SlideShare a Scribd company logo
1 of 17
1
O cerre da fronteira medieval
entre Galicia e Portugal*
Carlos Barros
Universidade de Santiago de Compostela
Que o norte de Portugal e Galicia teñan unha historia común ata
o século XII, non é algo que se poida esquecer ó estudiarmos as rela-
cións posteriores entre as dúas bandas do río Miño. Dentro das «diver-
sas alternativas no processo de formçôes nacionais da Península»,
estaba, no século XII, a «consolidaçâo de um reino de Galiza que
englobasse também Portugal», se ben dos acontecementos somente
resultou a independencia política da Galicia bracarense1. Atrás
quedaban séculos de interrelación e de convivencia social desde o río
Douro ata o mar Cantábrico, que acadaron a súa máxima expresión
na conformación da lingua galego-portuguesa, feito demostrativo de
como debaixo do marco político do reino altomedieval de Galicia,
existía unha realidade social homoxénea; o rompemento político que
encomeza en 1128 de primeiras non afecta, na mesma medida, ó
tecido social e cultural que vencellaba as dúas partes da gran Galicia.
De aí que a fronteira Galicia/Portugal teña algunhas
carácteristicas distintas da fronteira Castella-Léon/Portugal. No
enfrontamento que dá orixe a Portugal e despois na loita pola
hexemonía penínsular, o protagonismo da tensión sitúase entre as
*
Publicado en "O cerre da fronteira medieval entre Galicia e Portugal", Sociedade, cultura e
mentalidades na época do "Cancioneiro Geral" (Actas do Congresso Internacional "Bartolomeu Dias
e a sua época", Porto, setiembre de 1988), volume IV, Porto, 1989, pp. 461-473; “La frontera medieval
entre Galicia y Portugal”, Medievalismo, Madrid, nº 4, 1994, pp. 27-39; “Portugal, fronteira aberta”,
¡Viva El-Rei! Ensaios medievais, Vigo, 1996, pp. 117-133; www.cbarros.com.
1
José MATTOSO, O essencial sobre a formaçâo da nacionalidade, Lisboa, Imprensa Nacional-
Casa da Moeda, 1985, pp. 39-40.
1
monarquías de Castela-Léon e Portugal; ó reino de Galicia atínxelle a
conflictividade política e armada con Portugal de xeito indirecto,
como parte integrante da Coroa de Castela. E dicir, o pasado nacional
común e mailo carácter periférico de Galicia2 e do norte de Portugal3,
verbo dos respectivos centros do poder político, fan particularmente
permeable a fronteira medieval galaico-miñota. De feito, en tódalas
guerras que implicaron a Portugal e Castela nos séculos XIV e XV
(que van se-lo marco temporal deste traballo), desenvólvese un
poderoso bando portugués nas terras de Galicia: 1366-1371, en favor
de Pedro I e de Fernando de Castro; 1386-1387, en favor do Duque
de Lancaster; 1475-1476, en favor de D.ª Juana e De Pedro Alvarez
de Soutomaior. A Pervivencia dunha Galicia nobiliar e urbana pro-
Portugal é indicativo, segundo o noso entender, dunha especial
fluidez das relacións sociais, ó longo da Idade Media, entre Galicia e
Portugal. En conclusión: a continuidade dos vínculos galego-
portugueses vese favorecida pola inestabilidade e febleza das
monarquías peninsulares, logo da secesión do século XII.
1. Fronteira política entre dous reis
Afonso Henriques ocupa militarmente o sur de Galicia varias
veces entre 1130 e 1169, pero neste último ano, feito prisioneiro por
Fernando II de Léon e Badajoz, cede definitivamente Tui, as terras de
Toroño e da Limia, á Coroa de Léon e Castela4. Houbo nobres
2
Conforme nos achegamos ós tempos modernos, fanse máis longas as ausencias dos reis de Castela
e León no cada vez máis lonxano reino de Galicia. Cf. Carlos BARROS, A mentalidade xusticieira dos
irmandiños, Vigo, Edicións Xerais, 1988, pp.40-41.
3
Humberto BAQUERO MORENO, Areas de conflicto na fronteira galaico-minhota no fim da
Idade Media, II Colóquio galaico-minhoto, I, p. 54.
4
Pascual GALINDO ROMEO, Tuy en la Baja Edad Media (siglos XII-XV), Madrid, Instituto E.
Flórez , 1923, pp. 21-24; Alexandre HERCULANO, História de Portugal, I, Amadora, Liv. Bertrand,
1
galegos que colaboraron abertamente co primeiro rei de Portugal ,
como os condes de Toroño e da Limia en 11375. Fernando II
desposeeu ó pro-portugués bispo de Tui cando reconquistou a cidade
en 11696. Teñamos en conta que as terras meridionais de Galicia,
reivindicadas por Afonso Henriques como herdanza da súa nai D.ª
Teresa7, estiveran integradas durante séculos xunto co condado
portucalense, cando o río Miño non era fronteira, no convento
xurídico bracarense8, o cal facilitou sen dúbida unhas relacións que
viñan a ser máis distantes e difíciles co norte de Galicia, o antigo
convento lucense. En realidade, a nobreza portuguesa que rodea a
Afonso Henriques rompe con rei de León e máis cos grandes señores
da Galicia lucense: o conde Fernando Pérez de Traba9 e,
sinaladamente, o arcebispo de Santiago, Diego Xelmírez10. Quérese
dicir que a liña de demarcación galego-portuguesa fixada en 1169,
despois de 40 anos de pugnas, é unha consecuencia dos feitos
1980, pp. 401-403, 407-408, 413-421, 437-438, 559-566.
5
A. HERCULANO, op. cit., pp. 413-415; Benito VICETTO, Historia de Galicia, Ferrol, 1872. Ed.
facsímil, Lugo, Alvarellos, 1979, pp. 106-111; J. MATTOSO, Identificaçâo de um país, I, Lisboa,
Estampa, 1985, p. 187.
6
P. GALINDO ROMEO, op. cit., p. 24.
7
A. HERCULANO, op. cit., p. 401.
8
A. RODRIGUEZ COLMENERO, Galicia meridional romana, Bilbao, Universidad de Deusto,
1977, pp. 14 ss.
9
A. HERCULANO, op. cit., pp. 373 ss.
10
Entre 1124 e 1131, sucédense os problemas pola legacía e a xurisdicción eclesiástica co arcebispo
de Braga e co bispo de Coimbra, Historia Compostelana, ed. de José CAMPELO, Santiago, Porto,
1950, pp. 358, 394, 434-435, 458; Xelmírez acompaña en 1127 co seu exército a Alfonso VII contra os
portugueses, idem, pp. 397-398; en 1137 contribúe con dous mil soldos para que o emperador de León
recupere Tui, de novo conquistada por Afonso Henriques, e disponse a xuntar outro exército, idem, p.
508.
1
militares que enfrontaron ós grandes señores galegos entre si, segundo
foran da parcialidade do rei de Castela ou do rei de Portugal, primeiros
protagonistas dos ditos combates pola soberanía. Non parece que a
xente común participara de seu nesas loitas fronteirizas11.
Ata 1169, a inestabilidade e o cambio de dominio, fan das dúas
marxes do Miño unha marca, unha rexión de fronteira máis que unha
liña definida e estable. Despois de 1169 temos, no fundamental, o que
vai se-lo límite xurídico-político entre Galicia e Portugal ata hoxe en
día; separa a provincia de Pontevedra de Minho, e a de Ourense de
Minho de Trás-os-Montes. Se ben as fronteiras dos países son froito
da historia non da natureza12, as fronteiras naturais coadxuvan
grandemente a precisa-los límites políticos, tal é o caso do río Miño,
responsable da nítidez da liña divisoria Pontevedra / Minho, mentres
que a zona do alto Limia e de Trás-os-Montes préstase a unha maior
vaguedade 13. Como fronteira estratéxica o río Miño era decisivo: os
grandes centros do condado portucalense no século XII -Braga,
Guimarâes, Porto- ficaban Entre Douro e Minho14, compréndese a
teímosia do primeiro rei de Portugal en controla-la cidade de Tui e
11
Consta que Xelmírez, en 1127 obligó a los compostelanos, parte con ruegos, parte por la
fuerza, a seguirle en aquella expedición», Historia Compostelana, p. 398.
12
Lucien FEBVRE, Frontière: le mot et la notion, Por une histoire à part entiére, Paris, SEVPEN,
1962, p. 21.
13
J. MATTOSO, Identificaçâo de um país, pp. 194-195; en 1418, ten lugar un acto notarial na terra
da Limia, para marcar e divisar en o termo entre Portugal e Galiza con homes bos dambos dos
Reinos en esta maneira, resultando uns lindeiros precisos, a raia de Portugal, baseados en puntos de
referencia da paisaxe, publica José Ramón FERNANDEZ OXEA, ed. Descripción de los Estados de la
Casa de Monterrey en Galicia, por D. Pedro González de Ulloa (1777), Santiago, CSIC, 1950, pp. 92-
9.
14
Joaquim VERISSIMO SERRAO, História de Portugal, I, Póvoa de Varzim, Verbo, 1978 (2.ª ed.),
pp.87-88.
1
subi-la fronteira alén do Miño, cando menos.
A fronteira galego-portuguesa de finais do século XII tiña como
obxecto delimita-las soberanías dos dous reis no noroeste peninsular.
Coidamos que a poboación de ámbalas marxes do río Miño, unha vez
estabilizada a fronteira política, poucas dúbidas podía ter respecto da
xurisdicción real que lles correspondia15. Na Francia e na Italia do
século XII os habitantes coñecian tamén as fronteiras públicas coa
mesma claridade cas fronteiras diocesanas16; outra cousa ben
diferente é a importancia práctica que daquella lle podían dar ó feito
do afastamento xurisdiccional entre dous reis. De entrada somos
sabedores de que a fronteira política recén estrenada non afecta ás
fronteiras eclesíasticas17, as cales durante máis de 200 anos non teñen
para nada en conta a liña de demarcación estatal.
O que se afecta a formación dunha fronteira política é ó sistema
de fortalezas. Mentres a liña divisoria permanece insegura, indecisa,
a liña que une os lugares fortificados segue un trazado irregular, que
semella ás veces uns dentes de serra. A estabilización do límite entre
os poderes monárquicos, o paso dunha franxa a unha liña de
demarcación, conduce a unha liña defensiva continua que dobra a
fronteira política18. Con todo, nas beiras do río Miño, a fortificación
15
Na Corte de Castela, séculos despois, por contra seguían algúns sen ver claro onde remataba
Galicia e empezaba Portugal, posto que escribía o cronista que, en 1372, avian tomado un logar de
Galicia que dicen Viana, Crónica del rey Enrique II, BAE, nº 68, Madrid, Atlas, 1953, p. 14.
16
Rita COSTA GOMES, «sobre as fronteiras medievais: A Beira», Revista de História Económica
e Social, 21, 1987, pp. 58-59; a fronteira do río Miño malamente pode considerarse imprecisa como di
Roger Dion, e só referenciable por medio de castelos e poboacións fortes, segundo Herculano, ibidem,
anque tales afirmacións sexan correctas para o período anterior a 1169.
17
J. MATOSSO, Identificaçâo de um país, II, pp. 194-195.
18
Lucien FEBVRE, op. cit., pp. 22-23
1
medieval non acada as mesmas proporcións que no século XVII19,
nin se dan claramente as características de despoboación e adicación
militar dos lugares de fronteira, que obrigaran ós agresores a ter que
adentrarse no territorio contrario na procura dunha acción militar
decisiva, como acontecia na fronteira Portugal/Léon-Castela20. A
fronteira entre monarquías medievais incide pouco no tecido social; a
súa debilidade garda relación coa febleza do poder real naquel entón.
Así se explica que os señores actúen ás veces coma si fosen súbditos
de dous reis: igrexas e mosteiros galegos mantiñan relación e recibían
donacións indistintamente do rei de Castela e do rei de Portugal21, e
o propio vínculo vasalático contempla a posibilidade de cambiar de
señor, mesmo se é o rei22; prácticas que se daban maiormente nos
señoríos que estaban perto da fronteira. Doutra banda os reis
cultivaban unha política de atracción cara ós cabaleiros co obxectivo
de organizar un bando propio no lado contrario: nas querras dos
séculos XIV e XV funcionaron bandos portugueses nos reinos de
19
Jaime GARRIDO RODRIGUEZ, Fortalezas de la antigua provincia de Tuy, Pontevedra,
Deputación Provincial, 1987, p. 250; A.H. OLIVEIRA MARQUES, Portugal na crise dos séculos XIV
e XV, Lisboa, Presença, 1987, p. 347.
20
José Luis MARTIN MARTIN, «Notas sobre la frontera medieval entre Portugal y Castilla», 1383-
1385 e a Crise Geral dos Séculos XIV/XV. Jornadas de História Medieval. Actas, Lisboa, História &
Crítica, 1985, pp. 156-157.
21
Ermelindo PORTELA SILVA, La Región del Obispado de Tuy en los siglos XII a XV, Santiago,
Deputación Provincial de Pontevedra, 1976, pp. 244 ss.; véxanse cartas reales portuguesas en favor do
mosteiro de Oia, 1340-1455, Luis SANCHEZ BELDA, Documentos reales de la Edad Media referentes
a Galicia, Madrid, Ministerio de Educación Nacional, 1953, pp. 462, 465, 533, 538, 539, 543, 559, 560,
565.
22
De Paio Sorred, cabeza da linaxe dos Soutomaior de Galicia, di o xenealoxista: tan buen
Cavallero como otro qualquier de su tiempo, preciado tanto de los Reyes, i altos señores, que cada
uno le queria consigo, Nobiliario del Conde de Barcelos, Madrid, 1646, p. 381.
1
Castela e León e bandos casteláns no reino de Portugal. Entremen-
tres a fronteira non se moderniza plenamente, sobrevive a idea feudal
de negocia-la fidelidade ó rei que mellor favorecese, mesmo nas
comunidades populares de fronteira23. En 1462 o rei de Portugal,
Afonso V, visita ó Miño, concedendo cartas de privilexios ás
localidades fronteirizas galegas que se presentaron perante el para
solicitalas24.
O carácter superestructural da fronteira medieval, certa provi-
sionalidade consustancial que por forza tiña que influir nas
mentalidades colectivas, resultan reforzados se consideramos que ós
límites entre Castela e Portugal son, no século XIV e XV, estables
pero reversibles25.
A batalla pola hexemonía peninsular, encomezada en 1356 e
renovada en 1474, a quebra en Aljubarrota (1385) do hexemonismo
castelán e do hexemonismo portugués en Toro (1476)26, de maneira
que as cousas quedaron como estaban, axudou a manter, a finais da
Idade Media, a medievalidade da fronteira galaico-miñota, é dicir, a
mobilidade social e cultural entrámbalas partes da antiga Galicia
altomedieval.
2. Fronteira medieval, fronteira aberta
23
J. MATTOSO, Identificaçâo ..., II, p. 195.
24
José MARQUES, Acçâo governativa de D. Afonso V durante a visita ao Minho, em 1462, Braga,
1984.
25
En 1476, despois da súa victoria na batalla de Toro, Afonso V propón -sen resultado- ós Reis
Católicos, dentro do tratado de paz, que polos dereitos que, como esposo da filla de Enrique IV, tinha
nos Regnos de Castella, lhe soltassem liuremente algua parte do senhorio della, e que esta seria
ho regno de Galiza com todos seus termos, Crónica do Príncipe D. Joâo de Damiâo de Góis, ed. de
Graça Almeida Rodrigues, Lisboa, Universidade, 1977, p. 128.
26
A. H. OLIVEIRA MARQUES, Portugal na crise dos séculos XIV e XV, p. 317.
1
«Vivan los dos reyes, moitos anos», dicían con altas voces as
testemuñas de vista presentes cando os de Meaus, na raia de Portugal
en Ourense, querían construir unha casa en terreo misto e repartían:
«de aquí para allí (y va caminando), por el Rey de Castela; de esta
parte a esta, por el Rey de Portugal»27. Este couto misto, baseado en
privilexios dos dous reis que permitían -a pesar da existencia da
aduana- comprar e vender nas feiras de ambos reino sen pagar
impostos, unha reminiscencia medieval: unha pervivencia de longa
duración na conducta e na memoria colectiva dos hábitos fronteirizos
propios da Idade Media. En 1864, os gobernos de España e Portugal
-a iniciativa de Isabel II- deron cabo desa situación de privilexio
delimitando de novo a fronteira, non deberon logralo totalmente xa
que tiveron que volver sobre o asunto en 1866 e 189628. O problema
non era tanto político, de trazar ben a raia afastadora, como de
mentalidades colectivas.
Unha cousa é a fronteira política e outra ben distinta a fronteira
mental. Dito de outra forma: a fronteira política medieval non é,
socialmente, unha fronteira mental tal como a entendemos hoxe.
Vexamos outro exemplo. Tocante ó exercicio da xusticia, o concello
de Ourense29 quer obrigar, en 1434, a uns veciños de San Martiño de
Presqueira (Baños de Molgas) a devolver-lo trigo que roubaran en
Ponte Ambía a uns portugueses de Vinhais30; en 1441, saen
denovadamente os de concello na defensa dos veciños de Portugal que
27
Descripción de los Estados de la Casa de Monterrey en Galicia, pp. 180-181.
28
Ibidem.
29
O seu alonxamento da liña fronteiriza fai máis representativa do conxunto dos galegos a
mentalidade ó respecto dos burgueses ourensáns.
30
Publica Xesús PERRO COUSELO, A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en
galego dos séculos XIII ao XVI, II, Vigo, Galaxia, 1967, pp. 258-259.
1
foran agraviados polos señores ourensáns, Pedro Díaz de Cadórniga
e Martín Sánchez, opoñéndose a que os cidadáns mercasen o gando
roubado na acción de represalia no país veciño31.
Por tanto, para a cidade das Burgas os de Portugal tiñan os
mesmos dereitos que os naturais de Galicia, con independencia de que
os delitos se cometeran dun ou doutro lado da fronteira, coma se esta
non estivera aí. Sen embargo, a existencia de legalidades separadas,
podía se algo ignoto para os letrados e dirixentes de Ourense? A
fronteira legal, xurídica, vén se-la consecuencia directa da fronteira
política entre as xurisdiccións dos reis, que na Baixa Idade Media
pasan a crea-la lei, tentando o dereito estatal impoñerse ó dereito
consuetudinario; isto trae consigo, no caso de nos ocupa, a esixencia
dunha política de extradiccións entre os Estados, de xeito que cada
un, coa colaboración do outro, poida castiga-los delitos perpetrados
no seu ámbito; ou sexa, trátase de facer valer, ó mesmo tempo, a
fronteira mental e xurídica e o predominio da xusticia pública. En
1499, os Reis Católicos confirman mediante provisión o acordo con
Portugal, para a mutua extradicción de malfeitores, que negociara o
alcalde maior de Audiencia de Galicia32. No século XV coñecíase
ben a existencia da fronteira legal porque quen o precisaba
aproveitábase delo arreo: estaba xeneralizada a costume de traspasa-
la fronteira Galicia/Portugal para fuxir das responsabilidades penais.
Unha proba máis do pouco valor que na Idade Media a xente lle daba
ás fronteiras, se cadra porque había moitas.
José Marques investigou as relacións galaico-miñotas a finais da
Idade Media33, concluíndo que na «vida real das populaçôes» as
31
Idem, pp. 271-272.
32
Arch. General de Simancas, Cámara de Castilla, Leg. 2763, fol. 28 s.
33
José MARQUES, Relaçôes económicas do norte de Portugal com o reino de Castela, no século
XV, Braga, 1978; Relacôes galaico-bracarenses, no século XV, segundo as matrículas de ordens do
Arquivo Distrital de Braga, Ponte de Limia, 1981; Acçâo governativa de D. Afonso V durante a visita
1
relacións eran intensas e cordiais. A xente vivía coma se non houbera
fronteira. Adoitaban os galegos facer casamentos en Portugal34, bota-
la pace-lo gando en Portugal35, ordenar sacerdotes en Portugal36; e
viceversa. Pero o gran problema dos reis eran as relacións comerciais,
precisaban transforma-la fronteira política medieval nunha fronteira
económica moderna. En 1455, Afonso V diríxese ó marqués de
Valença e ó conde de Ourém para que puxeran gardas ficais que
impediran a entrada en Portugal de mercancías prohibidas -gando,
cabalos, armas, moedas-; en 1462, Afonso V concede cartas de
vecindade ás vilas galegas fronteirizas - A guarda, Tui, ...- para que
poidan comprar e vender nas feiras de Camiña, Valença, ..., sen pagar
tributos, como se fosen portugueses, contradecindo a política real de
cerra-la fronteira por necesidades fiscais e económicas37. Sen dúbida
algunha é a maior ou menor efectividade da aduana económica a
medida da implantación dunha fronteira nun sentido moderno, actual.
A pesar de Aljubarrota, e das feridas da guerra de sucesión
(1474-1476), en 1485 o concello de Valença chega a un acordo con
Tui e seu bispo, «compre a aboa vezinages de uns e dos outros», sobre
a cuestión das barcas de pasaxe, de maneira que o «estrageyro», viña
ao Minho, em 1462, Braga, 1984; O mosteiro de Oia e a granja da Silva no contexto das relaçôes luso-
castelanhas dos séculos XIV-XV, Porto, 1985; Cartas inéditas de D. Joâo I do Arquivo Histórico
Nacional de Madrid, Braga, 1985.
34
J. MARQUES, Relaçôes económicas ..., pp. 12, 14, 16, 48.
35
J. MARQUES, Idem, p. 14.
36
Fenómeno indicativo de unha forte relación informativa, J. MARQUES, Relaçôes galaico-
bracarense ..., p. 342.
37
J. MARQUES, Relaçôes económicas ...; Acçâo governativa ...; é moi posible que o interese do rei
de Portugal en manter boas relacións co reino de Galicia e coa rexión do Minho teña que ver a política
de Afonso V, manifestada catorze anos despois, de integra-la Galicia no reino de Portugal, véxase a
nota 25.
1
se-lo que non era veciño nin de Valença nin de Tui38.
Saussure dicía que «personas que no se comprenden es que
hablan lenguas distintas»39; pois ben, no século XV, os galegos e os
portugueses do norte falavan, e mesmo escribían, prácticamente a
mesma lingua40. Nun preito de principios do século XVI,
argumentábase que o testamento de Maior de Soutomaior era falso
porque estaba parcialmente escrito en castelán «y la dicha Doña
Maior no sabia hablar castellano sino gallego cerrado por ser vezina
e natural deste reyno de galicia y el escrivano de quien sonava estar
signado ansi mismo era gallego y no savia hablar castellano»; máis
adiante lemos que a tal D.ª Maior «vivia en el reino de Portugal»41.
Tamén na fronteira Castela/Portugal, máis militar e menos
comer-cial, sen o pasado nacional común que vencella as marxes do
río Miño, podemos dicir que a fronteira medieval é unha fronteira
flexible42. Fóra dos períodos de guerra, mesmo os lugares da
fronteira peninsular co islam eran a cotío centros de convivencia entre
mouros e cristia-nos43, pese a tratarse da fronteira de dúas formacións
38
ACT, Libro Becerro, I, fol. 244-245, publ. Ernesto IGLESIAS ALMEIDA, Los antiguos «portos»
de Tuy y las barcas de pasaje a Portugal, Apéndice, doc. nº 2.
39
Ferdinand de SAUSSURE, Curso de Lingüística general, Madrid, Akal, 1980, p. 269.
40
Véxanse, por exemplo, os documentos portugueses mentados nas notas 30 e 38; tamén Henrique
CHAO ESPINA, «Algumas diferenças entre o Galego e o Português», Bracara Augusta, n.os 59-62,
1971-1972, pp. 238-248.
41
Memorial ajustado del pleito Teresa de Sotomaior / García Sarmiento sobre la fortaleza de
Fornelos, Biblioteca Museo de Pontevedra, Colección SOLLA, caja 60, fol. 9, 10, 55.
42
J.L. MARTIN MARTIN, «Notas sobre la frontera medieval entre Portugal y Castilla», 1383/1385
..., pp. 155, 157, 158; J. MARQUES, Relaçôes económicas ..., pp. 17, 18, 39.
43
Angus MACKAY, La España de la Edad Media. Desde la frontera hastal el Imperio (1000-1500),
Madrid, Cátedra, 1985, pp. 214-222.
1
económico-sociais44. Por último, a fronteira propiamente feudal, que
ten como función separa-los señoríos entre si, a miúdo lineal, tamén
se caracteriza pola súa permeabilidade45.
Realmente, hai datos abondo para que algúns autores se teñan
preguntado se existe en verdade a fronteira na Idade Media46. Dende
logo a resposta é non se o que temos na cabeza é o concepto moderno
de fronteira. Tampouco está a solución da contradicción, concepto
actual/realidade medieval en aplica-la noción de hoxe apostilando que
nas fronteiras medievais non hai liñas de demarcación precisas,
porque haber hainas. Se por veces a fronteira semella espacialmente
confusa, vaga, imprecisa, é, en todo caso, porque a fronteira medieval
é bási-camente unha fronteira aberta, vista e sentida no imaxinario
colectivo -nunca mellor dito; por definición trátase de unha liña
inventada, que cómpre imaxinar- coma un dintel dunha porta aberta,
mentres que imaxi-namos a fronteira moderna coma unha porta
fechada á que debemos chamar se queremos entrar.
A especificidade da fronteira medieval, límite espacial que corta
ben poucas cousas no corpo social, deriva da especificidade da
distribución de poderes na sociedade feudal. Os señoríos -e as
cidades- porfiaban de tal xeito coa realeza polo control do espacio
social, que as fronteiras e aduanas que xeneraban tiñan tanta ou máis
importancia que as estatais, sobre todo no que toca á vida económica,
ós vínculos de vasalaxe, ó sistema de fortalezas; a potencia e agresi-
vidade dos poderes señoriais e os seus dereitos de paso na Galicia
44
Reyna Pastor, Del islam al cristianismo. En las fronteras de dos formaciones económico-sociales,
Barcelona, Península, 1985, pp. 9-17.
45
P. PEYVEL, «Structures féodales et frontières médiévales: l'exemple de la zone de contact entre
Forez et Bourbonnais aux XIIIe
et XIVe
siècles», Le Moyen Age, 1, 1987, pp. 80 ss.
46
José Antonio MARAVALL, Estado moderno y mentalidad social (siglos XV a XVII), I, Madrid,
Revista de Occidente, 1972, p. 121; P. PEYVEL, op. cit., p. 51; R. COSTA GOMES, op. cit., pp. 57-
58, 61.
1
baixomedieval garda relación directa coa debilidade do poder
monárquico e das súas fronteiras. A multiplicidade e forza das
fronteiras interiores debilitaba as exteriores, que no eido mercantil
favorecían -como vimos- o libre tránsito en maior grado que o adoito
dentro de cada reino, cuestión esta particularmente certa en toda a
fronteira Coroa de Castela/Coroa de Portugal, caracterizada por unha
grande liberalidade aduaneira; de feito os ingresos fiscais de rei en
Galicia viñan principalmente dos gravámenes sobre o tráfico de
mercancías no interior e nos portos de mar, logo, na práctica, eran os
señores quenes usurpaban estas contíosas rentas reais47.
Como na raia de Portugal non habia moito imposto real que
usurpar, nin dereitos abusivos de portádego que os señores das forta-
lezas poideran impoñer: para os galegos era unha fronteira máis libre
para o tránsito cós interiores límites de cada señorío, de cada
fortaleza48. Cinco anos antes da revolución irmandiña, Afonso V
soupo capta-lo grande avaliamento en que os galegos fronteirizos
tiñan a liberdade de paso a Portugal, ata o punto de prexudica-los
propios intereses comerciais xerais49 legalizando o contrabando;
dando cartas colectivas de vecindade50 ás poboacións da antiga
Galicia bracarense, o rei de Portugal deixaba en efecto a fronteira,
amosando ó cabo a súa votade reintegracionista respecto ás comarcas
ó norte do Miño.
3. Proceso de cerramento e enemistades colectivas
47
Miguel Angel LADERO QUESADA, La Hacienda Real de Castilla en el siglo XV, La Laguna,
Universidad, 1973, pp. 80, 119-125.
48
C. BARROS, A mentalidade xusticieira dos irmandiños, pp. 117 ss.
49
M.A. LADERO, op. cit., p. 120.
50
J. MARQUES, Relaçôes económicas ...; Acçâo governativa ...
1
No século XV a idea de reino de Galicia, ou de Portugal,
equivale á idea de señorío de Galicia, ou de Portugal51: as entidades
nacionais e/ou estatais imaxínanse coma grandes señoríos. Febvre
escribiu que para tal tipo de estado tal tipo de fronteira, e como na
Idade Media o estado distinguíase mal das outras formas de
sociedade, tampouco as fronteiras estatais tiñan moita máis
importancia cos límites entre as soberanías particulares52.
Superpoñíanse sen coincidi-las fronteiras señoriais, eclesiásticas e
políticas; as fronteiras do rei non eran as que máis incidían na vida
cotidiá da poboación. A transición á modernidade vai significa-la
emerxencia do estado e o cerre, en diverso grado e de diversa forma,
das fronteiras medievais. Da concepción medieval das fronteiras
coma un sistema de pontes baixo as cales vemos correr un continuum
social e cultural, pasamos a un proceso de concentración da soberanía
e de homoxenización do espacio que entraña: o fin das aduanas
señoriais interiores53, a nacionalización das xurisdiccións e señoríos
eclesiásticos e o control comercial, fiscal, xudicial, cultural, ..., das
fronteiras entre os Estados. J.L. Martín Martín estudiou o paso dunha
fronteira flexible entre Portugal e Castela a unha fronteira ríxida,
sobre todo despois dos feitos de 1383-138554.
A finais da Idade Media, na fronteira galego-portuguesa se
manteñen relacións intensas de boa vecindade, pero acontece que
tamén se ergue unha fronteira moral55 que co tempo haberá de callar,
51
Véxanse os documentos citados nas notas 30 e 31.
52
L. FEBVRE, op. cit., p. 18.
53
J.A. MARAVALL, op. cit., pp. 129-132.
54
«Notas sobre la frontera medieval entre Portugal y Castilla», 1383/1385..
55
L. FEBVRE, op. cit., p. 19.
1
estragándose en boa medida as relacións tradicionais, deica hoxe56.
No contexto das guerras pola hexemonía penínsular entre
Castela e Portugal, na segunda metade do século XIV e en 1474-1476,
costitúen-se no reino de Galicia, segundo a conxuntura, sendos
bandos: un pro-Portugal e o outro pro-Castela, que ó cabo triunfou.
Síntoma do grado acadado de polarización mental, mesmo nos
medios populares, son os alcumes e aldraxes que principían a dirixirse
galegos e portugueses, reflexando sentimentos colectivos de
hostilidade que, en última instancia, son débedores de vastos procesos
de recomposición estatal e social.
Despois de 1385, Joâo I animou ós conegos rebeldes, partidarios
do Papa de Roma igual que Portugal, ó bispo de Tui que era, o mesmo
que Castela, da obediencia do Papa de Avignon. O problema que
estaba debaixo era o da pertenencia das propiedades do bispado de
Tui en Portugal, entre o Miño e o Limia, que ó cabo remataron por
quedar en Portugal, no marco da nova política de nacionalización das
xurisdicción eclesiásticas. Os de Tui chamaban chamorros ós de
Valença, -Tui aliñado con Roma e con Portugal. Aínda, en 1424, o
cabido de Tui require ó concello para que non deixen entrar na vila ós
rebeldes de Valença, debendo prende-los excomulgados, «asi clerigo
como leygo»57. Máis arriba comprobamos que 60 anos despois as
relacións Valença-Tui tiñan recobrada a súa cordialidade. Pero o
alcume ficou58.
Chamorro quería dicir te-lo pelo corto e a barba rapada, moda
propagada en Portugal a partir do rei Fernando (1367-1383), e que
56
Para os tempos máis recentes, véxanse Ramón VILLARES, «As relacións da Galiza con Portugal
na época contemporánea», Grial, 81, 1983, pp. 301-314.
57
P. GALINDO ROMEO, op. cit., p. 55.
58
«En la comarca norte de Galicia aún hace pocos años se daba este nombre a los gallegos de la raya
del Miño», Boletín de la Comisión de Monumentos de Orense, XII, 1939-1940, p. 235.
1
valeu para que os casteláns llo puseran de mal nome ós portugueses,
«ressentidos de batalha de Aljubarrota, donde os poucos que puderam
fugir, levaram eternos motivos de chorar»59. Fernâo Lopes pon en
boca do derrotado Juan I de Castela: «Fuyo de chamorros ...», o que
era unha grande «deshomrra»60. A verdade é que a voz podía ter
unhas connotacións ben pexorativas: «corto de haberes, pobre, vil»61.
A relación entre andar co pelo corto e o seu sentido aldraxante é máis
que probable que estea na identificación simbólica da falla de cabelo
coa servidume e a minusvalía62. Xa temos a fronteira moral erguida.
Do tempo de Aljubarrota ó tempo de Toro. Durante a guerra de
sucesión, casemente un século despois, os galegos e os portugueses
desenvolveran tanto xeito en deshonrarse mutuamente que ditas
habili-dades pronto tiveron unha boa aplicación militar. Os homes do
arcebispo Fonseca e do conde de Monterrei provocaron ós
portugueses de Pedro Alvarez de Soutomaior: «sebosos, cabrones,
que no eran buenos para nada sino para comer bofes de vaca»; ós
portugueses «arremetieron a los enemigos diciendo: `Esperad,
ladrones gallegos, páparos, torrezneyros'»; e o de Soutomaior non
puido evitar que ós seus homes caíran na celada que os do bando dos
Reis Católicos lles tiñan preparada; quedaron mortos ou presos 150
portugueses, defensores da causa de Alfonso V, partidario da
reintegración de Galicia en Portugal.
Temos moi serias dúbidas de que o cerre das fronteiras
59
Joaquim de SANTA ROSA de VITERBO, Elucidário das palavras, termos e frases, II, Porto-
Lisboa, Civilizaçâo, 1966, p. 93; A.H. OLIVEIRA MARQUES, A Sociedade medieval portuguesa,
Lisboa, Sá da Costa, 1981, p. 61.
60
F. LOPES, Crónica de D. Joâo I, II, Porto-Lisboa, Civilizaçâo, 1983, pp. 110, 157.
61
J. COROMINAS, Diccionario crítico etimologico castellano e hispánico, II, Madrid, Gredos,
1984, p. 320.
62
J. de SANTA ROSA, op. cit., pp. 55-56.
1
medievais fora real, definitivo, sen o aportamento das enemistades
nacionais propias da modernidad. Ningunha medida fiscal ou
burocrática lograría quizais mellores resultados, ca difusión de
mentalidades refactarias, tocante a afasta-la xente da secular
convivencia e do trato inter-nacional; de aí o interese de investiga-las
mentalidades de fronteira.
Dixemos que a cada tipo de sociedade e de Estado corresponde,
en liñas xerais, un tipo de fronteira; valería dicir así mesmo que a cada
tipo de fronteira corresponde un tipo de autoconciencia nacional. Por
conseguinte, o fenómeno do feche da fronteira medieval, i non vai
parello coa tendencia a expresa-lo coñecemento colectivo da propia
identidade de forma negativa, contra as comunidades veciñas?

More Related Content

Similar to O cerre da fronteira medieval entre Galicia e Portugal

O galego na historia: da Idade Media aos Séculos Escuros
O galego na historia: da Idade Media aos Séculos EscurosO galego na historia: da Idade Media aos Séculos Escuros
O galego na historia: da Idade Media aos Séculos EscurosGalego en Berlín
 
A Galiza Medieval
A Galiza MedievalA Galiza Medieval
A Galiza Medievalnoagaliza
 
Do esplendor medieval á decadencia dos Séculos Escuros. Rianxo na Idade Media
Do esplendor medieval á decadencia dos Séculos Escuros. Rianxo na Idade MediaDo esplendor medieval á decadencia dos Séculos Escuros. Rianxo na Idade Media
Do esplendor medieval á decadencia dos Séculos Escuros. Rianxo na Idade MediaMarlou
 
Do esplendor medieval a decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval a decadencia dos séculos escurosDo esplendor medieval a decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval a decadencia dos séculos escurosdaniel ramos crespo
 
Historia medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacHistoria medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacxenevra
 
Tema 5 Os grandes reinos peninsulares
Tema 5 Os grandes reinos peninsularesTema 5 Os grandes reinos peninsulares
Tema 5 Os grandes reinos peninsularesrubempaul
 
Contexto HistóRico
Contexto HistóRicoContexto HistóRico
Contexto HistóRicoManulourenzo
 
Do esplendor aos sec
Do esplendor aos secDo esplendor aos sec
Do esplendor aos secanagagon
 
A Idade Media
A Idade MediaA Idade Media
A Idade MediaMarlou
 
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2voarcoslibros
 
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2voarcoslibros
 
O reino de galiza
O reino de galizaO reino de galiza
O reino de galizaMarlou
 
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escurosDo esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuroslanagl
 
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galiciarubempaul
 
A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)
A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)
A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)Ana Moreda
 
O Iberismo: Antecedentes, Surximento e Fracaso
O Iberismo: Antecedentes, Surximento e FracasoO Iberismo: Antecedentes, Surximento e Fracaso
O Iberismo: Antecedentes, Surximento e FracasoVanetrevinpita
 
Lite.medieval 3ºeso
Lite.medieval 3ºesoLite.medieval 3ºeso
Lite.medieval 3ºesoMarlou
 
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos AustriasA España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austriaslogargola
 

Similar to O cerre da fronteira medieval entre Galicia e Portugal (20)

O galego na historia: da Idade Media aos Séculos Escuros
O galego na historia: da Idade Media aos Séculos EscurosO galego na historia: da Idade Media aos Séculos Escuros
O galego na historia: da Idade Media aos Séculos Escuros
 
A Galiza Medieval
A Galiza MedievalA Galiza Medieval
A Galiza Medieval
 
Do esplendor medieval á decadencia dos Séculos Escuros. Rianxo na Idade Media
Do esplendor medieval á decadencia dos Séculos Escuros. Rianxo na Idade MediaDo esplendor medieval á decadencia dos Séculos Escuros. Rianxo na Idade Media
Do esplendor medieval á decadencia dos Séculos Escuros. Rianxo na Idade Media
 
Do esplendor medieval a decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval a decadencia dos séculos escurosDo esplendor medieval a decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval a decadencia dos séculos escuros
 
Historia medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacHistoria medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbac
 
Tema 5 Os grandes reinos peninsulares
Tema 5 Os grandes reinos peninsularesTema 5 Os grandes reinos peninsulares
Tema 5 Os grandes reinos peninsulares
 
Contexto HistóRico
Contexto HistóRicoContexto HistóRico
Contexto HistóRico
 
Do esplendor aos sec
Do esplendor aos secDo esplendor aos sec
Do esplendor aos sec
 
A Idade Media
A Idade MediaA Idade Media
A Idade Media
 
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
 
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
 
Maria trujillano idade media galega
Maria trujillano idade media galegaMaria trujillano idade media galega
Maria trujillano idade media galega
 
O reino de galiza
O reino de galizaO reino de galiza
O reino de galiza
 
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escurosDo esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
 
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares na Idade Media. O reino de Galicia
 
A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)
A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)
A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)
 
Mitos da historiografía galeguista (1994)
Mitos da historiografía galeguista (1994)Mitos da historiografía galeguista (1994)
Mitos da historiografía galeguista (1994)
 
O Iberismo: Antecedentes, Surximento e Fracaso
O Iberismo: Antecedentes, Surximento e FracasoO Iberismo: Antecedentes, Surximento e Fracaso
O Iberismo: Antecedentes, Surximento e Fracaso
 
Lite.medieval 3ºeso
Lite.medieval 3ºesoLite.medieval 3ºeso
Lite.medieval 3ºeso
 
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos AustriasA España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
A España dos Reis Católicos. A dinastía dos Austrias
 

More from Red Académica Internacional Historia a Debate

More from Red Académica Internacional Historia a Debate (20)

The Accepted Other: Tolerance Towards the Jews in Medieval Galicia
The Accepted Other: Tolerance Towards the Jews in Medieval GaliciaThe Accepted Other: Tolerance Towards the Jews in Medieval Galicia
The Accepted Other: Tolerance Towards the Jews in Medieval Galicia
 
Historia inmediata: marxismo, democracia y socialismo del siglo XXI
Historia inmediata: marxismo, democracia y socialismo del siglo XXIHistoria inmediata: marxismo, democracia y socialismo del siglo XXI
Historia inmediata: marxismo, democracia y socialismo del siglo XXI
 
O outro admitido. A tolerancia cara os xudeus na Idade Media galega
O outro admitido. A tolerancia cara os xudeus na Idade Media galegaO outro admitido. A tolerancia cara os xudeus na Idade Media galega
O outro admitido. A tolerancia cara os xudeus na Idade Media galega
 
El otro admitido. La tolerancia hacia los judíos en la Edad Media gallega
El otro admitido. La tolerancia hacia los judíos en la Edad Media gallegaEl otro admitido. La tolerancia hacia los judíos en la Edad Media gallega
El otro admitido. La tolerancia hacia los judíos en la Edad Media gallega
 
Introducción e índices de las Actas del I Congreso Internacional Historia a D...
Introducción e índices de las Actas del I Congreso Internacional Historia a D...Introducción e índices de las Actas del I Congreso Internacional Historia a D...
Introducción e índices de las Actas del I Congreso Internacional Historia a D...
 
Vers où souhaitons nous mener l'histoire ?
Vers où souhaitons nous mener l'histoire ?Vers où souhaitons nous mener l'histoire ?
Vers où souhaitons nous mener l'histoire ?
 
Mitos de la historiografía galleguista (1994)
Mitos de la historiografía galleguista (1994)Mitos de la historiografía galleguista (1994)
Mitos de la historiografía galleguista (1994)
 
La contribución de los terceros Annales y la historia de las mentalidades, 19...
La contribución de los terceros Annales y la historia de las mentalidades, 19...La contribución de los terceros Annales y la historia de las mentalidades, 19...
La contribución de los terceros Annales y la historia de las mentalidades, 19...
 
Rito e violación: dereito de pernada na Baixa Idade Media
Rito e violación: dereito de pernada na Baixa Idade MediaRito e violación: dereito de pernada na Baixa Idade Media
Rito e violación: dereito de pernada na Baixa Idade Media
 
Rito y violación: derecho de pernada en la Edad Media
Rito y violación: derecho de pernada en la Edad MediaRito y violación: derecho de pernada en la Edad Media
Rito y violación: derecho de pernada en la Edad Media
 
Género, historia e historiografía (Lima, 25/11/2022)
Género, historia e historiografía (Lima, 25/11/2022)Género, historia e historiografía (Lima, 25/11/2022)
Género, historia e historiografía (Lima, 25/11/2022)
 
Galicia: muertos que quieren vida (franquismo)
Galicia: muertos que quieren vida (franquismo)Galicia: muertos que quieren vida (franquismo)
Galicia: muertos que quieren vida (franquismo)
 
Galiza: mortos que querem vida (franquismo)
Galiza: mortos que querem vida (franquismo)Galiza: mortos que querem vida (franquismo)
Galiza: mortos que querem vida (franquismo)
 
"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)
"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)
"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)
 
XXX Aniversario de Historia a Debate. Selección de publicaciones
XXX Aniversario de Historia a Debate. Selección de publicacionesXXX Aniversario de Historia a Debate. Selección de publicaciones
XXX Aniversario de Historia a Debate. Selección de publicaciones
 
Feliz Navidad y próspero Año Nuevo de 2024
Feliz Navidad y próspero Año Nuevo de 2024Feliz Navidad y próspero Año Nuevo de 2024
Feliz Navidad y próspero Año Nuevo de 2024
 
Menéndez Pidal, Castilla y las identidades medievales
Menéndez Pidal, Castilla y las identidades medievalesMenéndez Pidal, Castilla y las identidades medievales
Menéndez Pidal, Castilla y las identidades medievales
 
Oficio de historiador, ¿nuevo paradigma o positivismo?
Oficio de historiador, ¿nuevo paradigma o positivismo?Oficio de historiador, ¿nuevo paradigma o positivismo?
Oficio de historiador, ¿nuevo paradigma o positivismo?
 
Historiografía de valores
Historiografía de valoresHistoriografía de valores
Historiografía de valores
 
L'historiographie et l'histoire immédiates : l'expérience latine de l'Histoir...
L'historiographie et l'histoire immédiates : l'expérience latine de l'Histoir...L'historiographie et l'histoire immédiates : l'expérience latine de l'Histoir...
L'historiographie et l'histoire immédiates : l'expérience latine de l'Histoir...
 

Recently uploaded

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 

Recently uploaded (7)

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 

O cerre da fronteira medieval entre Galicia e Portugal

  • 1. 1 O cerre da fronteira medieval entre Galicia e Portugal* Carlos Barros Universidade de Santiago de Compostela Que o norte de Portugal e Galicia teñan unha historia común ata o século XII, non é algo que se poida esquecer ó estudiarmos as rela- cións posteriores entre as dúas bandas do río Miño. Dentro das «diver- sas alternativas no processo de formçôes nacionais da Península», estaba, no século XII, a «consolidaçâo de um reino de Galiza que englobasse também Portugal», se ben dos acontecementos somente resultou a independencia política da Galicia bracarense1. Atrás quedaban séculos de interrelación e de convivencia social desde o río Douro ata o mar Cantábrico, que acadaron a súa máxima expresión na conformación da lingua galego-portuguesa, feito demostrativo de como debaixo do marco político do reino altomedieval de Galicia, existía unha realidade social homoxénea; o rompemento político que encomeza en 1128 de primeiras non afecta, na mesma medida, ó tecido social e cultural que vencellaba as dúas partes da gran Galicia. De aí que a fronteira Galicia/Portugal teña algunhas carácteristicas distintas da fronteira Castella-Léon/Portugal. No enfrontamento que dá orixe a Portugal e despois na loita pola hexemonía penínsular, o protagonismo da tensión sitúase entre as * Publicado en "O cerre da fronteira medieval entre Galicia e Portugal", Sociedade, cultura e mentalidades na época do "Cancioneiro Geral" (Actas do Congresso Internacional "Bartolomeu Dias e a sua época", Porto, setiembre de 1988), volume IV, Porto, 1989, pp. 461-473; “La frontera medieval entre Galicia y Portugal”, Medievalismo, Madrid, nº 4, 1994, pp. 27-39; “Portugal, fronteira aberta”, ¡Viva El-Rei! Ensaios medievais, Vigo, 1996, pp. 117-133; www.cbarros.com. 1 José MATTOSO, O essencial sobre a formaçâo da nacionalidade, Lisboa, Imprensa Nacional- Casa da Moeda, 1985, pp. 39-40.
  • 2. 1 monarquías de Castela-Léon e Portugal; ó reino de Galicia atínxelle a conflictividade política e armada con Portugal de xeito indirecto, como parte integrante da Coroa de Castela. E dicir, o pasado nacional común e mailo carácter periférico de Galicia2 e do norte de Portugal3, verbo dos respectivos centros do poder político, fan particularmente permeable a fronteira medieval galaico-miñota. De feito, en tódalas guerras que implicaron a Portugal e Castela nos séculos XIV e XV (que van se-lo marco temporal deste traballo), desenvólvese un poderoso bando portugués nas terras de Galicia: 1366-1371, en favor de Pedro I e de Fernando de Castro; 1386-1387, en favor do Duque de Lancaster; 1475-1476, en favor de D.ª Juana e De Pedro Alvarez de Soutomaior. A Pervivencia dunha Galicia nobiliar e urbana pro- Portugal é indicativo, segundo o noso entender, dunha especial fluidez das relacións sociais, ó longo da Idade Media, entre Galicia e Portugal. En conclusión: a continuidade dos vínculos galego- portugueses vese favorecida pola inestabilidade e febleza das monarquías peninsulares, logo da secesión do século XII. 1. Fronteira política entre dous reis Afonso Henriques ocupa militarmente o sur de Galicia varias veces entre 1130 e 1169, pero neste último ano, feito prisioneiro por Fernando II de Léon e Badajoz, cede definitivamente Tui, as terras de Toroño e da Limia, á Coroa de Léon e Castela4. Houbo nobres 2 Conforme nos achegamos ós tempos modernos, fanse máis longas as ausencias dos reis de Castela e León no cada vez máis lonxano reino de Galicia. Cf. Carlos BARROS, A mentalidade xusticieira dos irmandiños, Vigo, Edicións Xerais, 1988, pp.40-41. 3 Humberto BAQUERO MORENO, Areas de conflicto na fronteira galaico-minhota no fim da Idade Media, II Colóquio galaico-minhoto, I, p. 54. 4 Pascual GALINDO ROMEO, Tuy en la Baja Edad Media (siglos XII-XV), Madrid, Instituto E. Flórez , 1923, pp. 21-24; Alexandre HERCULANO, História de Portugal, I, Amadora, Liv. Bertrand,
  • 3. 1 galegos que colaboraron abertamente co primeiro rei de Portugal , como os condes de Toroño e da Limia en 11375. Fernando II desposeeu ó pro-portugués bispo de Tui cando reconquistou a cidade en 11696. Teñamos en conta que as terras meridionais de Galicia, reivindicadas por Afonso Henriques como herdanza da súa nai D.ª Teresa7, estiveran integradas durante séculos xunto co condado portucalense, cando o río Miño non era fronteira, no convento xurídico bracarense8, o cal facilitou sen dúbida unhas relacións que viñan a ser máis distantes e difíciles co norte de Galicia, o antigo convento lucense. En realidade, a nobreza portuguesa que rodea a Afonso Henriques rompe con rei de León e máis cos grandes señores da Galicia lucense: o conde Fernando Pérez de Traba9 e, sinaladamente, o arcebispo de Santiago, Diego Xelmírez10. Quérese dicir que a liña de demarcación galego-portuguesa fixada en 1169, despois de 40 anos de pugnas, é unha consecuencia dos feitos 1980, pp. 401-403, 407-408, 413-421, 437-438, 559-566. 5 A. HERCULANO, op. cit., pp. 413-415; Benito VICETTO, Historia de Galicia, Ferrol, 1872. Ed. facsímil, Lugo, Alvarellos, 1979, pp. 106-111; J. MATTOSO, Identificaçâo de um país, I, Lisboa, Estampa, 1985, p. 187. 6 P. GALINDO ROMEO, op. cit., p. 24. 7 A. HERCULANO, op. cit., p. 401. 8 A. RODRIGUEZ COLMENERO, Galicia meridional romana, Bilbao, Universidad de Deusto, 1977, pp. 14 ss. 9 A. HERCULANO, op. cit., pp. 373 ss. 10 Entre 1124 e 1131, sucédense os problemas pola legacía e a xurisdicción eclesiástica co arcebispo de Braga e co bispo de Coimbra, Historia Compostelana, ed. de José CAMPELO, Santiago, Porto, 1950, pp. 358, 394, 434-435, 458; Xelmírez acompaña en 1127 co seu exército a Alfonso VII contra os portugueses, idem, pp. 397-398; en 1137 contribúe con dous mil soldos para que o emperador de León recupere Tui, de novo conquistada por Afonso Henriques, e disponse a xuntar outro exército, idem, p. 508.
  • 4. 1 militares que enfrontaron ós grandes señores galegos entre si, segundo foran da parcialidade do rei de Castela ou do rei de Portugal, primeiros protagonistas dos ditos combates pola soberanía. Non parece que a xente común participara de seu nesas loitas fronteirizas11. Ata 1169, a inestabilidade e o cambio de dominio, fan das dúas marxes do Miño unha marca, unha rexión de fronteira máis que unha liña definida e estable. Despois de 1169 temos, no fundamental, o que vai se-lo límite xurídico-político entre Galicia e Portugal ata hoxe en día; separa a provincia de Pontevedra de Minho, e a de Ourense de Minho de Trás-os-Montes. Se ben as fronteiras dos países son froito da historia non da natureza12, as fronteiras naturais coadxuvan grandemente a precisa-los límites políticos, tal é o caso do río Miño, responsable da nítidez da liña divisoria Pontevedra / Minho, mentres que a zona do alto Limia e de Trás-os-Montes préstase a unha maior vaguedade 13. Como fronteira estratéxica o río Miño era decisivo: os grandes centros do condado portucalense no século XII -Braga, Guimarâes, Porto- ficaban Entre Douro e Minho14, compréndese a teímosia do primeiro rei de Portugal en controla-la cidade de Tui e 11 Consta que Xelmírez, en 1127 obligó a los compostelanos, parte con ruegos, parte por la fuerza, a seguirle en aquella expedición», Historia Compostelana, p. 398. 12 Lucien FEBVRE, Frontière: le mot et la notion, Por une histoire à part entiére, Paris, SEVPEN, 1962, p. 21. 13 J. MATTOSO, Identificaçâo de um país, pp. 194-195; en 1418, ten lugar un acto notarial na terra da Limia, para marcar e divisar en o termo entre Portugal e Galiza con homes bos dambos dos Reinos en esta maneira, resultando uns lindeiros precisos, a raia de Portugal, baseados en puntos de referencia da paisaxe, publica José Ramón FERNANDEZ OXEA, ed. Descripción de los Estados de la Casa de Monterrey en Galicia, por D. Pedro González de Ulloa (1777), Santiago, CSIC, 1950, pp. 92- 9. 14 Joaquim VERISSIMO SERRAO, História de Portugal, I, Póvoa de Varzim, Verbo, 1978 (2.ª ed.), pp.87-88.
  • 5. 1 subi-la fronteira alén do Miño, cando menos. A fronteira galego-portuguesa de finais do século XII tiña como obxecto delimita-las soberanías dos dous reis no noroeste peninsular. Coidamos que a poboación de ámbalas marxes do río Miño, unha vez estabilizada a fronteira política, poucas dúbidas podía ter respecto da xurisdicción real que lles correspondia15. Na Francia e na Italia do século XII os habitantes coñecian tamén as fronteiras públicas coa mesma claridade cas fronteiras diocesanas16; outra cousa ben diferente é a importancia práctica que daquella lle podían dar ó feito do afastamento xurisdiccional entre dous reis. De entrada somos sabedores de que a fronteira política recén estrenada non afecta ás fronteiras eclesíasticas17, as cales durante máis de 200 anos non teñen para nada en conta a liña de demarcación estatal. O que se afecta a formación dunha fronteira política é ó sistema de fortalezas. Mentres a liña divisoria permanece insegura, indecisa, a liña que une os lugares fortificados segue un trazado irregular, que semella ás veces uns dentes de serra. A estabilización do límite entre os poderes monárquicos, o paso dunha franxa a unha liña de demarcación, conduce a unha liña defensiva continua que dobra a fronteira política18. Con todo, nas beiras do río Miño, a fortificación 15 Na Corte de Castela, séculos despois, por contra seguían algúns sen ver claro onde remataba Galicia e empezaba Portugal, posto que escribía o cronista que, en 1372, avian tomado un logar de Galicia que dicen Viana, Crónica del rey Enrique II, BAE, nº 68, Madrid, Atlas, 1953, p. 14. 16 Rita COSTA GOMES, «sobre as fronteiras medievais: A Beira», Revista de História Económica e Social, 21, 1987, pp. 58-59; a fronteira do río Miño malamente pode considerarse imprecisa como di Roger Dion, e só referenciable por medio de castelos e poboacións fortes, segundo Herculano, ibidem, anque tales afirmacións sexan correctas para o período anterior a 1169. 17 J. MATOSSO, Identificaçâo de um país, II, pp. 194-195. 18 Lucien FEBVRE, op. cit., pp. 22-23
  • 6. 1 medieval non acada as mesmas proporcións que no século XVII19, nin se dan claramente as características de despoboación e adicación militar dos lugares de fronteira, que obrigaran ós agresores a ter que adentrarse no territorio contrario na procura dunha acción militar decisiva, como acontecia na fronteira Portugal/Léon-Castela20. A fronteira entre monarquías medievais incide pouco no tecido social; a súa debilidade garda relación coa febleza do poder real naquel entón. Así se explica que os señores actúen ás veces coma si fosen súbditos de dous reis: igrexas e mosteiros galegos mantiñan relación e recibían donacións indistintamente do rei de Castela e do rei de Portugal21, e o propio vínculo vasalático contempla a posibilidade de cambiar de señor, mesmo se é o rei22; prácticas que se daban maiormente nos señoríos que estaban perto da fronteira. Doutra banda os reis cultivaban unha política de atracción cara ós cabaleiros co obxectivo de organizar un bando propio no lado contrario: nas querras dos séculos XIV e XV funcionaron bandos portugueses nos reinos de 19 Jaime GARRIDO RODRIGUEZ, Fortalezas de la antigua provincia de Tuy, Pontevedra, Deputación Provincial, 1987, p. 250; A.H. OLIVEIRA MARQUES, Portugal na crise dos séculos XIV e XV, Lisboa, Presença, 1987, p. 347. 20 José Luis MARTIN MARTIN, «Notas sobre la frontera medieval entre Portugal y Castilla», 1383- 1385 e a Crise Geral dos Séculos XIV/XV. Jornadas de História Medieval. Actas, Lisboa, História & Crítica, 1985, pp. 156-157. 21 Ermelindo PORTELA SILVA, La Región del Obispado de Tuy en los siglos XII a XV, Santiago, Deputación Provincial de Pontevedra, 1976, pp. 244 ss.; véxanse cartas reales portuguesas en favor do mosteiro de Oia, 1340-1455, Luis SANCHEZ BELDA, Documentos reales de la Edad Media referentes a Galicia, Madrid, Ministerio de Educación Nacional, 1953, pp. 462, 465, 533, 538, 539, 543, 559, 560, 565. 22 De Paio Sorred, cabeza da linaxe dos Soutomaior de Galicia, di o xenealoxista: tan buen Cavallero como otro qualquier de su tiempo, preciado tanto de los Reyes, i altos señores, que cada uno le queria consigo, Nobiliario del Conde de Barcelos, Madrid, 1646, p. 381.
  • 7. 1 Castela e León e bandos casteláns no reino de Portugal. Entremen- tres a fronteira non se moderniza plenamente, sobrevive a idea feudal de negocia-la fidelidade ó rei que mellor favorecese, mesmo nas comunidades populares de fronteira23. En 1462 o rei de Portugal, Afonso V, visita ó Miño, concedendo cartas de privilexios ás localidades fronteirizas galegas que se presentaron perante el para solicitalas24. O carácter superestructural da fronteira medieval, certa provi- sionalidade consustancial que por forza tiña que influir nas mentalidades colectivas, resultan reforzados se consideramos que ós límites entre Castela e Portugal son, no século XIV e XV, estables pero reversibles25. A batalla pola hexemonía peninsular, encomezada en 1356 e renovada en 1474, a quebra en Aljubarrota (1385) do hexemonismo castelán e do hexemonismo portugués en Toro (1476)26, de maneira que as cousas quedaron como estaban, axudou a manter, a finais da Idade Media, a medievalidade da fronteira galaico-miñota, é dicir, a mobilidade social e cultural entrámbalas partes da antiga Galicia altomedieval. 2. Fronteira medieval, fronteira aberta 23 J. MATTOSO, Identificaçâo ..., II, p. 195. 24 José MARQUES, Acçâo governativa de D. Afonso V durante a visita ao Minho, em 1462, Braga, 1984. 25 En 1476, despois da súa victoria na batalla de Toro, Afonso V propón -sen resultado- ós Reis Católicos, dentro do tratado de paz, que polos dereitos que, como esposo da filla de Enrique IV, tinha nos Regnos de Castella, lhe soltassem liuremente algua parte do senhorio della, e que esta seria ho regno de Galiza com todos seus termos, Crónica do Príncipe D. Joâo de Damiâo de Góis, ed. de Graça Almeida Rodrigues, Lisboa, Universidade, 1977, p. 128. 26 A. H. OLIVEIRA MARQUES, Portugal na crise dos séculos XIV e XV, p. 317.
  • 8. 1 «Vivan los dos reyes, moitos anos», dicían con altas voces as testemuñas de vista presentes cando os de Meaus, na raia de Portugal en Ourense, querían construir unha casa en terreo misto e repartían: «de aquí para allí (y va caminando), por el Rey de Castela; de esta parte a esta, por el Rey de Portugal»27. Este couto misto, baseado en privilexios dos dous reis que permitían -a pesar da existencia da aduana- comprar e vender nas feiras de ambos reino sen pagar impostos, unha reminiscencia medieval: unha pervivencia de longa duración na conducta e na memoria colectiva dos hábitos fronteirizos propios da Idade Media. En 1864, os gobernos de España e Portugal -a iniciativa de Isabel II- deron cabo desa situación de privilexio delimitando de novo a fronteira, non deberon logralo totalmente xa que tiveron que volver sobre o asunto en 1866 e 189628. O problema non era tanto político, de trazar ben a raia afastadora, como de mentalidades colectivas. Unha cousa é a fronteira política e outra ben distinta a fronteira mental. Dito de outra forma: a fronteira política medieval non é, socialmente, unha fronteira mental tal como a entendemos hoxe. Vexamos outro exemplo. Tocante ó exercicio da xusticia, o concello de Ourense29 quer obrigar, en 1434, a uns veciños de San Martiño de Presqueira (Baños de Molgas) a devolver-lo trigo que roubaran en Ponte Ambía a uns portugueses de Vinhais30; en 1441, saen denovadamente os de concello na defensa dos veciños de Portugal que 27 Descripción de los Estados de la Casa de Monterrey en Galicia, pp. 180-181. 28 Ibidem. 29 O seu alonxamento da liña fronteiriza fai máis representativa do conxunto dos galegos a mentalidade ó respecto dos burgueses ourensáns. 30 Publica Xesús PERRO COUSELO, A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, II, Vigo, Galaxia, 1967, pp. 258-259.
  • 9. 1 foran agraviados polos señores ourensáns, Pedro Díaz de Cadórniga e Martín Sánchez, opoñéndose a que os cidadáns mercasen o gando roubado na acción de represalia no país veciño31. Por tanto, para a cidade das Burgas os de Portugal tiñan os mesmos dereitos que os naturais de Galicia, con independencia de que os delitos se cometeran dun ou doutro lado da fronteira, coma se esta non estivera aí. Sen embargo, a existencia de legalidades separadas, podía se algo ignoto para os letrados e dirixentes de Ourense? A fronteira legal, xurídica, vén se-la consecuencia directa da fronteira política entre as xurisdiccións dos reis, que na Baixa Idade Media pasan a crea-la lei, tentando o dereito estatal impoñerse ó dereito consuetudinario; isto trae consigo, no caso de nos ocupa, a esixencia dunha política de extradiccións entre os Estados, de xeito que cada un, coa colaboración do outro, poida castiga-los delitos perpetrados no seu ámbito; ou sexa, trátase de facer valer, ó mesmo tempo, a fronteira mental e xurídica e o predominio da xusticia pública. En 1499, os Reis Católicos confirman mediante provisión o acordo con Portugal, para a mutua extradicción de malfeitores, que negociara o alcalde maior de Audiencia de Galicia32. No século XV coñecíase ben a existencia da fronteira legal porque quen o precisaba aproveitábase delo arreo: estaba xeneralizada a costume de traspasa- la fronteira Galicia/Portugal para fuxir das responsabilidades penais. Unha proba máis do pouco valor que na Idade Media a xente lle daba ás fronteiras, se cadra porque había moitas. José Marques investigou as relacións galaico-miñotas a finais da Idade Media33, concluíndo que na «vida real das populaçôes» as 31 Idem, pp. 271-272. 32 Arch. General de Simancas, Cámara de Castilla, Leg. 2763, fol. 28 s. 33 José MARQUES, Relaçôes económicas do norte de Portugal com o reino de Castela, no século XV, Braga, 1978; Relacôes galaico-bracarenses, no século XV, segundo as matrículas de ordens do Arquivo Distrital de Braga, Ponte de Limia, 1981; Acçâo governativa de D. Afonso V durante a visita
  • 10. 1 relacións eran intensas e cordiais. A xente vivía coma se non houbera fronteira. Adoitaban os galegos facer casamentos en Portugal34, bota- la pace-lo gando en Portugal35, ordenar sacerdotes en Portugal36; e viceversa. Pero o gran problema dos reis eran as relacións comerciais, precisaban transforma-la fronteira política medieval nunha fronteira económica moderna. En 1455, Afonso V diríxese ó marqués de Valença e ó conde de Ourém para que puxeran gardas ficais que impediran a entrada en Portugal de mercancías prohibidas -gando, cabalos, armas, moedas-; en 1462, Afonso V concede cartas de vecindade ás vilas galegas fronteirizas - A guarda, Tui, ...- para que poidan comprar e vender nas feiras de Camiña, Valença, ..., sen pagar tributos, como se fosen portugueses, contradecindo a política real de cerra-la fronteira por necesidades fiscais e económicas37. Sen dúbida algunha é a maior ou menor efectividade da aduana económica a medida da implantación dunha fronteira nun sentido moderno, actual. A pesar de Aljubarrota, e das feridas da guerra de sucesión (1474-1476), en 1485 o concello de Valença chega a un acordo con Tui e seu bispo, «compre a aboa vezinages de uns e dos outros», sobre a cuestión das barcas de pasaxe, de maneira que o «estrageyro», viña ao Minho, em 1462, Braga, 1984; O mosteiro de Oia e a granja da Silva no contexto das relaçôes luso- castelanhas dos séculos XIV-XV, Porto, 1985; Cartas inéditas de D. Joâo I do Arquivo Histórico Nacional de Madrid, Braga, 1985. 34 J. MARQUES, Relaçôes económicas ..., pp. 12, 14, 16, 48. 35 J. MARQUES, Idem, p. 14. 36 Fenómeno indicativo de unha forte relación informativa, J. MARQUES, Relaçôes galaico- bracarense ..., p. 342. 37 J. MARQUES, Relaçôes económicas ...; Acçâo governativa ...; é moi posible que o interese do rei de Portugal en manter boas relacións co reino de Galicia e coa rexión do Minho teña que ver a política de Afonso V, manifestada catorze anos despois, de integra-la Galicia no reino de Portugal, véxase a nota 25.
  • 11. 1 se-lo que non era veciño nin de Valença nin de Tui38. Saussure dicía que «personas que no se comprenden es que hablan lenguas distintas»39; pois ben, no século XV, os galegos e os portugueses do norte falavan, e mesmo escribían, prácticamente a mesma lingua40. Nun preito de principios do século XVI, argumentábase que o testamento de Maior de Soutomaior era falso porque estaba parcialmente escrito en castelán «y la dicha Doña Maior no sabia hablar castellano sino gallego cerrado por ser vezina e natural deste reyno de galicia y el escrivano de quien sonava estar signado ansi mismo era gallego y no savia hablar castellano»; máis adiante lemos que a tal D.ª Maior «vivia en el reino de Portugal»41. Tamén na fronteira Castela/Portugal, máis militar e menos comer-cial, sen o pasado nacional común que vencella as marxes do río Miño, podemos dicir que a fronteira medieval é unha fronteira flexible42. Fóra dos períodos de guerra, mesmo os lugares da fronteira peninsular co islam eran a cotío centros de convivencia entre mouros e cristia-nos43, pese a tratarse da fronteira de dúas formacións 38 ACT, Libro Becerro, I, fol. 244-245, publ. Ernesto IGLESIAS ALMEIDA, Los antiguos «portos» de Tuy y las barcas de pasaje a Portugal, Apéndice, doc. nº 2. 39 Ferdinand de SAUSSURE, Curso de Lingüística general, Madrid, Akal, 1980, p. 269. 40 Véxanse, por exemplo, os documentos portugueses mentados nas notas 30 e 38; tamén Henrique CHAO ESPINA, «Algumas diferenças entre o Galego e o Português», Bracara Augusta, n.os 59-62, 1971-1972, pp. 238-248. 41 Memorial ajustado del pleito Teresa de Sotomaior / García Sarmiento sobre la fortaleza de Fornelos, Biblioteca Museo de Pontevedra, Colección SOLLA, caja 60, fol. 9, 10, 55. 42 J.L. MARTIN MARTIN, «Notas sobre la frontera medieval entre Portugal y Castilla», 1383/1385 ..., pp. 155, 157, 158; J. MARQUES, Relaçôes económicas ..., pp. 17, 18, 39. 43 Angus MACKAY, La España de la Edad Media. Desde la frontera hastal el Imperio (1000-1500), Madrid, Cátedra, 1985, pp. 214-222.
  • 12. 1 económico-sociais44. Por último, a fronteira propiamente feudal, que ten como función separa-los señoríos entre si, a miúdo lineal, tamén se caracteriza pola súa permeabilidade45. Realmente, hai datos abondo para que algúns autores se teñan preguntado se existe en verdade a fronteira na Idade Media46. Dende logo a resposta é non se o que temos na cabeza é o concepto moderno de fronteira. Tampouco está a solución da contradicción, concepto actual/realidade medieval en aplica-la noción de hoxe apostilando que nas fronteiras medievais non hai liñas de demarcación precisas, porque haber hainas. Se por veces a fronteira semella espacialmente confusa, vaga, imprecisa, é, en todo caso, porque a fronteira medieval é bási-camente unha fronteira aberta, vista e sentida no imaxinario colectivo -nunca mellor dito; por definición trátase de unha liña inventada, que cómpre imaxinar- coma un dintel dunha porta aberta, mentres que imaxi-namos a fronteira moderna coma unha porta fechada á que debemos chamar se queremos entrar. A especificidade da fronteira medieval, límite espacial que corta ben poucas cousas no corpo social, deriva da especificidade da distribución de poderes na sociedade feudal. Os señoríos -e as cidades- porfiaban de tal xeito coa realeza polo control do espacio social, que as fronteiras e aduanas que xeneraban tiñan tanta ou máis importancia que as estatais, sobre todo no que toca á vida económica, ós vínculos de vasalaxe, ó sistema de fortalezas; a potencia e agresi- vidade dos poderes señoriais e os seus dereitos de paso na Galicia 44 Reyna Pastor, Del islam al cristianismo. En las fronteras de dos formaciones económico-sociales, Barcelona, Península, 1985, pp. 9-17. 45 P. PEYVEL, «Structures féodales et frontières médiévales: l'exemple de la zone de contact entre Forez et Bourbonnais aux XIIIe et XIVe siècles», Le Moyen Age, 1, 1987, pp. 80 ss. 46 José Antonio MARAVALL, Estado moderno y mentalidad social (siglos XV a XVII), I, Madrid, Revista de Occidente, 1972, p. 121; P. PEYVEL, op. cit., p. 51; R. COSTA GOMES, op. cit., pp. 57- 58, 61.
  • 13. 1 baixomedieval garda relación directa coa debilidade do poder monárquico e das súas fronteiras. A multiplicidade e forza das fronteiras interiores debilitaba as exteriores, que no eido mercantil favorecían -como vimos- o libre tránsito en maior grado que o adoito dentro de cada reino, cuestión esta particularmente certa en toda a fronteira Coroa de Castela/Coroa de Portugal, caracterizada por unha grande liberalidade aduaneira; de feito os ingresos fiscais de rei en Galicia viñan principalmente dos gravámenes sobre o tráfico de mercancías no interior e nos portos de mar, logo, na práctica, eran os señores quenes usurpaban estas contíosas rentas reais47. Como na raia de Portugal non habia moito imposto real que usurpar, nin dereitos abusivos de portádego que os señores das forta- lezas poideran impoñer: para os galegos era unha fronteira máis libre para o tránsito cós interiores límites de cada señorío, de cada fortaleza48. Cinco anos antes da revolución irmandiña, Afonso V soupo capta-lo grande avaliamento en que os galegos fronteirizos tiñan a liberdade de paso a Portugal, ata o punto de prexudica-los propios intereses comerciais xerais49 legalizando o contrabando; dando cartas colectivas de vecindade50 ás poboacións da antiga Galicia bracarense, o rei de Portugal deixaba en efecto a fronteira, amosando ó cabo a súa votade reintegracionista respecto ás comarcas ó norte do Miño. 3. Proceso de cerramento e enemistades colectivas 47 Miguel Angel LADERO QUESADA, La Hacienda Real de Castilla en el siglo XV, La Laguna, Universidad, 1973, pp. 80, 119-125. 48 C. BARROS, A mentalidade xusticieira dos irmandiños, pp. 117 ss. 49 M.A. LADERO, op. cit., p. 120. 50 J. MARQUES, Relaçôes económicas ...; Acçâo governativa ...
  • 14. 1 No século XV a idea de reino de Galicia, ou de Portugal, equivale á idea de señorío de Galicia, ou de Portugal51: as entidades nacionais e/ou estatais imaxínanse coma grandes señoríos. Febvre escribiu que para tal tipo de estado tal tipo de fronteira, e como na Idade Media o estado distinguíase mal das outras formas de sociedade, tampouco as fronteiras estatais tiñan moita máis importancia cos límites entre as soberanías particulares52. Superpoñíanse sen coincidi-las fronteiras señoriais, eclesiásticas e políticas; as fronteiras do rei non eran as que máis incidían na vida cotidiá da poboación. A transición á modernidade vai significa-la emerxencia do estado e o cerre, en diverso grado e de diversa forma, das fronteiras medievais. Da concepción medieval das fronteiras coma un sistema de pontes baixo as cales vemos correr un continuum social e cultural, pasamos a un proceso de concentración da soberanía e de homoxenización do espacio que entraña: o fin das aduanas señoriais interiores53, a nacionalización das xurisdiccións e señoríos eclesiásticos e o control comercial, fiscal, xudicial, cultural, ..., das fronteiras entre os Estados. J.L. Martín Martín estudiou o paso dunha fronteira flexible entre Portugal e Castela a unha fronteira ríxida, sobre todo despois dos feitos de 1383-138554. A finais da Idade Media, na fronteira galego-portuguesa se manteñen relacións intensas de boa vecindade, pero acontece que tamén se ergue unha fronteira moral55 que co tempo haberá de callar, 51 Véxanse os documentos citados nas notas 30 e 31. 52 L. FEBVRE, op. cit., p. 18. 53 J.A. MARAVALL, op. cit., pp. 129-132. 54 «Notas sobre la frontera medieval entre Portugal y Castilla», 1383/1385.. 55 L. FEBVRE, op. cit., p. 19.
  • 15. 1 estragándose en boa medida as relacións tradicionais, deica hoxe56. No contexto das guerras pola hexemonía penínsular entre Castela e Portugal, na segunda metade do século XIV e en 1474-1476, costitúen-se no reino de Galicia, segundo a conxuntura, sendos bandos: un pro-Portugal e o outro pro-Castela, que ó cabo triunfou. Síntoma do grado acadado de polarización mental, mesmo nos medios populares, son os alcumes e aldraxes que principían a dirixirse galegos e portugueses, reflexando sentimentos colectivos de hostilidade que, en última instancia, son débedores de vastos procesos de recomposición estatal e social. Despois de 1385, Joâo I animou ós conegos rebeldes, partidarios do Papa de Roma igual que Portugal, ó bispo de Tui que era, o mesmo que Castela, da obediencia do Papa de Avignon. O problema que estaba debaixo era o da pertenencia das propiedades do bispado de Tui en Portugal, entre o Miño e o Limia, que ó cabo remataron por quedar en Portugal, no marco da nova política de nacionalización das xurisdicción eclesiásticas. Os de Tui chamaban chamorros ós de Valença, -Tui aliñado con Roma e con Portugal. Aínda, en 1424, o cabido de Tui require ó concello para que non deixen entrar na vila ós rebeldes de Valença, debendo prende-los excomulgados, «asi clerigo como leygo»57. Máis arriba comprobamos que 60 anos despois as relacións Valença-Tui tiñan recobrada a súa cordialidade. Pero o alcume ficou58. Chamorro quería dicir te-lo pelo corto e a barba rapada, moda propagada en Portugal a partir do rei Fernando (1367-1383), e que 56 Para os tempos máis recentes, véxanse Ramón VILLARES, «As relacións da Galiza con Portugal na época contemporánea», Grial, 81, 1983, pp. 301-314. 57 P. GALINDO ROMEO, op. cit., p. 55. 58 «En la comarca norte de Galicia aún hace pocos años se daba este nombre a los gallegos de la raya del Miño», Boletín de la Comisión de Monumentos de Orense, XII, 1939-1940, p. 235.
  • 16. 1 valeu para que os casteláns llo puseran de mal nome ós portugueses, «ressentidos de batalha de Aljubarrota, donde os poucos que puderam fugir, levaram eternos motivos de chorar»59. Fernâo Lopes pon en boca do derrotado Juan I de Castela: «Fuyo de chamorros ...», o que era unha grande «deshomrra»60. A verdade é que a voz podía ter unhas connotacións ben pexorativas: «corto de haberes, pobre, vil»61. A relación entre andar co pelo corto e o seu sentido aldraxante é máis que probable que estea na identificación simbólica da falla de cabelo coa servidume e a minusvalía62. Xa temos a fronteira moral erguida. Do tempo de Aljubarrota ó tempo de Toro. Durante a guerra de sucesión, casemente un século despois, os galegos e os portugueses desenvolveran tanto xeito en deshonrarse mutuamente que ditas habili-dades pronto tiveron unha boa aplicación militar. Os homes do arcebispo Fonseca e do conde de Monterrei provocaron ós portugueses de Pedro Alvarez de Soutomaior: «sebosos, cabrones, que no eran buenos para nada sino para comer bofes de vaca»; ós portugueses «arremetieron a los enemigos diciendo: `Esperad, ladrones gallegos, páparos, torrezneyros'»; e o de Soutomaior non puido evitar que ós seus homes caíran na celada que os do bando dos Reis Católicos lles tiñan preparada; quedaron mortos ou presos 150 portugueses, defensores da causa de Alfonso V, partidario da reintegración de Galicia en Portugal. Temos moi serias dúbidas de que o cerre das fronteiras 59 Joaquim de SANTA ROSA de VITERBO, Elucidário das palavras, termos e frases, II, Porto- Lisboa, Civilizaçâo, 1966, p. 93; A.H. OLIVEIRA MARQUES, A Sociedade medieval portuguesa, Lisboa, Sá da Costa, 1981, p. 61. 60 F. LOPES, Crónica de D. Joâo I, II, Porto-Lisboa, Civilizaçâo, 1983, pp. 110, 157. 61 J. COROMINAS, Diccionario crítico etimologico castellano e hispánico, II, Madrid, Gredos, 1984, p. 320. 62 J. de SANTA ROSA, op. cit., pp. 55-56.
  • 17. 1 medievais fora real, definitivo, sen o aportamento das enemistades nacionais propias da modernidad. Ningunha medida fiscal ou burocrática lograría quizais mellores resultados, ca difusión de mentalidades refactarias, tocante a afasta-la xente da secular convivencia e do trato inter-nacional; de aí o interese de investiga-las mentalidades de fronteira. Dixemos que a cada tipo de sociedade e de Estado corresponde, en liñas xerais, un tipo de fronteira; valería dicir así mesmo que a cada tipo de fronteira corresponde un tipo de autoconciencia nacional. Por conseguinte, o fenómeno do feche da fronteira medieval, i non vai parello coa tendencia a expresa-lo coñecemento colectivo da propia identidade de forma negativa, contra as comunidades veciñas?