SlideShare a Scribd company logo
1 of 128
Download to read offline
ADEUS ÁS ARMAS
Que foi do pacifismo?
QUE FOI DO PACIFISMO?
2
Primeira Edición: novembro 2022
ISBN: 978-84-09-46493-7
Depósito Legal: C 1946‑2022
Impreso en Compostela por Tórculo
Edición: Xoán Hermida e Patricia de la Fuente
Coordinación: Manuel Dios
Autores/as
Prólogo_Federico Mayor Zaragoza
Jordi Armadans
Manuel Barbeitos
Ana Barrero
José Antonio Binaburu
Irene Comins
Manuel Dios Diz
Jonan Fernández
Lourenzo Fernández Prieto
Tica Font
Emilio Grandío
Rafael Grasa
Xoán Hermida González
Joám Lópes Facal
Carmen Magallón
Karen Marón
Manuela Mesa
María Oianguren
Pere Ortega
José Manuel Pureza
Guillermo Solarte
ADEUS ÁS ARMAS: QUE FOI DO PACIFISMO? encóntrase baixo unha
Licenza Creative Commons: Recoñecemento-SenObraDerivada (by-
nd): http://creativecommons.org/licenses/by-nd/3.0/deed.gl
ADEUS ÁS ARMAS
3
VARIOS AUTORES
Prólogo_Federico Mayor Zaragoza
Jordi Armadans_Manuel Barbeitos_Ana Barrero_José
Antonio Binaburu_Irene Comins_Manuel Dios Diz
(Coord.)_Jonan Fernández_Lourenzo Fernández
Prieto_Tica Font_Emilio Grandío_Rafael Grasa_Xoán
Hermida_Joám Lópes Facal_Carmen Magallón_Karen
Marón_Manuela Mesa_María Oianguren_Pere
Ortega_José Manuel Pureza_Guillermo Solarte
ADEUS ÁS ARMAS
Que foi do pacifismo?
QUE FOI DO PACIFISMO?
4
ADEUS ÁS ARMAS
5
QUE FOI DO PACIFISMO?
6
ADEUS ÁS ARMAS
7
INDICE.-
A modo de presentación_Manuel Dios_11
Prólogo_Federico Mayor Zaragoza_13
O pacifismo sempre estivo aí_Jordi Armadans_23
Corren malos tempos para o pacifismo_Manuel Barbeitos_27
Que foi do pacifismo?_Ana Barrero_31
O pacifismo na escola_José Antonio Binaburu_35
E que foi do pacifismo?_Irene Comins_41
E logo, que foi do pacifismo?_Manuel Dios Diz (Coord.)_47
Buscar a resposta fóra das zonas de confort_Jonan
Fernández_51
Ulo pacifismo?_Lourenzo Fernández Prieto_57
Que foi e que é do pacifismo?_Tica Font_61
Onde quedou o pacifismo_Emilio Grandío_65
A balea está e opera, aínda que estea mergullada, pero non
medra_Rafael Grasa_73
20 anos do nacemento da cidadanía global: Non a Guerra!_Xoán
Hermida_77
QUE FOI DO PACIFISMO?
8
O pacifismo desafiado_Joám Lópes Facal_85
Facer posible o necesario: o pacifismo_Carmen Magallón_91
Que foi do pacifismo na era da pos-verdade_Karen Marón_97
Que foi do pacifismo?_Manuela Mesa_107
Que foi do pacifismo?_María Oianguren_113
Os camiños para facer as paces_Pere Ortega_117
Quatro desafios para o movimento pacifista no nosso
tempo_José Manuel Pureza_121
Pacifistas sen fronteiras_Guillermo Solarte_125
ADEUS ÁS ARMAS
9
QUE FOI DO PACIFISMO?
10
ADEUS ÁS ARMAS
11
A modo de presentación
Hai un tempo, antes do verán, chamoume o amigo Xulio Ríos
para pedirme un artigo ou unha conversa co profesor Mayor
Zaragoza, presidente da Fundación Cultura de Paz, para un
número da revista Tempos Novos, o 304. Quería unha reflexión
que dera resposta, si fose posible, a unha pregunta simple, tan
actual como pertinente: Que foi do pacifismo?. Levaba eu
semanas cavilando sobre algo parecido, non tanto un artigo, ou
unhas conversas, senón un libro colectivo, con persoas coas que
coincidín durante os anos nos que tiven a honra de presidir a
Asociación Española de Educación e de Investigación para a Paz
(AIPAZ) que agora dirixe a amiga Ana Barrero, compañeira tamén
durante varios anos na Fundación Cultura de Paz.
Certamente, responder á citada pregunta, non é fácil, nin tan
sequera para persoas que teñen dedicado a súa vida ao pacifismo
ou ao movemento pola paz, aquí, no Estado ou no ámbito
internacional. Na súa gran maioría son voces que escoitamos con
dificultade, que non gozan de altofalantes mediáticos
recoñecidos, móvense moito mellor no mundo académico ou nas
súas respectivas organizacións concretas, publican, é verdade,
están nas redes sociais, pero con algunha excepción moi
meritoria, as súas miradas son bastante descoñecidas para o gran
público, cando non incómodas para os poderes establecidos, sen
necesidade de entrar en maior concreción.
Púxenme en contacto con elas e debo recoñecer que a súa
resposta, amplísima maioría, foi inmediata e positiva, con algunha
queixa, certamente razoable, polo pouco tempo para entregar as
reflexións. Non están todas as opinións demandadas pero si a
gran maioría. Todas elas teñen, desde a miña perspectiva,
enorme interese. Son, como dixen, miradas incómodas en tempos
nos que manifestar publicamente discrepancia, optar pola paz e o
entendemento, polo diálogo e a solución pacífica dos conflitos,
non está precisamente de moda ou o que é moito peor, significa
QUE FOI DO PACIFISMO?
12
convivir co sambenito ás costas de “cómplice” ou mesmo de
“traidor”. Nada novo por outra parte. Sucedeu así noutras épocas
e máis no fragor das batallas, cando traballan a tope as caldeiras
poderosas (e moi interesadas) de produción de odio e onde a
chamémoslle “internacional da bondade” parece achicarse diante
do belicismo e da confrontación violenta.
Non quero -nin debo- adiantar o contido das reflexións que
veñen a continuación. Tan só agradecer a colaboración e o cariño
mostrado polos amigos e amigas que, en tempos de tribulación,
decidiron non calar e dar respostas, as posibles, a unha pregunta
tan necesaria: Que foi do pacifismo?
Ao profesor Mayor Zaragoza, en primeiro lugar, téñolle que
agradecer a súa colaboración, sempre disposto, sempre
xeneroso, sempre lúcido, desde a privilexiada atalaia da súa
experiencia nacional e internacional, quen accedeu, sen pedir
nada a cambio, a escribir un magnífico Prólogo para abrir boca a
esta ampla e poliédrica reflexión colectiva.
E por estrito orde de chegada das colaboracións, agradezo a
Jonan Fernández, Jordi Armadans, José Antonio Binaburu, Emilio
Grandío, Pere Ortega, Guillermo Solarte, Tica Font, Carmen
Magallón, Rafael Grasa, Karen Marón, Manoel Barbeitos,
Manuela Mesa, Irene Comíns, María Oianguren, Joám Lópes
Facal, Lourenzo Fernández Prieto, José Manuel Pureza, Xoán
Hermida e Ana Barrero a todas e todos eles o meu máis profundo
agradecemento, en nome propio e, por suposto, no do Foro
OBenComún.
Moitas grazas.
Manuel Dios Diz
ADEUS ÁS ARMAS
13
Prólogo
En verdade queremos a paz que desexamos? Salam,
shalom...e, de seguido, a intransixencia, o enfrontamento, a
confrontación. “Se queres a paz, prepara a guerra” foi o adagio
perverso que, para beneficio dos produtores de armamento,
utilizou desde a orixe dos tempos o poder, que dispoñía como un
suposto incuestionable, das vidas dos seus vasalos. E así ate
estes turbulentos -pero esperanzadores- albores de século e de
milenio, porque gañamos en conciencia global e en coñecemento
profundo da realidade; porque a moderna tecnoloxía da
comunicación permite a participación non presencial, o que
fortalecerá a autenticidade democrática; e porque, moi relevante,
a muller ampliará -en poucos anos- a magra porcentaxe de
influencia que aínda ten hoxe en día a escala mundial na toma
de decisións. E a conclusión, moi favorable, destes novos feitos e
oportunidades será que a Humanidade tomará nas súas mans as
rendas do seu destino e fará posible, por fin, o cumprimento do
clarividente inicio da Carta das Nacións Unidas: “Nosoutros os
pobos...”.
Educada para o exercicio da forza, acostumada a acatar a lei
do máis poderoso, máis adestrada no uso do músculo que da
mente, a humanidade veuse arrastrada ás máis sanguentas
confrontacións. No lugar da fraternidade, inimizade. O próximo,
próximo ou distante, non aparece como irmán con quen
compartirmos un destino común, senón como adversario, como o
inimigo ao que debemos aniquilar.
E así, a historia convértese nunha cadea interminable de
enfrontamentos, ataques e represalias, de vencedores e
vencidos, rancores e animadversión, de violencia física e
espiritual. O gran mandamento, o amor, aprázase e postérgase
unha e outra vez. En todos os saúdas invocamos a paz: “A paz
QUE FOI DO PACIFISMO?
14
sexa contigo”, “shalom”, “salam”...pero, acto seguido, prevalece a
espada sobre a palabra, a man alzada sobre a man tendida.
Hai, por fortuna, unha historia paralela invisible cos chanzos
forxados día a día polo desprendemento, a xenerosidade, a
creatividade, que son distintivas da especie humana. É unha
densa urdime, incomparable, intransitoria, porque está feita coas
vidas, ás veces fugaces, dos seres humanos, únicos, irrepetibles,
dotados dunha misteriosa desmesura: a facultade de crear, de
imaxinar, de saber, de prever. Cada criatura humana, a nosa
esperanza.
Se queres a paz, axuda a construíla cada día. A paz como
comportamento cotiá. Favorecer a transición desde unha cultura
da forza e da imposición a unha cultura do diálogo, entendemento,
e paz. “Non hai camiños para a paz; a paz é o camiño”
lembrounos o Mahatma Gandhi. Un camiño guiado por principios
e valores. Pola xustiza en primeiro lugar. A paz é, á súa vez,
condición e resultado, semente e froito.
É necesario identificar as causas dos conflitos para poder
previlos. Evitar é a maior vitoria. Por iso, é indispensable dispoñer
dunhas Nacións Unidas que, cos axeitados recursos humanos e
materiais, poida levar a cabo a misión que se lle encomendou en
San Francisco en 1945: “Nosoutros os pobos, temos decidido
evitar aos nosos descendentes o horror da guerra”. Coñecer para
prever, prever para previr.
Fronte das insoportables asimetrías económicas e sociais, á
pobreza e á exclusión, á inxustiza e á humillación, son
imprescindibles a solidariedade e a dedicación dos cidadáns do
mundo, que hoxe, máis que nunca no pasado, necesita que
participen activamente na busca e invención dos novos rumbos
que son tan apremiantes nestes sombríos albores do século XXI.
Escuros horizontes porque se pretende substituír a todos os
pobos por uns cantos, o pluralismo pola hexemonía, aplicando os
ADEUS ÁS ARMAS
15
máis espectaculares avances do progreso en favor da dominación
e da calidade de vida dun só barrio da aldea global, no que habita
– ricos en medios materiais e en saberes, pero non en sabedoría-
tan só o 17% dos poboadores da terra.
O mellor antídoto, a educación. A educación que libera,
que confire esta “soberanía persoal” que permite a cada persoa
dirixir con sentido a súa propia vida, que elabora as súas propias
respostas e non actúa ó ditado do inmenso poder mediático que
hoxe uniformiza e gregariza tantas conductas. Educación para
non gardar silencio, para esixir unha gobernanza guiada por
valores universais e non polas veleidades do mercado. Que
ninguén espere a paz se non axuda a corrixir as causas da guerra,
se non contribúe, as mans e as voces unidas, a proclamar a
radical igualdade e dignidade de tódolos seres humanos, segundo
establece o artigo 1º da Declaración Universal dos Dereitos
Humanos.
En 1942, o Ministro de Educación inglés, R. Butler pensa,
cando as bombas están a caer sobre Londres, que só a educación
poderá no sucesivo evitar a barbarie, as prácticas máis
abominables de exterminio que a guerra leva consigo. Será
necesario “construír na mente dos homes os baluartes da paz”.
Rematada a guerra, en 1945, nace en Londres, con esa misión,
a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia
e a Cultura, UNESCO. Paz baseada “na ampla difusión da cultura
e da educación da humanidade para a xustiza, a liberdade... e na
solidariedade intelectual e moral”. Paz baseada na “libre
circulación das ideas pola palabra e a imaxe”. Convivencia global
só alcanzada se vivimos “guiados por principios democráticos”
como establece o preámbulo da Acta Constitutiva da UNESCO.
Agora, cando resulta urxente aplicar o deber de memoria e a
memoria do deber para cumprir, antes de que sexa demasiado
tarde, as nosas responsabilidades interxeracionais, o primeiro
paso para substituír a gobernanza plutocrática supremacista por
QUE FOI DO PACIFISMO?
16
un multilateralismo dilixente, é preciso adoptar unha Declaración
Universal da Democracia que constituiría, a todos os niveis e
ámbitos, o principio da nova era.
“Quen senón todos...?, reza o verso do xenial Miquel
Martí i Pol. Todos podemos “evitar” o horror da guerra. Non se
trata de “manter a paz” logo do conflito senón de prever a guerra,
construíndo cada un, co seu comportamento cotiá, a paz: paz con
un mesmo, na familia, no pobo, no país... na terra. Paz preventiva!
Seguridade da paz e non a paz da seguridade, non a paz da
imposición, do predominio, da forza.
É preciso inventar o futuro, único legado valioso aos
nosos descendentes. O futuro, única responsabilidade, único
compromiso. O pasado xa pasou. Pode inspirar moitos pasos cara
adiante, pero xa non pode escribirse. Xa está escrito. Pero o
futuro, si, porque pertence “ás xeracións vindeiras”...
Que as xeracións que chegan a un paso de nós non nos
acusen de silencio cando tan perentoria era a nosa voz. En pé de
paz, infatigables na resistencia, a favor da democracia auténtica.
Que nunca poidan dicirnos: “Esperabamos a vosa voz... e non
chegou”. Delito de silencio.
En 1986, co remate da Guerra Fría, derrúbase -como o
Muro de Berlín- un réxime que, baseado na igualdade,
esqueceuse da liberdade. E acentúase a zozobra do réxime
alternativo que, baseado na liberdade esqueceuse da igualdade.
E ambos da fraternidade. E así, cando se esperaban os
dividendos da paz, cando se confiaba en que, como sucedera
logo das “guerras quentes”, a mirada do liderado mundial
abarcaría a terra enteira, sucedeu todo o contrario. “Nosoutros os
pobos...” substitúese por “Nosoutros, os máis poderosos”... e o
proxecto de democracia a escala mundial tornouse nunha
plutocracia primeiro, representada polo G7, G8, G20. Os valores
e principios propios das ideoloxías e dos ideais que guiaban á
ADEUS ÁS ARMAS
17
humanidade transformáronse -nunha abdicación histórica de
responsabilidades políticas- nun réxime dirixido en exclusiva
polas leis do mercado...
Foi no mes de Outubro de 1986 cando o novo e insólito
Presidente da Unión Soviética, Mikhail Gorvachev, indicou ao
presidente norteamericano Ronald Reagan en Reikiavik que a
Unión Soviética se transformaría nunha “Comunidade de Estados
Independentes” e que o Muro de Berlín se derrubaría como
símbolo da “Guerra Fría” e no inicio dunha nova etapa moi
prometedora na gobernanza mundial. Proponlle, con gran
insistencia a Ronald Reagan, a total eliminación das oxivas
nucleares “auténtica espada de Damocles para a humanidade no
seu conxunto”. Por desgraza, a cúpula militar dos Estados Unidos
impúxose -unha vez máis- ás decisións que puidera adoptar o
Presidente norteamericano, cumpríndose así o preclaro
pronunciamento do Presidente Einsenhower na transferencia de
poder ao Presidente Kennedy en 1961: ”Só existe no mundo un
poder superior ao seu, Sr. Presidente, o do complexo militar
industrial”.
As Nacións Unidas seguiron pois, lamentablemente,
inhabilitadas na toma de decisións polo veto dos cinco
vencedores da IIGM... e o Presidente Reagan iniciou co G6 a
gobernanza plutocrática que chega ate os nosos días. A este
respecto, para dar aínda maior urxencia aos cambios que agora
se requiren, é preciso que a Unión Europea abandone o
condicionamento da unanimidade para a toma de decisións, o que
equivale ao poder de veto dos 27 membros da Unión.
Co nomeamento do Presidente Donald Trump despois da
gran pausa de serenidade e confianza do Presidente Barack
Obama, que subscribiu os Acordos de París sobre o Cambio
Climático e a Resolución da Asemblea Xeral das Nacións Unidas
sobre a Axenda 2030 e os ODS “para transformar o mundo”,
tiveron lugar, o mesmo día da súa designación, unhas decisións -
QUE FOI DO PACIFISMO?
18
non se poñerían en práctica os Acordos sobre o Cambio Climático
nin a Axenda 2030- que terían que conmocionar ao mundo no seu
conxunto e producir unha reacción, pensando nas xeracións
vindeiras, de unánime rexeitamento. E gardouse silencio. Silencio
da Unión Europea. Silencio dos países que integran as diversas
alianzas rexionais. A humanidade en mans de líderes incapaces
e do Gran Dominio: financeiro, militar, enerxético, mediático,
dixital... Quedou moi claro e isto é o que agora temos que
salientar, que só un multilateralismo democrático pode aportar,
coa consistencia necesaria, un novo concepto de seguridade.
A solución, érao en 1945, éo hoxe, consiste en “Nosoutros
os pobos...” Chegou o momento dos pobos, das organizacións
non gobernamentais, da sociedade civil, do clamor xeral, pacífico
pero firme. Chegou o momento de restablecer os principios
universais, de dar a palabra, aos parlamentos, o poder que lles
corresponde como depositarios da voz da cidadanía. O século
XXI pode devir, así, por fin, no século da xente, da democracia
xenuína.
Cantos acontecementos nocivos poderían evitarse si se
falara a tempo! Advertiuno Martin Luther King: “As nosas vidas
empezan a extinguirse o día que gardamos silencio sobre as
cousas que realmente importan”. No pasado español, Quevedo-
“No he de callar por más que con el dedo...” e Garcilaso de la
Vega- “Yo que tanto callar ya no podía”... expresaron o deber de
falar. Na miña experiencia, comenteino en moitas ocasións,
existe un silencio peor que o dos silenciados, dos que non falan
porque non queren ou non saben: é o silencio dos silenciosos, dos
que calan podendo e debendo falar. E así a “a voz que poido ser
remedio, non foi nada”.
Hoxe máis que nunca resulta imperativo retomar as
rendas da gobernanza mundial e que o mercado estea sometido
a uns principios éticos universais. Está clara a necesidade de
volver, como en 1945, a un sistema multilateral guiado por uns
ADEUS ÁS ARMAS
19
valores éticos universais, pero sen vetos, que eviten a presente
impunidade das transgresións a escala supranacional e que – coa
maior responsabilidade que corresponde aos máis poderosos-
regulamente a gobernanza mundial.
Gusto de repetir que o risco sen coñecemento é perigoso,
pero o coñecemento sen risco é inútil. É imprescindible pasar da
palabra á acción. Como?. Mediante a mobilización da sociedade
civil, mediante a implicación da cidadanía, que pase dunha
actitude impasible e resinada a converterse en protagonista do
outro mundo posible que anhela. O porvir dependerá en boa
medida da mobilización da sociedade civil, da expresión do poder
cidadán. Cidadáns e non súbditos, con visión global actuando a
escala local e utilizando -en toda a medida do posible- a nova
tecnoloxía da comunicación para estar en contacto con outros
cidadáns doutras partes do mundo, en continua interacción, para
a participación non presencial.
Durante séculos, uns cantos homes impuxeron os seus
designios ao resto dos homes e a todas as mulleres. Os seres
humanos permanecían invisibles, anónimos, silenciosos,
atemorizados, obedientes. Poder absoluto masculino: historia
ensanguentada, onde a paz foi só unha pausa, onde a
creatividade humana un simple lóstrego. Séculos e séculos de
submisión. Séculos e séculos logo dos cales as asimetrías sociais
e a pobreza extrema predominan nunha Terra que tamén, por
influencia da actividade humana, deteriorouse.
Durante séculos, calados, obedientes, atemorizados. E
agora, de pronto, os cambios de fondo calado son factibles. Na
era dixital, a liberdade de expresión permitirá a participación
progresiva de todos os cidadáns na toma de decisións, de tal
maneira que se fortalecerán os sistemas democráticos. Como
resultado das convocatorias electorais, os cidadáns son
contados, pero despois raramente contan- e niso consiste a
democracia- na toma de decisións por parte dos gobernos. A
QUE FOI DO PACIFISMO?
20
partir de agora, sucesivamente, o poder non só deberá oír senón
escoitar as opinións de todos os cidadáns de maneira
permanente.
As novas tecnoloxías poden asociar as voces de millóns de
persoas que poden, deste modo, proclamar os seus puntos de
vista sen violencia e contribuír con eficacia á gobernanza global,
para que a sociedade no seu conxunto teña a posibilidade real de
influír na toma de decisións.
Os medios de comunicación teñen unha función fundamental
que non é descritiva (retrospectiva, para explicar o que acontece)
senón prospectiva, é dicir, escribir o que pensan que debería
suceder. Estamos en “tempos de dúbidas e renuncias nos que os
ruídos afogan as palabras” como tan inspiradamente escribiu
Miquel Martí i Pol en 1981. Ser diversos, infinitamente diversos é
a nosa riqueza. Actuar unidos será a nosa forza. Por que calan?.
Por que calamos? Ás veces porque non se quere, porque non se
sabe.
Pero tamén, porque buscamos fora respostas que só
atoparemos en nós mesmos. Que todos utilicen a palabra e non
a forza para defender os seus puntos de vista. Toda idea é digna
de ser escoitada, pero calquera idea envilécese en mans da
violencia.
A palabra non pode seguir cautiva, amordazada, filtrada,
disfrazada. Ás veces, calada para sempre polos inimigos da vida
e os seus cómplices. Pero, sobre todo, non pode seguir ausente.
O silencio é a antítese da democracia. É submisión, é docilidade.
Hoxe poden reprocharnos o que dicimos. Mañá -é o único que
importa- reprocharannos sobre todo o que non tivemos a coraxe
de dicir hoxe. “Hoxe- é un verso de Enrique Badosa- falamos por
quen quixera falar. Por quen non pode”.
Federico Mayor Zaragoza, 10 de Agosto de 2022
ADEUS ÁS ARMAS
21
QUE FOI DO PACIFISMO?
22
Jordi Armadans
é politólogo e xornalista. Analista e activista pola paz e o
desarmamento. Foi director da Fundación per la Pau (FundiPau)
ADEUS ÁS ARMAS
23
O pacifismo sempre estivo aí
Pois nada, que sempre estivo e está aí.
Hoxe, tentando dar respostas nun mundo gobernado pola
cultura da violencia, magoado polas violencias físicas e fracturado
por violencias estruturais, onde proliferan os discursos de odio e
a deshumanización cara os “outros” (sexan migrantes, refuxiados,
estranxeiros, mulleres, diferentes, diversos, etc.) e onde diante do
ataque ruso á Ucraína, no lugar de revisar criticamente o modelo
de seguridade militarista que nos trouxo ate aquí, as receitas
oficiais, políticas e mediáticas insisten acrítica e inxenuamente en
reforzar e consolidar o mesmo modelo: máis gasto militar, máis
armas.
O movemento pola paz ten sido quen, en varios momentos,
de conectar fortemente a nivel social, como sucedeu coa
obxección de conciencia e a insubmisión, o movemento contra da
OTAN ou as mobilizacións contra da guerra de Iraq. Non é fácil
que isto suceda e cando sucede, o movemento pola paz xera
grandes ondas cidadáns de difusión, denuncia, presión e cambio.
Pero, na maioría das veces, cando case que ninguén se fixa, fai
un traballo máis xordo, menos visible e público, pero
profundamente necesario.
Obviamente, e paga a pena lembralo, o movemento pola paz
é diverso. Nas súas expresións, nas súas formas, nas súas
miradas, nas súas análises e nas súas propostas. Entre outras
posibilidades, podemos falar do activismo pola paz de base, de
ONGs comprometidas coa cultura da paz que impulsan
programas e campañas, da corrente de investigación pola paz na
Universidade e centros de pensamento e das múltiples
experiencias de educación para a paz nas escolas, nos grupos de
educación no tempo de lecer e na sociedade en xeral. Pode que
non todas e todos teñan as mesmas prioridades. Mesmo, non
todas se recoñecerán necesariamente como “pacifistas”. Pero
QUE FOI DO PACIFISMO?
24
todas as persoas e entidades que están aí, puxan cara a
construción da paz, dunha forma ben diversa e necesaria:
fomentando o diálogo e a escoita entre persoas diferentes, que
pensan diferente e que aspiran a cousas diferentes; defendendo
os dereitos humanos, especialmente dos máis vulnerables;
promovendo a empatía cos que nos son diferentes pero iguais en
dignidade e necesidade de xustiza e liberdade; defendendo unha
necesaria cultura de paz que supere e substitúa progresivamente
a cultura da violencia reinante; fomentando a non violencia como
forma de pensamento e como ferramenta de intervención e
transformación social; denunciando o gasto militar e o atroz
comercio de armas; lembrando que a auténtica seguridade é
aquela que se preocupa das persoas e das súas necesidades non
da que as esquece e as sepulta; batallando polo desarmamento
e a prohibición das armas de destrución masiva (nucleares,
químicas, biolóxicas) ou especialmente daniñas (minas, bombas
de racimo) ou futuras e inquietantes (robots).
O traballo pola paz, o movemento pola paz, o pacifismo,
seguen aí: con toda a súa grandeza e lucidez, e tamén con todas
as súas dificultades, contradicións e erros. Pero, sen dúbida, para
aspirar a un mundo máis xusto e pacífico, necesitamos moito máis
pacifismo, moito máis traballo pola paz. E todo o lúcido,
intelixente, ambicioso, autocrítico, humilde e empático que sexa
posible.
Jordi Armadans
ADEUS ÁS ARMAS
25
QUE FOI DO PACIFISMO?
26
Manoel Barbeitos
é economista, xubilado, membro do Consello de Redacción e
contidos de Tempos Novos. Colaboro regularmente con
Galiciapress, Praza Pública e Nos diario, tanto en temas
políticos como económicos e sociais.
ADEUS ÁS ARMAS
27
Corren malos tempos para o pacifismo
Corren malos tempos para o pacifismo. A invasión de
Ucraína polo exercito ruso, un acto criminal que atenta contra os
dereitos humanos e o dereito internacional, semella que colleu ao
pacifismo internacional totalmente desmobilizado. Unha evidencia
preocupante porque a resposta á ofensiva rusa por parte da
OTAN, baixo o férreo liderado dos Estados Unidos, está
consistindo en poñer en primeiro e case único plano a acción
militar o que nos pode levar a unha terceira guerra mundial. Un
enfrontamento que, dado o armamento nuclear en poder de Rusia
e os Estados Unidos, podería seren definitivo para a humanidade
-non poucos científicos afirman que nunca estivemos tan preto do
holocausto nuclear: "as maneillas do reloxo do fin do mundo están
en 100 segundos antes da medianoite"-.
Corren malos tempos para o pacifismo porque neste marco
de guerra non cabe outra que poñerse do lado do pobo ucraíno -
"os ucraínos teñen todo o dereito a defenderse"- pero reclamando
a paz, que pasa por parar inmediatamente a guerra para dar paso
ao diálogo e a negociación, por que esa é a mellor solución tanto
para Ucraína como para Rusia, Europa e o mundo. Unha paz que
sería desexable non tivera nin vencedores nin vencidos algo que
dada a situación actual da contenda e as posicións das partes
parece moi, moi difícil de conseguir. Porque hoxe a paz en
Ucraína só parece posible si se lle recoñece a Putin unha parte
das razóns coas que xustificou a invasión: garantir a seguridade
de Rusia. Porque do contrario, e como a historia nos ten
demostrado de xeito farto contundente, a paz só chegará cando
un dos contendentes recoñeza a súa derrota.
A derrota....a vitoria....linguaxe de guerra non de paz. Pero
esa é a linguaxe que utilizan practicamente todos os líderes
políticos das partes implicadas no lugar da linguaxe da diplomacia
QUE FOI DO PACIFISMO?
28
e a negociación. Hoxe por hoxe en Europa non contamos entre
as elites políticas con voces autorizadas e prestixiosas como, por
caso, foron no seu día as de Bertrand Russell, Jean Jaurès, Rosa
Luxembourg, Karl Liebknecht ou Olof Palme quen sempre
puxeron a paz por diante da guerra aínda que por elo moitos deles
pagaran o prezo das súas propias vidas. Hai si, fóra da política,
voces autorizadas de persoas moi prestixiosas -dende Noam
Chomsky a Agnes Callamard (AI) e Catherine M. Rusell
(UNICEF), pasando por Antonio Guterres (ONU) e Federico
Mayor Zaragoza (exdirector xeral da UNESCO)-tamén de
cidadáns relevantes de vida civil -velaí os asinantes do
documento "Pola Paz. Fóra Tropas Rusas de Ucraína"-, pero son
voces que están sendo ignoradas e que non reciben nos medios
de comunicación e opinión a atención e a difusión que merecen.
Velaí outra barreira ao pacifismo: o papel que están a
desempeñar nesta guerra unha maioría dos medios de
comunicación e opinión que é máis belixerante que pacifista.
Unha opción que está colaborando moi activamente á
desinformación da cidadanía e tamén contribuíndo a que entre os
europeos medre a rusofobia con novas falsas sobre, por caso,
atrocidades do exército ruso: segundo unha enquisa do CIS o
85% dos españois cren que o exército ruso está atacando
deliberadamente ao poboación civil ucraína.
Moitos gobernantes pensan que a cidadanía non debe estar
ben informada para así poder tanto xustificar mellor as súas
estratexias belicistas como rexeitar as pacifistas. A cidadanía non
debe estar ben informada, non debe ser unha cidadanía activa
porque os activismos políticos, como sucede co pacifismo, poden
ser perigosos. "O activismo político é o responsable do grado de
democracia que temos hoxe, do sufraxio universal dos adultos,
dos dereitos da muller, dos sindicatos, dos dereitos civís e das
liberdades que desfrutamos" (Noam Chomsky). Velaí que, como
está sucedendo agora no caso da guerra en Ucraína as partes
ADEUS ÁS ARMAS
29
belixerantes do conflito (Rusia e a OTAN especialmente, pero
tamén Ucraína), traten de dificultar e impedir a labor humanitaria
de organizacións como UNICEF, SAVE THE CHILDREN,
ACNUR, AMNISTÍA INTERNACIONAL....das mesmas NACIÓNS
UNIDAS. Aqueles son conscientes de que o pacifismo que estes
defenden é contrario aos seus intereses porque, entre outras
razóns, pode facer chegar á cidadanía unha información sobre a
guerra en Ucraína distinta a que eles e os medios que lle serven
queren facer chegar. Algo que realmente sería moi perigoso para
as opcións belicistas e militaristas de dereitas e de esquerdas.
Corren malos tempos para o pacifismo pero en liña coas
opinións doutro lúcido e sólido pacifista: "non importa que agora
non exista un movemento pacifista organizado como antes.
Quizais non sexa necesario, ou seguramente debería seren
diferente. Son a xente de a pé, as organizacións sociais e os
grupos políticos quen deberían rebelarse contra este tipo de
conflitos, sen excepcións" (Vicenç Fisas).
Manoel Barbeitos
QUE FOI DO PACIFISMO?
30
Ana Barrero Tíscar
Diplomada en Biblioteconomía e Documentación,
Universidade de Granada; Licenciada en Documentación,
Universidade de Alcalá; Máster en Investigación en
Documentación e Doctoranda na Universidade Carlos III de
Madrid sobre as "Alfabetizacións múltiples para unha cultura de
paz". É Presidenta da Asociación Española de Investigación
para a Paz, Directora da Fundación Cultura de Paz, membro do
Consello do Instituto Universitario de Dereitos Humanos,
Democracia, Cultura de Paz e Noviolencia (DEMOSPAZ-UAM).
Entre as súas liñas de investigación están a convivencia e a paz
nos municipios, nesta liña participou no desenvolvemento da
Axenda Local de Paz e Convivencia; as tecnoloxías para a paz;
e as alfabetizacións múltiples para unha cultura de paz.
ADEUS ÁS ARMAS
31
Que foi do pacifismo?
As orixes do pacifismo remóntanse á antigüidade, opóndose
sempre ás guerras. Heródoto xa dicía: “Ninguén é tan insensato
para preferir a guerra á paz; en tempo de paz os fillos enterran
aos seus pais, en tempos de guerra os pais enterran aos seus
fillos?”.
Ao longo da historia o pacifismo traballou por un mundo sen
guerras, propondo as condicións e as vías para a construción
efectiva da paz. Rexeitando a lóxica militarista baseada na
premisa de que si se desexa a paz hai que combater para
conseguila, é dicir, prepararse para a guerra. Porque desde o
pacifismo sabemos, e soubemos sempre, que a paz só pode
conseguirse por medios pacíficos.
Por iso, o pacifismo apostou tradicionalmente polo
desarmamento e o antimilitarismo, e promoveu a arbitraxe, a
negociación, a diplomacia e o diálogo como vías para previr os
conflitos bélicos e como alternativas para solucionalos.
Desde esta rebelión contra a guerra, o pacifismo orientouse
nunha forma organizada da sociedade civil encamiñada á
construción dun mundo máis xusto, solidario e pacífico, o
movemento pacifista, que foi constante e foise adaptando
segundo os requirimentos e esixencias de cada momento
histórico. Así mesmo, tentou influír na opinión pública contribuíndo
á xeración dun pensamento pola paz. “Construíndo a paz na
mente das persoas”.
Ao longo do tempo se ten xerado unha extensa e variada
axenda de preocupacións e ocupacións do movemento pacifista,
influída por outros enfoques e axendas como a feminista,
ecoloxista, etc., que reivindica tamén unha paz positiva, vinculada
coa satisfacción das necesidades básicas, que pon no centro as
persoas e a súa dignidade; e que defende os valores universais
de solidariedade, igualdade e xustiza.
QUE FOI DO PACIFISMO?
32
O momento actual é particularmente difícil e crítico para o
movemento pacifista. Ás preocupacións e ocupacións que se
teñen por mor das crises económicas e financeiras que veñen
arrastrando, as enormes desigualdades, o impacto da pandemia
da Covid-19, a crise e emerxencia climática, as violacións
sistemáticas dos dereitos humanos, os conflitos armados en
distintos países do mundo ... A todo isto, engadiuse, ademais, a
Guerra en Ucraína.
O clamor que se esperaba contra a guerra, contra todas as
guerras, como en 2003 coa invasión de Iraq, non se produciu.
Pola contra, presentouse o uso das armas como a única opción
posible e inevitable. O que está a acelerar, aínda máis, a
militarización e o incremento inxente do gasto militar desviándose
e reducíndose doutros investimentos ecosociales necesarias, que
son as que realmente protexen ás persoas e ao planeta.
Ademais, están a imporse as narrativas militaristas,
narrativas que contribúen á espectacularización e normalización
da guerra. E, á mesma vez, estase estigmatizando, criticando e
atacando ás persoas que defenden que a paz só pode
conseguirse por medios pacíficos.
Como dicía o profesor Vicent Martínez Guzmán “nós as
pacifistas somos as realistas”, e ante esta situación actual, as
voces e o traballo pola paz é máis necesario que nunca para
continuar pondo de manifesto que todas as violencias,
absolutamente todas, son evitables; que as armas non paran as
guerras, se non que as alimentan; e que as persoas temos as
capacidades para facer as paces.
Que as e os pacifistas, o movemento pacifista, estamos e
seguiremos onde estivemos sempre: clamando contra as guerras;
denunciando o militarismo; influíndo para que se reduzan os
gastos militares e diríxanse para abordar as necesidades
humanas e para o coidado da vida; presionando polo
ADEUS ÁS ARMAS
33
desarmamento e a abolición das armas nucleares; defendendo o
multilateralismo; redefinindo un concepto de seguridade centrado
nas persoas; promovendo o diálogo para a transformación dos
conflitos; defendendo o medio ambiente; impulsando e
visibilizando o papel das mulleres na construción da paz;
analizando procesos de paz; abordando a polarización social e os
extremismos violentos; traballando pola recuperación da memoria
histórica e democrática; impulsando o municipalismo de paz e de
convivencia; implementando a Axenda 2030; pondo a énfase na
ética do coidado ...
O movemento pacifista sabemos que temos retos
importantes aos que facer fronte, dilemas que debemos abordar,
nestes momentos de incerteza, de ameaza para a convivencia e
a paz. Pero, tamén, sabemos que temos o coñecemento, a
experiencia e as ferramentas do traballo realizado durante todos
estes anos para afrontar os novos retos con novas repostas,
adaptándoos aos novos desafíos e esixencias do mundo actual,
para contribuír a transformar as culturas de violencia por culturas
de paz.
“Os defensores do pacifismo son conscientes da influencia
dos valores que defenden. Saben que aínda son poucos, pero son
conscientes de que serven á mellor das causas posibles” Bertha
von Suttner
Ana Barrero
QUE FOI DO PACIFISMO?
34
José Antonio Binaburu Iturbide
é Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación. Catedrático de
Filosofía de Ensino Secundario. Foi coordinador da rede
andaluza “Escuela: Espacio de Paz” na Consejería de Educación
da Junta de Andalucía. Entre as súas publicacións podemos
salientar: “Educar desde el conflicto. Guía para la mediación
escolar”. Editorial Planeta. Barcelona, 2006 ou “Metodologías
para hacer las paces”. Publicaciones de la Universidad de
Málaga, 2012 ou “Pensando en la violencia”. Ed. Libros de la
Catarata, Bilbao, 1994.
ADEUS ÁS ARMAS
35
O pacifismo na escola
A Educación para a Paz entra na escola nos anos 1920/30,
pola influencia dos Movementos de Renovación Pedagóxica de
Cataluña, pero moi cedo queda abolida pola Ditadura. E será no
ano de 1964 dos fastos de exhaltación do Réxime, logo da
celebración dos famosos XXV anos de paz – a paz das tapias dos
cemiterios e das cunetas- cando o maiorquín Llorenc Vidal, poeta
e pacifista, daquela inspector de educación en Cádiz, propón a un
grupo de mestres e mestras a organización dunhas xornadas
sobre convivencia “pensando que durarían un ou dous cursos”
pero aquela iniciativa da celebración do 30 de Xaneiro, cabodano
do asasinato de Gandhi, do Día Escolar da Non violencia e da Paz
(DENYP) “para sementar ideais e reclamar unha educación
permanente e independente para a paz”, vai hoxe camiño de
completar seis décadas nas escolas; e séguena escolas de todo
o mundo. En España, a celebración está recoñecida oficialmente
desde 1976.
O desenvolvemento da Educación para a Paz na escola ten
iniciativas nalgunhas CCAA que quixera salientar polas súas
características integrais nas aulas e non só dun día no ano de
celebración. En Galicia, no ano 1983 Xesús R. Jares promove o
colectivo de Educadores pola Paz no marco do MRP Nova Escola
Galega. E en 1985 créase o Seminario Permanente de Educación
para a Paz por iniciativa do profesor Manuel Dios, dentro do
Sindicato Galego do Ensino e a Investigación da CXTG, ambos
co obxectivo de elaborar materiais didácticos para as escolas e
todos os niveis educativos. No País Vasco, pola espiral de
violencia e asasinatos de ETA, xorden colectivos e ONGs como o
Centro de Investigación para a Paz “Gernika Gogoratuz”, Gesto
por la Paz, Bakeaz, que tamén elaboran materiais didácticos para
as escolas, ademais de ser símbolos de resistencia contra da
violencia etarra manifestándose nos centros escolares e nos
QUE FOI DO PACIFISMO?
36
barrios diante dos asasinatos de ETA co lazo azul e en actitude
silenciosa.
Iniciativas similares de educación e de investigación para a
paz apareceron por toda a xeografía española nestes mesmos
anos aproximadamente, en Cataluña, País Valenciá, Madrid,
Valladolid... e tamén na veciña Portugal.
Máis adiante, en Andalucía, elaborouse no ano 2000 o
coñecido como Plan Andaluz para a Cultura da Paz e a Non
violencia coa colaboración de membros do Instituto de
Investigación para a Paz e os Conflitos da Universidade de
Granada, destacando o traballo realizado polo seu Director,
Francisco Muñoz, que xa non está entre nós, e a continuación
poñeríanse mans á obra para crear, no curso 2002-2003 a Rede
Andaluza “Escuela: Espacio de Paz”. E a tarefa de implementar
ese Plan correspondeu ao Director General de la Consejería de
Educación, Sebastián Sánchez Fernández e aos Gabinetes
Provinciais de asesoramento sobre Cultura de Paz e Convivencia
Escolar. Aínda que as verdadeiras protagonistas foron as case
que 4.000 comunidades educativas dos centros escolares de
Andalucía que acolleron como unha bocanada de aire fresco a
súa entrada nas aulas levando a innovación e compromiso
educativo. Nunha avaliación da UE de Proxectos de Cultura de
Paz en 2007, a Rede Andaluza posicionouse entre os dez
mellores proxectos dos 27 estados da Unión.
Para a investigación e a formación do profesorado en
Educación para a Paz debemos salientar aos distintos membros
e entidades que conforman hoxe a Asociación Española de
Investigación para a Paz (AIPAZ), como o Seminario de
Investigación para la Paz de Zaragoza, a Fundación Cultura de
Paz que preside o profesor Mayor Zaragoza, a Cátedra UNESCO
de Filosofía para a Paz da Universidade Jaume I de Castelló, o
Instituto de Paz y Conflictos da Universidade de Granada, a
ADEUS ÁS ARMAS
37
Escola de Cultura de Pau de la UAB, entre outras entidades e
institucións cataláns e no conxunto do Estado.
A implementación de Programas de Cultura de Paz por parte
dos centros escolares, levou consigo o desenvolvemento de
obxectivos como: fomentar a participación e a responsabilidade
do alumnado nas aulas e nos centros. Búscanse estratexias para
a mellora da convivencia escolar en equipo. Embárcanse nun
proxecto conxunto de investigación-acción. Reaprópianse do
tempo tendo paciencia para acadar os dilatados obxectivos da
Cultura de Paz. Vanse transformando nunha comunidade
educativa cos retos cívicos e realizando servizos para a
comunidade.
O plus educativo que aportan os Programas de Cultura de
Paz aos centros escolares e reconvertelos en espazos de paz
para tratar educativamente os conflitos. Moitos deses conflitos
xéstanse no entorno, pero algunhas veces estalan tamén na
escola, os conflitos poden ser tratados civilizadamente,
comezando polo desenvolvemento de proxectos integrais
preventivos.
Educar para unha Cultura de Paz será contribuír a sementar
e xerar na sociedade, valores que non leven a recorrer ao uso da
violencia para resolver os conflitos, a traballar por un mundo máis
xusto e solidario, a aceptar a todas as persoas
independentemente da súa condición, a desterrar a guerra e os
fastuosos gastos militares que leva consigo, a construír relacións
de igualdade e fraternidade entre os seres humanos. En definitiva,
contrapoñer moitos dos valores que a nosa sociedade ofrece, de
maneira máis ou menos explícita, cos valores dunha Cultura de
Paz.
En moi poucos anos, di Federico Mayor Zaragoza, o
concepto de Cultura de Paz foise estendendo e consolidando,
podendo agora converterse nun punto de referencia para un gran
QUE FOI DO PACIFISMO?
38
movemento social a escala mundial. Conscientes, por primeira
vez, da calidade de vida dos “outros” en todos os currunchos da
terra, xa non podemos mirar cara outro lado. Temos que asumir
as nosas responsabilidades e deixar de ameazar para distribuír,
para repartir axeitadamente, para substituír a forza pola palabra,
para cumprir co artigo primeiro da Declaración Universal que
reclama vivir “fraternalmente”.
José Antonio Binaburu Iturbide
ADEUS ÁS ARMAS
39
QUE FOI DO PACIFISMO?
40
Irene Comins Mingol
é profesora do Departamento de Filosofía e Socioloxía da
Universitat Jaume I de Castelló. Foi directora do Máster
Universitario en Estudos Internacionais de Paz, Conflitos e
Desenvolvemento da Universitat Jaume I (2009-2015) e
directora do Instituto Interuniversitario de Desenvolvemento
Social e Paz da Universitat Jaume I e da Universidade de
Alacante (2015-2019). É investigadora da Cátedra UNESCO de
Filosofía para a Paz. Membro da Asociación Española de
Investigación para a Paz, AIPAZ e de WILPF-España, sección
española da liga Internacional de Mulleres para a Paz e a
Liberdade. Investiga e publica sobre Filosofía para a Paz,
Antropoloxía Filosófica, Estudos de Xénero, Educación para a
Paz e Epistemoloxías para a Paz.
ADEUS ÁS ARMAS
41
E que foi do pacifismo?
Nos últimos tempos o pacifismo parece estar a perder fol
entre a opinión pública. Aínda que non nos enganemos, como
corrente de oposición á guerra, o pacifismo, non foi unha corrente
hexemónica tampouco noutros momentos históricos. Como
advirte Bertha von Suttner en Abaixo as armas! en cada época os
poderes fácticos aseguráronse de manter vivos e glorificar os
valores vinculados á guerra -como a coraxe, o orgullo do soldado
ou o amor á patria-, todo iso co obxectivo principal de asegurar a
aceptación e beneplácito da poboación en caso de guerra. Como
se indica no subtítulo do libro do Centre Delàs de Estudos para a
Paz “Mentes militarizadas” «edúcannos para asumir a guerra e a
violencia».
Pero aínda que o pacifismo nunca foi hexemónico, o que
resulta incomprensible é que, nas sociedades actuais,
contemporáneas da democracia e os dereitos humanos, e cunha
poboación amplamente formada, non se cuestione con maior afán
a guerra. Varios factores parecen estar detrás deste feito. Por
unha banda, a militarización das mentes que segue tan forte hoxe
como o foi noutros tempos. Con novas linguaxes, pero coa
mesma mensaxe de fondo, os medios de comunicación, a clase
política e mesmo a industria do lecer, entre outros, van
estendendo a cultura da guerra, que non é outra que a cultura do
medo e a violencia. Todo iso á vez que se enarbora como
bandeira unha idea de seguridade terxiversada, construída contra
o outro, que como profecía autocumprida só fai que aumentar
máis a desconfianza, e con iso a inseguridade, entre os pobos.
Do mesmo xeito que o escotoma no ollo reduce o noso
campo visual, así a militarización das mentes impídenos ver
outras posibilidades, outras formas alternativas de relacionarnos
entre os seres humanos. E impídenos ver, sobre todo, que o
QUE FOI DO PACIFISMO?
42
investimento militar non é fonte de seguridade senón de
inseguridade. Como advertía Bertrand Russell o único efecto que
conseguen os estados «é aumentar o perigo contra o cal queren
protexerse».
En concreto o investimento militar é fonte de inseguridade en
tres sentidos. En primeiro lugar, porque o investimento militar
socava a confianza entre grupos humanos, xerando incerteza
sobre as intencións recíprocas e debilitando a capacidade de
resolución dialogada dos problemas. Os estados confían así
menos uns noutros e embárcanse nunha carreira armamentística
e unha cultura do medo con efectos devastadores para as
capacidades comunicativas, mediadoras ou de arbitraxe de
transformación dos conflitos.
En segundo lugar, porque o investimento militar implica que
os recursos que poderían ir destinados ao desenvolvemento
económico e social reséntense significativamente; cando,
paradoxalmente, aspectos como a sanidade, a educación ou os
servizos sociais, entre outros, son a fonte da auténtica seguridade
humana.
E finalmente, porque a violencia directa que supón o uso,
intencionado ou accidental, dese armamento é dunha crueldade
e un horror atroz, con consecuencias nefastas para o ser humano,
para o planeta e as xeracións futuras.
Sen dúbida, en pleno S.XXI, os seres humanos estamos
chamados a mostrar unha maior altura de miras. Doutra banda,
xunto coa militarización das mentes, o pacifismo tampouco atopa
moito arraigamento nunha sociedade distraída, que mira cara a
outra parte. E é que a cultura do medo e a violencia teñen un
efecto perverso no ser humano: a impotencia interiorizada, é dicir,
a sensación de que non podemos facer nada, que o cambio non
é posible. Xorde así unha especie de resignación que nos fai
apartar a mirada das cousas verdadeiramente importantes. Para
ADEUS ÁS ARMAS
43
Hathaway e Boff a impotencia interiorizada é a que impide hoxe a
auténtica transformación a nivel global, unha impotencia que as
estruturas e poderes actuais explotan e reforzan, e que se basea
sobre todo no medo. Así, a cultura do medo rouba á xente «o
poder de controlar o seu propio destino, inmobilízaa e inhibe a
acción transformadora». Chegamos a crer que esa visión do
mundo desde o medo é «realista»: polo que toda suxestión dunha
alternativa resúltanos utópica e impracticable.
Así, como sinalan Hathaway e Boff, «a impotencia
interiorizada serve para perpetuar os sistemas que explotan á
comunidade humana». A impotencia condúcenos á alienación, a
virar a mirada, e mantémonos en estado de parálise colectiva. A
sociedade de consumo e o noso estilo de vida contribúen
significativamente a ese escapismo que nos aliena da realidade e
distráenos do verdadeiramente importante. Como agudamente
advirte Federico Mayor «Quen queda que non estea atrapado en
baratixas e en urxencias?».
Así, a militarización das mentes e a impotencia interiorizada
parecen confabularse en detrimento do pacifismo como corrente
de oposición á guerra. Pero non todo está perdido, temos a
oportunidade, e a responsabilidade, de desaprender a guerra e
reconstruír as relacións humanas. Un importante aliado que non
podemos ningunear neste obxectivo é o feminismo. A cultura da
guerra e o patriarcado conforman unha amalgama, como xa
denunciou Betty Reardon na obra clásica Sexism and the War
System. O patriarcado, advirte Reardon, xira ao redor da idea de
dominación do ou a diferente, que se constrúe como inimigo. E é
que, como Gilligan e Snider sinalan, o patriarcado xustifica o
mantemento de xerarquías e o exercicio do poder sobre a
outredade.
Fronte a iso, podemos reconstruír unha concepción
relacional dos seres humanos, na que os suxeitos sexamos
conscientes das nosas vulnerabilidades e mutuas
QUE FOI DO PACIFISMO?
44
interdependencias e coidemos uns e unhas doutros e doutras, así
como da natureza. Trátase de afrontar e recoñecer a
vulnerabilidade non desde a dominación da outredade, senón
desde a construción de políticas do coidado e o recoñecemento
da interdependencia humana.
A política e a ética do coidado promoven un concepto de ser
humano preocupado polo benestar do outro, a outra e a natureza,
un ser humano participativo, comprometido e non adormentado.
En definitiva, unha cidadanía coidadora e pacifista. E é que, como
reza o Preámbulo da Declaración Internacional da Carta da Terra
«a elección é nosa: formar unha sociedade global para coidar a
terra e coidarnos uns a outros ou arriscarnos á destrución».
Temos por diante un importante obxectivo: desaprender a guerra
e reaprendernos como humanos.
Irene Comins Mingol
Fontes:
Calvo Rufanges, Jordi. 2016. Mentes militarizadas. Barcelona: Icaria
Gilligan, Carol e Naomi Snider. 2018. Why Does Patriarchy Persist?
Cambridge: Polity Press
Hathaway, May e Leonardo Boff. 2014. O Tao da Liberación. Madrid:
Trotta.
Mayor, Federico. 2011. Donde no habite el miedo. Málaga: Litoral.
Reardon, Betty. 1996. Sexism and the war system. Syracuse: Syracuse
University.
Russell, Bertrand. [1910] 2009. Ensayos filosóficos. Madrid: Alianza.
von Suttner, Bertha. [1889] 2014. Abajo las armas! Madrid: Cátedra.
ADEUS ÁS ARMAS
45
QUE FOI DO PACIFISMO?
46
Manuel Dios Diz
é Mestre, profesor xubilado, licenciado en Xeografía e Historia
pola USC. Foi o fundador e o Presidente do Seminario Galego
de Educación para a Paz, ate 2014. Tamén foi Director da
Fundación Cultura de Paz e Presidente de AIPAZ. En 2015 foi
elixido Concelleiro de Educación e Cidadanía en Santiago de
Compostela e tamén Deputado Provincial por Compostela
Aberta (2015-2019). Entre as súas publicacións salientamos:
“Cine para convivir (2001). Editorial Toxosoutos ou “La paz como
cultura” (2010), Editorial Milenio.
ADEUS ÁS ARMAS
47
E logo, que foi do pacifismo?
“La paz es mucho más que una toma de postura, es una
auténtica revolución, un modo de vivir, un modo de habitar el
planeta, un modo de ser persona”
Maria Zambrano
Quen interprete que o movemento pacifista existe só en
función da súa capacidade de mobilización puntual, diante da
guerra ou das guerras, dos conflitos armados concretos, dos máis
mediáticos ate os esquecidos e silenciados, probablemente
considere que o pacifismo está morto.
Certo que houbo grandes movementos de oposición e
mobilizacións diversas, de características e intensidades ben
distintas, diante das dúas guerras mundiais, Corea, Vietnam,
tamén en contra do despregue dos euromisís norteamericanos en
Europa nos 80, no referendo contra da OTAN en España,
respecto do conflito dos Balcáns ou contra das invasións de
Afganistán e Iraq, moi particularmente no ano 2003, unhas
mobilizacións que foron certamente globais.
Pero non foi igual en todos os casos, aló menos non coa
mesma intensidade ou extensión. Como non o é na actualidade
en relación con conflitos que seguen enquistados, esquecidos ou
ocultos para os grandes media como son Palestina, o Sáhara,
Kurdistán, Siria, Libia, Iemen... ou agora mesmo respecto da
inaceptable invasión rusa da Ucraína.
Os conflitos tampouco foron nin son iguais. A súa orixe,
características e desenvolvemento son moi distintos, como os
actores principais e os secundarios. As respostas mobilizadoras
do movemento pacifista tamén, entre outras razóns porque o
pacifismo non é unívoco, non responde militarmente a un Comité
QUE FOI DO PACIFISMO?
48
Central que o decide todo. Desde a súa orixe, da antigüidade até
hoxe, o pacifismo, o movemento pola paz en senso máis amplo,
revestiu e reviste formas e características ben distintas na súa
propia definición e variables como un movemento social vivo que
é. Sen embargo, na miña humilde opinión, o pacifismo hoxe está
máis presente en ámbitos novos e ben diversos, nas institucións,
nas declaracións internacionais, na Investigación e na Educación
para unha Cultura de Paz, na sociedade, na Academia, nas
escolas e no ensino, nas ONGs, nas relacións humanas e de
convivencia, na vida cotiá, no pensamento, ou no crecente
rexeitamento da violencia como forma de afrontar os conflitos
humanos en todas as súas formas, particularmente, a violencia de
xénero.
E claro que aínda hai monstros, demos, si, aqueles que
levamos dentro do noso propio corazón, os únicos que existen,
que dicía o Mahatma Gandhi, pero cada un de nós somos tamén
os anxos que levamos dentro como sostiña Steven Pinker, “Los
ángeles que llevamos dentro. El declive de la violencia y sus
implicaciones” (Paidós, 2012), con quen coincido plenamente.
O pacifismo, para sorte de todos e todas, está vivo, creo que
máis vivo que nunca, noutros espazos como dixen, aínda que falte
un pouco máis certamente, para que a abolición xurídica das
guerras sexa una realidade ou que os Dereitos Humanos sexan
efectivamente un código universal de obrigado cumprimento,
como a afastada liña do horizonte cara onde seguir camiñando,
con independencia dos momentos puntuais, mais ou menos
mobilizadores, sexa contra Reagan, contra Bush ou agora mesmo
contra Putin.
Certo que o militarismo e os orzamentos para a destrución e
para a morte (seguridade chámanlle algúns), armas pola paz din
outros, que bárbara contradición! avanzan na maioría dos estados
especialmente naqueles que son, curiosamente, os principais
ADEUS ÁS ARMAS
49
produtores ou exportadores de armamento e con dereito a veto
no Consello de Seguridade das Nacións Unidas.
Aumentan extraordinariamente os orzamentos militares,
medra tamén o belicismo, o uso da forza, as guerras interpostas,
agora chámanlle híbridas, en función de obxectivos e de intereses
que non teñen a paz no horizonte senón disputar a supremacía e
a hexemonía a escala planetaria e que fan, por exemplo, que
Antonio Guterres, Director Xeral de Nacións Unidas, clame no
deserto, con desesperación, que estamos a un tris, a un erro, un
malentendido, a un nada dunha guerra nuclear que, moi
probablemente, será a derradeira, a da aniquilación total.
Quizais por iso, aínda que só sexa por iso, o pacifismo, os e
as pacifistas son imprescindibles.
Ou é que estamos distraídos?
Manuel Dios Diz
QUE FOI DO PACIFISMO?
50
Jonan Fernández Erdozia
é o Secretario Xeral de Dereitos Humanos, Convivencia e
Cooperación do Goberno Vasco. Antes foi o Coordinador Xeral
de Elkarri e o fundador de Baketik. Entre os seus libros
destacaría “Ser humano en los conflictos. Una reflexión ética tras
una vivencia directa en el conflicto vasco” Alianza Editorial,
Madrid, 2006 e “Vivir y convivir. Cuatro aprendizajes básicos”.
Alianza Editorial, Madrid 2008.
ADEUS ÁS ARMAS
51
Buscar a resposta fóra das zonas de confort
Quizais, a última vez que o pacifismo deixou escoitar a súa
voz global con claridade foi en 2003, antes e durante o inicio da
invasión e guerra de Iraq. Dicir que, desde entón, a súa influencia
foise diluíndo é só unha constatación. O problemático é identificar
as causas dese debilitamento e proxectar cara o futuro, no seu
caso, claves para que esa voz teña algo útil que dicir e que,
ademais, iso que teña que dicir, poida ser escoitado.
En canto ás causas, e sen ningún ánimo de exhaustividade -
imposible por outra parte nun espazo tan reducido- apuntarei dous
factores que considero relevantes e que deben sumarse a outros
que, con seguridade, formularanse nesta publicación. Dous
factores que están vinculados: inadaptación e auto compracencia.
Primeiro, inadaptación. O pacifismo moderno, despregado
na segunda metade do século XX, pode caracterizarse, visto
desde hoxe, como un movemento social tradicional. Tradicional
nas súas formas de organizarse, comunicarse e mobilizarse. Este
pacifismo ten envellecido e non soubo, ou non puido,
rexuvenecerse.
Tal vez, poderiamos dicir que respondeu ben nun mundo
analóxico e que, sen embargo, perdeu pé nun contexto dixital.
Fíxose maior e non tivo a capacidade de anticiparse ou de
adaptarse aos extraordinarios cambios de paradigma que, nestas
primeiras décadas do S.XXI, experimentou o mundo no seu
conxunto e as sociedades de cada un dos seus respectivos
países.
En calquera caso, esta crise de adaptación ás novas
realidades non é algo exclusivo do pacifismo. Igualmente o
padeceron todo tipo de movementos sociais, organizacións
políticas ou sindicais e institucións relixiosas, agás tal vez o
QUE FOI DO PACIFISMO?
52
movemento feminista que, no S.XXI, vén dando mostras de
adaptación, resiliencia e puxanza.
Segundo, auto compracencia. Tendo a pensar que o
pacifismo medrou no S.XX convencido de ter construído un
discurso e unha proposta conceptualmente invulnerable. Dito
doutra maneira, indiscutible na súa coherencia e acerto. En
definitiva, unha resposta “perfecta”, sen contradicións e destinada
a medrar, estenderse e trunfar por percibirse a si mesma como
posuidora intrínseca da razón.
Esta maneira de auto analizarse non é san, conduce á
acomodación e resta capacidade de análise dos cambios que se
producen no escenario da realidade. Tal vez, mesmo, conduce a
converter algunhas ideas en tópicos sen efecto. Na evolución da
realidade todo resulta incerto, o único seguro é o cambio. Non hai
tese definitiva. Todo é dinámico e cambiante.
O último exemplo é a invasión da Ucraína. Cal ten que ser a
postura do pacifismo? Responder á invasión cunha forza
internacional coa cobertura das Nacións Unidas? Apoiar á
Ucraína con sancións a Rusia e co envío de armas para que se
defenda? Aplicar unicamente sancións? Propugnar unha solución
dialogada e negociada sen ningunha outra intervención?
Presionar á Ucraína para que ceda territorio a cambio de paz?
Ningunha destas posicións está libre de contradicións radicais e
profundas; pero aquí estamos falando do pacifismo.
Si a posición do pacifismo neste escenario é, e nalgúns
casos así se manifesta, defender unicamente as vías diplomáticas
ou a prevención, parece evidente que, na práctica, isto se traduce
nunha luz verde á continuidade da invasión e da guerra ou, no
mellor dos casos, a unha paz por territorios, acadada baixo
“negociación” coaccionada.
ADEUS ÁS ARMAS
53
As contradicións que provoca a invasión da Ucraína no
pacifismo son a proba de que nin se tiñan todas as respostas, nin
as que se tiñan eran tan redondas como se pensaban. Xa fose
pola inadaptación ou “envellecemento” constatados, ou xa sexa
pola eventual auto compracencia na que o pacifismo puidera
deixarse levar, parece convinte saír das zonas de confort e
atreverse a formular algunhas preguntas incómodas ou mesmo
disruptivas. Preguntas que permitan facer unha análise sen
prexuízos ou estereotipos ideolóxicos encofrados en formigón.
En canto ás claves do futuro, formulo abandonar calquera
auto compracencia e atreverse a buscar respostas novas para
preguntas difíciles, sabendo que non hai posicións 100% puras e
libres de contradicións. Suxiro, aló menos, dúas ou tres preguntas
incómodas e complexas. Reitero que están formuladas sen ánimo
de exhaustividade. Por suposto, o catálogo de interrogantes é
moito máis amplo. Esta reflexión non pretende abarcar o todo,
senón formular aportacións a algunhas partes do debate ao que
se nos convida.
Primeira cuestión de futuro. Non hai horizonte sen unha forte
consolidación do multilateralismo. Enfrontámonos á irrupción e
emerxencia de correntes poderosas que pretenden impoñer
localismos unilaterais violentos e expansivos, populismos de
extrema dereita ou discursos e políticas contrarias ás grandes
conquistas da humanidade en materia de igualdade, dereitos
humanos, migración, medio ambiente, legalidade internacional,
paz... neste contexto internacional, na miña opinión, o camiño
imperfecto, pero realista, é seguir avanzando no multilateralismo.
A primeira pregunta é como asociar máis e mellor o pacifismo co
multilateralismo e as súas institucións. Cal terá que ser a súa voz
crítica e construtiva neste marco.
Segunda cuestión de futuro. A seguridade non debe
antepoñerse á liberdade e aos dereitos humanos. Esta afirmación
clara e contundente non elimina a necesidade de ofrecer unha
QUE FOI DO PACIFISMO?
54
resposta á cuestión da seguridade. Respectando esta xerarquía
de valores entre liberdade e seguridade, é necesario que o
pacifismo, moito máis logo da invasión rusa, ofreza unha resposta
coherente á cuestión da seguridade desde os seus propios
principios, entre outras cousas, porque a sociedade necesita
coñecer esa proposta. A pregunta sobre como ten que actuar a
comunidade internacional diante de supostos do inicio unilateral
de invasións, guerras ou procesos bélicos dun país contra outro
(ou outros) necesita respostas.
Terceira cuestión de futuro. Como pode o pacifismo ser parte
dos mellores esforzos internacionais pola paz, a xustiza, a
igualdade e a sustentabilidade? Probablemente, vivimos tempos
de transversalidade e complementariedade. Ten sentido que os
diferentes movementos sociais do mundo sigan actuando cun
esquema de espazos estancos? Creo que convén reflexionar
sobre os ámbitos con maior capacidade transformadora que hoxe
están sobre o taboleiro do xogo mundial. Hai dous conceptos de
síntese con ese poderío: sustentabilidade e solidariedade. En
concreto, suxiro reflexionar sobre como xerar desde o pacifismo
dinámicas de transversalidade e complementariedade cos
Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Seguro que, na Axenda 2030, podemos atopar déficits e
contradicións (por outra parte, en que marco propositivo non se
atopan?); pero creo que hoxe este proceso é un espazo de
confluencia para impulsar as grandes transformacións que o
mundo necesita. Probablemente, un dos seus déficits é que o seu
“Obxectivo 16. Promover sociedades xustas, pacíficas e
inclusivas” resulta bastante incompleto e está necesitado de
reforzo. Considero que neste punto o pacifismo pode e debe facer
a súa contribución.
Sen esta matización final que agora farei, a lectura deste
texto podería inducir a pensar que o seu contido acocha un
balance negativo do pacifismo. Non é así. Todo o contrario.
ADEUS ÁS ARMAS
55
Manifesto con toda convicción que o pacifismo ten contribuído
decisivamente a facer un mundo mellor e a construír unha
conciencia social pola paz que ten evitado perigosas derivas cara
a destrución pola carreira do militarismo.
Algunhas das páxinas máis fermosas da historia teñen sido
escritas polos principais referentes deste movemento e os seus
seguidores. O pacifismo ten conseguido activar o mellor da
condición humana e promovelo. Ten sido un contrapeso
indispensable para alimentar a esperanza na humanidade e na
dignidade humana. Precisamente, porque foi así, e para que o
sega sendo, é necesaria unha reflexión autocrítica.
Jonan Fernandez Erdoiza
QUE FOI DO PACIFISMO?
56
Lourenzo Fernández Prieto
Lourenzo Fernández Prieto (A Devesa-Ribadeo, 1961)
Catedrático de Historia Contemporánea. Universidade de
Santiago de Compostela. Actualmente é director científico
comisario do CISPAC (Centro de Investigación Interuniversitario
das Paisaxes Atlánticas Culturais) das tres universidades
galegas. Vicepresidente da Sociedade de Estudios de Historia
Agraria (SEHA). Especializado na historia das sociedades rurais
e do cambio tecnolóxico agrario, investiga sobre a construción
da modernidade no mundo rural e o tempo da guerra civil e a
ditadura. Foi membro do consello de redacción de varias revistas
de investigación histórica, participou e organizou numerosos
congresos e coloquios da especialidade. Un dos seus últimos
libros o colectivo: (2021) 1936: un novo relato. Zaragoza. UPZ
ADEUS ÁS ARMAS
57
Ulo pacifismo?
Nos anos oitenta todos eramos pacifistas. Tamén
Gorbachov. En toda Europa occidental do Reino Unido a Alemaña
os pacifistas mobilizaban as vontades das mocidades. Despois da
reacción contra a guerra do Vietnam na década anterior,
estendeuse a loita contra as armas nucleares e os mísiles de
cruceiro. Foi unha época pero xa pasou. O pacifismo estaba de
moda.
No Estado español nese mesmo tempo estendeuse
capilarmente o movemento de obxección de conciencia.
Comezou con grupos moi concienciados vinculados aos cristiáns
de base e seguiu despois por grupos pacifistas de esquerda que
contaxiaron mesmo a aquelas esquerdas que aínda rosmaban
sobre o uso da violencia como instrumento dunha revolución na
que ninguén acreditaba mentres avanzaba a construción da
democracia. Pero en non ir á mili acreditábamos todos. E así,
primeiro na mocidade universitaria, foi estendéndose
capilarmente aquela práctica de pedir prórrogas, en vez de ir
voluntarios ou a milicias, para ao final facérmonos obxectores.
Despois, moi axiña estendeuse como a espuma. Lembro datos
aparentemente asombrosos a finais dos oitenta, cando a maior
porcentaxe de obxectores sobre homes en idade militar dábase
en Lugo e Ourense, pero tamén en Cuenca. Foi unha época na
que o pacifismo o dominou todo. Tanto ten se as razóns eras moi
ideolóxicas ou moi instrumentais, se ían acompañadas de valores
e discursos moi definidos ou non, ou eran accións desenfadadas
e aparentemente descomprometidas.
Dende 1981 abriuse a veda contra o exército español, o
intento de golpe e o seu fracaso abriron unha veda. A obxección
masiva foi como unha vinganza contra o exército. Unha vinganza
dos bisnetos dos que levaron as guerras de África, dos netos que
QUE FOI DO PACIFISMO?
58
levaron á guerra fascista, dos fillos dos que fixeron a mili á forza
na Ditadura. Non foi só unha reacción fronte ao exército
franquista, que tamén, foi moito máis. Por iso tamén foi o
movemento de obxección máis extenso e intenso do mundo.
Aínda hai moito que indagar, analizar e explicar sobre aquel
fenómeno.
O máis curioso é que todo aquel movemento acontecía á vez
que o terrorismo continuaba actuando e matando como un remol
da guerra, da resistencia, do antifranquismo e mesmo da
revolución e da loita anticolonial. Inercias do pasado que o
pacifismo tamén logrou combater silandeiramente como unha
crecente forza social que non está descrita no medio de tanta lei,
tanto pacto e tanta acción policial. Pero foron as mobilizacións
populares contra algúns asasinatos as que crebaron a pasividade
social e sinalaron o camiño da maioría contra o terrorismo.
Que foi de todo aquilo? Pasou o tempo, cambiaron as
xeracións, mudaron os xogos. A guerra converteuse nun xogo de
rol e de ordenador, a morte teledirixiuse e filmouse en dron. Todo
pasou a ser como unha broma.
Estamos noutro tempo. Rematou a guerra fría e sucedéronse
as guerras quentes. Multiplicáronse os inimigos e o pacifismo
perdeu peso. Deixou de estar de moda, deixou de ser un valor
partillado por toda unha xeración e visto con simpatía polas
demais. Afastadas as guerras, levadas as nosas á memoria,
eliminado o servizo militar, o antimilitarismo esvaeuse e o
pacifismo perdeu causa.
Aínda non sabemos canto o necesitamos. O que tampouco
non sabemos é como reconstruílo, reutilizalo e facelo útil no
mundo de hoxe, agora que tan necesario vai ser. A guerra de
Ucraína está aí, disposta a seguir. Non permite ser neutral. É o
que teñen as guerras que non nos afectan directamente tamén as
que nos afectan. Asombra o entusiasmo dos partidarios da
ADEUS ÁS ARMAS
59
invasión e tamén a ansia dalgúns partidarios da militarización
como única reacción. É difícil axeitar o pacifismo a este tempo.
Tan difícil como necesario.
Lourenzo Fernández Prieto
QUE FOI DO PACIFISMO?
60
Tica Font i Gregori
é investigadora do Centre Delàs de Estudis per la Pau. Foi
directora do Institut Català Internacional Per la Pau (2009-2018).
Ocupou a Vicepresidencia de Xustiza e Paz de Barcelona e a
Vicepresidencia de Xustiza e Paz España. Foi a presidenta da
Federación de ONG de Paz de Catalunya. É membro e
investigadora de AIPAZ (Asociación Española de Investigación
para a Paz) e é membro da sección española da liga
Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade (WILPF).
ADEUS ÁS ARMAS
61
Que foi e que é do pacifismo?
Hai poucos días nun encontro no que falabamos sobre a
guerra de Ucraína, as persoas que asistían eran maioritariamente
dunha certa idade, maiores, pouca presenza de mozas e tamén
formulaban este tipo de pregunta ou esta especie de queixa, non
vemos aos mozos nas manifestacións.
Unha primeira consideración que podemos facer é que cada
xeración ou grupo social estableceu unhas prioridades de acción-
reflexión- mobilización. A xente maior lidera mobilización en favor
das pensións dignas e manter a Sanidade Pública. Son xeracións
que a súa loita se centra nos servizos que usan e que lles son
esenciais. Os adolescentes e os mozos, que non están
preocupados pola pensión e que apenas están enfermos e non
son usuarios da sanidade, están mobilizados ao redor do cambio
climático, a ecoloxía, sistemas de vida sustentables, ser
vexetarianos/veganos, etc.
Hai outra xeración que sofre os problemas do acceso á
vivenda e organízanse e mobilízanse ao redor desta
problemática. Cabe mencionar as mobilizacións das mulleres,
que senten que hai unha corrente involucionista que quere facelas
retroceder un século nos seus dereitos, que volvan á casa coidar
aos fillos e á familia (no sentido mais reducionista). Iso ponnos de
manifesto que cada xeración ou grupo social sente que se ten que
mobilizar por temas que considera máis próximos ás súas vidas
ou problemas sociais que lles afectan e que condicionan o seu
futuro ou o futuro da humanidade e céntranse niso.
Hai bastante sociedade civil mobilizada, outra cousa é que
cada un de nós esteamos próximos ou afastados a estas
mobilizacións e a presión que sexan capaces de exercer sobre as
políticas gobernamentais.
QUE FOI DO PACIFISMO?
62
As persoas que fixeron da paz ou do pacifismo o seu eixo de
vida, mobilizáronse contra da invasión de Ucraína e mostraron o
rexeitamento á guerra como instrumento político. Outra cousa foi
a capacidade comunicativa dos gobernos occidentais na creación
de opinión pública a favor da guerra, de dar apoio ao goberno de
Ucraína, de xerar apoio ás políticas de Estados Unidos e da
OTAN, de mandar armamento ou de incrementar os orzamentos
de defensa.
Os conflitos armados dos últimos 30 anos foron percibidos
pola poboación como conflitos en que os “nosos” gobernos
occidentais, eran os agresores, os que invadían outro país. Nesta
ocasión os “nosos”, os gobernos occidentais, dabamos apoio
político, económico, armamento e formación militar ao bando
invadido. Iso provocou emocións de solidariedade cos invadidos,
cos que sofren a guerra. Situou a opinión pública favorable ás
posicións dos gobernos da Unión Europea e non se mobilizaron
ou manifestado contrarios á guerra. As emocións superaron e
primaron á racionalidade. Os gobernos comunicaron moi ben que
traballar pola paz tamén se pode facer a través da guerra, a UE
destinou os Fondos Europeos para a Paz a pagar as armas que
se manden a Ucraína. As persoas pacifistas, que entenden a paz
en sentido holístico, criticaron estas mensaxes, que non tiveron
eco nos medios de comunicación de masas, medios que pedían
ás organizacións pacifistas que esta vez desen apoio á guerra, ao
goberno de Ucraína. Non dar apoio á guerra ou criticala era
considerado como estar ao lado de Putin. Ante un xornalismo de
emocións, foi moi difícil situar debates racionais e notouse na
resposta da poboación, máis a favor da guerra que non en contra.
O pacifismo está e seguirá estando. Seguirá traballando polo
desarmamento, para que non haxa guerras e para que as persoas
podamos convivir coas nosas diferenzas.
Tica Font
ADEUS ÁS ARMAS
63
QUE FOI DO PACIFISMO?
64
Emilio Grandío Seoane
Nado na Coruña en 1967. Doutorado en 1995, é Profesor
Titular de Historia Contemporánea na USC dende o ano 2003.
Especializado na II República, Franquismo e a Transición,
coordinou diversos proxectos e redes de investigación sobre
historia política do século XX.
Autor de numerosas monografías e artigos en revistas
científicas. Membro numerario do Instituto de Estudos
Coruñeses Jose Cornide, foi redactor dos informes históricos
sobre o Pazo de Meirás da Deputación Provincial da Coruña
(2018) e do Parlamento de Galicia (2019), sobre a Casa Cornide
polo Concello da Coruña (2020), e Presidente do Comité de
Expertos pola recuperación das Estatuas do Mestre Mateo,
Xunta de Galicia-Concello de Santiago (dende 2021).
Na actualidade dirixe o Grupo de investigación HISPONA
(USC) e imparte na Facultade de Xeografía e Historia, xunto o
Profesor Miguel Cabo, a materia de Grao en Historia ‘Historia
dos Procesos de Globalización’.
ADEUS ÁS ARMAS
65
Onde quedou o pacifismo?
Responder a esta pregunta de xeito sinxelo non é doado.
Unha primeira resposta ‘á galega’: pero, de verdade pódese ser
pacifista ao xeito clasicamente asumido no mundo de hoxe en
día? Nunha realidade diaria chea de novas violentas que
funcionan como reiterativas vagas de información, repetitivas
para orixinar tensión, para xerar medo. Nun mundo cheo de
violencia en todas as nosas realidades cotiás: videoxogos,
comunicacións de impacto, produtos audiovisuais e literarios de
todo tipo… Si, esta realidade, a do verán do 2022, está cargada
de violencia dialéctica, visual, informativa… Pero dende o mes de
febreiro topamos de fronte xa coa ameaza directa. A invasión rusa
de Ucraína ten como obxectivo a imposición dun mundo de
valores que non acepta de bo grado o desenvolvemento das
bases convivenciais da democracia occidental. Un Estado, o ruso,
que finalmente, tras un proceso de décadas, considera os valores
europeos como unha agresión, non só o seu ‘status’ económico
ou social, senón sobre todo á súa identidade.
Este mundo do 2022 semella un bucle sucesivo de
‘presentes’. Esta crecente demanda social de respostas dende a
experiencia previa dos conflitos, dende o pasado, xurde en grao
de necesidade case como solución final tras o descrédito imposto
en décadas ás humanidades e á cultura en xeral. Finalmente
resulta que os expertos no pasado ofrecemos algo de claridade
de análise ante as matanzas, os saqueos, as violacións, a
impunidade… que semellaban ser desterrados. Como si unha
tormenta de destrución se achegara de xeito lento no horizonte
mirando ao leste, e ameazara á nosa Europa forzando cada vez
máis a defensa a ultranza do grao de benestar e convivencia
pacífica dos Estados. Se algo nos di a historia é que a paz non é
permanente nunca.
QUE FOI DO PACIFISMO?
66
Aínda dese permanente ‘bucle de presentes’, a realidade do
2022 non é un mundo que nos chegue de novo: dende a caída do
Muro a ruptura da contención nuclear, exemplificada na chamada
‘Guerra Fría’, provocou o incremento do poder das grandes
corporacións, fondos de inversión, da especulación financeira en
suma… Aínda que fóra do foco de tensión europeo, esa ‘Guerra’
non era nada ‘Fría’ fóra do privilexiado escenario occidental. Pero
o realmente decisivo destes derradeiros trinta anos, e que a nosa
percepción do mundo apoiase nunha non consciente na súa
totalidade ‘revolución’ dos tempos e espazos coa extensión dos
fluxos de comunicación. A ‘rede’ foi o grande salto dos últimos
trinta anos. Si. Digo, e reitero, trinta anos. Tres décadas de ilusión
dun ‘presente’ perpetuo, sacudido por un conflito de enorme
perigo, xa non para o futuro da sociedade, senón tamén para a
totalidade do que somos, a ameaza contra un planeta que comeza
a dar os seus primeiros síntomas de esgotamento pola
indiscriminada, rapaz, absurda e cínica explotación en clave de
‘presente’ da totalidade dos seus recursos. Tamén da explotación
do ser humano.
O que quero dicir con esta longa contextualización do tema
que encabeza esta aportación, e perdoade o exceso, é que a
banalización da violencia é un feito na nosa sociedade. Como
indicaba o xornalista Andrea Rizzi nun artigo de opinión recente
esta é ‘unha sociedade exhausta ante un futuro de guerra
absolutamente incerto’. Definición rotunda e directa. Non somos
os mesmos tras o que nos pasou por riba nos derradeiros quince
anos. Reitero. Quince anos de crise económica prolongada cun
reaxustamento do mercado global coas súas consecuencias, e
nos que se pasou a través dunha pandemia de case dous anos e,
para rematar, un conflito localizado que rematará, dun xeito ou
doutro, pero con consecuencias para todo o planeta. Hartazgo,
cansazo que provoca deixadez e comodidade no pensamento. O
lóxico é deixarse ir neste río de calamidades e cando observemos
o perigo tentar salvar a vida como se poida. Sen prevención. Sen
ADEUS ÁS ARMAS
67
estudo. Sen conciencia de nós. O contexto que temos provoca o
atrincheiramento nas propias posicións, ante a ausencia de
necesarias ferramentas de comunicación que posibiliten o debate
entre distintos. Non hai mais camiño para o encontro dos
diferentes que pensar en clave de futuro. E o futuro, hoxe en día,
non está. Nin se lle agarda. A construción da alternativa debería
estar xa en ‘think tank’ de perspectiva non reducida senón ampla,
precisamente para rematar con este agónico presente.
Para os nenos que estudamos a nosa secundaria e
Bacharelato entre os setenta e os oitenta aquel texto titulado
‘1984’ que lemos nas aulas dun británico chamado George Orwell,
e que nos retrataba unha sociedade caracterizada por unha
violencia interior e exterior de xeito permanente, era unha
magnífica obra literaria de ciencia ficción. O control social e do
pensamento, a consideración do presente perpetuo e a ausencia
de futuro, a seguridade do rabaño fronte a un exterior en bucle
perpetuo de conflitos, de medo… A Segunda Guerra Mundial,
datas nas que Orwell escribiu a obra, era algo ben pasado, e
distinto daquela nosa realidade que pensábamos aínda en clave
de futuro. Hoxe en día ao relelo de novo non se observa como
algo pretérito, case ficción, senón como unha descrición do
presente. Veño observando nas aulas esta evolución respecto
desta obra nos rapaces das miñas clases dende fai mais dunha
década. Creo que resulta ben indicativo de que nada é estático:
nin o mundo que te rodea, nin, por suposto, a sociedade na que
te atopas.
Se continuastes a lectura destas liñas ata aquí xa vedes que
ides ter que perdoarme unha segunda vez pola extensión. Porque
a resposta a pregunta do tema non creo que sexa sinxela. A súa
resolución creo que se atopa mais na consideración dun cambio
de paradigma global sobre todo o que nos rodea, mais que sobre
a análise concreta da evolución dos movementos sociais.
Precisamente nestes meses me acordaba moito daquelas
QUE FOI DO PACIFISMO?
68
chapas, pegatinas e outros obxectos dos setenta e oitenta que
entroncaban con aqueles movementos. Unha das mais socorridas
e difundidas naquela España que volvía á democracia con pasos
comedidos era o debuxo da pomba da paz de Picasso. Era un
símbolo maioritariamente asumido, sen moita controversia, e
cunha linguaxe positiva. Non se volveu repetir a utilización deste
símbolo dende esta perspectiva tan ampla dende fai décadas.
Outra evidencia no contraste entre aqueles anos e estes é o
movemento antinuclear. Aquela imaxe do sol impreso en todo tipo
de merchandising daqueles anos, era unha icona da loita contra
a extensión da enerxía nuclear. Só hai que ver o radical cambio
de actitude respecto deste tema dende a primavera deste ano
polas autoridades europeas ante o corte de subministro de gas
procedente de Rusia…
E volvamos á análise. Pensei moito en titular esta aportación
co título dunha canción daqueles anos: ‘¿Qué harías tú en un
ataque preventivo de la URSS?’. Naqueles principios dos oitenta,
Polanski y el Ardor coñecían da rotundidade da frase, pero a
provocación formaba parte do relato tradicional de boa parte da
música daqueles anos nos que semellaba que todo se podía
construír. Creatividade, imaxinación… Futuro. Mesmo algunha
pinga de tolemia para ser capaz de ponderar na súa xusta medida
as novidades.
Dos tres grandes pilares dos novos movementos sociais que
xorden dende a Segunda Guerra Mundial -pacifismo, ecoloxismo
e feminismo- semella que o pacifismo é o que menos
desenvolvemento ten. Calquera dos outros dous hai que ter en
conta que tiveron unha autonomía de actuación e unha evolución
interna que fixo que a día de hoxe practicamente non se lles poida
recoñecer. Podemos comparar as críticas os desfiles de beleza
dos sesenta do século pasado co movemento ‘Me Too’? Que dicir
entón do pensamento en defensa do planeta, hoxe absolutamente
recoñecido e estendido por todas as capas sociais, e que só lle
ADEUS ÁS ARMAS
69
falta ser quen de acometer duras e rotundas medidas
institucionais para frear o deterioro inexorable do ‘único’ mundo
que coñecemos? Os chamados ‘novos movementos sociais’
característicos do Estado do Benestar tiveron un relativo éxito
neste percorrido de case 75 anos. Sobre todo cumpriuse o
obxectivo de concienciación social e de cambio das mentalidades
como elemento basal do futuro. Eran accións que procuraban a
transversalidade social nuns anos nos que a estratificación social
reducíase en beneficio dunha maioritaria ‘clase media’. Pero as
bases do Estado de Benestar foron atacadas dende os setenta e
as fendas do mesmo vanse abrindo na estrutura.
En concreto o pacifismo creo que foi quen de irradiar un
sentimento colectivo de ‘Non á guerra’ moi estendido. Unha
difusión e interiorización dos dereitos humanos que entra en
contradición evidente, xa agora en conflito directo, coas posturas
autocráticas e de pensamento único. Mais como comentaba
inicialmente tamén, os tempos non o favorecen. Pouco a pouco,
como choiva fina, foise estendendo, banalizando, normalizando
as situación de violencia. Acordámonos das imaxes dos
bombardeos das noites de Bagdad e a súa retransmisión co lema
daquela información en directo que nos vendían: ‘Está pasando.
O estás vendo’? Recordaremos de xeito permanente as imaxes
na retina a primeira hora da mañá nos EE.UU ou na hora de xantar
na Europa Occidental do atentado das ‘Torres Xemelgas’? Que
dicir da lacra e aumento da ‘violencia de xénero’, vergoña social?
Ou dos ‘campamentos pseudo militares’ que se están a poñer de
moda en boa parte do mundo? Onde quedou co rearme dos
países que decidirán abandonar parcial ou totalmente a súa
política militar a ‘pacífica Europa’ que supera os enfrontamentos
da primeira metade do século XX?
O medo é a mensaxe. Precisamente nuns tempos onde
temos a maior cantidade de información que nunca. Unha
información sen tregua que non permite pararnos a pensar por si
QUE FOI DO PACIFISMO?
70
mesmos. Poden xurdir mesmo certas dúbidas do momento… Isto
que nos acontece á Europa Occidental é realmente unha guerra
ou non o é? Inflación, retroceso do crecemento, problemas coas
fontes de enerxía… Nada novo dos últimos 15 anos. Dramática
rutina. Mais o diferencial é sen dúbida o son dos canóns e dos
mísiles. Os mortos nas paradas de autobús. Os bloques de
edificios derruídos por armas masivas de destrución. Esas imaxes
que se observan a través de ferramentas que xa nos acostumaron
a non ser quen de distinguir, senón a deglutilas e non sacar
análise nin deducións. Flashes de impacto que veñen a ser
substituídas rapidamente por outras. E aínda que as percibamos,
onde difundimos o que pensamos? Nas mesmas redes, onde o
filtrado de autoridade non existe. Onde os debates das distintas
posturas? Hainas aínda? É todo unha impresión de realidade
virtual que fomente as teses conspiranoicas?
Fenómenos globais, nos que as reflexións exclusivamente
locais ou estatais non chegan para entender a magnitude da súa
forza. O ‘monstro’ do incremento das posicións de intolerancia por
todo o mundo é un virus silencioso de magnitudes absolutas. É
algo que non se percibe ata que chega. A cada un de nós. O
temos arredor xa.
O recordo das guerras mundiais, dende aquel enfoque do
desastre dun futuro en convivencia, estaba ben presente ós
inicios dos anos cincuenta do século pasado. De feito, os novos
movementos sociais, o pacifismo entre eles procuraban a
construción dunha nova realidade de respecto aos dereitos
humanos, entre os cales está loxicamente de xeito prioritario o
respecto á mesma existencia. O fenómeno da globalización
rematou coa idea dun mundo dividido en bloques xeopolíticos que
procuran equilibrios de poder. Creárase a ficción de que non
existían. Un mercado global autorregulado como solución
perpetua. O ‘fin da historia’. Pero a violencia, a guerra, sempre
volve. Os medios para rematar con ela teñen que ser
ADEUS ÁS ARMAS
71
necesariamente reconstruídos. A evolución do movemento
pacifista tamén é notable: do discurso de clase de finais do século
XIX ata o desenvolvemento de fórmulas transversais tras os
grandes conflitos armados e matanzas do século XX.
Estamos ante un tempo novo no que nos falta tempo, e máis
aínda, vontade para a reflexión sobre o presente, afastado desa
inmediatez que nos marca o contexto. Vivimos tempos crueis e
moi acelerados, características das grandes etapas de cambio da
humanidade. Tristemente, o único valor seguro ao que aferrarnos
é que o mañá está por descubrir. Como sabemos os historiadores,
sempre hai un futuro.
Emilio Grandío
QUE FOI DO PACIFISMO?
72
Rafael Grasa
é profesor de Relacións Internacionais da UAB, membro
do movemento pola paz desde os anos oitenta e primeiro
presidente do Instituto Catalán Internacional para a
Paz (2008-2016)
ADEUS ÁS ARMAS
73
A balea está e opera, aínda que estea mergullada, pero
non medra
Pídeseme unha reflexión sobre que sucede, neste escenario
belicista e de incremento do gasto militar xerado pola agresión
rusa a Ucraína e a posterior guerra ao usar Ucraína o seu dereito
de lexítima defensa. Concretamente, que diga a miña opinión
sobre “Onde está o pacifismo? Aí vai, directo e sen matices por
constricións de espazo.
Primeiro, o pacifismo está onde sempre estivo, porque non
debe confundirse co movemento pola paz. O pacifismo, de
natureza relixiosa nalgúns casos e sobre todo ética, oponse -de
maneira persoal e sen condenar a quen en caso de extrema
necesidade para a súa vida recorren a ela- a todo uso da violencia
e a toda guerra ou conflito armado, por ter a convicción de que o
uso da violencia para resolver disputas xera a medio e longo
prazo problemas, dificultades, a pesar de que a primeira vista
resolva o motivo da disputa. De aí o seu coñecido lema, “non hai
camiño para a paz, a paz é o camiño”. En suma, buscar a plena
coherencia entre fins e medios.
Iso explica que o pacifismo sexa o núcleo duro do
movemento pola paz, un dos seus impulsores, pero que sempre
foi, e siga sendo, minoritario. O seu lema, “non queremos matar e
ademais facelo acaba empeorando as cousas”. E aí estivo a
Internacional do Resistente á Guerra, denunciando a persecución
de obxectores en Rusia e Ucraína. O movemento pola paz,
emporiso, é un movemento interclasista e de axendas moi
amplas, que, ao redor da oposición a unhas armas (nucleares, por
exemplo), a unhas guerras concretas (Vietnam, intervención en
Iraq, 2003) ou a certas políticas belicistas, consegue
periodicamente xerar mobilizacións masivas, de millóns de
QUE FOI DO PACIFISMO?
74
persoas. E tamén vitorias, como a prohibición das minas
contrapersoa.
Segundo, o movemento pola paz, como escribín hai anos, é
unha balea: pasa máis tempo mergullado, sen que se lle vexa,
que emerxido. E só vemos o seu poder cando está emerxido. E
os ciclos de inmersión poden ser moi longos. Para emerxer
necesita ter obxectivos moi claros e facilmente comprensibles
para a cidadanía, e transversais a idearios e grupos sociais. Os
seus lemas articúlanse ao redor de “non queremos morrer” ou
“non queremos que se faga algo no noso nome”.
Terceiro, o movemento pola paz, como tantas persoas e
institucións, quedou desconcertado pola agresión e guerra
iniciada o 24 de febreiro do presente ano. Non soubo articular
grandes resistencias, crear unha lema articulador capaz de
concitar grandes mobilizacións. Expor as razóns resulta imposible
no curto espazo, pero insistirei nunha: os conflitos armados son
agora, e o serán cada vez máis, “suxos”, difíciles de captar con
lóxicas binarias, a favor e en contra, bos e malos.
Lembremos: aínda que con gran vantaxe por parte de Rusia,
Nacións Unidas e Estados Unidos, informaron de violacións de
ambos os lados do dereito humanitario e de guerra. E, por
exemplo, nin Rusia nin Ucraína asinaron e ratificaron o Estatuto
da Corte de Roma e non son membros do Tribunal Penal
Internacional.
Cuarto e final, a balea está, opera, pero non soubo emerxer
porque os seus nutrientes para medrar, engordar e mobilizar -o
seu plancto- non serven xa, non son os de antes, están entre
contaminados e esgotados. Hai que buscar novos nutrientes e
afinar nas análises e nas propostas de acción.
Rafael Grasa
ADEUS ÁS ARMAS
75
QUE FOI DO PACIFISMO?
76
Xóan Hermida González
é Historiador e analista e doutor en Xestión Pública.
Activista Social. Foi membro do Consello Confederal da
CXTG, fundador e director da ong Amarante Setem e membro
do Consello do Foro Social Galego. Secretario de Organización
de Esquerda de Galicia e coordinador do Grupo Mixto no
Parlamento de Galicia. Coordinou Espazo Ecosocialista.
Actualmente dirixe o Foro OBenComún.
Analista político. Colabora en diferentes medios. Mantén
unha colaboración habitual en InfoLibre. Foi socio fundador de
Atlántica de Comunicacións S.L. e membro do Consello de
redacción de Altermundo.
Con varios obras de autor e colectivas cabe destacar a
triloxía editada sobre a nova política en Galicia: [Re]construír a
esquerda nacional (OBenComún, 2013); Galicia no labirinto da
nova política (Galaxia, 2018) e A saída da encrucillada
(OBenComún, 2021).
ADEUS ÁS ARMAS
77
20 anos do nacemento da Cidadanía Global: Non a
Guerra!
“Por que ves a palla do ollo do teu irmán
e non a viga que levas no teu?” (Lucas 6,39-42)
No ano 2002, o presidente de USA, George W. Bush, acusou
a Iraq de formar parte do ‘eixo do mal’ xunto con Corea del Norte
e Irán, desencadeando a invasión deste país no 2003 baixo
pretexto de que contaba con gran cantidade de armas de
destrución masiva e de manter vínculos con Al Qaeda. A sospeita
para unha boa parte da poboación é que, detrás da escusa da
existencia de perigosísimas armas de destrución masiva en mans
do goberno de Sadam Hussein, agochábase unha gran mentira
para favorecer intereses económicos. Isto provocou unha
resposta social sen precedentes.
Esta mobilización foi favorecida por tres factores: a
proximidade da ‘inexplicable’ Guerra do Golfo; a posta en
cuestión do discurso oficial nas redes alternativas que, por
primeira vez, funcionaban de xeito global, xunto coa perda do
monopolio da información por parte das grandes axencias
occidentais debido ao xurdimento da cadea quatari Al Jazeera; e
o rexeitamento da Comunidade Internacional que obrigou a
EE.UU. a crear unha alianza de aliados que actuou á marxe das
Nacións Unidas.
A resolución 1441, aprobada na sesión do Consello da ONU
celebrada o 8 de novembro de 2002, requiría a Iraq a realización
das inspeccións ordenadas referidas á existencia de armas de
destrución masiva, dando un prazo de 30 días para que o goberno
iraquí elaborara unha declaración e posteriormente o Consello
volvería a reunirse para adoptar as medidas correspondentes. A
impaciencia do goberno de George W. Bush, así como o
convencemento de que a comunidade internacional non ía
referendar unha intervención, precipitou unha guerra que
QUE FOI DO PACIFISMO?
78
fracturou á comunidade internacional poñendo a países como
Rusia ou China, pero tamén a outros como Francia e Alemaña na
súa contra.
Na coalición que se conformou para impulsar a invasión,
denominada “Coalición da vontade”, formaban parte os gobernos
de Estados Unidos, Reino Unido, España, Portugal, Italia,
Polonia, Dinamarca, Australia e Hungría. España non participou
con tropas nas accións directas pero fixo algo máis grave desde
o punto simbólico: apadriñar xunto con Reino Unido e EE.UU. a
declaración de guerra no coñecido como Cumio das Azores (Tony
Blair, José María Aznar e George W.Bush, 16 de marzo de 2003).
Entre o 15 de febreiro 2003, data na que se convoca a
primeira mobilización global contra a guerra por parte dunha
alianza de ONGs e movementos sociais, ata o 20 de marzo de
2003, no que se produce o inicio da intervención militar, en
practicamente todas as capitais do planeta mobilízanse millóns de
persoas no que se entende como a primeira mobilización global
da historia. A existencia de vías alternativas de información e
coordinación por internet e as redes construídas polos novos
movementos sociais foron determinantes no apoio masivo ás
mobilizacións e no seu carácter global. O 15 de febreiro de 2003
o berro de ¡No a la Guerra! congregou en Madrid a dous millóns
de persoas, na maior manifestación pola paz celebraba en
España desde a do 23 de febreiro de 1986, semanas previas ao
referendo de ingreso na OTAN, contra a entrada de España na
organización atlántica e que congregou preto de 1.000.000 de
persoas.
40 anos nos separan do ingreso de España na OTAN (1982)
e 20 anos das mobilizacións contra a guerra de Iraq.
Nestas catro décadas ten mudado todo, e máis. As primeiras
grandes mobilizacións pola Paz en España tiñan como marco a
Guerra Fría e a carreira de armamentos entre os dous bloques.
As segundas tiñan como contexto o pretexto da guerra contra o
terrorismo islámico e a reorientación global dos perigos.
ADEUS ÁS ARMAS
79
Ben é certo que os novos movementos sociais –
fundamentalmente o feminismo de nova xeración, o ecoloxismo e
o pacifismo – non teñen a estrutura organizativa do
movementismo clásico, responde a novas realidades
organizativas e a unha sociedade máis liquida, pero quizais o
pacifismo é dos tres o que se comporta como o máis volátil e
dependente das axendas mediáticas.
Sendo isto así, que o pacifismo é un movemento fráxil no
senso de capacidade de implantación local, a realidade é que a
contenda pola Paz é a que concita máis simpatías, a que ten unha
transversalidade maior, e a que no seu momento inaugurou o
nacemento da cidadanía global.
Entón se isto é así, cabe preguntarse porque hoxe que
vivimos unha guerra de transcendencia global como a propiciada
pola invasión de Rusia a Ucraína parece que está ausente e non
ten os niveis de resposta doutros momentos.
Seguramente existen factores de contexto político, que hai
que sinalar, pero por suposto tamén corresponde ao movemento
pacifista facer unha reflexión sobre as mudanzas que teñen tido
lugar nestas últimas catro décadas.
Por outro lado, non conviría enganarse. Que non haxa unha
presencia nas rúas (en forma de manifestacións) do pacifismo non
quere dicir que non exista un rexeitamento amplo da guerra de
Ucraína (ata 92% segundo diversos sondaxes) ou que nos países
de Europa non se teña claro que o responsable da mesma é Rusia
(arredor dun 86% de media na poboación da UE).
Entón, que esta a pasar?, atendendo á pregunta que nos
concita neste libro.
Hai acontecementos que son catalizadores simbólicos de
novos tempos. O mudan todo e esixen das activistas, neste caso
pola Paz, intelixencia para re-situarse e actualizar o seu ideario.
QUE FOI DO PACIFISMO?
80
A caída do Muro de Berlín (1989) abriu un período de
optimismo global. Caia o último dos grandes totalitarismos que
tiveran presenza no século XX e a partir de aí realidades como a
OTAN empezaron a ser observadas de xeito diferente pola
poboación.
Outro acontecemento importante foi a Guerra de Iraq (2003).
A cidadanía por vez primeira se organizaba a un mesmo tempo a
nivel global. Os principais gobernos Neocon asumían como
inimigo fundamental o islamismo e non tiñan problema en
colaborar con antigos inimigos como Rusia, mesmo a costa de
deixarlles xogar un papel de matón rexional, reiniciar unha
mensaxe radical de odio aos principios democráticos e mesmo,
como foi o caso de Europa, xerar dependencias enerxéticas que
co tempo se teñen observado perigosas.
A guerra de Ucraína (2022) tense amosado outro deses
grandes acontecementos conectores. Mudou a perspectiva que
tiñamos do mundo, (re) situou a contradición principal entre
democracia e totalitarismo, sacou á luz o ensimesmamento
europeo dos últimos anos e debilitou un populismo, que
indistintamente de esquerda e dereita, non dubidou en aliñarse co
invasor.
A historia vai ter un antes e un despois da Guerra de Ucraína
case converténdose no último capítulo, aprazado, da Guerra Fría.
Os movementos sociais e as forzas progresistas que non o fixeron
coa caída do Muro de Berlín van ter que repensar toda a súa
pirámide de valores se queren sobrevivir na nova realidade.
Xa non chega cun anti-americanismo primario e infantil que
concentra na OTAN todos os males do planeta.
A OTAN, unha alianza que ata o inicio da Guerra de Ucraína
tiña unha crise existencial, tense reactivado e ten adquirido novos
apoios impensables ata o momento.
Solicitudes de ingreso de países de clara traxectoria
democrática e neutral como Suecia e Finlandia ou o apoio de
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas
Adeus as armas

More Related Content

More from Antonio Gregorio Montes

Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdfPresentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdfTemperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023Antonio Gregorio Montes
 
programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023
programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023
programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023Antonio Gregorio Montes
 
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdfPresentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAmando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAntonio Gregorio Montes
 
A Temperie ribadense no 2020... e un complemento
A Temperie ribadense no 2020... e un complementoA Temperie ribadense no 2020... e un complemento
A Temperie ribadense no 2020... e un complementoAntonio Gregorio Montes
 
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / dípticoAntroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / dípticoAntonio Gregorio Montes
 
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en RibadeoFalando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en RibadeoAntonio Gregorio Montes
 
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdfAs vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdfAntonio Gregorio Montes
 
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdfJosé María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdfAntonio Gregorio Montes
 
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...Antonio Gregorio Montes
 

More from Antonio Gregorio Montes (20)

Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdfPresentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
 
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdfTemperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
 
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
 
programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023
programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023
programa do PP para as eleccións municipais en Ribadeo 2023
 
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdfPresentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
 
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAmando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
 
A Temperie ribadense no 2020... e un complemento
A Temperie ribadense no 2020... e un complementoA Temperie ribadense no 2020... e un complemento
A Temperie ribadense no 2020... e un complemento
 
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / dípticoAntroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
 
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en RibadeoFalando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
 
Presentación de Lucía Ferro.pdf
Presentación de Lucía Ferro.pdfPresentación de Lucía Ferro.pdf
Presentación de Lucía Ferro.pdf
 
Programa Ribadeo Indiano 2023.pdf
Programa Ribadeo Indiano 2023.pdfPrograma Ribadeo Indiano 2023.pdf
Programa Ribadeo Indiano 2023.pdf
 
Discurso_investidura_Daniel_Vega.pdf
Discurso_investidura_Daniel_Vega.pdfDiscurso_investidura_Daniel_Vega.pdf
Discurso_investidura_Daniel_Vega.pdf
 
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdfAs vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
 
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdfJosé María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
 
Programa PP Ribadeo2023.pdf
Programa PP Ribadeo2023.pdfPrograma PP Ribadeo2023.pdf
Programa PP Ribadeo2023.pdf
 
PG.pdf
PG.pdfPG.pdf
PG.pdf
 
PROGRAMA PSOE RIBADEO.pdf
PROGRAMA PSOE RIBADEO.pdfPROGRAMA PSOE RIBADEO.pdf
PROGRAMA PSOE RIBADEO.pdf
 
programa bng ribadeo 2023.pdf
programa bng ribadeo 2023.pdfprograma bng ribadeo 2023.pdf
programa bng ribadeo 2023.pdf
 
Programa PP Ribadeo2023.pdf
Programa PP Ribadeo2023.pdfPrograma PP Ribadeo2023.pdf
Programa PP Ribadeo2023.pdf
 
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
 

Adeus as armas

  • 1. ADEUS ÁS ARMAS Que foi do pacifismo?
  • 2. QUE FOI DO PACIFISMO? 2 Primeira Edición: novembro 2022 ISBN: 978-84-09-46493-7 Depósito Legal: C 1946‑2022 Impreso en Compostela por Tórculo Edición: Xoán Hermida e Patricia de la Fuente Coordinación: Manuel Dios Autores/as Prólogo_Federico Mayor Zaragoza Jordi Armadans Manuel Barbeitos Ana Barrero José Antonio Binaburu Irene Comins Manuel Dios Diz Jonan Fernández Lourenzo Fernández Prieto Tica Font Emilio Grandío Rafael Grasa Xoán Hermida González Joám Lópes Facal Carmen Magallón Karen Marón Manuela Mesa María Oianguren Pere Ortega José Manuel Pureza Guillermo Solarte ADEUS ÁS ARMAS: QUE FOI DO PACIFISMO? encóntrase baixo unha Licenza Creative Commons: Recoñecemento-SenObraDerivada (by- nd): http://creativecommons.org/licenses/by-nd/3.0/deed.gl
  • 3. ADEUS ÁS ARMAS 3 VARIOS AUTORES Prólogo_Federico Mayor Zaragoza Jordi Armadans_Manuel Barbeitos_Ana Barrero_José Antonio Binaburu_Irene Comins_Manuel Dios Diz (Coord.)_Jonan Fernández_Lourenzo Fernández Prieto_Tica Font_Emilio Grandío_Rafael Grasa_Xoán Hermida_Joám Lópes Facal_Carmen Magallón_Karen Marón_Manuela Mesa_María Oianguren_Pere Ortega_José Manuel Pureza_Guillermo Solarte ADEUS ÁS ARMAS Que foi do pacifismo?
  • 4. QUE FOI DO PACIFISMO? 4
  • 6. QUE FOI DO PACIFISMO? 6
  • 7. ADEUS ÁS ARMAS 7 INDICE.- A modo de presentación_Manuel Dios_11 Prólogo_Federico Mayor Zaragoza_13 O pacifismo sempre estivo aí_Jordi Armadans_23 Corren malos tempos para o pacifismo_Manuel Barbeitos_27 Que foi do pacifismo?_Ana Barrero_31 O pacifismo na escola_José Antonio Binaburu_35 E que foi do pacifismo?_Irene Comins_41 E logo, que foi do pacifismo?_Manuel Dios Diz (Coord.)_47 Buscar a resposta fóra das zonas de confort_Jonan Fernández_51 Ulo pacifismo?_Lourenzo Fernández Prieto_57 Que foi e que é do pacifismo?_Tica Font_61 Onde quedou o pacifismo_Emilio Grandío_65 A balea está e opera, aínda que estea mergullada, pero non medra_Rafael Grasa_73 20 anos do nacemento da cidadanía global: Non a Guerra!_Xoán Hermida_77
  • 8. QUE FOI DO PACIFISMO? 8 O pacifismo desafiado_Joám Lópes Facal_85 Facer posible o necesario: o pacifismo_Carmen Magallón_91 Que foi do pacifismo na era da pos-verdade_Karen Marón_97 Que foi do pacifismo?_Manuela Mesa_107 Que foi do pacifismo?_María Oianguren_113 Os camiños para facer as paces_Pere Ortega_117 Quatro desafios para o movimento pacifista no nosso tempo_José Manuel Pureza_121 Pacifistas sen fronteiras_Guillermo Solarte_125
  • 10. QUE FOI DO PACIFISMO? 10
  • 11. ADEUS ÁS ARMAS 11 A modo de presentación Hai un tempo, antes do verán, chamoume o amigo Xulio Ríos para pedirme un artigo ou unha conversa co profesor Mayor Zaragoza, presidente da Fundación Cultura de Paz, para un número da revista Tempos Novos, o 304. Quería unha reflexión que dera resposta, si fose posible, a unha pregunta simple, tan actual como pertinente: Que foi do pacifismo?. Levaba eu semanas cavilando sobre algo parecido, non tanto un artigo, ou unhas conversas, senón un libro colectivo, con persoas coas que coincidín durante os anos nos que tiven a honra de presidir a Asociación Española de Educación e de Investigación para a Paz (AIPAZ) que agora dirixe a amiga Ana Barrero, compañeira tamén durante varios anos na Fundación Cultura de Paz. Certamente, responder á citada pregunta, non é fácil, nin tan sequera para persoas que teñen dedicado a súa vida ao pacifismo ou ao movemento pola paz, aquí, no Estado ou no ámbito internacional. Na súa gran maioría son voces que escoitamos con dificultade, que non gozan de altofalantes mediáticos recoñecidos, móvense moito mellor no mundo académico ou nas súas respectivas organizacións concretas, publican, é verdade, están nas redes sociais, pero con algunha excepción moi meritoria, as súas miradas son bastante descoñecidas para o gran público, cando non incómodas para os poderes establecidos, sen necesidade de entrar en maior concreción. Púxenme en contacto con elas e debo recoñecer que a súa resposta, amplísima maioría, foi inmediata e positiva, con algunha queixa, certamente razoable, polo pouco tempo para entregar as reflexións. Non están todas as opinións demandadas pero si a gran maioría. Todas elas teñen, desde a miña perspectiva, enorme interese. Son, como dixen, miradas incómodas en tempos nos que manifestar publicamente discrepancia, optar pola paz e o entendemento, polo diálogo e a solución pacífica dos conflitos, non está precisamente de moda ou o que é moito peor, significa
  • 12. QUE FOI DO PACIFISMO? 12 convivir co sambenito ás costas de “cómplice” ou mesmo de “traidor”. Nada novo por outra parte. Sucedeu así noutras épocas e máis no fragor das batallas, cando traballan a tope as caldeiras poderosas (e moi interesadas) de produción de odio e onde a chamémoslle “internacional da bondade” parece achicarse diante do belicismo e da confrontación violenta. Non quero -nin debo- adiantar o contido das reflexións que veñen a continuación. Tan só agradecer a colaboración e o cariño mostrado polos amigos e amigas que, en tempos de tribulación, decidiron non calar e dar respostas, as posibles, a unha pregunta tan necesaria: Que foi do pacifismo? Ao profesor Mayor Zaragoza, en primeiro lugar, téñolle que agradecer a súa colaboración, sempre disposto, sempre xeneroso, sempre lúcido, desde a privilexiada atalaia da súa experiencia nacional e internacional, quen accedeu, sen pedir nada a cambio, a escribir un magnífico Prólogo para abrir boca a esta ampla e poliédrica reflexión colectiva. E por estrito orde de chegada das colaboracións, agradezo a Jonan Fernández, Jordi Armadans, José Antonio Binaburu, Emilio Grandío, Pere Ortega, Guillermo Solarte, Tica Font, Carmen Magallón, Rafael Grasa, Karen Marón, Manoel Barbeitos, Manuela Mesa, Irene Comíns, María Oianguren, Joám Lópes Facal, Lourenzo Fernández Prieto, José Manuel Pureza, Xoán Hermida e Ana Barrero a todas e todos eles o meu máis profundo agradecemento, en nome propio e, por suposto, no do Foro OBenComún. Moitas grazas. Manuel Dios Diz
  • 13. ADEUS ÁS ARMAS 13 Prólogo En verdade queremos a paz que desexamos? Salam, shalom...e, de seguido, a intransixencia, o enfrontamento, a confrontación. “Se queres a paz, prepara a guerra” foi o adagio perverso que, para beneficio dos produtores de armamento, utilizou desde a orixe dos tempos o poder, que dispoñía como un suposto incuestionable, das vidas dos seus vasalos. E así ate estes turbulentos -pero esperanzadores- albores de século e de milenio, porque gañamos en conciencia global e en coñecemento profundo da realidade; porque a moderna tecnoloxía da comunicación permite a participación non presencial, o que fortalecerá a autenticidade democrática; e porque, moi relevante, a muller ampliará -en poucos anos- a magra porcentaxe de influencia que aínda ten hoxe en día a escala mundial na toma de decisións. E a conclusión, moi favorable, destes novos feitos e oportunidades será que a Humanidade tomará nas súas mans as rendas do seu destino e fará posible, por fin, o cumprimento do clarividente inicio da Carta das Nacións Unidas: “Nosoutros os pobos...”. Educada para o exercicio da forza, acostumada a acatar a lei do máis poderoso, máis adestrada no uso do músculo que da mente, a humanidade veuse arrastrada ás máis sanguentas confrontacións. No lugar da fraternidade, inimizade. O próximo, próximo ou distante, non aparece como irmán con quen compartirmos un destino común, senón como adversario, como o inimigo ao que debemos aniquilar. E así, a historia convértese nunha cadea interminable de enfrontamentos, ataques e represalias, de vencedores e vencidos, rancores e animadversión, de violencia física e espiritual. O gran mandamento, o amor, aprázase e postérgase unha e outra vez. En todos os saúdas invocamos a paz: “A paz
  • 14. QUE FOI DO PACIFISMO? 14 sexa contigo”, “shalom”, “salam”...pero, acto seguido, prevalece a espada sobre a palabra, a man alzada sobre a man tendida. Hai, por fortuna, unha historia paralela invisible cos chanzos forxados día a día polo desprendemento, a xenerosidade, a creatividade, que son distintivas da especie humana. É unha densa urdime, incomparable, intransitoria, porque está feita coas vidas, ás veces fugaces, dos seres humanos, únicos, irrepetibles, dotados dunha misteriosa desmesura: a facultade de crear, de imaxinar, de saber, de prever. Cada criatura humana, a nosa esperanza. Se queres a paz, axuda a construíla cada día. A paz como comportamento cotiá. Favorecer a transición desde unha cultura da forza e da imposición a unha cultura do diálogo, entendemento, e paz. “Non hai camiños para a paz; a paz é o camiño” lembrounos o Mahatma Gandhi. Un camiño guiado por principios e valores. Pola xustiza en primeiro lugar. A paz é, á súa vez, condición e resultado, semente e froito. É necesario identificar as causas dos conflitos para poder previlos. Evitar é a maior vitoria. Por iso, é indispensable dispoñer dunhas Nacións Unidas que, cos axeitados recursos humanos e materiais, poida levar a cabo a misión que se lle encomendou en San Francisco en 1945: “Nosoutros os pobos, temos decidido evitar aos nosos descendentes o horror da guerra”. Coñecer para prever, prever para previr. Fronte das insoportables asimetrías económicas e sociais, á pobreza e á exclusión, á inxustiza e á humillación, son imprescindibles a solidariedade e a dedicación dos cidadáns do mundo, que hoxe, máis que nunca no pasado, necesita que participen activamente na busca e invención dos novos rumbos que son tan apremiantes nestes sombríos albores do século XXI. Escuros horizontes porque se pretende substituír a todos os pobos por uns cantos, o pluralismo pola hexemonía, aplicando os
  • 15. ADEUS ÁS ARMAS 15 máis espectaculares avances do progreso en favor da dominación e da calidade de vida dun só barrio da aldea global, no que habita – ricos en medios materiais e en saberes, pero non en sabedoría- tan só o 17% dos poboadores da terra. O mellor antídoto, a educación. A educación que libera, que confire esta “soberanía persoal” que permite a cada persoa dirixir con sentido a súa propia vida, que elabora as súas propias respostas e non actúa ó ditado do inmenso poder mediático que hoxe uniformiza e gregariza tantas conductas. Educación para non gardar silencio, para esixir unha gobernanza guiada por valores universais e non polas veleidades do mercado. Que ninguén espere a paz se non axuda a corrixir as causas da guerra, se non contribúe, as mans e as voces unidas, a proclamar a radical igualdade e dignidade de tódolos seres humanos, segundo establece o artigo 1º da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. En 1942, o Ministro de Educación inglés, R. Butler pensa, cando as bombas están a caer sobre Londres, que só a educación poderá no sucesivo evitar a barbarie, as prácticas máis abominables de exterminio que a guerra leva consigo. Será necesario “construír na mente dos homes os baluartes da paz”. Rematada a guerra, en 1945, nace en Londres, con esa misión, a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO. Paz baseada “na ampla difusión da cultura e da educación da humanidade para a xustiza, a liberdade... e na solidariedade intelectual e moral”. Paz baseada na “libre circulación das ideas pola palabra e a imaxe”. Convivencia global só alcanzada se vivimos “guiados por principios democráticos” como establece o preámbulo da Acta Constitutiva da UNESCO. Agora, cando resulta urxente aplicar o deber de memoria e a memoria do deber para cumprir, antes de que sexa demasiado tarde, as nosas responsabilidades interxeracionais, o primeiro paso para substituír a gobernanza plutocrática supremacista por
  • 16. QUE FOI DO PACIFISMO? 16 un multilateralismo dilixente, é preciso adoptar unha Declaración Universal da Democracia que constituiría, a todos os niveis e ámbitos, o principio da nova era. “Quen senón todos...?, reza o verso do xenial Miquel Martí i Pol. Todos podemos “evitar” o horror da guerra. Non se trata de “manter a paz” logo do conflito senón de prever a guerra, construíndo cada un, co seu comportamento cotiá, a paz: paz con un mesmo, na familia, no pobo, no país... na terra. Paz preventiva! Seguridade da paz e non a paz da seguridade, non a paz da imposición, do predominio, da forza. É preciso inventar o futuro, único legado valioso aos nosos descendentes. O futuro, única responsabilidade, único compromiso. O pasado xa pasou. Pode inspirar moitos pasos cara adiante, pero xa non pode escribirse. Xa está escrito. Pero o futuro, si, porque pertence “ás xeracións vindeiras”... Que as xeracións que chegan a un paso de nós non nos acusen de silencio cando tan perentoria era a nosa voz. En pé de paz, infatigables na resistencia, a favor da democracia auténtica. Que nunca poidan dicirnos: “Esperabamos a vosa voz... e non chegou”. Delito de silencio. En 1986, co remate da Guerra Fría, derrúbase -como o Muro de Berlín- un réxime que, baseado na igualdade, esqueceuse da liberdade. E acentúase a zozobra do réxime alternativo que, baseado na liberdade esqueceuse da igualdade. E ambos da fraternidade. E así, cando se esperaban os dividendos da paz, cando se confiaba en que, como sucedera logo das “guerras quentes”, a mirada do liderado mundial abarcaría a terra enteira, sucedeu todo o contrario. “Nosoutros os pobos...” substitúese por “Nosoutros, os máis poderosos”... e o proxecto de democracia a escala mundial tornouse nunha plutocracia primeiro, representada polo G7, G8, G20. Os valores e principios propios das ideoloxías e dos ideais que guiaban á
  • 17. ADEUS ÁS ARMAS 17 humanidade transformáronse -nunha abdicación histórica de responsabilidades políticas- nun réxime dirixido en exclusiva polas leis do mercado... Foi no mes de Outubro de 1986 cando o novo e insólito Presidente da Unión Soviética, Mikhail Gorvachev, indicou ao presidente norteamericano Ronald Reagan en Reikiavik que a Unión Soviética se transformaría nunha “Comunidade de Estados Independentes” e que o Muro de Berlín se derrubaría como símbolo da “Guerra Fría” e no inicio dunha nova etapa moi prometedora na gobernanza mundial. Proponlle, con gran insistencia a Ronald Reagan, a total eliminación das oxivas nucleares “auténtica espada de Damocles para a humanidade no seu conxunto”. Por desgraza, a cúpula militar dos Estados Unidos impúxose -unha vez máis- ás decisións que puidera adoptar o Presidente norteamericano, cumpríndose así o preclaro pronunciamento do Presidente Einsenhower na transferencia de poder ao Presidente Kennedy en 1961: ”Só existe no mundo un poder superior ao seu, Sr. Presidente, o do complexo militar industrial”. As Nacións Unidas seguiron pois, lamentablemente, inhabilitadas na toma de decisións polo veto dos cinco vencedores da IIGM... e o Presidente Reagan iniciou co G6 a gobernanza plutocrática que chega ate os nosos días. A este respecto, para dar aínda maior urxencia aos cambios que agora se requiren, é preciso que a Unión Europea abandone o condicionamento da unanimidade para a toma de decisións, o que equivale ao poder de veto dos 27 membros da Unión. Co nomeamento do Presidente Donald Trump despois da gran pausa de serenidade e confianza do Presidente Barack Obama, que subscribiu os Acordos de París sobre o Cambio Climático e a Resolución da Asemblea Xeral das Nacións Unidas sobre a Axenda 2030 e os ODS “para transformar o mundo”, tiveron lugar, o mesmo día da súa designación, unhas decisións -
  • 18. QUE FOI DO PACIFISMO? 18 non se poñerían en práctica os Acordos sobre o Cambio Climático nin a Axenda 2030- que terían que conmocionar ao mundo no seu conxunto e producir unha reacción, pensando nas xeracións vindeiras, de unánime rexeitamento. E gardouse silencio. Silencio da Unión Europea. Silencio dos países que integran as diversas alianzas rexionais. A humanidade en mans de líderes incapaces e do Gran Dominio: financeiro, militar, enerxético, mediático, dixital... Quedou moi claro e isto é o que agora temos que salientar, que só un multilateralismo democrático pode aportar, coa consistencia necesaria, un novo concepto de seguridade. A solución, érao en 1945, éo hoxe, consiste en “Nosoutros os pobos...” Chegou o momento dos pobos, das organizacións non gobernamentais, da sociedade civil, do clamor xeral, pacífico pero firme. Chegou o momento de restablecer os principios universais, de dar a palabra, aos parlamentos, o poder que lles corresponde como depositarios da voz da cidadanía. O século XXI pode devir, así, por fin, no século da xente, da democracia xenuína. Cantos acontecementos nocivos poderían evitarse si se falara a tempo! Advertiuno Martin Luther King: “As nosas vidas empezan a extinguirse o día que gardamos silencio sobre as cousas que realmente importan”. No pasado español, Quevedo- “No he de callar por más que con el dedo...” e Garcilaso de la Vega- “Yo que tanto callar ya no podía”... expresaron o deber de falar. Na miña experiencia, comenteino en moitas ocasións, existe un silencio peor que o dos silenciados, dos que non falan porque non queren ou non saben: é o silencio dos silenciosos, dos que calan podendo e debendo falar. E así a “a voz que poido ser remedio, non foi nada”. Hoxe máis que nunca resulta imperativo retomar as rendas da gobernanza mundial e que o mercado estea sometido a uns principios éticos universais. Está clara a necesidade de volver, como en 1945, a un sistema multilateral guiado por uns
  • 19. ADEUS ÁS ARMAS 19 valores éticos universais, pero sen vetos, que eviten a presente impunidade das transgresións a escala supranacional e que – coa maior responsabilidade que corresponde aos máis poderosos- regulamente a gobernanza mundial. Gusto de repetir que o risco sen coñecemento é perigoso, pero o coñecemento sen risco é inútil. É imprescindible pasar da palabra á acción. Como?. Mediante a mobilización da sociedade civil, mediante a implicación da cidadanía, que pase dunha actitude impasible e resinada a converterse en protagonista do outro mundo posible que anhela. O porvir dependerá en boa medida da mobilización da sociedade civil, da expresión do poder cidadán. Cidadáns e non súbditos, con visión global actuando a escala local e utilizando -en toda a medida do posible- a nova tecnoloxía da comunicación para estar en contacto con outros cidadáns doutras partes do mundo, en continua interacción, para a participación non presencial. Durante séculos, uns cantos homes impuxeron os seus designios ao resto dos homes e a todas as mulleres. Os seres humanos permanecían invisibles, anónimos, silenciosos, atemorizados, obedientes. Poder absoluto masculino: historia ensanguentada, onde a paz foi só unha pausa, onde a creatividade humana un simple lóstrego. Séculos e séculos de submisión. Séculos e séculos logo dos cales as asimetrías sociais e a pobreza extrema predominan nunha Terra que tamén, por influencia da actividade humana, deteriorouse. Durante séculos, calados, obedientes, atemorizados. E agora, de pronto, os cambios de fondo calado son factibles. Na era dixital, a liberdade de expresión permitirá a participación progresiva de todos os cidadáns na toma de decisións, de tal maneira que se fortalecerán os sistemas democráticos. Como resultado das convocatorias electorais, os cidadáns son contados, pero despois raramente contan- e niso consiste a democracia- na toma de decisións por parte dos gobernos. A
  • 20. QUE FOI DO PACIFISMO? 20 partir de agora, sucesivamente, o poder non só deberá oír senón escoitar as opinións de todos os cidadáns de maneira permanente. As novas tecnoloxías poden asociar as voces de millóns de persoas que poden, deste modo, proclamar os seus puntos de vista sen violencia e contribuír con eficacia á gobernanza global, para que a sociedade no seu conxunto teña a posibilidade real de influír na toma de decisións. Os medios de comunicación teñen unha función fundamental que non é descritiva (retrospectiva, para explicar o que acontece) senón prospectiva, é dicir, escribir o que pensan que debería suceder. Estamos en “tempos de dúbidas e renuncias nos que os ruídos afogan as palabras” como tan inspiradamente escribiu Miquel Martí i Pol en 1981. Ser diversos, infinitamente diversos é a nosa riqueza. Actuar unidos será a nosa forza. Por que calan?. Por que calamos? Ás veces porque non se quere, porque non se sabe. Pero tamén, porque buscamos fora respostas que só atoparemos en nós mesmos. Que todos utilicen a palabra e non a forza para defender os seus puntos de vista. Toda idea é digna de ser escoitada, pero calquera idea envilécese en mans da violencia. A palabra non pode seguir cautiva, amordazada, filtrada, disfrazada. Ás veces, calada para sempre polos inimigos da vida e os seus cómplices. Pero, sobre todo, non pode seguir ausente. O silencio é a antítese da democracia. É submisión, é docilidade. Hoxe poden reprocharnos o que dicimos. Mañá -é o único que importa- reprocharannos sobre todo o que non tivemos a coraxe de dicir hoxe. “Hoxe- é un verso de Enrique Badosa- falamos por quen quixera falar. Por quen non pode”. Federico Mayor Zaragoza, 10 de Agosto de 2022
  • 22. QUE FOI DO PACIFISMO? 22 Jordi Armadans é politólogo e xornalista. Analista e activista pola paz e o desarmamento. Foi director da Fundación per la Pau (FundiPau)
  • 23. ADEUS ÁS ARMAS 23 O pacifismo sempre estivo aí Pois nada, que sempre estivo e está aí. Hoxe, tentando dar respostas nun mundo gobernado pola cultura da violencia, magoado polas violencias físicas e fracturado por violencias estruturais, onde proliferan os discursos de odio e a deshumanización cara os “outros” (sexan migrantes, refuxiados, estranxeiros, mulleres, diferentes, diversos, etc.) e onde diante do ataque ruso á Ucraína, no lugar de revisar criticamente o modelo de seguridade militarista que nos trouxo ate aquí, as receitas oficiais, políticas e mediáticas insisten acrítica e inxenuamente en reforzar e consolidar o mesmo modelo: máis gasto militar, máis armas. O movemento pola paz ten sido quen, en varios momentos, de conectar fortemente a nivel social, como sucedeu coa obxección de conciencia e a insubmisión, o movemento contra da OTAN ou as mobilizacións contra da guerra de Iraq. Non é fácil que isto suceda e cando sucede, o movemento pola paz xera grandes ondas cidadáns de difusión, denuncia, presión e cambio. Pero, na maioría das veces, cando case que ninguén se fixa, fai un traballo máis xordo, menos visible e público, pero profundamente necesario. Obviamente, e paga a pena lembralo, o movemento pola paz é diverso. Nas súas expresións, nas súas formas, nas súas miradas, nas súas análises e nas súas propostas. Entre outras posibilidades, podemos falar do activismo pola paz de base, de ONGs comprometidas coa cultura da paz que impulsan programas e campañas, da corrente de investigación pola paz na Universidade e centros de pensamento e das múltiples experiencias de educación para a paz nas escolas, nos grupos de educación no tempo de lecer e na sociedade en xeral. Pode que non todas e todos teñan as mesmas prioridades. Mesmo, non todas se recoñecerán necesariamente como “pacifistas”. Pero
  • 24. QUE FOI DO PACIFISMO? 24 todas as persoas e entidades que están aí, puxan cara a construción da paz, dunha forma ben diversa e necesaria: fomentando o diálogo e a escoita entre persoas diferentes, que pensan diferente e que aspiran a cousas diferentes; defendendo os dereitos humanos, especialmente dos máis vulnerables; promovendo a empatía cos que nos son diferentes pero iguais en dignidade e necesidade de xustiza e liberdade; defendendo unha necesaria cultura de paz que supere e substitúa progresivamente a cultura da violencia reinante; fomentando a non violencia como forma de pensamento e como ferramenta de intervención e transformación social; denunciando o gasto militar e o atroz comercio de armas; lembrando que a auténtica seguridade é aquela que se preocupa das persoas e das súas necesidades non da que as esquece e as sepulta; batallando polo desarmamento e a prohibición das armas de destrución masiva (nucleares, químicas, biolóxicas) ou especialmente daniñas (minas, bombas de racimo) ou futuras e inquietantes (robots). O traballo pola paz, o movemento pola paz, o pacifismo, seguen aí: con toda a súa grandeza e lucidez, e tamén con todas as súas dificultades, contradicións e erros. Pero, sen dúbida, para aspirar a un mundo máis xusto e pacífico, necesitamos moito máis pacifismo, moito máis traballo pola paz. E todo o lúcido, intelixente, ambicioso, autocrítico, humilde e empático que sexa posible. Jordi Armadans
  • 26. QUE FOI DO PACIFISMO? 26 Manoel Barbeitos é economista, xubilado, membro do Consello de Redacción e contidos de Tempos Novos. Colaboro regularmente con Galiciapress, Praza Pública e Nos diario, tanto en temas políticos como económicos e sociais.
  • 27. ADEUS ÁS ARMAS 27 Corren malos tempos para o pacifismo Corren malos tempos para o pacifismo. A invasión de Ucraína polo exercito ruso, un acto criminal que atenta contra os dereitos humanos e o dereito internacional, semella que colleu ao pacifismo internacional totalmente desmobilizado. Unha evidencia preocupante porque a resposta á ofensiva rusa por parte da OTAN, baixo o férreo liderado dos Estados Unidos, está consistindo en poñer en primeiro e case único plano a acción militar o que nos pode levar a unha terceira guerra mundial. Un enfrontamento que, dado o armamento nuclear en poder de Rusia e os Estados Unidos, podería seren definitivo para a humanidade -non poucos científicos afirman que nunca estivemos tan preto do holocausto nuclear: "as maneillas do reloxo do fin do mundo están en 100 segundos antes da medianoite"-. Corren malos tempos para o pacifismo porque neste marco de guerra non cabe outra que poñerse do lado do pobo ucraíno - "os ucraínos teñen todo o dereito a defenderse"- pero reclamando a paz, que pasa por parar inmediatamente a guerra para dar paso ao diálogo e a negociación, por que esa é a mellor solución tanto para Ucraína como para Rusia, Europa e o mundo. Unha paz que sería desexable non tivera nin vencedores nin vencidos algo que dada a situación actual da contenda e as posicións das partes parece moi, moi difícil de conseguir. Porque hoxe a paz en Ucraína só parece posible si se lle recoñece a Putin unha parte das razóns coas que xustificou a invasión: garantir a seguridade de Rusia. Porque do contrario, e como a historia nos ten demostrado de xeito farto contundente, a paz só chegará cando un dos contendentes recoñeza a súa derrota. A derrota....a vitoria....linguaxe de guerra non de paz. Pero esa é a linguaxe que utilizan practicamente todos os líderes políticos das partes implicadas no lugar da linguaxe da diplomacia
  • 28. QUE FOI DO PACIFISMO? 28 e a negociación. Hoxe por hoxe en Europa non contamos entre as elites políticas con voces autorizadas e prestixiosas como, por caso, foron no seu día as de Bertrand Russell, Jean Jaurès, Rosa Luxembourg, Karl Liebknecht ou Olof Palme quen sempre puxeron a paz por diante da guerra aínda que por elo moitos deles pagaran o prezo das súas propias vidas. Hai si, fóra da política, voces autorizadas de persoas moi prestixiosas -dende Noam Chomsky a Agnes Callamard (AI) e Catherine M. Rusell (UNICEF), pasando por Antonio Guterres (ONU) e Federico Mayor Zaragoza (exdirector xeral da UNESCO)-tamén de cidadáns relevantes de vida civil -velaí os asinantes do documento "Pola Paz. Fóra Tropas Rusas de Ucraína"-, pero son voces que están sendo ignoradas e que non reciben nos medios de comunicación e opinión a atención e a difusión que merecen. Velaí outra barreira ao pacifismo: o papel que están a desempeñar nesta guerra unha maioría dos medios de comunicación e opinión que é máis belixerante que pacifista. Unha opción que está colaborando moi activamente á desinformación da cidadanía e tamén contribuíndo a que entre os europeos medre a rusofobia con novas falsas sobre, por caso, atrocidades do exército ruso: segundo unha enquisa do CIS o 85% dos españois cren que o exército ruso está atacando deliberadamente ao poboación civil ucraína. Moitos gobernantes pensan que a cidadanía non debe estar ben informada para así poder tanto xustificar mellor as súas estratexias belicistas como rexeitar as pacifistas. A cidadanía non debe estar ben informada, non debe ser unha cidadanía activa porque os activismos políticos, como sucede co pacifismo, poden ser perigosos. "O activismo político é o responsable do grado de democracia que temos hoxe, do sufraxio universal dos adultos, dos dereitos da muller, dos sindicatos, dos dereitos civís e das liberdades que desfrutamos" (Noam Chomsky). Velaí que, como está sucedendo agora no caso da guerra en Ucraína as partes
  • 29. ADEUS ÁS ARMAS 29 belixerantes do conflito (Rusia e a OTAN especialmente, pero tamén Ucraína), traten de dificultar e impedir a labor humanitaria de organizacións como UNICEF, SAVE THE CHILDREN, ACNUR, AMNISTÍA INTERNACIONAL....das mesmas NACIÓNS UNIDAS. Aqueles son conscientes de que o pacifismo que estes defenden é contrario aos seus intereses porque, entre outras razóns, pode facer chegar á cidadanía unha información sobre a guerra en Ucraína distinta a que eles e os medios que lle serven queren facer chegar. Algo que realmente sería moi perigoso para as opcións belicistas e militaristas de dereitas e de esquerdas. Corren malos tempos para o pacifismo pero en liña coas opinións doutro lúcido e sólido pacifista: "non importa que agora non exista un movemento pacifista organizado como antes. Quizais non sexa necesario, ou seguramente debería seren diferente. Son a xente de a pé, as organizacións sociais e os grupos políticos quen deberían rebelarse contra este tipo de conflitos, sen excepcións" (Vicenç Fisas). Manoel Barbeitos
  • 30. QUE FOI DO PACIFISMO? 30 Ana Barrero Tíscar Diplomada en Biblioteconomía e Documentación, Universidade de Granada; Licenciada en Documentación, Universidade de Alcalá; Máster en Investigación en Documentación e Doctoranda na Universidade Carlos III de Madrid sobre as "Alfabetizacións múltiples para unha cultura de paz". É Presidenta da Asociación Española de Investigación para a Paz, Directora da Fundación Cultura de Paz, membro do Consello do Instituto Universitario de Dereitos Humanos, Democracia, Cultura de Paz e Noviolencia (DEMOSPAZ-UAM). Entre as súas liñas de investigación están a convivencia e a paz nos municipios, nesta liña participou no desenvolvemento da Axenda Local de Paz e Convivencia; as tecnoloxías para a paz; e as alfabetizacións múltiples para unha cultura de paz.
  • 31. ADEUS ÁS ARMAS 31 Que foi do pacifismo? As orixes do pacifismo remóntanse á antigüidade, opóndose sempre ás guerras. Heródoto xa dicía: “Ninguén é tan insensato para preferir a guerra á paz; en tempo de paz os fillos enterran aos seus pais, en tempos de guerra os pais enterran aos seus fillos?”. Ao longo da historia o pacifismo traballou por un mundo sen guerras, propondo as condicións e as vías para a construción efectiva da paz. Rexeitando a lóxica militarista baseada na premisa de que si se desexa a paz hai que combater para conseguila, é dicir, prepararse para a guerra. Porque desde o pacifismo sabemos, e soubemos sempre, que a paz só pode conseguirse por medios pacíficos. Por iso, o pacifismo apostou tradicionalmente polo desarmamento e o antimilitarismo, e promoveu a arbitraxe, a negociación, a diplomacia e o diálogo como vías para previr os conflitos bélicos e como alternativas para solucionalos. Desde esta rebelión contra a guerra, o pacifismo orientouse nunha forma organizada da sociedade civil encamiñada á construción dun mundo máis xusto, solidario e pacífico, o movemento pacifista, que foi constante e foise adaptando segundo os requirimentos e esixencias de cada momento histórico. Así mesmo, tentou influír na opinión pública contribuíndo á xeración dun pensamento pola paz. “Construíndo a paz na mente das persoas”. Ao longo do tempo se ten xerado unha extensa e variada axenda de preocupacións e ocupacións do movemento pacifista, influída por outros enfoques e axendas como a feminista, ecoloxista, etc., que reivindica tamén unha paz positiva, vinculada coa satisfacción das necesidades básicas, que pon no centro as persoas e a súa dignidade; e que defende os valores universais de solidariedade, igualdade e xustiza.
  • 32. QUE FOI DO PACIFISMO? 32 O momento actual é particularmente difícil e crítico para o movemento pacifista. Ás preocupacións e ocupacións que se teñen por mor das crises económicas e financeiras que veñen arrastrando, as enormes desigualdades, o impacto da pandemia da Covid-19, a crise e emerxencia climática, as violacións sistemáticas dos dereitos humanos, os conflitos armados en distintos países do mundo ... A todo isto, engadiuse, ademais, a Guerra en Ucraína. O clamor que se esperaba contra a guerra, contra todas as guerras, como en 2003 coa invasión de Iraq, non se produciu. Pola contra, presentouse o uso das armas como a única opción posible e inevitable. O que está a acelerar, aínda máis, a militarización e o incremento inxente do gasto militar desviándose e reducíndose doutros investimentos ecosociales necesarias, que son as que realmente protexen ás persoas e ao planeta. Ademais, están a imporse as narrativas militaristas, narrativas que contribúen á espectacularización e normalización da guerra. E, á mesma vez, estase estigmatizando, criticando e atacando ás persoas que defenden que a paz só pode conseguirse por medios pacíficos. Como dicía o profesor Vicent Martínez Guzmán “nós as pacifistas somos as realistas”, e ante esta situación actual, as voces e o traballo pola paz é máis necesario que nunca para continuar pondo de manifesto que todas as violencias, absolutamente todas, son evitables; que as armas non paran as guerras, se non que as alimentan; e que as persoas temos as capacidades para facer as paces. Que as e os pacifistas, o movemento pacifista, estamos e seguiremos onde estivemos sempre: clamando contra as guerras; denunciando o militarismo; influíndo para que se reduzan os gastos militares e diríxanse para abordar as necesidades humanas e para o coidado da vida; presionando polo
  • 33. ADEUS ÁS ARMAS 33 desarmamento e a abolición das armas nucleares; defendendo o multilateralismo; redefinindo un concepto de seguridade centrado nas persoas; promovendo o diálogo para a transformación dos conflitos; defendendo o medio ambiente; impulsando e visibilizando o papel das mulleres na construción da paz; analizando procesos de paz; abordando a polarización social e os extremismos violentos; traballando pola recuperación da memoria histórica e democrática; impulsando o municipalismo de paz e de convivencia; implementando a Axenda 2030; pondo a énfase na ética do coidado ... O movemento pacifista sabemos que temos retos importantes aos que facer fronte, dilemas que debemos abordar, nestes momentos de incerteza, de ameaza para a convivencia e a paz. Pero, tamén, sabemos que temos o coñecemento, a experiencia e as ferramentas do traballo realizado durante todos estes anos para afrontar os novos retos con novas repostas, adaptándoos aos novos desafíos e esixencias do mundo actual, para contribuír a transformar as culturas de violencia por culturas de paz. “Os defensores do pacifismo son conscientes da influencia dos valores que defenden. Saben que aínda son poucos, pero son conscientes de que serven á mellor das causas posibles” Bertha von Suttner Ana Barrero
  • 34. QUE FOI DO PACIFISMO? 34 José Antonio Binaburu Iturbide é Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación. Catedrático de Filosofía de Ensino Secundario. Foi coordinador da rede andaluza “Escuela: Espacio de Paz” na Consejería de Educación da Junta de Andalucía. Entre as súas publicacións podemos salientar: “Educar desde el conflicto. Guía para la mediación escolar”. Editorial Planeta. Barcelona, 2006 ou “Metodologías para hacer las paces”. Publicaciones de la Universidad de Málaga, 2012 ou “Pensando en la violencia”. Ed. Libros de la Catarata, Bilbao, 1994.
  • 35. ADEUS ÁS ARMAS 35 O pacifismo na escola A Educación para a Paz entra na escola nos anos 1920/30, pola influencia dos Movementos de Renovación Pedagóxica de Cataluña, pero moi cedo queda abolida pola Ditadura. E será no ano de 1964 dos fastos de exhaltación do Réxime, logo da celebración dos famosos XXV anos de paz – a paz das tapias dos cemiterios e das cunetas- cando o maiorquín Llorenc Vidal, poeta e pacifista, daquela inspector de educación en Cádiz, propón a un grupo de mestres e mestras a organización dunhas xornadas sobre convivencia “pensando que durarían un ou dous cursos” pero aquela iniciativa da celebración do 30 de Xaneiro, cabodano do asasinato de Gandhi, do Día Escolar da Non violencia e da Paz (DENYP) “para sementar ideais e reclamar unha educación permanente e independente para a paz”, vai hoxe camiño de completar seis décadas nas escolas; e séguena escolas de todo o mundo. En España, a celebración está recoñecida oficialmente desde 1976. O desenvolvemento da Educación para a Paz na escola ten iniciativas nalgunhas CCAA que quixera salientar polas súas características integrais nas aulas e non só dun día no ano de celebración. En Galicia, no ano 1983 Xesús R. Jares promove o colectivo de Educadores pola Paz no marco do MRP Nova Escola Galega. E en 1985 créase o Seminario Permanente de Educación para a Paz por iniciativa do profesor Manuel Dios, dentro do Sindicato Galego do Ensino e a Investigación da CXTG, ambos co obxectivo de elaborar materiais didácticos para as escolas e todos os niveis educativos. No País Vasco, pola espiral de violencia e asasinatos de ETA, xorden colectivos e ONGs como o Centro de Investigación para a Paz “Gernika Gogoratuz”, Gesto por la Paz, Bakeaz, que tamén elaboran materiais didácticos para as escolas, ademais de ser símbolos de resistencia contra da violencia etarra manifestándose nos centros escolares e nos
  • 36. QUE FOI DO PACIFISMO? 36 barrios diante dos asasinatos de ETA co lazo azul e en actitude silenciosa. Iniciativas similares de educación e de investigación para a paz apareceron por toda a xeografía española nestes mesmos anos aproximadamente, en Cataluña, País Valenciá, Madrid, Valladolid... e tamén na veciña Portugal. Máis adiante, en Andalucía, elaborouse no ano 2000 o coñecido como Plan Andaluz para a Cultura da Paz e a Non violencia coa colaboración de membros do Instituto de Investigación para a Paz e os Conflitos da Universidade de Granada, destacando o traballo realizado polo seu Director, Francisco Muñoz, que xa non está entre nós, e a continuación poñeríanse mans á obra para crear, no curso 2002-2003 a Rede Andaluza “Escuela: Espacio de Paz”. E a tarefa de implementar ese Plan correspondeu ao Director General de la Consejería de Educación, Sebastián Sánchez Fernández e aos Gabinetes Provinciais de asesoramento sobre Cultura de Paz e Convivencia Escolar. Aínda que as verdadeiras protagonistas foron as case que 4.000 comunidades educativas dos centros escolares de Andalucía que acolleron como unha bocanada de aire fresco a súa entrada nas aulas levando a innovación e compromiso educativo. Nunha avaliación da UE de Proxectos de Cultura de Paz en 2007, a Rede Andaluza posicionouse entre os dez mellores proxectos dos 27 estados da Unión. Para a investigación e a formación do profesorado en Educación para a Paz debemos salientar aos distintos membros e entidades que conforman hoxe a Asociación Española de Investigación para a Paz (AIPAZ), como o Seminario de Investigación para la Paz de Zaragoza, a Fundación Cultura de Paz que preside o profesor Mayor Zaragoza, a Cátedra UNESCO de Filosofía para a Paz da Universidade Jaume I de Castelló, o Instituto de Paz y Conflictos da Universidade de Granada, a
  • 37. ADEUS ÁS ARMAS 37 Escola de Cultura de Pau de la UAB, entre outras entidades e institucións cataláns e no conxunto do Estado. A implementación de Programas de Cultura de Paz por parte dos centros escolares, levou consigo o desenvolvemento de obxectivos como: fomentar a participación e a responsabilidade do alumnado nas aulas e nos centros. Búscanse estratexias para a mellora da convivencia escolar en equipo. Embárcanse nun proxecto conxunto de investigación-acción. Reaprópianse do tempo tendo paciencia para acadar os dilatados obxectivos da Cultura de Paz. Vanse transformando nunha comunidade educativa cos retos cívicos e realizando servizos para a comunidade. O plus educativo que aportan os Programas de Cultura de Paz aos centros escolares e reconvertelos en espazos de paz para tratar educativamente os conflitos. Moitos deses conflitos xéstanse no entorno, pero algunhas veces estalan tamén na escola, os conflitos poden ser tratados civilizadamente, comezando polo desenvolvemento de proxectos integrais preventivos. Educar para unha Cultura de Paz será contribuír a sementar e xerar na sociedade, valores que non leven a recorrer ao uso da violencia para resolver os conflitos, a traballar por un mundo máis xusto e solidario, a aceptar a todas as persoas independentemente da súa condición, a desterrar a guerra e os fastuosos gastos militares que leva consigo, a construír relacións de igualdade e fraternidade entre os seres humanos. En definitiva, contrapoñer moitos dos valores que a nosa sociedade ofrece, de maneira máis ou menos explícita, cos valores dunha Cultura de Paz. En moi poucos anos, di Federico Mayor Zaragoza, o concepto de Cultura de Paz foise estendendo e consolidando, podendo agora converterse nun punto de referencia para un gran
  • 38. QUE FOI DO PACIFISMO? 38 movemento social a escala mundial. Conscientes, por primeira vez, da calidade de vida dos “outros” en todos os currunchos da terra, xa non podemos mirar cara outro lado. Temos que asumir as nosas responsabilidades e deixar de ameazar para distribuír, para repartir axeitadamente, para substituír a forza pola palabra, para cumprir co artigo primeiro da Declaración Universal que reclama vivir “fraternalmente”. José Antonio Binaburu Iturbide
  • 40. QUE FOI DO PACIFISMO? 40 Irene Comins Mingol é profesora do Departamento de Filosofía e Socioloxía da Universitat Jaume I de Castelló. Foi directora do Máster Universitario en Estudos Internacionais de Paz, Conflitos e Desenvolvemento da Universitat Jaume I (2009-2015) e directora do Instituto Interuniversitario de Desenvolvemento Social e Paz da Universitat Jaume I e da Universidade de Alacante (2015-2019). É investigadora da Cátedra UNESCO de Filosofía para a Paz. Membro da Asociación Española de Investigación para a Paz, AIPAZ e de WILPF-España, sección española da liga Internacional de Mulleres para a Paz e a Liberdade. Investiga e publica sobre Filosofía para a Paz, Antropoloxía Filosófica, Estudos de Xénero, Educación para a Paz e Epistemoloxías para a Paz.
  • 41. ADEUS ÁS ARMAS 41 E que foi do pacifismo? Nos últimos tempos o pacifismo parece estar a perder fol entre a opinión pública. Aínda que non nos enganemos, como corrente de oposición á guerra, o pacifismo, non foi unha corrente hexemónica tampouco noutros momentos históricos. Como advirte Bertha von Suttner en Abaixo as armas! en cada época os poderes fácticos aseguráronse de manter vivos e glorificar os valores vinculados á guerra -como a coraxe, o orgullo do soldado ou o amor á patria-, todo iso co obxectivo principal de asegurar a aceptación e beneplácito da poboación en caso de guerra. Como se indica no subtítulo do libro do Centre Delàs de Estudos para a Paz “Mentes militarizadas” «edúcannos para asumir a guerra e a violencia». Pero aínda que o pacifismo nunca foi hexemónico, o que resulta incomprensible é que, nas sociedades actuais, contemporáneas da democracia e os dereitos humanos, e cunha poboación amplamente formada, non se cuestione con maior afán a guerra. Varios factores parecen estar detrás deste feito. Por unha banda, a militarización das mentes que segue tan forte hoxe como o foi noutros tempos. Con novas linguaxes, pero coa mesma mensaxe de fondo, os medios de comunicación, a clase política e mesmo a industria do lecer, entre outros, van estendendo a cultura da guerra, que non é outra que a cultura do medo e a violencia. Todo iso á vez que se enarbora como bandeira unha idea de seguridade terxiversada, construída contra o outro, que como profecía autocumprida só fai que aumentar máis a desconfianza, e con iso a inseguridade, entre os pobos. Do mesmo xeito que o escotoma no ollo reduce o noso campo visual, así a militarización das mentes impídenos ver outras posibilidades, outras formas alternativas de relacionarnos entre os seres humanos. E impídenos ver, sobre todo, que o
  • 42. QUE FOI DO PACIFISMO? 42 investimento militar non é fonte de seguridade senón de inseguridade. Como advertía Bertrand Russell o único efecto que conseguen os estados «é aumentar o perigo contra o cal queren protexerse». En concreto o investimento militar é fonte de inseguridade en tres sentidos. En primeiro lugar, porque o investimento militar socava a confianza entre grupos humanos, xerando incerteza sobre as intencións recíprocas e debilitando a capacidade de resolución dialogada dos problemas. Os estados confían así menos uns noutros e embárcanse nunha carreira armamentística e unha cultura do medo con efectos devastadores para as capacidades comunicativas, mediadoras ou de arbitraxe de transformación dos conflitos. En segundo lugar, porque o investimento militar implica que os recursos que poderían ir destinados ao desenvolvemento económico e social reséntense significativamente; cando, paradoxalmente, aspectos como a sanidade, a educación ou os servizos sociais, entre outros, son a fonte da auténtica seguridade humana. E finalmente, porque a violencia directa que supón o uso, intencionado ou accidental, dese armamento é dunha crueldade e un horror atroz, con consecuencias nefastas para o ser humano, para o planeta e as xeracións futuras. Sen dúbida, en pleno S.XXI, os seres humanos estamos chamados a mostrar unha maior altura de miras. Doutra banda, xunto coa militarización das mentes, o pacifismo tampouco atopa moito arraigamento nunha sociedade distraída, que mira cara a outra parte. E é que a cultura do medo e a violencia teñen un efecto perverso no ser humano: a impotencia interiorizada, é dicir, a sensación de que non podemos facer nada, que o cambio non é posible. Xorde así unha especie de resignación que nos fai apartar a mirada das cousas verdadeiramente importantes. Para
  • 43. ADEUS ÁS ARMAS 43 Hathaway e Boff a impotencia interiorizada é a que impide hoxe a auténtica transformación a nivel global, unha impotencia que as estruturas e poderes actuais explotan e reforzan, e que se basea sobre todo no medo. Así, a cultura do medo rouba á xente «o poder de controlar o seu propio destino, inmobilízaa e inhibe a acción transformadora». Chegamos a crer que esa visión do mundo desde o medo é «realista»: polo que toda suxestión dunha alternativa resúltanos utópica e impracticable. Así, como sinalan Hathaway e Boff, «a impotencia interiorizada serve para perpetuar os sistemas que explotan á comunidade humana». A impotencia condúcenos á alienación, a virar a mirada, e mantémonos en estado de parálise colectiva. A sociedade de consumo e o noso estilo de vida contribúen significativamente a ese escapismo que nos aliena da realidade e distráenos do verdadeiramente importante. Como agudamente advirte Federico Mayor «Quen queda que non estea atrapado en baratixas e en urxencias?». Así, a militarización das mentes e a impotencia interiorizada parecen confabularse en detrimento do pacifismo como corrente de oposición á guerra. Pero non todo está perdido, temos a oportunidade, e a responsabilidade, de desaprender a guerra e reconstruír as relacións humanas. Un importante aliado que non podemos ningunear neste obxectivo é o feminismo. A cultura da guerra e o patriarcado conforman unha amalgama, como xa denunciou Betty Reardon na obra clásica Sexism and the War System. O patriarcado, advirte Reardon, xira ao redor da idea de dominación do ou a diferente, que se constrúe como inimigo. E é que, como Gilligan e Snider sinalan, o patriarcado xustifica o mantemento de xerarquías e o exercicio do poder sobre a outredade. Fronte a iso, podemos reconstruír unha concepción relacional dos seres humanos, na que os suxeitos sexamos conscientes das nosas vulnerabilidades e mutuas
  • 44. QUE FOI DO PACIFISMO? 44 interdependencias e coidemos uns e unhas doutros e doutras, así como da natureza. Trátase de afrontar e recoñecer a vulnerabilidade non desde a dominación da outredade, senón desde a construción de políticas do coidado e o recoñecemento da interdependencia humana. A política e a ética do coidado promoven un concepto de ser humano preocupado polo benestar do outro, a outra e a natureza, un ser humano participativo, comprometido e non adormentado. En definitiva, unha cidadanía coidadora e pacifista. E é que, como reza o Preámbulo da Declaración Internacional da Carta da Terra «a elección é nosa: formar unha sociedade global para coidar a terra e coidarnos uns a outros ou arriscarnos á destrución». Temos por diante un importante obxectivo: desaprender a guerra e reaprendernos como humanos. Irene Comins Mingol Fontes: Calvo Rufanges, Jordi. 2016. Mentes militarizadas. Barcelona: Icaria Gilligan, Carol e Naomi Snider. 2018. Why Does Patriarchy Persist? Cambridge: Polity Press Hathaway, May e Leonardo Boff. 2014. O Tao da Liberación. Madrid: Trotta. Mayor, Federico. 2011. Donde no habite el miedo. Málaga: Litoral. Reardon, Betty. 1996. Sexism and the war system. Syracuse: Syracuse University. Russell, Bertrand. [1910] 2009. Ensayos filosóficos. Madrid: Alianza. von Suttner, Bertha. [1889] 2014. Abajo las armas! Madrid: Cátedra.
  • 46. QUE FOI DO PACIFISMO? 46 Manuel Dios Diz é Mestre, profesor xubilado, licenciado en Xeografía e Historia pola USC. Foi o fundador e o Presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, ate 2014. Tamén foi Director da Fundación Cultura de Paz e Presidente de AIPAZ. En 2015 foi elixido Concelleiro de Educación e Cidadanía en Santiago de Compostela e tamén Deputado Provincial por Compostela Aberta (2015-2019). Entre as súas publicacións salientamos: “Cine para convivir (2001). Editorial Toxosoutos ou “La paz como cultura” (2010), Editorial Milenio.
  • 47. ADEUS ÁS ARMAS 47 E logo, que foi do pacifismo? “La paz es mucho más que una toma de postura, es una auténtica revolución, un modo de vivir, un modo de habitar el planeta, un modo de ser persona” Maria Zambrano Quen interprete que o movemento pacifista existe só en función da súa capacidade de mobilización puntual, diante da guerra ou das guerras, dos conflitos armados concretos, dos máis mediáticos ate os esquecidos e silenciados, probablemente considere que o pacifismo está morto. Certo que houbo grandes movementos de oposición e mobilizacións diversas, de características e intensidades ben distintas, diante das dúas guerras mundiais, Corea, Vietnam, tamén en contra do despregue dos euromisís norteamericanos en Europa nos 80, no referendo contra da OTAN en España, respecto do conflito dos Balcáns ou contra das invasións de Afganistán e Iraq, moi particularmente no ano 2003, unhas mobilizacións que foron certamente globais. Pero non foi igual en todos os casos, aló menos non coa mesma intensidade ou extensión. Como non o é na actualidade en relación con conflitos que seguen enquistados, esquecidos ou ocultos para os grandes media como son Palestina, o Sáhara, Kurdistán, Siria, Libia, Iemen... ou agora mesmo respecto da inaceptable invasión rusa da Ucraína. Os conflitos tampouco foron nin son iguais. A súa orixe, características e desenvolvemento son moi distintos, como os actores principais e os secundarios. As respostas mobilizadoras do movemento pacifista tamén, entre outras razóns porque o pacifismo non é unívoco, non responde militarmente a un Comité
  • 48. QUE FOI DO PACIFISMO? 48 Central que o decide todo. Desde a súa orixe, da antigüidade até hoxe, o pacifismo, o movemento pola paz en senso máis amplo, revestiu e reviste formas e características ben distintas na súa propia definición e variables como un movemento social vivo que é. Sen embargo, na miña humilde opinión, o pacifismo hoxe está máis presente en ámbitos novos e ben diversos, nas institucións, nas declaracións internacionais, na Investigación e na Educación para unha Cultura de Paz, na sociedade, na Academia, nas escolas e no ensino, nas ONGs, nas relacións humanas e de convivencia, na vida cotiá, no pensamento, ou no crecente rexeitamento da violencia como forma de afrontar os conflitos humanos en todas as súas formas, particularmente, a violencia de xénero. E claro que aínda hai monstros, demos, si, aqueles que levamos dentro do noso propio corazón, os únicos que existen, que dicía o Mahatma Gandhi, pero cada un de nós somos tamén os anxos que levamos dentro como sostiña Steven Pinker, “Los ángeles que llevamos dentro. El declive de la violencia y sus implicaciones” (Paidós, 2012), con quen coincido plenamente. O pacifismo, para sorte de todos e todas, está vivo, creo que máis vivo que nunca, noutros espazos como dixen, aínda que falte un pouco máis certamente, para que a abolición xurídica das guerras sexa una realidade ou que os Dereitos Humanos sexan efectivamente un código universal de obrigado cumprimento, como a afastada liña do horizonte cara onde seguir camiñando, con independencia dos momentos puntuais, mais ou menos mobilizadores, sexa contra Reagan, contra Bush ou agora mesmo contra Putin. Certo que o militarismo e os orzamentos para a destrución e para a morte (seguridade chámanlle algúns), armas pola paz din outros, que bárbara contradición! avanzan na maioría dos estados especialmente naqueles que son, curiosamente, os principais
  • 49. ADEUS ÁS ARMAS 49 produtores ou exportadores de armamento e con dereito a veto no Consello de Seguridade das Nacións Unidas. Aumentan extraordinariamente os orzamentos militares, medra tamén o belicismo, o uso da forza, as guerras interpostas, agora chámanlle híbridas, en función de obxectivos e de intereses que non teñen a paz no horizonte senón disputar a supremacía e a hexemonía a escala planetaria e que fan, por exemplo, que Antonio Guterres, Director Xeral de Nacións Unidas, clame no deserto, con desesperación, que estamos a un tris, a un erro, un malentendido, a un nada dunha guerra nuclear que, moi probablemente, será a derradeira, a da aniquilación total. Quizais por iso, aínda que só sexa por iso, o pacifismo, os e as pacifistas son imprescindibles. Ou é que estamos distraídos? Manuel Dios Diz
  • 50. QUE FOI DO PACIFISMO? 50 Jonan Fernández Erdozia é o Secretario Xeral de Dereitos Humanos, Convivencia e Cooperación do Goberno Vasco. Antes foi o Coordinador Xeral de Elkarri e o fundador de Baketik. Entre os seus libros destacaría “Ser humano en los conflictos. Una reflexión ética tras una vivencia directa en el conflicto vasco” Alianza Editorial, Madrid, 2006 e “Vivir y convivir. Cuatro aprendizajes básicos”. Alianza Editorial, Madrid 2008.
  • 51. ADEUS ÁS ARMAS 51 Buscar a resposta fóra das zonas de confort Quizais, a última vez que o pacifismo deixou escoitar a súa voz global con claridade foi en 2003, antes e durante o inicio da invasión e guerra de Iraq. Dicir que, desde entón, a súa influencia foise diluíndo é só unha constatación. O problemático é identificar as causas dese debilitamento e proxectar cara o futuro, no seu caso, claves para que esa voz teña algo útil que dicir e que, ademais, iso que teña que dicir, poida ser escoitado. En canto ás causas, e sen ningún ánimo de exhaustividade - imposible por outra parte nun espazo tan reducido- apuntarei dous factores que considero relevantes e que deben sumarse a outros que, con seguridade, formularanse nesta publicación. Dous factores que están vinculados: inadaptación e auto compracencia. Primeiro, inadaptación. O pacifismo moderno, despregado na segunda metade do século XX, pode caracterizarse, visto desde hoxe, como un movemento social tradicional. Tradicional nas súas formas de organizarse, comunicarse e mobilizarse. Este pacifismo ten envellecido e non soubo, ou non puido, rexuvenecerse. Tal vez, poderiamos dicir que respondeu ben nun mundo analóxico e que, sen embargo, perdeu pé nun contexto dixital. Fíxose maior e non tivo a capacidade de anticiparse ou de adaptarse aos extraordinarios cambios de paradigma que, nestas primeiras décadas do S.XXI, experimentou o mundo no seu conxunto e as sociedades de cada un dos seus respectivos países. En calquera caso, esta crise de adaptación ás novas realidades non é algo exclusivo do pacifismo. Igualmente o padeceron todo tipo de movementos sociais, organizacións políticas ou sindicais e institucións relixiosas, agás tal vez o
  • 52. QUE FOI DO PACIFISMO? 52 movemento feminista que, no S.XXI, vén dando mostras de adaptación, resiliencia e puxanza. Segundo, auto compracencia. Tendo a pensar que o pacifismo medrou no S.XX convencido de ter construído un discurso e unha proposta conceptualmente invulnerable. Dito doutra maneira, indiscutible na súa coherencia e acerto. En definitiva, unha resposta “perfecta”, sen contradicións e destinada a medrar, estenderse e trunfar por percibirse a si mesma como posuidora intrínseca da razón. Esta maneira de auto analizarse non é san, conduce á acomodación e resta capacidade de análise dos cambios que se producen no escenario da realidade. Tal vez, mesmo, conduce a converter algunhas ideas en tópicos sen efecto. Na evolución da realidade todo resulta incerto, o único seguro é o cambio. Non hai tese definitiva. Todo é dinámico e cambiante. O último exemplo é a invasión da Ucraína. Cal ten que ser a postura do pacifismo? Responder á invasión cunha forza internacional coa cobertura das Nacións Unidas? Apoiar á Ucraína con sancións a Rusia e co envío de armas para que se defenda? Aplicar unicamente sancións? Propugnar unha solución dialogada e negociada sen ningunha outra intervención? Presionar á Ucraína para que ceda territorio a cambio de paz? Ningunha destas posicións está libre de contradicións radicais e profundas; pero aquí estamos falando do pacifismo. Si a posición do pacifismo neste escenario é, e nalgúns casos así se manifesta, defender unicamente as vías diplomáticas ou a prevención, parece evidente que, na práctica, isto se traduce nunha luz verde á continuidade da invasión e da guerra ou, no mellor dos casos, a unha paz por territorios, acadada baixo “negociación” coaccionada.
  • 53. ADEUS ÁS ARMAS 53 As contradicións que provoca a invasión da Ucraína no pacifismo son a proba de que nin se tiñan todas as respostas, nin as que se tiñan eran tan redondas como se pensaban. Xa fose pola inadaptación ou “envellecemento” constatados, ou xa sexa pola eventual auto compracencia na que o pacifismo puidera deixarse levar, parece convinte saír das zonas de confort e atreverse a formular algunhas preguntas incómodas ou mesmo disruptivas. Preguntas que permitan facer unha análise sen prexuízos ou estereotipos ideolóxicos encofrados en formigón. En canto ás claves do futuro, formulo abandonar calquera auto compracencia e atreverse a buscar respostas novas para preguntas difíciles, sabendo que non hai posicións 100% puras e libres de contradicións. Suxiro, aló menos, dúas ou tres preguntas incómodas e complexas. Reitero que están formuladas sen ánimo de exhaustividade. Por suposto, o catálogo de interrogantes é moito máis amplo. Esta reflexión non pretende abarcar o todo, senón formular aportacións a algunhas partes do debate ao que se nos convida. Primeira cuestión de futuro. Non hai horizonte sen unha forte consolidación do multilateralismo. Enfrontámonos á irrupción e emerxencia de correntes poderosas que pretenden impoñer localismos unilaterais violentos e expansivos, populismos de extrema dereita ou discursos e políticas contrarias ás grandes conquistas da humanidade en materia de igualdade, dereitos humanos, migración, medio ambiente, legalidade internacional, paz... neste contexto internacional, na miña opinión, o camiño imperfecto, pero realista, é seguir avanzando no multilateralismo. A primeira pregunta é como asociar máis e mellor o pacifismo co multilateralismo e as súas institucións. Cal terá que ser a súa voz crítica e construtiva neste marco. Segunda cuestión de futuro. A seguridade non debe antepoñerse á liberdade e aos dereitos humanos. Esta afirmación clara e contundente non elimina a necesidade de ofrecer unha
  • 54. QUE FOI DO PACIFISMO? 54 resposta á cuestión da seguridade. Respectando esta xerarquía de valores entre liberdade e seguridade, é necesario que o pacifismo, moito máis logo da invasión rusa, ofreza unha resposta coherente á cuestión da seguridade desde os seus propios principios, entre outras cousas, porque a sociedade necesita coñecer esa proposta. A pregunta sobre como ten que actuar a comunidade internacional diante de supostos do inicio unilateral de invasións, guerras ou procesos bélicos dun país contra outro (ou outros) necesita respostas. Terceira cuestión de futuro. Como pode o pacifismo ser parte dos mellores esforzos internacionais pola paz, a xustiza, a igualdade e a sustentabilidade? Probablemente, vivimos tempos de transversalidade e complementariedade. Ten sentido que os diferentes movementos sociais do mundo sigan actuando cun esquema de espazos estancos? Creo que convén reflexionar sobre os ámbitos con maior capacidade transformadora que hoxe están sobre o taboleiro do xogo mundial. Hai dous conceptos de síntese con ese poderío: sustentabilidade e solidariedade. En concreto, suxiro reflexionar sobre como xerar desde o pacifismo dinámicas de transversalidade e complementariedade cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Seguro que, na Axenda 2030, podemos atopar déficits e contradicións (por outra parte, en que marco propositivo non se atopan?); pero creo que hoxe este proceso é un espazo de confluencia para impulsar as grandes transformacións que o mundo necesita. Probablemente, un dos seus déficits é que o seu “Obxectivo 16. Promover sociedades xustas, pacíficas e inclusivas” resulta bastante incompleto e está necesitado de reforzo. Considero que neste punto o pacifismo pode e debe facer a súa contribución. Sen esta matización final que agora farei, a lectura deste texto podería inducir a pensar que o seu contido acocha un balance negativo do pacifismo. Non é así. Todo o contrario.
  • 55. ADEUS ÁS ARMAS 55 Manifesto con toda convicción que o pacifismo ten contribuído decisivamente a facer un mundo mellor e a construír unha conciencia social pola paz que ten evitado perigosas derivas cara a destrución pola carreira do militarismo. Algunhas das páxinas máis fermosas da historia teñen sido escritas polos principais referentes deste movemento e os seus seguidores. O pacifismo ten conseguido activar o mellor da condición humana e promovelo. Ten sido un contrapeso indispensable para alimentar a esperanza na humanidade e na dignidade humana. Precisamente, porque foi así, e para que o sega sendo, é necesaria unha reflexión autocrítica. Jonan Fernandez Erdoiza
  • 56. QUE FOI DO PACIFISMO? 56 Lourenzo Fernández Prieto Lourenzo Fernández Prieto (A Devesa-Ribadeo, 1961) Catedrático de Historia Contemporánea. Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente é director científico comisario do CISPAC (Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais) das tres universidades galegas. Vicepresidente da Sociedade de Estudios de Historia Agraria (SEHA). Especializado na historia das sociedades rurais e do cambio tecnolóxico agrario, investiga sobre a construción da modernidade no mundo rural e o tempo da guerra civil e a ditadura. Foi membro do consello de redacción de varias revistas de investigación histórica, participou e organizou numerosos congresos e coloquios da especialidade. Un dos seus últimos libros o colectivo: (2021) 1936: un novo relato. Zaragoza. UPZ
  • 57. ADEUS ÁS ARMAS 57 Ulo pacifismo? Nos anos oitenta todos eramos pacifistas. Tamén Gorbachov. En toda Europa occidental do Reino Unido a Alemaña os pacifistas mobilizaban as vontades das mocidades. Despois da reacción contra a guerra do Vietnam na década anterior, estendeuse a loita contra as armas nucleares e os mísiles de cruceiro. Foi unha época pero xa pasou. O pacifismo estaba de moda. No Estado español nese mesmo tempo estendeuse capilarmente o movemento de obxección de conciencia. Comezou con grupos moi concienciados vinculados aos cristiáns de base e seguiu despois por grupos pacifistas de esquerda que contaxiaron mesmo a aquelas esquerdas que aínda rosmaban sobre o uso da violencia como instrumento dunha revolución na que ninguén acreditaba mentres avanzaba a construción da democracia. Pero en non ir á mili acreditábamos todos. E así, primeiro na mocidade universitaria, foi estendéndose capilarmente aquela práctica de pedir prórrogas, en vez de ir voluntarios ou a milicias, para ao final facérmonos obxectores. Despois, moi axiña estendeuse como a espuma. Lembro datos aparentemente asombrosos a finais dos oitenta, cando a maior porcentaxe de obxectores sobre homes en idade militar dábase en Lugo e Ourense, pero tamén en Cuenca. Foi unha época na que o pacifismo o dominou todo. Tanto ten se as razóns eras moi ideolóxicas ou moi instrumentais, se ían acompañadas de valores e discursos moi definidos ou non, ou eran accións desenfadadas e aparentemente descomprometidas. Dende 1981 abriuse a veda contra o exército español, o intento de golpe e o seu fracaso abriron unha veda. A obxección masiva foi como unha vinganza contra o exército. Unha vinganza dos bisnetos dos que levaron as guerras de África, dos netos que
  • 58. QUE FOI DO PACIFISMO? 58 levaron á guerra fascista, dos fillos dos que fixeron a mili á forza na Ditadura. Non foi só unha reacción fronte ao exército franquista, que tamén, foi moito máis. Por iso tamén foi o movemento de obxección máis extenso e intenso do mundo. Aínda hai moito que indagar, analizar e explicar sobre aquel fenómeno. O máis curioso é que todo aquel movemento acontecía á vez que o terrorismo continuaba actuando e matando como un remol da guerra, da resistencia, do antifranquismo e mesmo da revolución e da loita anticolonial. Inercias do pasado que o pacifismo tamén logrou combater silandeiramente como unha crecente forza social que non está descrita no medio de tanta lei, tanto pacto e tanta acción policial. Pero foron as mobilizacións populares contra algúns asasinatos as que crebaron a pasividade social e sinalaron o camiño da maioría contra o terrorismo. Que foi de todo aquilo? Pasou o tempo, cambiaron as xeracións, mudaron os xogos. A guerra converteuse nun xogo de rol e de ordenador, a morte teledirixiuse e filmouse en dron. Todo pasou a ser como unha broma. Estamos noutro tempo. Rematou a guerra fría e sucedéronse as guerras quentes. Multiplicáronse os inimigos e o pacifismo perdeu peso. Deixou de estar de moda, deixou de ser un valor partillado por toda unha xeración e visto con simpatía polas demais. Afastadas as guerras, levadas as nosas á memoria, eliminado o servizo militar, o antimilitarismo esvaeuse e o pacifismo perdeu causa. Aínda non sabemos canto o necesitamos. O que tampouco non sabemos é como reconstruílo, reutilizalo e facelo útil no mundo de hoxe, agora que tan necesario vai ser. A guerra de Ucraína está aí, disposta a seguir. Non permite ser neutral. É o que teñen as guerras que non nos afectan directamente tamén as que nos afectan. Asombra o entusiasmo dos partidarios da
  • 59. ADEUS ÁS ARMAS 59 invasión e tamén a ansia dalgúns partidarios da militarización como única reacción. É difícil axeitar o pacifismo a este tempo. Tan difícil como necesario. Lourenzo Fernández Prieto
  • 60. QUE FOI DO PACIFISMO? 60 Tica Font i Gregori é investigadora do Centre Delàs de Estudis per la Pau. Foi directora do Institut Català Internacional Per la Pau (2009-2018). Ocupou a Vicepresidencia de Xustiza e Paz de Barcelona e a Vicepresidencia de Xustiza e Paz España. Foi a presidenta da Federación de ONG de Paz de Catalunya. É membro e investigadora de AIPAZ (Asociación Española de Investigación para a Paz) e é membro da sección española da liga Internacional de Mulleres pola Paz e a Liberdade (WILPF).
  • 61. ADEUS ÁS ARMAS 61 Que foi e que é do pacifismo? Hai poucos días nun encontro no que falabamos sobre a guerra de Ucraína, as persoas que asistían eran maioritariamente dunha certa idade, maiores, pouca presenza de mozas e tamén formulaban este tipo de pregunta ou esta especie de queixa, non vemos aos mozos nas manifestacións. Unha primeira consideración que podemos facer é que cada xeración ou grupo social estableceu unhas prioridades de acción- reflexión- mobilización. A xente maior lidera mobilización en favor das pensións dignas e manter a Sanidade Pública. Son xeracións que a súa loita se centra nos servizos que usan e que lles son esenciais. Os adolescentes e os mozos, que non están preocupados pola pensión e que apenas están enfermos e non son usuarios da sanidade, están mobilizados ao redor do cambio climático, a ecoloxía, sistemas de vida sustentables, ser vexetarianos/veganos, etc. Hai outra xeración que sofre os problemas do acceso á vivenda e organízanse e mobilízanse ao redor desta problemática. Cabe mencionar as mobilizacións das mulleres, que senten que hai unha corrente involucionista que quere facelas retroceder un século nos seus dereitos, que volvan á casa coidar aos fillos e á familia (no sentido mais reducionista). Iso ponnos de manifesto que cada xeración ou grupo social sente que se ten que mobilizar por temas que considera máis próximos ás súas vidas ou problemas sociais que lles afectan e que condicionan o seu futuro ou o futuro da humanidade e céntranse niso. Hai bastante sociedade civil mobilizada, outra cousa é que cada un de nós esteamos próximos ou afastados a estas mobilizacións e a presión que sexan capaces de exercer sobre as políticas gobernamentais.
  • 62. QUE FOI DO PACIFISMO? 62 As persoas que fixeron da paz ou do pacifismo o seu eixo de vida, mobilizáronse contra da invasión de Ucraína e mostraron o rexeitamento á guerra como instrumento político. Outra cousa foi a capacidade comunicativa dos gobernos occidentais na creación de opinión pública a favor da guerra, de dar apoio ao goberno de Ucraína, de xerar apoio ás políticas de Estados Unidos e da OTAN, de mandar armamento ou de incrementar os orzamentos de defensa. Os conflitos armados dos últimos 30 anos foron percibidos pola poboación como conflitos en que os “nosos” gobernos occidentais, eran os agresores, os que invadían outro país. Nesta ocasión os “nosos”, os gobernos occidentais, dabamos apoio político, económico, armamento e formación militar ao bando invadido. Iso provocou emocións de solidariedade cos invadidos, cos que sofren a guerra. Situou a opinión pública favorable ás posicións dos gobernos da Unión Europea e non se mobilizaron ou manifestado contrarios á guerra. As emocións superaron e primaron á racionalidade. Os gobernos comunicaron moi ben que traballar pola paz tamén se pode facer a través da guerra, a UE destinou os Fondos Europeos para a Paz a pagar as armas que se manden a Ucraína. As persoas pacifistas, que entenden a paz en sentido holístico, criticaron estas mensaxes, que non tiveron eco nos medios de comunicación de masas, medios que pedían ás organizacións pacifistas que esta vez desen apoio á guerra, ao goberno de Ucraína. Non dar apoio á guerra ou criticala era considerado como estar ao lado de Putin. Ante un xornalismo de emocións, foi moi difícil situar debates racionais e notouse na resposta da poboación, máis a favor da guerra que non en contra. O pacifismo está e seguirá estando. Seguirá traballando polo desarmamento, para que non haxa guerras e para que as persoas podamos convivir coas nosas diferenzas. Tica Font
  • 64. QUE FOI DO PACIFISMO? 64 Emilio Grandío Seoane Nado na Coruña en 1967. Doutorado en 1995, é Profesor Titular de Historia Contemporánea na USC dende o ano 2003. Especializado na II República, Franquismo e a Transición, coordinou diversos proxectos e redes de investigación sobre historia política do século XX. Autor de numerosas monografías e artigos en revistas científicas. Membro numerario do Instituto de Estudos Coruñeses Jose Cornide, foi redactor dos informes históricos sobre o Pazo de Meirás da Deputación Provincial da Coruña (2018) e do Parlamento de Galicia (2019), sobre a Casa Cornide polo Concello da Coruña (2020), e Presidente do Comité de Expertos pola recuperación das Estatuas do Mestre Mateo, Xunta de Galicia-Concello de Santiago (dende 2021). Na actualidade dirixe o Grupo de investigación HISPONA (USC) e imparte na Facultade de Xeografía e Historia, xunto o Profesor Miguel Cabo, a materia de Grao en Historia ‘Historia dos Procesos de Globalización’.
  • 65. ADEUS ÁS ARMAS 65 Onde quedou o pacifismo? Responder a esta pregunta de xeito sinxelo non é doado. Unha primeira resposta ‘á galega’: pero, de verdade pódese ser pacifista ao xeito clasicamente asumido no mundo de hoxe en día? Nunha realidade diaria chea de novas violentas que funcionan como reiterativas vagas de información, repetitivas para orixinar tensión, para xerar medo. Nun mundo cheo de violencia en todas as nosas realidades cotiás: videoxogos, comunicacións de impacto, produtos audiovisuais e literarios de todo tipo… Si, esta realidade, a do verán do 2022, está cargada de violencia dialéctica, visual, informativa… Pero dende o mes de febreiro topamos de fronte xa coa ameaza directa. A invasión rusa de Ucraína ten como obxectivo a imposición dun mundo de valores que non acepta de bo grado o desenvolvemento das bases convivenciais da democracia occidental. Un Estado, o ruso, que finalmente, tras un proceso de décadas, considera os valores europeos como unha agresión, non só o seu ‘status’ económico ou social, senón sobre todo á súa identidade. Este mundo do 2022 semella un bucle sucesivo de ‘presentes’. Esta crecente demanda social de respostas dende a experiencia previa dos conflitos, dende o pasado, xurde en grao de necesidade case como solución final tras o descrédito imposto en décadas ás humanidades e á cultura en xeral. Finalmente resulta que os expertos no pasado ofrecemos algo de claridade de análise ante as matanzas, os saqueos, as violacións, a impunidade… que semellaban ser desterrados. Como si unha tormenta de destrución se achegara de xeito lento no horizonte mirando ao leste, e ameazara á nosa Europa forzando cada vez máis a defensa a ultranza do grao de benestar e convivencia pacífica dos Estados. Se algo nos di a historia é que a paz non é permanente nunca.
  • 66. QUE FOI DO PACIFISMO? 66 Aínda dese permanente ‘bucle de presentes’, a realidade do 2022 non é un mundo que nos chegue de novo: dende a caída do Muro a ruptura da contención nuclear, exemplificada na chamada ‘Guerra Fría’, provocou o incremento do poder das grandes corporacións, fondos de inversión, da especulación financeira en suma… Aínda que fóra do foco de tensión europeo, esa ‘Guerra’ non era nada ‘Fría’ fóra do privilexiado escenario occidental. Pero o realmente decisivo destes derradeiros trinta anos, e que a nosa percepción do mundo apoiase nunha non consciente na súa totalidade ‘revolución’ dos tempos e espazos coa extensión dos fluxos de comunicación. A ‘rede’ foi o grande salto dos últimos trinta anos. Si. Digo, e reitero, trinta anos. Tres décadas de ilusión dun ‘presente’ perpetuo, sacudido por un conflito de enorme perigo, xa non para o futuro da sociedade, senón tamén para a totalidade do que somos, a ameaza contra un planeta que comeza a dar os seus primeiros síntomas de esgotamento pola indiscriminada, rapaz, absurda e cínica explotación en clave de ‘presente’ da totalidade dos seus recursos. Tamén da explotación do ser humano. O que quero dicir con esta longa contextualización do tema que encabeza esta aportación, e perdoade o exceso, é que a banalización da violencia é un feito na nosa sociedade. Como indicaba o xornalista Andrea Rizzi nun artigo de opinión recente esta é ‘unha sociedade exhausta ante un futuro de guerra absolutamente incerto’. Definición rotunda e directa. Non somos os mesmos tras o que nos pasou por riba nos derradeiros quince anos. Reitero. Quince anos de crise económica prolongada cun reaxustamento do mercado global coas súas consecuencias, e nos que se pasou a través dunha pandemia de case dous anos e, para rematar, un conflito localizado que rematará, dun xeito ou doutro, pero con consecuencias para todo o planeta. Hartazgo, cansazo que provoca deixadez e comodidade no pensamento. O lóxico é deixarse ir neste río de calamidades e cando observemos o perigo tentar salvar a vida como se poida. Sen prevención. Sen
  • 67. ADEUS ÁS ARMAS 67 estudo. Sen conciencia de nós. O contexto que temos provoca o atrincheiramento nas propias posicións, ante a ausencia de necesarias ferramentas de comunicación que posibiliten o debate entre distintos. Non hai mais camiño para o encontro dos diferentes que pensar en clave de futuro. E o futuro, hoxe en día, non está. Nin se lle agarda. A construción da alternativa debería estar xa en ‘think tank’ de perspectiva non reducida senón ampla, precisamente para rematar con este agónico presente. Para os nenos que estudamos a nosa secundaria e Bacharelato entre os setenta e os oitenta aquel texto titulado ‘1984’ que lemos nas aulas dun británico chamado George Orwell, e que nos retrataba unha sociedade caracterizada por unha violencia interior e exterior de xeito permanente, era unha magnífica obra literaria de ciencia ficción. O control social e do pensamento, a consideración do presente perpetuo e a ausencia de futuro, a seguridade do rabaño fronte a un exterior en bucle perpetuo de conflitos, de medo… A Segunda Guerra Mundial, datas nas que Orwell escribiu a obra, era algo ben pasado, e distinto daquela nosa realidade que pensábamos aínda en clave de futuro. Hoxe en día ao relelo de novo non se observa como algo pretérito, case ficción, senón como unha descrición do presente. Veño observando nas aulas esta evolución respecto desta obra nos rapaces das miñas clases dende fai mais dunha década. Creo que resulta ben indicativo de que nada é estático: nin o mundo que te rodea, nin, por suposto, a sociedade na que te atopas. Se continuastes a lectura destas liñas ata aquí xa vedes que ides ter que perdoarme unha segunda vez pola extensión. Porque a resposta a pregunta do tema non creo que sexa sinxela. A súa resolución creo que se atopa mais na consideración dun cambio de paradigma global sobre todo o que nos rodea, mais que sobre a análise concreta da evolución dos movementos sociais. Precisamente nestes meses me acordaba moito daquelas
  • 68. QUE FOI DO PACIFISMO? 68 chapas, pegatinas e outros obxectos dos setenta e oitenta que entroncaban con aqueles movementos. Unha das mais socorridas e difundidas naquela España que volvía á democracia con pasos comedidos era o debuxo da pomba da paz de Picasso. Era un símbolo maioritariamente asumido, sen moita controversia, e cunha linguaxe positiva. Non se volveu repetir a utilización deste símbolo dende esta perspectiva tan ampla dende fai décadas. Outra evidencia no contraste entre aqueles anos e estes é o movemento antinuclear. Aquela imaxe do sol impreso en todo tipo de merchandising daqueles anos, era unha icona da loita contra a extensión da enerxía nuclear. Só hai que ver o radical cambio de actitude respecto deste tema dende a primavera deste ano polas autoridades europeas ante o corte de subministro de gas procedente de Rusia… E volvamos á análise. Pensei moito en titular esta aportación co título dunha canción daqueles anos: ‘¿Qué harías tú en un ataque preventivo de la URSS?’. Naqueles principios dos oitenta, Polanski y el Ardor coñecían da rotundidade da frase, pero a provocación formaba parte do relato tradicional de boa parte da música daqueles anos nos que semellaba que todo se podía construír. Creatividade, imaxinación… Futuro. Mesmo algunha pinga de tolemia para ser capaz de ponderar na súa xusta medida as novidades. Dos tres grandes pilares dos novos movementos sociais que xorden dende a Segunda Guerra Mundial -pacifismo, ecoloxismo e feminismo- semella que o pacifismo é o que menos desenvolvemento ten. Calquera dos outros dous hai que ter en conta que tiveron unha autonomía de actuación e unha evolución interna que fixo que a día de hoxe practicamente non se lles poida recoñecer. Podemos comparar as críticas os desfiles de beleza dos sesenta do século pasado co movemento ‘Me Too’? Que dicir entón do pensamento en defensa do planeta, hoxe absolutamente recoñecido e estendido por todas as capas sociais, e que só lle
  • 69. ADEUS ÁS ARMAS 69 falta ser quen de acometer duras e rotundas medidas institucionais para frear o deterioro inexorable do ‘único’ mundo que coñecemos? Os chamados ‘novos movementos sociais’ característicos do Estado do Benestar tiveron un relativo éxito neste percorrido de case 75 anos. Sobre todo cumpriuse o obxectivo de concienciación social e de cambio das mentalidades como elemento basal do futuro. Eran accións que procuraban a transversalidade social nuns anos nos que a estratificación social reducíase en beneficio dunha maioritaria ‘clase media’. Pero as bases do Estado de Benestar foron atacadas dende os setenta e as fendas do mesmo vanse abrindo na estrutura. En concreto o pacifismo creo que foi quen de irradiar un sentimento colectivo de ‘Non á guerra’ moi estendido. Unha difusión e interiorización dos dereitos humanos que entra en contradición evidente, xa agora en conflito directo, coas posturas autocráticas e de pensamento único. Mais como comentaba inicialmente tamén, os tempos non o favorecen. Pouco a pouco, como choiva fina, foise estendendo, banalizando, normalizando as situación de violencia. Acordámonos das imaxes dos bombardeos das noites de Bagdad e a súa retransmisión co lema daquela información en directo que nos vendían: ‘Está pasando. O estás vendo’? Recordaremos de xeito permanente as imaxes na retina a primeira hora da mañá nos EE.UU ou na hora de xantar na Europa Occidental do atentado das ‘Torres Xemelgas’? Que dicir da lacra e aumento da ‘violencia de xénero’, vergoña social? Ou dos ‘campamentos pseudo militares’ que se están a poñer de moda en boa parte do mundo? Onde quedou co rearme dos países que decidirán abandonar parcial ou totalmente a súa política militar a ‘pacífica Europa’ que supera os enfrontamentos da primeira metade do século XX? O medo é a mensaxe. Precisamente nuns tempos onde temos a maior cantidade de información que nunca. Unha información sen tregua que non permite pararnos a pensar por si
  • 70. QUE FOI DO PACIFISMO? 70 mesmos. Poden xurdir mesmo certas dúbidas do momento… Isto que nos acontece á Europa Occidental é realmente unha guerra ou non o é? Inflación, retroceso do crecemento, problemas coas fontes de enerxía… Nada novo dos últimos 15 anos. Dramática rutina. Mais o diferencial é sen dúbida o son dos canóns e dos mísiles. Os mortos nas paradas de autobús. Os bloques de edificios derruídos por armas masivas de destrución. Esas imaxes que se observan a través de ferramentas que xa nos acostumaron a non ser quen de distinguir, senón a deglutilas e non sacar análise nin deducións. Flashes de impacto que veñen a ser substituídas rapidamente por outras. E aínda que as percibamos, onde difundimos o que pensamos? Nas mesmas redes, onde o filtrado de autoridade non existe. Onde os debates das distintas posturas? Hainas aínda? É todo unha impresión de realidade virtual que fomente as teses conspiranoicas? Fenómenos globais, nos que as reflexións exclusivamente locais ou estatais non chegan para entender a magnitude da súa forza. O ‘monstro’ do incremento das posicións de intolerancia por todo o mundo é un virus silencioso de magnitudes absolutas. É algo que non se percibe ata que chega. A cada un de nós. O temos arredor xa. O recordo das guerras mundiais, dende aquel enfoque do desastre dun futuro en convivencia, estaba ben presente ós inicios dos anos cincuenta do século pasado. De feito, os novos movementos sociais, o pacifismo entre eles procuraban a construción dunha nova realidade de respecto aos dereitos humanos, entre os cales está loxicamente de xeito prioritario o respecto á mesma existencia. O fenómeno da globalización rematou coa idea dun mundo dividido en bloques xeopolíticos que procuran equilibrios de poder. Creárase a ficción de que non existían. Un mercado global autorregulado como solución perpetua. O ‘fin da historia’. Pero a violencia, a guerra, sempre volve. Os medios para rematar con ela teñen que ser
  • 71. ADEUS ÁS ARMAS 71 necesariamente reconstruídos. A evolución do movemento pacifista tamén é notable: do discurso de clase de finais do século XIX ata o desenvolvemento de fórmulas transversais tras os grandes conflitos armados e matanzas do século XX. Estamos ante un tempo novo no que nos falta tempo, e máis aínda, vontade para a reflexión sobre o presente, afastado desa inmediatez que nos marca o contexto. Vivimos tempos crueis e moi acelerados, características das grandes etapas de cambio da humanidade. Tristemente, o único valor seguro ao que aferrarnos é que o mañá está por descubrir. Como sabemos os historiadores, sempre hai un futuro. Emilio Grandío
  • 72. QUE FOI DO PACIFISMO? 72 Rafael Grasa é profesor de Relacións Internacionais da UAB, membro do movemento pola paz desde os anos oitenta e primeiro presidente do Instituto Catalán Internacional para a Paz (2008-2016)
  • 73. ADEUS ÁS ARMAS 73 A balea está e opera, aínda que estea mergullada, pero non medra Pídeseme unha reflexión sobre que sucede, neste escenario belicista e de incremento do gasto militar xerado pola agresión rusa a Ucraína e a posterior guerra ao usar Ucraína o seu dereito de lexítima defensa. Concretamente, que diga a miña opinión sobre “Onde está o pacifismo? Aí vai, directo e sen matices por constricións de espazo. Primeiro, o pacifismo está onde sempre estivo, porque non debe confundirse co movemento pola paz. O pacifismo, de natureza relixiosa nalgúns casos e sobre todo ética, oponse -de maneira persoal e sen condenar a quen en caso de extrema necesidade para a súa vida recorren a ela- a todo uso da violencia e a toda guerra ou conflito armado, por ter a convicción de que o uso da violencia para resolver disputas xera a medio e longo prazo problemas, dificultades, a pesar de que a primeira vista resolva o motivo da disputa. De aí o seu coñecido lema, “non hai camiño para a paz, a paz é o camiño”. En suma, buscar a plena coherencia entre fins e medios. Iso explica que o pacifismo sexa o núcleo duro do movemento pola paz, un dos seus impulsores, pero que sempre foi, e siga sendo, minoritario. O seu lema, “non queremos matar e ademais facelo acaba empeorando as cousas”. E aí estivo a Internacional do Resistente á Guerra, denunciando a persecución de obxectores en Rusia e Ucraína. O movemento pola paz, emporiso, é un movemento interclasista e de axendas moi amplas, que, ao redor da oposición a unhas armas (nucleares, por exemplo), a unhas guerras concretas (Vietnam, intervención en Iraq, 2003) ou a certas políticas belicistas, consegue periodicamente xerar mobilizacións masivas, de millóns de
  • 74. QUE FOI DO PACIFISMO? 74 persoas. E tamén vitorias, como a prohibición das minas contrapersoa. Segundo, o movemento pola paz, como escribín hai anos, é unha balea: pasa máis tempo mergullado, sen que se lle vexa, que emerxido. E só vemos o seu poder cando está emerxido. E os ciclos de inmersión poden ser moi longos. Para emerxer necesita ter obxectivos moi claros e facilmente comprensibles para a cidadanía, e transversais a idearios e grupos sociais. Os seus lemas articúlanse ao redor de “non queremos morrer” ou “non queremos que se faga algo no noso nome”. Terceiro, o movemento pola paz, como tantas persoas e institucións, quedou desconcertado pola agresión e guerra iniciada o 24 de febreiro do presente ano. Non soubo articular grandes resistencias, crear unha lema articulador capaz de concitar grandes mobilizacións. Expor as razóns resulta imposible no curto espazo, pero insistirei nunha: os conflitos armados son agora, e o serán cada vez máis, “suxos”, difíciles de captar con lóxicas binarias, a favor e en contra, bos e malos. Lembremos: aínda que con gran vantaxe por parte de Rusia, Nacións Unidas e Estados Unidos, informaron de violacións de ambos os lados do dereito humanitario e de guerra. E, por exemplo, nin Rusia nin Ucraína asinaron e ratificaron o Estatuto da Corte de Roma e non son membros do Tribunal Penal Internacional. Cuarto e final, a balea está, opera, pero non soubo emerxer porque os seus nutrientes para medrar, engordar e mobilizar -o seu plancto- non serven xa, non son os de antes, están entre contaminados e esgotados. Hai que buscar novos nutrientes e afinar nas análises e nas propostas de acción. Rafael Grasa
  • 76. QUE FOI DO PACIFISMO? 76 Xóan Hermida González é Historiador e analista e doutor en Xestión Pública. Activista Social. Foi membro do Consello Confederal da CXTG, fundador e director da ong Amarante Setem e membro do Consello do Foro Social Galego. Secretario de Organización de Esquerda de Galicia e coordinador do Grupo Mixto no Parlamento de Galicia. Coordinou Espazo Ecosocialista. Actualmente dirixe o Foro OBenComún. Analista político. Colabora en diferentes medios. Mantén unha colaboración habitual en InfoLibre. Foi socio fundador de Atlántica de Comunicacións S.L. e membro do Consello de redacción de Altermundo. Con varios obras de autor e colectivas cabe destacar a triloxía editada sobre a nova política en Galicia: [Re]construír a esquerda nacional (OBenComún, 2013); Galicia no labirinto da nova política (Galaxia, 2018) e A saída da encrucillada (OBenComún, 2021).
  • 77. ADEUS ÁS ARMAS 77 20 anos do nacemento da Cidadanía Global: Non a Guerra! “Por que ves a palla do ollo do teu irmán e non a viga que levas no teu?” (Lucas 6,39-42) No ano 2002, o presidente de USA, George W. Bush, acusou a Iraq de formar parte do ‘eixo do mal’ xunto con Corea del Norte e Irán, desencadeando a invasión deste país no 2003 baixo pretexto de que contaba con gran cantidade de armas de destrución masiva e de manter vínculos con Al Qaeda. A sospeita para unha boa parte da poboación é que, detrás da escusa da existencia de perigosísimas armas de destrución masiva en mans do goberno de Sadam Hussein, agochábase unha gran mentira para favorecer intereses económicos. Isto provocou unha resposta social sen precedentes. Esta mobilización foi favorecida por tres factores: a proximidade da ‘inexplicable’ Guerra do Golfo; a posta en cuestión do discurso oficial nas redes alternativas que, por primeira vez, funcionaban de xeito global, xunto coa perda do monopolio da información por parte das grandes axencias occidentais debido ao xurdimento da cadea quatari Al Jazeera; e o rexeitamento da Comunidade Internacional que obrigou a EE.UU. a crear unha alianza de aliados que actuou á marxe das Nacións Unidas. A resolución 1441, aprobada na sesión do Consello da ONU celebrada o 8 de novembro de 2002, requiría a Iraq a realización das inspeccións ordenadas referidas á existencia de armas de destrución masiva, dando un prazo de 30 días para que o goberno iraquí elaborara unha declaración e posteriormente o Consello volvería a reunirse para adoptar as medidas correspondentes. A impaciencia do goberno de George W. Bush, así como o convencemento de que a comunidade internacional non ía referendar unha intervención, precipitou unha guerra que
  • 78. QUE FOI DO PACIFISMO? 78 fracturou á comunidade internacional poñendo a países como Rusia ou China, pero tamén a outros como Francia e Alemaña na súa contra. Na coalición que se conformou para impulsar a invasión, denominada “Coalición da vontade”, formaban parte os gobernos de Estados Unidos, Reino Unido, España, Portugal, Italia, Polonia, Dinamarca, Australia e Hungría. España non participou con tropas nas accións directas pero fixo algo máis grave desde o punto simbólico: apadriñar xunto con Reino Unido e EE.UU. a declaración de guerra no coñecido como Cumio das Azores (Tony Blair, José María Aznar e George W.Bush, 16 de marzo de 2003). Entre o 15 de febreiro 2003, data na que se convoca a primeira mobilización global contra a guerra por parte dunha alianza de ONGs e movementos sociais, ata o 20 de marzo de 2003, no que se produce o inicio da intervención militar, en practicamente todas as capitais do planeta mobilízanse millóns de persoas no que se entende como a primeira mobilización global da historia. A existencia de vías alternativas de información e coordinación por internet e as redes construídas polos novos movementos sociais foron determinantes no apoio masivo ás mobilizacións e no seu carácter global. O 15 de febreiro de 2003 o berro de ¡No a la Guerra! congregou en Madrid a dous millóns de persoas, na maior manifestación pola paz celebraba en España desde a do 23 de febreiro de 1986, semanas previas ao referendo de ingreso na OTAN, contra a entrada de España na organización atlántica e que congregou preto de 1.000.000 de persoas. 40 anos nos separan do ingreso de España na OTAN (1982) e 20 anos das mobilizacións contra a guerra de Iraq. Nestas catro décadas ten mudado todo, e máis. As primeiras grandes mobilizacións pola Paz en España tiñan como marco a Guerra Fría e a carreira de armamentos entre os dous bloques. As segundas tiñan como contexto o pretexto da guerra contra o terrorismo islámico e a reorientación global dos perigos.
  • 79. ADEUS ÁS ARMAS 79 Ben é certo que os novos movementos sociais – fundamentalmente o feminismo de nova xeración, o ecoloxismo e o pacifismo – non teñen a estrutura organizativa do movementismo clásico, responde a novas realidades organizativas e a unha sociedade máis liquida, pero quizais o pacifismo é dos tres o que se comporta como o máis volátil e dependente das axendas mediáticas. Sendo isto así, que o pacifismo é un movemento fráxil no senso de capacidade de implantación local, a realidade é que a contenda pola Paz é a que concita máis simpatías, a que ten unha transversalidade maior, e a que no seu momento inaugurou o nacemento da cidadanía global. Entón se isto é así, cabe preguntarse porque hoxe que vivimos unha guerra de transcendencia global como a propiciada pola invasión de Rusia a Ucraína parece que está ausente e non ten os niveis de resposta doutros momentos. Seguramente existen factores de contexto político, que hai que sinalar, pero por suposto tamén corresponde ao movemento pacifista facer unha reflexión sobre as mudanzas que teñen tido lugar nestas últimas catro décadas. Por outro lado, non conviría enganarse. Que non haxa unha presencia nas rúas (en forma de manifestacións) do pacifismo non quere dicir que non exista un rexeitamento amplo da guerra de Ucraína (ata 92% segundo diversos sondaxes) ou que nos países de Europa non se teña claro que o responsable da mesma é Rusia (arredor dun 86% de media na poboación da UE). Entón, que esta a pasar?, atendendo á pregunta que nos concita neste libro. Hai acontecementos que son catalizadores simbólicos de novos tempos. O mudan todo e esixen das activistas, neste caso pola Paz, intelixencia para re-situarse e actualizar o seu ideario.
  • 80. QUE FOI DO PACIFISMO? 80 A caída do Muro de Berlín (1989) abriu un período de optimismo global. Caia o último dos grandes totalitarismos que tiveran presenza no século XX e a partir de aí realidades como a OTAN empezaron a ser observadas de xeito diferente pola poboación. Outro acontecemento importante foi a Guerra de Iraq (2003). A cidadanía por vez primeira se organizaba a un mesmo tempo a nivel global. Os principais gobernos Neocon asumían como inimigo fundamental o islamismo e non tiñan problema en colaborar con antigos inimigos como Rusia, mesmo a costa de deixarlles xogar un papel de matón rexional, reiniciar unha mensaxe radical de odio aos principios democráticos e mesmo, como foi o caso de Europa, xerar dependencias enerxéticas que co tempo se teñen observado perigosas. A guerra de Ucraína (2022) tense amosado outro deses grandes acontecementos conectores. Mudou a perspectiva que tiñamos do mundo, (re) situou a contradición principal entre democracia e totalitarismo, sacou á luz o ensimesmamento europeo dos últimos anos e debilitou un populismo, que indistintamente de esquerda e dereita, non dubidou en aliñarse co invasor. A historia vai ter un antes e un despois da Guerra de Ucraína case converténdose no último capítulo, aprazado, da Guerra Fría. Os movementos sociais e as forzas progresistas que non o fixeron coa caída do Muro de Berlín van ter que repensar toda a súa pirámide de valores se queren sobrevivir na nova realidade. Xa non chega cun anti-americanismo primario e infantil que concentra na OTAN todos os males do planeta. A OTAN, unha alianza que ata o inicio da Guerra de Ucraína tiña unha crise existencial, tense reactivado e ten adquirido novos apoios impensables ata o momento. Solicitudes de ingreso de países de clara traxectoria democrática e neutral como Suecia e Finlandia ou o apoio de