SlideShare a Scribd company logo
1 of 14
Download to read offline
O Ares Indiano
descobren o patrimonio indiano
de Ferrolterra-Rías Altas
Os Bolechas van ao Ares Indiano, unha festa
na que a xente viste á moda indiana.
2
Os aresáns Ernesto López e Javier Vilasánchez
vannos contar por que se fai o Ares Indiano.
3
Ernesto Javier
4
O Ares Indiano facémolo para lembrarmos os
emigrantes aresáns que marcharon á América.
A Cuba, México, Arxentina e outros países.
5
A maior parte dos aresáns marchaban para
fuxiren da pobreza na que vivían. Mais algúns
ían montar negocios e facer fortuna.
Á PROCURA DE FORTUNA
6
Os emigrantes viaxaban case todos nas zonas
máis incómodas do barco, en terceira clase.
Pasaban o día na cuberta.
A TERCEIRA CLASE
Era a clase máis barata, a dos pobres. E a máis
ruín. Os emigrantes non ían moi cómodos.
A comida cheiraba mal.
Durmían nas adegas. Lavábanse coa auga do mar.
7
Ao chegaren á América, os aresáns ían
normalmente á casa de veciños de Ares que xa
levaban tempo alá.
8
Moitos dos recentemente chegados empezaban
a traballar nos negocios que xa montaran
algúns aresáns. Sobre todo na Habana.
OS NEGOCIOS DOS ARESÁNS
9
Na ferraxaría
Casteleiro Vizoso
Na taberna
Sloopy Joe
Na libraría Canelo Na bodega de
Miguel G. Curbeira
Outros aresáns traballaban no mar. Moitos
deles en barcos viveiros, como o Josefa Chao,
que era dun emigrante de Redes.
10
A adega estaba
furada no fondo.
Os furados tiñan
o tamaño dun CD.
Ás veces os borcos deixaban o
peixe en gaiolas somerxidas
(cachuchas) e marchaban
outra vez a pescar.
Os viveiros eran barcos que pescaban no
Golfo de México e levaban o peixe vivo nas
adegas ao porto da Habana.
11
Por estes furados
entraba e saía a auga
do mar. Así
renovábase o osíxeno
que precisan os peixes
para respiraren.
Normalmente, os
peixes estaban un
mes na adega,
dende que os
pescaban até que
os vendían no
porto da Habana.
O peixe pescábano,
sacábanlle o anzol
e botábano vivo
na adega.
12
Os recados traíanos
e levábanos aresáns
que viñan pasar un
tempo á súa terra.
FESTAS, CARTAS E RECADOS
Para esqueceren a morriña, os emigrantes
facían festas semellantes ás da súa terra.
E mandaban cartas e recados.
As festas facíanas con
gaiteiros e todo! Como
as que celebraban nos
xardíns de La Tropical,
na Habana.
As cartas viñan en barco.
Tardaban moito, pero os
parentes que quedaran aquí
recibíanas con moita alegría.
AS MULLERES E A FAMILIA
Case todos os que emigraron á America foron
homes. As mulleres quedaban aquí, a coidaren
os fillos e mais a familia. E a traballar as leiras.
13
Non todos os emigrantes aresáns fixeron
fortuna. Moitos seguiron a ser tan pobres como
o eran na súa terra. Mais algúns fixéronse ricos.
14
a reconstruír unha
casa que ardera
OS INDIANOS
Indiano era o alcume que lle poñían en Galicia
aos emigrantes que se fixeran ricos na
América. Así a todo axudaban os seus veciños:
a facer unha estrada
a pagar as festas a editar xornais
15
Aos indianos gustáballes facer casa nova na
súa parroquia. Para quedaren a vivir nela para
sempre ou para viren de vacacións.
16
Os xardíns con
plantas e árbores
exóticas son típicos
destas casas.
Cores alegres.
As casas indianas
mesturan varios estilos:
colonial, modernista ou
propio da terra.
17
Estas casas indianas destacaban entre as casas
veciñas pola súa pomposa feitura. Os indianos
eran unha migalla fachendosos!
Algúns, no canto
de faceren unha
casa nova,
reformaban a
vella da familia.
A decoración é
luxosa e elegante.
Unha das novidades que trouxeron as casas
indianas foi o cuarto de baño. Os veciños
abraiaban, porque nunca viran algo así!
18
Antes de haber cuartos de baño nas
casas, a xente lavábase no dormitorio
nunha almofía, ou no vertedoiro da
cociña. As necesidades facíanas fóra.
a de Nicolás L. Cancela, en Ares
AS CASAS INDIANAS DE ARES
Os indianos fixeron casas indianas en Ares que
aínda podemos ver. Estas son algunhas delas:
a de Ramón Caínzos, en Cervás
a de Concha Amado, en Redes Vila Santa Amalia, en Ares
19
Os indianos tamén construíron escolas para
que as nenas e nenos aresáns estudasen e
chegasen a ser mulleres e homes instruídos.
20
Ademais de construíren as
escolas, os indianos pagaban os
mestres e o mobiliario.
a Alianza Aresá de Instrución a Escola de Nenas
a Agrupación Instrutiva de
Caamouco
o Centro de Instrución,
Recreativo e Social de Cervás
AS ESCOLAS INDIANAS DE ARES
A primeira escola indiana de Galicia foi a
Alianza Aresá de Instrución. Ademais dela, os
indianos construíron outras escolas en Ares:
21 22
ARES INDIANO
O motivo principal polo que facemos o Ares
Indiano é que queremos lembrar os aresáns
que emigraron á América:
Os que
seguiron
sendo pobres.
Os que axudaron
a manter as
familias que
quedaron aquí.
Os que
volveron e
montaron
negocios
en Ares.
E, sobre todo, os que
construíron escolas
para as nenas e
nenos aresáns.
Os Bolechas xa saben por que se fai o Ares
Indiano. Agora van lucir os seus traxes.
23 24
Casa de Nicolás
López Cancela
Vila Santa Amalia Casa de Concha AmadoCasa de Ramón Caínzos
Alianza Aresá
de Instrución
Escola de Nenas Agrupación Instrutiva
de Caamouco
Centro de Instrución,
Recreativo e Social
de Cervás
CASAS E ESCOLAS INDIANAS DE ARES
Os Bolechas - O Ares Indiano

More Related Content

Featured

2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by HubspotMarius Sescu
 
Everything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTEverything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTExpeed Software
 
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsProduct Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsPixeldarts
 
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthThinkNow
 
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfAI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfmarketingartwork
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024Neil Kimberley
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)contently
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024Albert Qian
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsKurio // The Social Media Age(ncy)
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Search Engine Journal
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summarySpeakerHub
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Tessa Mero
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentLily Ray
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best PracticesVit Horky
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementMindGenius
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...RachelPearson36
 

Featured (20)

2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot
 
Everything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTEverything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPT
 
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsProduct Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
 
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
 
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfAI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
 
Skeleton Culture Code
Skeleton Culture CodeSkeleton Culture Code
Skeleton Culture Code
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
 
How to have difficult conversations
How to have difficult conversations How to have difficult conversations
How to have difficult conversations
 
Introduction to Data Science
Introduction to Data ScienceIntroduction to Data Science
Introduction to Data Science
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best Practices
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project management
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
 

Os Bolechas - O Ares Indiano

  • 1.
  • 2. O Ares Indiano descobren o patrimonio indiano de Ferrolterra-Rías Altas Os Bolechas van ao Ares Indiano, unha festa na que a xente viste á moda indiana. 2
  • 3. Os aresáns Ernesto López e Javier Vilasánchez vannos contar por que se fai o Ares Indiano. 3 Ernesto Javier 4 O Ares Indiano facémolo para lembrarmos os emigrantes aresáns que marcharon á América. A Cuba, México, Arxentina e outros países.
  • 4. 5 A maior parte dos aresáns marchaban para fuxiren da pobreza na que vivían. Mais algúns ían montar negocios e facer fortuna. Á PROCURA DE FORTUNA 6 Os emigrantes viaxaban case todos nas zonas máis incómodas do barco, en terceira clase.
  • 5. Pasaban o día na cuberta. A TERCEIRA CLASE Era a clase máis barata, a dos pobres. E a máis ruín. Os emigrantes non ían moi cómodos. A comida cheiraba mal. Durmían nas adegas. Lavábanse coa auga do mar. 7 Ao chegaren á América, os aresáns ían normalmente á casa de veciños de Ares que xa levaban tempo alá. 8
  • 6. Moitos dos recentemente chegados empezaban a traballar nos negocios que xa montaran algúns aresáns. Sobre todo na Habana. OS NEGOCIOS DOS ARESÁNS 9 Na ferraxaría Casteleiro Vizoso Na taberna Sloopy Joe Na libraría Canelo Na bodega de Miguel G. Curbeira Outros aresáns traballaban no mar. Moitos deles en barcos viveiros, como o Josefa Chao, que era dun emigrante de Redes. 10 A adega estaba furada no fondo. Os furados tiñan o tamaño dun CD. Ás veces os borcos deixaban o peixe en gaiolas somerxidas (cachuchas) e marchaban outra vez a pescar.
  • 7. Os viveiros eran barcos que pescaban no Golfo de México e levaban o peixe vivo nas adegas ao porto da Habana. 11 Por estes furados entraba e saía a auga do mar. Así renovábase o osíxeno que precisan os peixes para respiraren. Normalmente, os peixes estaban un mes na adega, dende que os pescaban até que os vendían no porto da Habana. O peixe pescábano, sacábanlle o anzol e botábano vivo na adega. 12 Os recados traíanos e levábanos aresáns que viñan pasar un tempo á súa terra. FESTAS, CARTAS E RECADOS Para esqueceren a morriña, os emigrantes facían festas semellantes ás da súa terra. E mandaban cartas e recados. As festas facíanas con gaiteiros e todo! Como as que celebraban nos xardíns de La Tropical, na Habana. As cartas viñan en barco. Tardaban moito, pero os parentes que quedaran aquí recibíanas con moita alegría.
  • 8. AS MULLERES E A FAMILIA Case todos os que emigraron á America foron homes. As mulleres quedaban aquí, a coidaren os fillos e mais a familia. E a traballar as leiras. 13 Non todos os emigrantes aresáns fixeron fortuna. Moitos seguiron a ser tan pobres como o eran na súa terra. Mais algúns fixéronse ricos. 14
  • 9. a reconstruír unha casa que ardera OS INDIANOS Indiano era o alcume que lle poñían en Galicia aos emigrantes que se fixeran ricos na América. Así a todo axudaban os seus veciños: a facer unha estrada a pagar as festas a editar xornais 15 Aos indianos gustáballes facer casa nova na súa parroquia. Para quedaren a vivir nela para sempre ou para viren de vacacións. 16 Os xardíns con plantas e árbores exóticas son típicos destas casas. Cores alegres. As casas indianas mesturan varios estilos: colonial, modernista ou propio da terra.
  • 10. 17 Estas casas indianas destacaban entre as casas veciñas pola súa pomposa feitura. Os indianos eran unha migalla fachendosos! Algúns, no canto de faceren unha casa nova, reformaban a vella da familia. A decoración é luxosa e elegante. Unha das novidades que trouxeron as casas indianas foi o cuarto de baño. Os veciños abraiaban, porque nunca viran algo así! 18 Antes de haber cuartos de baño nas casas, a xente lavábase no dormitorio nunha almofía, ou no vertedoiro da cociña. As necesidades facíanas fóra.
  • 11. a de Nicolás L. Cancela, en Ares AS CASAS INDIANAS DE ARES Os indianos fixeron casas indianas en Ares que aínda podemos ver. Estas son algunhas delas: a de Ramón Caínzos, en Cervás a de Concha Amado, en Redes Vila Santa Amalia, en Ares 19 Os indianos tamén construíron escolas para que as nenas e nenos aresáns estudasen e chegasen a ser mulleres e homes instruídos. 20 Ademais de construíren as escolas, os indianos pagaban os mestres e o mobiliario.
  • 12. a Alianza Aresá de Instrución a Escola de Nenas a Agrupación Instrutiva de Caamouco o Centro de Instrución, Recreativo e Social de Cervás AS ESCOLAS INDIANAS DE ARES A primeira escola indiana de Galicia foi a Alianza Aresá de Instrución. Ademais dela, os indianos construíron outras escolas en Ares: 21 22 ARES INDIANO O motivo principal polo que facemos o Ares Indiano é que queremos lembrar os aresáns que emigraron á América: Os que seguiron sendo pobres. Os que axudaron a manter as familias que quedaron aquí. Os que volveron e montaron negocios en Ares. E, sobre todo, os que construíron escolas para as nenas e nenos aresáns.
  • 13. Os Bolechas xa saben por que se fai o Ares Indiano. Agora van lucir os seus traxes. 23 24 Casa de Nicolás López Cancela Vila Santa Amalia Casa de Concha AmadoCasa de Ramón Caínzos Alianza Aresá de Instrución Escola de Nenas Agrupación Instrutiva de Caamouco Centro de Instrución, Recreativo e Social de Cervás CASAS E ESCOLAS INDIANAS DE ARES