2. Durante os últimos días de agosto e os primeiros de setembro do 2007, o p romotor retirou con pa mecánica unha capa de area que variaba, segundo a zona, entre os 60cm e os 2m de altura. Esta é a parcela na que se pretenden construír 26 vivendas (parcela nº 2).
3.
4.
5. Irregularidade nº1 A xa mencionada retirada de area con pa mecánica de entre 60cm e 2m de altura , dependendo da zona .
34. Capa 1. A area clariña e con raíces, a area marrón e mesmo algunha area de cor negra con restos arqueolóxicos, cando chegaron os arqueólogos xa non estaba no xacemento, senón no entullo de Morás.
39. Capa2. A area solta non nos sorprende que se atope despois do peiteado feito pola pa mecánica. É máis, estamos seguros de que na sondaxe nº7 a area estaba solta até ben abaixo.
52. Supoñemos que o “burato de poste moderno” ao que se fai referencia é para xustificar a presenza de area branca onde só tiña que aparecer area negra. Se nos fixamos nas fotos onde se ven as sondaxes nº 5 e 8, vese que esa area branca non ocupa un burato de poste da sondaxe nº 5, senón que é unha gabia que se prolonga até a sondaxe nº 8 .
62. Por fin lemos unha medida que se corresponde coa realidade. Lembremos que nesta mesma sondaxe, anteriormente fálase de que a rocha se encontraba a 70 cm e que había unha colmatación moderna de 50cm.
64. O muro conserva unha fiada de pedra, como moi ben recolle o texto e como se pode apreciar na fotografía, onde por certo tamén se aprecian as pegadas dos dentes da pa mecánica, tanto nas pedras do muro como na rocha.
76. Os arqueólogos, pagados polo construtor, aconsellan que se escave todo o xacemento. Patrimonio e a Delegación, a pesar de ter información sobre estas irregularidades, consenten que sexan os mesmos arqueólogos os que fagan as novas escavacións.
77. Á vista da consideración que posibilitaría a destrución do xacemento para poder edificar, intuímos que esta morea de irregularidades e de falsidades non foron casuais.