SlideShare a Scribd company logo
1 of 39
Prisciliano de Gallaecia,
fitos e mitos*
Carlos Barros
Prisciliano, e o priscilianismo, constitúen un dos feitos
históricos máis relevantes da historia da Gallaecia-
provincia romana que precede a Galicia- no tránsito da
Antiguïdade á Idade Media, séculos IV-VI, xunto coa
invasión sueva que da orixe ó Reino de Galicia.
Perfilaremos como de costume os datos probados e os mitos
xerados.
Vida
As noticias escritas sobre Prisciliano, á fin bispo de
Ávila, son tardías, datan dos cinco anos antes do ser
degolado en 3851
. A fonte máis directa é Chronica, escrita
en 404, de Sulpicio Severo (biógrafo de San Martiño de
Tours), teoricamente neutro: “me desagradan tanto los reos
como los acusadores”, os tamén bispos hispanos Itacio e
*
Versión en galego da conferencia de Carlos Barros na XXXII Semana de Estudios
Medievales sobre "La herencia medieval en la identidad territorial española". Nájera, La
Rioja, 26 de xullo de 2022.
1
Foi o primeiro “herexe” condenado a morte polo brazo secular a demanda dun sector da
Igrexa hispana tido por oficial.
Idacio2
. Bota unha de cal e outra de area, retratando a
Prisciliano como “de familia noble, muy rico, enérgico,
inquieto, elocuente, instruido por la mucha lectura, muy
presto para la disertación y el debate, un hombre
ciertamente de éxito, si no hubiera corrompido su
extraordinario talento con malas aficiones”3
. A súa obra e
vida confirman esas virtudes e outras máis, de seguro con
admiración: ascetismo4
, honradez e valentía. O que non se
podía dicir do seu perseguidor Itacio: “no tenía nada de
valor, nada de santo, pues fue audaz, locuaz,
desvergonzado, derrochador, y muy dado a los placeres del
vientre y de la boca”. Sulpicio odiaba este bispo do Algarve
porque “había llegado a tal grado de necedad que
incriminaba a todos… se atrevió, el miserable, a acusar
abiertamente de hereje al obispo Martín, varón enteramente
digno de ser comparado con los apóstoles”5
. Igual que
Prisciliano, San Martiño de Tours iniciará a súa andadura
como asceta6
, e opoñerase, xunto con San Ambrosio de
Milán e o Papa Siricio7
, a súa execución polo poder civil a
2
Publica José FREIRE CAMANIEL, Gallaecia. Antigüedad, intensidad y organización
de su cristianismo (Siglos I-VII), A Coruña, 2013, p. 278.
3
op. cit., pp. 272-273.
4
“… podías ver en él muchas buenas cualidades espirituales y corporales. Podía
mantenerse en vela durante mucho tiempo, y soportar el hambre y la sed, era poco deseoso
de poseer y muy parco en el gastar”, loc. cit.
5
op. cit., p. 278.
6
Tamén foi asceta o seu biógrafo Severo, Francisco J., SALMONTE, “Cristianismo y
aculturación en tiempos del Imperio Romano”, Antigüedad y Cristianismo, Murcia, VII,
1990, p. 278.
7
Andrés OLIVARES, “Actitud del Estado romano ante el priscilinanismo”, Espacio,
Tiempo y Forma. Serie II. Historia Antigua, Madrid, Tomo 14, 2001, p. 122; Martiño,
Ambrosio e Siricio protestaron pola morte cruel de Prisciliano, probablemente
acompañada de torturas, da man do Emperador, pero igual o condenaron como herexe...
partir das denuncias do corrupto Itacio, bispo de Faro na
Lusitania.
Considérase que Prisciliano naceu pagán cara os anos
40-45 do século IV8
, converténdose ó cristianismo,
principia o seu apostolado como laico na segunda metade
do século IV9
, dúas décadas antes do seu axustizamento en
Alemaña. De formación autodidacta, exemplar no seu
ascetismo a pesar das súas riquezas, gran lector e
convincente falador, fai medrar un movemento relixioso de
base na Gallaecia, gañando forza entre os presbíteros e
mesmamente elixindo bispos. O priscilianismo rematará
por estenderse progresivamente ás provincias romanas
veciñas de Lusitania, Bética, Tarraconense e Cartaginense,
ata Aquitania, o que alarma considerablemente ós bispos de
Lusitania, Itacio de Faro e Idacio de Mérida, que acadan
certo apoio da fracción niceana da Igrexa romana, dentro e
fóra das Hispanias.
Doce anos despois da conversión do Imperio ó
cristianismo, celebrarase o Concilio de Nicea (325) onde se
establece unha alianza entre poder político e poder
eclesiástico que tenta se impoñer sobre as comunidades
cristiás saídas da clandestinidade, potenciando unha Igrexa
xerárquica e dogmática na parte occidental do Imperio
fronte a resistencia do cristianismo orixinario e apostólico
no que debemos encadrar o priscilianismo.
8
E.-Ch. BABUT, Priscillien et le priscillianisme, Paris 1909, 251-252; Francisco DÍEZ DE
VELASCO, “Prisciliano: santo o diablo", Autoridad y autoridades de la iglesia antigua.
Homenaje al profesor José Fernández Ubiña, Granada, 2017, p. 223.
9
“Actitud del Estado romano ante el priscilianismo”, p. 115.
A falta dos bispos próximos a Prisciliano, atácanse no
Concilio de Zaragoza (380), sen nomealo, as súas formas
comunitarias e laicistas de relixiosidade esixindo disciplina
eclesiástica, vertical e canónica. Prisciliano déixase
convencer polos bispos priscilianistas, Instancio e Salviano,
que o nomean bispo de Ávila aproveitando unha vacante,
co fin de poder deste xeito se defender mellor10
. A rexa loita
entre os bispos pola orientación da Igrexa hispana leva a
Prisciliano, e ós seus, a unha amarga peregrinación polos
centros de poder onde podía dilucidarse o seu futuro11
:
Roma, onde o Papa Dámaso no quixo recibilos, e Tréveris,
onde residía o emperador Máximo, “tirano” que chegou ó
poder por un golpe militar, quen arelaba o sostén da Igrexa
xerárquica para se consolidar, asumindo a denuncia por
maleficium (bruxería12
) que Itacio e os seus cómplices
hispanos13
e xermanos, prepararon para poder aplicar a pena
de morte a Prisciliano e ós seus correlixionarios que o
acompañaron a Alemaña, o que horrorizou á Cristiandade
mais supuxo un escarmento para outros grupos que
discutían, na teoloxía e na práctica, o credo niceano.
Os corpos supliciados de Prisciliano e os seus amigos,
volveron á Gallaecia por iniciativa do priscilianista bispo
10
O priscilianismo xa practicaba na Gallaecia unha sorte de entrismo nas cativas
estruturas eclesiásticas, que se vai acentuar conforme se senten agredidos pola súa
maneira “simplista” -dicíanlles- de vivir o cristianismo.
11
No medio pasaron por Burdeos (Aquitania, sur da Galia), onde -segundo Babut, loc.
cit.- Prisciliano fora anos atrás a completar a súa formación teolóxica, tachada de
heterodoxa polos niceanos.
12
Gallaecia. Antigüedad, intensidad y organización de su cristianismo (Siglos I-VII), p.
279, n. 1076.
13
Remataron mal: Itacio foi expulsado do seu bispado e Idacio de Mérida tivo que
dimitir, segundo Sulpicio Severo, José FREIRE CAMANIEL, op. cit., p. 281.
Sinfosio de Ourense14
, onde foron soterrados con gran
pompa e venerados como santos e mártires: “los cuerpos de
los ejecutados fueron llevados a las Hispanias, y sus
entierros fueron celebrados con grandes exequias. Es más
incluso jurar por Prisciliano se consideraba de la mayor
devoción”15
. Entrementres sucédense os Concilios
condenatorios da Igrexa oficial (primeiro Toledo I, 400;
moito despois, Braga I, 561 e Braga II, 572), o
priscilianismo faise hexemónico na Gallaecia entre crentes,
sacerdotes e bispos, que gardarán durante dous séculos
acendida a chama sagrada de Prisciliano, grazas -todo hai
que dicilo- á tolerancia, mesmo amparo, dos invasores
suevos cara 411, pagáns e tamén herexes (arrianos), ata a
súa conversión definitiva ó catolicismo no ano 555. Seguida
da integración de Gallaecia sueva no Estado punitivo dos
visigodos en 585. Nesta segunda metade do século VI se
encadra a decisiva intervención relixiosa e política de San
Martiño de Dumio16
contra un priscilianismo preponderante
-e a superstición e o paganismo labrego, con menos éxito-,
co soporte dos agora Reis suevos católicos romanos.
Concilios
14
Henrique FLÓREZ, España Sagrada, IV, 1859, p. 310.
15
Crónica de Sulpicio Severo, trad. de José FREIRE CAMANIEL, op. cit., p. 281.
16
Andrés OLIVARES, “Prisciliano entre la ortodoxia y la heterodoxia. Influencia del
ambiente político y religioso en la evolución histórica del priscilianismo (ss. IV-VI d.
C.)”, Revista de Ciencias de las Religiones, vol. 7, 2002, pp. 114-117.
A orixe, desenrolo e declive do movemento
priscilianista -galaico, hispano e europeo- é signo, causa e
consecuencia dun contexto histórico único: a decadencia
de Roma e as invasións xermánicas, e o tránsito dun
cristianismo primitivo cara unha niceana Igrexa
institucional que soubo arrimarse primeiro ó poder romano,
daquela en caída libre, e logo ó emerxente poder
monárquico dos xermanos17
. De forma que os partidarios
como Prisciliano -e outros ó longo de Idade Media- de
seguiren o exemplo orixinal da vida evanxélica procuraron
o calor popular18
, igual que Xesús no seu tempo, para
enfrontarse á unha nova alianza conservadora dos poderes
políticos e eclesiásticos.
En ningún lugar de Europa se deu, entre os séculos IV
e VI, tan dura e dolorosa batalla entre o modelo comunitario
do cristianismo apostólico e o modelo xerárquico do
cristianismo dogmático. Temos para nós que o miolo de
conflito priscilianista está -máis que na teoloxía- no libre
xeito destes de vivir a fe cristiá, alleo á calquera disciplina
externa. Nestas comunidades de base priscilianistas,
continuación do cristianismo anterior á decisión do
emperador Constantino de oficializar en 313 a relixión de
Xesús, os bispos exercen de representantes ou
17
O que lle permitiu á Igrexa actuar historicamente de ponte cultural entre a Antigüidade
e a Idade Media, así como formar parte do novo sistema feudal como parte esencial da
clase señorial.
18
Abilio BARBERO, “El priscilianismo: ¿herejía o movimiento social?”, Conflictos y
estructuras sociales en la Hispania antigua, Madrid, 1977, p. 77-114.
administradores comunitarios19
máis que de autoridade
político-eclesiástica. Soamente así se entende a estrema
dureza da reacción oficial á logo considerada herexía
priscilianista, descoñecida dende os tempos da
persecucións do poder romano, cuxa memoria estaba aínda
viva a finais do século IV.
Cando aínda se consideraba ortodoxo a Prisciliano, a
Igrexa niceana hispana estima anatema, sen nomealo, no
Concilio de Zaragoza (380), catro cuestións sobre as formas
da relixiosidade priscilianista: mulleres, ascetismo, liturxia
e laicismo, por esta orde. O patriarcalismo paulista da
Igrexa oficial, en proceso de formación, constitúe unha
parte principal da súa dimensión xerárquica. Esixe “que las
mujeres fieles no se mezclen en los grupos de otros hombres
que no sean sus maridos”20
, prohibíndolles asistir as
xuntanzas comunitarias, tamén que poidan “aprender o
enseñar” os evanxeos21
. Os xaxúns do ascetismo
priscilianista resultan así mesmo condenados ó estar
orixinados “por persuasión de otros o por superstición”,
fóra das igrexas e das súas datas sinaladas para elo
(Coresma, sábados). O bispos hispanos xuntados en
Zaragoza desautorizan, así mesmo, ás comunidades cristiás
que non “sigan el ejemplo de los obispos” [niceanos] e se
xuntan nos montes “o en las haciendas ajenas para celebrar
19
De aí a proliferación de bispos como característica do priscilianismo, Manuel C.
DÍAZ y DÍAZ, “Orígenes cristianos de Lugo”, Bimilenario de Lugo, Lugo, 1977, p.
245.
20
Véxase a nota 38.
21
Canon I do Concilio de Zaragoza, Concilios visigóticos e hispano-romanos, José
VIVES, edit., Madrid, 1973, p. 16; sobre o papel das mulleres na transmisión oral do
priscilianismo, véxase a nota 49.
reuniones”. Remata o canón I: “todos los obispos [os
priscilianistas decidiran non asistir, lembremos] dijeron:
Sea anatema quien esto hiciere”22
. Os tachan tamén de
comulgar e celebrar Nadal e Reis fóra dos edificios das
igrexas: “ni se oculte en su casa, ni se marche a su hacienda,
ni se dirija a los montes ni ande descalzo23
, sino que asista
a la iglesia”24
.
Na teima de impoñer unha disciplina xerárquica,
inédita na Gallaecia atlántica, ameazan os asistentes ó
Concilio de Zaragoza ós bispos non oficiais coa
excomuñón se admitían “aquellos que por medida
disciplinar o sentencia de su obispo ha sido separados de la
Iglesia”25
. Por último: “que nadie se llame doctor, sin tener
ese título”: referencia evidente a Prisciliano e demais laicos
priscilianistas que dirixían, coma o fundador, as lecturas
colectivas ou predicaban á xente.
Existían xa que logo no Noroeste peninsular, na
segunda metade do século IV, dúas alternativas de
relixiosidade e modelo de Igrexa cristiá abondo
diferenciadas: unha de influencia laica en contacto coa
natureza, máis igualitaria e democrática; outra máis
xerárquica e vertical, aínda que marxinal na Gallaecia
priscilianista durante o reinado dos suevos arrianos.
22
Canon II do Concilio de Zaragoza, loc. cit.
23
Costume priscilianista aínda vivo hoxe en día nas procesións de Galicia; verifiqueino
eu mesmo non fai moito na procesión nocturna da Virxe do Gundián na parroquia de
Ponte Ulla, preto Compostela.
24
Cánones III e IV, op. cit., p. 17.
25
Canon V, íbidem.
Vinte e cinco anos despois das execucións dos líderes
priscilianistas por parte do tirano Máximo ten lugar, no ano
400, o primeiro Concilio hispano de Toledo para facer
fronte á ameaza redobrada que supoñía a fulgurante
expansión na Gallaecia occidental da devoción a Prisciliano
e os mártires de Tréveris. Os bispos das outras catro
provincias peninsulares redactan “los artículos de la fé
católica contra todas las herejías, y sobre todo contra los
Priscilianos” (agora nomeados explicitamente), enviados
por medio do Papa León a Balconio “obispo de Gallaecia”,
onde reinaba a Igrexa priscilianista.
A declaración, verbo dos “errores de la secta de
Prisciliano”26
, contén catorce canóns de anatemas
teolóxicos de orde dogmática e catro máis sobre
relixiosidade priscilianista (que podemos engadir ós catro
xa citados do precedente Concilio de Zaragoza), que
pasamos a resumir: a) contra a crenza na “astrología y las
matemáticas”27
(canon XV); nada se di do maleficium que
motivara as penas de morte en Alemaña; b) contra os que
optan polo celibato sendo laicos (sobre aqueles que din que
os “matrimonios... lícitos... son execrables”, canon XVI);
c) contra o vexetarianismo (os que din que “debe uno
abstenerse de las carnes de las aves o de los animales”28
,
canon XVII); d) contra a forma de administrar o bautismo
(distinta de Roma, canon XVIII)29
. Disposicións anti-
26
Concilios visigóticos e hispano-romanos, pp. 25-28.
27
A astroloxía e a numeroloxía foi tolerada durante toda a Idade Media, mesmo practicada
por cristiáns ilustres.
28
Entendían que o mundo e os animais eran creación do Diaño.
29
Concilios visigóticos e hispano-romanos, p. 28.
priscilianistas que non chegaron a ter efecto, toda vez que
pouco despois os suevos destrúen a administración romana
da ex-provincia Gallaecia formando o primeiro Reino
medieval de Galicia.
A Igrexa galaico-prisciliana fica de seguido nada
menos que século e medio fóra da autoridade de Roma e
dos bispos das outras provincias peninsulares cos seus
concilios hispanos, sen a Galicia suevo-prisciliana. Coa
conversión ó catolicismo do Rei suevo Carrarico cara 555,
e a chegada a Braga -capital da Gallaecia sueva- de Martiño
de Dumio (tamén coñecido como Martiño de Braga),
recomezan como vimos, cun denodado vigor, as condenas
sumarias do cristianismo galaico “de los Priscilianos”. En
561 ten lugar o Concilio de Braga I, o primeiro na propia
Gallaecia, logo do martirio de Prisciliano, amparado pola
monarquía sueva e organizado por Martiño Dumiense.
Xúntanse con Martiño na Igrexa metropolitana de
Braga oito bispos “de la provincia de Gallaecia... por
mandato del antedicho gloriosísimo rey Ariamiro”, porque
“hace ya mucho tiempo... deseábamos celebrar una
asamblea episcopal de todos nosotros... por incuria del
tiempo transcurrido”. Acordando que se ben “hace ya algún
tiempo que la peste de la herejía de Prisciliano fue
descubierta y condenada en las provincias de España...
explíquese aun con más detalle a los hombres ignorantes,
que habitando en el mismo fin del mundo [in ipsa
extremitate mundi] y en las ultimas regiones30
de esta
provincia... en estas regiones se extendía el veneno de la
30
Descrición semellante á empregada por Orosio para situarmos o Monte Medulio na
Galicia atlántica.
nefanda herejía priscilianista”31
. Corroborando a
hexemonía do priscilianismo nos conventos, bracarense e
lucense, que xuntos definirán os límites del Reino medieval
de Galicia.
Lense de seguido os canons do Concilio anti-
priscilianista de Toledo realizado 161 anos antes, despois
da longa paréntese dos suevos arrianos, confirmando a
extraordinaria vixencia secular do movemento priscilianista
na parte máis extrema da provincia dos gallaeci. E logo
propoñen os bispos presentes en Braga os seus propios 14
capítulos, con clara intención punitiva: “para que cualquier
clérigo o monje o seglar, que se descubriese que todavía
cree o defiende algo semejante, sea amputado del cuerpo de
la Iglesia católica inmediatamente, como miembro
totalmente podrido”32
. As ameazas ían dirixidas, ante todo,
á parte máis ilustrada e sacerdotal das comunidades
priscilianistas, incluídos os laicos que predicaban, cantaban
e daban misa33
.
De primeiras, coma sempre tratándose de niceanos, a
doutrina: procuraban os ortodoxos de Braga para maior
eficacia relacionaren as desviacións priscilianistas con
herexías contemporáneas coñecidas, desprestixiadas e
31
Concilios visigóticos e hispano-romanos, pp. 65-67.
32
ídem, p. 67.
33
Aínda no renovador Concilio Pastoral de Galicia de 1976, acordouse elaborar un censo
de 250 santuarios no arcebispado de Santiago de Compostela, “procurando no preterir las
costumbres populares aunque se realicen completamente al margen de la liturgia de la
Iglesia”, Juan José CEBRIÁN, Santuarios de Galicia, Santiago de Compostela, 1982, pp.
6-7.
perseguidas, coma o gnosticismo e o maniqueísmo. Así
como claman anatema contra o concepto unionista da
Santísima Trinidade de Prisciliano, onde Pai, Fillo e
Espírito Santo son unha mesma cousa: Deus34
. Os homes -
dicían os priscilianistas- están feitos de corpos físicos e
almas divinas, os primeiros están feitos polo Diaño35
(igual
que os animais36
), polo que cómpre mortificar a carne
humana con os xexúns, fuxindo da sexualidade e rexeitando
manterse coa carne impura doutros seres vivos37
.
A división maniquea do mundo, o ascetismo e o
celibato, son dende logo anteriores ó priscilianismo e
seguiran estando presentes durante séculos na Igrexa
medieval, cohabitando coa súa parte máis mundana, rica e
pecadora. Outra cousa é -berran os niceanos- que pretendan
poñelo en práctica, fóra da disciplina romana, segrares
apoiados por comunidades crentes, clérigos e bispos
descarreirados, despois da bendicida oficialización do
cristianismo como relixión do Imperio nas súas horas máis
baixas, o que facilitou certa continuidade do cristianismo
primitivo.
34
Confirmado polos “Cánones de las cartas del apóstol Pablo” I, III e XVI, no relativo á
divinidade de Xesús, Prisciliano, Tratados y Cánones, Bartolomé Segura edit., Madrid,
1975, pp. 129-130.
35
No Tratado V sobre a Xénese, Prisciliano nega categoricamente esta afirmación do I
Concilio de BRAGA, atacando ós que xustifican con malicia o pecado “atribuyendo al
diablo la creación de su cuerpo”, Prisciliano de Ávila. Tratados, Manuel J. Crespo, edit.,
Madrid, 2017, p. 194.
36
Tratados I.7.26 (seguiremos primordialmente para citar os Tratados de Prisciliano a
edición crítica recente de Manuel J. Crespo).
37
Concilios visigóticos e hispano-romanos, pp. 67-68
Os bispos galaicos do I Concilio de Braga aproveitan,
por suposto, para censurar unha vez máis a astroloxía e o
zodíaco, que Prisciliano -dicían- vinculaba coas diferentes
partes da alma e do corpo humano; así como a condena do
matrimonio por parte dos priscilianistas máis rigorosos; a
abstención de comer carne; os severos xexúns fóra da
disciplina oficial ou a confraternidade entre homes e
mulleres que non eran parentes, prohibición agora destinada
a clérigos e monxes38
. O obxectivo dos Concilios de 561 e
572 era a corrección da parte sacerdotal da Igrexa galaica,
desenvolvida de maneira endóxena con criterios
priscilianistas nos tempos suevos.
Impoñer de xeito tardío unha disciplina eclesiástica de
raíz niceana entraña, primeiramente, separar netamente os
clérigos dos laicos, dentro e fóra de Igrexa. Comezado pola
forma de vestir e levar o pelo. Queren obrigar ós lectores a
que non canten na igrexa “en traje seglar ni dejarse crecer
el bigote... ni se dejen rizos al estilo profano” (Braga I)39
.
“Del corte de cabello de los clérigos. No conviene que los
clérigos lleven el pelo largo y oficien de este modo, si no
con el pelo cortado y descubiertas las orejas, y a imitación
de Aarón vistan el traje talar para que de este modo lleven
el traje conveniente” (Braga II)40
. Non obstante, séculos
38
ídem, p. 69; a censura da convivencia igualitaria de homes e mulleres nas cerimonias
galaicas enlaza, deste xeito, co que será a reiterada “condena” medieval das barraganas
dos clérigos; xa o perseguidor Itacio consideraba en Tréveris a mestura de homes e
mulleres como algo “deshonesto” e “obsceno”, por moito que fora incoherente co probado
ascetismo sexual dos priscilianistas máis comprometidos.
39
Concilios visigóticos e hispano-romanos, p. 72.
40
Canon LXVI, Concilios visigóticos e hispano-romanos, p. 102; sesenta e un anos
despois o problema continuaba: no Canon XLI sobre a tonsura do IV Concilio de Toledo
despois, na Galicia medieval, e par tout, Cristo e os
apóstolos aparecen representados na arte con melenas,
barba, bigotes, rizos e túnicas de segrares pobres, como os
justos priscilianistas da Galicia sueva: vitoria póstuma dos
mártires de Tréveris xamais recoñecida.
Tamén ordenan nos concilios bracarenses que “no se
cante en la iglesia ningún otro cántico” ou “composición
poética” que non sexan os textos do Vello e Novo
testamento (BRAGA I)41
. Repítese a esixencia once anos
despois: “No está permitido recitar salmos poéticos en la
iglesia ni leer libros apócrifos. No conviene recitar en la
iglesia salmos compuestos por particulares y de uso entre el
vulgo, ni leer libros que están fuera del canon, sino
solamente los canónicos del Viejo y Nuevo Testamento”
(BRAGA II)42
. Comezo pois dun pretendido arredamento
entre o “vulgo” e a nova Igrexa institucional, que non
chegou a levarse a cabo de todo na Idade Media, e será
tarefa prioritaria da contrarreforma católica nos tempos
modernos.
Prohíbense así mesmo os ritos que, na tradición
priscilianista, tiñan lugar a campo aberto: “Que no está
permitido celebrar la misa sobre la tumba de los
muertos. No está bien que clérigos ignorantes y osados,
trasladen los oficios y distribuyan los sacramentos en el
campo sobre las tumbas” (BRAGA II)43
. A Igrexa post-
(633), censura que “los lectores en la zona de Galicia... dejando largos los cabellos, al
modo de los seglares... pues este fue el uso de los herejes en España”, ibidem, p. 206.
41
Idem, p. 73.
42
Idem, p. 102.
43
Ibidem.
priscilianista pechase dentro dos edificios, relacionándose
coa cultura popular dende fóra e dende enriba, perseguindo
ós priscilianistas máis sinalados, ó tempo que combate en
xeral as supersticións vulgares e pagás. discriminar
clérigos de laicos, elites da xente común, viña sendo o
mesmo para derrotar o que quedaba da Igrexa priscilianista,
conseguírono relativamente...
A persistencia dos homes-santos priscilianistas, que no
quixeran facerse clérigos, vese claramente, case que
douscentos anos despois da morte de Prisciliano, no Canon
LXX do II Concilio de Braga: “No está permitido a los
clérigos y católicos legos [laicos] recibir eulogias
[bendicións] de los herejes, nir orar con ellos...” Xa que
“se trata más bien de maldiciones que de bendiciones”44
.
Resulta evidente que os cristiáns galegos de mediados do
século VI, clérigos e laicos, continuaban crendo na
autoridade espiritual dos priscilianistas máis rigorosos, en
competencia coa nova Igrexa institucional que os bispos de
Martiño de Braga querían fortificar, en radical oposición á
tradición priscilianista do cristianismo galego máis antigo,
procurando fender a súa íntima conexión coas culturas laica
e popular.
A tarefa histórica de San Martiño completase coa
contenda igualmente frontal e paralela coa cultura popular,
pre-cristiá e pagá, que a primeira cristianización
(priscilianista) de Gallaecia soubo tolerar. Despois dos dous
congresos bracarenses o bispo Martiño, que viñera da
Panonia centroeuropea a poñer orde na Gallaecia de “los
Priscilianos”, publica De correctione rusticorum (574) para
44
Idem, pp. 102-103
extirpar, ademais da “herexía” priscilianista, as
supersticións e o paganismo da xente común, teima á que
xa dedicaran os canons LXXI-LXXV do II Concilio de
Braga (572). Determinando cun “no es lícito” que os
cristiáns (priscilianistas): metan nas súas casas adiviños,
acudan a feiticeiros45
ou se purifiquen como os pagáns
(LXXI); segan as tradicións dos xentís, tendo en conta os
elementos, o curso da Lúa, as estrelas e os astros, para
casaren, construír unha casa, sementar ou plantar (LXXII);
celebren festas romanas, ou ritos pagáns como poñer follas
de loureiro nas casas novas46
(LXXIII); ou apañen herbas
medicinais para facer encantamentos (LXXIV). Agregan ó
cabo outra prohibición de xénero: que as mulleres cristiás
non usen fórmulas supersticiosas para tecer a la (LXXV)47
.
Como é sabido moitas destas tradicións populares
denunciadas no século VI nos escritos de Martiño de
Dumio, perduraron durante séculos fóra e dentro da Igrexa,
consentidas ou mesmo practicadas (maxia branca). Dito
doutro modo, o triunfo da segunda e definitiva
cristianización do Reino de Galicia na Idade Media foi
xustamente factible porque foi sincrética, cristianizaron
masivamente os lugares, ritos e costumes anteriores. Co seu
relativo sincretismo Prisciliano foi, sen dúbidas, un
45
No IV Concilio de Toledo en 633, segue habendo un Canon específico (nº XXIX) sobre
Los clérigos que consultan a los magos o adivinos, a quen se lles quere encerrar en
mosteiros (leve castigo comparado co que se fixo, sen probas, con Prisciliano e os seus
compañeiros): “si se descubriese que algún obispo, presbítero o diácono… consultaba
magos, hechiceros, adivinos, agoreros, sortílogos, o los que profesan artes ocultas”, idem,
p. 203.
46
Costume aínda hoxe viva no mundo rural e as contornas das cidades en Galicia.
47
Idem, pp. 103-104.
adiantado ó seu tempo. Pagando coa súa vida o retardo de
dous séculos na Gallaecia antiga o modelo vertical de poder
da Igrexa niceana. O que posibilitou unha especial
simbiose Igrexa-cultura popular que distinguiu o
feudalismo galego do resto de Península.
Debemos confesor con todo que, San Martiño de
Braga, na súa obra acusatoria, distingue as supersticións
pre-cristiás do propio priscilianismo, restrinxindo a
condena á influencia das primeiras sobre o segundo.
Criticando implicitamente a decisión arbitraria dous
séculos antes do emperador Máximo, aconsellado polos
bispos corruptos Itacio e Idacio, de degolar a Prisciliano e
os seus por bruxería. Para Martiño de Dumio o principal era
apartar de forma terminante os clérigos dos laicos,
compoñendo unha renovada e disciplinada elite sacerdotal,
por enriba da plebe, en conivencia coa nova monarquía
suevo-católica.
Cento setenta e seis anos despois da morte do fundador
da Igrexa galaico-priscilianista, ditamina Martiño en Braga
I que os segrares non podan “alcanzar el grado episcopal
[como fixera Prisciliano] sino conforme a las normas
canónicas”, debendo pasaren antes os presbíteros un ano
completo no oficio de lectorado ou subdiaconado, á fin de
familiarizarse coa disciplina eclesiástica. De xeito que
“aquel que todavía no aprendió [non] se atreva ya a
enseñar”48
. Probas indiciarias de que a Igrexa cristiá do
século VI na Gallaecia occidental seguiu primando ós
justos laicos por riba da estrutura clerical ata os Concilios
de Braga, que preludian no ámbito relixioso a absorción
48
Canons XI, XII e XX, ídem, pp. 73, 75.
política, en 585, do Reino suevo por parte do Estado
hispano-visigodo.
Fagamos notar que dende Braga xa non se insiste
tanto, como nos concilios de Zaragoza e Toledo, sobre a
prohibición de facer xuntanzas e celebracións fóra dos
edificios das igrexas, nos montes ou nas casas particulares.
Probablemente porque os curas e bispos saídos das propias
e estabilizadas comunidades priscilianas usaban máis os
edificios das igrexas, o que non quer dicir que non se
seguise facendo actividades litúrxicas noutros lugares,
como xa vimos no caso das misas e sacramentos campestres
sobre as tumbas dos defuntos (Braga II)49
.
Tampouco se prohiben explicitamente nos concilios
bracarenses os evanxeos apócrifos, máis ben a súa lectura
pública, fóra50
ou dentro das igrexas, segundo anotamos
cando no Concilio de Braga II censúrase que se leran nas
igrexas salmos poéticos feitos por laicos ou libros fóra do
canon51
. No limiar do Concilio de Braga I (561) dise de
maneira retórica que o engano da herexía proviña de
“algunas escrituras apócrifas”52
. Libros prohibidos, dende
logo, pero non tanto condenados doutrinalmente. O
problema era que os apócrifos eran tan populares que,
incluso moito despois, no século XIII, Jacobo de la
49
ídem, p. 102.
50
No Concilio de Toledo I do ano 400, advirten contra os priscilianistas excomungados
por andar “reuniendo grupos en los domicilios de las mujeres y leyendo en ellos los
apócrifos”, Ibidem, p. 16; está claro que a persecución oficial contra das mulleres gardaba
relación co papel que estas xogaban na transmisión oral do priscilianismo.
51
ídem, p. 102.
52
ídem, p. 66.
Vorágine bota man deles para redactar a Legenda aurea, a
maior colección de vidas de santos da Idade Media. No
Concilio de Braga II (572), que San Martiño preside como
bispo de Braga perante o Rei Mirón, vedan expresamente
como xa dixemos os apócrifos nas igrexas, de acordo do
canon LXVII: “no está permitido leer libros apócrifos...
sino solamente los canónicos del Viejo y Nuevo
Testamento”53
. Non obstante, dentro e fóra dos edificios
eclesiásticos os libros apócrifos seguirán circulando
libremente na Idade Media54
: outro éxito post-mortem de
Prisciliano e o priscilianismo55
.
Consideraban as autoridades eclesiásticas da Gallaecia
suevo-católica que o priscilianismo, derrotado
politicamente, deixara de ser un problema doutrinal á altura
do ano 572: “no hay ningun problema en esta provincia
acerca de la unidad de la fe”56
. Mai non debía ser tanto así
cando os neoniceanos poñen tanto empeño en resolver o
problema da disciplina eclesiástica, a reconversión e o
control dos clérigos. Se ben no II Concilio de Braga, San
Martiño ten tamén que centrarse en disciplinar a bispos e
curas oficiais de vida polo regular máis relaxada que os
seguidores de Prisciliano. A relixiosidade popular e os
hábitos derivados dos dous séculos priscilianistas
precedentes, persistiron durante a Alta Idade Media ata
53
ídem, p. 102.
54 Armand PUIG, edit., Los evangelios apócrifos, I, Barcelona, 2008, p. 36.
55 Simultáneamente los Cánones de Prisciliano entran a formar parte habitualmente las
biblias altomedievales, véxase a nota 72.
56
ídem, p. 79
conectar co paradoxal cambio estratéxico pro-cultura
popular da Igrexa pleno medieval57
.
Tratados
As fontes que vimos de utilizar sobre Prisciliano, e o
priscilianismo, son parciais e “contrarias”, nomeadamente
as actas punitivas dos Concilios que vimos de estudar.
Consérvanse, de todos os xeitos, outras fontes se cabe máis
valiosas e escritas da man de Prisciliano. O que fai posible
contrapesarmos as opinións e os intereses da Igrexa oficial,
tanto romana como hispana, no contexto peninsular da loita
polo poder eclesiástico entre a Igrexa priscilianista de
Gallaecia e as Igrexas das outras provincias romanas
(Lusitania, Bética, Tarraconense e Carataxinense), sostidas
polo poder eclesiástico e político do Papa de Roma. Os
bispos e homes-santos priscilianistas, obrigados a
confrontaren nesa loita de modelos de vida cristiá, perderon
institucionalmente, logo dun secular período de liberdade
cos suevos arrianos, ó seren absorbidos en 585 polo novo
Estado visigodo (con base nos campos góticos casteláns-
leoneses) de ambición peninsular e catolicismo dogmático.
A publicación en 1889 dos once Tratados de
Würzburg permite achegármonos ó pensamento de
Prisciliano de un xeito máis directo. Fálanos polo regular
como primeira persoa plural, condicionados arreo polas
circunstancias excepcionais en que se redactan cada un
57
Manuel C. DÍAZ y DÍAZ, “La cristianización de Galicia”, La romanización de Galicia,
A Coruña, 1976, p. 115.
deses pequenos e estimados textos escritos pola súa propia
man.
Os dous primeiros Tratados, redactados entre 380 e
385, son respostas apaixonadas ás primeiras acusacións dos
seus perseguidores e veciños lusitanos58
: o Tratado I (Liber
apologeticus) contra Itacio, bispo do Algarve; e o Tratado
II (Liber ad Damansum episcopum) contra Idacio59
, bispo
de Mérida. De forma convincente, Prisciliano declárase
ortodoxo e condena o paganismo, así como todas as
herexías pasadas e presentes60
, incluídos os maniqueos61
. A
quen atribúen criticamente -xunto cos herexes maranatas-
o ancestral culto ó Sol e á Lúa62
, ademais de prácticas
máxicas que foron utilizadas por Itacio, Idacio e o
emperador Máximo, para sentenciaren a morte ó fundador
e catro dos seus compañeiros (Felicísimo, Armenio,
Latroniano e Eucrocia). Prisciliano oféndese e
escandalízase perante o “sacrilegio horroroso... no
proclamado hasta ahora bajo la autoridad de ningún
hereje”63
que supón a imputación falaz do corrupto Itacio
58
Termina Prisciliano o primeiro Tratado demandando con tristura: “liberarnos a
nosotros, que damos testimonio de la verdad, del odio proveniente de una maliciosa
murmuración… provocados por las palabras de los calumniadores… que, bajo el título
de piadosos, persiguen domésticas enemistades” (Tratados I. 33.7).
59
Non confundir co cronista Idacio, bispo de Chaves na época sueva.
60
Consideraba ós constructores de herexías corruptos e náufragos da fe, véxase a nota 69.
61
Cos maniqueos, non obstante, compartía Prisciliano a concepción dualista Ben/Mal,
Deus/Diaño, Luz / Escuridade que retornará no século XII con cátaros e albingenses e
será combatida no IV Concilio de Letrán (1215) e logo no Concilio de Florencia (1442).
62
Prisciliano, Tratados y Cánones, Bartolomé Segura edit., p. 45
63
O intellectual Prisciliano considérase por riba das practicas xentís de tipo máxico, ou
supersticioso, que estaban ben vivas na cultura popular do seu tempo: las condena
formulada “en nuestra presencia” -en Tréveris- de ter feito
“mágicos ensalmos” para consagrar “las primicias de los
frutos” ou “consagrar ungüento... contra la maldición al Sol
y la Luna”, concluíndo que “quien recitó, proclamó, creyó,
practicó, sostuvo e inoculó semejante cosa, no solo sea
anatema maranata (1Cor 16,22), sino que incluso ha de ser
perseguido por la espada, pues está escrito: no dejaréis vivir
a los hechiceros (Ex 22, 18)”64
. Que foi, en suma, o que
fixeron con el os seus inimigos Máximo, Itacio e Idacio 65.
No segundo Tratado engade: “condenamos a los maniqueos
que son no ya herejes, sino idólatras y hechiceros esclavos
del Sol y de la Luna, demonios del invicto”66
.
Nada falan, doutra banda, Prisciliano -tampouco os
seus perseguidores- da astroloxía e a numeroloxía,
afeccións habituais nas elites culturais das épocas antiga e
medieval, e menos aínda da relixiosidade popular celto-
castrexa que Martiño Dumiese, case que dous séculos
despois, desvincula claramente da obra doutrinal de
Prisciliano, denunciando en todo caso, segundo vimos ó
estudar os Concilios de Braga, a natural tolerancia e
convivencia dos cristiáns galaico-priscilianistas coa cultura
popular pre-romana, que terá a súa continuidade nunha
Idade Media, máis priscilianista do que se pensa, que
cristianiza como xa dixemos, diversas supersticións
teolóxicamente, mentres os seus seguidores as afrontan sincréticamente, do mesmo xeito
que o fará ulteriormente a Igrexa medieval.
64
Tratados I. 23. 22.
65 Por medio de una sentencia infame e falaz que ningún concilio anti-priscilianista
recolleu, nin antes nin despois da súa execución, como ben sabemos.
66
Tratados II. 39. 8.
populares inspirándose sen dúbida no que xa se dicía, pola
boca pequena, no II Concilio de Braga, citando a Biblia
(Colosenses 3:17): “Todo lo que hacéis, sea de palabra, sea
de obra, hacedlo en nombre do Nuestro Señor Jesucristo
dando gracias a Dios”67
.
Prisciliano facía das escrituras a súa única e verdadeira
fonte doutrinal, Vello e Novo Testamento, que dominaba e
citaba de maneira profusa, en todas as súas versións.
Declarando a súa ortodoxia á vez que -aí está a novidade- a
libre interpretación dos evanxeos canónicos e non
canónicos. Prisciliano basearase para iso no Tratado III
(Libro sobre los apócrifos) no apóstolo Pedro que
outorgaba “libertad para leer aquello que se había escrito
sobre Cristo” permitindo “leer a sus discípulos una epístola
que no estaba en el canon”. Advertindo o home-santo
galaico que “si pretendemos condenar todo lo que leen, con
toda seguridad condenamos [tamén] lo que está escrito en
el canon”68
, amosando unha inxenuidade inocente e un
lóxico descoñecemento da capacidade impositiva dun
futuro poder xerárquico eclesiástico baseado no dogma.
Prisciliano considerábase a si mesmo, polo demais, o
máis sabio e elixido -“nuestra capacidad procede de
67
Concilios visigóticos e hispano-romanos, p. 103.
68
Tratados III.55.12, 18, 19.
Dios”69
- interprete dos textos fundadores do cristianismo70
.
Ó mesmo tempo -engadimos nós- que signo, causa e
consecuencia da orixinaria cristianización de Gallaecia. A
súa foi unha ortodoxia que perdeu, retrasando a plena
cristianización (romana) de Galicia ata a Reconquista e a
invención do Sepulcro do Apóstolo Santiago, que, segundo
autores de diverso signo, podería conter paradoxalmente os
restos do mártir de Tréveris, volveremos sobre iso ó falar
dos mitos.
É preciso, en calquera caso, distinguir entre Prisciliano
e priscilianismo, entre o fundador e o seu movemento
comunitario socio-relixioso71
, antes e aínda máis despois
da súa execución no ano 385. Vimos como no Concilio de
Zaragoza en 38072
, sen nomear a Prisciliano e ó
priscilianismo, podemos achegarnos, como o negativo
distorcido dunha foto, a como eran esas comunidades
cristiás na Gallaecia occidental de feitura priscilianista,
máis próximas á clandestinidade do cristianismo, primitivo
e apostólico, que á idea institucional e xerárquica da Igrexa
xurdida do Concilio de Nicea, convocado en 325 polo
Emperador Constantino I doce anos despois da legalización
do cristianismo.
69
Chama ós que fabricaron as herexías “hombres corruptos de mente y náufragos de la
fe (2Tim 3,8)… Sus enseñanzas todas las hemos destruido con la luz de los divinos
testimonios a nuestro alcance, no porque nos veamos capaces de pensar algo por nosotros,
como si procediese de nosotros mismos, sino porque nuestra capacidad procede de Dios”,
Tratados I. 23. 9.
70
O ambiguo Sulpicio Severo o cualifica na súa crónica mesmo de persoa “vanidosa” e
“engreída”, José FREIRE CAMANIEL, op. cit., p. 272.
71
Pasa o mesmo con Xesús e o cristianismo, Marx e o marxismo.
72
Concilios visigóticos e hispano-romanos, pp. 16-18.
Tratábase de comunidades de base social igualitaria,
onde os laicos e as mulleres xogaban un papel decisivo.
Utilizaban para os seus ritos e xuntas casas, campos e
montes, ademais das escasas basílicas e igrexas
paleocristiás. Os bispos priscilianistas non eran máis que
representantes comunitarios, e, segundo os seus acusadores,
non acostumaban obedecer nin respectar ós mundanos
bispos niceanos (Canon V do Concilio de Zaragoza73
). Os
homes-santos e mestres laicos, ascéticos e célibes, que
visten e peitan como segrares, sentíanse superiores ós
bispos e ós clérigos niceanos, mesmo despois de que
Prisciliano aceptara, logo do inicio soterrado da
persecución en Zaragoza, ser nomeado polos seus
correlixionarios bispo de Ávila en 382, para poder loitar en
igualdade de condicións cos bispos hispano-niceanos que
querían acabar con el, e o lograron, e o seu movemento, o
que non lograron, pois recibiu un monumental pulo gracias
ó seu martirio.
Cánones
En realidade, no relativo ás costumes e a organización
das primeiras comunidades cristiás de Gallaecia,
maiormente priscilianistas na segunda metade do século IV,
obtemos ben pouca información nos Tratados de
Prisciliano que chegara ata nós. Pero existe para iso unha
obra mellor, tamén atribuída a Prisciliano: Cánones a las
73
Ibidem.
epístolas de San Pablo74
, que contén 90 comentarios e
resumes das 14 cartas do apóstolo Paulo de Tarso. Foille
solicitada por un simpatizante, que asina como bispo
Peregrino, “contra la falacia de los herejes”: “Fue
Prisciliano quien los escribió” Xustifica a súa publicación
porque “en ellos había muchas cosas harto necesarias”,
logo de corrixir -unha vez o fundador foi perseguido e
decapitado- “las que tenían sentido perverso”, non sabemos
cales (non se conservou o orixinal), se ben o texto publicado
exhibe certa ambigüidade, igual ca Crónica de Servero,
ambos textos viron a luz nun contexto adverso de
satanización oficial de Prisciliano e compañía.
A amizade entre Prisciliano e Peregrino é evidente.
Prisciliano desculpase polo seu retraso: “Ocupado en
muchas obligaciones, he respondido demasiado tarde a tu
carta, carísimo...”75
. No seu conxunto a obra é coherente co
pensamento priscilianista, se ben as veces o editor confunde
interesadamente comentarios de Prisciliano con resumes de
Paulo. Prisciliano fálanos ademais nos Cánones de asuntos
máis cotiás, non doutrinais. Os comentarios son sempre en
positivo, sen a agresiva presión posterior da censura
conciliar e política. A diferencia do que acontece cos seus
Tratados máis importantes.
Nestes canons de temática paulista, un ortodoxo
Prisciliano declarase asceta (“los santos crucifican su
Carne”) e pacifista (“la milicia, las armas... el combate de
74
O texto de Prisciliano, editado por Peregrino, tivo unha gran difusión na biblias da Alta
Idade Media, Marcelino MENÉNDEZ PELAYO, Historia de los heterodoxos españoles,
vol. 1, Madrid, 1992, pp. 281-284.
75
Prisciliano, Tratados y Cánones, pp. 125-126.
los justos son de naturaleza espiritual”), bautizando como
se pode ver como justos ós seus seguidores máis
entregados. Confésase partidario da abstinencia no relativo
á carne (“enemiga de Dios”), o viño (“causa de toda
lujuria”) e o sexo (“los santos... deben abstenerse de toda
obra de la carne... como las vírgenes), asumindo no persoal
o voto de pobreza (“por una feliz y voluntaria pobreza los
justos rechazan la raíz de todos los males que es la
avaricia”). Sempre dende unha posición de tolerancia, sen
imposicións: ”no deben ser juzgados por otros ni ellos
juzgar a los demás”; “los más firmes en la fe deben
simpatizar con los menos firmes, sin perderse de vista a sí
mismos, para no verse tentados”76
. En consecuencia, non se
pode dicir como se di, en rigor, que o priscilianismo fora
una seita: máis ben un conxunto de comunidades cristiás
abertas, dirixidas por unha minoría de homes-santos ( laicos
e tamén clérigos), ascetas e sabios, que non pretendían
impor ós demais os rigores da perfección cristiá, senón
predicar co exemplo. Seguindo aquilo de “por sus obras los
conoceréis”, que viña a dicir Mateo no seu evanxeo (7:15)
para distinguir os verdadeiros dos falsos profetas.
Di Prisciliano que bispos e clérigos debían ser
irreprensibles e pacíficos, pero non os inclúe na xerarquía,
ante todo espiritual, co seu concepto de Igrexa: “En la
jerarquía de la Iglesia Dios eligió en primer lugar a los
apóstoles, en segundo lugar a los profetas, y, en tercero, a
los maestros”77
. O autor se identifica, cando menos, como
parte dos primeiros e dos terceiros: “El trabajo del doctor es
76
ídem, pp. 132-134.
77
ídem, p. 134.
la lectura y predicación del evangelio, con lo que trabaja el
apóstol día y noche”78
.
En canto a xerarquía social, os canons atribuídos a
Prisciliano onde resume, comenta e interpreta as cartas
pauliñas, aseveran sen paliativos o seu igualitarismo social
e de xénero: “Los creyentes se salvan y justifican no por
la ley sino por la fe y confesión en Cristo, carentes del yugo
de la esclavitud y de la diversidad de los sexos”. Se ben nos
textos seleccionados y ordenados por Peregrino, lemos con
sorpresa outros -seguramente de Paulo- sobre a necesidade
de ensinar ó pobo submisión social, de xeito que “esté
sujeto a las potestades y trabaje con sus manos” e que
“amen a sus dueños”. Ordenando o mesmo respecto das
mulleres: “callen en la iglesia y no tomen el cuidado de la
enseñanza... que la mujer se salve por medio de la
generación de hijos”, posto que “la cabeza del varón es
Cristo, y el varón [la cabeza] de la mujer”79
. Contradín estes
canons socialmente discriminatorios e opresivos, tanto as
afirmacións igualitarias do Novo Testamento (o Sermón da
Montaña, sobre todo) coma a práctica do priscilianismo e o
que di o mesmo Prisciliano sobre a escravitude e a muller
que citamos. La interpolación de Peregrino rebate incluso o
que vociferan os concilios acusatorios sobre o papel
(nefasto, segundo eles) da muller no movemento
priscilianista. Xustamente, un dos executados co fundador
en Tréveris foi unha muller: Eucrocia.
78
ídem, p. 133.
79
ídem, p. 135, véxase tamén a nota 81.
A explicación máis lóxica deste paradoxo é a torpe
decisión do editor, que xa notamos, para facilitar a
publicación dos canons de Prisciliano (no cadro ulterior
dunha triunfal e política Igrexa hispano-niceana), e
mesturar atrapalladamente os comentarios de Prisciliano co
seus resumes das cartas de San Pablo, moi conservador
socialmente e misóxino. De xeito que non se soubese,
cando se contradicían, se o dicía Prisciliano ou Pablo de
Tarso...
No ámbito civil, eclesiástico y político, Paulo de Tarso
predica que os cristiáns deben prestar obediencia ós
pastores da Igrexa, coma tamén os súbditos ós príncipes e
demais autoridades lexítimas80
, así como os fillos ós pais,
os escravos ós amos81
e as mulleres ós maridos82
.
Referencias novotestamentarias de obediencia xerárquica
de carácter sociopolítica más na liña do que será unha
establecida Igrexa niceana que do cristianismo
xenuinamente priscilianista de contido civilmente
democrático, segundo o cal non deberían existir nin o xugo
80
“Así el que se insubordina contra la autoridad se opone a la ordenación de Dios, y los
que se oponen, su propia condenación recibirán” (Epístola a los Romanos), José María
BOVER, Las Epístolas de San Pablo, Barcelona, 1959
(https://archive.org/stream/lasepistolasdesa00bove/lasepistolasdesa00bove_djvu.txt)
81
“Los siervos obedeced a vuestros amos temporales con temor y temblor, con sencillez
de vuestro corazón, como a Cristo” (Epístola a los Efesios), “Cuantos están bajo yugo
como esclavos miren a sus propios amos como dignos de todo honor, para que el nombre
de Dios y la doctrina no sean blasfemados” (Epístola a Timoteo). ibidem.
82
“Las mujeres en las iglesias callen, … no les es permitido hablar; antes muestren
sujeción… si algo desean aprender, pregunten en casa a sus propios maridos, porque es
indecoroso a la mujer hablar en la iglesia” (Epístola a los Corintios); “Las mujeres
sométanse a sus maridos, como al Señor… el varón es cabeza de la mujer, como también
Cristo es cabeza de la Iglesia… asi como la Iglesia se sujeta a Cristo, así también las
mujeres a los maridos en todo” (Epístola a los Efesios), ibidem.
da escravitude nin a “diversidad de los sexos”.
Igualitarismo que sintoniza con aquilo de que “es más fácil
que un camello pase por el ojo de la aguja que un rico entre
en el reino de Dios” (Mateo 19:24). Prisciliano, sen dicilo,
poñía o Sermón da Montaña por diante das ideas
conservadoras sociais e políticas do romano converso Pablo
de Tarso, seguindo aquilo que tamén dicía Xesus de “dar al
Césas lo que es del César y a Dios lo que es de Dios” (Mateo
22:21), falando de pagar ou non tributo ós romanos.
Mito relixioso
Establecidos os datos e feitos que as fontes históricas
nos permiten verificar, ímonos referir ós mitos, relixiosos e
político-historiográficos, que suscita a historia de
Prisciliano e do priscilianismo. Comezando, tanto por
cronoloxía coma por relevancia, polo mito relixioso dos
séculos IV-VI que superará ó mito nacionalista do século
XX, en duración e seguimento por parte da sociedade
galaica.
Durante os 150 anos que transcorridos entre a morte de
Prisciliano e a fin do Reino suevo, o priscilianismo é
preponderante na Igrexa galega, que opera dunha maneira
libre e separada do Papa e da Igrexa hispana. De feito,
fracasan todos os intentos de celebrar, ó longo do reinado
dos suevos arrianos, un concilio en Galicia a fin de que os
cristiáns galegos "entrasen en razón".
Esta Igrexa suevo-priscilianista alenta o culto a
Prisciliano como mártir e santo, xurdido da súa execución
en Alemaña e o regreso dos seus restos á Gallaecia
Atlántica. Devoción ampliada e reforzada pola Igrexa
priscilianista, ó amparo da monarquía arriana, ata a
conversión desta ó catolicismo romano en 555. Crenza
colectiva, popular e pública que se materializará e
focalizará no culto e a peregrinación á tumba de Prisciliano.
No 404, Sulpicio Severo, testemuña de época, dinos como
xa comentamos que “los cuerpos de los ejecutados fueron
llevados a las Hispanias [en plural] y sus entierros fueron
celebrados con grandes exequias. Es más, incluso el jurar
por Prisciliano se consideraba de la mayor devoción”83
.
Hoxe hai consenso entre os estudosos, dende Justo
Pérez de Urbel ata historiadores e teólogos progresistas,
sobre que foi na Gallaecia occidental e atlántica (a actual
Galicia máis o norte de Portugal84
) onde se soterraron os
cadáveres dos decapitados en Tréveris. Lugar de orixe de
Prisciliano, con toda probabilidade: onde, segundo as
diversas fontes, o movemento priscilianista alcanzará a súa
máxima expansión a partir do fatídico ano 385.
Será útil resumir o que di sobre o culto, a peregrinación
e o sepulcro de Prisciliano, frei Justo Pérez de Urbel no ano
1977, nunha obra cun título significativo: Santiago y
Compostela en la historia (con amor y con verdade)85
.
Falanxista e alférez provisional na guerra civil española,
prior da orde beneditina e abade do Val dos Caídos, durante
83
Crónica de Sulpice Severo , p. 281.
84
Casimiro TORRES, “La Galicia romana y la Galicia actual”, Cuadernos de Estudios
Gallegos, XXVI, 1953, p. 387.
85
Justo PÉREZ DE URBEL, Santiago y Compostela en la historia (con amor y con
verdad), Madrid, 1977, pp. 82-84.
o franquismo86
, escrebe don Justo, dous anos antes de
morrer, en plena transición á democracia: (A) “Galicia
convértese no paraíso da herexía priscilianista”, despois do
ano 385, os priscilianistas galegos expulsan ao “único bispo
católico” e romano, Ortigio , que tiña a súa sede en Celenes,
actualmente Caldas de Reis. (B) Engadindo que "fue en
Galicia donde encontraron un sepulcro seguro" para
Prisciliano e os seus compañeiros. (C) Conclúe: que arroxa
“luz sobre… los orígenes históricos de aquel lugar que hoy
llamamos Compostela… donde hubo seguramente un culto
antes de que hacia el año 830 se descubriesen allí los huesos
del Santiago el Mayor”. (E) Co que se pregunta "¿Qué
cuerpo sería aquél?" que está enterrado en Compostela.
Facendo notar que hai indicios claros de que sexa en
realidade. Menciona a tal fin ás escavacións na Catedral de
Santiago de Compostela na década dos anos 40, que
puxeron ó descuberto unha necrópole cuxas sepulturas
están datadas, xustamente, entre os séculos IV e VI 87
, e
orientadas cara a un mausoleo romano dun "xefe venerado",
interpreta Pérez de Urbel .
As dúbidas sobre a tumba de Compostela, e a
posibilidade de que os ósos atopados no século IX fosen os
de Prisciliano e non de Santiago o Maior, xa foran
suscitadas antes, fóra de España, por outros historiadores de
círculos laicos ou protestantes como Louis Duchesne ,
86
Ignacio PEIRÓ, Gonzalo PASAMAR, Diccionario Akal de historiadores españoles
contemporáneos, Madrid, 2002, p. 486.
87
É dicir, entre a morte de Prisciliano (século IV) e a conversión dos suevos ó catolicismo
romano (século VI), longo período no que o priscilianismo foi hexemónico en Galicia,
non é innecesario repetilo porque a historiografía sobre os suevos e o Reino de Galicia
tende a esquecelo.
Claudio Sánchez Albornoz ou Henry Chadwick. Na
actualidade, os historiadores de Compostela88
adoitan da
inventio do sepulcro, xogando co seu dobre significado de
«invención» e «descubrimento». Porque entendemos que,
independentemente de quen sexan os restos, a crenza cristiá
mantida masivamente ó longo dos séculos de que alí está
soterrado Santiago o Maior, creou unha nova e poderosa
realidade histórica. Nin a Igrexa de Santiago de
Compostela, nin a cidade de Santiago de Compostela, nin a
Universidade de Santiago de Compostela, é dicir, a Galicia
que hoxe coñecemos89
, serían o que son sen a invento do
sepulcro arredor do ano 830. Se están aí ou non o esqueleto
de Santiago -algo que ata agora ningunha investigación
confirmou- xoga, en consecuencia, un papel histórico
menor desde o punto de vista dos historiadores avanzados,
post-positivistas, que valoramos as mentalidades colectivas
como un poderoso factor histórico, igual que economía e a
política. Unha cuestión aparte é a reparación pendente da
figura de Prisciliano, e do seu movemento, pola súa inxusta
morte e a difamación milenaria a que foi sometido.
Rehabilitación se acaso hoxe máis urxente, ante a certa
probabilidade de que Prisciliano sexa o santo mártir que
descansa eternamente no sagrado mausoleo sobre o que se
fundou Compostela.
88
Carlos BARROS, "La peregrinación a Santiago de Compostela: una aproximación
global", Anales de Historia Antigua y Medieval, Buenos Aires, vol. 39, 2006 (
http://www.h-
debate.com/cbarros/spanish/articulos/historia_medieval/peregrinacion.htm ).
89
Da capital relixiosa (e non relixiosa) de Santiago de Compostela na Idade Media
pasamos á capital política de Santiago na Galiza autonómica.
Mito político
De menor influencia e duración que o mito relixioso,
pero de maior importancia histórico-inmediata, é a
dramática historia de Prisciliano como parte do discurso
historiográfico do galeguismo contemporáneo.
O primeiro que temos que dicir é que a versión mítica,
historiográfica e política de Prisciliano (interesou menos o
priscilianismo) é de elaboración tardía, se a comparamos
con outros mitos históricos do nacionalismo galego que,
polo xeral, tiveron a súa orixe no século XIX. Haberá que
esperar ó galeguismo da II República para encontrarnos
coas primeiras reivindicacións identitarias claras da figura
de Prisciliano.
Os nosos primeiros historiadores, Benito Vicetto90
e
Manuel Murguía 91
, adoptaron unha actitude ambigua cara
a Prisciliano. Por unha banda, reclamárono como gran
persoeiro da Galicia romana, expresión da Galicia celta e, ó
mesmo tempo, da alta cultura galaica do século IV. Por
outra banda, veñen a dicir que estaba trabucado na súa
heterodoxia, tratándoo arreo de “herexe” ou “heresiarca”.
Asumindo incluso, de forma acrítica, as peores acusacións
da Igrexa niceana, manifestadas nos desprestixiados
concilios anti-priscilianistas, e non condenando, para
empeorar as cousas, o trola de bruxería que o levou a súa
90
Benito VICETTO, Historia de Galicia, II, Ferrol, 1866, p. 175.
91
Manuel MURGUIA, Historia de Galicia, II, Lugo, 1866, pp. 556, 560, 568, 580 e 591.
morte92
. Ambigüidade que esclarece dilucida porque non
callou a reivindicación e o mito de Prisciliano no
pensamento galego decimonónico.
De feito, a principios do século XX, na época das
Irmandades da Fala, primeira versión do nacionalismo
galego, baseado máis na cultura que na política, continúa o
confuso discurso sobre Prisciliano. Ramón Villar Ponte na
súa Historia sintética de Galicia di o mesmo: “ herexía …
mestura dos principios cristiáns con prácticas e teorías da
astroloxía e da maxía”, chamando a Prisciliano como
dixemos ‘heresiarca’, é dicir, “fundador dunha herexía”, o
que se manterá despois noutros textos galeguistas.
Limitando a súa valoración histórica á súa importancia
como figura “heterodoxa” galega: “ista figura
intresantísima da Historia galega… máis ergueita e distinta
do pensamento heterodoxo penínsuar”93
. Tampouco
axudou o contexto político -ditadura dereitista de Miguel
Primo de Rivera- ó enaltecemento, por parte do nacente
nacionalismo, dunha figura considerada herética, cuxa
execución tampouco é claramente condenada.
Non foi ata a II República cando se comezou a falar de
Prisciliano como un mito positivo. En primeiro lugar farao
Manuel Portela Valladares, fundador de Acción Gallega,
político republicano que chegou a ser Presidente do
Consello de Ministros durante a República. En 1932
publica un apéndice titulado El priscilianismo no seu libro
(con portada e ilustracións de Alfonso R. Castelao) Ante el
92
Benito VICETTO, op. cit., pp. 173-174; Manuel MURGUIA, op. cit., pp. 559, 560,
562, 564 nota 1, 566, 568 nota 1, 577.
93
Ramón VILLAR PONTE, Historia sintética de Galicia, 1927, A Coruña, pp. 31-32.
Estatuto94
, onde explicitamente eleva a Prisciliano a
"categoría de mito", pola vía da glorificación: "puramente
galego", “Cebreiro de galeguidade”, “lealdade á terra
galega”. Propoñéndoo, en total, como o máis antigo
precursor dun novo galeguismo claramente republicano e
contemporáneo, esquecendo e/ou relegando a súa presunta
herexía.
Será Alfonso R. Castelao quen levará ata as súas
últimas consecuencias, en Sempre en Galiza (1944) e outras
publicacións, a reivindicación laica e identitaria de
Prisciliano. Apoiando, e apoiándose, expresamente, na
achega de Portela Valladares, Castelao propón un cambio
radical no enfoque do nacionalismo galego á figura de
Prisciliano. Primeiro, defíneo como o primeiro mártir da
historia de Galicia, situándoo en primeiro lugar, vestido de
bispo, na súa “Santa compaña dos inmortaes galegos ”, no
discurso “Alba de Groria ”, pronunciado en Bos Aires o 25
de xullo de 1948, Día de Galicia, onde estaba exiliado.
Deste xeito o líder do Partido Galeguista retoma o mito
relixioso do martirio de Prisciliano, creado e mantido polos
seus seguidores entre os séculos IV e VI, aínda que agora
transformaba e mártir de Tréveris no mártir de todos os
galegos. En segundo lugar , aínda que Castelao trata ás
veces a Prisciliano de “heresiarca”, considera positivas e
anticipatorias as súas propostas e prácticas relixiosas:
“xerme da reforma católica e do libre pensamento!”95
,
afirma. Engadindo autocriticamente que, ata entón, “a
conciencia mística de Galiza deixouse vencer pola
intransixencia ibérica... e xa non temos azos para
94
Manuel PORTELA VALLADARES, Ante el Estatuto. Unificación y diversificación
de las nacionalidades, Barcelona, 1932.
95
Sempre en Galiza, Madrid, 2ª ed., 1977, p. 36.
reivindicarmos a súa memoria"96
. En terceiro lugar,
Castelao non poderá evitar facerse a mesma pregunta que
fara tres décadas despois Justo Pérez de Urbel, sobre a
tumba de Compostela: “Prisciliano ou Sant-Iago ?”97
,
ironizando máis adiante o persoeiro galeguistas que “se non
era Prisciliano, merecía ser São Paulo” 98
.
O primeiro seguidor do cambio proposto por Castelao,
para a reivindicación galeguista de Prisciliano, foi Ramón
Otero Pedraio na súa Historia de la Cultura Gallega (Bos
Aires, 1939)99
. Don Ramón, que era un católico entusiasta,
suxire a súa maneira a rehabilitación relixiosa de
Prisciliano, insistindo en que quería “ante todo ser
considerado un ortodoxo”100
, é dicir, un bo cristián,
rexeitando rotundamente que fose un herexe: " una herejía
adjetiva no dura exteriormente desde el último tercio del
siglo IV hasta mediados del VI" 101
. Preguntándose:
""¿Quién negará a Prisciliano la calidad indiscutible en el
tiempo y en el valor de haber sido el primer teólogo
gallego?”102
. Reclamando, finalmente: "Paz y respeto a su
memoria"103
.
96
Ibidem
97
Idem, p. 51.
98
Idem, p. 228.
99
O primeiro libro de Sempre en Galiza, onde trata o tema de Prisciliano, foi escrito por
Castelao en 1937, entre Valencia e Barcelona, fuxindo do exército franquista, para a
revista galeguista e republicana Nova Galiza, á que Otero seguramente tiña acceso.
100
Ramón OTERO PEDRAIO, Historia de la cultura gallega, Bos Aires, 1939, p. 66.
101
Idem, p. 62.
102
Idem, p. 67.
103
Idem, p. 69.
Sacerdotes e teólogos galegos, como Xosé Chao
Rego104
e Victorino Pérez Prieto 105
, reclaman hoxe a
rehabilitación oficial de Prisciliano, bispo e teólogo do
século IV, por parte da Igrexa, recoñecendo a inxustiza da
súa execución e a importancia fundamental da súa obra e
predicación para comprender a primeira cristianización de
Galicia, marcada grazas ao priscilianismo por unha especial
comuñón entre o pobo e a relixión de Cristo.
Quizais os tempos deste século XXI sexan máis
propicios para a rehabilitación de Prisciliano, o Vaticano xa
pediu desculpas en 2004 pola queima de herexes cristiáns
pola Inquisición (Xoán Paulo II106
), e o Papa Francisco foi
máis alá co seu ecumenismo que ningún outro Papa, cando
tratou a Lutero en 2016 como un "gran reformador", porque
"d en ese tiempo [siglo XVI] la Iglesia no era un modelo a
imitar, había corrupción en la Iglesia, había mundanidad, el
apego al dinero, al poder, y por eso él protestó”107
. Por
moito menos, Prisciliano foi decapitado hai dezaoito
séculos polos integrantes dunha alianza diabólica dun poder
imperial decadente e un sector corrupto da Igrexa "con
apego al dinero, al poder". A alma de Prisciliano de
104
Xosé CHAO REGO, Prisciliano: profeta contra o poder, Vigo, 1999; Prisciliano, A
Coruña, 2002.
105
Victorino PÉREZ PRIETO, Prisciliano na cultura galega, un símbolo necesario,
Vigo, 2010; Prisciliano, um Cristián Livre. O Seu Eco na Cultura Galaicoo-Portuguesa,
Vila Nova de Famalicão, 2017.
106
Mensaje del Papa Juan Pablo II en las Actas del Congreso sobre la Inquisición
(15/6/2004) (https://www.vatican.va/content/john-paul-
ii/es/letters/2004/documents/hf_jp - ii_let_20040615_symposium-inquisition.html ).
107
¿Qué dijo el Papa Francisco sobre Lutero y la corrupción en la Iglesia?, 28/06/2016
(https://www.aciprensa.com/noticias/que-dice-el-papa-francisco-sobre-lutero-y-la-
corrupcion-en-la-iglesia-18302 ).
Gallaecia non estará tranquila ata que se faga xustiza. Que
así sexa e o vexamos.

More Related Content

Similar to Prisciliano de Gallaecia, fitos e mitos

Racionalismo & Descartes
Racionalismo & DescartesRacionalismo & Descartes
Racionalismo & DescartesManumotoclub
 
España baixo a Casa de Austria
España baixo a Casa de AustriaEspaña baixo a Casa de Austria
España baixo a Casa de Austriaxosea
 
Apuntes Agostiño e Tomé de Aquino
Apuntes Agostiño e Tomé de AquinoApuntes Agostiño e Tomé de Aquino
Apuntes Agostiño e Tomé de Aquinonieveslopez
 
Tema 7 O nacemento do mundo moderno
Tema 7 O nacemento do mundo modernoTema 7 O nacemento do mundo moderno
Tema 7 O nacemento do mundo modernorubempaul
 
Der historische und politische Hintergrund des #Jakobsweg
Der historische und politische Hintergrund des #JakobswegDer historische und politische Hintergrund des #Jakobsweg
Der historische und politische Hintergrund des #JakobswegGabriel Perez
 
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos AustriasA España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austriaslogargola
 
UNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptx
UNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptxUNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptx
UNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptxalbatrigo
 
A España dos Reis Católicos
A España dos Reis CatólicosA España dos Reis Católicos
A España dos Reis Católicoslolaen
 
Historia. o reino de galicia. anselmo lópez carreira
Historia. o reino de galicia. anselmo lópez carreiraHistoria. o reino de galicia. anselmo lópez carreira
Historia. o reino de galicia. anselmo lópez carreiraMarlou
 
Séculos escuros
Séculos escurosSéculos escuros
Séculos escurosMarlou
 
Tema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantinoTema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantinoagreloroberto
 
Os Xudeus En Galicia
Os Xudeus En GaliciaOs Xudeus En Galicia
Os Xudeus En GaliciaGZ-Israel
 
Tema XIV: A fragmentación do mundo antigo
Tema XIV: A fragmentación do mundo antigoTema XIV: A fragmentación do mundo antigo
Tema XIV: A fragmentación do mundo antigoSanti Pazos
 
Historia Moderna
Historia ModernaHistoria Moderna
Historia Modernacamposseijo
 
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en EspañaTema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en EspañaDudas-Historia
 
A Península Ibérica durante a Idade Media. Os reinos cristiáns
A Península Ibérica durante a Idade Media. Os reinos cristiánsA Península Ibérica durante a Idade Media. Os reinos cristiáns
A Península Ibérica durante a Idade Media. Os reinos cristiánsSerxio Folgueira Arias
 

Similar to Prisciliano de Gallaecia, fitos e mitos (20)

Descartes
DescartesDescartes
Descartes
 
Racionalismo & Descartes
Racionalismo & DescartesRacionalismo & Descartes
Racionalismo & Descartes
 
España baixo a Casa de Austria
España baixo a Casa de AustriaEspaña baixo a Casa de Austria
España baixo a Casa de Austria
 
Apuntes Agostiño e Tomé de Aquino
Apuntes Agostiño e Tomé de AquinoApuntes Agostiño e Tomé de Aquino
Apuntes Agostiño e Tomé de Aquino
 
Tema 7 O nacemento do mundo moderno
Tema 7 O nacemento do mundo modernoTema 7 O nacemento do mundo moderno
Tema 7 O nacemento do mundo moderno
 
Der historische und politische Hintergrund des #Jakobsweg
Der historische und politische Hintergrund des #JakobswegDer historische und politische Hintergrund des #Jakobsweg
Der historische und politische Hintergrund des #Jakobsweg
 
Renacemento e Reforma. Tema 10.
Renacemento e Reforma. Tema 10.Renacemento e Reforma. Tema 10.
Renacemento e Reforma. Tema 10.
 
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos AustriasA España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
 
UNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptx
UNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptxUNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptx
UNIDADE 1 - A IDADE MODERNA.pptx
 
A España dos Reis Católicos
A España dos Reis CatólicosA España dos Reis Católicos
A España dos Reis Católicos
 
Historia. o reino de galicia. anselmo lópez carreira
Historia. o reino de galicia. anselmo lópez carreiraHistoria. o reino de galicia. anselmo lópez carreira
Historia. o reino de galicia. anselmo lópez carreira
 
Séculos escuros
Séculos escurosSéculos escuros
Séculos escuros
 
Tema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantinoTema 4 arte paleocristiá e bizantino
Tema 4 arte paleocristiá e bizantino
 
Os Xudeus En Galicia
Os Xudeus En GaliciaOs Xudeus En Galicia
Os Xudeus En Galicia
 
A REFORMA E A CONTRARREFORMA
A REFORMA E A CONTRARREFORMAA REFORMA E A CONTRARREFORMA
A REFORMA E A CONTRARREFORMA
 
Tema XIV: A fragmentación do mundo antigo
Tema XIV: A fragmentación do mundo antigoTema XIV: A fragmentación do mundo antigo
Tema XIV: A fragmentación do mundo antigo
 
Historia Moderna
Historia ModernaHistoria Moderna
Historia Moderna
 
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en EspañaTema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España
 
Relixión
RelixiónRelixión
Relixión
 
A Península Ibérica durante a Idade Media. Os reinos cristiáns
A Península Ibérica durante a Idade Media. Os reinos cristiánsA Península Ibérica durante a Idade Media. Os reinos cristiáns
A Península Ibérica durante a Idade Media. Os reinos cristiáns
 

More from Red Académica Internacional Historia a Debate

More from Red Académica Internacional Historia a Debate (20)

The Accepted Other: Tolerance Towards the Jews in Medieval Galicia
The Accepted Other: Tolerance Towards the Jews in Medieval GaliciaThe Accepted Other: Tolerance Towards the Jews in Medieval Galicia
The Accepted Other: Tolerance Towards the Jews in Medieval Galicia
 
Historia inmediata: marxismo, democracia y socialismo del siglo XXI
Historia inmediata: marxismo, democracia y socialismo del siglo XXIHistoria inmediata: marxismo, democracia y socialismo del siglo XXI
Historia inmediata: marxismo, democracia y socialismo del siglo XXI
 
O outro admitido. A tolerancia cara os xudeus na Idade Media galega
O outro admitido. A tolerancia cara os xudeus na Idade Media galegaO outro admitido. A tolerancia cara os xudeus na Idade Media galega
O outro admitido. A tolerancia cara os xudeus na Idade Media galega
 
El otro admitido. La tolerancia hacia los judíos en la Edad Media gallega
El otro admitido. La tolerancia hacia los judíos en la Edad Media gallegaEl otro admitido. La tolerancia hacia los judíos en la Edad Media gallega
El otro admitido. La tolerancia hacia los judíos en la Edad Media gallega
 
Introducción e índices de las Actas del I Congreso Internacional Historia a D...
Introducción e índices de las Actas del I Congreso Internacional Historia a D...Introducción e índices de las Actas del I Congreso Internacional Historia a D...
Introducción e índices de las Actas del I Congreso Internacional Historia a D...
 
Vers où souhaitons nous mener l'histoire ?
Vers où souhaitons nous mener l'histoire ?Vers où souhaitons nous mener l'histoire ?
Vers où souhaitons nous mener l'histoire ?
 
Ascenso e caída do Mariscal Pardo de Cela (Galicia, século XV)
Ascenso e caída do Mariscal Pardo de Cela (Galicia, século XV)Ascenso e caída do Mariscal Pardo de Cela (Galicia, século XV)
Ascenso e caída do Mariscal Pardo de Cela (Galicia, século XV)
 
Mitos da historiografía galeguista (1994)
Mitos da historiografía galeguista (1994)Mitos da historiografía galeguista (1994)
Mitos da historiografía galeguista (1994)
 
Mitos de la historiografía galleguista (1994)
Mitos de la historiografía galleguista (1994)Mitos de la historiografía galleguista (1994)
Mitos de la historiografía galleguista (1994)
 
La contribución de los terceros Annales y la historia de las mentalidades, 19...
La contribución de los terceros Annales y la historia de las mentalidades, 19...La contribución de los terceros Annales y la historia de las mentalidades, 19...
La contribución de los terceros Annales y la historia de las mentalidades, 19...
 
Rito e violación: dereito de pernada na Baixa Idade Media
Rito e violación: dereito de pernada na Baixa Idade MediaRito e violación: dereito de pernada na Baixa Idade Media
Rito e violación: dereito de pernada na Baixa Idade Media
 
Rito y violación: derecho de pernada en la Edad Media
Rito y violación: derecho de pernada en la Edad MediaRito y violación: derecho de pernada en la Edad Media
Rito y violación: derecho de pernada en la Edad Media
 
Género, historia e historiografía (Lima, 25/11/2022)
Género, historia e historiografía (Lima, 25/11/2022)Género, historia e historiografía (Lima, 25/11/2022)
Género, historia e historiografía (Lima, 25/11/2022)
 
Galicia: muertos que quieren vida (franquismo)
Galicia: muertos que quieren vida (franquismo)Galicia: muertos que quieren vida (franquismo)
Galicia: muertos que quieren vida (franquismo)
 
Galiza: mortos que querem vida (franquismo)
Galiza: mortos que querem vida (franquismo)Galiza: mortos que querem vida (franquismo)
Galiza: mortos que querem vida (franquismo)
 
"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)
"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)
"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)
 
XXX Aniversario de Historia a Debate. Selección de publicaciones
XXX Aniversario de Historia a Debate. Selección de publicacionesXXX Aniversario de Historia a Debate. Selección de publicaciones
XXX Aniversario de Historia a Debate. Selección de publicaciones
 
Feliz Navidad y próspero Año Nuevo de 2024
Feliz Navidad y próspero Año Nuevo de 2024Feliz Navidad y próspero Año Nuevo de 2024
Feliz Navidad y próspero Año Nuevo de 2024
 
Menéndez Pidal, Castilla y las identidades medievales
Menéndez Pidal, Castilla y las identidades medievalesMenéndez Pidal, Castilla y las identidades medievales
Menéndez Pidal, Castilla y las identidades medievales
 
Oficio de historiador, ¿nuevo paradigma o positivismo?
Oficio de historiador, ¿nuevo paradigma o positivismo?Oficio de historiador, ¿nuevo paradigma o positivismo?
Oficio de historiador, ¿nuevo paradigma o positivismo?
 

Prisciliano de Gallaecia, fitos e mitos

  • 1. Prisciliano de Gallaecia, fitos e mitos* Carlos Barros Prisciliano, e o priscilianismo, constitúen un dos feitos históricos máis relevantes da historia da Gallaecia- provincia romana que precede a Galicia- no tránsito da Antiguïdade á Idade Media, séculos IV-VI, xunto coa invasión sueva que da orixe ó Reino de Galicia. Perfilaremos como de costume os datos probados e os mitos xerados. Vida As noticias escritas sobre Prisciliano, á fin bispo de Ávila, son tardías, datan dos cinco anos antes do ser degolado en 3851 . A fonte máis directa é Chronica, escrita en 404, de Sulpicio Severo (biógrafo de San Martiño de Tours), teoricamente neutro: “me desagradan tanto los reos como los acusadores”, os tamén bispos hispanos Itacio e * Versión en galego da conferencia de Carlos Barros na XXXII Semana de Estudios Medievales sobre "La herencia medieval en la identidad territorial española". Nájera, La Rioja, 26 de xullo de 2022. 1 Foi o primeiro “herexe” condenado a morte polo brazo secular a demanda dun sector da Igrexa hispana tido por oficial.
  • 2. Idacio2 . Bota unha de cal e outra de area, retratando a Prisciliano como “de familia noble, muy rico, enérgico, inquieto, elocuente, instruido por la mucha lectura, muy presto para la disertación y el debate, un hombre ciertamente de éxito, si no hubiera corrompido su extraordinario talento con malas aficiones”3 . A súa obra e vida confirman esas virtudes e outras máis, de seguro con admiración: ascetismo4 , honradez e valentía. O que non se podía dicir do seu perseguidor Itacio: “no tenía nada de valor, nada de santo, pues fue audaz, locuaz, desvergonzado, derrochador, y muy dado a los placeres del vientre y de la boca”. Sulpicio odiaba este bispo do Algarve porque “había llegado a tal grado de necedad que incriminaba a todos… se atrevió, el miserable, a acusar abiertamente de hereje al obispo Martín, varón enteramente digno de ser comparado con los apóstoles”5 . Igual que Prisciliano, San Martiño de Tours iniciará a súa andadura como asceta6 , e opoñerase, xunto con San Ambrosio de Milán e o Papa Siricio7 , a súa execución polo poder civil a 2 Publica José FREIRE CAMANIEL, Gallaecia. Antigüedad, intensidad y organización de su cristianismo (Siglos I-VII), A Coruña, 2013, p. 278. 3 op. cit., pp. 272-273. 4 “… podías ver en él muchas buenas cualidades espirituales y corporales. Podía mantenerse en vela durante mucho tiempo, y soportar el hambre y la sed, era poco deseoso de poseer y muy parco en el gastar”, loc. cit. 5 op. cit., p. 278. 6 Tamén foi asceta o seu biógrafo Severo, Francisco J., SALMONTE, “Cristianismo y aculturación en tiempos del Imperio Romano”, Antigüedad y Cristianismo, Murcia, VII, 1990, p. 278. 7 Andrés OLIVARES, “Actitud del Estado romano ante el priscilinanismo”, Espacio, Tiempo y Forma. Serie II. Historia Antigua, Madrid, Tomo 14, 2001, p. 122; Martiño, Ambrosio e Siricio protestaron pola morte cruel de Prisciliano, probablemente acompañada de torturas, da man do Emperador, pero igual o condenaron como herexe...
  • 3. partir das denuncias do corrupto Itacio, bispo de Faro na Lusitania. Considérase que Prisciliano naceu pagán cara os anos 40-45 do século IV8 , converténdose ó cristianismo, principia o seu apostolado como laico na segunda metade do século IV9 , dúas décadas antes do seu axustizamento en Alemaña. De formación autodidacta, exemplar no seu ascetismo a pesar das súas riquezas, gran lector e convincente falador, fai medrar un movemento relixioso de base na Gallaecia, gañando forza entre os presbíteros e mesmamente elixindo bispos. O priscilianismo rematará por estenderse progresivamente ás provincias romanas veciñas de Lusitania, Bética, Tarraconense e Cartaginense, ata Aquitania, o que alarma considerablemente ós bispos de Lusitania, Itacio de Faro e Idacio de Mérida, que acadan certo apoio da fracción niceana da Igrexa romana, dentro e fóra das Hispanias. Doce anos despois da conversión do Imperio ó cristianismo, celebrarase o Concilio de Nicea (325) onde se establece unha alianza entre poder político e poder eclesiástico que tenta se impoñer sobre as comunidades cristiás saídas da clandestinidade, potenciando unha Igrexa xerárquica e dogmática na parte occidental do Imperio fronte a resistencia do cristianismo orixinario e apostólico no que debemos encadrar o priscilianismo. 8 E.-Ch. BABUT, Priscillien et le priscillianisme, Paris 1909, 251-252; Francisco DÍEZ DE VELASCO, “Prisciliano: santo o diablo", Autoridad y autoridades de la iglesia antigua. Homenaje al profesor José Fernández Ubiña, Granada, 2017, p. 223. 9 “Actitud del Estado romano ante el priscilianismo”, p. 115.
  • 4. A falta dos bispos próximos a Prisciliano, atácanse no Concilio de Zaragoza (380), sen nomealo, as súas formas comunitarias e laicistas de relixiosidade esixindo disciplina eclesiástica, vertical e canónica. Prisciliano déixase convencer polos bispos priscilianistas, Instancio e Salviano, que o nomean bispo de Ávila aproveitando unha vacante, co fin de poder deste xeito se defender mellor10 . A rexa loita entre os bispos pola orientación da Igrexa hispana leva a Prisciliano, e ós seus, a unha amarga peregrinación polos centros de poder onde podía dilucidarse o seu futuro11 : Roma, onde o Papa Dámaso no quixo recibilos, e Tréveris, onde residía o emperador Máximo, “tirano” que chegou ó poder por un golpe militar, quen arelaba o sostén da Igrexa xerárquica para se consolidar, asumindo a denuncia por maleficium (bruxería12 ) que Itacio e os seus cómplices hispanos13 e xermanos, prepararon para poder aplicar a pena de morte a Prisciliano e ós seus correlixionarios que o acompañaron a Alemaña, o que horrorizou á Cristiandade mais supuxo un escarmento para outros grupos que discutían, na teoloxía e na práctica, o credo niceano. Os corpos supliciados de Prisciliano e os seus amigos, volveron á Gallaecia por iniciativa do priscilianista bispo 10 O priscilianismo xa practicaba na Gallaecia unha sorte de entrismo nas cativas estruturas eclesiásticas, que se vai acentuar conforme se senten agredidos pola súa maneira “simplista” -dicíanlles- de vivir o cristianismo. 11 No medio pasaron por Burdeos (Aquitania, sur da Galia), onde -segundo Babut, loc. cit.- Prisciliano fora anos atrás a completar a súa formación teolóxica, tachada de heterodoxa polos niceanos. 12 Gallaecia. Antigüedad, intensidad y organización de su cristianismo (Siglos I-VII), p. 279, n. 1076. 13 Remataron mal: Itacio foi expulsado do seu bispado e Idacio de Mérida tivo que dimitir, segundo Sulpicio Severo, José FREIRE CAMANIEL, op. cit., p. 281.
  • 5. Sinfosio de Ourense14 , onde foron soterrados con gran pompa e venerados como santos e mártires: “los cuerpos de los ejecutados fueron llevados a las Hispanias, y sus entierros fueron celebrados con grandes exequias. Es más incluso jurar por Prisciliano se consideraba de la mayor devoción”15 . Entrementres sucédense os Concilios condenatorios da Igrexa oficial (primeiro Toledo I, 400; moito despois, Braga I, 561 e Braga II, 572), o priscilianismo faise hexemónico na Gallaecia entre crentes, sacerdotes e bispos, que gardarán durante dous séculos acendida a chama sagrada de Prisciliano, grazas -todo hai que dicilo- á tolerancia, mesmo amparo, dos invasores suevos cara 411, pagáns e tamén herexes (arrianos), ata a súa conversión definitiva ó catolicismo no ano 555. Seguida da integración de Gallaecia sueva no Estado punitivo dos visigodos en 585. Nesta segunda metade do século VI se encadra a decisiva intervención relixiosa e política de San Martiño de Dumio16 contra un priscilianismo preponderante -e a superstición e o paganismo labrego, con menos éxito-, co soporte dos agora Reis suevos católicos romanos. Concilios 14 Henrique FLÓREZ, España Sagrada, IV, 1859, p. 310. 15 Crónica de Sulpicio Severo, trad. de José FREIRE CAMANIEL, op. cit., p. 281. 16 Andrés OLIVARES, “Prisciliano entre la ortodoxia y la heterodoxia. Influencia del ambiente político y religioso en la evolución histórica del priscilianismo (ss. IV-VI d. C.)”, Revista de Ciencias de las Religiones, vol. 7, 2002, pp. 114-117.
  • 6. A orixe, desenrolo e declive do movemento priscilianista -galaico, hispano e europeo- é signo, causa e consecuencia dun contexto histórico único: a decadencia de Roma e as invasións xermánicas, e o tránsito dun cristianismo primitivo cara unha niceana Igrexa institucional que soubo arrimarse primeiro ó poder romano, daquela en caída libre, e logo ó emerxente poder monárquico dos xermanos17 . De forma que os partidarios como Prisciliano -e outros ó longo de Idade Media- de seguiren o exemplo orixinal da vida evanxélica procuraron o calor popular18 , igual que Xesús no seu tempo, para enfrontarse á unha nova alianza conservadora dos poderes políticos e eclesiásticos. En ningún lugar de Europa se deu, entre os séculos IV e VI, tan dura e dolorosa batalla entre o modelo comunitario do cristianismo apostólico e o modelo xerárquico do cristianismo dogmático. Temos para nós que o miolo de conflito priscilianista está -máis que na teoloxía- no libre xeito destes de vivir a fe cristiá, alleo á calquera disciplina externa. Nestas comunidades de base priscilianistas, continuación do cristianismo anterior á decisión do emperador Constantino de oficializar en 313 a relixión de Xesús, os bispos exercen de representantes ou 17 O que lle permitiu á Igrexa actuar historicamente de ponte cultural entre a Antigüidade e a Idade Media, así como formar parte do novo sistema feudal como parte esencial da clase señorial. 18 Abilio BARBERO, “El priscilianismo: ¿herejía o movimiento social?”, Conflictos y estructuras sociales en la Hispania antigua, Madrid, 1977, p. 77-114.
  • 7. administradores comunitarios19 máis que de autoridade político-eclesiástica. Soamente así se entende a estrema dureza da reacción oficial á logo considerada herexía priscilianista, descoñecida dende os tempos da persecucións do poder romano, cuxa memoria estaba aínda viva a finais do século IV. Cando aínda se consideraba ortodoxo a Prisciliano, a Igrexa niceana hispana estima anatema, sen nomealo, no Concilio de Zaragoza (380), catro cuestións sobre as formas da relixiosidade priscilianista: mulleres, ascetismo, liturxia e laicismo, por esta orde. O patriarcalismo paulista da Igrexa oficial, en proceso de formación, constitúe unha parte principal da súa dimensión xerárquica. Esixe “que las mujeres fieles no se mezclen en los grupos de otros hombres que no sean sus maridos”20 , prohibíndolles asistir as xuntanzas comunitarias, tamén que poidan “aprender o enseñar” os evanxeos21 . Os xaxúns do ascetismo priscilianista resultan así mesmo condenados ó estar orixinados “por persuasión de otros o por superstición”, fóra das igrexas e das súas datas sinaladas para elo (Coresma, sábados). O bispos hispanos xuntados en Zaragoza desautorizan, así mesmo, ás comunidades cristiás que non “sigan el ejemplo de los obispos” [niceanos] e se xuntan nos montes “o en las haciendas ajenas para celebrar 19 De aí a proliferación de bispos como característica do priscilianismo, Manuel C. DÍAZ y DÍAZ, “Orígenes cristianos de Lugo”, Bimilenario de Lugo, Lugo, 1977, p. 245. 20 Véxase a nota 38. 21 Canon I do Concilio de Zaragoza, Concilios visigóticos e hispano-romanos, José VIVES, edit., Madrid, 1973, p. 16; sobre o papel das mulleres na transmisión oral do priscilianismo, véxase a nota 49.
  • 8. reuniones”. Remata o canón I: “todos los obispos [os priscilianistas decidiran non asistir, lembremos] dijeron: Sea anatema quien esto hiciere”22 . Os tachan tamén de comulgar e celebrar Nadal e Reis fóra dos edificios das igrexas: “ni se oculte en su casa, ni se marche a su hacienda, ni se dirija a los montes ni ande descalzo23 , sino que asista a la iglesia”24 . Na teima de impoñer unha disciplina xerárquica, inédita na Gallaecia atlántica, ameazan os asistentes ó Concilio de Zaragoza ós bispos non oficiais coa excomuñón se admitían “aquellos que por medida disciplinar o sentencia de su obispo ha sido separados de la Iglesia”25 . Por último: “que nadie se llame doctor, sin tener ese título”: referencia evidente a Prisciliano e demais laicos priscilianistas que dirixían, coma o fundador, as lecturas colectivas ou predicaban á xente. Existían xa que logo no Noroeste peninsular, na segunda metade do século IV, dúas alternativas de relixiosidade e modelo de Igrexa cristiá abondo diferenciadas: unha de influencia laica en contacto coa natureza, máis igualitaria e democrática; outra máis xerárquica e vertical, aínda que marxinal na Gallaecia priscilianista durante o reinado dos suevos arrianos. 22 Canon II do Concilio de Zaragoza, loc. cit. 23 Costume priscilianista aínda vivo hoxe en día nas procesións de Galicia; verifiqueino eu mesmo non fai moito na procesión nocturna da Virxe do Gundián na parroquia de Ponte Ulla, preto Compostela. 24 Cánones III e IV, op. cit., p. 17. 25 Canon V, íbidem.
  • 9. Vinte e cinco anos despois das execucións dos líderes priscilianistas por parte do tirano Máximo ten lugar, no ano 400, o primeiro Concilio hispano de Toledo para facer fronte á ameaza redobrada que supoñía a fulgurante expansión na Gallaecia occidental da devoción a Prisciliano e os mártires de Tréveris. Os bispos das outras catro provincias peninsulares redactan “los artículos de la fé católica contra todas las herejías, y sobre todo contra los Priscilianos” (agora nomeados explicitamente), enviados por medio do Papa León a Balconio “obispo de Gallaecia”, onde reinaba a Igrexa priscilianista. A declaración, verbo dos “errores de la secta de Prisciliano”26 , contén catorce canóns de anatemas teolóxicos de orde dogmática e catro máis sobre relixiosidade priscilianista (que podemos engadir ós catro xa citados do precedente Concilio de Zaragoza), que pasamos a resumir: a) contra a crenza na “astrología y las matemáticas”27 (canon XV); nada se di do maleficium que motivara as penas de morte en Alemaña; b) contra os que optan polo celibato sendo laicos (sobre aqueles que din que os “matrimonios... lícitos... son execrables”, canon XVI); c) contra o vexetarianismo (os que din que “debe uno abstenerse de las carnes de las aves o de los animales”28 , canon XVII); d) contra a forma de administrar o bautismo (distinta de Roma, canon XVIII)29 . Disposicións anti- 26 Concilios visigóticos e hispano-romanos, pp. 25-28. 27 A astroloxía e a numeroloxía foi tolerada durante toda a Idade Media, mesmo practicada por cristiáns ilustres. 28 Entendían que o mundo e os animais eran creación do Diaño. 29 Concilios visigóticos e hispano-romanos, p. 28.
  • 10. priscilianistas que non chegaron a ter efecto, toda vez que pouco despois os suevos destrúen a administración romana da ex-provincia Gallaecia formando o primeiro Reino medieval de Galicia. A Igrexa galaico-prisciliana fica de seguido nada menos que século e medio fóra da autoridade de Roma e dos bispos das outras provincias peninsulares cos seus concilios hispanos, sen a Galicia suevo-prisciliana. Coa conversión ó catolicismo do Rei suevo Carrarico cara 555, e a chegada a Braga -capital da Gallaecia sueva- de Martiño de Dumio (tamén coñecido como Martiño de Braga), recomezan como vimos, cun denodado vigor, as condenas sumarias do cristianismo galaico “de los Priscilianos”. En 561 ten lugar o Concilio de Braga I, o primeiro na propia Gallaecia, logo do martirio de Prisciliano, amparado pola monarquía sueva e organizado por Martiño Dumiense. Xúntanse con Martiño na Igrexa metropolitana de Braga oito bispos “de la provincia de Gallaecia... por mandato del antedicho gloriosísimo rey Ariamiro”, porque “hace ya mucho tiempo... deseábamos celebrar una asamblea episcopal de todos nosotros... por incuria del tiempo transcurrido”. Acordando que se ben “hace ya algún tiempo que la peste de la herejía de Prisciliano fue descubierta y condenada en las provincias de España... explíquese aun con más detalle a los hombres ignorantes, que habitando en el mismo fin del mundo [in ipsa extremitate mundi] y en las ultimas regiones30 de esta provincia... en estas regiones se extendía el veneno de la 30 Descrición semellante á empregada por Orosio para situarmos o Monte Medulio na Galicia atlántica.
  • 11. nefanda herejía priscilianista”31 . Corroborando a hexemonía do priscilianismo nos conventos, bracarense e lucense, que xuntos definirán os límites del Reino medieval de Galicia. Lense de seguido os canons do Concilio anti- priscilianista de Toledo realizado 161 anos antes, despois da longa paréntese dos suevos arrianos, confirmando a extraordinaria vixencia secular do movemento priscilianista na parte máis extrema da provincia dos gallaeci. E logo propoñen os bispos presentes en Braga os seus propios 14 capítulos, con clara intención punitiva: “para que cualquier clérigo o monje o seglar, que se descubriese que todavía cree o defiende algo semejante, sea amputado del cuerpo de la Iglesia católica inmediatamente, como miembro totalmente podrido”32 . As ameazas ían dirixidas, ante todo, á parte máis ilustrada e sacerdotal das comunidades priscilianistas, incluídos os laicos que predicaban, cantaban e daban misa33 . De primeiras, coma sempre tratándose de niceanos, a doutrina: procuraban os ortodoxos de Braga para maior eficacia relacionaren as desviacións priscilianistas con herexías contemporáneas coñecidas, desprestixiadas e 31 Concilios visigóticos e hispano-romanos, pp. 65-67. 32 ídem, p. 67. 33 Aínda no renovador Concilio Pastoral de Galicia de 1976, acordouse elaborar un censo de 250 santuarios no arcebispado de Santiago de Compostela, “procurando no preterir las costumbres populares aunque se realicen completamente al margen de la liturgia de la Iglesia”, Juan José CEBRIÁN, Santuarios de Galicia, Santiago de Compostela, 1982, pp. 6-7.
  • 12. perseguidas, coma o gnosticismo e o maniqueísmo. Así como claman anatema contra o concepto unionista da Santísima Trinidade de Prisciliano, onde Pai, Fillo e Espírito Santo son unha mesma cousa: Deus34 . Os homes - dicían os priscilianistas- están feitos de corpos físicos e almas divinas, os primeiros están feitos polo Diaño35 (igual que os animais36 ), polo que cómpre mortificar a carne humana con os xexúns, fuxindo da sexualidade e rexeitando manterse coa carne impura doutros seres vivos37 . A división maniquea do mundo, o ascetismo e o celibato, son dende logo anteriores ó priscilianismo e seguiran estando presentes durante séculos na Igrexa medieval, cohabitando coa súa parte máis mundana, rica e pecadora. Outra cousa é -berran os niceanos- que pretendan poñelo en práctica, fóra da disciplina romana, segrares apoiados por comunidades crentes, clérigos e bispos descarreirados, despois da bendicida oficialización do cristianismo como relixión do Imperio nas súas horas máis baixas, o que facilitou certa continuidade do cristianismo primitivo. 34 Confirmado polos “Cánones de las cartas del apóstol Pablo” I, III e XVI, no relativo á divinidade de Xesús, Prisciliano, Tratados y Cánones, Bartolomé Segura edit., Madrid, 1975, pp. 129-130. 35 No Tratado V sobre a Xénese, Prisciliano nega categoricamente esta afirmación do I Concilio de BRAGA, atacando ós que xustifican con malicia o pecado “atribuyendo al diablo la creación de su cuerpo”, Prisciliano de Ávila. Tratados, Manuel J. Crespo, edit., Madrid, 2017, p. 194. 36 Tratados I.7.26 (seguiremos primordialmente para citar os Tratados de Prisciliano a edición crítica recente de Manuel J. Crespo). 37 Concilios visigóticos e hispano-romanos, pp. 67-68
  • 13. Os bispos galaicos do I Concilio de Braga aproveitan, por suposto, para censurar unha vez máis a astroloxía e o zodíaco, que Prisciliano -dicían- vinculaba coas diferentes partes da alma e do corpo humano; así como a condena do matrimonio por parte dos priscilianistas máis rigorosos; a abstención de comer carne; os severos xexúns fóra da disciplina oficial ou a confraternidade entre homes e mulleres que non eran parentes, prohibición agora destinada a clérigos e monxes38 . O obxectivo dos Concilios de 561 e 572 era a corrección da parte sacerdotal da Igrexa galaica, desenvolvida de maneira endóxena con criterios priscilianistas nos tempos suevos. Impoñer de xeito tardío unha disciplina eclesiástica de raíz niceana entraña, primeiramente, separar netamente os clérigos dos laicos, dentro e fóra de Igrexa. Comezado pola forma de vestir e levar o pelo. Queren obrigar ós lectores a que non canten na igrexa “en traje seglar ni dejarse crecer el bigote... ni se dejen rizos al estilo profano” (Braga I)39 . “Del corte de cabello de los clérigos. No conviene que los clérigos lleven el pelo largo y oficien de este modo, si no con el pelo cortado y descubiertas las orejas, y a imitación de Aarón vistan el traje talar para que de este modo lleven el traje conveniente” (Braga II)40 . Non obstante, séculos 38 ídem, p. 69; a censura da convivencia igualitaria de homes e mulleres nas cerimonias galaicas enlaza, deste xeito, co que será a reiterada “condena” medieval das barraganas dos clérigos; xa o perseguidor Itacio consideraba en Tréveris a mestura de homes e mulleres como algo “deshonesto” e “obsceno”, por moito que fora incoherente co probado ascetismo sexual dos priscilianistas máis comprometidos. 39 Concilios visigóticos e hispano-romanos, p. 72. 40 Canon LXVI, Concilios visigóticos e hispano-romanos, p. 102; sesenta e un anos despois o problema continuaba: no Canon XLI sobre a tonsura do IV Concilio de Toledo
  • 14. despois, na Galicia medieval, e par tout, Cristo e os apóstolos aparecen representados na arte con melenas, barba, bigotes, rizos e túnicas de segrares pobres, como os justos priscilianistas da Galicia sueva: vitoria póstuma dos mártires de Tréveris xamais recoñecida. Tamén ordenan nos concilios bracarenses que “no se cante en la iglesia ningún otro cántico” ou “composición poética” que non sexan os textos do Vello e Novo testamento (BRAGA I)41 . Repítese a esixencia once anos despois: “No está permitido recitar salmos poéticos en la iglesia ni leer libros apócrifos. No conviene recitar en la iglesia salmos compuestos por particulares y de uso entre el vulgo, ni leer libros que están fuera del canon, sino solamente los canónicos del Viejo y Nuevo Testamento” (BRAGA II)42 . Comezo pois dun pretendido arredamento entre o “vulgo” e a nova Igrexa institucional, que non chegou a levarse a cabo de todo na Idade Media, e será tarefa prioritaria da contrarreforma católica nos tempos modernos. Prohíbense así mesmo os ritos que, na tradición priscilianista, tiñan lugar a campo aberto: “Que no está permitido celebrar la misa sobre la tumba de los muertos. No está bien que clérigos ignorantes y osados, trasladen los oficios y distribuyan los sacramentos en el campo sobre las tumbas” (BRAGA II)43 . A Igrexa post- (633), censura que “los lectores en la zona de Galicia... dejando largos los cabellos, al modo de los seglares... pues este fue el uso de los herejes en España”, ibidem, p. 206. 41 Idem, p. 73. 42 Idem, p. 102. 43 Ibidem.
  • 15. priscilianista pechase dentro dos edificios, relacionándose coa cultura popular dende fóra e dende enriba, perseguindo ós priscilianistas máis sinalados, ó tempo que combate en xeral as supersticións vulgares e pagás. discriminar clérigos de laicos, elites da xente común, viña sendo o mesmo para derrotar o que quedaba da Igrexa priscilianista, conseguírono relativamente... A persistencia dos homes-santos priscilianistas, que no quixeran facerse clérigos, vese claramente, case que douscentos anos despois da morte de Prisciliano, no Canon LXX do II Concilio de Braga: “No está permitido a los clérigos y católicos legos [laicos] recibir eulogias [bendicións] de los herejes, nir orar con ellos...” Xa que “se trata más bien de maldiciones que de bendiciones”44 . Resulta evidente que os cristiáns galegos de mediados do século VI, clérigos e laicos, continuaban crendo na autoridade espiritual dos priscilianistas máis rigorosos, en competencia coa nova Igrexa institucional que os bispos de Martiño de Braga querían fortificar, en radical oposición á tradición priscilianista do cristianismo galego máis antigo, procurando fender a súa íntima conexión coas culturas laica e popular. A tarefa histórica de San Martiño completase coa contenda igualmente frontal e paralela coa cultura popular, pre-cristiá e pagá, que a primeira cristianización (priscilianista) de Gallaecia soubo tolerar. Despois dos dous congresos bracarenses o bispo Martiño, que viñera da Panonia centroeuropea a poñer orde na Gallaecia de “los Priscilianos”, publica De correctione rusticorum (574) para 44 Idem, pp. 102-103
  • 16. extirpar, ademais da “herexía” priscilianista, as supersticións e o paganismo da xente común, teima á que xa dedicaran os canons LXXI-LXXV do II Concilio de Braga (572). Determinando cun “no es lícito” que os cristiáns (priscilianistas): metan nas súas casas adiviños, acudan a feiticeiros45 ou se purifiquen como os pagáns (LXXI); segan as tradicións dos xentís, tendo en conta os elementos, o curso da Lúa, as estrelas e os astros, para casaren, construír unha casa, sementar ou plantar (LXXII); celebren festas romanas, ou ritos pagáns como poñer follas de loureiro nas casas novas46 (LXXIII); ou apañen herbas medicinais para facer encantamentos (LXXIV). Agregan ó cabo outra prohibición de xénero: que as mulleres cristiás non usen fórmulas supersticiosas para tecer a la (LXXV)47 . Como é sabido moitas destas tradicións populares denunciadas no século VI nos escritos de Martiño de Dumio, perduraron durante séculos fóra e dentro da Igrexa, consentidas ou mesmo practicadas (maxia branca). Dito doutro modo, o triunfo da segunda e definitiva cristianización do Reino de Galicia na Idade Media foi xustamente factible porque foi sincrética, cristianizaron masivamente os lugares, ritos e costumes anteriores. Co seu relativo sincretismo Prisciliano foi, sen dúbidas, un 45 No IV Concilio de Toledo en 633, segue habendo un Canon específico (nº XXIX) sobre Los clérigos que consultan a los magos o adivinos, a quen se lles quere encerrar en mosteiros (leve castigo comparado co que se fixo, sen probas, con Prisciliano e os seus compañeiros): “si se descubriese que algún obispo, presbítero o diácono… consultaba magos, hechiceros, adivinos, agoreros, sortílogos, o los que profesan artes ocultas”, idem, p. 203. 46 Costume aínda hoxe viva no mundo rural e as contornas das cidades en Galicia. 47 Idem, pp. 103-104.
  • 17. adiantado ó seu tempo. Pagando coa súa vida o retardo de dous séculos na Gallaecia antiga o modelo vertical de poder da Igrexa niceana. O que posibilitou unha especial simbiose Igrexa-cultura popular que distinguiu o feudalismo galego do resto de Península. Debemos confesor con todo que, San Martiño de Braga, na súa obra acusatoria, distingue as supersticións pre-cristiás do propio priscilianismo, restrinxindo a condena á influencia das primeiras sobre o segundo. Criticando implicitamente a decisión arbitraria dous séculos antes do emperador Máximo, aconsellado polos bispos corruptos Itacio e Idacio, de degolar a Prisciliano e os seus por bruxería. Para Martiño de Dumio o principal era apartar de forma terminante os clérigos dos laicos, compoñendo unha renovada e disciplinada elite sacerdotal, por enriba da plebe, en conivencia coa nova monarquía suevo-católica. Cento setenta e seis anos despois da morte do fundador da Igrexa galaico-priscilianista, ditamina Martiño en Braga I que os segrares non podan “alcanzar el grado episcopal [como fixera Prisciliano] sino conforme a las normas canónicas”, debendo pasaren antes os presbíteros un ano completo no oficio de lectorado ou subdiaconado, á fin de familiarizarse coa disciplina eclesiástica. De xeito que “aquel que todavía no aprendió [non] se atreva ya a enseñar”48 . Probas indiciarias de que a Igrexa cristiá do século VI na Gallaecia occidental seguiu primando ós justos laicos por riba da estrutura clerical ata os Concilios de Braga, que preludian no ámbito relixioso a absorción 48 Canons XI, XII e XX, ídem, pp. 73, 75.
  • 18. política, en 585, do Reino suevo por parte do Estado hispano-visigodo. Fagamos notar que dende Braga xa non se insiste tanto, como nos concilios de Zaragoza e Toledo, sobre a prohibición de facer xuntanzas e celebracións fóra dos edificios das igrexas, nos montes ou nas casas particulares. Probablemente porque os curas e bispos saídos das propias e estabilizadas comunidades priscilianas usaban máis os edificios das igrexas, o que non quer dicir que non se seguise facendo actividades litúrxicas noutros lugares, como xa vimos no caso das misas e sacramentos campestres sobre as tumbas dos defuntos (Braga II)49 . Tampouco se prohiben explicitamente nos concilios bracarenses os evanxeos apócrifos, máis ben a súa lectura pública, fóra50 ou dentro das igrexas, segundo anotamos cando no Concilio de Braga II censúrase que se leran nas igrexas salmos poéticos feitos por laicos ou libros fóra do canon51 . No limiar do Concilio de Braga I (561) dise de maneira retórica que o engano da herexía proviña de “algunas escrituras apócrifas”52 . Libros prohibidos, dende logo, pero non tanto condenados doutrinalmente. O problema era que os apócrifos eran tan populares que, incluso moito despois, no século XIII, Jacobo de la 49 ídem, p. 102. 50 No Concilio de Toledo I do ano 400, advirten contra os priscilianistas excomungados por andar “reuniendo grupos en los domicilios de las mujeres y leyendo en ellos los apócrifos”, Ibidem, p. 16; está claro que a persecución oficial contra das mulleres gardaba relación co papel que estas xogaban na transmisión oral do priscilianismo. 51 ídem, p. 102. 52 ídem, p. 66.
  • 19. Vorágine bota man deles para redactar a Legenda aurea, a maior colección de vidas de santos da Idade Media. No Concilio de Braga II (572), que San Martiño preside como bispo de Braga perante o Rei Mirón, vedan expresamente como xa dixemos os apócrifos nas igrexas, de acordo do canon LXVII: “no está permitido leer libros apócrifos... sino solamente los canónicos del Viejo y Nuevo Testamento”53 . Non obstante, dentro e fóra dos edificios eclesiásticos os libros apócrifos seguirán circulando libremente na Idade Media54 : outro éxito post-mortem de Prisciliano e o priscilianismo55 . Consideraban as autoridades eclesiásticas da Gallaecia suevo-católica que o priscilianismo, derrotado politicamente, deixara de ser un problema doutrinal á altura do ano 572: “no hay ningun problema en esta provincia acerca de la unidad de la fe”56 . Mai non debía ser tanto así cando os neoniceanos poñen tanto empeño en resolver o problema da disciplina eclesiástica, a reconversión e o control dos clérigos. Se ben no II Concilio de Braga, San Martiño ten tamén que centrarse en disciplinar a bispos e curas oficiais de vida polo regular máis relaxada que os seguidores de Prisciliano. A relixiosidade popular e os hábitos derivados dos dous séculos priscilianistas precedentes, persistiron durante a Alta Idade Media ata 53 ídem, p. 102. 54 Armand PUIG, edit., Los evangelios apócrifos, I, Barcelona, 2008, p. 36. 55 Simultáneamente los Cánones de Prisciliano entran a formar parte habitualmente las biblias altomedievales, véxase a nota 72. 56 ídem, p. 79
  • 20. conectar co paradoxal cambio estratéxico pro-cultura popular da Igrexa pleno medieval57 . Tratados As fontes que vimos de utilizar sobre Prisciliano, e o priscilianismo, son parciais e “contrarias”, nomeadamente as actas punitivas dos Concilios que vimos de estudar. Consérvanse, de todos os xeitos, outras fontes se cabe máis valiosas e escritas da man de Prisciliano. O que fai posible contrapesarmos as opinións e os intereses da Igrexa oficial, tanto romana como hispana, no contexto peninsular da loita polo poder eclesiástico entre a Igrexa priscilianista de Gallaecia e as Igrexas das outras provincias romanas (Lusitania, Bética, Tarraconense e Carataxinense), sostidas polo poder eclesiástico e político do Papa de Roma. Os bispos e homes-santos priscilianistas, obrigados a confrontaren nesa loita de modelos de vida cristiá, perderon institucionalmente, logo dun secular período de liberdade cos suevos arrianos, ó seren absorbidos en 585 polo novo Estado visigodo (con base nos campos góticos casteláns- leoneses) de ambición peninsular e catolicismo dogmático. A publicación en 1889 dos once Tratados de Würzburg permite achegármonos ó pensamento de Prisciliano de un xeito máis directo. Fálanos polo regular como primeira persoa plural, condicionados arreo polas circunstancias excepcionais en que se redactan cada un 57 Manuel C. DÍAZ y DÍAZ, “La cristianización de Galicia”, La romanización de Galicia, A Coruña, 1976, p. 115.
  • 21. deses pequenos e estimados textos escritos pola súa propia man. Os dous primeiros Tratados, redactados entre 380 e 385, son respostas apaixonadas ás primeiras acusacións dos seus perseguidores e veciños lusitanos58 : o Tratado I (Liber apologeticus) contra Itacio, bispo do Algarve; e o Tratado II (Liber ad Damansum episcopum) contra Idacio59 , bispo de Mérida. De forma convincente, Prisciliano declárase ortodoxo e condena o paganismo, así como todas as herexías pasadas e presentes60 , incluídos os maniqueos61 . A quen atribúen criticamente -xunto cos herexes maranatas- o ancestral culto ó Sol e á Lúa62 , ademais de prácticas máxicas que foron utilizadas por Itacio, Idacio e o emperador Máximo, para sentenciaren a morte ó fundador e catro dos seus compañeiros (Felicísimo, Armenio, Latroniano e Eucrocia). Prisciliano oféndese e escandalízase perante o “sacrilegio horroroso... no proclamado hasta ahora bajo la autoridad de ningún hereje”63 que supón a imputación falaz do corrupto Itacio 58 Termina Prisciliano o primeiro Tratado demandando con tristura: “liberarnos a nosotros, que damos testimonio de la verdad, del odio proveniente de una maliciosa murmuración… provocados por las palabras de los calumniadores… que, bajo el título de piadosos, persiguen domésticas enemistades” (Tratados I. 33.7). 59 Non confundir co cronista Idacio, bispo de Chaves na época sueva. 60 Consideraba ós constructores de herexías corruptos e náufragos da fe, véxase a nota 69. 61 Cos maniqueos, non obstante, compartía Prisciliano a concepción dualista Ben/Mal, Deus/Diaño, Luz / Escuridade que retornará no século XII con cátaros e albingenses e será combatida no IV Concilio de Letrán (1215) e logo no Concilio de Florencia (1442). 62 Prisciliano, Tratados y Cánones, Bartolomé Segura edit., p. 45 63 O intellectual Prisciliano considérase por riba das practicas xentís de tipo máxico, ou supersticioso, que estaban ben vivas na cultura popular do seu tempo: las condena
  • 22. formulada “en nuestra presencia” -en Tréveris- de ter feito “mágicos ensalmos” para consagrar “las primicias de los frutos” ou “consagrar ungüento... contra la maldición al Sol y la Luna”, concluíndo que “quien recitó, proclamó, creyó, practicó, sostuvo e inoculó semejante cosa, no solo sea anatema maranata (1Cor 16,22), sino que incluso ha de ser perseguido por la espada, pues está escrito: no dejaréis vivir a los hechiceros (Ex 22, 18)”64 . Que foi, en suma, o que fixeron con el os seus inimigos Máximo, Itacio e Idacio 65. No segundo Tratado engade: “condenamos a los maniqueos que son no ya herejes, sino idólatras y hechiceros esclavos del Sol y de la Luna, demonios del invicto”66 . Nada falan, doutra banda, Prisciliano -tampouco os seus perseguidores- da astroloxía e a numeroloxía, afeccións habituais nas elites culturais das épocas antiga e medieval, e menos aínda da relixiosidade popular celto- castrexa que Martiño Dumiese, case que dous séculos despois, desvincula claramente da obra doutrinal de Prisciliano, denunciando en todo caso, segundo vimos ó estudar os Concilios de Braga, a natural tolerancia e convivencia dos cristiáns galaico-priscilianistas coa cultura popular pre-romana, que terá a súa continuidade nunha Idade Media, máis priscilianista do que se pensa, que cristianiza como xa dixemos, diversas supersticións teolóxicamente, mentres os seus seguidores as afrontan sincréticamente, do mesmo xeito que o fará ulteriormente a Igrexa medieval. 64 Tratados I. 23. 22. 65 Por medio de una sentencia infame e falaz que ningún concilio anti-priscilianista recolleu, nin antes nin despois da súa execución, como ben sabemos. 66 Tratados II. 39. 8.
  • 23. populares inspirándose sen dúbida no que xa se dicía, pola boca pequena, no II Concilio de Braga, citando a Biblia (Colosenses 3:17): “Todo lo que hacéis, sea de palabra, sea de obra, hacedlo en nombre do Nuestro Señor Jesucristo dando gracias a Dios”67 . Prisciliano facía das escrituras a súa única e verdadeira fonte doutrinal, Vello e Novo Testamento, que dominaba e citaba de maneira profusa, en todas as súas versións. Declarando a súa ortodoxia á vez que -aí está a novidade- a libre interpretación dos evanxeos canónicos e non canónicos. Prisciliano basearase para iso no Tratado III (Libro sobre los apócrifos) no apóstolo Pedro que outorgaba “libertad para leer aquello que se había escrito sobre Cristo” permitindo “leer a sus discípulos una epístola que no estaba en el canon”. Advertindo o home-santo galaico que “si pretendemos condenar todo lo que leen, con toda seguridad condenamos [tamén] lo que está escrito en el canon”68 , amosando unha inxenuidade inocente e un lóxico descoñecemento da capacidade impositiva dun futuro poder xerárquico eclesiástico baseado no dogma. Prisciliano considerábase a si mesmo, polo demais, o máis sabio e elixido -“nuestra capacidad procede de 67 Concilios visigóticos e hispano-romanos, p. 103. 68 Tratados III.55.12, 18, 19.
  • 24. Dios”69 - interprete dos textos fundadores do cristianismo70 . Ó mesmo tempo -engadimos nós- que signo, causa e consecuencia da orixinaria cristianización de Gallaecia. A súa foi unha ortodoxia que perdeu, retrasando a plena cristianización (romana) de Galicia ata a Reconquista e a invención do Sepulcro do Apóstolo Santiago, que, segundo autores de diverso signo, podería conter paradoxalmente os restos do mártir de Tréveris, volveremos sobre iso ó falar dos mitos. É preciso, en calquera caso, distinguir entre Prisciliano e priscilianismo, entre o fundador e o seu movemento comunitario socio-relixioso71 , antes e aínda máis despois da súa execución no ano 385. Vimos como no Concilio de Zaragoza en 38072 , sen nomear a Prisciliano e ó priscilianismo, podemos achegarnos, como o negativo distorcido dunha foto, a como eran esas comunidades cristiás na Gallaecia occidental de feitura priscilianista, máis próximas á clandestinidade do cristianismo, primitivo e apostólico, que á idea institucional e xerárquica da Igrexa xurdida do Concilio de Nicea, convocado en 325 polo Emperador Constantino I doce anos despois da legalización do cristianismo. 69 Chama ós que fabricaron as herexías “hombres corruptos de mente y náufragos de la fe (2Tim 3,8)… Sus enseñanzas todas las hemos destruido con la luz de los divinos testimonios a nuestro alcance, no porque nos veamos capaces de pensar algo por nosotros, como si procediese de nosotros mismos, sino porque nuestra capacidad procede de Dios”, Tratados I. 23. 9. 70 O ambiguo Sulpicio Severo o cualifica na súa crónica mesmo de persoa “vanidosa” e “engreída”, José FREIRE CAMANIEL, op. cit., p. 272. 71 Pasa o mesmo con Xesús e o cristianismo, Marx e o marxismo. 72 Concilios visigóticos e hispano-romanos, pp. 16-18.
  • 25. Tratábase de comunidades de base social igualitaria, onde os laicos e as mulleres xogaban un papel decisivo. Utilizaban para os seus ritos e xuntas casas, campos e montes, ademais das escasas basílicas e igrexas paleocristiás. Os bispos priscilianistas non eran máis que representantes comunitarios, e, segundo os seus acusadores, non acostumaban obedecer nin respectar ós mundanos bispos niceanos (Canon V do Concilio de Zaragoza73 ). Os homes-santos e mestres laicos, ascéticos e célibes, que visten e peitan como segrares, sentíanse superiores ós bispos e ós clérigos niceanos, mesmo despois de que Prisciliano aceptara, logo do inicio soterrado da persecución en Zaragoza, ser nomeado polos seus correlixionarios bispo de Ávila en 382, para poder loitar en igualdade de condicións cos bispos hispano-niceanos que querían acabar con el, e o lograron, e o seu movemento, o que non lograron, pois recibiu un monumental pulo gracias ó seu martirio. Cánones En realidade, no relativo ás costumes e a organización das primeiras comunidades cristiás de Gallaecia, maiormente priscilianistas na segunda metade do século IV, obtemos ben pouca información nos Tratados de Prisciliano que chegara ata nós. Pero existe para iso unha obra mellor, tamén atribuída a Prisciliano: Cánones a las 73 Ibidem.
  • 26. epístolas de San Pablo74 , que contén 90 comentarios e resumes das 14 cartas do apóstolo Paulo de Tarso. Foille solicitada por un simpatizante, que asina como bispo Peregrino, “contra la falacia de los herejes”: “Fue Prisciliano quien los escribió” Xustifica a súa publicación porque “en ellos había muchas cosas harto necesarias”, logo de corrixir -unha vez o fundador foi perseguido e decapitado- “las que tenían sentido perverso”, non sabemos cales (non se conservou o orixinal), se ben o texto publicado exhibe certa ambigüidade, igual ca Crónica de Servero, ambos textos viron a luz nun contexto adverso de satanización oficial de Prisciliano e compañía. A amizade entre Prisciliano e Peregrino é evidente. Prisciliano desculpase polo seu retraso: “Ocupado en muchas obligaciones, he respondido demasiado tarde a tu carta, carísimo...”75 . No seu conxunto a obra é coherente co pensamento priscilianista, se ben as veces o editor confunde interesadamente comentarios de Prisciliano con resumes de Paulo. Prisciliano fálanos ademais nos Cánones de asuntos máis cotiás, non doutrinais. Os comentarios son sempre en positivo, sen a agresiva presión posterior da censura conciliar e política. A diferencia do que acontece cos seus Tratados máis importantes. Nestes canons de temática paulista, un ortodoxo Prisciliano declarase asceta (“los santos crucifican su Carne”) e pacifista (“la milicia, las armas... el combate de 74 O texto de Prisciliano, editado por Peregrino, tivo unha gran difusión na biblias da Alta Idade Media, Marcelino MENÉNDEZ PELAYO, Historia de los heterodoxos españoles, vol. 1, Madrid, 1992, pp. 281-284. 75 Prisciliano, Tratados y Cánones, pp. 125-126.
  • 27. los justos son de naturaleza espiritual”), bautizando como se pode ver como justos ós seus seguidores máis entregados. Confésase partidario da abstinencia no relativo á carne (“enemiga de Dios”), o viño (“causa de toda lujuria”) e o sexo (“los santos... deben abstenerse de toda obra de la carne... como las vírgenes), asumindo no persoal o voto de pobreza (“por una feliz y voluntaria pobreza los justos rechazan la raíz de todos los males que es la avaricia”). Sempre dende unha posición de tolerancia, sen imposicións: ”no deben ser juzgados por otros ni ellos juzgar a los demás”; “los más firmes en la fe deben simpatizar con los menos firmes, sin perderse de vista a sí mismos, para no verse tentados”76 . En consecuencia, non se pode dicir como se di, en rigor, que o priscilianismo fora una seita: máis ben un conxunto de comunidades cristiás abertas, dirixidas por unha minoría de homes-santos ( laicos e tamén clérigos), ascetas e sabios, que non pretendían impor ós demais os rigores da perfección cristiá, senón predicar co exemplo. Seguindo aquilo de “por sus obras los conoceréis”, que viña a dicir Mateo no seu evanxeo (7:15) para distinguir os verdadeiros dos falsos profetas. Di Prisciliano que bispos e clérigos debían ser irreprensibles e pacíficos, pero non os inclúe na xerarquía, ante todo espiritual, co seu concepto de Igrexa: “En la jerarquía de la Iglesia Dios eligió en primer lugar a los apóstoles, en segundo lugar a los profetas, y, en tercero, a los maestros”77 . O autor se identifica, cando menos, como parte dos primeiros e dos terceiros: “El trabajo del doctor es 76 ídem, pp. 132-134. 77 ídem, p. 134.
  • 28. la lectura y predicación del evangelio, con lo que trabaja el apóstol día y noche”78 . En canto a xerarquía social, os canons atribuídos a Prisciliano onde resume, comenta e interpreta as cartas pauliñas, aseveran sen paliativos o seu igualitarismo social e de xénero: “Los creyentes se salvan y justifican no por la ley sino por la fe y confesión en Cristo, carentes del yugo de la esclavitud y de la diversidad de los sexos”. Se ben nos textos seleccionados y ordenados por Peregrino, lemos con sorpresa outros -seguramente de Paulo- sobre a necesidade de ensinar ó pobo submisión social, de xeito que “esté sujeto a las potestades y trabaje con sus manos” e que “amen a sus dueños”. Ordenando o mesmo respecto das mulleres: “callen en la iglesia y no tomen el cuidado de la enseñanza... que la mujer se salve por medio de la generación de hijos”, posto que “la cabeza del varón es Cristo, y el varón [la cabeza] de la mujer”79 . Contradín estes canons socialmente discriminatorios e opresivos, tanto as afirmacións igualitarias do Novo Testamento (o Sermón da Montaña, sobre todo) coma a práctica do priscilianismo e o que di o mesmo Prisciliano sobre a escravitude e a muller que citamos. La interpolación de Peregrino rebate incluso o que vociferan os concilios acusatorios sobre o papel (nefasto, segundo eles) da muller no movemento priscilianista. Xustamente, un dos executados co fundador en Tréveris foi unha muller: Eucrocia. 78 ídem, p. 133. 79 ídem, p. 135, véxase tamén a nota 81.
  • 29. A explicación máis lóxica deste paradoxo é a torpe decisión do editor, que xa notamos, para facilitar a publicación dos canons de Prisciliano (no cadro ulterior dunha triunfal e política Igrexa hispano-niceana), e mesturar atrapalladamente os comentarios de Prisciliano co seus resumes das cartas de San Pablo, moi conservador socialmente e misóxino. De xeito que non se soubese, cando se contradicían, se o dicía Prisciliano ou Pablo de Tarso... No ámbito civil, eclesiástico y político, Paulo de Tarso predica que os cristiáns deben prestar obediencia ós pastores da Igrexa, coma tamén os súbditos ós príncipes e demais autoridades lexítimas80 , así como os fillos ós pais, os escravos ós amos81 e as mulleres ós maridos82 . Referencias novotestamentarias de obediencia xerárquica de carácter sociopolítica más na liña do que será unha establecida Igrexa niceana que do cristianismo xenuinamente priscilianista de contido civilmente democrático, segundo o cal non deberían existir nin o xugo 80 “Así el que se insubordina contra la autoridad se opone a la ordenación de Dios, y los que se oponen, su propia condenación recibirán” (Epístola a los Romanos), José María BOVER, Las Epístolas de San Pablo, Barcelona, 1959 (https://archive.org/stream/lasepistolasdesa00bove/lasepistolasdesa00bove_djvu.txt) 81 “Los siervos obedeced a vuestros amos temporales con temor y temblor, con sencillez de vuestro corazón, como a Cristo” (Epístola a los Efesios), “Cuantos están bajo yugo como esclavos miren a sus propios amos como dignos de todo honor, para que el nombre de Dios y la doctrina no sean blasfemados” (Epístola a Timoteo). ibidem. 82 “Las mujeres en las iglesias callen, … no les es permitido hablar; antes muestren sujeción… si algo desean aprender, pregunten en casa a sus propios maridos, porque es indecoroso a la mujer hablar en la iglesia” (Epístola a los Corintios); “Las mujeres sométanse a sus maridos, como al Señor… el varón es cabeza de la mujer, como también Cristo es cabeza de la Iglesia… asi como la Iglesia se sujeta a Cristo, así también las mujeres a los maridos en todo” (Epístola a los Efesios), ibidem.
  • 30. da escravitude nin a “diversidad de los sexos”. Igualitarismo que sintoniza con aquilo de que “es más fácil que un camello pase por el ojo de la aguja que un rico entre en el reino de Dios” (Mateo 19:24). Prisciliano, sen dicilo, poñía o Sermón da Montaña por diante das ideas conservadoras sociais e políticas do romano converso Pablo de Tarso, seguindo aquilo que tamén dicía Xesus de “dar al Césas lo que es del César y a Dios lo que es de Dios” (Mateo 22:21), falando de pagar ou non tributo ós romanos. Mito relixioso Establecidos os datos e feitos que as fontes históricas nos permiten verificar, ímonos referir ós mitos, relixiosos e político-historiográficos, que suscita a historia de Prisciliano e do priscilianismo. Comezando, tanto por cronoloxía coma por relevancia, polo mito relixioso dos séculos IV-VI que superará ó mito nacionalista do século XX, en duración e seguimento por parte da sociedade galaica. Durante os 150 anos que transcorridos entre a morte de Prisciliano e a fin do Reino suevo, o priscilianismo é preponderante na Igrexa galega, que opera dunha maneira libre e separada do Papa e da Igrexa hispana. De feito, fracasan todos os intentos de celebrar, ó longo do reinado dos suevos arrianos, un concilio en Galicia a fin de que os cristiáns galegos "entrasen en razón". Esta Igrexa suevo-priscilianista alenta o culto a Prisciliano como mártir e santo, xurdido da súa execución
  • 31. en Alemaña e o regreso dos seus restos á Gallaecia Atlántica. Devoción ampliada e reforzada pola Igrexa priscilianista, ó amparo da monarquía arriana, ata a conversión desta ó catolicismo romano en 555. Crenza colectiva, popular e pública que se materializará e focalizará no culto e a peregrinación á tumba de Prisciliano. No 404, Sulpicio Severo, testemuña de época, dinos como xa comentamos que “los cuerpos de los ejecutados fueron llevados a las Hispanias [en plural] y sus entierros fueron celebrados con grandes exequias. Es más, incluso el jurar por Prisciliano se consideraba de la mayor devoción”83 . Hoxe hai consenso entre os estudosos, dende Justo Pérez de Urbel ata historiadores e teólogos progresistas, sobre que foi na Gallaecia occidental e atlántica (a actual Galicia máis o norte de Portugal84 ) onde se soterraron os cadáveres dos decapitados en Tréveris. Lugar de orixe de Prisciliano, con toda probabilidade: onde, segundo as diversas fontes, o movemento priscilianista alcanzará a súa máxima expansión a partir do fatídico ano 385. Será útil resumir o que di sobre o culto, a peregrinación e o sepulcro de Prisciliano, frei Justo Pérez de Urbel no ano 1977, nunha obra cun título significativo: Santiago y Compostela en la historia (con amor y con verdade)85 . Falanxista e alférez provisional na guerra civil española, prior da orde beneditina e abade do Val dos Caídos, durante 83 Crónica de Sulpice Severo , p. 281. 84 Casimiro TORRES, “La Galicia romana y la Galicia actual”, Cuadernos de Estudios Gallegos, XXVI, 1953, p. 387. 85 Justo PÉREZ DE URBEL, Santiago y Compostela en la historia (con amor y con verdad), Madrid, 1977, pp. 82-84.
  • 32. o franquismo86 , escrebe don Justo, dous anos antes de morrer, en plena transición á democracia: (A) “Galicia convértese no paraíso da herexía priscilianista”, despois do ano 385, os priscilianistas galegos expulsan ao “único bispo católico” e romano, Ortigio , que tiña a súa sede en Celenes, actualmente Caldas de Reis. (B) Engadindo que "fue en Galicia donde encontraron un sepulcro seguro" para Prisciliano e os seus compañeiros. (C) Conclúe: que arroxa “luz sobre… los orígenes históricos de aquel lugar que hoy llamamos Compostela… donde hubo seguramente un culto antes de que hacia el año 830 se descubriesen allí los huesos del Santiago el Mayor”. (E) Co que se pregunta "¿Qué cuerpo sería aquél?" que está enterrado en Compostela. Facendo notar que hai indicios claros de que sexa en realidade. Menciona a tal fin ás escavacións na Catedral de Santiago de Compostela na década dos anos 40, que puxeron ó descuberto unha necrópole cuxas sepulturas están datadas, xustamente, entre os séculos IV e VI 87 , e orientadas cara a un mausoleo romano dun "xefe venerado", interpreta Pérez de Urbel . As dúbidas sobre a tumba de Compostela, e a posibilidade de que os ósos atopados no século IX fosen os de Prisciliano e non de Santiago o Maior, xa foran suscitadas antes, fóra de España, por outros historiadores de círculos laicos ou protestantes como Louis Duchesne , 86 Ignacio PEIRÓ, Gonzalo PASAMAR, Diccionario Akal de historiadores españoles contemporáneos, Madrid, 2002, p. 486. 87 É dicir, entre a morte de Prisciliano (século IV) e a conversión dos suevos ó catolicismo romano (século VI), longo período no que o priscilianismo foi hexemónico en Galicia, non é innecesario repetilo porque a historiografía sobre os suevos e o Reino de Galicia tende a esquecelo.
  • 33. Claudio Sánchez Albornoz ou Henry Chadwick. Na actualidade, os historiadores de Compostela88 adoitan da inventio do sepulcro, xogando co seu dobre significado de «invención» e «descubrimento». Porque entendemos que, independentemente de quen sexan os restos, a crenza cristiá mantida masivamente ó longo dos séculos de que alí está soterrado Santiago o Maior, creou unha nova e poderosa realidade histórica. Nin a Igrexa de Santiago de Compostela, nin a cidade de Santiago de Compostela, nin a Universidade de Santiago de Compostela, é dicir, a Galicia que hoxe coñecemos89 , serían o que son sen a invento do sepulcro arredor do ano 830. Se están aí ou non o esqueleto de Santiago -algo que ata agora ningunha investigación confirmou- xoga, en consecuencia, un papel histórico menor desde o punto de vista dos historiadores avanzados, post-positivistas, que valoramos as mentalidades colectivas como un poderoso factor histórico, igual que economía e a política. Unha cuestión aparte é a reparación pendente da figura de Prisciliano, e do seu movemento, pola súa inxusta morte e a difamación milenaria a que foi sometido. Rehabilitación se acaso hoxe máis urxente, ante a certa probabilidade de que Prisciliano sexa o santo mártir que descansa eternamente no sagrado mausoleo sobre o que se fundou Compostela. 88 Carlos BARROS, "La peregrinación a Santiago de Compostela: una aproximación global", Anales de Historia Antigua y Medieval, Buenos Aires, vol. 39, 2006 ( http://www.h- debate.com/cbarros/spanish/articulos/historia_medieval/peregrinacion.htm ). 89 Da capital relixiosa (e non relixiosa) de Santiago de Compostela na Idade Media pasamos á capital política de Santiago na Galiza autonómica.
  • 34. Mito político De menor influencia e duración que o mito relixioso, pero de maior importancia histórico-inmediata, é a dramática historia de Prisciliano como parte do discurso historiográfico do galeguismo contemporáneo. O primeiro que temos que dicir é que a versión mítica, historiográfica e política de Prisciliano (interesou menos o priscilianismo) é de elaboración tardía, se a comparamos con outros mitos históricos do nacionalismo galego que, polo xeral, tiveron a súa orixe no século XIX. Haberá que esperar ó galeguismo da II República para encontrarnos coas primeiras reivindicacións identitarias claras da figura de Prisciliano. Os nosos primeiros historiadores, Benito Vicetto90 e Manuel Murguía 91 , adoptaron unha actitude ambigua cara a Prisciliano. Por unha banda, reclamárono como gran persoeiro da Galicia romana, expresión da Galicia celta e, ó mesmo tempo, da alta cultura galaica do século IV. Por outra banda, veñen a dicir que estaba trabucado na súa heterodoxia, tratándoo arreo de “herexe” ou “heresiarca”. Asumindo incluso, de forma acrítica, as peores acusacións da Igrexa niceana, manifestadas nos desprestixiados concilios anti-priscilianistas, e non condenando, para empeorar as cousas, o trola de bruxería que o levou a súa 90 Benito VICETTO, Historia de Galicia, II, Ferrol, 1866, p. 175. 91 Manuel MURGUIA, Historia de Galicia, II, Lugo, 1866, pp. 556, 560, 568, 580 e 591.
  • 35. morte92 . Ambigüidade que esclarece dilucida porque non callou a reivindicación e o mito de Prisciliano no pensamento galego decimonónico. De feito, a principios do século XX, na época das Irmandades da Fala, primeira versión do nacionalismo galego, baseado máis na cultura que na política, continúa o confuso discurso sobre Prisciliano. Ramón Villar Ponte na súa Historia sintética de Galicia di o mesmo: “ herexía … mestura dos principios cristiáns con prácticas e teorías da astroloxía e da maxía”, chamando a Prisciliano como dixemos ‘heresiarca’, é dicir, “fundador dunha herexía”, o que se manterá despois noutros textos galeguistas. Limitando a súa valoración histórica á súa importancia como figura “heterodoxa” galega: “ista figura intresantísima da Historia galega… máis ergueita e distinta do pensamento heterodoxo penínsuar”93 . Tampouco axudou o contexto político -ditadura dereitista de Miguel Primo de Rivera- ó enaltecemento, por parte do nacente nacionalismo, dunha figura considerada herética, cuxa execución tampouco é claramente condenada. Non foi ata a II República cando se comezou a falar de Prisciliano como un mito positivo. En primeiro lugar farao Manuel Portela Valladares, fundador de Acción Gallega, político republicano que chegou a ser Presidente do Consello de Ministros durante a República. En 1932 publica un apéndice titulado El priscilianismo no seu libro (con portada e ilustracións de Alfonso R. Castelao) Ante el 92 Benito VICETTO, op. cit., pp. 173-174; Manuel MURGUIA, op. cit., pp. 559, 560, 562, 564 nota 1, 566, 568 nota 1, 577. 93 Ramón VILLAR PONTE, Historia sintética de Galicia, 1927, A Coruña, pp. 31-32.
  • 36. Estatuto94 , onde explicitamente eleva a Prisciliano a "categoría de mito", pola vía da glorificación: "puramente galego", “Cebreiro de galeguidade”, “lealdade á terra galega”. Propoñéndoo, en total, como o máis antigo precursor dun novo galeguismo claramente republicano e contemporáneo, esquecendo e/ou relegando a súa presunta herexía. Será Alfonso R. Castelao quen levará ata as súas últimas consecuencias, en Sempre en Galiza (1944) e outras publicacións, a reivindicación laica e identitaria de Prisciliano. Apoiando, e apoiándose, expresamente, na achega de Portela Valladares, Castelao propón un cambio radical no enfoque do nacionalismo galego á figura de Prisciliano. Primeiro, defíneo como o primeiro mártir da historia de Galicia, situándoo en primeiro lugar, vestido de bispo, na súa “Santa compaña dos inmortaes galegos ”, no discurso “Alba de Groria ”, pronunciado en Bos Aires o 25 de xullo de 1948, Día de Galicia, onde estaba exiliado. Deste xeito o líder do Partido Galeguista retoma o mito relixioso do martirio de Prisciliano, creado e mantido polos seus seguidores entre os séculos IV e VI, aínda que agora transformaba e mártir de Tréveris no mártir de todos os galegos. En segundo lugar , aínda que Castelao trata ás veces a Prisciliano de “heresiarca”, considera positivas e anticipatorias as súas propostas e prácticas relixiosas: “xerme da reforma católica e do libre pensamento!”95 , afirma. Engadindo autocriticamente que, ata entón, “a conciencia mística de Galiza deixouse vencer pola intransixencia ibérica... e xa non temos azos para 94 Manuel PORTELA VALLADARES, Ante el Estatuto. Unificación y diversificación de las nacionalidades, Barcelona, 1932. 95 Sempre en Galiza, Madrid, 2ª ed., 1977, p. 36.
  • 37. reivindicarmos a súa memoria"96 . En terceiro lugar, Castelao non poderá evitar facerse a mesma pregunta que fara tres décadas despois Justo Pérez de Urbel, sobre a tumba de Compostela: “Prisciliano ou Sant-Iago ?”97 , ironizando máis adiante o persoeiro galeguistas que “se non era Prisciliano, merecía ser São Paulo” 98 . O primeiro seguidor do cambio proposto por Castelao, para a reivindicación galeguista de Prisciliano, foi Ramón Otero Pedraio na súa Historia de la Cultura Gallega (Bos Aires, 1939)99 . Don Ramón, que era un católico entusiasta, suxire a súa maneira a rehabilitación relixiosa de Prisciliano, insistindo en que quería “ante todo ser considerado un ortodoxo”100 , é dicir, un bo cristián, rexeitando rotundamente que fose un herexe: " una herejía adjetiva no dura exteriormente desde el último tercio del siglo IV hasta mediados del VI" 101 . Preguntándose: ""¿Quién negará a Prisciliano la calidad indiscutible en el tiempo y en el valor de haber sido el primer teólogo gallego?”102 . Reclamando, finalmente: "Paz y respeto a su memoria"103 . 96 Ibidem 97 Idem, p. 51. 98 Idem, p. 228. 99 O primeiro libro de Sempre en Galiza, onde trata o tema de Prisciliano, foi escrito por Castelao en 1937, entre Valencia e Barcelona, fuxindo do exército franquista, para a revista galeguista e republicana Nova Galiza, á que Otero seguramente tiña acceso. 100 Ramón OTERO PEDRAIO, Historia de la cultura gallega, Bos Aires, 1939, p. 66. 101 Idem, p. 62. 102 Idem, p. 67. 103 Idem, p. 69.
  • 38. Sacerdotes e teólogos galegos, como Xosé Chao Rego104 e Victorino Pérez Prieto 105 , reclaman hoxe a rehabilitación oficial de Prisciliano, bispo e teólogo do século IV, por parte da Igrexa, recoñecendo a inxustiza da súa execución e a importancia fundamental da súa obra e predicación para comprender a primeira cristianización de Galicia, marcada grazas ao priscilianismo por unha especial comuñón entre o pobo e a relixión de Cristo. Quizais os tempos deste século XXI sexan máis propicios para a rehabilitación de Prisciliano, o Vaticano xa pediu desculpas en 2004 pola queima de herexes cristiáns pola Inquisición (Xoán Paulo II106 ), e o Papa Francisco foi máis alá co seu ecumenismo que ningún outro Papa, cando tratou a Lutero en 2016 como un "gran reformador", porque "d en ese tiempo [siglo XVI] la Iglesia no era un modelo a imitar, había corrupción en la Iglesia, había mundanidad, el apego al dinero, al poder, y por eso él protestó”107 . Por moito menos, Prisciliano foi decapitado hai dezaoito séculos polos integrantes dunha alianza diabólica dun poder imperial decadente e un sector corrupto da Igrexa "con apego al dinero, al poder". A alma de Prisciliano de 104 Xosé CHAO REGO, Prisciliano: profeta contra o poder, Vigo, 1999; Prisciliano, A Coruña, 2002. 105 Victorino PÉREZ PRIETO, Prisciliano na cultura galega, un símbolo necesario, Vigo, 2010; Prisciliano, um Cristián Livre. O Seu Eco na Cultura Galaicoo-Portuguesa, Vila Nova de Famalicão, 2017. 106 Mensaje del Papa Juan Pablo II en las Actas del Congreso sobre la Inquisición (15/6/2004) (https://www.vatican.va/content/john-paul- ii/es/letters/2004/documents/hf_jp - ii_let_20040615_symposium-inquisition.html ). 107 ¿Qué dijo el Papa Francisco sobre Lutero y la corrupción en la Iglesia?, 28/06/2016 (https://www.aciprensa.com/noticias/que-dice-el-papa-francisco-sobre-lutero-y-la- corrupcion-en-la-iglesia-18302 ).
  • 39. Gallaecia non estará tranquila ata que se faga xustiza. Que así sexa e o vexamos.