juan Gómez de Mora (1620)
Foi reformada en 1672 e 1790
Francisco Rizi.
Auto de fe (1680)
Lorenzo Quirós
Ornato da Praza Maior con motivo da entrada de Carlos III en Madrid (1760)
Praza Maior de Madrid
Juan Gómez de Mora (1620)
Imaxe da Casa da Panadería
Comentario:
•Descrición formal: en 1617, Felipe III confiou a finalización deste
espazo a Juan Gómez de Mora. Para iso concibiu a praza como un
recinto regular que rompía coa trama urbana circundante e que
dispoñía para o seu acceso de tres entradas baixo arcos e seis
descubertas.
•O arquitecto, respectou a situación da Casa da Panadería e
dispuxo bloques de vivendas de cincos pisos de altura encima
dos baixos con arcadas, os cales eran destinados ao uso dos
mercadores.
•Máis adiante, e coa vontade de pronunciar a uniformidade da
praza tamén se proxectou a Casa da Carnicería, seguindo o estilo
da anterior e situándose fronte a ela.
•A praza quedou destruída polo lume en tres ocasións e o seu
actual aspecto (1790), realizado por Juan de Villanueva que
rebaixa a altura dos edificios e se pechaban as rúas abertas ao
recinto con grandes arcos de acceso.
•Contorna: aséntase na antiga praza do Arrabal, un dos principais
focos comerciais situado extramuros do recinto medieval.
•No momento que a cidade foi elixida como sede da corte e
capital, Felipe II encargou o deseño dunha auténtica praza maior a
Juan de Herrera para que respondese a un criterio de praza
regular.
•Función, contido e significado: lugar de reunión e centro de
espectáculos públicos (mercado, touros, representación teatrais,
autos de fe, actos de beatificación e canonización de santos)
•Modelos e influencias: influíu en outras prazas maiores en
España como por exemplo a de Salamanca.
Praza Maior de Salamanca
Alberto de Churriguera (1756)
Praza Maior de Salamanca
Alberto de Churriguera (1756)
Arquitectura barroca
Galicia: etapas
• Distinguimos catro etapas:
1. 1ª metade do XVII. Continuación da arquitectura
clasicista anterior, sobria e severa, influxo
herreriano e manierista. Destacan Fernández
Lechuga e González Araújo.
2. 2ª metade do XVII. Exuberancia e ornato do
barroco. Destacan: Melchor de Velasco, Peña
de Toro e Domingo de Andrade.
3. 1ª metade do XVIII. Barroco de placas: Casas y
Novoa e Simón Rodríguez.
4. Mediados XVIII. Triunfo do Rococó: Clemente
Fernández Sarela e Lucas Ferro Caaveiro.
Arquitectura barroca
Galicia: características
a) Material: granito é practicamente o único
material utilizado. Ás veces aparece a lousa
(escasa).
b) Planta (XVII): b.1. dunha sola nave, con capelas
laterais (referencia Il Gesú de Roma) tipo
xesuítico. Modelo da Contrarreforma. b.2. cruz
latina con tres naves de tradición medieval. b.3.
dunha sola nave, cabeceira recta e sen capelas
laterais.
• XVIII: plantas curvas (Peregrina de Pontevedra)
ou (capela da Virxe dos Ollos Grandes da
Catedral de Lugo).
c) Fachadas de tres tipos.
Peche cabeceira da catedral
de Santiago
Peña de Toro
(2ª m. XVII)
Baldaquino da Catedral de Santiago
Domingo de Andrade
(2ª m. XVII)
Torre Berenguela
Domingo de Andrade
(2ª m. XVII)
Escaleiras Sto. Domingos de Bonaval
Domingo de Andrade
(2ª m. XVII)
Casa da Parra
Domingo de Andrade
(2ª m. XVII)
Fachada do Obradoiro
Fernando Casas y Novoa
(1ª m. XVIII)
Debuxo da portada
de Vega e Verdugo
1657
Comentario:
•Descrición formal: esta fachada-retablo do Obradoiro concebiuse
como un pano ornamental para protexer o pórtico da Gloria.
•Para iso o arquitecto expuso unha portada de granito articulada en
tres rúas cun claro dinamismo ascensional e con amplas ventás
que alixeiran o conxunto e que proporcionan a luz suficiente como
para apreciar as tallas do pórtico e as naves da igrexa románica.
•O corpo central da portada elévase un pouco máis que o resto.
Culmina cunha fornela que contén o grupo escultórico de Santiago
e dous reis aos seus pés que simbolizan a monarquía española. Na
basa da fornela podemos observar a tumba do apóstolo en relevo.
•Contorna e integración urbanística: culminou a remodelación
urbanística da praza do Obradoiro que se ía levando a cabo dende o
s. XVI coa construción dun Hospital Real e do novo claustro da
Catedral.
•Función, contido e significado: o seu nome débese á prolongada
presenza que, na praza que hai fronte á Catedral, tiveron os
obradoiros de canteiros que traballaban na remodelación barroca
impulsada polo coéngo e arquitecto José Vega e Verdugo en 1658.
•Este propuxo sobrepoñer un corpo barroco en toda a extensión
visible do edificio, que acollese ao peregrino á vez que pretendía
enriquecer o interior cun gran baldaquino sobre a tumba do
apóstolo.
•Función, contido e significado: a fachada-retablo demostra a
influencia que exerceron os gravados sobre arquitecturas efémeras
nos artistas coetáneos deste período artístico.
•Influencia que tiveron os tratados manieristas flamengos e
nórdicos no emprego de bloques prismáticos, cornixas con volutas
e esferas como punto de apoio.
Fachada das Capuchinas
Fernando Casas y Novoa
(1ª m. XVIII)
A coruña
Capela da Virxe dos Ollos Grandes
Catedral de Lugo
Fernando Casas y Novoa
(1ª m. XVIII)
Lugo
Fachada das Clarisas
Simón Rodríguez
(1ª m. XVIII)
A coruña
San Fiz Solovio
Simón Rodríguez
(1ª m. XVIII)
A coruña
Capela da Peregrina
Antonio Souto
(2ª m. XVIII)
Pontevedra
Casa do Deán
Clemente Fdez. Sarela
(2ª m. XVIII)
Santiago
Casa do Cabildo
Clemente Fdez. Sarela
(2ª m. XVIII)
Santiago
Concello de Lugo
Lucas Ferro Caaveiro
(2ª m. XVIII)
Lugo
A escultura barroca
• Movemento.
• Naturalismo.
• Liñas curvas que pretenden crear
inestabilidade, coma se os personaxes fosen
capturados nun momento fugaz da acción.
• Roupaxes con numerosas dobras contribúen a
dar maior dinamismo.
• O mármore e o bronce foron os principais
materiais utilizados.
• Temas relixiosos e mitolóxicos.
• O escultor máis representativo é Bernini, que
influíu en numerosos artistas, como o francés
Girardón.
Éxtase de Sta. Teresa
Bernini
(1ª m. XVII)
Sta. Mª da Vitoria (Roma)
Escena: o anxo fere a
santa Teresa coa frecha
do amor divino
A familia que encarga a
capela observa a escena
desde unha tribuna
Bernini: Éxtase de Santa Tereixa, 1652.
É o exemplo máis claro de escenografía
Barroca, realizado na capela lateral da igrexa
De Santa Mª da Vitoria (Roma)
Éxtase de Sta. Teresa
Bernini
(1ª m. XVII)
Sta. Mª da Vitoria (Roma)
Éxtase de Sta. Teresa
Bernini
(1ª m. XVII)
Sta. Mª da Vitoria (Roma)
Comentario:
•Descrición formal: mostra do Theatrum sacrum, o espazo adquire
un carácter escenográfico moi pronunciado, no que se acolle un
espectáculo sacro a medio camiño entre o espiritual e terreal.
•Sobre un altar situado no centro da capela, represéntase o grupo
principal da escena, un anxo retirando a seta candente que cravou
no peito de Santa Teresa, que, reclinada sobre nubes,
experimenta unha sensación de dor e pracer que simbolizan o
amor divino.
•Para representar a éxtase mística de Sta. Teresa, Bernini esculpe
un rostro con ollos pesadamente pechados e boca entreaberta
despois de recibir o lume divino de mans dun anxo riseiro de
xestos contidos.
•A convulsión interna da santa tamén se plasma nos pregues
abundantes e expresivos do seu hábito, cos cales realiza un xogo
de volumes e claroscuros que outorgan un dinamismo á escena.
O artista consegue ademais pronunciar o movemento a través do
cruzamento de diagonais que crean as dúas figuras formando
unha composición en aspa.
•A luz cenital situada no prosecenio ilumina de forma natural o
grupo escultórico converténdose nunha luz divina grazas aos
raios de bronce situados encima do grupo.
•Nas paredes laterais sitúanse relevos marmóreos que
representan palcos en perspectiva onde se asoman os membros
da familia doante.
•Temática: representa a transverberación de Sta. Teresa, unha das
experiencias de éxtase ou unión mística con Deus narrada no
Libro da vida de Sta. Teresa de Xesús, escritora mística e
fundadora da orde das Camelitas Descalzas.
•Modelos e influencias: influíu en moitas obras tanto do Barroco
como outros estilos posteriores como o de Dalí.
David
Bernini
(1ª m. XVII)
Comparativa do David de Donatello, Miguel Anxo e Bernini
Apolo e Dafne
Bernini
(1ª m. XVII)
Apolo e as nifas
Girardon
(2ª m. XVII)
Versalles
Escultura barroca
España
• Continuou o camiño trazado no
Renacemento.
• Empregaba a madeira policromada e
dominaba o tema relixioso coa
realización de retablos para igrexas e
imaxes para as procesións.
• O realismo alcanzou na imaxinaría
proporcións verdadeiramente
dramáticas caras consumidas, signos
de dor e sufrimento.
Escultura barroca
España
SÉCULO ESCULTORES
XVII
Gregorio Fernández
J. Martínez Montañés
Alonso Cano
Pedro de Mena
XVIII
José de Churriguera
Narciso Tomé
Francisco Salzillo
Cristo xacente
Gregorio Fernández
(1ª m. XVII)
Valladolid
Piedade
Gregorio Fernández
(1ª m. XVII)
Valladolid
Inmaculada Concepción
Alonso Cano
1655
Granada
Madalena penitente
Pedro de Mena
1664
Granada
Oración na horta
Salzillo
(2ª m. XVIII)
Murcia
Galicia
Inmaculada
Retablo da igrexa do
mosterio de Samos
Francisco Moure
(1ª m. XVII)
Cadeira do coro de San Martín Pinario
Mateo de Prado
(2ª m. XVII)
Galicia
A pintura barroca
características
• Realista.
• Predominio da cor sobre o
debuxo.
• Preocupación pola luz.
Claroscuro.
• Movemento nas composicións.
A pintura barroca
características nos países católicos
• Os clientes son a Igrexa,
realeza e nobreza.
• Temática relixiosa,
mitolóxica e cortesá
continuou predominando.
• Destacamos: Italia, Francia,
Flandes e España.
A pintura barroca
características nos países católicos: Italia
• Destacou Michelangelo Merisi di Caravaggio
que traballou case sempre en Roma. Creou o
tenebrismo, un estilo que se caracterizou
polo contraste violento entre fondos escuros
e os focos de luz, e que tivo moitos
seguidores.
• Outra corrente estivo ligada ao clasicismo
renacentista, con cadros de paisaxes. Tamén
se continuou cultivando a pintura ao fresco
para a decoración de bóvedas e cúpulas.
A vocación de
San Mateo
Caravaggio
1601
O santo enterro
Caravaggio
1604
O santo enterro
Caravaggio
1604
Crucifixón de
San Pedro
Caravaggio
1601
A pintura barroca
características nos países católicos: Francia
• Houbo unha corrente academicista
(Poussin), con obras de temas cortesáns
que seguen unhas regras estritas na
composición e no debuxo.
• Outros artistas desenvolveron pintura
naturalista e de gran forza, na que
predominan os personaxes populares (Louis
Le Nain) ou os xogos de luz e sombra (La
Tour)
Le Nain
Familia de campesiños nun interior
1642
A pintura barroca
características nos países católicos: Flandes
• Rubens foi o máximo expoñente
da pintura flamenca.
• A súa obra reúne as principais
características da estética barroca,
como o predominio da cor sobre o
debuxo, o dinamismo e a
sensualidade nas composicións.
Descendemento
de Cristo
Rubens
(1ª m. XVII)
As tres grazas
Rubens
(1ª m. XVII)
O duque de
Lerma a cabalo
Rubens
(1ª m. XVII)
A pintura barroca
características dos países reformistas: Holanda
• A ausencia de decoración na igrexa e a
nova clientela burguesa orientaron as
obras cara a outras temáticas.
• Rembrandt, Hals e Vermeer foron os
artistas máis representativos desta
escola pictórica, que foi o máximo
expoñente da pintura barroca
protestante.
Imaxe actual de
Delft. Casco antigo
Delft
Delft.
Plano da cidade
1580
Imaxe actual de
Delft. Casco antigo
Vista de Delft
Vermeer
1660
A leiteira
Vermeer
1658
Rapaza a ler
unha carta
Vermeer
1657-1659
Alegoría da pintura
Vermeer
1667
A moza da perla
Vermeer
1665
Muller pelando mazás
De Hooch
1663
Muller pelando mazás
De Hooch
1663
As rexentes do asilo de Haarlem. 1664
Hals: neste solemne retrato de grupo feminino o artista reflicte a
personalidade de cada unha das súas clientas
Rembrandt: Rolda de Noite.
1642.
Realiza unha obra mestra
neste encargo de retrato de
grupo dunha compañía da
milicia de Amsterdam
Rembrandt: Lección de
anatomía. 1632.
A pintura barroca
características da pintura española
• A altísima calidade das realizacións artísticas
e literarias en España no s. XVII orixina o
chamado Século de Ouro español.
• Na pintura domina a temática relixiosa pero
tamén é moi rico e variado noutros temas:
retratos, bodegóns, escenas da vida cotiá e
cadros mitolóxicos para mostrarnos o mundo
no que vivían.
• Destaca a figura xenial de Diego Velázquez,
que xunto a un grupo de artistas, representa
a grande época da pintura española.
Pintura barroca
España
S. XVII PINTORES
1ª metade
Diego Velázquez
Francisco Zurbarán
Alonso Cano
José de Ribera
2ª metade
Escola sevillana
Bartolomé Esteban Murillo
Juan de Valdés Leal
Escola madrileña
Claudio Coello
Juan Carreño de Miranda
A pintura barroca española
Diego Velázquez, o mestre da luz
• Diego Rodríguez de Silva y Velázquez (1599-
1660) naceu en Sevilla e entrou, con 11
anos, a formarse no taller do pintor Francisco
Pacheco. Aos 24, o Conde-Duque de
Olivares, chamouno para retratar ao rei e,
pouco despois, foi nomeado pintor de cámara
de Felipe IV.
• Velázquez, nas súas diversas etapas,
traballou tódolos xéneros pictóricos. A súa
impresionante técnica e o seu estilo
caracterízase por:
A pintura barroca española
Diego Velázquez, o mestre da luz
• Uso maxistral da luz e da perspectiva
aérea, que xunto ao sfumato, lle
permiten “pintar o aire”.
• Composicións complexas, con diversos
planos e focos de luz, que achegan
maior intensidade ás escenas.
• Realismo das escenas e a
profundidade psicolóxica dos
personaxes, que trata sempre de
humanizar para que comuniquen co
espectador.
O vendedor de auga
de Sevilla
Velázquez
1618-1622
Temática: costumista
Os borrachos ou o
triunfo de Baco
Velázquez
1628-1629
Temática: mitolóxica
A fragua de Vulcano
Velázquez
1630
Temática: costumista
As lanzas ou A
rendición de Breda
Velázquez
1635
Temática: histórica
O príncipe Baltasar Carlos
Velázquez
1635-1636
Temática: retrato
Bufón don Sebastián
de Morra
Velázquez
1645
Temática: retrato
A Venus do espello
Velázquez
1647-1651
Temática: mitolóxica
As fiandeiras ou A
fábula de Aracne
Velázquez
1657
Temática: mitolóxica
As Meninas
Velázquez
1656
Temática: retrato
Comentario:
•Descrición formal: mostra as figuras dispostas nun plano inferior
da composición; o artista logra crear un gran campo visual. A
infanta Margarita establécese como punto converxente das
diferentes diagonais compositivas, que debeuxan o resto de
personaxes, e que se proxectan desde a infanta ata o espello á
porta do fondo.
•Estes dous elementos, espello e porta achegan ademais unha
gran profundidade escénica. O primeiro reflicte algo que está fóra
do espazo propiamente pictórico, e o segundo amplía
brillantemente o espazo visual. Soprende tamén a grande
modernidade no corte dalgunhas das figuras e obxectos nas
marxes do lenzo, detalle que achega espontaneidade á escena.
•O pintor utiliza indistintamente unha pincelada longa e fluída con
outra curta e precisa, que lle axuda a perfilar con mestría os
detalles no vestidos e das infantas. É capaz de transmitir, con
gran realismo, texturas tan diferentes como a dureza da madeira
ou a suavidade do pelame do can.
•Outro elemento é a captación da luz nos seus efectos xerais e
nos detalles. Na obra hai dous focos: un que irradia directamente
sobre as figuras do primeiro plano e outro que entra na habitación
pola porta aberta ao fondo, mentres que o resto da composición
queda en penumbra.
•Velázquez domina a perspectiva aérea. Gran riqueza cromática
destacando o branco, negro.
•Temática: suscitou numerosas interpretacións. A máis aceptada
é que considera a irrupción da infanta Margarita cando Velázquez
pinta os reis.
•Modelos e influencias: en pintores de vangarda no século XX
como o grupo Crónica.
Diversos retratos
da infanta Margarita
con dous, tres, cinco
e oito anos
Figura central
do cadro das Meninas
A pintura barroca española
Ribera, o tenebrismo
• 1591-1652. Alcumado Lo Spagnoletto,
naceu en Xátiva (Valencia) e
desenvolveu a súa carreira e Italia.
• Os seus cadros relixiosos e os seus
retratos reflicten o tenebrismo de
Caravaggio e o cru dramatismo do
barroco español.
Martirio de San Bartolomeu
Ribera
1618
Temática: relixiosa
Martirio de San Felipe
Ribera
1639
Temática: relixiosa
O soño de Xacob
Ribera
1639
Temática: bíblica
O pé varo ou patizambo
Ribera
1642
Temática: costumista
A muller barbuda. Magdalena
Ventura e o seu marido
Ribera
1631
Temática: costumista
A pintura barroca española
Zurbarán, a representación da realidade
• 1598-1664. É un pintor extremeño formado
en Sevilla. A súa primeira etapa está moi
influída polo tenebrismo de Caravaggio, pero
despois adquire un estilo propio. É moi
coñecido polos seus cadros relixiosos
especialmente de frades, e polos seus
bodegóns.
• Zurbarán pintou unha serie de santas, ás que
representa coma damas nobres ataviadas
con elegantes vestidos da época. Os seus
escasos bodegóns tamén ilustran a vida cotiá
do XVII.
Bodegón con cacharros
Zurbarán
cara o 1650
Temática: natureza morta
Aparición de San Pedro a San
Pedro Nolasco
Zurbarán
1629
Temática: relixiosa
Santa Dorotea
Zurbarán
1ª m. XVII
Temática: relixiosa
A pintura barroca española
Murillo, realismo e idealismo
• 1617-1682. Bartolomé Esteban Murillo
nado en Sevilla, pintou sobre todo
temas relixiosos, especialmente de
Inmaculadas. Tamén realizou cadros
costumistas, escenas da vida cotiá
protagonizadas por nenos e pícaros.
• Murillo representa a realidade cun halo
de tenrura e de idealización que e
característico da súa pintura.
A Sagrada Familia do paxariño
Murillo
cara o 1650
Temática: relixiosa
Moza e a súa dona
Murillo
1660
Temática: retrato
Neno espulgándose
Murillo
cara o 1650
Temática: costumista
Nenos xogando aos dados
Murillo
Entre 1665 e 1675
Temática: costumistas
Os nenos da cuncha
Murillo
cara 1670-1675
Temática: relixiosa
A Inmaculada do Escorial
Murillo
Entre 1660-1665
Temática: relixiosa
A pintura barroca española
Valdés Leal,
• 1622-1690. Nado en Sevilla. Artista de
fecunda inventiva pero desigual no
acabado das súas obras.
• Son famosas as súas obras para o
Hospital da Caridade de Sevilla sobre o
tema moi extendido por europa da
vanitas, as alegorías Finis gloriae
mundis (o fin das glorias mundanas) e
In ictu oculi (Nun abrir e pechar de
ollos).
In icti oculi
Valdés Leal
1672
Temática:
alegórica
Finis Gloriae Mundi
Valdés Leal
1672
Temática: alegórica

More Related Content

What's hot

Escultura e pintura barroca
Escultura e pintura barrocaEscultura e pintura barroca
Escultura e pintura barrocaAgrela Elvixeo
 
Arte primeira metade século XX
Arte primeira metade século XXArte primeira metade século XX
Arte primeira metade século XXAgrela Elvixeo
 
Neoclasicismo, romanticismo. Goya
Neoclasicismo, romanticismo. GoyaNeoclasicismo, romanticismo. Goya
Neoclasicismo, romanticismo. GoyaAgrela Elvixeo
 
Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de Oseira
Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de OseiraArte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de Oseira
Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de OseiraAgrela Elvixeo
 
Arte paleocristiá, bizantina e musulmá
Arte paleocristiá, bizantina e musulmáArte paleocristiá, bizantina e musulmá
Arte paleocristiá, bizantina e musulmáAgrela Elvixeo
 
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoNeoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoDudas-Historia
 
Arquitectura Románica
Arquitectura RománicaArquitectura Románica
Arquitectura RománicaAgrela Elvixeo
 
Realismo, impresionismo e postimpresionismo
Realismo, impresionismo e postimpresionismoRealismo, impresionismo e postimpresionismo
Realismo, impresionismo e postimpresionismoAgrela Elvixeo
 
Escultura grega clásica
Escultura grega clásicaEscultura grega clásica
Escultura grega clásicaAgrela Elvixeo
 
Arquitectura clásica grega
Arquitectura  clásica gregaArquitectura  clásica grega
Arquitectura clásica gregaAgrela Elvixeo
 
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y LeonardoCinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y LeonardoDudas-Historia
 
A ciencia e a arte do Barroco
A ciencia e a arte do BarrocoA ciencia e a arte do Barroco
A ciencia e a arte do Barrocorubempaul
 
A Arte Renacentista
A Arte RenacentistaA Arte Renacentista
A Arte Renacentistarubempaul
 

What's hot (20)

Escultura e pintura barroca
Escultura e pintura barrocaEscultura e pintura barroca
Escultura e pintura barroca
 
Arte primeira metade século XX
Arte primeira metade século XXArte primeira metade século XX
Arte primeira metade século XX
 
Arte gótica
Arte góticaArte gótica
Arte gótica
 
Escultura Gótica
Escultura GóticaEscultura Gótica
Escultura Gótica
 
Neoclasicismo, romanticismo. Goya
Neoclasicismo, romanticismo. GoyaNeoclasicismo, romanticismo. Goya
Neoclasicismo, romanticismo. Goya
 
Arte do Renacemento
Arte do RenacementoArte do Renacemento
Arte do Renacemento
 
Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de Oseira
Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de OseiraArte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de Oseira
Arte Cisterciense. Mosteiro de Sta. María de Oseira
 
Arte paleocristiá, bizantina e musulmá
Arte paleocristiá, bizantina e musulmáArte paleocristiá, bizantina e musulmá
Arte paleocristiá, bizantina e musulmá
 
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e RomanticismoNeoclasicismo, Goya e Romanticismo
Neoclasicismo, Goya e Romanticismo
 
Arquitectura Románica
Arquitectura RománicaArquitectura Románica
Arquitectura Románica
 
Arte romana
Arte romanaArte romana
Arte romana
 
Realismo, impresionismo e postimpresionismo
Realismo, impresionismo e postimpresionismoRealismo, impresionismo e postimpresionismo
Realismo, impresionismo e postimpresionismo
 
A Arte do Barroco
A Arte do BarrocoA Arte do Barroco
A Arte do Barroco
 
Escultura grega clásica
Escultura grega clásicaEscultura grega clásica
Escultura grega clásica
 
Arquitectura clásica grega
Arquitectura  clásica gregaArquitectura  clásica grega
Arquitectura clásica grega
 
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y LeonardoCinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
Cinquecento. Bramante, Miguel Ángel y Leonardo
 
A ciencia e a arte do Barroco
A ciencia e a arte do BarrocoA ciencia e a arte do Barroco
A ciencia e a arte do Barroco
 
A Arte Renacentista
A Arte RenacentistaA Arte Renacentista
A Arte Renacentista
 
Arquitectura grega II
Arquitectura grega IIArquitectura grega II
Arquitectura grega II
 
Propíleos
PropíleosPropíleos
Propíleos
 

Similar to Arte barroca

UNIDADE 12 ARQUITECTURA BARROCA
UNIDADE 12 ARQUITECTURA BARROCAUNIDADE 12 ARQUITECTURA BARROCA
UNIDADE 12 ARQUITECTURA BARROCAcamposseijo
 
A arquitectura barroca en Italia: Bernini e Borromini
A arquitectura barroca en Italia: Bernini e BorrominiA arquitectura barroca en Italia: Bernini e Borromini
A arquitectura barroca en Italia: Bernini e Borrominiprofesor historia
 
Arquitectura renacemento
Arquitectura renacementoArquitectura renacemento
Arquitectura renacementomasinisa
 
Barroco_arq
Barroco_arqBarroco_arq
Barroco_arqaialo1
 
A arquitectura renacentista: o Cinquecento
A arquitectura renacentista: o CinquecentoA arquitectura renacentista: o Cinquecento
A arquitectura renacentista: o Cinquecentoprofesor historia
 
U N I D A D E 6 Arte Románica
U N I D A D E 6  Arte RománicaU N I D A D E 6  Arte Románica
U N I D A D E 6 Arte Románicacamposseijo
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do góticosaraiba
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do góticosaraiba
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do góticosaraiba
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do góticosaraiba
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do góticosaraiba
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do góticosaraiba
 
U N I D A D E 7 Catedral GóTica
U N I D A D E 7 Catedral GóTicaU N I D A D E 7 Catedral GóTica
U N I D A D E 7 Catedral GóTicacamposseijo
 

Similar to Arte barroca (20)

UNIDADE 12 ARQUITECTURA BARROCA
UNIDADE 12 ARQUITECTURA BARROCAUNIDADE 12 ARQUITECTURA BARROCA
UNIDADE 12 ARQUITECTURA BARROCA
 
A arquitectura barroca en Italia: Bernini e Borromini
A arquitectura barroca en Italia: Bernini e BorrominiA arquitectura barroca en Italia: Bernini e Borromini
A arquitectura barroca en Italia: Bernini e Borromini
 
Arquitectura renacemento
Arquitectura renacementoArquitectura renacemento
Arquitectura renacemento
 
Barroco_arq
Barroco_arqBarroco_arq
Barroco_arq
 
Arquitectura Gótica
Arquitectura GóticaArquitectura Gótica
Arquitectura Gótica
 
A arquitectura renacentista: o Cinquecento
A arquitectura renacentista: o CinquecentoA arquitectura renacentista: o Cinquecento
A arquitectura renacentista: o Cinquecento
 
U N I D A D E 6 Arte Románica
U N I D A D E 6  Arte RománicaU N I D A D E 6  Arte Románica
U N I D A D E 6 Arte Románica
 
A arquitectura romana
A arquitectura romanaA arquitectura romana
A arquitectura romana
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do gótico
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do gótico
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do gótico
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do gótico
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do gótico
 
5. a época do gótico
5. a época do gótico5. a época do gótico
5. a época do gótico
 
O GóTico Slide
O GóTico SlideO GóTico Slide
O GóTico Slide
 
Arte Gótica
Arte GóticaArte Gótica
Arte Gótica
 
Tema 7. A arte paleocristiá
Tema 7.  A arte paleocristiáTema 7.  A arte paleocristiá
Tema 7. A arte paleocristiá
 
Tema 7. A arte paleocristiá
Tema 7. A arte paleocristiáTema 7. A arte paleocristiá
Tema 7. A arte paleocristiá
 
U N I D A D E 7 Catedral GóTica
U N I D A D E 7 Catedral GóTicaU N I D A D E 7 Catedral GóTica
U N I D A D E 7 Catedral GóTica
 
Tema 6 románico
Tema 6 románicoTema 6 románico
Tema 6 románico
 

More from Agrela Elvixeo

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaAgrela Elvixeo
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaAgrela Elvixeo
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaAgrela Elvixeo
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAgrela Elvixeo
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEAgrela Elvixeo
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaAgrela Elvixeo
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaAgrela Elvixeo
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Agrela Elvixeo
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Agrela Elvixeo
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de CecebreAgrela Elvixeo
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxAgrela Elvixeo
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916Agrela Elvixeo
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Agrela Elvixeo
 

More from Agrela Elvixeo (20)

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 
60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)
 

Arte barroca

  • 1. A arte Barroca Fernando Casas y Novoa Fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago (1749)
  • 2. Características do Barroco Cronoloxía e características • O Barroco tivo a súa orixe en Italia, no s. XVII. Expandiuse por Europa e América, cun desenvolvemento desigual que alcanza ata a primeira metade do s. XVIII. • Non foi un movemento artístico, senón que abrangueu moitos ámbitos da vida e da cultura (música, literatura, teatro...)
  • 3. Características do Barroco Orixe do termo • A palabra “barroco” aparece no século XVIII con certo sentido pexorativo. A valoración desta arte considérase absurda e grotesca que nunca debería ser aplicada. • O “bo gusto” está na arte clásica. Naquela que se adapta ás regras estéticas da arquitectura antiga procedente de Grecia e Roma.
  • 4. Procede da palabra portuguesa barrueco (perlas deformes) Arte desproporcionado, caprichoso, truculento Distorsión dos valores Clásicos: a) Movemento das formas. b) Expresión dos sentimentos. c) Desequilibrio.
  • 5. Valores clásicos Valores barrocos O Barroco nace como oposición ao Renacemento Equilibrio Inestabilidade Serenidade Movemento Formas pechadas Formas abertas Idealización Realismo expresivo Moderación Esaxeración Contexto Concilio de Trento: o barroco como propaganda da Contrarreforma Absolutismo: o barroco como propaganda do poder da monarquía Roma capital da arte
  • 6. Características do Barroco Unha nova estética: resumo • Fronte ao racionalismo e clasicismo (equilibrio e simetría) renacentistas, o Barroco propón novos valores estéticos: • Movemento e complexidade (utilización de liñas curvas, cóncavas e convexas). • Predominio da luz e a cor, máis que o debuxo. • Realismo nas representacións fronte o idealismo renacentista. Preténdese exaltar sentimentos e emocionar ou sorprender ao espectador. • Gusto polo escénico e simbólico. Moitas veces, a obra de arte preséntase como un decorado teatral que pretende introducir ao observador no mundo de sentimentos e das sensacións.
  • 7. Escena: o anxo fere a santa Teresa coa frecha do amor divino A familia que encarga a capela observa a escena desde unha tribuna Bernini: Éxtase de Santa Tereixa, 1652. É o exemplo máis claro de escenografía Barroca, realizado na capela lateral da igrexa De Santa Mª da Vitoria (Roma)
  • 8. Características do Barroco Arte de propaganda relixiosa • A Igrexa católica, tras o Concilio de Trento, encontrou nos artistas barrocos eficaces propagandistas do novo espírito da Contrarreforma. • A representación de milagres, éxtases místicos, martirios... Debían suscitar a fe e a piedade dos fieis. • As igrexas, fastosas na súa decoración, representaban a antesala do ceo. • Todo o divino se rodeaba de grandeza e esplendor.
  • 9. Praza de San Pedro do Vaticano. Bernini. Simboliza o abrazo da Igrexa aos seus fieis
  • 10. A Igrexa do Gesù de Roma, iniciada en 1568, foi un modelo de igrexa para os arquitectos barrocos dos países católicos
  • 11. Características do Barroco Arte ao servizo do poder • O Barroco tamén é a época das monarquías absolutas. • Os pintores e escultores representaron a magnificencia dos monarcas absolutos (Francia, Italia, España...). • Os arquitectos deseñaron suntuosas mansións que eran o reflexo do poder real. • Os edificios rodeábanse de verdadeiros escenarios constituídos por xardíns, prazas, escalinatas e fontes. • Na Europa protestante e burguesa (Países Baixos e Alemaña), a estética e os temas foron moi diferentes. • A burguesía comerciante afianzara o seu poder económico e encargaba obras de arte. Os clientes burgueses pedían obras máis intimistas, que reflectían a vida cotiá (retratos, temas domésticos, flores...).
  • 13. a) Nome: Palacio de Versalles b) Autor: Louis Le Vau (1612-1670), André Le Nôtre (1613-1700), Mansart (1646-1708) a) Cronoloxía: 1661-1708 b) Tipoloxía: palacio c) Material: pedra, mármore e espellos d) Estilo: Barroco e) Localidade: Versalles Residencia Real Residencia dos PríncipesDependencias ministeriais
  • 16. Comentario: •Descrición formal: consta de dúas fachadas: a principal, orientada ao centro da cidade, e unha traseira, que se abre aos xardíns. Fachada de máis de 600 m de longo. Estrutura: tres niveis en altura: basamento, corpo principal, que se caracteriza pola repetición de pilastras e columnas xónicas de orde colosal que enmarcan grandes ventás; e o ático, coroado por trofeos. •Seguindo o modelo francés, o interior articúlase ao redor dunha escaleira no corpo central do palacio, lugar onde se achan as habitacións do rei e da raíña. Neste corpo destaca a célebre galería dos espellos, un espazo rectangular de 75 m de longo, decorado con pinturas e lámpadas de cristal, no que se contrapoñen as grandes ventás que dan ao xardín cos enormes espellos que reflicten a luz solar e a das velas. •O resto do edificio é unha serie de salóns dispostos en fila e profusamente decorados. A á esquerda destinábase a residencia de príncipes e nobres, e a á dereita, ás oficinas dos ministerios. Unida a este corpo destaca a capela real construída por Mansart, un dos exemplos máis destacados do barroco tardío. •Contorna e integración urbanística: todo unitario (edificio e xardíns (deseñados por Le Nôtre). •Función, contido e significado: exaltación da monarquía absoluta. Centro universal do poder, carácter divino, identificábase co rei Sol. •Modelo e influencias: creouse por mor da ampliación dun antigo palacio do rei Luís XIII, e converteuse non só nun novo modelo urbanístico e arquitectónico, senón tamén no máximo representante do Grand Siècle francés. •Modelo de todos os palacios europeos. En España o Palacio de Oriente de Madrid e palacio de Aranjuez.
  • 17. Palacio de Versalles Parterre deseñados por Le Nôtre (2ª m XVII)
  • 19. Palacio de Versalles (2ª m XVII). Galería dos Espellos
  • 20. Palacio de Würzburg (1ª m XVII). Neumann (escaleira) e Tiepolo (pintura ao fresco)
  • 21. Velázquez. Felipe III a cabalo. 1636 O cabalo rampante. Símbolo da marca Ferrari
  • 22. Jan Steen. Adolf Croeser e a súa filla Catharina. 1655
  • 25. A arquitectura barroca • Interese por dotar ao edificio de movemento. • Os cornixamentos curváronse (cóncavo-convexo) • Os frontóns partíronse creando curvas, contracurvas e espirais. • A planta do edificio tamén incorpora formas elípticas ou ovais. • Este dinamismo efectuouse mediante efectos de luz e sombra, nunha exuberancia decorativa, os muros e as columnas (columna salomónica). • Elevación impresionante das cúpulas. • Os grandes arquitectos son Bernini e Borromini converteron Roma na capital do Barroco, deseñando igrexas, prazas e fontes que transformaron a cidade. • En París e outras capitais europeas construíronse enormes palacios e mansións, como Versalles (Le Vau, Mansart e Le Nôtre)
  • 26.
  • 27. O modelo de igrexa barroca presenta unha nave única, cúpula sobre o cruceiro e as naves laterais convertidas en capelas separadas. Na fachada proliferan as liñas curvas para dar sensación de movemento
  • 28. Interior da Igrexa do Gesù de Roma Modelo para outros arquitectos dos países católicos. (2ª m. XVI Dourados Bóvedas con fresco Mármores
  • 29. Fachada e columnata de San Pedro do Vaticano. Carlo Maderno e Bernini. (1656-1667)
  • 30. Comentario: •Descrición formal: estrutúrase en dous espazos: un de forma trapezoidal, denominado piazza recta, e outro elíptico, coñecido como piazza obliqua. •Na piazza obliqua Bernini creou unha columnata de orde dórica disposta en catro fileiras cunha maior separación no centro e presidida nos seus extremos por dous frontóns triangulares de orde clásica. •A piazza recta vai diminuíndo en altura a medida que se achega á fachada proxectada por Carlos Maderno. Esta oculta a cúpula de Miguel Anxo restándolle frontalmente importancia. •Contorna e integración urbanística: ambas as dúas prazas crean un espazo que permite aos fieis ver ao Papa cando dá a bendición. •A creación en 1929, da Vía della Conciliazione permite visualizar a praza coa basílica de San Pedro ao fondo, coroada pola gran cúpula. •Función, contido e significado: a horizontalidade da fachada restaba protagonismo ao conxunto basilical. Para salientala suxeríuselle a Bernini a construción dunha praza coa finalidade de resolver a pouca altura da fachada e de acoller o maior número posible de fieis. •O corredor central do bosque de columnas serve como acubillo. A escenografía propia do barroco pretendía provocar emoción nos fieis.
  • 31. Columnata de San Pedro do Vaticano. Bernini. (1656-1667)
  • 32. Fachada e columnata de San Pedro do Vaticano. Carlo Maderno e Bernini. (1656-1667)
  • 33. Fachada e columnata de San Pedro do Vaticano. Carlo Maderno e Bernini. (1656-1667)
  • 34. Proxecto co terzo braccio
  • 35. Proxecto levado á práctica
  • 37. Imaxe de San Pedro principios do XX
  • 38. Imaxe de San Pedro principios do XX
  • 39. Imaxe de San Pedro principios do XX
  • 40. Proxecto de apertura da Vía della Conciliazione 1929
  • 41. Imaxe actual da Vía della Conciliazione ao fondo a basílica de San Pedro
  • 42. Imaxe actual da Praza de San Pedro e Vía della Conciliazione
  • 43. Baldaquino da basílica de san Pedro Bernini (1/3 XVII) Bronce
  • 44. Comentario: •Descrición formal: é un ciborio monumental, con catro columnas salomónicas culminadas en dosel; forxado en bronce macizo negro e sobredourado. Situado no centro do cruceiro de la Basílica de San Pedro directamente baixo a cúpula. Este colosal elemento combina elementos escultóricos e arquitectónicos e alberga baixo o seu dosel o altar maior da basílica, que a súa vez sitúase sobre a cripta na que está situada tumba do apóstolo San Pedro.
  • 45. Baldaquino da basílica de san Pedro Bernini (1/3 XVII) Bronce
  • 46. Cátedra de San Pedro Bernini (1658-1666) Madeira policromada, alabastro, bronce
  • 47. Comentario: •Descrición formal: elaborada á vez que a execución das obras da praza de San Pedro. É a exaltación dun trono de madeira que a cristiandade identifica como a cátedra do primeiro bispo de Roma: San Pedro. •A cadeira-cátedra realmente non era propiedade de San Pedro senón que data do século IX, de época paleocristiá e foi un agasallo de Carlos O Calvo (neto de Carlomagno ao Papa Xoán VIII. •A suposta reliquia de San Pedro está encaixada nunha cadeira de bronce do altar envolvida en nubes douradas e flanqueada por castro esculturas en bronce: San Ambrosio, San Agostiño, Santo Atanasio e San Xoán Crisóstomo (pais da Igrexa). •Un anxos de madeira elevan a tiara. Na parte superior móstrase a representación do Espírito Santo. •Contorna: situado na ábsida da Basílica. Compuxo a cátedra como foco de atención en relación directa co baldaquino xigante. •Función, contido e significado: simboliza a autoridade do papado na que conflúen a tradición histórica e a mística da luz do Espírito Santo. •Predominio do Papa e da igrexa católica fronte a extensión do protestantismo. •Influencia: moitos retablos de igrexas barrocas.
  • 48. Praza Navona Antigo estadio de Roma de Domiciano
  • 49. Praza Navona Gaspar Van Wittel 1699
  • 50. Praza Navona Fonte dos catro ríos Bernini (2ª m XVII) Praza Navona Sta. Inés da Agonía Borromini (2ª m XVII)
  • 51. San Carlo alle Quattro Fontane Borromini. 1634-1667 Ladrillo e estuco
  • 52. Comentario: •Descrición formal: Borromini estrutura a fachada da igrexa en dous pisos. Cada un divídese en tres rúas a partir dunha combinación de columnas de orde colosal. Ambos os dous corpos atópanse separados por un entaboamento que reproduce a ondulación (xogo de cóncavos e convexos) creada entre a rúa central e as laterais. •No piso inferior destaca o nicho coa imaxe de San Carlos Borromeo acompañado doutros santos nos laterais. No piso superior sobresae o medallón sostido por anxos que rompe o entaboamento. Tanto o medallón como as columnas colosais potencian a sensación de verticalidade. •No interior o arquitecto transforma a planta cruciforme nunha planta pseudoelíptica (liñas cóncavas e convexas xogan nas súas paredes). Planta que pode definirse a partir dun espazo central octogonal de costados ondulados, ao que se lle engadiron dous elementos semicirculares (vestíbulo e capela maior) no seu eixe lonxitudinal. •En alzado 16 columnas de orde composta habilitan portas, nichos e capelas que soportan un entaboamento que soportan catro bóvedas de cuarto de esfera que cobren as capelas principais.
  • 53. Comentario: •Descrición formal: entre elas articúlase catro cunchas que soporta unha cúpula ovalada, decorada con casetóns xeométricos (octógonos, cruces, hexágonos) reducindo o tamaño seguindo a lei da perspectiva. Iso aumenta a sensación de espazo interior. •Contorna e integración urbanística: o solar que ocupa o pequeno convento de San Carlo é un punto clave do urbanismo romano. Nas esquinas da cofluencia de rúas, dispuxéronse as catro fontes que dan nome ao lugar. •Función, contido e significado: foi construída no monte do Quirinal (un dos sete outeiros de Roma) para orde española dos Trinitarios Descalzos, austera e pobre congregación monástica, cuxa principal dedicación era a de obter fondos para liberar aos cristiáns cativos dos musulmáns. •A igrexa e o claustro (1638-1641) foron a primeira obra do arquitecto en solitario e a fachada (1665- 1667), a derradeira da súa carreira.
  • 54. Comentario: •Modelos e influencias: os traballos últimos de Miguel Anxo. Tamén se relaciona a fachada co templo romano de El Deir en Petra (Xordania) s. II d.C., que Borromini podería ter visto debuxada ou gravada. •O sistema de empequenecer os casetóns na cúpula foi copiado do Panteón de Roma. A artificialidade e o dinamismo de San Carlos supoñen un exemplo maxistral para outras obras barrocas. Templo de El Dair Panteón de Roma
  • 55. Fontana di Trevi Nicola Salvi. 2ª m. XVIII Roma
  • 56. Arquitectura barroca España • Contou co gusto dos que encargaban as obras (igrexa, monarquía, nobreza), como a xente do común. • Construíronse conventos e igrexas, modificáronse numerosas capelas nas catedrais e rematáronse edificios de anteriores estilos con espectaculares fachadas barrocas. • No século XVIII o barroco fíxose aínda máis recargado e espectacular. • Na arquitectura civil, as obras tiñan estruturas máis regulares e equilibradas, como as prazas maiores. • Este estilo expandiuse por América.
  • 57. Arquitectura barroca España SÉCULO ARQUITECTOS XVII Juan Gómez de Mora Alonso Cano Francisco Bautista XVIII Irmáns Churriguera Fernando Casas y Novoa Pedro de Ribera
  • 58. Retablo da igrexa de Santo Estevo José Benito Churriguera (1693-1696) (Salamanca) Madeira con dourados
  • 59. Comentario: •Descrición formal: esta obra monumental inicia a exuberancia das formas barrocas que tanta fama deu á familia dos Churriguera, como demostra o feito de que ás obras dun desbordante decorativismo se lles dá o nome de churriguerescas. •O retablo inscríbese nos chamados retablos unitarios que rompen coa tradición dos retablos barrocos estruturados en pisos e rúas, con preponderancia dos relevos escultóricos. •Aquí o autor compón unha gran máquina arquitectónica coa utilización de seis columnas salomónicas no tramo central, que só se separan para colocar o tabernáculo ou expositor do Santísimo e nos extremos para introducir dúas tallas escultóricas coas figuras de Santo Domingo de Silos e San Francisco de Asís. •Contorna: integración na ábsida, simbiose entre gótico da igrexa e barroco da fábrica do retablo. Na parte superior remata cun cadro de Claudio Coello. •Función, contido e significado: os dous protagonistas principais son o lenzo (martirio de San Estevo), e o sagrario (exaltación da Eucaristía). •Modelos e influencias: Bernini coa súa cátedra e baldaquino de San Pedro. Terá moita influencia noutros retablos barrocos.
  • 60. Real Hospicio do Ave María Pedro de Ribera (1ª m. XVIII) Madrid
  • 61. Praza Maior de Madrid Juan Gómez de Mora (1620) Foi reformada en 1672 e 1790
  • 62. Praza Maior de Madrid Juan Gómez de Mora (1620) Foi reformada en 1672 e 1790
  • 64. Lorenzo Quirós Ornato da Praza Maior con motivo da entrada de Carlos III en Madrid (1760)
  • 65. Praza Maior de Madrid Juan Gómez de Mora (1620) Imaxe da Casa da Panadería
  • 66. Comentario: •Descrición formal: en 1617, Felipe III confiou a finalización deste espazo a Juan Gómez de Mora. Para iso concibiu a praza como un recinto regular que rompía coa trama urbana circundante e que dispoñía para o seu acceso de tres entradas baixo arcos e seis descubertas. •O arquitecto, respectou a situación da Casa da Panadería e dispuxo bloques de vivendas de cincos pisos de altura encima dos baixos con arcadas, os cales eran destinados ao uso dos mercadores. •Máis adiante, e coa vontade de pronunciar a uniformidade da praza tamén se proxectou a Casa da Carnicería, seguindo o estilo da anterior e situándose fronte a ela. •A praza quedou destruída polo lume en tres ocasións e o seu actual aspecto (1790), realizado por Juan de Villanueva que rebaixa a altura dos edificios e se pechaban as rúas abertas ao recinto con grandes arcos de acceso. •Contorna: aséntase na antiga praza do Arrabal, un dos principais focos comerciais situado extramuros do recinto medieval. •No momento que a cidade foi elixida como sede da corte e capital, Felipe II encargou o deseño dunha auténtica praza maior a Juan de Herrera para que respondese a un criterio de praza regular. •Función, contido e significado: lugar de reunión e centro de espectáculos públicos (mercado, touros, representación teatrais, autos de fe, actos de beatificación e canonización de santos) •Modelos e influencias: influíu en outras prazas maiores en España como por exemplo a de Salamanca.
  • 67. Praza Maior de Salamanca Alberto de Churriguera (1756)
  • 68. Praza Maior de Salamanca Alberto de Churriguera (1756)
  • 69. Arquitectura barroca Galicia: etapas • Distinguimos catro etapas: 1. 1ª metade do XVII. Continuación da arquitectura clasicista anterior, sobria e severa, influxo herreriano e manierista. Destacan Fernández Lechuga e González Araújo. 2. 2ª metade do XVII. Exuberancia e ornato do barroco. Destacan: Melchor de Velasco, Peña de Toro e Domingo de Andrade. 3. 1ª metade do XVIII. Barroco de placas: Casas y Novoa e Simón Rodríguez. 4. Mediados XVIII. Triunfo do Rococó: Clemente Fernández Sarela e Lucas Ferro Caaveiro.
  • 70. Arquitectura barroca Galicia: características a) Material: granito é practicamente o único material utilizado. Ás veces aparece a lousa (escasa). b) Planta (XVII): b.1. dunha sola nave, con capelas laterais (referencia Il Gesú de Roma) tipo xesuítico. Modelo da Contrarreforma. b.2. cruz latina con tres naves de tradición medieval. b.3. dunha sola nave, cabeceira recta e sen capelas laterais. • XVIII: plantas curvas (Peregrina de Pontevedra) ou (capela da Virxe dos Ollos Grandes da Catedral de Lugo). c) Fachadas de tres tipos.
  • 71. Peche cabeceira da catedral de Santiago Peña de Toro (2ª m. XVII)
  • 72. Baldaquino da Catedral de Santiago Domingo de Andrade (2ª m. XVII)
  • 73. Torre Berenguela Domingo de Andrade (2ª m. XVII)
  • 74. Escaleiras Sto. Domingos de Bonaval Domingo de Andrade (2ª m. XVII)
  • 75. Casa da Parra Domingo de Andrade (2ª m. XVII)
  • 76. Fachada do Obradoiro Fernando Casas y Novoa (1ª m. XVIII)
  • 77. Debuxo da portada de Vega e Verdugo 1657
  • 78. Comentario: •Descrición formal: esta fachada-retablo do Obradoiro concebiuse como un pano ornamental para protexer o pórtico da Gloria. •Para iso o arquitecto expuso unha portada de granito articulada en tres rúas cun claro dinamismo ascensional e con amplas ventás que alixeiran o conxunto e que proporcionan a luz suficiente como para apreciar as tallas do pórtico e as naves da igrexa románica. •O corpo central da portada elévase un pouco máis que o resto. Culmina cunha fornela que contén o grupo escultórico de Santiago e dous reis aos seus pés que simbolizan a monarquía española. Na basa da fornela podemos observar a tumba do apóstolo en relevo. •Contorna e integración urbanística: culminou a remodelación urbanística da praza do Obradoiro que se ía levando a cabo dende o s. XVI coa construción dun Hospital Real e do novo claustro da Catedral. •Función, contido e significado: o seu nome débese á prolongada presenza que, na praza que hai fronte á Catedral, tiveron os obradoiros de canteiros que traballaban na remodelación barroca impulsada polo coéngo e arquitecto José Vega e Verdugo en 1658. •Este propuxo sobrepoñer un corpo barroco en toda a extensión visible do edificio, que acollese ao peregrino á vez que pretendía enriquecer o interior cun gran baldaquino sobre a tumba do apóstolo. •Función, contido e significado: a fachada-retablo demostra a influencia que exerceron os gravados sobre arquitecturas efémeras nos artistas coetáneos deste período artístico. •Influencia que tiveron os tratados manieristas flamengos e nórdicos no emprego de bloques prismáticos, cornixas con volutas e esferas como punto de apoio.
  • 79. Fachada das Capuchinas Fernando Casas y Novoa (1ª m. XVIII) A coruña
  • 80. Capela da Virxe dos Ollos Grandes Catedral de Lugo Fernando Casas y Novoa (1ª m. XVIII) Lugo
  • 81. Fachada das Clarisas Simón Rodríguez (1ª m. XVIII) A coruña
  • 82. San Fiz Solovio Simón Rodríguez (1ª m. XVIII) A coruña
  • 83. Capela da Peregrina Antonio Souto (2ª m. XVIII) Pontevedra
  • 84. Casa do Deán Clemente Fdez. Sarela (2ª m. XVIII) Santiago
  • 85. Casa do Cabildo Clemente Fdez. Sarela (2ª m. XVIII) Santiago
  • 86. Concello de Lugo Lucas Ferro Caaveiro (2ª m. XVIII) Lugo
  • 87. A escultura barroca • Movemento. • Naturalismo. • Liñas curvas que pretenden crear inestabilidade, coma se os personaxes fosen capturados nun momento fugaz da acción. • Roupaxes con numerosas dobras contribúen a dar maior dinamismo. • O mármore e o bronce foron os principais materiais utilizados. • Temas relixiosos e mitolóxicos. • O escultor máis representativo é Bernini, que influíu en numerosos artistas, como o francés Girardón.
  • 88. Éxtase de Sta. Teresa Bernini (1ª m. XVII) Sta. Mª da Vitoria (Roma)
  • 89. Escena: o anxo fere a santa Teresa coa frecha do amor divino A familia que encarga a capela observa a escena desde unha tribuna Bernini: Éxtase de Santa Tereixa, 1652. É o exemplo máis claro de escenografía Barroca, realizado na capela lateral da igrexa De Santa Mª da Vitoria (Roma)
  • 90. Éxtase de Sta. Teresa Bernini (1ª m. XVII) Sta. Mª da Vitoria (Roma)
  • 91. Éxtase de Sta. Teresa Bernini (1ª m. XVII) Sta. Mª da Vitoria (Roma)
  • 92.
  • 93. Comentario: •Descrición formal: mostra do Theatrum sacrum, o espazo adquire un carácter escenográfico moi pronunciado, no que se acolle un espectáculo sacro a medio camiño entre o espiritual e terreal. •Sobre un altar situado no centro da capela, represéntase o grupo principal da escena, un anxo retirando a seta candente que cravou no peito de Santa Teresa, que, reclinada sobre nubes, experimenta unha sensación de dor e pracer que simbolizan o amor divino. •Para representar a éxtase mística de Sta. Teresa, Bernini esculpe un rostro con ollos pesadamente pechados e boca entreaberta despois de recibir o lume divino de mans dun anxo riseiro de xestos contidos. •A convulsión interna da santa tamén se plasma nos pregues abundantes e expresivos do seu hábito, cos cales realiza un xogo de volumes e claroscuros que outorgan un dinamismo á escena. O artista consegue ademais pronunciar o movemento a través do cruzamento de diagonais que crean as dúas figuras formando unha composición en aspa. •A luz cenital situada no prosecenio ilumina de forma natural o grupo escultórico converténdose nunha luz divina grazas aos raios de bronce situados encima do grupo. •Nas paredes laterais sitúanse relevos marmóreos que representan palcos en perspectiva onde se asoman os membros da familia doante. •Temática: representa a transverberación de Sta. Teresa, unha das experiencias de éxtase ou unión mística con Deus narrada no Libro da vida de Sta. Teresa de Xesús, escritora mística e fundadora da orde das Camelitas Descalzas. •Modelos e influencias: influíu en moitas obras tanto do Barroco como outros estilos posteriores como o de Dalí.
  • 95. Comparativa do David de Donatello, Miguel Anxo e Bernini
  • 97. Apolo e as nifas Girardon (2ª m. XVII) Versalles
  • 98. Escultura barroca España • Continuou o camiño trazado no Renacemento. • Empregaba a madeira policromada e dominaba o tema relixioso coa realización de retablos para igrexas e imaxes para as procesións. • O realismo alcanzou na imaxinaría proporcións verdadeiramente dramáticas caras consumidas, signos de dor e sufrimento.
  • 99. Escultura barroca España SÉCULO ESCULTORES XVII Gregorio Fernández J. Martínez Montañés Alonso Cano Pedro de Mena XVIII José de Churriguera Narciso Tomé Francisco Salzillo
  • 103. Madalena penitente Pedro de Mena 1664 Granada
  • 104. Oración na horta Salzillo (2ª m. XVIII) Murcia
  • 105. Galicia Inmaculada Retablo da igrexa do mosterio de Samos Francisco Moure (1ª m. XVII)
  • 106. Cadeira do coro de San Martín Pinario Mateo de Prado (2ª m. XVII) Galicia
  • 107. A pintura barroca características • Realista. • Predominio da cor sobre o debuxo. • Preocupación pola luz. Claroscuro. • Movemento nas composicións.
  • 108. A pintura barroca características nos países católicos • Os clientes son a Igrexa, realeza e nobreza. • Temática relixiosa, mitolóxica e cortesá continuou predominando. • Destacamos: Italia, Francia, Flandes e España.
  • 109. A pintura barroca características nos países católicos: Italia • Destacou Michelangelo Merisi di Caravaggio que traballou case sempre en Roma. Creou o tenebrismo, un estilo que se caracterizou polo contraste violento entre fondos escuros e os focos de luz, e que tivo moitos seguidores. • Outra corrente estivo ligada ao clasicismo renacentista, con cadros de paisaxes. Tamén se continuou cultivando a pintura ao fresco para a decoración de bóvedas e cúpulas.
  • 110. A vocación de San Mateo Caravaggio 1601
  • 114. A pintura barroca características nos países católicos: Francia • Houbo unha corrente academicista (Poussin), con obras de temas cortesáns que seguen unhas regras estritas na composición e no debuxo. • Outros artistas desenvolveron pintura naturalista e de gran forza, na que predominan os personaxes populares (Louis Le Nain) ou os xogos de luz e sombra (La Tour)
  • 115. Le Nain Familia de campesiños nun interior 1642
  • 116. A pintura barroca características nos países católicos: Flandes • Rubens foi o máximo expoñente da pintura flamenca. • A súa obra reúne as principais características da estética barroca, como o predominio da cor sobre o debuxo, o dinamismo e a sensualidade nas composicións.
  • 119. O duque de Lerma a cabalo Rubens (1ª m. XVII)
  • 120. A pintura barroca características dos países reformistas: Holanda • A ausencia de decoración na igrexa e a nova clientela burguesa orientaron as obras cara a outras temáticas. • Rembrandt, Hals e Vermeer foron os artistas máis representativos desta escola pictórica, que foi o máximo expoñente da pintura barroca protestante.
  • 121. Imaxe actual de Delft. Casco antigo Delft
  • 123. Imaxe actual de Delft. Casco antigo
  • 126. Rapaza a ler unha carta Vermeer 1657-1659
  • 128. A moza da perla Vermeer 1665
  • 131. As rexentes do asilo de Haarlem. 1664 Hals: neste solemne retrato de grupo feminino o artista reflicte a personalidade de cada unha das súas clientas
  • 132. Rembrandt: Rolda de Noite. 1642. Realiza unha obra mestra neste encargo de retrato de grupo dunha compañía da milicia de Amsterdam
  • 134. A pintura barroca características da pintura española • A altísima calidade das realizacións artísticas e literarias en España no s. XVII orixina o chamado Século de Ouro español. • Na pintura domina a temática relixiosa pero tamén é moi rico e variado noutros temas: retratos, bodegóns, escenas da vida cotiá e cadros mitolóxicos para mostrarnos o mundo no que vivían. • Destaca a figura xenial de Diego Velázquez, que xunto a un grupo de artistas, representa a grande época da pintura española.
  • 135. Pintura barroca España S. XVII PINTORES 1ª metade Diego Velázquez Francisco Zurbarán Alonso Cano José de Ribera 2ª metade Escola sevillana Bartolomé Esteban Murillo Juan de Valdés Leal Escola madrileña Claudio Coello Juan Carreño de Miranda
  • 136. A pintura barroca española Diego Velázquez, o mestre da luz • Diego Rodríguez de Silva y Velázquez (1599- 1660) naceu en Sevilla e entrou, con 11 anos, a formarse no taller do pintor Francisco Pacheco. Aos 24, o Conde-Duque de Olivares, chamouno para retratar ao rei e, pouco despois, foi nomeado pintor de cámara de Felipe IV. • Velázquez, nas súas diversas etapas, traballou tódolos xéneros pictóricos. A súa impresionante técnica e o seu estilo caracterízase por:
  • 137. A pintura barroca española Diego Velázquez, o mestre da luz • Uso maxistral da luz e da perspectiva aérea, que xunto ao sfumato, lle permiten “pintar o aire”. • Composicións complexas, con diversos planos e focos de luz, que achegan maior intensidade ás escenas. • Realismo das escenas e a profundidade psicolóxica dos personaxes, que trata sempre de humanizar para que comuniquen co espectador.
  • 138. O vendedor de auga de Sevilla Velázquez 1618-1622 Temática: costumista
  • 139. Os borrachos ou o triunfo de Baco Velázquez 1628-1629 Temática: mitolóxica
  • 140. A fragua de Vulcano Velázquez 1630 Temática: costumista
  • 141. As lanzas ou A rendición de Breda Velázquez 1635 Temática: histórica
  • 142. O príncipe Baltasar Carlos Velázquez 1635-1636 Temática: retrato
  • 143. Bufón don Sebastián de Morra Velázquez 1645 Temática: retrato
  • 144. A Venus do espello Velázquez 1647-1651 Temática: mitolóxica
  • 145. As fiandeiras ou A fábula de Aracne Velázquez 1657 Temática: mitolóxica
  • 147. Comentario: •Descrición formal: mostra as figuras dispostas nun plano inferior da composición; o artista logra crear un gran campo visual. A infanta Margarita establécese como punto converxente das diferentes diagonais compositivas, que debeuxan o resto de personaxes, e que se proxectan desde a infanta ata o espello á porta do fondo. •Estes dous elementos, espello e porta achegan ademais unha gran profundidade escénica. O primeiro reflicte algo que está fóra do espazo propiamente pictórico, e o segundo amplía brillantemente o espazo visual. Soprende tamén a grande modernidade no corte dalgunhas das figuras e obxectos nas marxes do lenzo, detalle que achega espontaneidade á escena. •O pintor utiliza indistintamente unha pincelada longa e fluída con outra curta e precisa, que lle axuda a perfilar con mestría os detalles no vestidos e das infantas. É capaz de transmitir, con gran realismo, texturas tan diferentes como a dureza da madeira ou a suavidade do pelame do can. •Outro elemento é a captación da luz nos seus efectos xerais e nos detalles. Na obra hai dous focos: un que irradia directamente sobre as figuras do primeiro plano e outro que entra na habitación pola porta aberta ao fondo, mentres que o resto da composición queda en penumbra. •Velázquez domina a perspectiva aérea. Gran riqueza cromática destacando o branco, negro. •Temática: suscitou numerosas interpretacións. A máis aceptada é que considera a irrupción da infanta Margarita cando Velázquez pinta os reis. •Modelos e influencias: en pintores de vangarda no século XX como o grupo Crónica.
  • 148. Diversos retratos da infanta Margarita con dous, tres, cinco e oito anos Figura central do cadro das Meninas
  • 149. A pintura barroca española Ribera, o tenebrismo • 1591-1652. Alcumado Lo Spagnoletto, naceu en Xátiva (Valencia) e desenvolveu a súa carreira e Italia. • Os seus cadros relixiosos e os seus retratos reflicten o tenebrismo de Caravaggio e o cru dramatismo do barroco español.
  • 150. Martirio de San Bartolomeu Ribera 1618 Temática: relixiosa
  • 151. Martirio de San Felipe Ribera 1639 Temática: relixiosa
  • 152. O soño de Xacob Ribera 1639 Temática: bíblica
  • 153. O pé varo ou patizambo Ribera 1642 Temática: costumista
  • 154. A muller barbuda. Magdalena Ventura e o seu marido Ribera 1631 Temática: costumista
  • 155. A pintura barroca española Zurbarán, a representación da realidade • 1598-1664. É un pintor extremeño formado en Sevilla. A súa primeira etapa está moi influída polo tenebrismo de Caravaggio, pero despois adquire un estilo propio. É moi coñecido polos seus cadros relixiosos especialmente de frades, e polos seus bodegóns. • Zurbarán pintou unha serie de santas, ás que representa coma damas nobres ataviadas con elegantes vestidos da época. Os seus escasos bodegóns tamén ilustran a vida cotiá do XVII.
  • 156. Bodegón con cacharros Zurbarán cara o 1650 Temática: natureza morta
  • 157. Aparición de San Pedro a San Pedro Nolasco Zurbarán 1629 Temática: relixiosa
  • 158. Santa Dorotea Zurbarán 1ª m. XVII Temática: relixiosa
  • 159. A pintura barroca española Murillo, realismo e idealismo • 1617-1682. Bartolomé Esteban Murillo nado en Sevilla, pintou sobre todo temas relixiosos, especialmente de Inmaculadas. Tamén realizou cadros costumistas, escenas da vida cotiá protagonizadas por nenos e pícaros. • Murillo representa a realidade cun halo de tenrura e de idealización que e característico da súa pintura.
  • 160. A Sagrada Familia do paxariño Murillo cara o 1650 Temática: relixiosa
  • 161. Moza e a súa dona Murillo 1660 Temática: retrato
  • 162. Neno espulgándose Murillo cara o 1650 Temática: costumista
  • 163. Nenos xogando aos dados Murillo Entre 1665 e 1675 Temática: costumistas
  • 164. Os nenos da cuncha Murillo cara 1670-1675 Temática: relixiosa
  • 165. A Inmaculada do Escorial Murillo Entre 1660-1665 Temática: relixiosa
  • 166. A pintura barroca española Valdés Leal, • 1622-1690. Nado en Sevilla. Artista de fecunda inventiva pero desigual no acabado das súas obras. • Son famosas as súas obras para o Hospital da Caridade de Sevilla sobre o tema moi extendido por europa da vanitas, as alegorías Finis gloriae mundis (o fin das glorias mundanas) e In ictu oculi (Nun abrir e pechar de ollos).
  • 167. In icti oculi Valdés Leal 1672 Temática: alegórica
  • 168. Finis Gloriae Mundi Valdés Leal 1672 Temática: alegórica